You are on page 1of 9

1. O Romanticismo; A.

Musset

1. Características do Romanticismo
O Romanticismo non é unha escola estruturada nin un sistema filosófico
claro, senón un movemento literario cuxos seguidores comparten consideracións,
reivindicacións e temas, sendo isto último o que mellor caracteriza este movemento.
É un movemento que chega a Francia medio século máis tarde ca no
resto de Europa, na década de 1820. Neste momento o teatro é un lugar de
enfrontamentos literarios, e así acontece na estrea, 1827, de Herrani de Víctor
Hugo, na que hai un enfrontamento físico entre defensores e detractores do
Romanticismo. Isto amosa o peso que tiña xa o movemento na opinión pública.
O Romanticismo supón unha reacción contra a literatura clásica de
autores coma Racine, Corneille ou Pascal, unha literatura na que imperaba a razón e a
impersoalización dos sentimentos. O Clasicismo estendérase desde o século XVII até
finais do XVIII (até que aparece a Ilustración).

1.1. Temas
1) Reivindicación do moi: a diferenza do que acontecía no Clasicismo o eu é o autor
e o tema fundamental, hai un desexo de individualizarse que se reflicte en obras
de contido autobiográfico coma as novelas de Chateubriand (René), as
memorias de Lamartine1 ou a autobiografía de Benjamin Constant.
2) Importancia dos sentimentos: a expresión da emoción persoal será o obxecto da
obra literaria, neste senso:
a) Rousseau é un precursor do Romanticismo, xa que expresa sentimentos
impúdicos.
b) Rompe coa bienséance ou decoro do Clasicismo, caracterizada por:
 Evitar a expresión de emocións físicas e certos sentimentos
persoais, só se expresan sentimentos verosímiles sen saír das
convencións sociais.
 Rexeitar a mestura de xéneros.
 Rexeitar a representación de batallas ou mortes no teatro.

Así, os románticos reivindican do dereito do corazón, dos sentimentos, da


imaxinación... como guía das súas vidas. Son uns sentimentos exaltados e
subxectivos. Deste xeito o corazón é o que determina a moral, danlle
importancia ás emocións inmediatas, fronte á importancia que os clasicistas
lle daban á razón.
c) O heroe romántico non é dono do seu destino, senón que está dominado
polas súas paixóns. Exemplos disto son Le rouge et le noir2 de Stendhal
ou Ruy Blas3 de Victor Hugo.

1
Di Lamartine “je m’exprime moi-même pour moi-même” (“exprésome a min mesmo para min
mesmo”).
2
Narra as aventuras de Julien Sorel, rapaz de clase social humilde que se propón ascender. Consigue o
seu propósito coa hipocrisía pero un acto de paixón (intenta matar a unha amante que lle fora infiel) fai
que acabe executado.
3
Conta a historia dun criado que é amante da raíña, quen o ascende a primeiro ministro, mais a súa
vida estará dominada pola fatalidade.
1
Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa
2006/2007
USC
1. O Romanticismo; A. Musset

