You are on page 1of 11

III.

O significado: morfemas e palabras no marco da referencia nominal


2. Artigo e pronomes determinantes

1. Artigo
1.1. Paradigma do artigo
1) O paradigma do artigo está FORMADO por:
a) Artigo determinado (o, a, os, as).
b) Artigo indeterminado (un, unha, uns, unhas), cuxas formas poden ter
tamén outros significados:
→ En singular pode ser un cuantificador numeral (1).
→ En plural pode significar ‘cantidade pequena’.
2) Tanto a súa PRESENZA coma a súa AUSENCIA co substantivo é significativa.
Así, adoitan ir sen artigo os substantivos continuos en singular (quero pan) e
os descontinuos en plural (comprou mazás), aínda que o adoitan levar en
singular (comprou unha mazá).

1.2. Morfoloxía do artigo


1) O artigo determinado e o indeterminado están compostos polos morfemas de
artigo, xénero e número. Os dous últimos funcional igual ca no adxectivo,
resto de determinantes e pronomes.
2) A SEGMENTACIÓN non sempre é doada. Así, cando se producen contraccións
con preposicións ou coa comparativa ca é imposible segmentar o morfema
artigo.
3) No NÚMERO, o morfo de singular carece de realización fónica, mentres que
o de plural é |s|.

1.2.1. Artigo determinado


1) É PROBLEMÁTICO SEGMENTAR os morfos correspondentes ao morfema
artigo e ao morfema xénero, xa que é o mesmo son o que representa á vez os
dous (/o/ ou /a/).
2) O morfema artigo realízase mediante ALOMORFOS EN DISTRIBUCIÓN
COMPLEMENTARIA que dependen da palabra precedente:
a) Primeiro alomorfo ou primeira forma do artigo (o, a, os, as): é a máis
frecuente e os seus contextos de aparición os menos restrinxidos.
b) Segundo alomorfo ou segunda forma do artigo: (lo, lo-s, la, la-s, nos que
-l- pertence tanto ao artigo coma á palabra anterior):
→ O artigo e a palabra anterior deben gardar unha unidade sintáctica.
→ O artigo e a palabra anterior deben formar un mesmo grupo fónico, polo
que a palabra anterior debe rematar en –r ou –s (agás no caso do
adverbio u). Dáse nos seguintes casos:
- Preposicións por e tras.
- Conxunción copulativa (e) máis.
- Formas verbais rematadas en –r ou –s, agás o participio.
- Persoais nos, vos, lles, enclíticos ao verbo.
- Persoa nós, vós + unidade que o determina (xuntouse a nó-los tres).
- Adverbio u.
→ O segundo alomorfo do artigo non aparece en certos casos:
- Por falta de unidade sintáctica: quedamos de vernos o próximo luns ás
nove.
- Porque o suxeito vai posposto ao verbo, caso no que é opcional: a que
hora vai chegar o tren? / a que hora vai chega-lo tren?
1 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
III. O significado: morfemas e palabras no marco da referencia nominal
2. Artigo e pronomes determinantes

c) Terceiro alomorfo ou terceira forma do artigo (o, a, os, as): aparece cando
a palabra anterior é un verbo rematado en –n ou as palabras sen, tamén e
nin. Nestes casos o –n pasa a pronunciarse alveolar.

3) Os ALOMORFOS do ARTIGO e os do persoal P3 e P6 átono acusativo son


semellantes,
a) Cando aparecen nos mesmos contextos a segunda forma do artigo
escríbese con guión e o persoal átono unido á palabra anterior.
b) Nos demais casos a segunda forma do artigo escríbese sempre sen guión.

Nas Normas (2003) só se acepta a representación gráfica da segunda forma do artigo na


escrita tralas preposicións por e u, usando nos demais casos as primeiras formas.

