You are on page 1of 17

5.

De 1980 aos nosos días

1. A poesía ¿Xeración dos 80 / Xeración dos 90?


1.1.Introdución
1) Desenvolvemento da literatura nun contexto de liberdade.
2) Proceso de normalización cultural, que dá lugar a unha serie de
dinámicas culturais (editoriais, novos xéneros, etc.).
3) Cronoloxía establecida desde 1980 por varias razóns:
a) Os resultados dos cambios sociais non son inmediatos, polo que é
preferible establecer 1980 como punto de partida e non 1975.
b) En 1980 apróbase o Estatuto de Autonomía, un fito moi importante
especialmente por:
→ Posibilita a creación dun marco legal (Lei de Normalización) que
posibilita unha serie de cambios que dan lugar á necesidade de producir
literatura para esta etapa.
→ Ten consecuencias na autopercepción identitaria galega, un sentimento
difuso e que estivera reprimido que agora se fai visible. Isto é importante
para a literatura, xa que é en si un discurso identitario e ten a función
de canalizar a conciencia colectiva diferencial.
4) Comezan a percibirse entón as consecuencias deste novo escenario
social:
a) Proliferación de editoriais desde a aprobación da Lei de
Normalización:
→ Editoriais: Xerais (1979), Sotelo Blanco (1981), A Nosa Terra (1987),
Edicións do Cumio (1989), etc.
→ Son un síntoma de dinamismo económico e creativo.
→ Continuidade:
 Moitas desaparecen ou son na actualidade editoriais menores pola
súa falta de profesionalidade.
 Na actualidade podemos atopar as grandes editoriais ao carón
doutras máis especializadas.
b) Aposta pola profesionalización do oficio de escritor:
→ Fitos:
 1980: Asociación de Escritores en Lingua Galega.
 1984: primeiro encontro Galeuzka.
 1989: a literatura galega ingresa no Pen Club Internacional, unha
prestixiosa asociación que nace para defender a liberdade de
expresión, especialmente no caso daqueles escritores que
desenvolven a súa actividade en contextos conflitivos.
→ Tensión entre dous modelos de escritor:
 Elitista e hermético (Ferrín).
 Escritor medio, na busca dunha ampliación da base lectora, que dá
lugar a:
- Unha literatura excesivamente convencional.

1
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
5. De 1980 aos nosos días

- Unha literatura comercialmente planificada, atendendo ás


necesidades dos novos lectores, de xeito que ten como finalidade
explorar territorios novos.
- Do punto de vista lingüístico son obras respectuosas coa
normativa, pero carentes de creatividade lingüística (creación de
estilos, rexistros, etc).
- Vai dirixida a un lector con pouca competencia para ler en
galego, de a ía simplicidade desta literatura, pero é unha estratexia
sen éxito xa que o lector que busca obras en galego adoita estar
disposto a facer o esforzo de enfrontarse a obras máis complexas.
c) Premios literarios:
→ Ata entón eran moi escasos (Centro Galego de Bos Aires, “campaña do
peso”, premio Abrente desde 1973).
→ Son eficaces a dous niveis:
 Socioliterario, pola súa proxección mediática.
 Canonizador, xa que supoñen un filtro de calidade para orientar os
lectores e ir organizando a xerarquía literaria.
→ Eivas:
 Na actualidade hai un número de premios demasiado alto.
 A consolidación dun premio necesita de continuidade e
personalidade (especialización), algo que raras veces se dá. Ademais
a excesiva especialización non é viable nunha literatura coma a
galega.
d) Tensión entre os xéneros literarios pola conquista dunha posición
hexemónica:
→ Ata 1980 a poesía era o xénero canónico.
→ Desde 1980 apóstase pola narrativa:
 É o xénero da modernidade, que permite chegar a un público máis
amplo.
 Hai un gran pacto entre editores, premios e autores. Mesmo moitos
poetas comezan a cultivar a narrativa (Darío Xohán Cabana,
Manuel Rivas, X. Ramón Pena, M. Forcadela, Román Raña, etc), o
que se debe a:
- Conciencia difusa da necesidade de impulsar a novela.
- Afán de gañar diñeiro.
- Sentimento de canseira da poesía culturalista e hermética dos 80.
- Afán de experimentación, que explica que moitos autores se
lancen á narrativa pola vía do xénero policial, xa que é un xénero
moi codificado que ofrece máis garantías á hora de escribir (só hai
que seguir un código ben definido).

