You are on page 1of 33

A CIRCUNFERENCIA

E O CÍRCULO
Mira este contido
na páxina 214 do
teu libro de
Matemáticas
A CIRCUNFERENCIA
A circunferencia é unha
liña curva e pechada,
formada por puntos que
equidistan dun que
chamamos centro.
Elementos da circunferencia

centro
Elementos da circunferencia

A distancia
entre o centro e

o
di
o os puntos da
ra circunferencia é
o que
denominamos
radio.
Elementos da circunferencia

diámetro
Elementos da circunferencia

arco
Elementos da circunferencia

d a
e r
c u
Elementos da circunferencia
Círculo Semicírculo
POSICIÓNS RELATIVAS ENTRE
RECTA E CIRCUNFERENCIA

EXTERIORES:
non existe
ningún punto
de contacto.
- l ibro
n a 215
i
páx máticas
e
Mat
POSICIÓNS RELATIVAS ENTRE
RECTA E CIRCUNFERENCIA

90º
TANXENTES:
cando teñen
un único
punto en
común.
POSICIÓNS RELATIVAS ENTRE
RECTA E CIRCUNFERENCIA

SECANTES:
a recta corta a
circunferencia
en dous
puntos.
POSICIÓNS RELATIVAS ENTRE
DUAS CIRCUNFERENCIAS

EXTERIORES: non teñen puntos comúns.


POSICIÓNS RELATIVAS ENTRE
DUAS CIRCUNFERENCIAS

TANGENTES
EXTERIORES:
teñen un punto
común e todos
os demais
puntos dunha
son exteriores
á outra
POSICIÓNS RELATIVAS ENTRE
DUAS CIRCUNFERENCIAS

SECANTES:
se cortan en
dous puntos
distintos.
POSICIÓNS RELATIVAS ENTRE
DUAS CIRCUNFERENCIAS
TANGENTES
INTERIORES:
teñen un único
punto en común
e os restantes
están dentro da
outra.
POSICIÓNS RELATIVAS ENTRE
DUAS CIRCUNFERENCIAS

INTERIORES:est
án situadas
unha dentro da
outra, pero sen
punto de
contacto.
POSICIÓNS RELATIVAS ENTRE
DUAS CIRCUNFERENCIAS

CONCÉNTRICAS: os seus centros son


coincidentes.
TAREFA 1 - CIRCUNFERENCIA
Busca exemplos de circunferencias na tua
contorna, saca unha foto e mándame ao correo
plazticadocernadas@gmail.com

Mira o que eu topei na


miña casa, o reloxo ten
dúas circunferencias
concéntricas (na
verdade son círculos
delimitados por
circunferencias) e o
centro está marcado
pola xunción das dúas
agullas!
Observa como aparecen circunferencias e
arcos de circunferencias na arquitectura:

Círculos concéntricos e enlaces arcos de circunferencias


nun balcón modernista do barrio da Madalena en Ferrol.
Rosetón da Igrexa de San Martiño e Igrexa de Santa Maria
a Nova, Noia .

Enlaces de arcos de
circunferencias nun
balcón de Noia
MANDALA e ROSETÓN
A mandala ten a súa orixe en India e o seu nome en
sánscrito significa “círculo ou roda”. A mandala ten unha
estreita relación co roseton.
O roseton é unha fiestra circular característica dos
templos góticos, adornada con figuras xeométricas
labradas na pedra e con ocos cerrados (ou non) con
vidreiras.
Rosetón da catedral de Notre Dame de Paris
MANDALA DE ARENA
MANDALA e ROSETÓN
Tanto os Rosetóns como as Mandalas ten as
seguintes características:

● Un centro
● Debuxos xeométricos
dispostos de forma
radial
● Son simétricos.
TAREFA 2: MANDALA CON
CIRCUNFERENCIAS LOBULADAS
TAREFA PARA FACER NO PAPEL
UTILIZANDO O COMPÁS: MANDALA CON
CIRCUNFERENCIAS LOBULADAS
Folio de cor clara:
branco o amarelo claro, o
rosa, o verde claro, o azul
claro, o lila claro

Trazamos unha
circunferencia cun radio
determinado, por exemplo
de 4cm. Trazamos un
diámetro horizontal, que
nos determina na
circunferencia os puntos 1
e 2.
MANDALA CON CIRCUNFERENCIAS
LOBULADAS

Con centro no punto


1, volvemos trazar
unha circunferencia
co mesmo radio.
Dita circunferencia, ao
cortar a circunferencia
primeira
determínanos os
puntos 3 e 4.
MANDALA CON CIRCUNFERENCIAS
LOBULADAS

Con centro no punto 3,


volvemos trazar outra
circunferencia de igual
radio, a cal nos
determina na primeira
circunferencia, outro
punto máis, o 5.

Mira ben se a nova


circunferencia pasa xusto
polos puntos 1 e O
MANDALA CON CIRCUNFERENCIAS
LOBULADAS

Con centro no punto 4,


volvemos facer a mesma
operación. Obteremos así
o punto 6.

Mira ben se a nova


circunferencia pasa xusto
polos puntos 1 e O.
MANDALA CON CIRCUNFERENCIAS
LOBULADAS
Con centro nos puntos
5 e 6 volvemos facer a
mesma operación,
obténdose así a figura
buscada.

Mira ben se as novas


circunferencias pasan
xusto polos puntos:

3, O e 2
4, O e 2
MANDALA CON CIRCUNFERENCIAS
LOBULADAS

Saca unha foto do


deseño da tua
mandala e manda ao
correo:
plazticadocernadas@gmail.com

Tutorial en youtube:
Referencias/créditos

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/14629645
63/contido/A_XEOMETRIA_COMO_SOPORTE_DA_CREACION_ARTISTICA_E
_DO_DESEO_/1_circunferencia.html
o
http://azulturquesabitacoradeteresa.blogspot.com/2017/10/circunferencias.html

https://elblogdeplastica.wordpress.com/category/1o-eso/

https://www.youtube.com/watch?time_continue=190&v=7T8PPxYq0Ms&feature=
emb_logo

http://dibutodo.blogspot.com/2019/10/ta-18-ejercicio-basado-en-un.html

You might also like