You are on page 1of 5

Deputación Provincial da Coruña

BOP
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
www.dicoruna.es D.L.: C-1-1958

JUEVES, 8 DE MARZO DE 2012  |  BOP NÚMERO 47

Administración Local
Municipal
Culleredo
Economía, Facenda, Réxime Interior
Bases xerais para a selección de funcionarios interinos e persoal laboral temporal, mediante listas de substitución
BASES XERAIS PARA A SELECCIÓN DE FUNCIONARIOS INTERINOS E PERSOAL LABORAL TEMPORAL DO CONCELLO DE
CULLEREDO, MEDIANTE LISTAS DE SUBSTITUCIÓN
1. NORMAS XERAIS
1.1. O obxecto das presentes bases é a regulación da selección de funcionarios interinos e persoal laboral temporal,
mediante listas de substitución.
1.2. O chamamento dos aspirantes que figuren nas listas de substitución, utilizarase na selección de funcionarios
interinos e persoal laboral temporal, nos seguintes casos:
oCobertura temporal de postos de postos de traballo da Relación de postos de traballo do Concello de Culleredo.
oExceso ou acumulación de tarefas, ou execución de programas de carácter temporal, cando os requisitos esixidos
para o nomeamento ou contratación, coincidan cos do proceso selectivo realizado para formar a correspondente lista de
substitución.
1.3. As presentes bases xerais serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia.
1.4. A formación e modificación das listas de substitución serán aprobadas por resolución do alcalde ou concelleiro
delegado, que se publicará no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.culleredo.es).
1.5. As listas de substitución en vigor permanecerán publicadas na páxina web do Concello (www.culleredo.es)

2. LISTAS DE SUBSTITUCIÓN
2.1. Formación.
2.1.1. Unha vez celebrados procesos selectivos para o acceso a prazas incluídas na oferta de emprego público, cos
datos achegados polo tribunal formaranse unhas listas de substitución con aquelas aspirantes que non tiveran superado o
proceso selectivo, e que tiveran aprobado algún dos exercicios da fase de oposición.
A orde dos aspirantes establecerase atendendo sucesivamente aos seguintes criterios: número de exercicios aproba-
dos, maior puntuación do proceso selectivo, maior puntuación na fase de oposición; maior puntuación no exercicio práctico
da oposición; maior puntuación no exercicio teórico (materias específicas); maior puntuación no exercicio teórico (materias
comúns). Non se considerará a estes efectos a puntuación obtida nos exercicios non aprobados. No caso de que persistise
o empate, a orde dos aspirantes establecerase por orde alfabética de apelidos e nome, dando comezo pola letra que resulte
do sorteo anual que no ámbito da Administración Xeral do Estado efectúa a Secretaría de Estado para a administración
pública, e que se publica no Boletín Oficial do Estado.
2.1.2. No caso de que, por non terse celebrado procesos selectivos ou por calquera outra causa, non sexa posible
a formación de listas de acordo co punto anterior, ou cando as listas formadas estiveran esgotadas ou se consideraran
insuficientes, formaranse unhas listas de substitución mediante a aprobación dunha convocatoria específica.
A orde dos aspirantes establecerase atendendo sucesivamente á maior puntuación obtida no proceso selectivo e a
aqueles outros criterios que, no seu caso, se indiquen nas bases específicas da convocatoria. No caso de que persistise o
Número de anuncio  2012/2648

empate, a orde dos aspirantes establecerase por orde alfabética dos apelidos e nome, dando comezo pola letra que resulte
do sorteo anual que no ámbito da Administración Xeral do Estado, efectúa a Secretaría de Estado para a administración
pública, e que se publica no Boletín Oficial do Estado
2.2. Exclusión. Serán motivos de exclusión dun integrante da lista, salvo causa de forza maior ou causa xustificada, os
seguintes:

Página 1 / 5
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
Jueves, 8 de marzo de 2012  •  Número 47

oRenuncia á formar parte da lista.


