You are on page 1of 11

TEMA 8

1. Formas comerciais dos materiais empregados en


construccións metálicas.
2. Proceso de fabricación.
3. Representación,designación e aplicacións.
4. Condicións de pedido e recepción.
1.- Formas comerciais dos materiais empregados en
construccións metálicas.
As formas mais usuais que se empregan na construcción metálica son tres: barras, perfís
e chapas ou palastros.

2
2.- Proceso de fabricación do aceiro.
♦ Obtención do arrabio ou fundición de primeira fusión.
No proceso de obtención de aceiro a partir dos minerais de ferro, obtense un producto
intermedio chamado arrabio.
Arrabio ou fundición de primeira fusión é unha aleación que conten un 94% de ferro e
un 6% de carbono e impurezas. Non se usa directamente pero a partir del obtense o
aceiro e a fundición de segunda fusión.
Materias primas usadas.
A materia prima mais importante é o mineral de ferro. Os óxidos de ferro son os
minerais mais empregados para obtención do ferro.

Fe3O4 Oxido ferroso férrico ou oxido magnético. Forma a magnetita


Fe2O3 Oxido férrico anhídrido.Forma os minerais Oligisto i hematites roxa
2Fe2O33H2O Oxido férrico hidratado.Forma os minerais hematites parda e limonita

Existen outros minerais de ferro nos que este encontrase en forma de sulfuro(S2Fe)
denominados piritas e carbonatos (Co3Fe) que constitúe a siderita.
Tamén se usa chatarra como materia prima i esta conten gran cantidade de
óxidos.Cando se usan minerais formados por óxidos de ferro é preciso eliminar o
osixeno , para o que se usa un elemento que combine facilmente con el, é dicir é
necesaria a presencia dun reductor polo que se mezcla mineral,carbón e caliza.
Tamén e necesario quentalo mineral para que tal acción poida realizarse, é dicir,
necesitase combustible e comburente.
Como combustible e como elemento reductor usase o carbón; como comburente
usase o aire.
Por ultimo e necesario eliminar unha serie de impurezas que acompañan o mineral,
facendo que se separen en forma de escoria. Para eso utilizasen sustancias denominadas
fundentes.
Para facilitala eliminación de impurezas empregase a caliza.

• O alto forno
O proceso de separación de ferro dos seus óxidos realizase nun forno como se indica na
figura . Na súa gran altura (30m.) distínguense as seguintes partes:
o Trágante: abertura pola que se introducen as cargas de mineral,carbón e caliza.
o Cuba: de forma troncocónica que se ensancha lixeiramente cara súa parte
inferior.
o Ventre: é a parte mais ancha do forno, sendo a súa forma cilíndrica.
o Etalaxe: de forma troncocónica que une o ventre co crisol.
o Crisol: é onde se mezclan o arrabio e as escorias liquidas, na parte superior do
crisol, chamada obra, están dispostas as tobeiras por onde e insuflado o aire.
O crisol leva un burato superior chamado bigoteira para a colada da escoria, e outro
inferior,piquera, para a colada do arrabio.

3
Polo trágante introdúcense mediante carretillas as materias primas:mineral, carbón,
caliza, en capas alternas, que descenden polo seu propio peso.
Polas tobeiras introdúcese aire a presión que facilita a combustión do carbón. A medida
que descende o mineral, carbón e caliza vai elevándose a súa temperatura producíndose:
♦ Combustión de carbón.
♦ Dexosidación e carburación do ferro. (O ferro perde osixeno pero combinase co
carbono.)
♦ Fusión e separación da escoria.
Do alto forno extraese:
• Pola piquera: arrabio o fundición de primeira fusión.
• Pola bigoteira: escoria.
• Polo trágante: gases.
Aínda que a escoria e os gases teñen aplicacións posteriores do arrabio obtense o aceiro.

4
Obtención do aceiro.
Como vimos antes o eliminar o osixeno dos óxidos de ferro,no alto forno, non se obtén
ferro puro senón arrabio que conten entre un 4-6% de carbono. Para conseguer aceiro a
partir do arrabio é preciso eliminar gran cantidade de carbono e impurezas do
arrabio,esta operación chamase afino e os tres mais importantes son: por aire,osixeno e
solera.

