You are on page 1of 1

A/A XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERIA DE

ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN Avda. María Victoria Moreno, 43, 5a pl. - 36003 - Pontevedra

Don/Dona____________________________________________________
DNI _______________, domicilio _____________________________________,
ante esta dependencia e conforme ao Anuncio da Xefatura Territorial de
Pontevedra polo que se somete a información pública o estudo de impacto
ambiental do parque eólico ZUDREIRO en Campo Lameiro e Moraña
(expediente IN408A 2019/45), por medio do presente escrito realiza as
seguintes:

_______________________ ALEGACIÓNS __________________________

1- A Lei 21/2013 de Avaliación Ambiental, no seu art. 35 obriga a levar a


cabo unha avaliación completa dos impactos acumulados sinérxicos e
globais de todas as estructuras. Non sucede así neste proxecto, pois a
parroquia de Amil quedaría físicamente envolta polas poligonais eólicas
do PE Zudreiro, o PE Anduriña e o PE Acibal. Tampouco se teñen en
conta as fases de obras no estudo de sinerxias.
2- Estudo de afeccións á rede hídrica incompleto, de feito, o proxecto
afectaría de forma crítica ós recursos hidrolóxicos da zona, habendo
multitude de manancias e nacentes que proveen de auga á poboación
mais que non están recollidos pola promotora. Estímase que mil veciños
poderían verse afectadas por falta de auga como consecuencia da
construcción do PE Zudreiro.
En virtude do exposto,

SUPLICO: o rexeitamento do estudo de impacto ambiental e das solicitudes de


autorización administrativa previa e de construción e da aprobación do proxecto
sectorial de incidencia supramunicipal en concreto, das instalacións do parque
eólico ZUDREIRO situado nos concellos de Campo Lameiro e Moraña e
promovido por Green Capital Power S.L. (expediente IN408A 2019/45). Pido a
súa retirada definitiva pola súa incompatiblidade cos valores ambientais,
patrimoniais e paisaxísticos na área de afección do proxecto e a falla de licencia
social.

OUTROSÍ DÍ: É precisa unha resposta razoada á estas alegacións de acordo á


Lei 39/2015, de 1 de outubro, do PACAP. A falta de resposta é motivo de
nulidade de tramitación.

En _____________________________, a _____ de ______________ de 2023

Asina

You might also like