1.2.2. Artigo indeterminado


Formas non Morfo xénero Morfo número
Morfo artigo
contractas feminino masculino singular Plural
un, unha,
|un| |a| |Ø| |Ø| |s|
uns, unhas

1.2.3. Contraccións do artigo determinado e indeterminado


1) CONTRAEN CO DETERMINADO E O INDETERMINADO as preposicións con, de e
en.
2) Contraen SÓ CO DETERMINADO a preposición a e a comparativa ca (non ca +
a prep). As representacións escritas poden ser:
a) a: ao(s) / ó(s).
b) ca: ca o(s), ca a(s) / cós, cás.
3) Para que haxa CONTRACCIÓN NA ESCRITA a preposición e o artigo teñen que
formar parte da MESMA UNIDADE SINTÁCTICA, de aí que esta non se dea en:
a) Oracións de infinitivo, xerundio e participio.
b) Cando o artigo é núcleo da frase nominal (quedouse con unha porque eu
tiña moitas).

1.3. Funcións determinativas do artigo


O artigo, tanto o determinado coma o indeterminado, teñen dúas funcións
básicas de referencia nominal:
1) REFERENCIA DE CLASE, cuxa función é de actualización (aínda que pode
haber actualización sen ningún determinante). O indeterminado só se
emprega neste uso en singular.
2) REFERENCIA IDENTIFICADORA:
a) Artigo determinado: funciona como marca de definido para os
interlocutores.
b) Artigo indeterminado: funciona como marca de indefinido para os
receptores, aínda que pode ser definido ou indefinido para o emisor.
eo
1.3.1. Artigo determinado
1) CARECE DE VALOR FUNCIONAL:

2 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
III. O significado: morfemas e palabras no marco da referencia nominal
2. Artigo e pronomes determinantes

a) Cando forma parte de topónimos, antropónimos, alcumes, títulos de


libros, etc. Con todo, nestes casos pode ser relevante para identificar o
xénero e número do nome propio.
b) En construcións coma:
→ Unidades gramaticais compostas: o máis, o cal.
→ Locucións adverbiais: ás veces, ó carón.
→ Ante infinitivos.
→ Noutros sintagmas coma ó que.

2) MARCA DE REFERENCIA DE CLASE acompañando os substantivos, de xeito que


a referencia se dirixe ás características da clase á que se aplica o substantivo
(a xirafa é herbívora). O uso pode ser:
a) Uso xenérico: a clase inclúe todo o que forma parte dela ou o máis típico:
→ Singular: uso segmentador (falou sobre o porco bravo).
→ Plural: uso de pluralidade (falou sobre os porcos bravos).
b) Uso non xenérico: interpretable contextualmente cos significados de
número que expresan o singular plural (fun ao circo para ver os leóns;
apareceulle o lobo no camiño).
3) MARCA DE REFERENCIA DEFINIDA, función na que acompaña a substantivos
en singular ou plural nos que a referencia se dirixe aos elementos ou porcións
que integran a clase para marcar que son identificadores para os oíntes. A
identificación consiste só en saber a que entidade se refire o locutor e pode
producirse por tres vías:
a) Contexto extraverbal: retirade a botella da mesa e ao saírdes cerrade a
porta.
b) Contexto verbal: mercou queixo e un molete; o queixo estaba bo, pero o
pan estaba algo reseso.
c) Contexto extraverbal + contexto verbal: xa ves que cerraron as
cafetarías que había antes nesta rúa.

1.3.2. Artigo indeterminado


1) É de USO MÁIS LIMITADO có determinado:
a) É infrecuente con substantivos continuos e cos descontinuos en plural.
b) É necesario cos substantivos continuos en singular.
c) Pode ter valores diferentes aos de artigo:
→ Formas en singular:
- Cuantificadores numerais co significado de ‘1’. Nestes casos poden
xuntarse o significado de indefinido e cuantificador (Mércame un
melón nunha froitería) ou predominar un deles (Mércame un melón
nunha froitería).
- Non son cardinais cando non existe o valor de ‘1’ (unha muller
honrada non fai iso) ou con substantivos continuos e abstractos (ten
unha alegría que non lle colle no corpo).
→ Formas en plural:
- Cuantificadores indefinidos co significado de ‘cantidade pequena’
(tráeme unhas follas).
- Con cardinais expresan ‘aproximación’ (ocorreu hai uns catro
anos).

