You are on page 1of 35

PORTAFOLIO DE ACTIVIDADES

A técnica guitarrística no terceiro curso de

grao elemental nos conservatorios públicos

de Galicia, a través de La Guitarra Paso a

Paso

Acordes, arpexos e escalas

Barcia Martínez, José Adrián


adrian_noia@hotmail.com

Introdución á investigación
2018-19
Profesor: Sergio Añón Lijó

RESUMO

Neste traballo analizarase o libro La Guitarra Paso a Paso I: 75 Piezas fáciles para

principiantes y estudiantes de conservatorio 1, de Luísa Sanz, así como as

programacións didácticas dos diferentes conservatorios públicos galegos, do terceiro

curso de grao elemental. Escolleranse tres recursos técnicos (acordes, arpexos e

escalas), nos que se centrará o traballo. Relacionaranse estes contidos das guías

didácticas coa presenza dos mesmos na obra de Sanz. Será este un primeiro

achegamento ao estudo de La Guitarra Paso a Paso, entroncado coa ensinanza da

técnica guitarrística nos centros educativos galegos.

Definiranse e exemplificaranse os aspectos técnicos máis relevantes incluídos nas

programacións, a través de dicionarios e vídeos explicativos. Analizarase a obra de

Sanz, poñendo de manifesto a técnica estudada, relacionando todo isto cos

obxectivos e contidos que figuran nas guías didácticas. Finalmente, tratarase o papel

do libro dentro destas programacións. O análise documental e busca web serán os

métodos que se empregarán na investigación.

Palabras clave: guitarra, técnica, Luísa Sanz, programación didáctica,

conservatorio, Galicia.

1 En adiante, La Guitarra Paso a Paso.

2
ÍNDICE

RESUMO.......................................................................................................................2

ÍNDICE..........................................................................................................................3

1 OBXECTO DE ESTUDO E XUSTIFICACIÓN...........................................................4

2 ESTADO DA CUESTIÓN...........................................................................................5

3 FUNDAMENTO TEÓRICO........................................................................................6

4 OBXECTIVOS............................................................................................................7

5 MÉTODOS E FONTES PRIMARIAS.........................................................................8

6 ANÁLISE DO MATERIAL...........................................................................................9

6.1 Programacións didácticas...................................................................................9


6.2 Proposta de Luísa Sanz. Identificación das técnicas no método......................11
6.2.1 Análise de La Guitarra Paso a Paso..............................................................12
6.2.2 Recursos técnicos no libro de Sanz, e o seu papel nas programacións
didácticas.................................................................................................................12
6.2.2.1 Acordes........................................................................................................13
6.2.2.2 Arpexos........................................................................................................14
6.2.2.3 Escalas........................................................................................................15
6.3 Papel de La Guitarra Paso a Paso nas programacións didácticas...................15

7 DISCUSIÓN.............................................................................................................16

8 CONCLUSIÓN.........................................................................................................17

9 LISTADOS DE FONTES..........................................................................................18

9.1 Bibliografía.........................................................................................................18
9.2 Webgrafía..........................................................................................................18
9.3 Partituras editadas.............................................................................................20

ANEXO I: Artigo para unha revista académica...........................................................21

ANEXO II: Capturas das fontes empregadas.............................................................27

3
1 OBXECTO DE ESTUDO E XUSTIFICACIÓN

Neste traballo estudarase a obra de Luísa Sanz, La Guitarra Paso a Paso2, en

relación co estudo da técnica guitarrística no terceiro curso de grao elemental dos

estudos de música na Comunidade Autónoma de Galicia. Para isto, analizaranse os

contidos e obxectivos das diferentes programacións didácticas dos conservatorios

públicos dependentes da Xunta de Galicia, para este curso en concreto.

Seleccionaranse tres cuestións técnicas relevantes (acordes, arpexos e escalas), e

relacionarase o visto respecto das mesmas nas programacións didácticas, coa obra

de Sanz, para coñecer o papel que xoga este recurso pedagóxico no devandito

curso da ensinanza musical.

En canto ás motivacións que me levaron a escoller este tema, pode dicirse que son

varias. Persoalmente, o feito de comezar os meus estudos musicais e manexar

dende moi novo este libro, influíronme á hora de tomar esta decisión. A maiores,

actualmente exerzo unha función docente nun centro académico, onde este libro é a

referencia didáctica nos primeiros anos de estudo guitarrístico. Debido a isto,

gustaríame coñecer a súa utilidade como recurso na aula, e ver se os centros da

miña zona tamén o destacan. Escollín os conservatorios públicos da miña

comunidade, por ser aqueles que presentan as súas programacións en Internet (e

polo tanto son de fácil acceso), e estaren regrados pola normativa autonómica. En

canto á elección do terceiro curso de grao elemental, dicir que só optei por este

curso, debido ás limitacións en espazo e tempo deste traballo académico, e que se

requiriría un estudo máis amplo. Isto tamén pode aplicarse á selección dos centros

de estudo, posto que este traballo non inclúe escolas de música, academias,

2 Luisa Sanz, La Guitarra Paso a Paso I: 75 Piezas fáciles para principiantes y estudiantes de
conservatorio (Madrid, Real Musical: 1990).

4
conservatorios municipais, privados, concertados... O énfase en só tres aspectos

técnicos deriva da presenza dos mesmos en todas as programacións didácticas

analizadas, sumada ás limitacións antes explicadas.