♦ Afino por aire.


Consiste en facer pasar unha cantidade de aire frío a través da masa de arrabio liquido, a
operación realizase nun convertedor.
Pola parte superior introdúcese o arrabio liquido e polas tobeiras do fondo faise penetrar
gran cantidade de aire a presión que o atravesar a masa liquida que se combina co
carbono. Canto mais tempo se faga pasar aire mais carbono se eliminara obtendo o
aceiro ca porcentaxe de carbono desexada.
Existen dous tipos de convertedor Bessemer que ten un revestimento de tipo ácido e
usase para arrabios pobres en fósforo e ricos en silicio e Thomas que ten un
recubrimento básico e usase para arrabios ricos en fósforo. S aceiros obtidos por este
procedemento son de baixa calidade e denomínanse aceiros comúns.

5
♦ Afino por osixeno convertedor L.D.
E un procedemento moi parecido o anterior cas diferencias:
1. Insuflase osixeno case puro en lugar de aire.
2. O chorro de osixeno non penetra polo fondo do convertedor,atravesando a masa
liquida, senón que se sopra a superficie do baño mediante unha caña metálica
refrixerada.
O convertedor L.D. ten o fondo cerrado e ademais desprazou case totalmente os
Bassemer e ten as seguintes vantaxes:
-Permite cargar chatarra ademais de arrabio fundido.
-A calidade e moi superior a dos convertedores Bessemer
-A producción e de 4 a 5 veces superior.

♦ Afino sobre solera.


Ten o seu fundamento na fusión e mezcla de productos moi carburados (arrabio) con
productos menos carburados (chatarra ou mineral de ferro que conten óxidos) para
obter productos de carburación intermedia (aceiro).
A acumulación de grandes cantidades de chatarra que non podían ser utilizados en
convertedores Bessemer para a súa transformación en aceiro fixo aparecer fornos de
solera. O primeiro e mais usado é o Martín-Siemens que consta de:
A. Solera inclinada sobre a que se deposita a chatarra ou o mineral de ferro e
arrabio.
B. Bóveda e paredes verticais.
C. Queimadores polos que penetra gas e aire quente producíndose a llama que
incide sobre as materias colocadas na solera quentándoas.
D. Saída de fumes.
E. Acumuladores de calor formados por grandes cámaras ocupadas por pilas de
ladrillo que son quentados polos gases que saen do forno.
F. Orificio de colada por onde se extrae o aceiro fundido.
G. Porta de enchido do forno.
Os aceiros do forno Martín e do convertedor L.D. son de calidade similar.

6
• Forno eléctrico.

O afino en forno eléctrico e similar o afino sobre solera, diferenciándose de el en que o


quecemento lograse por enerxía eléctrico en vez de combustión de gases. Utilízanse:
a) Fornos de resistencia. A calor é a que se produce na resistencia o pasar por ela
unha corrente eléctrica. Estes fornos son de pequena capacidade.
b) Fornos de Arco. A calor prodúcese mediante un arco eléctrico que salta entre
electrodos. E frecuente que o baño se produza a través do baño metálico.
Nos fornos eléctricos pódense obter temperaturas moi altas no baño o que permite obter
aceiros de alta calidade. Tamén se pode utilizar chatarra,arrabio sólido ou liquido e
incluso aceiros líquidos procedentes de fornos Martín, ou do convertedor para
sometelos a procesos superiores de afino. Fabrícanse en distintos tamaños.

• PRODUCTOS SEMIELABORADOS.
Os lingotes de aceiros comúns obtidos nas aceirias sométense a procesos de
deformación en quente facéndoos pasar entre dous grandes cilindros que modifican as
súas dimensións. Os productos semielaborados que se obteñen son:
o Desbaste: productos obtidos por un proceso de laminación e poden ser:
tochos (cadrados) e petaca (rectangular.)
o Palanquilla:barra de sección aproximadamente cadrada e arestas
redondeadas comprendidas entre 40 e 125 mm. Aproximadamente.

7
3.- Representación,designación e aplicacións.