2
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
5. De 1980 aos nosos días

1.2. A poesía dos 70-80


1.2.1.Introdución
1) Importancia dos premios literarios: Premio de Poesía O Facho
(1978), Premio Cidade de Ourense (1980), Premio Celso Emilio Ferreiro
(Vigo, 1980), Premio Esquío (Ferrol, 1980).
2) Aparición de publicacións periódicas especializadas:
a) Un fenómeno que é:
→ Síntoma dun maior dinamismo.
→ Estratexia para facer visible a literatura galega e chegar a un número
máis amplo de lectores, achegando os instrumentos de crítica necesarios
para iso. Isto implica un certo nivel de canonización e explicación, que
orienta os lectores e dan lugar a materiais de traballo e estudo.
b) Plataformas de tipo xeral:
→ A festa da palabra silenciada (1983), publicación feminista que nace
coa finalidade de facer visible a literatura feita por mulleres.
→ Boletín Galego de Literatura (1989), revista universitaria de literatura
universal en galego.
→ A Trabe de Ouro (1990), revista de pensamento nacionalista e marxista
cunha sección de crítica literaria.
c) Revistas especializadas (poesía):
→ Nordés (2ª etapa desde 1980).
→ Coordenadas (1980-1985).
→ Dorna (1985-actualidade), unha publicación ao servizo dos autores máis
novos.
3) Dificultade de consolidar a presenza da literatura galega
nos xornais:
a) Aparecen diferentes apostas, pero en xeral non teñen continuidade e
adoitan mesturarse coa literatura española ou inserirse en seccións culturais.
b) Na actualidade a situación sigue a ser a mesma, mentres que nas
plataformas dixitais a proxección social é escasa, polo que sigue
existindo unha barreira entre a literatura a o lector medio.

1.2.2.Dos 70 aos 80
1) Cambio desde a 2ª metade dos 70: ruptura co socialrealismo.
2) Fitos:
a) Obras que cambiaron a historia da literatura galega cara á preocupación
formal e un rexistro máis elevado e culturalista:
→ Con pólvora e magnolias de Ferrín.
→ Outras obras que seguen o mesmo camiño e que reflicten que se está a
dar un cambio de ciclo, non un cambio nun só autor:
 Mesteres (1976) de Arcadio López Casanova, unha obra que se
publica en Valencia e ten pouca repercusión en Galiza no momento.

3
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
5. De 1980 aos nosos días

 Seraogna de Alfonso Pexegueiro, unha obra que tampouco ten moita


difusión.
b) Grupos poéticos rupturistas e cunha concepción transversal das artes:
→ Grupo Cravofondo (1977)
→ Grupo Alén (1977)
→ Grupo Loia (1977), creado en Madrid e conectado coa plástica. Del
formaron parte Manuel Rivas e Lois Pereiro.
→ Rompente (Vigo, 1976-1983), o máis importante dos grupos deste
momento, liderado por Antón Reixa e Manuel Romón. É un grupo
estética e ideoloxicamente moi radical.

En conclusión, a 2ª metade da década dos 70 é moi dinámica e fai que


cheguemos aos 80 cun grande nivel de prestixio na poesía galega.

1.2.3.Poesía dos 80
1.2.3.1.Características xerais como grupo
1) Canonización temperá:
a) Antoloxías temperáns, ás veces sen moita perspectiva:
→ Escolma de poesía galega 1976-1984 (1984), antoloxía de Xosé Lois
García, pouco selectiva.
→ Poesía Galega Actual (1980): monográfico da revista Coordenadas.
→ Antoloxía da Poesía Galega Actual (1978) da revista Nordés.
→ Dende a palabra: doce voces (1985), de Luciano Rodríguez. É a
antoloxía máis importante e con máis proxección.
→ Para saír do século. Nova proposta poética (1997) de Luciano
Rodríguez (tensión entre a poesía dos 80 e a dos 90).
b) Traducións temperáns:
→ Sis poetes gallecs (1990): tradución ao catalán.
→ Fin de un milenio. Antología de la poesía gallega última de César
Antonio Molina e Francisco López-Barxas.
→ Seis poetas gallegos de hoy (1995), tradución ao castelán de Luciano
Rodríguez.
c) Contan cun “crítico oficial”, Luciano Rodríguez autor de antoloxías e
responsable en boa parte da temperá articulación destes poetas como grupo.
d) Esforzo por relacionárense con outras literaturas do estado,
especialmente coa catalá.
2) Problemas de difusión: malia a canonización temperá, a poesía galega
dos 80 non chega ao gran público por ser unha poesía endogámica, con
moitas referencias culturais e moi especializadas. Ademais, o proxecto
destes autores era o de modernizar a poesía, non o de chegar a un gran
número de lectores (que si será o obxectivo da novela que comeza a ter auxe
neste momento).

