You are on page 1of 15

TEMA 14

1. Oxicorte. Tipos de oxicorte.


2. Fundamento e aplicación.
3. Descrición e características das instalacións dos
equipos e compoñentes.
4. Técnica operatoria, corte manual e automático.
5. Características do corte i elección dos parámetros en
función dos resultados que se pretenden obter.
6. Identificación de defectos, causas que os provocan e
formas de corrixilos.
7. Seguridade e conservación.

1
1. Oxicorte. Tipos de oxicorte.
Podemos definir o oxicorte como un procedemento de seccionamento dos metais por combustión
localizada e continua, mediante un chorro de osixeno.
O corte de aleaccións férreas, pode obterse mediante o quecemento previo da peza con unha llama e
a aplicación dunha corrente de osixeno co soprete adecuado.
A teoría do corte dos metais férreos, basease no feito de que o osixeno ten gran afinidade para
combinarse co ferro, especialmente a temperaturas elevadas. Dise que o ferro é “queimado” en
oposición do “fundido” porque en ese caso reacciona quimicamente co osixeno a temperatura de
“ignición”. Esta afinidade do ferro para reaccionar co osixeno a temperatura de “ignición” foi
aproveitada industrialmente en Estados Unidos en 1907, orixinando unha revolución no
procedemento de corte dos metais.
Para o estudio do oxicorte podemos establecer a seguinte clasificación: Tipos de llama
Exclusivamente a man
A man con guía
A man Descosido de remaches
Oxicorte a lanza
Procedementos especiais
Liña recta
Segun un perfil
Corrente Circular
A Achaflanado
maquina Especial
Liña recta
Precisión
Segun un perfil

2. Fundamento e aplicación.
O proceso basease na experiencia de Lavoisier, que data de finais do século XVIII,sobre a combustión
nunha atmosfera de osixeno dun fío de ferro previamente quentado, producíase no seu extremo un
desprendemento de chispas e o oxido fundido formado ía desprendéndose, pouco a pouco ata consumir
completamente o fío.
A reacción do oxicorte e fortemente exotérmica. A calor desprendida quenta as zonas veciñas
favorecendo a continuidade da reacción. Esta reacción consta de dúas fases:
1ª) Oxidación das superficies cortadas con osixeno:
A formación de oxido liquido favorece considerablemente a reacción. A película formada nas
superficies da cara da sangría, desempeña un papel catalítico. O osixeno e o metal disólvense no oxido
liquido e como consecuencia do contacto entre eles, desenrolase unha reacción con gran intensidade.
2ª) Eliminación do producto da combustión, oxido de ferro por medio da enerxía cinética do
chorro de osixeno.
Esta reacción ten lugar inmediatamente despois da primeira. O oxido formado na sangría desprendese
continuamente, quentando as paredes o mesmo tempo que se produce a reacción. É indispensable un
avance regular do soprete, de maneira que se formen novas cantidades de oxido iguais as que saen pola
parte inferior da sangría.
O aceiro non e un material combustible pois a sua oxidación , e condicións atmosféricas naturais é tan
lenta que non da lugar a unha combustión. Nembargantes en atmosfera de osixeno puro a reacción é
totalmente distinta, i en estas condicións podemos referirnos a ignición e combustión do da mesma
maneira que a de outras moitas materias.
Quentando un trouzo de aceiro a unha temperatura entre 800 e 900ºC. e proxectando posteriormente un
chorro de osixeno a superficie caldeada queimarase violentamente, sendo a calor xerada neste proceso
de oxidación tan grande que combustión prosigue a traveso da peza que desexamos cortar.

2
As condicións necesarias para que o oxicorte se produza son:
1. O metal, unha vez quentado, debe inflamarse con osixeno puro e producir unha escoria
fluída que poida ser desaloxada facilmente da fendedura do corte polo chorro de osixeno.
2. A temperatura de inflamación do metal ten que ser inferior o punto de fusión, pois de non
ser así o metal fundiríase e o caldo fundido obstruiría a perforación do corte.
3. O oxido producido pola combustión ha de ter un punto de fusión mais baixo que o do metal
Propiamente dito, co fin de que a escoria e os residuos non obstruían o corte.
4. A calor producida na combustión do metal debe ser o maior posible para compensar tódalas
perdidas caloríficas, a fin de que a peza encóntrese sempre a temperatura que se inicia a
combustión.
5. A conductividade térmica do material non debe ser moi elevada.
De estas condicións básicas, resulta que, solo poden cortarse co osixeno puro, ferro doce,
aceiro o carbono, de baixa aleación e aceiros de molderia. Os aceiros inoxidables como outros
altamente aleados e fundicións de cobre e aluminio non se poden cortar con osixeno.
No oxicorte, o prequecemento realizase pola mezcla de gas un combustible e osixeno que flúe
polos orificios laterais da boquilla e o corte, polo fluxo de chorro de osixeno que pasa a traveso
do orificio central da boquilla.

