You are on page 1of 2

A lenda da Santa Compaña

Conta a lenda que aparecen dende a media noite, preto dunha


parroquia para visitar unha casa ou avisar dunha morte próxima.
Á media noite os mortos espertan e forman unha procesión que pasa
pola porta do cemiterio. Á cabeza de tal procesión hai unha persoa viva que
leva unha cruz e un caldeiro cheo de auga bendita. Esta persoa non pode virar
a cabeza baixo ningún pretexto, e será home ou muller segundo o patrón da
parroquia sexa santo ou santa.
Ten que dirixir a procesión todas as noites, e dise que de día non
lembra o que pasou. Ela está cada vez máis pálida e delgada e perdendo a súa
saúde, mentres a luz das almas faise máis e máis forte.
Só pode desfacerse da maldición se atopa outro persoa ao que pasar a
cruz e o caldeiro, ou se morre.
Segundo algunhas lendas, a Santa Compaña son ánimas con dor que
visten túnicas negras encapuchadas e levan unha vela acesa que non se ve,
pero deixan o seu paso un cheiro a cera.
A Santa Compaña anda emitindo rezos como o rosario ou cantos
fúnebres, ademais de tocar unha campá ao seu paso.
Non se escoita nin un só animal no bosque, xa que todos foxen
mentres os cans ouvean ao pasar a procesión.
Non todos poden vela, aínda que poden sentir a súa presenza. Os
nenos e algúns adultos poden facelo, o resto só o intúe.
Poden aparecer en distintos lugares, aínda que adoitan verse en
encrucilladas, e hai datas especiais nas que hai máis aparicións, como a Noite
de Todos os Santos (a noite do 31 de outubro e o 1 de novembro) e a noite de
San Xoán ( a noite do 24 de xuño).
Os motivos da súa aparición adoitan ser variados, dende reclamar a
alma dunha persoa que morrerá pronto, reprocharlle a alguén os erros
cometidos, ata anunciar a morte dun coñecido a unha persoa que está a
presenciar a procesión ou a cumprir condena.
Como en toda lenda hai variantes que tamén se dan noutros puntos de
España.
Por se acaso, se ves a alguén cargando unha cruz e un caldeiro de auga
bendita na noite de Todos os Santos, corre! Pero se non podes, sempre podes
librarte da maldición de unirte á procesión trazando un círculo no chan e
entrando nel, deitado boca abaixo, levando unha cruz ou rezando sen escoitar
os cantos dos mortos.

Iván González Lorenzo Nº 13

You might also like