2 ESTADO DA CUESTIÓN

En canto ao estado da cuestión, cabe dicir que non atopei ningún traballo previo que

versase sobre a relación entre o libro de Sanz (ou outro similar), coas programacións

didácticas dos conservatorios públicos galegos (ou de outra comunidade). Deste

xeito, as fontes secundarias tratadas, vincularanse á exploración de diversos

recursos pedagóxicos guitarrísticos. Verase tamén a normativa da Comunidade

Autónoma respecto ás ensinanzas musicais. Non obstante, esta simplemente se

limita a esbozar os contidos que se deben tratar, deixando nas mans de cada

conservatorio o desenvolvemento dos mesmos3, o que fai que sexa imprescindible a

exploración das guías didácticas de cada un deles, que presentaremos

posteriormente.

Para o estudo do libro de Sanz, terase en conta outros estudos previos de métodos

ou recursos guitarrísticos de aprendizaxe, que xeralmente aparecerán nas

programacións didácticas analizadas. A pesares de que moitos non se incorporarán

definitivamente como parte da investigación 4, axudáronme a ver diferentes

3 Diario Oficial de Galicia N.º207, publicado o 25 de outubro de 2007,


https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2007/20071025/Anuncio40C0E_gl.html,17.220.
4 A exploración dos mesmos sería moi interesante, posto que consisten nos métodos que manexa o
profesorado dos centros estudados. Unha perspectiva comparada destes métodos co libro de Sanz, e
o coñecemento dos motivos que levan aos centros educativos á escoller estas obras (enquisas,
entrevistas...) completaría esta investigación.

5
perspectivas na ensinanza guitarrística, tanto histórica como actual. Podemos incluír

o método de Aguado5, Muro6, ou unha tese sobre as ensinanzas de Bogdanović7.

3 FUNDAMENTO TEÓRICO

Para a definición de cada unha das técnicas nas que se afonda nesta investigación

(acordes, arpexos e escalas), recorrerase ao Grove Music Online. Estas serán

explicadas no apartado de análise, para entroncar cos exemplos da libro de Sanz.

Tamén se incluirán unha serie de vídeos nos que se afondamos na técnica de xeito

visual, a través das propias obras sinaladas.

Outro recurso, xa a nivel pedagóxico, que serve para darlle sentido á labor que

desempeña o corpo docente na ensinanza guitarrística será o libro Psicología

educativa, no cal se tratan as diferentes perspectivas na aprendizaxe. Será algo moi

a ter en conta, como se verá posteriormente, debido ao papel desempeñado polo

profesorado como axente que explica ao alumnado as diferentes técnicas

guitarrísticas, nun contexto sempre cambiante 8, que non aparecen indicadas

claramente, senón inmersas dentro dunha obra. Pódese diferenciar entre a

perspectiva condutista, que «ve aos estudantes e as súas condutas como o produto

de estímulos ambientais entrantes», fronte á perspectiva congnoscivista, que os

observa como «fontes de plans, intencións, metas, ideas, recordos e emocións,

5 Dionisio Aguado, Nuevo método para guitarra, 1ª ed. (Madrid: Benito Campo, 1843),
http://hz.imslp.info/files/imglnks/usimg/3/31/IMSLP265882-PMLP430836-Daguado_Nuevo_m
%C3%A9todo_para_guitarra_1843.pdf.
6 Juan Antonio Muro, Basic Pieces (Columbus: Chanterelle Verlag, 1996),
7 Maria del Carmen Garcia Alvarez, ≪O repertorio infantil para guitarra de Dušan Bogdanović≫O repertorio infantil para guitarra de Dušan Bogdanović ≫
(tesis doctoral, Universidad de Sevilla, 2017).
8 Eli Harrison,«Challenges facing guitar education», Music Educators Journal 97, N.º1 (Setembro
2010): 50-55, https://www.jstor.org/stable/40960178.

6
utilizados de maneira activa para poñer atención, seleccionar, e construír

significados a partir de estímulos e coñecementos da experiencia»9

4 OBXECTIVOS

O obxectivo principal deste traballo será o de analizar o libro de Sanz La Guitarra

Paso a Paso, relacionándoo coas distintas programacións didácticas dos

conservatorios públicos de Galicia, para comprobar en que medida figuran nel as

cuestións técnicas tratadas nos contidos da normativa de cada centro. Para isto,

tentarase dar resposta ás seguintes preguntas: Cales son as técnicas destacadas

polos centros, e que o alumnado debe superar? Hai diferencias entre conservatorios,

ou todos consideran importante o mesmo? En que consiste cada unha destas

técnicas? Figuran as mesmas no libro de Sanz? Permite esta obra o estudo das

técnicas requiridas? Que papel xoga La Guitarra Paso a Paso nas programacións

didácticas dos centros? Fixaranse unha serie de obxectivos que vertebrarán o

traballo, e que permitirán dar resposta a estas preguntas:

 Estudar os aspectos técnicos máis relevantes incluídos nas diferentes

programacións didácticas dos conservatorios públicos galegos.

 Clasificar e definir cada un destes aspectos, para un mellor coñecemento dos

mesmos.

 Analizar a proposta de Sanz, destacando os recursos técnicos anteriormente

referidos.

9 Anita Woolfolk, Psicología educativa, 9ª ed. (México: Pearson Educación, 2006), 235-236.

7
 Relacionar os contidos e obxectivos recollidos nas guías didácticas, coa

análise do libro.

 Identificar o papel do libro como recurso didáctico, e o tratamento que recibe

nas programacións didácticas.