Forma do perfil Designación Designación abreviada

8
Forma do perfil Designación Designación abreviada

9
PERFÍS E PLACAS CONFORMADAS

A continuación descríbense os perfís e placas conformadas de aceiro que se fabrican


usualmente para uso en estructuras de edificación.
1. Perfil conformado L:sección en ángulo recto con alas de igual lonxitude e
vértice redondeado.
2. Perfil conformado LD: sección en ángulo recto con alas de distinta lonxitude e
vértice redondeado.
3. Perfil conformado U: sección en forma de U con alas de igual lonxitude e vértice
redondeado.
4. Perfil conformado C: sección en rectángulo con un dos seus lados mais largos
parcialmente aberto e vértices redondeados.
5. Perfil conformado Ω: sección en forma de U con alas cara afora e vértices
redondeados.
6. Perfil conformado Z: sección consta de un alma e nos seus extremos alas
perpendiculares en sentidos opostos, con labios rigidizadores nos seus lados e
vértices redondeados.
7. Placa ondulada: sección constituída por ondas de perfil curvilíneo.
8. Placa grecada: sección constituída por ondas de perfil trapecial con bordes
redondeados., con material illante intermedio.
9. Placa nervada: sección formada por trapecios desiguais con bordes redondeados
e as veces con acanaladuras nos lados largos. Variedade de formas e dimensións.
10. Placa agrafada: é unha placa nervada, un dos seus bordes ten unha grafa, pliege
que se introduce no borde liso da placa contigua e aplástase para mellorar a
estanquidade.
11. Panel: é un elemento constituído por chapas conformadas enlazadas en fabrica
ou en obra,con material illante intermedio.

Perfil conformado L Perfil conformado LD Perfil conformado U Perfil conformado C

Perfil conformado Ω Perfil conformado Z Placa ondulada ↑ Placa grecada ↓

10
5. Condicións de pedido e recepción.
As condicións técnicas de subministro de producto serán obxecto de convenio entre o
consumidor e o fabricante, e axustaranse a esta norma e as condicións xerais da norma
UNE 36 007 ou/e EA-95. Os productos non presentaran defectos internos nin externos
que prexudiquen a sua correcta utilización.
O fabricante realizara sobre as coladas e productos laminados os ensaios que considere
oportunos para garantizar as características mecánicas e composición química, esta
garantía materializase mediante o correspondente marcado que deben levar os
productos e correspondente certificado de calidade que corresponda cos resultados
obtidos, así mesmo o consumidor pode realizar ensaios de recepción para comprobar o
cumprimento da garantía.
As mostras para preparación das probetas serán tomadas o azar, i en tódolos productos
serán lonxitudinais, excepto na chapa que serán transversais para os ensaios de
tracción,dobrado,resilencia,químicos e dureza Brinnel.

Os pedidos de material deben incluír a seguinte información.


• Cantidade (peso, lonxitude,unidades de pezas).
• Tipo de material (aceiro o carbono,bronce,inoxidable,etc.)
• Medida (redondos:diámetro exterior,interior,espesor de parede, rectangulares:
anchos i espesor de parede) e largo.
• Tipo de recubrimento do material (cincado,galvanizado,micromatizado,etc.)
• Tipo de temple ou tratamento térmico.
• Designación do material según norma (UNE,EN,ASTM,DIN,etc.).
• Requirimentos adicionais si fose necesario de forma, uso,certificados de
calidade,numero de colada,etc.
Os pedidos deberan de realizarse nas follas existentes para pedidos.
Unha típica descrición de pedido pode ser:
300m. De tubo Ø16-12X2X6000mm. micromatizado según norma din 2440 cos bordes
tapados con tapóns de plástico.

Na recepción de material deberemos de ter en conta:


• Unha ubicación definida para almacenar o material que vamos a recibir.
• Adoptalas medidas de seguridade oportunas para a recepción.
• Revisar estado dos utensilios que vamos a utilizar,ponte-grua,eslingas,imáns,etc..
• Comprobar no albará ou nota si o material recibido se corresponde co pedido
realizado e co material que están a subministrarnos mediante unha primeira
inspección visual (marcado,cor,aspecto exterior-interior) e unha comprobación de
medidas dimensionais.
• Comprobar os certificados de calidade do material.

11

You might also like