O Romanticismo é, polo tanto, un movemento fundamental para a moral da


humanidade xa que lle outorga maior importancia aos sentimentos cá razón.
3) Importancia da imaxinación: fronte á idea clásica de harmonía entre home e
natureza, no Romanticismo dáse unha oposición do individuo co mundo,
abandónase a asociación entre espírito e mundo sensíbel. Isto dálle unha grande
importancia á fantasía. Neste senso está en relación coas teorías de F. Hegel
(Estética) e o heroe romántico toma dúas actitudes:
a) Busca a explicación do mundo nos soños e na fantasía, de aí a
importancia da imaxinación e do mundo dos soños. Soña como
consecuencia do conflito co mundo e, á súa vez, os soños agudizan ese
conflito polo malestar de non poder acadar as aspiracións coas que soña.
Isto terá moita influencia en movementos posteriores, coma o
superrealismo. Neste senso trátanse catro temas fundamentais:
 Fuxida no tempo: gusto polas lendas medievais, as ruínas,
nostalxia e melancolía do pasado (ubi sunt adaptado ao
malestar).
 Gusto polo misterioso, o satánico, o horríbel, a morte (durante
todo o século XIX até o Naturalismo) e o marxinal (isto sería
retomado polos realistas, pero para a reivindicación política).
 Fuxida ao mundo ideal, busca da beleza ideal.
 Fuxida no espazo: os románticos viaxan e escriben sobre as súas
viaxes exaltando o exótico e facendo fabulacións a partir dos
lugares que visitan. Hai un especial gusto en Francia polo
oriental, o italiano e o español.
b) Desexo de cambiar o mundo: hai unha vontade de implicarse nos
acontecementos históricos. Os románticos cren que coa actividade se
pode cambiar o mundo (Victor Hugo foi deputado, Chateubriand ministro,
Lamartine foi candidato á presidencia da república...), neste senso:
 Hai unha rebeldía contra a moral convencional, unha
afirmación da moral individual do artista que pertence ás elites
fronte á moral da masa. Exáltanse as formas de rebelión e hai un
interese por figuras marxinais, coma os delincuentes.
 Dáse unha reivindicación da liberdade moi relacionada coa
idea de progreso, a humanidade debe e pode evolucionar. Isto
aplícase á política, á relixión, á ciencia e, como é lóxico, á
literatura, isto implica diferentes cambios:
Temas Exploración de novos temas.
Rexeitamento dos códigos do clasicismo. (por exemplo, hai un tratamento das
Estilo
paixóns amorosas sen atender a regras morais)
Vocabulari Arcaísmos, estranxeirismos, palabras de argot, novas palabras para abordar
o os sentimentos.
Novas metáforas que van abandonar parcialmente a mitoloxía como fonte,
Retórica
creación de adxectivos que expresen a variedade de sentimentos, hipérboles.
Abandónase o verso clásico en favor do verso libre, hai moitas innovacións
Métrica
formais.

2
Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa
2006/2007
USC
1. O Romanticismo; A. Musset

Abandónase a división entre xéneros (traxedia e comedia) e xorde o drama


romántico:
- Comedia + traxedia.
Xéneros
- Abandona a regra das tres unidades (tempo, lugar e acción) que se seguía
no clasicismo4. É especialmente importante que se rompa a unidade de
acción a prol da acción múltiple.
- Presenta o conflito do individuo coa sociedade.

4) Outros:
a) Natureza: trátana con frecuencia como espello dos seus sentimentos.
b) O descoñecido, vontade de expresar as contradicións do individuo
(tamén na actualidade).
c) Mestura das artes (tamén na actualidade) como explicación da
realidade e como proceso artístico.
d) Desexo de expresión da alma, do aspecto espiritual do individuo. De aí
que parte dos románticos lle dean importancia á relixión.
***
En conclusión, o romántico busca mediante a imaxinación e a liberdade
creadora unha unidade superior e poética, onde se resolvan nunha harmonía ideal
as contradicións do individuo. O medio de busca desa unidade superior é a obra
literaria. O Romanticismo é un movemento de grande importancia porque renova as
bases da moral e da concepción da vida.

2. Alfred de Musset: Lorenzaccio (1834)


De entre as obras de Alfred de Musset (1810 – 1857) destacan On ne
badine pas aver amour, Les caprices de Marianne (1883) ou Lorenzaccio (1834). Á
pregunta que é o teatro? Dánselle diferentes respostas segundo a época, así imos
analizar en que medida Lorenzaccio é un drama romántico, cal é a súa especificidade
e os temas literarios que expón.