3. Descrición e características das instalacións dos equipos e compoñentes.


O equipo de oxicorte está composto de:
1. Osixeno.
2. Gas combustible.
3. Reguladores de presión.
4. Mangueiras.
5. Soprete.
6. Boquillas.
7. Equipo accesorio. (Mecheiro e limpadores de boquillas).
8. Roupa i equipo de seguridade adecuado.

1. Osixeno.
O osixeno de alta pureza (mínimo 99.5%) subministrase dende cilindros ou botellas individuais e
distribuíse por medio dunha rede de tubarias dende un colector de cilindros ou desde un deposito
crioxénico. A pureza do osixeno ten gran importancia na velocidade de corte. Si diminuímos a
pureza do osixeno un 1% a velocidade baixa un 25%. O osixeno pódese contaminar debido a:
• O entrar en contacto cos gases do entorno.
• Pola formación de CO a partir do carbono do aceiro.
• Como consecuencia do mal estado das canalizacións.
2. Gas combustible.
Os gases combustibles mais usados son o gas natural, o hidroxeno, o propileno, o propano e o
acetileno. As características da llama dependen do combustible utilizado, aínda que o acetileno
resulta mais caro proporciona unha velocidade d corte moito maior.
1. Reguladores de presión. (Manorreductor).
Reduce a presión dos gases o valor adecuado o espesor cortar e van roscados en cada botella ou na
rede. Pódense dividir nos grupos seguintes:
- Reductores de presión para as botellas, con unha presión de entrada decrecente, debido o
esgotamento da botella.
- Reductores de presión para redes distribuidoras, nos que a presión é relativamente constante.
Ambos tipos de reductores de presión teñen que conservar a presión de saída constante e regulable.
Os reguladores soen dispoñer de manómetros indicadores de presión.

3
4. Mangueiras. (Tubos de conducción).
- Os tipos comerciais de tubo flexibles veñen definidas polo seu diámetro interior/exterior.
- Capa interior de estanquidade de 1.8 mm. de espesor.
- Rodeando esta capa de estanquidade unha malla téxtil que lle da resistencia a presión.
- Capa exterior de 2.1mm. de espesor i de diferentes cores para osixeno, propano e acetileno.
- Presión de traballo de 22 kg/cm2.
- As conexións para as mangueiras de gas e osixeno deben de ser diferentes. As tuercas de
acople debes de ser “locas” para evitar que as mangueiras se retorzan o roscalas a elas.
5. Soprete.
Está formado por unha empuñadura estriada, provista de chaves para o osixeno e gas de
prequecemento, e unha palanca para o osixeno de corte. O gas de prequecemento i o osixeno
condúcense dende os acoplamentos situados no corpo do soporte a través de 3 tubos, dous dos cales
conducen o gas i osixeno ata a cabeza do soprete onde se encontra o inxector e a cámara onde se
realiza a mezcla de ambos. Tamén hai sopretes onde a mezcla realizase nunha cámara que se
encontra antes da boquilla.
Existen tres tipos de sopretes: 1) manual, 2)manual composto,3) soprete para corte automático.
O terceiro tubo
conduce
directamente o
osixeno de corte
dende o
acoplamento da
empuñadura ata o
orificio central da
boquilla.