oNon aceptación da oferta realizada.
oNon resposta dentro do prazo fixado, tras a realización da oferta.
oNon presentación dentro do prazo fixado tras a aceptación da oferta, da documentación requirida para o nomeamento
de funcionario interino ou a contratación como persoal laboral temporal, ou se da mesma se deducise que carece dalgún
dos requisitos esixidos.
oNon presentación dentro do prazo fixado tras a aceptación da oferta, de orixinal ou copia compulsada da documenta-
ción acreditativa dos méritos alegados no proceso selectivo.
oRenuncia á continuidade no desempeño dun posto de traballo, unha vez que foi nomeado ou contratado.
oSeparación do servizo por sanción disciplinaria e/ou por despido declarado procedente.
Considerase causa xustificada a situación de baixa médica que deberá acreditarse documentalmente.
2.3. Vixencia. As listas de substitución estarán vixentes ata a aprobación dunha nova lista da praza en cuestión, ou,
como máximo, durante un prazo dun ano dende a súa aprobación.

3. CONVOCATORIA PARA A FORMACIÓN DE LISTAS DE SUBSTITUCIÓN


3.1. As convocatorias específicas que, de acordo co establecido na base 2.1.2, se realicen para a formación de listas
de substitución rexeranse polas presentes bases xerais e polas bases específicas da convocatoria. O sistema selectivo
será o de concurso.
3.2. As convocatorias para a formación de listas de substitución publicaranse no taboleiro de anuncios e na páxina web
do Concello (www.culleredo.es). Un anuncio da convocatoria publicarase no Boletín Oficial da Provincia.
3.3. Requisitos dos candidatos.
3.3.1. Para ser admitidos no proceso selectivo, os aspirantes terán que reunir no día de finalización do prazo de pre-
sentación de solicitudes, os seguintes requisitos:
·Nacionalidade. Cúmprese este requisito nos seguintes casos:
a) Ter a nacionalidade española.
b) Ser nacional doutros estados aos que se refire e nas condicións que establece o artigo 57 da Lei 7/2007 do 12 de
abril, do Estatuto básico do empregado público:
1. Os nacionais dos Estados membros da Unión Europea poderán acceder, como persoal funcionario, en igualdade de
condicións que os españois aos empregos públicos, con excepción daqueles que directa ou indirectamente impliquen unha
participación no exercicio do poder público ou nas funciones que teñen por obxecto a salvagarda dos intereses do Estado
ou das Administracións Públicas.
2. As previsións do apartado anterior serán de aplicación, calquera que sexa a súa nacionalidade, ao cónxuxe dos
españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito e aos
seus descendentes e aos do seu cónxuxe sempre que no estean separados de dereito, sexan menores de vinteún años ou
maiores de dita idade dependentes.
3. O acceso ao emprego público como persoal funcionario, estenderase igualmente ás persoas incluídas no ámbito de
aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación
a libre circulación de traballadores, nos términos establecidos no apartado 1.
4. Os estranxeiros aos que se refiren os apartados anteriores, así como os estranxeiros con residencia legal en España
poderán acceder ás Administracións Públicas, como persoal laboral, en igualdade de condicións que los españois.
·Idade. Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non ter alcanzado a idade máxima de xubilación forzosa.
·Titulación. Estar en posesión, ou en condicións de obtelo, do título que se esixa nas bases específicas da convocatoria.
Número de anuncio  2012/2648

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite a súa homologación.
·Capacidade funcional: Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incom-
patible co desempeño das correspondentes funcións.
·Habilitación: Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública,
nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para o exercicio de funcións públicas.
3.3.2. Nas bases específicas que rexan cada convocatoria poderán esixirse outros requisitos específicos.

