You are on page 1of 1

PAUTAS PARA O 2º EXAME DE XEOGRAFÍA DA 2ª AVALIACIÓN:

1. Entran no exame todos os apuntes da libreta do apartado “A actividade industrial” e o texto sobre
o peche de Nissan en Barcelona.

2. Entran as seguintes páxinas do libro:

Páx. 124: Como se clasifican as distintas industrias.

Páx. 126-127: Da primeira Revolución Industrial á industria 4.0.

Páx. 128: Os factores de localización industrial e o fenómeno da deslocalización.

Páx. 130: China, a maior fábrica do mundo.

3. Termos para definir:

Sector Secundario:
I+D+i: Non só o que significan as siglas. Tamén a explicación do concepto.
Banana azul:
Deslocalización industrial:
Terciarización da industria:
Fordismo:
Taylorismo:
Siderurxia:
Revolución industrial:
Silicon Valley:

No exame haberá unha pregunta para desenvolver, preguntas breves, enunciados de verdadeiro ou
falso para corrixir, termos para definir e o texto de Nissan.

You might also like