4
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
5. De 1980 aos nosos días

3) Articulación dos grupos na Coruña e en Vigo, unha “rivalidade”


que funciona en positivo:
a) A Coruña: caracterizada pola interdisciplinariedade e o debate
reitegracionista (na busca de novas posibilidades para a lingua).
b) Vigo: herda a tradición de Rompente.
4) Influencias:
a) Moitas referencias a poetas de fóra, en consonancia coa súa preocupación
por romper as barreiras que illaban a poesía galega.
b) Galegas: poetas formalistas e culturalistas coma Cunqueiro, Aquilino
Iglesia Alvariño, Luís Pimentel, Luz Pozo Garza ou Ferrín e os autores
que el cita en Con pólvora e magnolias

1.2.3.2.Características xerais da poesía da xeración dos


80
1) Culturalismo en sentido amplo, de xeito que dialogan con outras artes e
ramas do saber.
2) Preocupación formal.
3) Asunción dun labor de investigación idiomática (elaboración de
novos rexistros).
4) Coñecemento da tradición literaria galega, ibérica, europea e
americada.
5) Afán de proxección externa (antoloxías, traducións, redes de
contactos), cunha vocación cosmopolita e europeísta, quizais motivada por
procederen dun tempo moi pechado.
6) Variedade de rexistros dos diferentes autores, de xeito que
podemos atopar desde autores moi retóricos ata outros máis minimalistas,
clasicistas e rupturistas.
7) Outras:
a) Ruptura co autobiogafismo.
b) Abandono da enunciación colectiva (nós > eu), un trazo que non ten
porque ser contraditorio co anterior xa que o eu poético non ten porque ser
autobiográfico.

1.2.3.3.Principais autores
En Seis poetas gallegos de hoy (1995) Luciano Rodríguez fai unha
proposta cunha nómina de seis autores: Rodríguez Baixeras, Álvarez Cáccamo, Xulio
Valcárcel, Pilar Pallarés, Ramiro Fonte e Fernán-Vello.
1) Víctor Vaqueiro: autor de transición, con pegadas da poesía social e
ligado a Rompente e a Pexegueiro.

5
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
5. De 1980 aos nosos días

2) Xabier Seoane (A Coruña): vontade de experimentar dialogando con


outras artes.
3) Manuel Rivas (A Coruña):
a) Autor de transición que destaca tamén pola súa vontade de dialogar con
outras artes.
b) Características: épica do cotián e creación dun espazo mítico que terá
continuidade na súa narrativa.
c) Obras:
→ Libro de Entroido (1980).
→ Balada nas praias do Oeste (1985).
→ Mohicania (1986)..
→ Ningún cisne (1989): ruptura co culturalismo dos 80.
4) Xosé María Álvarez Cáccamo:
a) Características: poesía simbolista e saudosista, con toques decadentistas
(memoria da infancia, simbolismo da casa e do mar).
b) Obras:
→ Praia das Furnas (1983).
→ Luminoso lugar de abatimento (1987).
→ O lume branco (1991).
5) X. Rodríguez Baixeras:
a) Características: poesía memorialista.
b) Obras:
→ Fentos no mar (1981), unha obra que causa grande impacto no
momento por conter sonetos (aposta clasicista a formalista), un xénero
moi pouco cultivado ata entón na poesía galega (e que se retomaría nos
90).
→ A gándara da noite (1987), unha obra que reflicte o motivo da viaxe,
recorrente nos autores desta xeración.
6) Ramiro Fonte:
a) Características: temática da viaxe vinculada ao da cidade vista de xeito
decadente (centrado especialmente nas grandes cidades europeas coma
Venecia ou Praga).
b) Obras:
→ As cidades da nada (1983).
→ Pensar na tempestade (1986).
→ Pasa un segredo (1988), unha obra na que xa se percibe unha maior
introspección.

7) Miguel Anxo Fernán-Vello:


a) Características: poesía erótica moi particular, con imaxes coma a
brancura, a luz ou o resplandor asociadas ao positivo. O erotismo é unha
vía de coñecemento no que se refire a cuestións transcendentais.
b) Obras:
→ Seivas de amor e de tránsito (1984).
→ Do desexo en corpo e sombra (1984).
6
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
5. De 1980 aos nosos días

→ Memorial de brancura (1985).


