You are on page 1of 1

Partido dos Socialistas de Galicia

Agrupación Municipal da Pobra do Caramiñal


Rúa Rafael Calleja, 32
15940 A Pobra do Caramiñal

Mª Teresa García Guillán, concelleira do grupo Municipal Socialista do Concello


da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu debate na
vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno a seguinte:

MOCIÓN:

A estas alturas do verán o Goberno Municipal aínda non ten asumido o pintado
das sinalizacións horizontais, polo menos en canto os pasos peonís se refire. O Grupo
Municipal Socialista preocúpalle que de persistir na aptitude de non pintar os pasos
peonís o único que se estaría a facer e poñer en risco a vida dos veciños e visitantes que
anden polo noso pobo, tendo en conta o aumento de tráfico que se está a sufrir tralo lo
peche da vía rápida.

Os pasos peonís de todo o pobo, temos a estas alturas que imaxinárnolos, a nosa
inquedanza mais urxente son a rúa Gasset, a rúa da Paz, a rúa Díaz de Rábago por ser a
vía principal do pobo, que soporta todo o tráfico dirección Ribeira-Santiago e os pasos
peonís están desaparecidos ou a punto de desaparecer.

Por todo elo, o grupo municipal socialista propón que o Pleno adopte o seguinte:

ACORDO

Pintar de maneira urxente tódolos pasos peonís e o resto de sinalización


horizontal do noso Concello.

Pobra do Caramiñal, a 13 de setembro de 2007

Mª Teresa García Guillán

AO PLENO CORPORATIVO DO DÍA 27 DE SETEMBRO DE 2007.

You might also like