5 MÉTODOS E FONTES PRIMARIAS

Nesta investigación, cabe destacar o análise documental e a busca web como os

métodos seguidos para o desenvolvemento do traballo. A través do mesmo,

explóranse as dúas fontes primarias que se tratan. Por unha banda, o libro de Luísa

Sanz, La Guitarra Paso a Paso, do cal se analizan unha serie de partituras, co

obxectivo de extraer os recursos técnicos que se queren estudar. Tratarase de ver

en que medida figuran os contidos recollidos nas programacións didácticas, as cales

constituirán a segunda fonte primaria presente no traballo. Estas tamén serán

analizadas no seguinte apartado do traballo, despois da conveniente busca en

Internet das mesmas, nas páxinas web de cada conservatorio. Mediante este

recurso, tamén se incluirán no traballo unha serie de vídeos exemplificativos das

diversas técnicas guitarrísticas tratadas na obra de Sanz. Os motivos que me

levaron a seleccionar estas fontes xa foron presentados no primeiro punto deste

traballo. Podo engadir que a busca web dos vídeos mencionada previamente, se

debe a un intento de mostrar dunha forma máis visual os recursos mencionados,

para así contribuír a unha mellor comprensión dos mesmos.

Outros métodos de estudo complementarios servirían de moita axuda á hora da

investigación. A realización de entrevistas ao profesorado dos distintos centros,

8
contribuiría en bo grao, a esclarecer as preguntas que nos formulamos neste

traballo, debido ao papel que xogan na elección dos aspectos técnicos a traballar,

como se verá noutros apartados da investigación. Outra proposta barallada foi a

elaboración de cuestionarios e formularios, nos que se lles preguntase ao

profesorado pola súa perspectiva respecto do libro de Sanz. Ambas contribuirían ao

desenvolvemento e resolución das hipóteses propostas previamente.

6 ANÁLISE DO MATERIAL

Neste apartado, observarase cales son os contidos das programacións didácticas

dos diferentes conservatorios públicos galegos, para saber as destrezas técnicas

que debe adquirir o alumnado. En función do analizado, o estudo centrarase naquel

aspecto, ou aspectos, que sexan afondados en case todas as programacións.

Posteriormente, despois de extraer as cuestións técnicas destacadas pola

lexislación, observando as diferencias entre cada centro educativo, pasarase a

explicar en que consisten os contidos necesarios para a superación do curso de

grao elemental que se estuda. Finalmente, explorarase o método de Luísa Sanz,

relacionando os contidos educativos vistos, co analizado no libro.

6.1 Programacións didácticas

As programación didácticas estudadas son as dos sete centros públicos profesionais

da Comunidade Autónoma, é dicir: CMUS Profesional Xan Viaño (Ferrol) 10, CMUS

10 Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional Xan Viaño, «Programación da


especialidade de guitarra: Curso 2018-2019», Conservatorio Profesional de Música de Ferrol, acceso
o 20 de abril de 2019, http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusxanviano/?q=system/files/Guitarra%20-
%2018-19%20-%20v.18.09.26.pdf.

9
Profesional de Vigo11, CMUS Xoán Montes (Lugo)12, CMUS Profesional da Coruña13,

CMUS Profesional Manuel Quiroga (Pontevedra) 14, CMUS Profesional de Ourense 15,

e CMUS Profesional de Santiago de Compostela 16. Pódese observar, que a pesares

de ser todos dependentes da Xunta de Galicia, hai diferenzas na formulación dos

contidos e obxectivos para o terceiro curso de grao elemental de guitarra, que son

aqueles apartados nos que se falan das diferentes técnicas que se analizarán

posteriormente.

Nun primeiro grupo de programacións, obsérvase que a formulación dos contidos

técnicos é moi xeral, sen especificarse ningún aspecto en concreto, deixando nas

mans do profesorado os elementos concretos a traballar. Son o caso do CMUS de

Vigo17 e o CMUS da Coruña18, que se limitan a indicar que se lle debe ensinar ao

alumnado un posición correcta para a execución no instrumento, e que dentro dos

contidos a desenvolver no curso, debe facerse unha:

11 Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional de Vigo, «Programación de guitarra»,


Conservatorio Profesional de Música de Vigo, acceso o 20 de abril de 2019,
http://cmusvigo.gal/documentos/programacions/Corda_Pulsada/Guitarra.pdf.
12 Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional Xoán Montes, «Programación de guitarra»,
Conservatorio Profesional de Música de Lugo, acceso o 20 de abril de 2019, https://drive.google.com/
drive/folders/0B3yCnTpanCBfazFROXBDc25EVzQ.
13 Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional da Coruña, «Programación oficial da
materia de Guitarra para o curso 2018-2019», Conservatorio Profesional de Música de Coruña,
acceso o 20 de abril de 2019,
http://www.cmusprofesionalcoruna.es/wp-content/uploads/2018/10/Programacion_Guitarra18-19.pdf.
14 Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional Manuel Quiroga, «Programación Guitarra
2018-2019», Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra, acceso o 20 de abril de 2019,
https://www.conservatoriomanuelquiroga.com/wp-content/uploads/2018/10/Programaci%C3%B3n-
Guitarra-2018-2019.pdf.
15 Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional de Ourense, «Programación da
especialidade de guitarra: Curso 2018-2019», Conservatorio Profesional de Música de Ourense,
acceso o 20 de abril de 2019,
https://www.conservatoriourense.org/almacen/descargas/programacionguitarra20182019.pdf.
16 Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional de Santiago de Compostela,
«Programación da materia de guitarra: Curso 2018-2019», Conservatorio Profesional de Música de
Santiago de Compostela, acceso o 20 de abril de 2019,
https://www.conservatoriosantiago.gal/contenido/uploads/2018/11/programacions-programacion-
guitarra-18-19.pdf.
17 Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional de Vigo, «Programación...», 29-30.
18 Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional da Coruña, «Programación...», 19-20.

