You are on page 1of 1

Partido dos Socialistas de Galicia

Agrupación Municipal da Pobra do Caramiñal


Rúa Rafael Calleja, 32
15940 A Pobra do Caramiñal

Andrés Rey Pérez, concelleiro do Grupo Municipal Socialista do Concello da


Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu debate na
vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa a necesidade de
acondicionar a escola de música do Campiño e suprimir as barreiras arquitectónicas nos
acesos á mesma, coa seguinte

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O inmoble municipal que se coñece como a escola de música do Campiño leva


moitos anos pechado, non é utilizado por ningún colectivo, tampouco se desenrola
actividade de ningunha clase, nin serve como local de ensaio musical tal como aconteceu
nalgún período de tempo xa lonxano.

Dende o Concello, deberíase dotar de mobiliario, poñela a dispor da mocidade ou


a disposición de calquera asociación que o solicitara ou ben facer cursiños de interese
para os veciños do lugar.
É un local grande que soamente utilizase como colexio electoral ou como almacén
do Concello, en definitiva non se lle está sacando partido ningún e no noso pobo, tanto
os adultos como os mozos, carecemos de alternativas de ocio, sobretodo no medio rural.
Temos o patrimonio municipal en estado de abandono e o equipo de goberno non
potencia o asociacionismo nin as actividades lúdicas, intelectuais, manuais, formativas,
culturais, etc

Antigamente tamén estaba utilizando o anexo da escola unha asociación veciñal,


na actualidade os veciños non teñen aceso a dito espacio, o cal é necesario para reunións
de todo tipo.

O pasado 9 de marzo, durante a xornada electoral, algúns veciños ca mobilidade


reducida non puideron entrar a dentro da escola para depositar o seu voto na urna
porque as escaleiras de acceso llo impediron. O Concello está obrigado a facer esta obra
pola lei 8/1997 de 20 de agosto de accesibilidade e supresión de barreiras na
Comunidade Autónoma de Galicia.

Por todo elo, este grupo que represento solicita a adopción do seguinte

ACORDO:

• Supresión das barreiras arquitectónicas na escola de música do Campiño.


• Dotala de mobiliario axeitado para desenrolar actividades socioculturais.

Pobra do Caramiñal, a 17 de marzo de 2008

Asdo..- Andrés Rey Pérez

O PLENO CORPORATIVO DO DIA 27 DE MARZO DE 2008

You might also like