→ Entre água e fogo (Cantos de terra posuída) (1987), obra na que a
sensualidade se vai volvendo telúrica, proxectándose nos elementos da
natureza. Abre así unha nova etapa de indagación sensorial
→ As certezas do clima (1996), clausura a etapa de erotismo telúrico.
8) Claudio Rodríguez Fer:
a) Características:
→ Indagación culturalista (referencias cinematográficas).
→ Busca dunha linguaxe erótica, o que supón un desafío para os poetas
dos 80 ao tratarse dun tema innovador.
b) Obras: Vulva (1991) recolle o ciclo erótico dos 80.
9) Luís González Tosar:
a) Características: combina a perfección formal con temática vinculada á
tradición galega.
b) Obras: A caneiro cheo, unha viaxe telúrica que asume o culturalismo dos
80 xunto coa tradición.
10) Paulino Vázquez (moi culturalista).
11) Manuel Forcadela:
a) Obras:
→ Ferida acústica de río (1981).
→ O regreso das ninfas (1985).
→ O varredor de outono (1987).
12) Pilar Pallarés:
a) Características: é a voz feminina da poesía dos 80, cunha poesía
introspectiva, menos formalista cá doutros autores, unha aposta polo
coñecemento máis humanista e cun fondo pesimista.
b) Obras:
→ Sétima soidade (1984).
→ Livro das devoracións (1996)

 Outras propostas menos convencionais (cara á poesía dos 90)


1) Lois Pereiro:
a) Características: combina dous elementos orixinais:
→ Cultura underground (que entronca con Rompente), que supón a baixa
cultura a dous niveis: a infracultura e a cultura popular efémera que
busca espazos de expresión alternativos.
→ Existencialismo.
b) Obras: rexeita as edicións convencionais e xogar o papel de autor. Con
todo, a súa obra foi recollida en:
→ Poemas 1981-1991 (1992).
→ Poesía última de amor e enfermidade (1984).
2) Alfonso Pexegueiro:

7
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
5. De 1980 aos nosos días

a) Características: un autor residente en Barcelona e que xa comezara a


publicar nos 70, sendo unha das voces máis renovadoras entón.
b) Obras:
→ O pavillón das hortensias azuis (1983).
→ A illa das mulleres loucas (1984).
3) Luísa Castro:
a) Características: anuncia a poesía dos 90 (aínda que axiña abandona a
escrita en galego) achegando dous elementos orixinais:
→ Anuncia a aparición masiva de mulleres poetas, que ademais son voces
irreverentes e transgresoras.
→ Anuncia os procesos de ficcionalización poética dos 90, é dicir, a
aparición de diversas voces poéticas que dan lugar a diferentes historias
nas que o poeta non fala a través do poema.
b) Obra: Baleas e baleas (1988).

1.2.3.4.Balance da produción poética dos 80


No que se refire á consideración da poesía dos 80 podemos atopar
diferentes posturas
1) Gaiola inmobilizadora do modelo poético: consideración de que se
forma un modelo ríxido que non evoluciona libremente.
2) Etapa imprescindible na procura da normalización literaria,
xa que o modelo culturalista rompe cun concepto de texto demasiado pechado
e abre novas posibilidades. Este sería un balance positivo corroborado pola
existencia de autores que seguen sendo recoñecidos na actualidade.

1.3. A poesía dos 90


1.3.1.Introdución
1) Prodúcese unha certa colisión coa xeración dos 80, un conflito
xeracional típico ao que se lle engade o feito de que os autores da xeración dos
80 eran demasiado novos coma para seren considerados mestres por esta nova
xeración.
2) É o último grupo de poetas ao que podemos referirnos como xeración
(aínda que en sentido amplo) xa que despois deles non pode establecerse
ningún colectivo e, ademais, os ámbitos de expansión son diferentes
(desaparecen as ansias de publicar en papel en favor doutros soportes coma a
rede).
3) Contexto:
a) Desde principios dos 80 a literatura vai perdendo peso na construción da
identidade nacional, de xeito que son outros axentes sociais coma a
televisión ou a escola os que pasan a xogar este papel.
b) A literatura e a poesía dos 90 convértense nunha canle de expresión dun
novo modelo de identidade plural e aberto, no que caben a ironía, o
8
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
5. De 1980 aos nosos días

humor e mesmo a iconoclastia respecto á tradición fronte ás imaxes


idealizadas e fosilizadas.