10
Selección progresiva en canto ao grado de dificultade de exercicios, estudos e

obras do repertorio guitarrístico que se consideren útiles para o desenvolvemento

conxunto da capacidade musical e técnica do alumnado.

Nas restantes programacións, a tendencia é a desenvolver no apartado dos

contidos, as cuestións técnicas que se teñan que traballar no terceiro curso de grao

elemental19. Deste xeito, podemos identificar unha pluralidade delas, entre as que

incluímos: arpexos, escalas, acordes, cambios de posición, cellas, ligados,

ornamentos, apagadores, harmónicos naturais e oitavados, e résgueos. Cada un

dos diferentes aspectos técnicos anteriores, desenrolarase de distinto xeito 20, e

valorando diferentes variacións dos mesmos en función do centro educativo que

teñamos en conta. Non obstante, este traballo centrarase nos acordes, arpexos e

escalas. Isto deberase a que estes contidos son os únicos que aparecen en todas as

programacións didácticas, polo que pode apreciarse que son aspectos fundamentais

na aprendizaxe guitarrística de terceiro de grao elemental. Tamén se seleccionarán

soamente estas técnicas polas limitacións espaciais deste traballo.

6.2 Proposta de Luísa Sanz. Identificación das técnicas no método

Unha vez extraídas as técnicas máis importantes a traballar no terceiro curso de

grao elemental, pasarase a analizar a obra de Luísa Sanz, para ver de que forma se

recollen as tres cuestións técnicas anteriormente anunciadas. Procederase a

definilas e explicar como son, á luz do estudado ata o momento. Estableceranse

nexos entre o método e as programacións didácticas, para esclarecer se La Guitarra

19 Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional Manuel Quiroga, «Programación...», 18;


Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional de Ourense, «Programación...», 20-21.
20 Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional de Santiago de Compostela,
«Programación...», 25; Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional Xoán Montes,
«Programación...», 21; Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional Xan Viaño,
«Programación...», 33-34.

11
Paso a Paso, inclúe todos os contidos propostos nas guías para a consecución do

terceiro curso de grao elemental. Á súa vez, analizarase o papel do libro de Sanz

nas programacións.

6.2.1 Análise de La Guitarra Paso a Paso

O primeiro que pode observarse, consiste en que o libro de Sanz non consiste nun

método explicativo ao xeito dos clásicos como o de Aguado 21, senón que se trata

dun compendio de diferentes composicións 22, que divide en música antiga, e

popular. Traballa diferentes dificultades técnicas, pero sen explicar como executalas.

Soamente nas últimas follas do libro 23, aparece unha parte práctica, que inclúe unha

serie de exercicios centrados na técnica, entre os que incluímos práctica de escalas

e arpexos, pero que tampouco presentan ningún tipo de explicación. Deste xeito,

enténdese que a labor do profesorado resulta crucial para a boa práctica guitarrista.

Será o encargado de ensinarlle ao alumnado (desde unha perspectiva cognoscivista

ou condutista24) a distinguir os diferentes aspectos técnicos que propón cada peza,

xa que non son evidentes a primeira (salvo a excepción dalgunhas pezas cuxo título

resulta indicativo do que pretenden traballar, coma Estudio de Arpegio25, etc...)

6.3 Recursos técnicos no libro de Sanz, e o seu papel nas programacións

didácticas

Como se explica anteriormente, precísase analizar as pezas incluídas no libro, para

saber cales son as técnicas que traballa cada unha. Neste apartado, veremos que

21 Aguado, Nuevo método...


22 Sanz, La guitarra…, 4-5.
23 Sanz, La guitarra…, 93-96.
24 Woolfolk, Psicología…, 235-236.
25 Laura Sanz, Estudio de Arpegio, en La guitarra…, ed. por Sanz, 57.

12
pezas poderían empregarse para a práctica dos recursos expostos previamente,

despois de definir cada un deles. Teremos en conta a formulación de contidos das

guías didácticas de cada conservatorio, e a presenza da propia obra de Sanz nas

mesmas. Á súa vez, incluiranse vídeos exemplificativos das distintas técnicas nas

propias obras.

6.3.1.1 Acordes

Un acorde consiste no «son simultáneo de dúas ou máis notas» 26. En canto aos

acordes, case ningunha programación afonda en particulares máis alá da súa

práctica. As excepcións son a do CMUS Manuel Quiroga, que indica que os acordes

deben ser de dúas, tres e catro notas, indistintamente 27, e as guías dos CMUS de

Ourense28 e o CMUS Xoán Montes 29, os cales especifican que os acordes deben

practicarse de forma résgueada, arpexada e simultánea. Deste xeito, no libro de

Sanz atopamos obras que recollen estes contidos, como Folía de España30.

Figura 1. Sucesión de acordes rasgueados e simultáneos, na peza Folía de España31.

Inclúese vídeo exemplificativo32.

