You are on page 1of 3

O INFERNO DE MARTA (Pasqual Alapont)

Esta novela comeza como prólogo falando de Isabel Forteza de 22 anos, unha rapaza
que está a pasear co seu noivo pola devesa do Saler moi feliz, e os poucos minutos xace
morta.
Marta, unha feliz moza do Vedat de Torrent está moi ilusionada coa súa nova situación:
deixou o fogar paterno para ir a vivir a un piso en Valencia con dúas
compañeiras, Carme e Xulia, mentres fai a carreira de Dereito. Os seus pais, Esteve e
María, preocupáronse moito de Marta porque rompera co seu noivo Marcel. Tamén
porque alguén colgara un cartel da desaparición dunha moza, Isabel Forteza. Había un
tempo que Marta rematara a súa relación con Marcel, que se foi a Amsterdam porque se
sentía afogado. As tres rapazas saen ás veces a tomar algo ou de festa, sobre todo
Carmen. Pero unha das veces que saen a un bar con Braulio, un amigo, este vén
acompañado de Héctor, un mozo que di estar a facer a tese de Dereito. Héctor non para
de fixarse en Marta, pero como ela acababa de saír dunha relación, non quería estar con
ninguén, a todo isto saen do bar, e van ao paseo da praia, e entre Héctor e Marta pasa
algo.
Marta foi á casa dos seus pais, había catro semanas que estaba lonxe de Couto e sentía
nostalxia. Pasada unha semana, Marta volveu ao piso de Valencia, alguén tocou o
timbre e deixou ante a súa porta unhas rosas brancas e unha carta cun poema. Mentres
almorza chamaron ao teléfono, era Héctor preguntándolle a Marta se recibira as rosas e
o poema. Uns días máis tarde foron os cinco ao cine a ver Scream unha peli das que lle
gustaban a Braulio, a película estaba relacionada co tema dos psicópatas. Dende ese
momento Héctor fíxose como a sombra de Marta, estaba case sempre con ela e comezan
unha relación. O 19 de Novembro quedaron para ir a unha discoteca despois de cear no
bar Perelló, alí as tres rapazas separáronse do grupo e foron ao seu aire. Héctor tomouno
mal e comeza a comerse a cabeza facéndose historias. Bebeu moito, o único que o
mantiña de pé era a ira que tiña. Cando as rapazas o atoparon, Héctor agarrou a Marta do
pelo, retorcéndollo e diulle unha bofetada, Marta non entendeu nada.
Ao día seguinte da madrugada da malleira, o teléfono empeza a soar, era Héctor que
quería falar con Marta pero ela non se atrevía a collelo, non obstante o teléfono seguiu
soando durante varios días. Finalmente Marta decidiuse a contestar, Héctor pediulle que
o perdoará e para amedrentala contoulle historias da súa nai, finalmente Marta remata
perdoándoo. A partir dese momento marcouse un antes e un despois na relación
de Marta e Héctor, reconciliáronse. Héctor ía a todas as partes con Marta, pasábanno
ben poñéndolles nomes e inventando historias estrambóticas á xente que vían por
aí. Marta cambiou moito a súa personalidade de cara aos rapaces por culpa de Héctor,
era moi celoso. Todo ía ben ata que volveron suceder as escenas violentas. Un
día Marta interésase polo anel que levaba Héctor coas iniciais IF Marta insistiu en que lle
contase quen era a rapaza das iniciais, Héctor tomouno mal, volveu protagonizar unha
escena violenta en público e díxolle a Marta que non quería saber nada máis dela.