1.3.2.Parámetros grupais
1) Certames poéticos:
a) Características: vólvense impulsar despois da decadencia dos 80 (en favor
dos certames de narrativa) e adoitan desenvolver coleccións, o que
visibiliza axiña o traballo destes autores.
b) Principais certames:
→ Leia Douro (1988).
→ Premio Miguel González Garcés (1990).
→ Premio Espiral Maior (1992).
→ Premio Martin Codax (1992).
→ Premio Fermín Bouza Brey.
→ Premios convocados por diversos concellos.
2) Colectivos poéticos:
a) Principais colectivos:
→ Ronseltz, herdeiro do espírito rupturista de Rompente.
→ Colectivo Blas Espín.
→ Colectivo poético Serán-Vencello.
→ Batallón literario da Costa da Morte, o máis importante de todos por
recuperar os recitais pero en novos espazos (pubs, festas, etc), levando a
poesía á xente.
3) Novas formas de proxección:
a) Recitais.
b) Cooperativas editoriais, nas que os beneficios se reinvisten na publicación
de novas obras.
4) Son a primeira xeración que se forma en galego e na
literatura galega, un feito de grande importancia xa que:
a) Sitúa os autores nunha cadea de diálogo intertextual galego, con referentes
propios.
b) Teñen unha grande competencia lingüística, de xeito que non se teñen que
enfrontar aos problemas que tiveran os autores da xeración anterior.
5) Definición fronte ao grupo anterior:
a) Modelos poéticos plurais, fronte ao modelo único (culturalista) da poesía
dos 80.
b) A poesía como comunicación, fronte á poesía como forma de
coñecemento.
c) Poesía ficcionalizadora e interdiscursiva fronte ao logocentrismo e a
intertextualidade, de xeito que é unha poesía máis aberta que incorpora
os axentes sociais ao ámbito poético:
→ Ficcionalizadora: é unha poesía máis narrativa, que en ocasións se
achega á narrativa ou ao teatro.

9
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
5. De 1980 aos nosos días

→ Interdiscursiva: mestura de rexistros (dependentes dos personaxes,


historias, etc.)
d) Simplificación da forma, fronte á barroquización e a retórica baleira.
e) Interese polo presente, traducido no compromiso con causas coma a
ecoloxía, o antimilitarismo ou o feminismo.
f) Cuestionamento dos modelos e os mitos, que son reinterpretados como
mecanismo de subversión.

1.3.3.Liñas poéticas
1) Construción dun discurso poético de autoría feminina:
a) Características:
→ O discurso poético de autoría feminina antes era puntual e xeralmente
estaban relegadas ao papel de musas (Luz Pozo, Xohana Torres, Pilar
Pallarés).
→ A construción deste discurso céntrase en dous proxectos:
 Elaboración dun rexistro propio, por consideraren que a linguaxe
fora tradicionalmente elaborada polos homes ao seu servizo.
 Reapropiación do imaxinario, con elementos novos ou
reelaboración dos tradicionais desde un punto de vista feminino.
→ Inflúe na escrita de autoría masculina.
b) Autoras:
→ Autoras de xeracións anteriores que se estrean como poetas neste
momento:
 María Xosé Queizán: Metáfora da metáfora (1991).
 Marilar Aleixandre.
 Ana Romaní: Das últimas mareas (1994).
 Xela Arias.
 Chus Pato: Ucrania (1991), Heloísa (1994).
→ Autoras novas, que coinciden na exploración da temática sexual con
matices diversos
 Isolda Santiago: Flor de tan mal xardín (1994).
 Olga Novo: Nós nús (1997), sensualidade telúrica.
 Yolanda Castaño: Elevar as pálpebras (1995), cun rexistro
preciosita, erotismo sofisticado.
 Lupe Gómez: Pornografía (1995).

2) Ficcionalización poética:
a) Características: busca recuperar a poesía como espazo do cotián (fronte
ao excesivo hermetismo dos 80) con narradores, personaxes e historias, de
xeito que o poeta se pode converter nun cronista lírico do presente,
buscando a emoción e a complicidade do lector.
b) Autores:
→ Inspiración no mundo urbano proletario: Fran Alonso con Persianas,
pedramol e outros nervios (1992) e Tortillas para os obreiros (1996).

10
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
5. De 1980 aos nosos días

→ Poesía máis elaborada: Anxo Quintela con O asasino estrábico (1996),


obra na que se desenvolve unha historia de novela negra.
→ Ficcionalización ao servizo da elaboración de mundos oníricos a base
dun imaxinario de neorrealismo máxico: Enma Couceiro, con Húmidas
(1997) e Estevo Creus, con Poemas da cidade oculta (1996).
3) Diversos experimentalismos, unha liña herdeira de Rompente e da
posmodernidade na que destacan as achegas de Reixa: Historia do Rock and
Roll (1985) e Ringo Rango (1992).
4) Vía clasicista:
a) Características: reivindica a poesía como vía de coñecemento, pero cunha
forma máis sobria cá da poesía dos 80.
b) Autores:
→ Miro Villar: 42 décimas de febre (1994).
→ Helena de Carlos: Alta casa (1996).
→ Arturo Casas: Pedra de Nadir (1995) e Momentum (1997).
5) Poesía resistente ou comprometida:
a) Características:
→ Antecedentes: Poesía enteira de Heriberto Bens (1980) de Ferrín:
 É anterior a Con pólvora e magnolias (1977), xa que une dúas obras
anteriores: Antoloxía popular (Montevideo, 1972) e Sirventés pola
destrucción de Occitania (Xenebra, 1975), polo que responde a etapa
de máis actividade política da Xeración das Festas Minervais (1962-
1976).
 Busca modelos autóctonos coma Roi Xordo, os maquis, os
Irmandiños ou Alexandre Bóveda, pero sen o carácter lendario que
lles deran outros autores coma Pondal.