3 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
III. O significado: morfemas e palabras no marco da referencia nominal
2. Artigo e pronomes determinantes

2) CARECE DE VALOR FUNCIONAL cando forma parte de UNIDADES COMPOSTAS


coma:
a) Cuantificadores: un(s) canto(s), unha(s) canta(s), un(s) pouco(s), unha(s)
pouca(s), un tanto.
b) Identificadores: cada un, cada unha.
3) MARCA DE REFERENCIA DE CLASE só en SINGULAR e de xeito representativo
mediante un dos seus membros e con segmentación interna á clase, de aí
que poida acompañar substantivos continuos (Comprou un pan moi duro) e
ser usado en construcións intensificadoras (Vai un frío!).
a) Casos nos que poden aparecer tanto o determinado coma o
indeterminado: Unha xirafa é un animal herbívoro / A xirafa é un animal
herbívoro.
b) Casos nos que só pode aparecer un dos dous: Merqueino nunha feira do
libro (*merqueino nunha feira dun libro).
4) REFERENCIA IDENTIFICADORA acompañando algo indefinido para os
receptores, que pode ser para o emisor definido (usos específicos) ou non
(usos non específicos). Exemplo: Puxen as pernas nunha cadeira (específico)
vs. Tédesme que dar uns libros dos que tendes vós (non específico).

1.4. Características sintácticas do artigo


1.4.1. Artigo indeterminado
1) Pode ser N substituto de FN, asumindo trazos léxicos do substantivo
substituído e podendo constituír el só a FN. Exemplo: Entre as opcións que
tiña escolleu unha que non me gustou.
2) Pode ser N autónomo da FN cando é un feminino de indeterminación, sen
substituír a ningún substantivo e con trazos de substantivo moi vagos.
Exemplo: Fixo o exame e non deu unha.

1.4.2. Artigo determinado


1) N substituto de FN, pero sempre acompañado. Exemplo: A estas mozas non
as coñezo, pero aquelas son as que me presentaches.
2) Núcleo autónomo de FN, pero acompañado. Só é núcleo autónomo cando
se trata dun feminino de indeterminación en expresións fixadas. Exemplo:
Fixo as de Deus.
3) Atribúeselle a función de substantivación de diferentes unidades, pero
nestes casos mantén os trazos de determinante.

2. O demostrativo
2.1. Paradigma e morfoloxía
1) Paradigma. Criterios de organización:
a) Localización identificadora:
→ Tipo I: este, estes, esta, estas, isto.
→ Tipo II: ese, eses, esa, esas, iso.
→ Tipo III: aquel, aqueles, aquela, aquelas, aquilo.
b) Autonomía:
→ Formas autónomas: isto, iso, aquilo.
4 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
III. O significado: morfemas e palabras no marco da referencia nominal
2. Artigo e pronomes determinantes

→ Formas non autónomas: este, estes, esta, estas; ese, eses, esa, esas;
aquel, aqueles, aquela, aquelas.
c) Xénero:
→ Masculino: este, estes; ese, eses; aquel, aqueles.
→ Feminino: esta, estas; esa, esas; aquela, aquelas.
d) Número:
→ Singular.
→ Plural.
e) Realización mórfica:
→ Non contracta.
→ Contracta: coas preposicións de ou en.
2) Morfoloxía:
a) Formas autónomas:
MORFO XÉNERO NÚMERO
non contracto contracto masc. fem. sg. pl.
Tipo I |est| con de e en |e| |a| |Ø| |s|
Tipo II |es| con de e en |e| |a| |Ø| |s|
Tipo III |aquel| con de e en |Ø| |a| |Ø| |es|

b) Formas non autónomas: impoñen concordancias en masc. e sg. e carecen


de segmentación, xa que non hai formas que contrasten con elas en fem. e
pl.

2.2. Funcións determinativas


2.2.1. Localización espacial e temporal
1) Introdución:
a) O demostrativo ten a función específica de ‘localización identificadora’,
espacial ou temporal.
b) Esta localización establécese en relación coa posición dos interlocutores
en cada acto de fala, de aí que poidamos dicir que o demostrativo é un
deíctico.
c) Nas gramáticas tradicionais adoita explicarse que os demostrativos teñen
significado ocasional, pero esta é unha afirmación que cómpre matizar:
→ O significado do demostrativo é constante en cada acto de fala.
→ O significado ocasional é o referencial, que reside en toda a FN,
independentemente de que o demostrativo sexa deíctico ou non.
2) Punto de referencia:
a) Falante:
→ Tipo I (proximidade): |est| e |isto|.
→ Tipo II (intermedia): |es| e |iso|.
→ Tipo III (afastamento): |aquel| e |aquilo|.
b) Oínte:
→ Só cando hai proximidade co emisor.
→ Tipo II (intermedia): |es| e |iso|.
3) Tipo de localización:
a) Espacial:
→ No contexto extraverbal.
5 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
III. O significado: morfemas e palabras no marco da referencia nominal
2. Artigo e pronomes determinantes

→ Adoita ser mostradora, acompañada de acenos.