Página 2 / 5
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
Jueves, 8 de marzo de 2012  •  Número 47

3.4. Solicitudes.
3.4.1. As persoas interesadas en tomar parte no proceso selectivo terán que facelo constar en instancia segundo
modelo que se incluirá como anexo ás bases específicas correspondentes e que será facilitada na páxina web do Concello
(www.culleredo.es)
3.4.2. Para poder ser admitido no proceso selectivo, deberá presentarse orixinal ou copia da seguinte documentación:
·Documento nacional de identidade ou acreditación dos requisitos de nacionalidade e idade.
·Título ou acreditación do requisito de titulación.
·Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos específicos que no seu caso e de acordo coa base 3.3.2
se tiveran esixido nas bases específicas.
·Relación dos méritos que se acrediten, por cada un dos apartados de que conste o concurso.
·Documentación acreditativa dos méritos que se posúan. No concurso non se terán en conta os documentos que non
queden debidamente acreditados dentro do prazo de presentación de instancias. No caso de certificados a emitir polo
propio Concello de Culleredo, bastara con unir xustificante da súa solicitude.
3.4.3. A documentación sinalada no punto anterior deberá achegarse coa instancia, salvo que xa fora presentada nun
proceso selectivo anterior, en cuxo caso se deberá indicar o nome do proceso e a data do rexistro de entrada do escrito
coa que se achegaba.
3.4.4. O solicitante declarará baixo a súa responsabilidade que as copias da documentación presentada son fiel reflexo
dos orixinais que obran no seu poder.
3.4.5. O prazo para a presentación das solicitudes será de dez días naturais, contados desde o seguinte ao da publi-
cación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
3.4.6. A presentación de solicitudes poderá realizarse no Rexistro xeral do Concello de Culleredo ou en calquera das
formas establecidas no artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e
do procedemento administrativo común. O horario do Rexistro xeral do Concello de Culleredo é de 09:00 a 14:00 horas de
luns a venres e de 09:00 a 13:00 horas os sábados.
3.5. Admisión de aspirantes.
3.5.1. Lista provisional. Unha vez que remate o prazo de presentación de instancias, por resolución do alcalde ou conce-
lleiro delegado aprobarase a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión,
de ser o caso. Esta resolución publicarase no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.culleredo.es).
3.5.2. Prazo reclamacións. Os aspirantes non admitidos disporán dun prazo de cinco días hábiles, contados desde
o seguinte ao da publicación da lista provisional de admitidos e excluídos no taboleiro de anuncios e na páxina web do
Concello (www.culleredo.es), co fin de emendar o defecto que motivara a súa non admisión.
3.5.3. Lista definitiva. Unha vez que remate o prazo de reclamacións, por resolución do alcalde ou concelleiro delegado
aprobarase a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos. Esta resolución publicarase no taboleiro de anuncios e na
páxina web do Concello (www.culleredo.es).
3.6. Comisión de valoración.
3.6.1. A comisión de valoración será colexiada e deberá axustarse aos principios de imparcialidade e profesionalidade.
A súa composición será predominantemente técnica e os seus membros deberán posuír un nivel de titulación igual ou
superior ao esixido en cada caso. Os membros da comisión de valoración deberán ser funcionarios de carreira no caso
de listas de substitución de funcionarios interinos, e funcionarios de carreira ou persoal laboral fixo no caso de listas de
substitución de persoal laboral temporal.
3.6.2. A comisión de valoración estará composta por un presidente, tres vogais e un secretario. A composición nominal
da comisión de valoración establecerase nas bases específicas que se aproben para cada convocatoria. Tenderase á
paridade entre muller e home
Número de anuncio  2012/2648

3.6.3. Os membros da comisión de valoración terán que absterse de intervir, notificando esta circunstancia ao alcalde
ou concelleiro delegado, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992 de réxime xurídi-
co das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou se encargaran das tarefas de preparación de
aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.
O alcalde ou concelleiro delegado poderá solicitar dos membros da comisión de valoración declaración expresa de non
atoparse incursos na obriga de abstención regulada nesta base.

Página 3 / 5
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
Jueves, 8 de marzo de 2012  •  Número 47

Os aspirantes poderán recusar aos membros da comisión de valoración cando concorran as circunstancias de absten-
ción reguladas nesta base.
3.6.4. A comisión de valoración non poderá constituírse sen a presenza, polo menos, do presidente, o secretario e un
vogal.
3.6.5. Todos os membros da comisión de valoración terán voz e voto. A comisión de valoración queda autorizada para
resolver cantas dúbidas poidan presentarse e para adoptar os acordos que garantan a boa orde da convocatoria, en todo
o non previsto polas presentes bases e a normativa aplicable. O procedemento de actuación da comisión de valoración
axustarase ao disposto na Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo
común.
3.7. Cualificación
3.7.1. A cualificación do concurso publicarase no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.culleredo.es).
3.7.2. A comisión de valoración enviará ao alcalde ou concelleiro delegado, unha relación por orde de puntuación, dos
aspirantes, co fin de que poda ser formada a lista de substitución.

