You are on page 1of 3

AS LINGUAS DE EUROPA

1. FAMILIAS LINGÜÍSTICAS

En Europa fálanse unhas setenta linguas entre o océano Atlántico até a serra dos Urais mais sen incluír o
Cáucaso, sen contarmos as diversas linguas de signos das diferentes comunidades de persoas xordas nin
todas as linguas que os novos europeos chegado doutras zonas do mundo falan habitualmente.

Linguas románicas Linguas xermánicas Linguas eslavas Linguas célticas


(familia indoeuropea) (familia (familia (familia
indoeuropea) indoeuropea) indoeuropea)
O galego, o portugués, o asturiano, O islandés, o faeroés; o ruso; o bielorruso; O gaélico irlandés,
leonés, mirandés ou sendinés; o o noruegués; o sueco; ucraíno ou ruteno; o gaélico escocés, o
castelán ou español; o danés; o alemán; o polaco; caxubio; gaélico manés, o
o aragonés; o catalán; o occitano ou luxemburgués; o sorábico; checo; galés, o cornuallés
aranés; o francés; as linguas de Oil holandés, flamengo ou eslovaco; esloveno; e o bretón.
(picardo, normando...), o neerlandés; o serbocroata, serbio,
francoprovenzal, o romanche; o ladino baixoalemán ou croata ou bosníaco;
ou rético dolomítico; o friulano; o baixosaxón; o frisón; búlgaro macedonio;
italiano toscano; o corso; o sardo; o o inglés; o escocés- pomaco
istriorromanés; o romanés; o arromanés inglés.
ou valaco; o meglenorromanés.
Linguas bálticas (familia indoeuropea) O letón e o lituano
Linguas balcano-armenias ((familia indoeuropea) O albanés
Tamén son indoeuropeas o grego e o romaní a lingua indoiránica que falan tantos xitanos europeos.
Familia uraliana Familia altaica Familia afroasiática Sen familia
(en Europa) (en Europa) (en Europa) coñecida
O finés, o estonio, o sami ou o húngaro O turco e o tátaro. Maltés O euskera

UNIÓN EUROPEA
Na Unión Europea empréganse 23 linguas oficiais: alemán, búlgaro, castelán, checo, dinamarqués,
eslovaco, esloveno, estoniano, finlandés, francés, grego, holandés, húngaro, inglés, italiano, irlandés,
letón, lituano, maltés, polaco, portugés, romanés e sueco. Ademais, fálanse unhas 150 linguas rexionais e
minorizadas, que contan cuns 50 millóns de falantes. Non teñen o estatus de oficialidade na unión mais o
catalán/valenciano, o euskera, o galego, o gaélico escocés e o galés poden ser empregadas polos cidadáns
para se comunicaren coas principais institucións europeas, como o Parlamento. O seu fomento e
protección depende de cada estado mais a UE dotouse da Carta Europea das Linguas Rexionais ou
Minoritarias, un tratado europeo aprobado en 1992, impulsado polo Consello de Europa e aprobado por
moitos estados para promover e protexer as linguas rexionais e minoritarias históricas de Europa.
Debemos ter en conta que ademais destes idiomas, na Unión Europea fálanse centos de linguas de
todo o mundo e son millóns de novos europeos os que as falan no seo das comunidades emigrantes. No
entanto, non teñen un recoñecemento formal nin nas institucións da UE nin nos países membros. O turco,
o árabe magrebí ou linguas dos estados indio e paquistaní como o urdu, o bengalí, o hindi, o támil, o
punjabi son faladas por un número importante de persoas.
ESTADOS PLURILINGÜES ESTADOS MONOLINGÜES
Austria Alemaña Países Baixos *Portugal (co permiso do mirandés)
Bélgica Grecia Polonia Non pertencen á UE:
Bulgaria Hungría Romenia - Islandia (islandés), e os pequenos estados en
enclavados en diferentes estados da UE:
Chipre Irlanda Eslovaquia - Mónaco (lingua oficial: francés, mais fálase o
Rep.Checa Italia Eslovenia monegasco, o italiano...),
Dinamarca Letonia España - Andorra (catalán, español e francés),
Estonia Lituania Suecia - Liechstenstein (alemán, dialecto alemánico, o
Finlandia Luxemburgo Reino Unido francés e inglés están bastante estendidos),
Francia Malta - San Marino (italiano e emiliano-romañolo), e
- Vaticano (italiano, latín, francés, alemán).

LINGUAS POR ESTADOS NA UNIÓN EUROPEA

Austria Alemán, croata, checo, húngaro, eslovaco e esloveno.


Bélgica francés (valón e picardo), flamenco e alemán (Liexa).
Bulgaria Bulgaro, romaní (pobo xitano: rom), turco, tártaro (Crimea), romeno,etc.
Chipre Turco e grego
República Checa Checo, alemán, polaco, romaní, eslovaco, etc.
Dinamarca Danés, alemán, feroes, groelandés…
Estonia Estonio, ruso, seto, voro…
Finlandia Finés, sami e sueco.
Francia Basco, bretón, catalán, corso, occitano, franco-provenzal, gascón
(aranés), alsaciano, flamenco …
Alemania Alemán, danés, frisón, frisón saterlandi, frisón setentrional, serbio…
Grecia Grego, albano, bulgaro, macedonio, turco, valaquio…
Hungría Húngaro, croata, alemán, romeno, serbio, eslovaco, esloveno…
Irlanda Gaélico-irlandés e inglés.
Italia Italiano (toscano), albano, catalán, croata, franco-provenzal, friulano,
alemán, ladino, occitano, sardo, esloveno…
Letonia Letón, bielorruso, polaco, ruso, ucraíno…
Lituania Lituano, polaco, ruso, samogitiano…
Luxemburgo Luxemburgués, francés, alemán,
Malta Maltés e inglés.
Países Bajos Holandés, frisón, limburgués, baixosaxón…
Polonia Polaco, bielorruso, alemán, casubio (Kashubian), lituano, ucraíno,
silesiano, rusino, vilamoviciano…
Portugal Portugués e mirandés.
Rumanía Romeno, alemán, húngaro, romaní, ucraíno, csango, tártaro…
Eslovaquia Eslovaco, alemán, húngaro, romaní, rusino…
Eslovenia Esloveno, húngaro, italiano, romaní, nórico, prekmuro...
España Asturiano, vasco, galego, berber (tamazig), dariya (árabe dialectal
marroquí), catalán, aragonés, occitano (aranés, que é un dialecto
gascón), portugués.
Suecia Sueco, finés, sami, meänkieli, romaní…
Reino Unido Inglés, córnico, irlandés, galés, gaélico escocés, escocés, gaélico
irlandés, francés (en illas do estreito da Mancha)...

Román Cerqueiro Landín (Dpto. de Lingua Galega do IES de Porto do Son). Curso 2010-2011. 4º da ESO.

You might also like