2.1. Personaxes (románticos)


A) Lorenzaccio: é un personaxe complexo:
 Inspirado en:
 Hamlet de Shakespeare: aspira á xustiza e o único medio para acadala
é o crime político. Hamlet adopta o disfrace da loucura para acadar o
seu obxectivo e Lorenzaccio o da perversión (vólvese corrupto e vive
esa corrupción).
 Brutus, de Xulio César de Shakespeare, quen asasina ao seu pai por
xustiza.
 É un heroe romántico: solitario, intelixente, fráxil fisicamente, con
aspiracións de xustiza que chocan coa sociedade, por esas aspiracións
4
Este é o caso de Berenice de Racine, traxedia na que o tempo é simultáneo á representación. Conta a
historia de Berenice, princesa oriental, e Titus, que vai ser nomeado emperador e ten que separarse de
Berenice. Aparece tamén Antiochus, antigo pretendente de Berenice. Ao final dos 5 actos os
protagonistas téñense que separar.

3
Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa
2006/2007
USC
1. O Romanticismo; A. Musset

emprende unha tarefa que lle queda grande e que só pode ter un final
tráxico para el.
 É un personaxe contraditorio: busca a xustiza por medios pouco xustos.
 É unha imaxe romántica da confrontación do desexo individual
(xustiza) e a sociedade (comodidade aristócrata), o tema tráxico por
excelencia. É unha reflexión sobre a corrupción do poder e do destino
individual fronte ao poder.
 Sitúase a comezos do XIX:
 Obsérvase o mal du siècle porque é un reflexo da situación política de
1830, cando trala Revolución, o Imperio e a Restauración xa non se
confía na política como medio para cambiar a situación vital.
 Por mor disto hai unha visión pesimista da Historia, e crese que o
progreso agravará a situación da maioría (liberalismo).
B) Outros personaxes con valor simbólico que definen actitudes humanas fronte ao
destino e a Historia:
 Philippe: idealista, intelectual, pero tamén improdutivo.
 Pierre: fillo de Philippe, simboliza o fanatismo político, o activista
irresponsábel.
 Cardinal: poder oculto, encarna o mal.
 Catherine: símbolo da inocencia.
 Tebaldeo: pintor que se nega a aceptar o compromiso e usa a arte para
superar as contradicións individuo/realidade.
 Florencia: a cidade de Florencia é un personaxe colectivo, é obxecto de
tódalas loitas e desexos e o seu dominio é a finalidade dos heroes. É só
unha metáfora da problemática Francia de 1830 (ansia dos románticos
de influír na sociedade).
A complexidade, a multiplicidade de acción e as actitudes dos
personaxes están relacionadas cun momento histórico: a Francia de
1830.
En xeral, os personaxes caracterízanse por:
a) Ser moi complexos, están cheos de contradicións, paixóns extremas e
contraditorias, son guiados polas súas emocións.
b) Son moi numerosos, a diferenza dos personaxes do teatro clásico, xa que se
busca expresar a complexidade da vida sen excluír nada. Isto é unha influencia
de Shakespeare, quen tamén inflúe na mestura de niveis (abstracto/concreto).
c) Esta complexidade non se reflicte na linguaxe, que non determina aos
personaxes xa que é sempre semellante (sutil, elegante).
d) Segundo a crítica, non afonda dabondo na psicoloxía dos personaxes (como si
facía Shakespeare).

2.2. Acción (múltiple)


Na análise da acción é interesante intentar responder unha serie de
preguntas:
a) A acción é sinxela ou múltiple? Se é múltiple as accións secundarias están
asociadas á principal?

4
Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa
2006/2007
USC
1. O Romanticismo; A. Musset

b) Os episodios que compoñen a acción son sucesivos ou teñen unha relativa


autonomía (o máis frecuente na actualidade)?
c) Os episodios teñen unha sucesión cronolóxica (consecución → consecuencia)
ou hai saltos no tempo, rupturas temporais e mesmo temporalidade de
niveis de ficción diferentes (frecuente no teatro contemporáneo)?