→ Dúas correntes:
 Uso da ironía e a parodia como elementos de resistencia: Xabier
Cordal e Manuel Outeiriño.
 Compromiso máis explícito: Rafa Villar e Marta da Costa.
b) Autores: a herdeira máis evidente do maxisterio da Poesía enteira de
Heriberto Bens é Chus Pato, unha autora na que tamén se nota a influencia
de Con pólvora e magnolias.

2. A narrativa, na procura da súa maioría da idade


2.1.Introdución
1) Premios literarios:
a) Premio da Crítica Galega (1978): nace co obxectivo de lexitimar
unha crítica galega profesional e autónoma.
b) Premio Blanco Amor (1981):
→ Xorde por iniciativa do Concello de Redondela e institúese unha
federación de concellos que realizan achegas mensuais para o

11
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
5. De 1980 aos nosos días

financiamento o premio. Cada ano convócase nun deses concellos por


sorteo, de xeito que ten unha vida itinerante e contribúe á dinamización
cultural de pequenos concellos.
→ É visto coma un premio representativo da sociedade galega.
c) Premio Xerais (1984): xorde co lema a forza dos lectores, nun momento
no que o desafío da literatura galega era o de ampliar a base lectora.
Ademais, o xurado está composto tamén por lectores especialistas, pero
non só por críticos e escritores.
d) Premio García Barros (1989, A Estrada): representativo do dinamismo
dos concellos no momento.
e) Premio Cunqueiro: convocado polos concellos de Mondoñedo e Vigo,
pero con pouca continuidade.
f) Premio Torrente Ballester (1989): premio bilingüe gañado por
autores galegos coma Víctor Freixanes ou Manuel Rivas.

2) Necesidade de configurar novos xéneros para chegar a un


público máis amplo: dentro deste proxecto está o desenvolvemento da
novela longa:
a) Ata entón só contabamos con algunhas obras de Otero e con Xente ao
lonxe.
b) Neste momento a novela longa triúnfa en Europa e, ademais, as primeiras
convocatorias do Premio Blanco Amor estipulaban unha extensión mínima
de 300 folios, que despois se reduciría a 150, para finalmente desaparecer as
indicacións deste tipo.

2.2.Liñas
1) Tensión entre:
a) Tendencia endóxena, de recuperación de modelos galegos.
→ Neste sentido Galván en Saor (1989) de Darío Xohán Cabana é unha
novela clave, xa que é unha novela fantástica, artúrica e con pegada
cunqueiriana cun estilo moi coidado, que demostra que é posible facer
literatura en galego de calidade e que lle gustase ao público. Foi vista
no seu momento coma o paradigma desta tendencia centrípeta.
→ Manuel Rivas tamén se sitúa nesta liña, explorando a relación dialéctica
entre o rural e o urbano e o mítico e o cotián.
→ Novela histórica.
→ Novela fantástica.
b) Tendencia esóxena, de inauguración de novos modelos.
2) Liñas:
a) Guerra Civil:
→ Antecedentes: Ramón de Valenzuela, Silvio Santiago, etc.
→ Desenvolvemento a partir de Os mortos daquel verán (1987) de Carlos
Casares:
 Obra en forma de declaracións xudiciais a través dun funcionario.
12
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
5. De 1980 aos nosos días

