You are on page 1of 1

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERIA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN A/A XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

Avda. María Victoria Moreno, 43, 5a pl. - 36003 - Pontevedra

ASUNTO: Alegacións á RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra,


pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización
administrativa previa e de construción, o proxecto sectorial (de interese autonómico) e a solicitude de
declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do PARQUE EÓLICO AMPLIACIÓN AS
PENIZAS, situado nos concellos da Estrada, Forcarei e Cerdedo-Cotobade, provincia de Pontevedra
(IN408A 2020/127).

Eu__________________________________________________________________________
DNI _______________, domicilio _________________________________________________

EXPOÑO: Á vista da RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de


Pontevedra, pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental e as
solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto sectorial (de interese
autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do
parque eólico Ampliación As Penizas, situado nos concellos da Estrada, Forcarei e Cerdedo-
Cotobade, provincia de Pontevedra (IN408A 2020/127). DOG Núm. 54, de 17 de marzo de 2023,
por medio do presente escrito PRESENTO AS SEGUINTES ALEGACIÓNS:

1. Falla da preceptiva publicación do anuncio de exposición a información pública do proxecto no


BOE segundo o artigo 125 do RD 1955/2000.

2. Non existe Estudo Ambiental para o Plan Sectorial Eólico Galego

3. Falla de xustificación da necesidade do despregamento eólico actual e previsto.

4. Vulneración das determinacións do planeamento urbanístico municipal dos concellos de A


Estrada, Forcarei e Cerdedo-Cotobade.

5. Deficiente avaliación sobre os efectos ocasionados polo efecto de parpadeo na saúde.

Por todo o anteriormente exposto SOLICITO que teña por presentado este escrito e por
formuladas as alegacións que contén, que se presentan en tempo e forma, que sexan estimadas as
mesmas e que en consecuencia se desestime o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de
autorización administrativa previa e de construción o proxecto sectorial (de interese autonómico) e a
solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico
Ampliación As Penizas, situado nos concellos da Estrada, Forcarei e Cerdedo- Cotobade,
provincia de Pontevedra (IN408A 2020/127) DOG Núm. 54, de 17 de marzo de 2023, téndome
por parte interesada, déseme traslado da resolución que recaia no presente procedemento
administrativo.

OUTROSÍ DÍ: Que é preciso unha resposta razoada a estas alegacións de acordo a la Lei
39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A
falta de resposta é motivo de nulidade da tramitación.

En _______________________________, a _____ de ______________ de 2023

Asinado:

You might also like