26 Grove Music Online, s. v. «Chord», acceso o 2 de maio de 2019,


https://doi.org/10.1093/gmo/9781561592630.article.05671; «The simultaneous sounding of two or
more notes», tradución propia.
27 Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional Manuel Quiroga, «Programación...», 18.
28 Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional de Ourense, «Programación...», 20-21.
29 Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional Xoán Montes, «Programación...», 21.
30 Folía de España (anónimo), en Sanz, La guitarra…, 46-47.
31 Captura de Folía de España (anónimo), en Sanz, La guitarra…, 46-47.
32 «LA FOLIA DE ESPAÑA - INICIATIVAS MUSICALES», vídeo de youtube, 2:49, publicado o 20 de
marzo de 2016, https://www.youtube.com/watch?v=d3jbEG0d8Og

13
6.4 Arpexos

Un arpexo pode definirse como «o son das notas dun acorde en sucesión en lugar

de simultaneamente»33. Respecto a forma de traballar a técnica dos arpexos,

recollida nas programacións didácticas, pode dicirse que é moi aberta. Isto débese a

que as guías indican que os arpexos deben practicarse «con formulacións máis

complexas»34 que as de cursos anteriores, que os arpexos deben ser de seis

notas35, ou que se procederá á «realización de exercicios de arpexos empregando

os dedos p, i, m, a en diferentes combinacións así como intercalando dous acordes

de dúas notas»36. Nas restantes programacións, só se indica que deben practicarse.

Desta forma, no libro de Sanz, recorrerase a diferentes obras para a súa práctica,

como Estudio37.

Figura 2. Sucesión de arpexos, seguindo as indicacións das programacións, na peza

Estudio38. Inclúese vídeo exemplificativo39

33 Grove Music Online, s. v. «Arpeggio», acceso o 2 de maio de 2019,


https://doi.org/10.1093/gmo/9781561592630.article.01327; «The sounding of the notes of a chord in
succession rather than simultaneously», tradución propia.
34 Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional de Santiago de Compostela,
«Programación...», 25.
35 Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional Xoán Montes, «Programación...», 21;
Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional de Ourense, «Programación...», 20-21.
36 Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional Manuel Quiroga, «Programación...», 18.
37 Francisco Tárrega, Estudio, en La guitarra…, ed. por Sanz., 89.
38 Francisco Tárrega, Estudio, en La guitarra…, ed. por Sanz., 89.
39 «ESTUDIO de TARREGA - classical guitar», vídeo de youtube, 1:06, publicado o 29 de maio de
2012, https://www.youtube.com/watch?v=a4tj2CTGPPw

14
6.4.1.1 Escalas

Unha escala é «unha secuencia de notas en orde ascendente ou descendente de

ton»40. En certas guías didácticas proponse que simplemente deben practicarse

(CMUS de Coruña41, CMUS de Vigo42, CMUS Xoán Montes43), mentres que nas

restantes figuran escalas concretas en diferentes tonalidades e rango de oitavas,

que deberán practicarse, separadamente das obras que forman parte do repertorio

de terceiro de grao elemental. Así as cousas, no libro de Sanz figura, na súa parte

final, un conxunto de escalas que traballaría este aspecto 44.

Figura 3. Escala en DoM de dúas oitavas, no parte práctica do libro de Sanz45.Inclúese

vídeo exemplificativo46

6.5 Papel de La Guitarra Paso a Paso nas programacións didácticas

Como se pode observar, o libro de Sanz inclúe todas as cuestións técnicas

estudadas. Non obstante, faino dun xeito característico, a través da súa inclusión

dentro de diferentes obras (coa excepción dos últimos exercicios presentados nas
40 William Drabkin, «Scale», en Grove Music Online, acceso o 2 de maio de 2019,
https://doi.org/10.1093/gmo/9781561592630.article.24691; «A sequence of notes in ascending or
descending order of pitch», tradución propia.
41 Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional da Coruña, «Programación...», 19-20.
42 Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional de Vigo, «Programación...», 29-30.
43 Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional Xoán Montes, «Programación...», 21.
44 Sanz, La guitarra…, 101.
45 Sanz, La guitarra…, 101.
46 «Escala de C Mayor - 4 Formas para hacer Arreglos», vídeo de youtube, 17:20, publicado o 22 de
marzo de 2018, https://youtu.be/a8woNM6DlEs?t=371

15
follas finais do libro) Pode dicirse que os contidos das guías didácticas dos

diferentes conservatorios públicos galegos poderían tratarse na súa integridade coa

proposta de Sanz.

A pesares disto, destaca o feito de que o compendio guitarrístico analizado, non

aparece en case ningunha das programacións que se estudaron. As únicas

excepcións atopámola na guía do CMUS Xan Viaño 47, onde se inclúe o libro como

recurso didáctico nos dous primeiros cursos de grao elemental 48, e a programación

do CMUS de Ourense, onde figuran explicitamente varias das obras que recolle La

Guitarra Paso a Paso49. Nas restantes, non se menciona a obra de Sanz, nin se

recomenda coma recurso didáctico, pero si que figuran, como repertorio aconsellado

ou obrigado, composicións que inclúe o seu libro, coma o Estudio N.º4 de Sor50, ou o

Estudio N.º21 de Carulli51.