A acción en Lorenzaccio é múltiple, complexa e, ademais, ordenada en


torno a varios personaxes:
a) Acción principal: ten lugar en torno ao personaxe principal, Lorenzaccio, e a
súa vinganza que o levará ao asasinato do tirano, Alexandre.
b) 2ª acción: ocupa 15 das 38 escenas, polo que ten unha grande importancia, e
xira arredor de Filipe (prudente, indeciso e desinteresado) e Pedro
(ambicioso, decidido, violento) Strozzi (pai e fillo). A exposición da liña de
acción é dinámica, moi teatral, xa que se inicia co insulto a un dos membros
da familia por parte de Salviati.
c) 3ª acción: ocupa 6 escenas e xira en torno á Marquesa de Cibo, que intenta
transformar ao tirano (o duque) mediante o seu amor, pero non o consegue.
d) 4ª acción: ocupa 9 escenas e xira en torno aos habitantes de Florencia, a
intriga colectiva que plasma a impotencia de actuación desde a escena 2ª do
acto 1º (descontento) até a escena 5ª do acto 5º (conversas intranscendentes).
O pobo está movido por ideais, pero non é quen de levar a cabo accións para
cambiar o poder.
Así, a acción en Lorenzaccio resúmese en dous puntos:
a) Hai unha multiplicidade de accións que se cruzan, sendo isto novidoso.
b) O desenvolvemento destas accións é lineal, trazo que non supón ningunha
innovación. A acción desenvólvese en 10 días, polo que rompe a regra das
tres unidades. A crítica achácalle á obra a falta de precisión cronolóxica.

2.3. Espazo
A) Florencia: 32 escenas e multiplicidade de espazos (rómpese coa unidade
espacial). Florencia reflicte o gusto dos románticos polo italiano, o seu
refinamento artístico e o seu exotismo.
B) 2 escenas nun campo.
C) Venecia: 2 escenas.
D) Montolivet: 1 escena.
E) 1 escena nun albergue.
En total, a representación desta peza supón 20 decorados (11 exteriores e
9 interiores). No século XIX hai un gusto polo espectacular, razón pola que se
desenvolve moito a maquinaria teatral.

2.4. Presenza da sociedade e da Historia


1) Alusións directas do autor: Florencia é unha metáfora que reflicte os
problemas do momento en Francia, o autor fai numerosas alusións a eles.
Exemplo: tralo asasinato de Alexandre hai unha sucesión que en realidade
reflicte a impotencia dos republicanos franceses en 1830 xa que as súas
divisións non poden impedir que Louis – Philippe (1830 – 1848) suceda a
Charles X.
5
Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa
2006/2007
USC
1. O Romanticismo; A. Musset

2) Crítica á monarquía: sistema político que considera corrupto e que agudiza


as disparidades económicas. Defende un ideal republicano (“liberdade,
igualdade e fraternidade”), mais tamén é consciente das loitas internas dos
republicanos. Reflíctese unha despreocupación por parte do poder cara o pobo
e as contradicións entre aspiracións e realidade.
3) Crítica á relixión: reflicte a tendencia anticatólica existente na Francia da
época. É unha crítica moi dura que se materializa, por exemplo, no Cardeal
Cibo (hipócrita, sen sentido moral, capaz de usar as confesións para
chantaxear – escena 3ª, acto 2º–). Valori é o único sacerdote honrado.
Preséntase unha dexeneración da moral católica, unha visión pesimista.
Polo que a visión que Musset dá da sociedade e da Historia resúmese nos
seguintes trazos (de influencia barroca):
a) Visión pesimista.
b) Mundo en constante mutación e metamorfose (azar, cambio de valores).
c) Importancia dos soños. Exemplos: Macio esperta dun pesadelo; Marie, a nai
de Lorenzaccio, soña co seu fillo antes de que sexa corrupto.
d) Omnipresencia da máscara: todos disimulan as súas intencións e o seu
carácter.
e) Oposición individuo e arelas vs. normas sociais. Isto é o tema fundamental
da traxedia. Segundo Hegel (Estética) na traxedia un personaxe, levado pola
súa razón e a súa ética, rompe as normas e mesmo comete crimes5. Dinos
ademais que na Historia hai movementos opostos cuxa confrontación leva ao
cambio, porén no caso romántico non hai unha superación, co cambio o novo
poder sigue a ser corrupto.

