You are on page 1of 4

Sección Sindical EMESA

En defensa do sistema público de pensións


O Goberno español continúa na súa política de entrega á defensa dos intereses da banca e das
empresas multinacionais e agora tócalle á reforma do sistema público de pensións, unha fonte de
recursos pola que leva moitos anos suspirando a oligarquía financeira, promovendo continuamente
informes, pagados pola propia banca, nos que se anuncia, de forma interesada, a quebra do sistema
público de pensións, predicións que nunca se cumpren pois carecen de todo rigor científico.

O verdadeiro obxectivo destes informes, sempre acompañados dun forte apoio mediático, é sentar
dúbidas na maioría da poboación sobre o futuro das pensións públicas e fomentar que aquelas persoas
que teñan capacidade de aforro o deriven a fondos privados de pensións, cos que a banca vai especular
e cobrar suculentas comisións; en definitiva, facer un bo negocio. Os intentos, pois, do Goberno de
modificar o sistema público de pensións obedece a razóns políticas e non técnicas, baséase en
falsidades e busca unicamente favorecer os intereses do sector financeiro.
Cales son as propostas que fai o Goberno para esta nova reforma?

Entre outras modificacións o Goberno propón os seguintes cambios:


- Aumentar a idade legal de xubilación aos 67 anos, na perspectiva de situala nos 70 anos, así como

igualar a idade media real de xubilación (62,6 anos) coa idade


legal dos 65.

- Incrementar o número de anos que se collen para calcular a base


reguladora a partir da cal se calcula a cantidade a cobrar de
pensión.

- Aumentar a contía das pensións máximas (banqueiros,


empresarios, executivos, profesións liberais…).
Cales son as consecuencias desta reforma?

- Esta reforma do sistema de pensións, ao igual que ocorreu coas


reformas anteriores, o que busca e dificultar o acceso ás pensións
e reducir a contía das pensións futuras, deixando as pensións
públicas nunhas contías mínimas.

- Dificulta o acceso a unha pensión, vía ampliación do número de


anos para ter dereito á mesma. Naqueles sectores con condicións
de traballo máis duras, non van poder agardar a cumprir os 67
anos para xubilarse e van optar por facelo antes, co conseguinte
recorte na contía das súas pensións. A maiores, se se pretende
igualar a idade real da xubilación coa idade legal, vanse adoptar
medidas para dificultar o acceso á xubilación voluntaria ou á
xubilación parcial con contrato de relevo, mentres que con cartos
públicos se subvenciona a permanencia no traballo daquelas
persoas que polo tipo de funcións que realizan e pola contía do
seu salario queren seguir traballando aínda que xa chegasen á
idade de xubilación.

- Recorta a contía das pensións futuras ao incrementar o número


de anos para calcular a base reguladora (temos que ter en conta que a pensión media galega é tan só de
728,24 euros). Se se pasa dos 15 anos actuais a 20 anos, vai supor unha perda de media dun 6% (a
pensión media quedaría en 684,55 euros) nas pensións e se se incrementa de 15 anos a 25, que parece
ser que é a pretensión do Goberno, a perda vai ser dun 10% (a pensión media quedaría en 655,45 euros),
e non digamos xa se o que se fai é coller toda a vida laboral (35 anos) pois o recorte sería do 20% (a
pensión media sería de 582,59 euros).
En todos eles, nestes momentos, non se
supera a idade legal dos 65 anos, outra
cousa é que as directrices da Unión
Europea, presionada polos mercados
financeiros, sexan a de instar os países
que a integran a que atrasen a idade de
xubilación aos 70 anos. Polo que respecta
á media da idade real de xubilación estaba,
no 2008, en 61,4 anos, sendo a media do
Estado español unha das máis altas, con
62,6 anos.

Son certas as análises que din


que o sistema público de
pensións non é viábel de cara ao
futuro?
NON, parten de hipóteses manipuladas e
parciais para xustificar esta tese. De feito
as predicións que fixeron até o de agora de
que o sistema sería deficitario, primeiro
para o ano 2000 e despois para o 2005,
foron claramente equivocadas. Nestes
momentos a Seguridade Social ten un
Fondo de Reserva de 65.000 millóns de
euros. Pero é máis, no terceiro trimestre
do 2010, con máis de catro millóns de
parados en todo o Estado (20% da
poboación activa), o superávit da
Seguridade Social é de 11.000 millóns.

Que porcentaxe de persoas desempregadas agardan para o ano 2040 ou 2050 estes
“expertos” que anuncian a quebra do sistema público de pensións? Un 40%?
Os defensores desta tese parten da base de que a evolución demográfica vai provocar que o número de
xubilados cada vez sexa maior en comparanza co de traballadores en activo, o cal fai imposíbel que haxa
recursos suficientes para financiar as pensións, se non se introducen cambios no modelo actual. Os
cálculos que fan os defensores desta tese é que o peso das pensións en porcentaxe do PIB pasará do
8% no 2007 ao 15,1% no 2060, o que sería imposíbel de soster pois absorbería uns recursos totalmente
necesarios para destinar a actividades e servizos do resto da poboación. Estes sisudos técnicos
ignoran, deliberadamente, á hora de chegar a esta conclusión, outra serie de variábeis que inciden
tamén directamente na solución a este problema:

1º.- Neste mesmo período de tempo (2007-2060) as previsións de crecemento do PIB serían da orde de
2,23 (o PIB do 2060 sería 2,23 veces maior que o PIB do 2007), o cal permitiría dedicar unha porcentaxe
maior da actual a investimentos e servizos para o resto da poboación que non fosen pensionistas. Outro
exemplo clarificador a este respecto é o seguinte, no ano 1995 o gasto en pensións no Estado español
representaba o 8,3% do PIB e a finais do 2008 o gasto representa o 7,8% do PIB, un 0,5% menos, a
pesar de se ter incrementado o número de pensionistas en 1,5 millóns, neste período de 13 anos.