7 DISCUSIÓN

Observando o conxunto de programacións didácticas dos diferentes conservatorios

públicos galegos, extráese que todos coinciden en que son tres os recursos técnicos

guitarrísticos máis importantes. Acordes, arpexos e escalas aparecen en todas as

guías, con peculiaridades en función do centro. Se se analiza a obra de Sanz,

verase que inclúe diversas composicións, que traballan diferentes técnicas, dentro

das cales se inclúen as que figuran nos obxectivos e contidos das programacións

didácticas. De feito,en dúas das guías recoméndase o emprego de La Guitarra Paso

a Paso.

47 Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional Xan Viaño, «Programación...», 23.


48 Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional Xan Viaño, «Programación...», 32.
49 Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional de Ourense, «Programación...», 11-23.
50 Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional Manuel Quiroga, «Programación...», 23.
51 Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional Xoán Montes, «Programación...», 25.

16
Dende o meu punto de vista, tanto como alumno, así coma profesor, resulta

bastante sinxelo levar a cabo a práctica dos recursos técnicos propostos, a través

das obras presentadas por Sanz. Existen recursos audiovisuais en Internet que

contribúen a isto. Na miña opinión, tanto dende unha perspectiva cognoscitiva ou

conductista, pódese emprender a ensinanza destas técnicas guitarrísticas a través

de La Guitarra Paso a Paso. Porén, soamente dous dos conservatorios públicos

recomendan este libro para a práctica guitarrística de terceiro de grao elemental.

Sería aconsellable afondar máis nesta cuestión.

8 CONCLUSIÓN

Á luz do visto, conclúese que o libro de Sanz, permite o estudo da técnica

guitarrística proposta polos conservatorios públicos galegos, para o terceiro curso de

grao elemental. Pódese escoller entre unha variedade de pezas que permiten o

traballo dos contidos recollidos nas guías, definidos e exemplificados en páxinas

anteriores. Deste xeito, La Guitarra Paso a Paso pode ter un papel destacado na

pedagoxía guitarrística nestes centros.

Non obstante, isto semella non ser así. Chama a atención o feito de que soamente

dous dos conservatorios inclúan a obra de Sanz dentro das súas programacións, e

os restantes propoñan composicións que figuran na obra, pero sen recomendar a

versión de Sanz. Cabería facer un estudo máis pormenorizado, no que se tivese en

conta a visión do profesorado dos CMUS. A maiores, unha comparación de La

Guitarra Paso a Paso cos restantes métodos que se inclúen nas guías didácticas,

resultaría moi útil. Ampliaríase en boa maneira a visión deste traballo. Isto, sumado a

un estudo que inclúa os restantes cursos de grao elemental das ensinanzas

17
musicais, ou mesmo das profesionais, poderían ser futuras vías de investigación que

completarían a presentada nestas follas.

9 LISTADOS DE FONTES

9.1 Bibliografía

Aguado, Dionisio. Nuevo método para guitarra. 1ª ed. Madrid: Benito Campo, 1843.
http://hz.imslp.info/files/imglnks/usimg/3/31/IMSLP265882-PMLP430836-
Daguado_Nuevo_m%C3%A9todo_para_guitarra_1843.pdf.
Garcia Alvarez, María del Carmen≪O repertorio infantil para guitarra de Dušan Bogdanović≫O repertorio infantil para guitarra de Dušan
Bogdanović≫. Tesis doctoral, Universidad de Sevilla, 2017.
Harrison, Eli. «Challenges facing guitar education». Music Educators Journal 97,
N.º1 (Setembro 2010): 50-55. Https://www.jstor.org/stable/40960178.
Muro, Juan Antonio. Basic Pieces. Columbus: Chanterelle Verlag, 1996.
Sanz, Luísa. La Guitarra Paso a Paso I: 75 Piezas fáciles para principiantes y
estudiantes de conservatorio. Madrid, Real Musical: 1990.
Woolfolk, Anita. Psicología educativa. 9ª ed. México: Pearson Educación, 2006

9.2 Webgrafía

Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional da Coruña. «Programación


oficial da materia de Guitarra para o curso 2018-2019». Conservatorio
Profesional de Música de Coruña. Acceso o 20 de abril de 2019.
Http://www.cmusprofesionalcoruna.es/wp-content/uploads/2018/10/Programac
ion_Guitarra18-19.pdf.
Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional de Ourense. «Programación
da especialidade de guitarra: Curso 2018-2019». Conservatorio Profesional
de Música de Ourense. Acceso o 20 de abril de 2019.

18
Https://www.conservatoriourense.org/almacen/descargas/programacionguitarr
a20182019.pdf.
Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional de Santiago de Compostela.
«Programación da materia de guitarra: Curso 2018-2019». Conservatorio
Profesional de Música de Santiago de Compostela. Acceso o 20 de abril de
2019. Https://www.conservatoriosantiago.gal/contenido/uploads/2018/11/pro
gramacions-programacion-guitarra-18-19.pdf.
Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional de Vigo. «Programación de
guitarra». Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Acceso o 20 de abril
de 2019.
Http://cmusvigo.gal/documentos/programacions/Corda_Pulsada/Guitarra.pdf.
Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional Manuel Quiroga.
«Programación Guitarra 2018-2019». Conservatorio Profesional de Música de
Pontevedra. Acceso o 20 de abril de 2019.
Https://www.conservatoriomanuelquiroga.com/wp-content/uploads/2018/10/
Programaci%C3%B3n-Guitarra-2018-2019.pdf.
Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional Xan Viaño. «Programación
da especialidade de guitarra: Curso 2018-2019». Conservatorio Profesional
de Música de Ferrol. Acceso o 20 de abril de 2019. Http://www.edu.xunta.gal/
centros/cmusxanviano/?q=system/files/Guitarra%20-%2018-19%20-
%20v.18.09.26.pdf.
Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional Xoán Montes. «Programación
de guitarra». Conservatorio Profesional de Música de Lugo. Acceso o 20 de
abril de 2019.
Https://drive.google.com/drive/folders/0B3yCnTpanCBfazFROXBDc25EVzQ.
Diario Oficial de Galicia N.º207. Publicado o 25 de outubro de 2007.
Https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2007/20071025/Anuncio40C0E_gl.html,
17.220