 Ao contrario do que acontecía en A esmorga, nesta obra o autor xa é


quen de crear un rexistro formal e xudicial.
→ O tema será canonizado mediante diversos premios a obras coma
Agosto do 36 de Fernández Ferreiro ou O lapis do carpinteiro, que
marca un punto de inflexión nas novelas de temática da guerra civil.
b) Narrativa de quiosco:
→ Antecedentes: colección Lar de narrativa curta na Época Nós, co
obxectivo de chegar a un público máis amplo.
→ Desenvolvemento:
 Xorden coleccións de novela curta e diferentes iniciativas de difusión
(regalo cos xornais, “Contos do Castromil”), de xeito que a literatura
galega entra no ámbito comercial.
 Dá pé a un intenso debate, xa que por unha banda favorecía a
difusión da literatura pero por outra considerábase que se estaba a
saturar o mercado.
→ Na actualidade comprobouse que este tipo de coleccións non teñen
éxito na literatura galega, xa que o lector adoita ser moi esixente, é dicir,
a personalidade do lector galego non encaixa coa do gran público.
c) Novela policial:
→ Características: é un xénero que podía levar cara á literatura galega a un
sector do público susceptible de buscar este tipo de obras en castelán.
→ Debate entre os que consideraban que era un xénero que podía atraer
máis lectores, e sobre todo mozos, e os que defendían que se trababa do
que Francisco Rodríguez denominou un exercicio de mimetismo
alienante.
→ Desenvolvemento:
 Desenvólvese desde Crime en Compostela (1984) de Carlos Reigosa,
que obtivo o Premio Xerais nese ano (a primeira vez que se
convocaba).
 En resposta ás voces que consideraron o xénero coma unha imitación
de modelos foráneos apareceron unha serie de obras con
galeguización da temática: narcotráfico, corrupción inmobiliaria,
terrorismo independentista (Aníbal Malvar), etc.
 É un xénero moi activo nos 80 e nos primeiros 90, que despois
decae, aínda que a partir do 2000 experimentou de novo un certo auxe
grazas a autores coma Diego Ameixeiras ou Domingo Villar.
d) Novela erótica: xorden tentativas de crear novela erótica en galego.
e) Novela de ciencia-ficción:
→ Reportaxe cósmico (1981) de Fernández Ferreiro.
→ Ramón Caride nas dúas últimas décadas.
→ Na actualidade autores coma Xurxo Borrazás (Costa Norte/ZFK,
2008).
f) Novela histórica:

13
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
5. De 1980 aos nosos días

→ Insírese dentro da necesidade de reescribir a propia historia, un


proxecto urxente neste momento porque ata entón a imaxe de Galiza fora
elaborada só desde fóra. Esta tarefa levouse a cabo de dous xeitos:
 Historiografía.
 Historia lendaria a través das novelas, que nos 80 conflúe coa
necesidade de elaborar unha narrativa propia.
→ As obras deste tipo son premiadas nas primeiras edicións do Premio
Blanco Amor:
 A vila sulagada (1981) de Daniel Cortezón.
 O triángulo inscrito na circunferencia (1982) de Víctor Freixanes.
 Beiramar (1983) de Martínez Oca.
→ Temática especialmente medieval:
 A distancia temporal permite que os autores poidan permitirse certas
licencias.
 É a época de ouro da historia de Galiza.
g) Novela fantástica:
→ Antecedentes: Castelao, Risco, Cunqueiro, etc.
→ Diferentes subxéneros: aventuras, terror, histórico...
→ Autores: Paco Martín, Xosé Miranda ou Alfredo Conde (Xa vai o
griffón no vento, 1984)
h) Liña experimentalista:
→ Antecedentes: Nova Narrativa.
→ Características:
 Espazo literario urbano.
 Afán de ruptura estética.
 Interese dos autores pola cultura audiovisual e underground.
 Son textos que se resisten á definición xenérica.
→ Autores:
 Margarita Ledo.
 Xosé Cid Cabido.
 Suso de Toro.
 Xelís de Toro.
 Xurxo Borrazás.

2.3. Principais autores


2.3.1.Carlos Casares
1) Características xerais:
a) Podemos consideralo un dos autores máis serodios da Nova Narrativa
Galega, aínda que el negou inserirse nesta corrente (ten influencias
diferentes, coma Camus ou os neorrealistas italianos).
b) É un autor pouco prolífico, malia ser director dunha das editoriais máis
dinámicas de Galiza.
c) A súa produción é moi variada, pero podemos percibir unha serie de trazos
reiterados:
14
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
5. De 1980 aos nosos días