2º.- Basean toda a súa argumentación no desequilibro financeiro que se vai producir no sistema público
de pensións, debido ao incremento do gasto e a caída dos ingresos, como consecuencia do aumento do
número de xubilados e a redución en proporción do número de traballadores/as en activo. O que non
avalían estes “expertos” é que neste equilibrio, ingresos/gastos, ademais do avellentamento da
poboación inflúen outros moitos factores como son: o crecemento económico, o número de empregados
e desempregados existente, a calidade dos salarios, distribución da renda, a política fiscal, a
produtividade, a taxa de actividade, o peso da economía somerxida ou o nivel de emprego feminino. Só
no caso de que todas estas variábeis tivesen unha evolución negativa poderían presentarse problemas
ao sistema. Que estas variábeis teñan evolución negativa ou non, depende do modelo de
desenvolvemento económico e social que se adopte e polo tanto das decisións políticas
correspondentes.

A quen lle interesa e favorece a análise que defende a non viabilidade do sistema
público de pensións?
O interese de cambiar o sistema público por un privado, non responde a unha necesidade real nin a
razóns técnicas. Responde a razóns de tipo ideolóxico e ao interese económico da banca e demais
entidades financeiras, interesadas en se facer cun negocio moi lucrativo. Eles son os que teñen présa
para reformar o sistema de pensións porque queren solucionar os seus problemas de liquidez o máis
rápido posíbel e a conta dos de sempre. Os estudos que defenden a inviabilidade e a quebra do sistema
público de pensións proceden da banca ou de sisudos técnicos pagados por ela. Hai outros expertos,
que non viven do sector financeiro, nin comungan coas teorías económicas neoliberais, que defenden e
teñen demostrado todo o contrario, que o sistema público é perfectamente viábel e que non é necesaria
a súa privatización, nin parcial nin total. Claro está, estes estudos non son divulgados polos grandes
medios de comunicación de masas.
É máis beneficioso e garantista o sistema privado que o sistema público?
Claramente NON. Calquera sistema privado de aforro, que é o que realmente son os fondos de
pensións, ten menos garantía e menos solvencia que un sistema público. Cando unha traballadora ou un
traballador subscribe un plan de pensións privado, o que está a facer é depositar parte dos seus ingresos
nun fondo que vai xestionar unha entidade financeira. Esta inviste ese diñeiro no mercado financeiro
buscando a súa revalorización a través de procedementos, moitas veces, puramente especulativos;
polo tanto, a rendibilidade deses fondos privados non está asegurada pois depende dos vaivéns dos
mercados financeiros, que por definición son inestábeis e volátiles (sirva como exemplo que só durante o
ano 2010 perdéronse máis de 2.000 millóns de euros dos fondos de pensións privados do Estado
español), así como de outros factores como a propia inflación ou a porcentaxe desa rendibilidade coa
que queda a propia entidade financeira que xestiona o fondo. En definitiva, os fondos privados non
poden garantir unha remuneración determinada cando chegue a hora de facerse efectivos como
pensión. Estamos a falar pois dun sistema inseguro e inxusto desde un punto de vista social.

Cales son pois as vantaxes dun sistema público de pensións?


O sistema público de pensións no Estado español correspóndese co modelo coñecido como de
REPARTO: as pensións dos xubilados páganse coas achegas que fan á Seguridade Social os
traballadores/as en activo. É polo tanto un sistema seguro, solidario entre as distintas xeracións de
traballadores/as, non sometido aos vaivéns dos mercados financeiros nin ao negocio dos bancos, máis
eficaz fronte ao problema da inflación, protector para cos sectores máis débiles da sociedade, pois nun
sistema privado aqueles que non tivesen suficiente capacidade de aforro, durante a súa vida laboral,
quedarían destinados a vivir practicamente da mendicidade. Polo tanto, o sistema público de reparto é
un sistema máis xusto e garantista para toda a poboación.

Corre polo tanto perigo o sistema público de pensións?


Os perigos para o sistema público veñen derivados precisamente do modelo e das políticas neoliberais.
Os altos índices desemprego, o emprego en precario, a baixa taxa de emprego feminino, os baixos
salarios, o alto nivel de economía somerxida, a especulación financeira, a deterioración do tecido
produtivo, a fraude fiscal, o reparto desigual da riqueza… todos eses factores son os que poden terminar
poñendo en auténtico perigo o sistema público, se non se corrixen. Por iso é tan importante mobilizarse
e, coa nosa forza e co noso voto, mudar estas políticas e facer posíbel un novo modelo económico e
social máis xusto, solidario, igualitario e democrático.

Mais información en: www.folgaxeral.galizacig.com

You might also like