You are on page 1of 1

REDE CULTURAL – PROGRAMA ALICERCE

Anexo 1. Programa ou sipnose


Denominación da Entidade Clave Entidade
ASOCIACIÓN CULTURAL PIANEIROS
Nome artístico Clave Grupo
Pianeiros
Título do espectáculo
En Clave de Mar. A anulación do suxeito.

Pianeiros é unha asociación cultural que sirve de apoio aos xoves pianistas galegos,
axudando ao mesmo tempo a difundir o repertorio clásico de piano pola nosa xeografía.
Nesta ocasión e en colaboración coa asociación Mar de Fábula, ofrecemos un espectáculo
cun grande impacto social, no que o noso piano servirá de elemento expresivo para
concienciar sobre a problemática do lixo marino. Nos 60 minutos de duración haberá
proxección de imaxes, danza, textos fabulados e outras sorpresas, que prometen ser do
agrado de todos os públicos. O alierce da representación é a combinación escénica e
conceptual de dúas ideas paralelas, dúas ponlas que converxen porque son consecuencia
unha da outra: a contaminación que sufre o ser humán, inmerso na sociedade consumista e
sobresaturada actual, representada pola performance “A anulación do suxeito” do artista
Pablo López e a contaminación do mar, representada pola fábula das criaturas caóticas
de Xosé Manuel Barros, unha nova segunda creación de animais cos seus corpos feitos de
plástico. A Música e da Danza están presentes ó longo de toda a montaxe, facendo de “En
Clave de Mar” unha experiencia única, na que as linguaxes artísticas reforzan a mensaxe
medioambiental apelando á sensibilidade do espectador. Participan entre 10 e 15 rapaces
pianistas, unha bailarina e un artista performativo.Debido á natureza de Pianeiros é
imprescindible contar cun piano de cola acústico. Por tanto, este espectáculo vai dirixido a
espazos nos que se dispoña deste instrumento ou concellos ou entidades con posibilidade
de alugalo.

En Clave de Mar.

A anulación do suxeito.

A entidade responsabilízase sobre a veracidade da información, que a Deputación da Coruña poderá comprobar en calquera momento.

De acordo co disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal, informámolo/a de que os
datos facilitados serán tratados coa finalidade de poder atender a súa solicitude. Os devanditos datos serán tratados de xeito
confidencial, e só poderán ser cedidos, nos casos contemplados na Lei. Comunicámoslle que pode exercer os dereitos de acceso,
rectificación, supresión, oposición, limitación ó tratamento e portabilidade dos seus datos, perante a Deputación da Coruña en
Avenida Porto da Coruña, 2, 15003 A Coruña, ou dirixindo un correo a delegadodeprotecciondedatos@dacoruna.gal

You might also like