19
Drabkin, William. «Scale». En Grove Music Online. Acceso o 2 de maio de 2019.
Https://doi.org/10.1093/gmo/9781561592630.article.24691.
«Escala de C Mayor - 4 Formas para hacer Arreglos». Vídeo de youtube, 17:20.
Publicado o 22 de marzo de 2018. Https://youtu.be/a8woNM6DlEs?t=371.
«ESTUDIO de TARREGA - classical guitar» Vídeo de youtube, 1:06. Publicado o 29
de maio de 2012. Https://www.youtube.com/watch?v=a4tj2CTGPPw.
Grove Music Online. s. v. «Arpeggio». Acceso o 2 de maio de 2019.
Https://doi.org/10.1093/gmo/9781561592630.article.01327.
Grove Music Online. s. v. «Chord». Acceso o 2 de maio de 2019.
Https://doi.org/10.1093/gmo/9781561592630.article.05671.
«LA FOLIA DE ESPAÑA - INICIATIVAS MUSICALES». Vídeo de youtube, 2:49.
Publicado o 20 de marzo de 2016. Https://www.youtube.com/watch?
v=d3jbEG0d8Og.

20
ANEXO I: Artigo para una revista académica

A técnica guitarrística nos conservatorios públicos de Asturias,


Cantabria, e Galicia
Terceiro curso de grao elemental

Neste breve artigo trataranse as diferencias existentes en tanto á aproximación á

técnica guitarrísica por parte dos centros de ensino musical. Para exemplificar isto,

tomaranse como referencia aos conservatorios públicos de Asturias, Cantabria e

Galicia, cuxas guías didácticas se poden atopar facilmente en Internet. Teranse en

conta os contidos que valoran, así como o tratamento que recibe cada técnica por

separado.

En Asturias, existe un conservatorio público, o de Xixón, que imparte ensinanzas

musicais elementais. O Conservatorio de Oviedo, só inclúe ensinanzas profesionais,

sendo a Academia Musicalia un centro adscrito ao mesmo que imparte o ensino

elemental (Academia Musicalia 2019). Por isto, non se terá en conta para este

artigo. Na programación didáctica do conservatorio de Xixón, obsérvase que as

preocupacións técnicas en terceiro de grao elemental, son as seguintes

(Conservatorio Profesional de Música y de Danza de Gijón 2019, 24): consolidación

do son, arpexos e notas repetidas, iniciación do estudo de notas simultáneas,

ligados simples, series, coordinación de ambas mans, cellas, e escalas dunha

oitava.

En Cantabria, a situación respecto dos conservatorios tamén é moi similar á

asturiana. Distínguense dous conservatorios, o Conservatorio Jesús de Monasterio,

21
que presenta grao elemental en guitarra, e por outra banda, o Conservatorio de

Torrelavega, que non imparte ensinanzas elementais de guitarra (si doutras

especialidades), senón que existe un centro privado autorizado encargado disto

(Conservatorio de Torrelavega 2019). Así as cousas, na programación didáctica do

Conservatorio Jesús de Monasterio, pode observarse como se inclúen, para terceiro

curso de grao elemental, os seguintes aspectos técnicos (Conservatorio Jesús de

Monasterio 2019, 13-14): perfeccionamento continuo do son, práctica dos arpexos

con metrónomo, acordes de catro sons en cordas consecutivas, ligados e apoiaturas

(descendentes e ascendentes, con todos os dedos), cellas, e escalas (unha e dúas

oitavas).

Respecto Galicia, as programacións didácticas estudadas son as dos sete centros

públicos profesionais da Comunidade Autónoma, é dicir: CMUS Profesional Xan

Viaño (Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional de Ferrol 2019),

CMUS Profesional de Vigo (Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional

de Vigo 2019), CMUS Xoán Montes (Departamento de corda pulsada do CMUS

Profesional de Lugo 2019), CMUS Profesional da Coruña (Departamento de corda

pulsada do CMUS Profesional da Coruña 2019), CMUS Profesional Manuel Quiroga

(Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional de Pontevedra 2019), CMUS

Profesional de Ourense (Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional de

Ourense 2019), e CMUS Profesional de Santiago de Compostela (Departamento de

corda pulsada do CMUS Profesional de Santiago de Compostela 2019). Pódese

observar, que a pesares de ser todos dependentes da Xunta de Galicia, hai

diferenzas na formulación dos contidos e obxectivos para o terceiro curso de grao

elemental de guitarra.

22
Nun primeiro grupo de programacións, obsérvase que a formulación dos contidos

técnicos é moi xeral, sen especificarse ningún aspecto en concreto, deixando nas

mans do profesorado os elementos concretos a traballar. Son o caso do CMUS de

Vigo (Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional de Vigo 2019, 29) e o

CMUS da Coruña (Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional da Coruña

2019, 19-20), que se limitan a indicar que se lle debe ensinar ao alumnado un

posición correcta para a execución no instrumento, e que dentro dos contidos a

desenvolver no curso, debe facerse unha:

Selección progresiva en canto ao grado de dificultade de exercicios, estudos e obras

do repertorio guitarrístico que se consideren útiles para o desenvolvemento conxunto

da capacidade musical e técnica do alumnado.