→ Oposicións:
Tipo Exemplo
Nesta clase [na que estamos] vai moito frío
Proximidade ao locutor |est| Isto [o que teño na man] serve para escribir
Localización intermedia respecto do
|es| Hai pouco que vive nesa casa
locutor
Afastamento do locutor |aquel| Tráeme aquel abrigo
Déixame ese caderno [o que o receptor ten na
Proximidade ao receptor |es| man]

b) Temporal:
→ Respecto do momento da enunciación.
→ Oposicións:
Tipo Exemplo
Proximidade I Esta semana choveu sen parar
Localización intermedia II Parece que vai perdendo esa paciencia que tiña
Afastamento (pode ser evocativo) III Onde quedaron aquelas noites de segredos!

c) Espacial ou temporal:
→ Respecto do da propia enunciación (contexto lingüístico).
→ Tipos: anafórica ou catafórica.
→ Oposicións:
Tipo Exemplo
Proximidade da enunciación ao locutor I Os asuntos que imos tratar son estes
Localización intermedia da enunciación Volvamos agora a esa distinción feita no
II apartado anterior
respecto do locutor
Afastamento da enunciación do locutor III Non esquezades aquela frase que xa comentamos
Enunciación do alocutario II Iso que dis vén sendo o que eu xa dicía

4) Outros usos: tipo dunha clase representado pola referencia concreta do


substantivo determinado. Exemplo: Ese coche saíu moi bo.
2.2.2. Outros usos
O demostrativo forma parte de locucións e expresións máis ou menos
fixadas, como constituínte ou mantendo en parte o valor de demostrativo:
Tipo Exemplo
Nestas, nisto = ‘neste momento’ en referencia a algo pasado.
I A todo isto: para centrar o interese no que se vai dicir e para introducir algo novo.
Isto é = ‘é dicir’
Nesas, niso = ‘nese momento’ en referencia a algo pasado, pero dun maior
distanciamento.
A iso de = ‘aproximadamente na hora mencionada’
Conto e iso = ‘non obstante’
II E iso que = ‘a pesar de que’
Por iso = ‘por ese motivo’, intensificación, etc.
Nin por esas = ‘nin aínda así’
Iso = reforzo de respostas ás interrogativas directas.
Daquela = ‘naquel momento’ > adv. independente co significado de ‘entón’
III
subs. aquel e verbo aquelar

6 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
III. O significado: morfemas e palabras no marco da referencia nominal
2. Artigo e pronomes determinantes

2.3. A autonomía
1) Unidades non autónomas:
a) Nsubs.
b) Localizadores.
2) Unidades autónomas:
a) Naut.
b) Concordancias en masc. sg.
3) Feminino de indeterminación:
a) Fem. sg. ou pl.
b) Naut. en expresións semifixadas: non me veñas con esas.
2.4. Demostrativo de alteridade
2.4.1. Morfoloxía
FORMAS NON
FORMAS ANALÍTICAS FORMAS CONTRACTAS
CONTRACTAS
Este outro, estes outros, esta
destoutr@s
Tipo I estoutr@s outra, estas outras, isto
nestoutr@s
outro
Ese outro, eses outros, esa desoutr@s
Tipo II esoutr@s
outra, esas outras, iso outro nesoutr@s
aquel outro, aqueles outros,
daqueloutr@s
Tipo III aqueloutr@s aquela outra, aquelas outras,
naqueloutr@s
aquilo outro

2.4.2. Significado e usos


1) Significado:
a) ‘localización’
b) ‘diferenza’
2) Uso: localizacións nas que se contrastan ou contrapoñen posicións de algo
ou alguén mencionado ou implícito. Exemplo: Ti vai por esa rúa que eu vou
por esoutra; Aquelas mulleres van de paseo e aqueloutras quedan na casa.

