You are on page 1of 2

GRUPO MUNICIPAL

Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do Concello da


Pobra do Caramiñal, ó abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu debate
na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa a solicitude de
instalar unha rede municipal inalámbrica de banda ancha.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Na actualidade encontrámonos nun proceso de transición gradual dunha sociedade


industrial a unha nova sociedade da información. Esta nova sociedade trae consigo
unha transformación radical, con cambios tecnolóxicos, económicos, sociais e
políticos: a globalización.

É por elo que para alcanzar a competitividade territorial (no económico, no social,
no medioambiental, no cultural, etc.) é necesaria unha nova arquitectura
organizativa, flexible e espontánea ante o cambio continuo que produce a
globalización.

Cabe sinalar que o fin último de instalar unha rede municipal inalámbrica é para
facilitar o desenrolo económico e social da Pobra, facilitando a creación de riqueza e
emprego de calidade que redunde no benestar de tódolos veciños.

O uso das tecnoloxías de rede inalámbrica ofrece beneficios como que se pode
cubrir o 100% do territorio, ten baixo impacto medioambiental, cubre largas
distancias, con rápida implantación e facilidade de crecemento a baixo custo.

Si o Wifi permite conectar toda a casa sen cables, o WiMax pode estender esa
aplicación a todo o pobo, de forma máis rápida e inalámbrica, porque se trata
dunha rede de transporte de alta velocidade e capacidade que une os núcleos
rurais formando un auténtico sistema nervioso dixital.

Si o Wifi liberou os nosos fogares dos cables, WiMax pode liberar a un pobo
enteiro, mediante un sistema de repetidores e sen necesidade de cables
(actualmente conectámonos a Internet, aínda que sexa wifi, a través dos cables do
tendido telefónico que chegan ata a nosa casa) Esta tecnoloxía permite transmitir
unha sinal de datos a un área de uns 50 ou 60 quilómetros á redonda soamente
cunha antena.
Ademais mentres que o Wifi e as sinales de móbiles teñen moitas veces problemas
para atravesar obstáculos, WiMAx é capaz de traspasar ata o formigón, eso si
gracias a unhas emisións en baixa frecuencia.

É por iso, que solicitamos que o Pleno adopten os seguintes

ACORDOS:

1º.- Que o goberno municipal xestione o financiamento necesario co obxectivo de


instalar unha rede municipal inalámbrica de banda ancha no noso municipio.
2º.- Facer extensible, na medida do posible, o uso das novas tecnoloxías ó
conxunto dos pobrenses, así como realizar accións de divulgación e incorporación
ás novas tecnoloxías en todos os sectores económicos e sociais do municipio.

Pobra do Caramiñal, a 18 de xaneiro de 2010.

Asdo..- Mª Teresa García Guillán

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL.

You might also like