4. CHAMAMENTOS
4.1. Os chamamentos dos aspirantes efectuaranse pola orde na que estes figuran na lista de substitución.
4.2. Os chamamentos efectuaranse segundo as seguintes fórmulas, de aplicación sucesiva no caso de que non
houbera resposta nas precedentes:
1. Chamada telefónica entre as 9:00 e as 14:00 horas.
2. Correo electrónico.
3. Chamada telefónica entre as 15:00 e as 18:00 horas.
4. Chamada telefónica, entre as 9:00 e as 14:00 horas do seguinte día hábil.
4.3. A realización dos chamamentos na forma indicada, requirirá que os aspirantes teñan facilitado nas súas solici-
tudes de participación nos procesos, ou en comunicación posterior presentada no rexistro municipal, os datos correctos
necesarios (número de teléfono e dirección de correo electrónico).
4.4. A aceptación da oferta, efectuarase por vía telefónica, antes das 12 horas do primeiro día hábil seguinte ao do
chamamento. Transcorrido dito prazo sen que se produza a aceptación, entenderase rechazada.
4.5. O funcionario que os realice, fará constar mediante dilixencia a realización e resultado obtido dos chamamentos
efectuados.

5. PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN
5.1. No prazo de dous días hábiles contados desde o día seguinte á aceptación da oferta, as persoas seleccionadas
deberán presentar no Concello de Culleredo orixinal ou copia compulsada da seguinte documentación:
oDocumento nacional de identidade ou acreditación dos requisitos de nacionalidade e idade.
oTítulo ou acreditación do requisito de titulación.
oDocumentación acreditativa do cumprimento dos requisitos específicos que no seu caso e de acordo coa base 3.3.2
se tiveran esixido nas bases específicas.
oDocumentación acreditativa dos méritos alegados no proceso selecitvo.
oCertificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que
sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
oDeclaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de
ningunha administración pública, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para o exercicio de funcións públicas.
Os nacionais doutros estados deberán acreditar non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida,
Número de anuncio  2012/2648

no seu Estado, o acceso á función pública.


oDeclaración baixo a súa responsabilidade de non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos
na lexislación vixente sobre a mesma.

6. NOMEAMENTO FUNCIONARIOS INTERINOS OU PERSOAL LABORAL TEMPORAL.


6.1. Os aspirantes seleccionados e que tiveran acreditado o cumprimento dos requisitos esixidos, serán nomeados
funcionarios interinos ou persoal laboral temporal, mediante resolución do alcalde ou concelleiro delegado.

Página 4 / 5
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
Jueves, 8 de marzo de 2012  •  Número 47

7. RECURSOS.
7.1. Contra o acordo de aprobación das presentes bases , que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse recurso
potestativo de reposición ante a Alcaldía-Presidencia, no prazo dun mes desde a súa publicación; ou ben, directamente,
recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso- Administrativo da Coruña que corresponda, no prazo de
dous meses, desde a súa publicación.
Non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, se se interpuxera o potestativo de reposición, en tanto
non se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do mesmo polo transcurso do prazo dun mes desde
a súa interposición. Neste caso, o prazo para a interposición do recurso contencioso-administrativo será de dous meses
desde a resolución expresa do recurso, a contar desde o día seguinte ao da notificación do mesmo; ou ben, seis meses, a
contar desde o día seguinte en que deba entenderse desestimado por silencio administrativo o citado recurso potestativo
de reposición.

Culleredo, 29 de febreiro de 2012


Concelleira delegada da área de administración local, cultura e participación cidadá
Alicia Ferreiro Varela
2012/2648

Número de anuncio  2012/2648

Página 5 / 5

You might also like