You are on page 1of 2

El Oficial y el Espía

A película da que vou falar agora chámase “El Oficial y el Espía”, ou “J’accuse” no seu
idioma orixinal, que é o Francés.

A filme é orixinaria de Francia e estreouse no 2019 cunha duración de ca. 132 min.

O director chámase Roman Polanski, quen naceu no 1933 e sigue vivo cunha idade de 90
anos, estudou belas artes en Francia e oficiou de director, produtor, guionista e actor de
moitos filmes como “El Pianista” onde recibiu o premio Óscar por mellor director, ou
“Chinatown” onde recibiu o globo de oro pola mesma razón. Tamén gañou moitos premios
César grazas a “Tess”, “The ghost writer”, “Venus in Fur”, “Un Dios salvaje”, a antes
mencionada “El Pianista” e “El oficial y el Espía”

Int.: Jean Dujardin, Louis Garrel, Vincent Grass, Emmanuelle Seigner, Mathieu Amalric,
Melvil Poupaud, Olivier Gourmet, Grégory Gadebois, Vincent Pérez, Damien Bonnard,
Didier Sandre, Éric Ruf, Hervé Pierre, Wladimir Yordanoff, Michel Vuillermoz, Philippe
Magnan, Denis Podalyès, Laurent Natrella, Pierre Forest, Gérard Chaillou, Bruno Raffaelli,
Jeanne Rosa, Laurent Stocker, Paulo Henrique, Luca Barbareschi, Mohammed Lakhdar-
Hamina, Benoît Allemane, André Marcon, Ludovic Paris, Nicolas Bridet e Swan Starosta.

En primeiro lugar, o argumento é un membro do exército chamado Dreyfus, o cal é


acusado de traizón ao exército. Tempo despois o protagonista descobre que as probas
que apuntan a Dreyfus non son tan verídicas como pensaban e que coincidían mais con o
comandante Henry, ao descubrir iso, o protagonista enfróntase verbalmente cos seus
compañeiros do exército para amnistiar a Dreyfus e castigar ao verdadeiro culpable,
Henry.

A historia está ambientada na Francia das décadas dos 1880-1900, Nese momento
Francia pasaba pola súa terceira república na que o goberno tiña o poder. Pódese ver
cando na película ninguén cuestiona o goberno e cando o protagonista o intenta o
mandan para o cárcere, onde pasa 1 ano, antes de que Henry confese que era o culpable
das probas amosadas en principio na contra de Dreyfus. Na época pódese ver unha gran
discriminación aos xudeus coma Dreyfus, ao cal ninguén lle importou (excepto ao
protagonista) que fora inxustamente xulgado.

O filme ródase a partir da novela “An Oficial and a Spy”, colaborando Polanski e Harris por
terceira vez, xa que por exemplo escribiron “The Ghost writer” xuntos con anterioridade.
A primeira vez que se xuntaron foi no 2007 na que case filmaron “Pompeya” pero que foi
cancelada por unha folga de actores.
Como xa dixen, a película baséase en “AN Oficial and a Spy” que foi unha novela escrita
por Harris e que a Polanski lle interesou moito e se propuxo facer unha película xunto con
el.
Os personaxes principalmente son membros do goberno e a amante do protagonista, a
principal función dos membros do goberno son que non se fale mais do caso Dreyfus,
máis debido á insistencia do protagonista para revivir o caso intentan frealo sen éxito, xa
que Henry confesa e Dreyfus remata sendo inocente.

Por último, a interpretación e o dobraxe están bastante ben, o papel dos actores,
exceptuando á amante do protagonista e a unha persoa que lle dispara ao avogado de
Dreyfus case ao final da película gústame, e os dous non me gustan porque á amante non
sei moi ben que ten que ver co resto da trama, como que non encaixa, e ao asasino
porque fai unha aparición e xa, puideran non poñelo e xa.
O filme duran un pouco mais de dúas horas, que se fan un pouco longas tendo en conta
que as dúas horas son puros diálogos sen ningún tipo de acción ou algo que acelere o
ritmo da película ou un cambio de ritmo. Polo que me parece unha película que se pode
facer lenta e un pouco longa.
Eu si que a recomendaría, porque me gustou a trama e porque así podes aprender un
pouco como funcionaba a política en Francia antigamente e o racismo que existía na
época. Sobre todo o recomendo se non che importa ver unha película cun ritmo lento e se
non che apetece ver moita acción ou cousas ficticias.

You might also like