Marta viuse moi afectada polo incidente, tiña medo de perdelo definitivamente. Un
día Héctor presentouse na casa coma se non tivese pasado nada, Marta sorprendeuse
moito da súa actitude e uns momentos dubidou se debía sacar o tema e estalou a chorar,
finalmente non quitou o tema. Novamente reconciliáronse e as cousas volveron ir
ben. Marta trataba de prever os seus desexos e as súas reaccións para actuar de xeito de
que non se volveran repetir as escenas violentas. Pouco despois Xulia e Carme fóronse
ao pobo de vacacións e para Nadal Marta regaloulle a moto que Héctor tanto lle pediu,
ese mesmo día foron á casa dos pais de Marta e tiveron unha reunión na que todo saíu
á perfección. O 4 de xaneiro Héctor trasladouse ao piso das rapazas, a súa equipaxe non
constaba de moitas cousas e unha delas sorpren-
deu a Marta é que case non levaba nada relacionado cos seus
estudos. Héctor recriminoulle as súas "tendencias espías", ela pensou que lle ía volver
pegar, tivo a reacción de tapar a cara e argumentou que sería incapaz de facer algo así.
Cando dixo que sería conveniente distribiur as labores domésticas para que ninguén
escapase, Marta díxolle que non era necesario que ela se apañaba moi ben sen facer
isto. Finalmente remataron facendo o que suxeriu Héctor.
Ao día seguinte de reis, chegaron Carme e Xulia, as cales se sorprenderon de ver
que Héctor se instalara, el recibiunas cunhas rosas vermellas e ofrecéndolles unhas
cervexas, as rapazas preferiron ignoralo. A convivencia fíxose insoportable, Hector fí-
xose co control da tele, non facía as tarefas de casa que finalmente tiña que facer Marta e
humillaba a Marta continuamente.
Era coma a escrava del. Xulia e Carme non soportaban a Héctor, querían que se fora.
Héctor díxolle a
Marta que as outras dúas se tiñan que ir, pero Marta negouse. Despois de 2 meses, nin
Marta nin Héctor pagaran o alugueiro do piso.
Unha tarde do mes de abril Héctor entrou ao aseo mentres que Xulia estaba na ducha,
comeza a espiala, intentou ter algo con ela. Xulia colleu unhas tesoiras e ameazouno, el
diu uns pasos cara adiante e invitou
na a que llas cravará pero Xulia non fixo caso e Héctor empurrouna e diuse un golpe nos
riles. Xulia e
Carme estaban fartas. Marta decidiu traballar nun bar de copas, pero as súas
compañeiras non crían que esta sería unha boa idea porque non estudaría, Marta non as
escoitou. Despois dunhas semanas, Marta
díxolles as compañeiras que sería mellor se elas se mudaran a outro lugar, e fixérono.
Héctor apenas quería saír de casa e un día díxolle a Marta de saír a cear, pero ela díxolle
que ían moi xustos de diñeiro e él sacou un feixe de billetes que di que llelo deron por
vender o seu corpo á ciencia, pero vendera a moto. Entón foron a comer a casa Bermell,
alí beberon moito viño, Hector volveuse a emborrachar e volveu protagonizar
unha escena diante de todos os do bar. Arrimouse á mesa Vicent Jordánun, antigo
profesor de Marta. Ela estivera namorada del, pero agora desexaba que non a molestase
por medo a que Héctor se enfadara. Os abusos que Héctor facía a Marta diante de
Vicent levaron a que o profesor se preocupase por aquela situación e lle preguntase a
Marta se pasaba algo, pero a resposta de Marta foi que non, así que Vicent foise daquel
restaurante coa certeza de que esa parelliña tiñan problemas, e graves. Para volver á
casa colleron un taxi e él estivo todo o camiño dicíndolle obscenidades en voz alta diante
do taxista. Cando Marta volveu á casa Héctor estaba a mirar a tele e ela quería falar, él,
para evadirse, díxolle que non quería, que lle doía a cabeza, pero Marta non quixo
esperar e fixo un xesto como de apagar a tele e Héctor levantouse dicíndo que facía.
Finalmente todo rematou en que Héctor se foi de casa dicíndolle que estaba tola que
necesitaba que alguén a tratase. Despois do incidente Marta comeza a investigar entre as
cousas de Héctor, na súa " caixa de disquetes " había documentación falsa co seu nome
e fotos dunha rapaza con Héctor, tamén había unha foto del cos seus
pais. Marta decatou- se de que non tiña nin idea de quen era o pai do fillo que esperaba e
foise a durmir.