Nas restantes programacións, a tendencia é a desenvolver no apartado dos

contidos, as cuestións técnicas que se teñan que traballar no terceiro curso de grao

elemental (Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional de Pontevedra

2019, 18) (Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional de Ourense 2019,

20-21). Deste xeito, podemos identificar unha pluralidade delas, entre as que

incluímos: arpexos, escalas, acordes, cambios de posición, cellas, ligados,

ornamentos, apagadores, harmónicos naturais e oitavados, e résgueos. Cada un

dos diferentes aspectos técnicos anteriores, desenrolarase de distinto xeito

(Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional de Santiago de Compostela

2019, 25) (Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional de Lugo 2019, 21)

(Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional de Ferrol 2019, 33-34).

Valoraranse diferentes variacións dos mesmos en función do centro educativo que

teñamos en conta. Acordes, arpexos e escalas serán as únicas destrezas que

23
figuran en todas as guías, polo que se pode falar dunha especial importancia destes

recursos, dada a súa presenza.

En conclusión, como pode observarse, son numerosas as diferencias existentes

entre cada Comunidade Autónoma, pero tamén dentro da propia Comunidade. Isto

último afírmase para o caso galego, posto que, tanto en Asturias como Cantabria, só

se limitou o estudo ao único centro público que imparte educación musical elemental

en cada unha destas comunidades. Non obstante, dentro das diferencias, hai unha

serie de contidos que figuran en todos os centros, entre os que incluímos acordes,

arpexos, e escalas. A pesares de que cada centro propón diferentes formas de

traballar estes recursos técnicos, pode destacarse a importancia dos mesmos para a

formación musical do alumnado de terceiro de grao elemental. Outras cuestións

técnicas significativas, pola súa presenza en case todas as guías, serán os ligados,

a busca dun mellor son na guitarra, ou as cellas.

24
Listado de referencias

Academia Musicalia. 2019. «Enseñanza oficial». Acceso o 10 de maio de 2019.

http://www.academiamusicalia.es/ensenanza-oficial

Conservatorio Jesús de Monasterio. 2019. «Extracto de programación didáctica

EE.EE. Curso 2018-2019: Especialidad de Guitarra». Acceso o 10 de maio de

2019.

https://www.conservatoriojesusdemonasterio.es/wp-content/uploads/pdf/

1819_%20GUITARRA_EE.pdf

Conservatorio de Torrelavega. 2019. «Centros adscritos». Acceso o 10 de maio de

2019. http://www.conservatoriodetorrelavega.com/centros-adscritos/

Conservatorio Profesional de Danza y Música de Gijón. 2019. «Programación

docente de guitarra». Acceso o 10 de maio de 2019.

https://www.conservatoriogijon.com/wp-content/uploads/2019/01/guitarra.pdf,

24

Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional da Coruña. 2019.

«Programación oficial da materia de Guitarra para o curso 2018-2019».

Conservatorio Profesional de Música de Coruña. Acceso o 20 de abril de

2019.

Http://www.cmusprofesionalcoruna.es/wp-content/uploads/2018/10/Programac

ion_Guitarra18-19.pdf.

Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional de Ourense. 2019.

«Programación da especialidade de guitarra: Curso 2018-2019».

Conservatorio Profesional de Música de Ourense. Acceso o 20 de abril de

2019.

25
Https://www.conservatoriourense.org/almacen/descargas/programacionguitarr

a20182019.pdf.

Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional de Santiago de Compostela.

2019. «Programación da materia de guitarra: Curso 2018-2019».

Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela. Acceso o

20 de abril de 2019. Https://www.conservatoriosantiago.gal/contenido/uploads/

2018/11/programacions-programacion-guitarra-18-19.pdf.

Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional de Vigo. 2019.

«Programación de guitarra». Conservatorio Profesional de Música de Vigo.

Acceso o 20 de abril de 2019.

Http://cmusvigo.gal/documentos/programacions/Corda_Pulsada/Guitarra.pdf.

Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional Manuel Quiroga. 2019.

«Programación Guitarra 2018-2019». Conservatorio Profesional de Música de

Pontevedra. Acceso o 20 de abril de 2019.

Https://www.conservatoriomanuelquiroga.com/wp-content/uploads/2018/10/

Programaci%C3%B3n-Guitarra-2018-2019.pdf.

Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional Xan Viaño. 2019.

«Programación da especialidade de guitarra: Curso 2018-2019».

Conservatorio Profesional de Música de Ferrol. Acceso o 20 de abril de 2019.

Http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusxanviano/?q=system/files/Guitarra%20-

%2018-19%20-%20v.18.09.26.pdf.

Departamento de corda pulsada do CMUS Profesional Xoán Montes. 2019.

«Programación de guitarra». Conservatorio Profesional de Música de Lugo.

Acceso o 20 de abril de 2019.

Https://drive.google.com/drive/folders/0B3yCnTpanCBfazFROXBDc25EVzQ.

26
ANEXO II: Capturas de las fontes empregadas

27
28
29
30
31
32
33
34
Coruña Ferrol Vigo Ponteved Santiago Lugo Ourense

ra

Arpexos

Escalas

Acordes

Cambios

de

posición

Cellas

Ligados

35

You might also like