Professional Documents
Culture Documents
Comité de Empresa
e sa comiteemesa@empresagalega.eu
Pola presente queremos poñer no seu coñecemento os feitos denunciados ante a Dirección de
Recursos Humanos de Elaborados Metálicos EMESA S.l.
Feitos nos que como pode ver o Comité de Empresa foi informado de traballos de EIVIESA que se
están a subcontratar e que polas súas caracteristicas, caldereria, soldadura, corte, etc.. son de
realización dentro da factoría de EMESA de Coirós.
Todo elo tendo en conta que a empresa está na actualidade afectada por un ERE temporal para
toda a plantilla e ten solicitado outro, así como o feito de que agora mesmo tres cuartas partes dos
operarios de taller están en situacion de regulación.
"Este Comité de Empresa foi informado de que a Dirección da mesma subcontratou traballos da
obra de Santiago de Compostela na empresa traballos que
habitualmente se realizan en EMESA, ditos traballos deben ser levados a cabo na empresa.
Solicitamos de esa dirección que ditos traballos así como outros que poidan estar a ser realizados
por empresas subcontratadas e que polas súas características poidan ser realizados polos
traballadores de EMESA, pasen a ser realizados na empresa e procedan a dar de alta e sacar da
situación de regulación os traballadores que sexan necesários para o desenvolvemento de ditos
traballos."
Sen mais reciba un cordial saúdo.