6. Boquillas.
O corpo interior é de latón e leva practicadas unhas estrías exteriores polas que circula a mezcla de
osixeno-gas de prequecemento, e un orificio interior por onde flúe o osixeno de corte.
Soen poseer varios conductos para a llama de prequecemento dispostos en circulo rodeando o
orificio do osixeno. As boquillas que se empregan en acetileno soen ser dunha soa peza, mentres que
as utilizadas noutros gases poden ser de 1 ou 2 pezas.
As boquillas normais teñen un conducto recto para o osixeno, mentres que as de alta velocidade
teñen un conducto diverxente.
Os últimos avances conseguidos en calidade e rendemento da operación de oxicorte devense a
melloras no deseño e a fabricación de boquillas.
Debese de extremar o coidado das boquillas evitando golpealas e facendo unha limpeza de modo
regular para eliminar proxeccións e sucidade.

4
4.Técnica operatoria, corte manual e automático.
- Técnica operatoria.
Nos sopretes normais ábrese primeiro a válvula de acetileno, acéndese e logo ábrese a válvula do
osixeno de prequecemento ata obter e llama desexada. Debese de usar un mecheiro de chispa.
Despois de apagar a llama pechando as válvulas de acetileno e osixeno e pechando as válvulas dos
cilindros, debese de abrir a válvula do acetileno deixar de saír o gas encerrado no soprete e nas
mangueiras, pechar as válvulas e repetir a operación co osixeno.
Axustar a llama de prequecemento é moi importante, esta pode ser oxidante, reductora ou neutra.
A oxidante pódese utilizar para acelerar o proceso a costa de reducir un pouco a calidade. A llama
reductora pódese usar cando se desexa un bo acabado e para corte de pezas apiñadas de baixo
espesor. A llama neutra é a mais usada.
Para empezar o corte pódense
empregar varios métodos.
Pódese situar a metade da llama de
prequecemento co cono entre 1.5 e
3mm. sobre a superficie do
material, cando o extremo tome
unha cor vermella deixase saír o
osixeno de corte empezando así o
proceso.

Outro método de prequecemento é por a llama totalmente encima da chapa, movese a llama en
dirección do corte sobre a liña de corte, avanzando e retrocedendo unha distancia corta, e cando se
alcanza a temperatura de inflamación ábrese o osixeno de corte. Este ultimo método ten certa
avantaxe sobre o anterior xa que non redondea o borde de comezo de corte. Non se recomenda
comezar directamente co osixeno de corte aberto xa que de esta forma malgastase o osixeno.
O abrir o osixeno de corte movese o soprete sobre a liña de corte, levando unha velocidade adecuada
e mantendo unha distancia sobre a chapa constante. Deberase suxeitar o soprete con ámbalas dúas
mans, en caso de non ter rodas apoiarase na chapa a man que non controle o osixeno de corte.
Recomendase marcar sobre a peza aliña de corte. Cando se realicen cortes moi largos pode ser
necesario para o proceso e volver a inicialo, esto producira un burato en cada punto de reencendido
que se poderá evitar realizando o encendido dentro da parte que se vaia a non usar.
- Corte manual.
Para chapas maiores de 13mm. a llama
debe de situarse perpendicular a chapa,
para espesores menores pódese inclinar
en sentido de corte, así acelerase e
mellorase o corte.
Para conseguer cortes rectos pódese usar
unha chapa como regra-guia. Cando a
chapa a cortar esta en posición vertical
debese levar un movemento ascendente.
O osixeno de corte debe abrirse
lentamente. O movemento sobre a liña de
corte debe ser primeiro lento e logo mais
rápido pois o material vaise quentando.

5
- Corte sobre bordes redondeados.
No corte sobre bordes redondos o tempo de calefacción para
chegar a temperatura de cebado é mais largo que no de bordes
rectos. Debese empregar unha boquilla mais potente e
ademais facer unha muesca ou ben axudar con unha varilla de
material de apartación para iniciar o corte.

- Corte no centro da chapa.


A calefacción é difícil neste caso. Para inicialo directamente,
é preciso inclinar o soprete no momento de abrir o chorro de
osixeno de corte, de forma que o oxido sexa proxectado
lateralmente e non vaia a cabeza do soprete. Despois volvese
o soprete a posición normal, continuando así ata perforación
da chapa.

Para pezas moi Para redondos de gran diámetro é preferible desprazar o soprete
grosas o mellor é paralelamente a si mesmo, que facelo pivotar para facer un corte en
comezar pola parte abanico.
inferior, para Como o espesor varia constantemente, o rendemento do osixeno no
facilitar o corte de un redondo, é inferior o obtido o cortar unha chapa ou un
desprendemento da cadrado. Pódese mellorar o rendemento actuando sobre a
escoria. velocidade de corte ou sobre a presión.

