You are on page 1of 1

IES ROSAIS 2

Rúa Coutadas s/n, 36207 VIGO


Tlno. 886 120511
Fax 886 120519
RECUPERACIÓN 2ª AVALIACIÓN Correo electrónico: ies.rosais.2@edu.xunta.es

Nome Data

C1. Nunha rexión do espazo hai un campo eléctrico e un campo magnético, ambos uniformes, da
mesma dirección pero de sentidos contrarios. Na devandita rexión abandónase un protón con
velocidade inicial nula. O movemento do protón, é: a) rectilíneo uniforme; b) rectilíneo
uniformemente acelerado; c) circular uniforme
C2. A orientación que debe ter a superficie dunha espira nun campo magnético uniforme para
que o fluxo magnético sexa nulo é: a) paralela ao campo magnético; b) perpendicular ao campo
magnético; c) formando un ángulo de 45° co campo magnético.
C3. Se aplicamos o teorema de Gauss ao campo electrostático, o fluxo do campo a través dunha
superficie pechada depende: a) da localización das cargas dentro da superficie gaussiana; b) da
carga neta encerrada pola superficie gaussiana; c) da carga neta situada tanto dentro coma
fóra da superficie gaussiana.
P1. Unha varilla condutora pode deslizar sen rozamento ao longo de dous arames condutores
paralelos, separados unha distancia de L = 5 cm, que cerran un
circuíto a través dunha resistencia de R = 150 Ω. Este circuíto
forma unha espira cerrada que se atopa inmersa nun campo
magnético uniforme, tal e como se mostra na figura. Inicialmente a
varilla se atopa a unha distancia d = 10 cm da resistencia. Calcular
para o instante t = 0,2 s o fluxo magnético que atravesa a espira e a intensidade corrente
que circula por ela nos seguintes casos:
a. O campo magnético é constante e igual a 20 mT e a varilla se desprázase cara a dereita
cunha aceleración de 4 m/s2.
b. A varilla está inmóbil e o campo magnético varía co tempo da forma B = 5 t3 (B expresado
en teslas e t en segundos).
P2. Tres condutores rectilíneos, largos e paralelos, que transportan unha corrente de 5 A cada
un deles, pasa a través dos vértices dun triángulo equilátero de 10 cm de lado,
tal e como se mostra en la figura. Supoñendo que a orixe de coordenadas se
atopa no condutor 1, determine:
a. A forza por unidade de lonxitude sobre o condutor 3 debida aos condutores
1 e 2.
b. O campo magnético no punto medio do segmento que une os condutores 1 e 2.
Dato: Permeabilidade magnética do baleiro 𝜇" = 4𝜋 · 10)* N A-2
P3. Dúas cargas puntuais q1 = 2 mC e q2 = - 4 mC están colocadas no plano XY nas posicións
(-1,0) m e (3,0) m, respectivamente:
a. Determine en que punto da liña que une as cargas o potencial eléctrico é cero.
b. É nulo o campo eléctrico creado polas cargas nese punto? Determine o seu valor se procede.
c. Calcula o traballo realizado ao levar unha carga de q3 = 5 mC dende o infinito ao punto
(0,0)
Dato: Constante da lei de Coulomb, K = 9×109 N m2 C-2

You might also like