2.4.3. Expresións
EXPRESIÓNS
Tipo I Estoutro día = ‘o outro ´dia’
Tipo III Aqueloutro > aqueloutrar (cambiar) e aqueloutriño (rapaz)

3. O posesivo
3.1. Paradigma xeral e morfoloxía
3.1.1. Paradigma
1) Categorías: unidades que se opoñen atendendo aos criterios de:
a) Persoa: 1P, 2P e 3P.
b) Número: sg. e pl.
c) Tipo de tratamento na 2P: cortés e non cortés
2) Clases: clasificación rexida polo substantivo, segundo os criterios de:
a) Xénero: masc. e fem.

7 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
III. O significado: morfemas e palabras no marco da referencia nominal
2. Artigo e pronomes determinantes

b) Número: sg. e pl.

3.1.2. Morfoloxía
1) Oposición:
a) Número: na 1P e na 2P maniféstase xunto coa oposición de persoa.
b) Sincretismo entre a 2P cortés e a 3P, no sg. e no pl.
2) Concordancia:
a) Número:
NÚMERO
sg. pl.
1P |Ø| |s|
2P |Ø| |s|
3P |Ø| |s|

b) Xénero:
XÉNERO
masc. fem.
meu(s) miña(s)
1P
nos|o|(s) nos|a|(s)
teus(s) túas(s)
2P
vos|o|(s) vos|a|(s)
seus(s)
(8 posibilidades de
3P
interpretación [persoa,
xénero e número])

3) Marcas: os posesivos marcan, agás na 3P e a 2P cortés, o número e o xénero


do determinado, pero só o número da persoa.

3.2. Significado e usos


1) Usos xerais:
a) Xénero e número rexidos polo substantivo.
b) Persoa, co seu número e tipo de tratamento na 2P:
→ É a mesma función cá do pronome persoal, pero ademais engade a de
determinación = de + FN.
→ Contido semántico de modificación máis amplo có de “posesivo”.
Exemplo: O pai de Sara > O seu pai (relación de parentesco).
→ De + FN ≠ posesivo.
→ Non se emprega cando a relación se pode deducir polo contexto.
Exemplo: Deume a cadeira cunha pata [súa] rota.
2) Outros usos (non relacionados con de + FN):
a) Uso afectivo:
→ Con substantivos referidos a persoas.
→ O máis frecuente é o de 1P sg. con vocativos. Exemplo: Non chores
máis, meu filliño!
b) Uso habitual: para expresar que algo é característico de algo ou alguén.
Exemplo: Despois de comer dorme a súa sesta.
8 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
III. O significado: morfemas e palabras no marco da referencia nominal
2. Artigo e pronomes determinantes

c) Uso enfático: xeralmente con cantidades, acompañado de numerais.


Exemplo: Xa levará comido os seus cinco pratos de spaghetti.

3.3. Funcións sintácticas


1) En FN sen N subs.:
a) Adoita precisar doutros determinantes e non desempeña a función de
Nsubs. ou Naut. Exemplo: Entre os cadros da exposición había tres teus;
Colleume algo meu.
b) En construcións con Naut.;
→ Combina frecuentemente co artigo determinado. Exemplo: Non lle gusta
que o molesten, é moito de andar ao seu.
→ Pode formar parte de construción con Det. autónomos que son femininos
de indeterminación, especialmente co artigo definido. Exemplo: Non
para quieto, anda sempre facendo das súas.
2) Os + posesivo: relación de pertenza á familia, á casa, etc. Exemplo: Os meus
aínda non están na casa.

3.4. Construcións con propio


1) Pode combinarse co posesivo, posposto a el.
2) Marca “identidade específica” de algo ou alguén:
a) Reflexividade. Exemplo: Escribiu o seu propio discurso.
b) Unha identidade e exclusión doutras. Exemplo: Merqueille o seu propio
libro.