Os redondos focos córtanse en dúas fases, xa


que xeralmente non se poden facer xirar
facilmente. Si se poden xirar é mellor o
procedemento que tamén se usa para tubos.
O corte de perfís, raies etc., efectuase según se
indica no gráfico, que permiten en todo
momento unha boa saída do osixeno.
As chapas superpostas poden ser cortadas,
sempre que se manteñan ben apertadas unhas
contra as outras, e cando sexan moi delgadas
suxeitas con unha chapa mais grosa (3 mm.
aproximadamente).

6
- Corte automático.
O equipo en ambos procedementos é idéntico en canto a gases, conducción e soprete. A única
diferencia é que antes o soprete era conducido a man, e agora montase sobre un carro impulsado por
un motor. Na maquina de oxicorte o operario non necesita facer esforzo físico, xa que o avance
realízao o motor, polo que ha de ocuparse de por en marcha a maquina, parala e controlar o proceso
de corte.
Os factores que afectan o oxicorte a maquina son os mesmos que o manual, ca avantaxe de que, en
este caso, a velocidade de avance regulase a vontade, mantendose rigorosamente constante no valor
convinte. Neste caso o operario ten que ser mais esperto que no oxicorte manual para poder elixir
perfectamente as variables para obter un corte exacto. No oxicorte manual si o operario non elixe
ben as variables non ten tanta importancia como no oxicorte a maquina. No oxicorte manual o
operario pode parar e volver a empezar o corte si ten algún problema nembargantes no corte a
maquina, sobre todo si se utilizan sopretes múltiples esto resulta mais complicado e pode estropear o
material.
Para elixir ben estas variables o operador dispón de unhas táboas que lle indican a presión dos gases,
velocidade, diámetro de boquilla según o espesor da chapa a cortar e según o tipo de material da
chapa a cortar para obter o corte mais económico e de mais calidade.
Con frecuencia hai que realizar cortes sobre superficies irregulares, co que a separación da boquilla,
respecto a chapa non é constante, e para evitar este inconvinte equípanse as maquinas con un
dispositivo que mantén a boquilla sempre a mesma distancia.
Podemos dividir as maquinas de oxicorte según o tipo de traballo para o que foron deseñadas en:
- Maquinas para executar corte en liña recta.
- Maquinas de seccionamento. (usase para o corte de raies, eixes, perfís, lingotes,etc..)
- Maquinas para realizar cortes circulares.
- Maquinas para cortar tubos.
- Maquinas para oxicortar formas diversas.
Trazados, dispositivos e galibos.
En un principio as primeiras maquinas de oxicorte usaba plantillas de chapas de 2-4 mm. e a sua
lectura facíase mediante unha rodiña que seguía o contorno da chapa-plantilla.
Cando se esixía unha maior precisión usábanse plantillas de madeira con dispositivos trazadores de
espiga que exerce unha presión sobre as paredes laterais da plantilla.
Mais tarde apareceron os dispositivos de trazado electrónico, chamados “ollos eléctricos” que era a
combinación de unha célula fotoeléctrica co circuíto electrónico.
As principais avantaxes do trazado eléctrico eran:
1. Rapidez na preparación da plantilla.
2. Exactitude no corte.
3. Habilidade para realizar cortes de formas complicadas.
4. Economía en tempo.
5. Baixo custe das plantillas.
Despois evolucionouse ata chegar as maquinas de oxicorte de CNC en onde o operario en un
principio mediante unha secuencia de ordes codificadas introducía un programa no control da
maquina i esta realizaba o corte da peza sen necesidade de plantilla e sen as limitacións da lectura da
plantilla do “ollo eléctrico”.
Aínda así é de destacar que existen maquinas de oxicorte con lector óptico de plantilla e control
numérico (posibilidade de ler plantillas como de recibir ou xerar debuxos e pasalos a linguaxe CNC
e traballar con control numérico. Estas maquinas soen estar preparadas para instalar corte de plasma
e poden dispor de varios sopretes motorizados.