→ Protagonismo de Ourense, como mundo da infancia, do paraíso


perdido.
→ Participa das tendencias narrativas do seu tempo, como acontece con
Xoguetes pra un tempo prohibido (1975), unha novela de iniciación
sentimental que se publica nun momento no que tamén saen á luz outros
textos deste tipo:
 Retorno a Tagen Ata (1971), de Ferrín.
 Xente ao lonxe (1972), de Blanco Amor.
 Adiós María (1971), de Xohana Torres.
 Dos anxos e dos mortos (1977), de Anxo Rei Ballesteros.
 A nosa cinsa (1980), de Xavier Alcalá.
→ Lingua moi sinxela para poder comunicarse co lector.
2) Etapas:
a) Etapa de busca (ata 1980):
→ Vento ferido (1967), obra de protagonismo ourensán.
→ Cambio en tres (1969), novela moi experimental da que o propio autor
renegaría.
→ Xoguetes pra un tempo prohibido (1975), obra de protagonismo
ourensán, experimental e dentro da liña das novelas de iniciación
sentimental, contribuíndo ao desenvolvemento deste tipo de novelas na
época.
→ Os escuros soños de Clío (1979), un achegamento á historia de Galiza a
través de 12 relatos nos que se mestura a verdade empírica coa
fantasía. Foi interpretada en relación con Cunqueiro e o realismo
máxico norteamericano, aínda que quizais deba sinalarse como
precursora da novela histórica, en sintonía cos proxectos narrativos do
momento.
b) Etapa dun proxecto narrativo definido (desde 1980):
→ Características:
 Obsesión pola comunicación co lector, o que implica unha grande
sinxeleza formal.
 Temas:
- Relación entre o poder e a liberdade individual (marxes de
liberdade do individuo no contexto social, sometido a diferentes
presións).
- Poder e responsabilidade, social e individual (tamén do
intelectual).
 Outros aspectos:
- Progresivo protagonismo das personaxes femininas.
- Son todas novelas de personaxe.
→ Obras:
 Ilustrísima (1980): novela de personaxe na que se trata o conflito
entre o poder e a responsabilidade dun bispo de Ourense ante as
posturas opostas pola chegada do cinematógrafo á cidade.

15
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
5. De 1980 aos nosos días

 Os mortos daquel verán (1987), que trata a cuestión do poder e da


verdade.
 Deus sentado nun sillón azul (1996), obra sobre a responsabilidade
pública do intelectual (algúns críticos viron nela unha biografía de
Risco) escrita desde o punto de vista dunha muller que observa desde
a súa ventá o protagonista, que vive na casa de enfronte, e evoca a
relación que tivo con el.
 O sol do verán (2002): novela de amor na que se trata a cuestión da
verdade.

2.3.2.Suso de Toro
1) Etapa experimental:
a) Características:
→ Etapa de renovación temática e técnica.
→ Inclúe textos moi variados, desde o policial (Ambulancia) ata novelas
máis clásicas (Land Rover)
b) Obras:
→ Caixón de sastre (1983), colección de textos na que está o xermolo de
Polaroid.
→ Polaroid (1986):
 Obra con intención provocadora e cuxa recepción foi polémica.
 Desafía as convencións de xénero, xa que non pode inserirse na
novela nin no relato.
 Négase o concepto tradicional de suxeito literario, na liña do
pensamento posmoderno, de xeito que os personaxes pasan a definirse
polo que din e por como se comportan
→ Land Rover (1988): novela máis clásica na que se narra un conflito
familiar. Moi enxebre no que se refire a personaxes e ambiente, algo
paradoxal ao estar publicada entre dúas novelas claramente
experimentais, como son Polaroid e Tic-tac.
→ Ambulancia (1990): novela policial.
→ Tic-tac (1993):
 É a obra na que aparece Nano, un personaxe esquizofrénico que será
recorrente nas obras de Suso de Toro.
 Este personaxe escribe e asina as súas obras con diferentes
pseudónimos, que son reflexo das diferentes personalidades que lle
gustaría ter (desarticulación posmoderna da personalidade), de
xeito que se articula a identidade por medio da palabra.

2) Etapa de introspección:
a) Características:
→ Uso da literatura para a explicación da existencia.
→ Non busca unha colaboración activa do lector (coma na primeira
etapa), senón que este se deixe levar polo relato.
b) Obras:
→ A sombra cazadora (1994).
16
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
5. De 1980 aos nosos días

→ Calzados Lola (1997).


→ Círculo: da materia dos soños (1998).
→ Non volvas: filla da madrugada (2000).
→ Trece badaladas (2002).
2.3.3.Manuel Rivas

1) Principais obras:
a) Todo ben (1985), obra publicada na Colección Xabarín de Xerais, na que se
incluían traducións das principais obras da literatura universal para público
xuvenil, o que supón unha canonización prematura do autor.
b) Un millón de vacas (1989), obra na que xa podemos atopar algúns dos
elementos recorrentes da súa narrativa:
→ Protagonismo de personaxes marxinais na sociedade: nenos, anciáns,
discapacitados, etc.
→ Tensión entre a tradición e o moderno, entre o rural e o urbano.
→ Elementos simbólicos: a vaca, a pataca, etc.
c) Os comedores de patacas (1991).
d) En salvaxe compaña(1994).
e) ¿Qué me queres, amor? (1995), Premio Torrente Ballester e Premio
Nacional de Narrativa.
f) O lapis do carpinteiro (1998).

2) Características: concepción aberta da identidade galega, que permite


que sexan moitos os lectores que se ven identificados na súa obra, de aí o seu
éxito. Así, atopamos elementos de identificación tan diversos coma o fútbol, a
música, o mar, a emigración, a pataca, a vaca, etc., presentándonos unha
identidade non conflitiva.

17
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC

You might also like