You are on page 1of 2

ENQUISA SOBRE CULTURA GALEGA E USOS DO GALEGO.

A) TRABALLO EN GRUPO: entre 4 e 6 persoas (se o número de


participantes vai ser outro é recomendable consultar).

A participación nesta actividade terá unha repercusión dun 15% na nota da


3ª avaliación.

B) APARTADOS DO TRABALLO:
- Selección dun ámbito (zona, vila… na que se realizará a enquisa). Este
ámbito indicarase tanto no video coma nas conclusións de maneira moi
clara.
- 6 persoas seleccionadas polo grupo responderán a 12 cuestións (que se
facilitan ao final deste documento). Por suposto que podemos facer as
preguntas a familiares, pero a actividade non se baseará exclusivamente
nestas persoas.
- Gravación das enquisas en video ( NON GRAVEMOS NUNCA ÁS
PERSOAS SE ESTAS NON QUEREN; SÓ A SÚA VOZ).
- Envío do vídeo coa enquisa ao profesor/a.
- Envío das conclusións en documento de WORD: pode acompañarse de
gráficas.
- Exposición na aula de ditas conclusións.

C) DATA TOPE DE ENTREGA DOS TRABALLOS (VÍDEO E


DOCUMENTO DE WORD): venres, 19 de abril.

D) ATENCIÓN: A cualificación da actividade pode ser negativa:

- Se non se entrega (nese caso a nota será 0); se se entrega fóra de prazo
haberá unha penalización
- Se non seguimos as instrucións (se houbese que facer algunha
modificación das indicacións sería conveniente falalo coa profesora ou
profesor)
- Se falta algunha das partes do traballo (video ou conclusións)
- Se se considera que non é un traballo serio
PREGUNTAS PARA A ENQUISA

PREGUNTAS PREVIAS: SEXO, IDADE APROXIMADA E ESTUDOS.

BATERÍA DE PREGUNTAS:

CULTURA GALEGA

1. Que lingua se falaba en Galicia na Idade Media?

2. Saberías dicir que foron os Séculos Escuros en Galicia?

3. Quen escribiu o himno galego?

4. Por que o Día das Letras Galegas se celebra o 17 de maio?

5. Poderías dicirme o nome dunha obra de Rosalía de Castro? ( se na anterior


pregunta soubo a resposta e mencionou obra e autora, preguntaremos:
Poderías dicirme o nome dalgunha outra obra de Rosalía de Castro?)

6. No himno galego dise “esperta do teu sono / fogar de Breogán”: Poderías


dicirme quen era Breogán?

CONSIDERACIÓN DO GALEGO

1. Falas habitualmente galego?


. De ser así, en todos os contextos ou sentes en certos contextos máis
dificultade?.
. De non así, por que?

2. Se alguén se dirixe a ti en galego, intentas contestar no mesmo idioma?

3. Cres que entre os galegos existen prexuízos contra a súa lingua? De ser asi,
pódesme dar algún exemplo?

4. Que opinas sobre a obrigatoriedade da lingua galega no ensino non


universitario?

5. En que momento cres que se introduciu o castelán en Galicia?

6. Coñeces algún texto legal que regule o dereito a coñecer e usar o galego na
Comunidade Autónoma de Galicia?

You might also like