7
5. Características do corte i elección dos parámetros en función dos
resultados que se pretenden obter.
• Seleccionar o tamaño da boquilla en función do espesor da peza que se desexa cortar.
• Elixir a presión de osixeno adecuada para dita boquilla.
• Empezar a cortar a unha velocidade non moi alta (progresiva).
• Incrementar a velocidade ata conseguir a mellor combinación entre rapidez de traballo e
calidade.
• Pódese recoñecer un corte de calidade polo ruído e pola ausencia de escoria no corte.
• Non se debera seleccionar unha presión nin unha boquilla maior que as recomendadas. Nin
tampouco seleccionar unha presión mais baixa. O corte eficaz basease en seleccionar a
presión e as boquillas xustas e unha velocidade entre 25 e 75 mm/min. menor que o
máximo recomendado.
Sempre que se oxicorte unha peza intentarase que a superficie oxicortada, sexa regular,
nembargantes a sua consecución non é sempre posible. A observación das superficies permitirá
coñecer os fallos cometidos e a forma de corrixilos.
Calquera superficie oxicortada queda con unhas liñas denominadas liñas de retardo (paxina 3), canto
mais curvadas estean estas liñas na parte inferior da peza mías rápido se realizará o corte.

8. Identificación de defectos, causas que os provocan e formas de corrixilos.

-Corte perfecto. A superficie é regular con sinais


lixeiramente curvas na sua parte inferior. Existen
finísimas escamas na parte superior producidas pola llama
de prequecemento que se desprenden con facilidade. A
superficie é apta para moitas aplicacións sen necesidade
dun mecanizado previo.

-Corte de producción. Caracterizase por unha curva moderada na


sinal de corte e unha superficie lisa. Este corte representa a mellor
relación calidade prezo.

Técnicas inadecuadas.
-Velocidade de corte baixa, o corte é bo pero a superficie
é basta con riscos verticais profundas. A aresta superior e
algo redondeada.
*Aumentar velocidade.

-Velocidade alta. Aumenta a curvatura cara atrás dos


riscos de corte, pero conséguese expulsar totalmente a
escoria.
*Diminuír velocidade.

8
-Excesiva velocidade de corte que non permite que a escoria sexa
expulsada da peza quedándose adherida. As liñas de retardo están moi
curvadas na parte inferior.
-Boquilla sucia a escoria produce unha desviación do osixeno que
provoca superficie irregular i escoria adherida.
*Reducir velocidade. Limpar ou cambiar boquilla.

-Velocidade de corte moi baixa. A medida que diminúe a


velocidade de corte aparecen riscos de corte mais profundos.
-Exceso de prequecemento.
-Boquilla demasiado lonxe da chapa.
*Aumentar velocidade.Reducir prequecemento.Acercar boquilla.

-Demasiado osixeno de corte. Unha vez realizado o


corte superior limpo o osixeno resultante crearas
estrías na parte inferior da peza. Si se reduce o osixeno
as estrías quedan na parte inferior.
*Aumentar velocidade de corte. Diminuír diámetro de
boquilla.

7. Seguridade e conservación.
Seguridade.
Riscos nas operacións de oxicorte.
• Fugas de gas combustible, co conséguente perigo de incendio.
• Explosións ou incendios por retroceso da llama no soprete.
• Fumes e gases producidos durante o corte.
• Proxección de partículas incandescentes.
• Queimaduras debidas a llama ou o estado incandescente das pezas.
• Caídas de material sobre o operario.
Medidas de prevención.
♦ Proteccións persoais.
• Pendas protectoras.
As prendas de protección estarán homologadas polo Ministerio de Traballo i son as seguintes: botas
de seguridade, guantes, mandiles, polainas e manguitos de coiro, protectores auditivos e roupa
adecuada.
• Protección dos ollos.
Deberanse usar gafas de seguridade provistas de filtros.
♦ Proteccións colectivas.
• As areas de corte deberan delimitarse por medio de pantallas que impidan o paso de radiacións e
proxeccións. Deberan de ser preferentemente de cor escura e de un material incombustible.
 Protección contraincendios.
• Toda a area de traballo debe d estar limpa.
• Deben de protexerse especialmente as botellas de gas.
• Debe de sinalizarse o area indicando ruta de escape e localización de extintores.
• Debe disporse de extintores portátiles i si é posible de unha mangueira.

