You are on page 1of 1

ANUNCIO

Aprobación inicial do Proxecto de Estatutos e Bases de Actuación reguladores da futura Xunta de


Compensación do SU 13

Na data do 14 de setembro de 2020 o Alcalde-Presidente do Concello de Sanxenxo acordou prestar


aprobación inicial ao Proxecto de Estatutos e Bases de Actuación reguladores da futura Xunta de
Compensación do SU 13, presentado polas sociedades LANZAGOLF, S.L. e LLAVE DEL AÑO, S.L., coa
corrección relativa ao carácter “provisional” do domicilio.

Ao abeiro do disposto no artigo 302 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o
Regulamento da Lei do Solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes o citado acordo
de aprobación inicial do Proxecto de Estatutos e Bases de Actuación.

A documentación relativa ao expediente pode consultarse na sede electrónica do Concello de Sanxenxo


(sede.sanxenxo.es) introducindo os seguintes CSV:

- Resolución de aprobación inicial. CSV: Q7A085KN4UIZD2G0

- Proxecto de Estatutos e Bases de Actuación. CSV: XAFXYAKRWUAA4WTJ

- Certificación da titularidade das parcelas de Lanzagolf, S.L. CSV: XGZPBY5QZUFIADDC

- Certificación da titularidade das parcelas de Llave del Año S.L. CSV: XS4A2BBN4UOXKCIY

Os propietarios non promotores do proxecto poderán adherirse e incorporarse a el e, con iso, á futura xunta
de compensación, debendo formular a incorporación mediante escrito dirixido ao concello dentro do prazo
que dure a información pública. Xuntarase ao citado escrito a documentación acreditativa da titularidade
da/s parcela/s do propietario.

En Sanxenxo, á data da sinatura dixital.

O Alcalde-Presidente, Telmo Martín González

You might also like