En canto se espertou, viu a Héctor moi bebido cunha prostituta (Jenny), e obrigoulle a ver
como o facían, sen parar de repetir : -Mira e aprende Martita!. Ao rematar a puta foise sen
mediar palabra. Marta vestiuse como para irse e Héctor comezou a mallar nela o máis
forte que puido e propinoulle unha coitelada nas costas cunha navalla, pero por sorte
entre o veciño e os rapaces, comezaron a bater á porta para que
Héctor abrise, Carme intentou abrir a porta pero cambiaran a pechadura, así que seguiron
dando golpes na porta. Héctor canso de oír os golpes escondeu a Marta, xa medio morta,
no armario e ao abrir díxolles que o sangue das mans era que estaba a limpar o peixe,
pero as rapazas non lle creron e coáronse na casa, buscaron a Marta e cando a atoparon
collérona dicíndolle que xa todo pasara, ao momento perdeu o coñecemento. Cando
Héctor quixo escapar colleuno a policía.
Aos sete meses, con Héctor xa condenado polo asesinato de Isabel e intento de matar a
Marta, naceu, no coche de Braulio, no medio dun atasco, o fillo de Marta.

PERSONAXES PRINCIPAIS
- Marta : É unha moza que vive no Vedat de Torrent, o seu antigo noivo deixaa e vaise a
Amsterdam. Por iso cando coñece a Héctor, que é un mozo que parece amala, aínda que
ás veces a maltrata, ela confía moito nel.
- Héctor : É un rapaz con dúas caras, coma Dr.Jekyll e Mr. Hyde. Para Marta, el é un
pouco tenro e doce que só quere estar con ela porque a quere moito, pero en realidade é
un asasino de mulleres, que ao fin quería matala. Podemos dicir que os actos
de Héctor son morais, xa que sempre que lle pega, o fai consciente e voluntariamente,
aínda que algunhas veces a pega cando está bebido, tamén é un acto moral, aínda que é
unha excepción para a lei.
PERSONAXES SECUNDARIOS
- Carme : É unha das compañeiras de piso de Marta. É unha rapaza que se preocupa
demasiado do seu aspecto físico, pero tamén se preocupa moito pola situación de Marta.
- Xulia : É a outra das compañeiras de piso, afecionada a ver pelis con rosas. Tamén se
preocúpa moito por marta, a quen Héctor chega a acosala sexualmente.
- Braulio : É un dos amigos, é o que presenta Héctor a Marta.
- Os pais de Marta : Esteve e María, que se preocupan moito porque a súa filla non vive
na casa, deixan de preocuparse algo cando Marta compra a Kepi, o seu can.
- Vicent : Un profesor, que lle daba clase no instituto
TEMA : unha moza namorouse da persoa equivocada
ESPAZO : na universidade, na súa casa, en Valencia
TEMPO : é o século XXI e a duración dos feitos son dun ano
ASPECTOS DA OBRA QUE MAIS CHE GUSTARON
O que mais me gustou deste deste libro, é que, todo o que conta serve para abrir un
pouco os ollos e darse conta de que esta historia, moitas veces por desgracia, é real.
ASPECTOS DA OBRA QUE CHE PARECEN NEGATIVOS
O que menos me gusta, era que cando estaba a lelo, e lías os anacos onde Héctor a
pegaba, entrábame pena. E tamén me daba rabia a actitude que tiña Marta coas súas
amigas, xa que elas só querían axudala, querían que se dese conta do que lle estaba a
facer Héctor, e de que non a quería.
VALORES IMPORTANTES QUE DESENVOLVE A OBRA
Un dos valores máis importantes, é o de que aínda que as mulleres sexan mulleres, e
moitas veces non se pode defender coa mesma forza, non se deben maltratar, porque
todos somos iguais, temos dúas mans, dúas pernas, unha cabeza, e non por ser mulleres
somos menos que os homes. Outra cousa importante é que cando tes algún problema tes
que falalo con alguén, porque eso pódeche axudar, e non te tes que tragar todas as
cousas malas que che pasan.

You might also like