9
♦ Prevención na manipulación de gases comprimidos.
• Non situar as botellas en lugares de paso.
• O almacén das botellas debe de estar delimitado e protexido por portas.
• As botellas deben de suxeitarse con cadeas de seguridade.
• Para o seu transporte empregaranse carros con cadeas de seguridade.
• As botellas de acetileno e gases licuados deben utilizarse e almacenarse sempre en posición
vertical.
• As botellas deben de ser identificadas antes do seu emprego lendo a sua etiqueta e non solo
identificándoa pola sua cor.
• A caparuza sempre ten que estar posta sobre a botella a menos que se este usando.
• As botellas valeiras identificaranse e colocaranse en posición vertical e con cadea de seguridade.
♦ Utilización de gases
*Instalación de oxicorte * Cores das botellas de gas
GAS CORPO OXIVA
Osixeno Negro Branca
Acetileno Vermello Marrón
Hidroxeno Vermello Vermella
Propano

 Acetileno.
- É un gas explosivo si o seu contido en aire esta entre o 2 e 82%. Tamén explota si se
comprime solo in disolver en outra sustancia, polo que o almacenalo disolvese en acetona e
almacenase en cilindros recheos dunha materia porosa (amianto). Teñen unha capacidade de
33 litros e a presión do cilindro é 15 bar (kg/cm2)
- A presión dos conductos que transportan o acetileno non debe sobrepasar nunca 1.5 bar.
- O diámetro interior da tubaria de acetileno non debe de ser superior a 50 mm.
- A velocidade de saída do acetileno non superara os 7 m/s.
- As tubarias do circuíto non deben de ser de prata, mercurio, aleacción de cobre.
- Os demais gases combustibles (propano, butano) soen estar almacenados en botellas en
estado liquido a alta presión e temperatura ambiente.
- Si existe algunha fuga poderase producirse lume polo que debera controlarse e previr as
fugas.
- As roscas empregadas en osixeno son a dereitas e as de combustible a esquerdas. Tamén se
diferencian pola cor.
 Osixeno.
- Non é inflamable, pero inicia e mantén a combustión dos materiais combustibles, polo tanto
non se almacenaran o lado de gas combustible. Non se debe usar como substituto do aire.
- Nunca se deben por materias graxas en contacto co osixeno. Prohíbese lubricar as conexións,
válvulas, manorreductores e calquera outro aparato para o osixeno.
- O osixeno almacenase a presión en cilindros en estado gasoso i en estado liquido en tanques
ou depósitos crioxénicos.
 Mangueiras.
- Solo se usaran mangueiras especialmente deseñadas para os gases que se van a transportar.
- As mangueiras dos gases combustibles soen ser vermellas e as de osixeno azuis. Nunca
intercambiar mangueiras.

10
- Controlar estado das mangueiras e detectar fugas. Cando se detecte calquera corte ou queimadura,
reemprazar a mangueira, nunca reparala.
- Nunca se debe de dobrar a mangueira para deter o fluxo de gas.
 Localización de fugas.
- A fuga de gas na botella esta localizada no mecanismo de apertura e peche da válvula.
- Si unha botella perde gas estando ben cerrada a válvula, pode ser que o mecanismo da mesma este
afrouxado ou deteriorado.
- Cando a fuga é importante detectase ben polo ruído do escape, mais acentuado en botellas de aire
comprimido e polo cheiro cando o gas está diluído ou licuado.
- as fugas nas botellas e nas mangueiras pódense detectar con auga xabonosa ou submerxindoas en
auga.
Os fumes do corte son perigosos para a saúde e como prevención:
• Manter a cabeza fora dos fumes e usar a mascarilla apropiada.
• Utilizar suficiente ventilación, e unha boa extracción de fumes e polvo durante as operacións de
corte.
Conservación.
As boquillas non deben de golpearse e limparse coidadosamente. Gardaranse as que non se estean a
usar. Para a sua limpeza usaranse escariadores segundo diámetro da boquilla.
Deberase facer unha revisión periódica de todo los equipos e instalacións e realizar as substitucións
que foran oportunas.

11
Botella de acetileno

Botella de osixeno
Botellas de osixeno no exterior

Carro de oxigás
Operario en operación de oxicorte e válvulas antirretorno

Boquilla

Equipo de oxicorte
Soprete

Procesos de corte térmico

You might also like