2.5. Estilo
O estilo, igual có romántico en xeral, caracterízase pola variedade e o
rexeitamento do estilo clásico:
a) Variedade de tons: intervencións rápidas exclamativas ou interrogativas,
propias da lingua falada, ao carón de intervencións máis longas e
estruturadas que tratan, por exemplo, temas filosóficos (tradición clásica).
b) Variedade de rexistros: temas e frases de traxedia, de melodrama (en auxe
na época) ou de comedia; momentos de intimidade e momentos colectivos;
desenvolvementos líricos ao carón de desenvolvementos vulgares e mesmo
crus (imaxe do can, páx. 98).
c) Importancia dada ás metáforas e imaxes: é frecuente o diálogo poético, con
figuras retóricas, no que o emisor se dirixe ao público, non ao seu
interlocutor. En certas partes amósase un gusto polo estilo de finais do século
XVIII (Ilustración): sutil, espiritual, racional e moitas veces irónico.
En resumo, hai unha mestura de rexistros para expresar os sentimentos
do individuo romántico.

2.6. Fontes

5
É o caso de Antígona, que seguindo a súa ética enterra aos seus irmáns malia a prohibición do seu tío,
quen a terá que castigar por incumprir as normas.

6
Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa
2006/2007
USC
1. O Romanticismo; A. Musset

a) Feito real acontecido en 1577: conspiración dun Medici para derrocar ao seu
curmán, recollico na Storia Fiorentina de Varchi. Esta anécdota é recollida por
Gerges Sanz (amante de Musset) nunha das súas obras, que inflúe en Musset.
b) Shakespeare.
c) Schiller (triloxía)

2.7. Temas
1) Le mal du siècle: angustia existencial por mor da aspiración ao absoluto (xustiza e
bondade) enfrontada á realidade mediocre e decepcionante.
2) Correspóndese coas características do drama romántico francés descritas por
Víctor Hugo no prefacio de Cromwell (1827):
a) Novidoso en termos e formas:
 Debate alma vs. corpo, xa que a súa última finalidade é metafísica (o
individuo fronte ao destino).
 Mestura de contrarios: elevado/baixo, cómico/tráxico (ananos6 de Rubens
ao carón do monarca), sublime/horríbel (o 2º dálle máis valor ao 1º).
b) Presenza do grotesco como verdadeiro elemento fundamental da poética
(sátiros, harpías, parcas). A súa importancia reside en que cuestiona o
idealismo. Para o que os románticos consideran “espírito moderno” o horríbel
está en tódolos sitios.
c) División esquemática dos personaxes:
 Sublimes: ideais, puros. Inflúen neste caso personaxes de Shakespeare
coma Xulieta.
 Ridículos, deformes, horríbeis.
 Outros que están entre os dous anteriores, pero que nunca son personaxes
da vida cotiá.
d) Importancia dos temas históricos que reflicten transformacións da sociedade
(tamén os movementos de masas, non só os aristocráticos).
e) Abandono da división tradicional de xéneros imperante até 1827 (traxedia vs.
comedia), agora mestúrase o grotesco e o sublime. O lirismo é a fonte
fundamental do drama romántico.
f) Liberdade da arte, sen regras nin normas.
g) Crítica á regra das tres unidades:
 Unidade de tempo: accións de máis de 24h, mesmo accións simultáneas
(moi importante para a historia do teatro).
 Unidade de espazo: amosar diferentes espazos para amosar tamén os
diferentes niveis sociais. Ademais hai un gusto polas imaxes visuais.
 Unidade de acción: é máis limitada, Víctor Hugo recomenda unha certa
unidade que se manterá.
O drama romántico supón unha abertura con respecto aos modelos
neoclásicos aínda que, malia proclamar a liberdade da arte, dita unha serie de normas.
O seu período de apoxeo dátase:
a) Entre 1827, cando Víctor Hugo describe as súas características no prefacio de
Cromwell e 1843, coa obra Les brugraves do mesmo autor.
b) Segundo outros críticos o período sería máis amplo: 1820 – 1848.