3.5. Posición do posesivo e combinatoria con outros determinantes


1) Anteposto ao substantivo:
a) Determina o substantivo como “definido” e adoita ir acompañado do
artigo ou de demostrativos. Exemplos: Esas súas cousas.
b) Pode ir só nos seguintes casos (tendencia a usar o artigo nos casos de
opcionalidade):
→ Nos vocativos (é obrigado usalo sen Det.). Exemplo: Dime, meu amigo,
canto nos levará chegar.
→ En aposicións afectivas. Exemplo: Eles, meus pequenos, tiveron que
traballar desde cativos.
→ En función de atributo:
 Caracterizador sen substantivo. Exemplo: Ese can é seu.
 Identificador con substantivos coma compañeiro, amigo, veciño,
etc. Exemplo: Foi (o) meu amigo durante moito tempo.
→ En construcións distributivas con cada. Exemplo: Merqueilles a cada
neno seu xoguete.
→ Con tratamento de cortesía. Exemplo: Falou con Súa Maxestade.
→ Opcional con substantivos de parentesco (liña de parentesco). Exemplo:
Meu pai fai moi ben de comer; O meu fillo é moi listo.
→ Expresións feitas. Exemplo: Meu dito, meu feito; a meu parecer
(sintagma prepositivo semifixado).

9 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
III. O significado: morfemas e palabras no marco da referencia nominal
2. Artigo e pronomes determinantes

2) Posposto ao substantivo:
a) MAIOR LIBERDADE COMBINATORIA: con Det. “definidos” ou
“indefinidos”. Exemplos: Estiven cunha amiga túa; As casas súas
véndense moito; Atopei aquel anel teu que tanto che gusta.

3.6. Adverbios de lugar e posesivo


1) Como Mod. de adv. para indicar o punto de orientación (igual ca de +
persoal): uso innovador de dubidosa corrección (debaixo túa < debaixo de
ti).
2) Locucións adverbiais con artigo:
a) Posición: anteposto ou posposto. Exemplo: ao teu carón / ao carón teu.
b) Concordancia: xénero e número que lle corresponde.
3) Prep. + FN. Exemplos: ao meu lado / ao lado meu.

3.7. Posesivos de respecto


1) Formas arcaizantes, dun rexistro marcado e con pouco uso: mi, tu, su.
2) Contextos nos que máis se usan:
a) Cos sg. padre e madre e, mais raramente, con tío, señor e amo.
b) Forma máis empregada: mi referida aos proxenitores que xa non viven.
Exemplo: cando vivía mi madre.

3.8. Posesivos analíticos


1) Forma: de + posesivo masc. sg. (de seu é a máis empregada)
2) Morfoloxía: ausencia de concordancia de xénero e número.
3) Usos:
a) Propiedade plena de maneira marcada acompañado de substantivos que se
refiren a “propiedade alienable”. Exemplo: ten un can de seu.
b) Parentesco natural. Exemplo: un primo de meu.
c) Feitos, características ou calidades de algo ou alguén que lle son propias
totalmente, mesmo pola súa natureza ou condición. Exemplo: Ela é así de
seu.

3.9. Cadro dos posesivos


DETERMINADO (“POSUÍDO”)
MACULINO FEMININO
PERSOA
TRATAMENTO NÚMERO SG. PL. SG. PL.
(“POSUIDOR”)
SG. meu meus miña miñas
1P
PL. noso nosos nosa nosas
NON SG. teu teus túa túas
CORTÉS PL. voso vosos vosa vosas
2P
SG.
CORTÉS
PL.
seu seus súa súas
SG.
3P
PL.

10 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
III. O significado: morfemas e palabras no marco da referencia nominal
2. Artigo e pronomes determinantes

3.10. Outras cuestións


1) O posesivo como deíctico: é un modo de significar que se refire as que o
significado referencial se crea en cada acto de fala:
a) O meu libro = libro do emisor.
b) O teu libro = libro do receptor.
c) O seu libro = libro que non é nin da persoa que fala nin da que escoita.
2) O posesivo é basicamente un persoal coa función de Mod..
3) Organización e clasificación do paradigma:
a) Organización: unidades con trazos semánticos propios que as opoñen a
outras.
b) Clasificación: trazos sen repercusión semántica, que non dan lugar a
oposicións (concordancias rexidas).

11 Morfoloxía galega
2008/2009
USC

You might also like