6
Símbolo do grotesco para os románticos.
7
Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa
2006/2007
USC
1. O Romanticismo; A. Musset

Amais das citadas de Víctor Hugo e Lorenzaccio, outras obras


representativas do drama romántico francés son: La marguise diancre (1831) de
Alfred de Vigny ou La tour de Nesle (1832) de Alexandre Dumas.

2.8. Contexto literario


A finais do XVIII e comezos do XIX triunfaban en Francia os seguintes
xéneros:
A) Drama burgués: é o antecedente directo do drama romántico e supón unha
ruptura radical coa traxedia clásica (personaxes aristocráticos, temática do
destino e da morte) desde mediados do século XVIII:
 Abandona os personaxes de orixe aristocrática coa finalidade de mostrar
individuos de diferentes clases sociais (preferentemente de clase media)
cunha situación socio – laboral precisa.
 Reflicte problemas cotiáns coma o matrimonio, o diñeiro, as relacións
sociais, a orde social...
 É, quizais, sentimental en exceso.
 Diderot (filósofo e director da Enciclopedia) é un dos creadores de drama
burgués.
B) Traxedia: é o xénero dominante a comezos do século XIX:
 O seu estilo non é moi interesante.
 Toma as súas fábulas de episodios da Antigüidade.
 É o xénero máis prestixioso (consagración dos autores) pero xa non ten
éxito entre o público (esgótase desde 1830).
 No século XIX lévanse a cabo algunhas renovacións con respecto á traxedia
clásica:
 Alusións á política contemporánea.
 Introdución de feitos cotiáns.
 Un exemplo de traxedia é Fredegonte et Brunehaut (1821) de N.
Lemercier, que conta a historia de dúas raíñas do século VI que reinaban no
norte de Francia e os conflitos entre elas.
C) Teatro histórico: en xeral trata episodios da Historia Francesa recente e
caracterízase por unha implicación política con respecto aos acontecementos
históricos.
D) Melodrama: xorde a finais do século XVIII e é, en principio, teatro con música.
Porén, a música perderá peso a prol das palabras a comezos do XIX. Os seus
trazos principais son:
 Sempre presenta a mesma estrutura: unha familia que sofre una desgraza
pola chegada dun personaxe negativo e, tras moitas peripecias, o ben
consigue triunfar.
 Personaxes maniqueos: o traidor (hipócrita, interesado, malévolo), o
heroe (desinteresado, sincero, desenmascara ao traidor), o parvo (torpe, é
un personaxe popular cómico), os namorados (sinceros e algo sinxelos) e o
pai ou a nai mantratad@ polo traidor.
 Busca provocar emocións fortes.
8
Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa
2006/2007
USC
1. O Romanticismo; A. Musset

 Ten unha finalidade didáctica, criticando todo o que se afaste da orde


establecida.
 Temática: triunfo da virtude sobre a hipocrisía e mecanismos teatrais coma
o recoñecemento.
 O mestre do melodrama francés é Gilbert de Pixerecourt coa súa obra
Coelina (1800), que foi representada arredor de 5.000 veces.
 A finais da década dos 20 e comezos dos 30 do século XIX o melodrama
sofre algunhas mutacións:
 Introdución de elementos políticos.
 Accións máis complexas.
 Abandono total ou parcial da finalidade didáctica.

***

Debemos ter en conta a grande importancia do teatro, pois até a aparición


do cinema é o medio máis importante para a difusión de ideas, en especial políticas.
Ademais, era o xénero que máis prestixio e ganancias económicas lles daba aos
autores.

Por outra banda, entre 1840 e 1890 o teatro non terá unha grande calidade
literaria, haberá intentos realistas e naturalistas fracasados até 1887. É, ademais, un
teatro que practicamente só se representan en París.

9
Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa
2006/2007
USC

You might also like