You are on page 1of 194

Mercado Laboral: CONTRATACIÓN 1

Políticas Activas de Emprego 2


Políticas Activas de Emprego 3

9. Políticas Activas de Emprego

9.1. Introdución
A Comunidade Autónoma Galega ten transferidas as competencias en materia de
emprego segundo o RD 1375/1997, do 29 de agosto no que se establece o traspaso á
Comunidade da xestión desenvolvida ata entonces polo Instituto Nacional de Emprego no
ámbito do traballo, emprego e formación; asumíndose as funcións e os servizos transferidos
mediante o Decreto 289/1997, do 9 de outubro.
Dende o ano 2000 ata a actualidade, catro consellerías da Xunta de Galicia asumiron o
exercicio das competencias no relativo ás políticas activas de emprego:
• Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, foi o primeiro
Órgano da Administración autonómica que lle correspondeu as competencias e
funcións en materia de políticas activas de emprego, segundo o Decreto 488/1997, do
26 de decembro (1997-2003)
• Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais (2003-2005)
• Consellería de Traballo (2005-2009)
• Consellería de Traballo e Benestar (na actualidade)

O Decreto 83/2009, do 21 de abril, establece a estrutura orgánica da Consellería de


Traballo e Benestar e determina que este é o órgano da Administración da Comunidade
Autónoma ao cal lle corresponde o exercicio das competencias en materia de políticas activas
de emprego; tales como formación ocupacional, formación continua, cooperativas, sociedades
laborais, centros especiais de emprego, seguridade e saúde laboral, intermediación no
mercado laboral, colocación e orientación laboral segundo queda reflectido no seu
organigrama.

Organigrama Consellería de Traballo e Benestar. Área de Traballo


Políticas Activas de Emprego 4

Algunhas das anteditas competencias en materia de políticas activas de emprego,


desenvólvense a través do Servizo Público de Emprego; organismo que con carácter xeral
ordena a xestión das mesmas e susténtase nas áreas funcionais “Oficinas de Emprego”, que
toma como referente as concas de emprego deseñadas no seu día polo INEM. En cada área
funcional prestan servizos, xunto coa oficina de emprego unha serie de centros asociados ao
Servizo Público de Emprego nas áreas de intermediación laboral, información, orientación e
formación.
As Políticas Activas de Emprego son ferramentas que posúe a Administración
Autónoma co fin de establecer procesos de axuste no mercado de traballo: incentivando a
estabilidade laboral, as empresas de economía social, o autoemprego, a inclusión laboral de
colectivos en risco de exclusión, de persoas con discapacidade, etcétera, así como a formación
dos traballadores activos ou desempregados de acordo coas necesidades do tecido produtivo.
Segundo a Lei 56/2003 de 16 de decembro de Emprego, as políticas activas de
emprego caracterízanse por ser un conxunto de programas e instrumentos que perseguen os
seguintes obxectivos:
• Informar e orientar a busca activa de emprego.
• Desenvolver programas de formación profesional ocupacional e continua e cualificar
para o traballo.
• Facilitar a práctica profesional.
• Crear e fomentar o emprego, especialmente o estable e de calidade.
• Fomentar o autoemprego, a economía social e o desenvolvemento das pequenas e
medianas empresas.
• Promover a creación de actividades que xeren emprego.
• Facilitar a mobilidade xeográfica.
• Promover políticas destinadas a inserción laboral das persoas en situación ou risco de
exclusión social.

O obxectivo deste capítulo dentro do Análise da Situación Inicial é elaborar unha


descrición e cuantificación dos recursos do territorio, así como unha análise sobre as distintas
accións desenvolvidas no período 2000-2008. Malia que carecemos da información suficiente
no que se refire á validación final, o seguimento curricular ou á inserción acadada polos
participantes como resultado das políticas activas desenvolvidas o longo deste período.
Tendo en conta que o deseño e estruturación das políticas activas de emprego por
parte da Administración autonómica se fai atendendo ás peculiaridades dos distintos colectivos
de parados, en todo o estudo analízanse nos diferentes programas e intervencións postos en
marcha no territorio: importes subvencións, número alumnos-traballadores, análise do
alumnado ou traballadores: sexo, idade, nivel académico, tempo en desemprego, colectivos
especiais, análise evolutivo 2000-2008 e comparativo Pacto/Provincia de Lugo/Galicia.

9.2. Recursos humanos e técnicos.

9.2.1. Oficinas de Emprego


O territorio do Pacto de Lemos conta con dúas oficinas de emprego, en dúas áreas
funcionais, que xestionan íntegramente os servizos no que atinxe a prestacións, intermediación
laboral, captación de ofertas e selección dos candidatos para todas as políticas activas de
Políticas Activas de Emprego 5

emprego; ao non existir na actualidade ningún centro asociado ao Servizo Público de Emprego
de Galicia en captación de ofertas.
A Oficina de Emprego de Monforte de Lemos tramita o que atinxe aos tres concellos
da Comarca de Quiroga e os seis de Terra de Lemos, mentres que a Oficina de Emprego de
Chantada cubre as necesidades da Comarca da Úlloa e a de Chantada.

Distribución Oficinas de emprego Pacto de Lemos

Oficinas Localidade Concellos Persoal oficina


Bóveda, Folgoso do Courel, Monforte de Orientadores laborais:2
Terra de Lemos- Monforte
Lemos, Pantón, A Pobra de Brollón, Quiroga, Persoal Xunta: 6
Quiroga 982400108
Ribas de Sil, O Saviñao e Sober. Persoal INEM: 4
Carballedo, Chantada e Taboada (Con
Orientadores Laborais:2
Chantada respecto ao Pacto de Lemos), máis os
Chantada- A Úlloa Persoal Xunta: 4
982440542 concellos da Comarca da Úlloa (Antas de Ulla,
Persoal INEM: 3
Monterroso e Palas de Rei).
Fonte: Elaboración propia. Oficinas de Emprego do Pacto. Xuño 2009.

Esta distribución das oficinas de emprego, implica para os desempregados e posibles


usuarios destes servizos residentes nos concellos máis afastados, como é o caso dos tres
concellos da Comarca de Quiroga, un desprazamento nalgúns casos de máis de 100 Km.
Nestes casos son remitidos, agás certas tramitacións imprescindibles, aos servizos de
orientación laboral (nos concellos onde hai este servizo), así como aos medios telemáticos
postos a disposición do SPE; aos Puntos de Información Multimedia.
Na táboa seguinte vemos a contía de Oficinas de Emprego no Pacto de Lemos, na
provincia e na Comunidade; asemade, establecemos uns rateos que poñen en relación o
número de oficinas co número de concellos, en segundo lugar, coa poboación potencialmente
activa (16-64 anos), e finalmente, co número de persoas rexistradas coma desempregados en
cada eido de análise.

 Táboa 9.1. Rateos comparativos Oficinas de emprego Pacto/Provincia/Galicia

Comparativa Oficinas de Emprego Pacto, Provincia e Galicia.


Poboación 16-64 Parados Rexistrados
Nº Nº Concellos
(Ano 2008) (Media ano 2008)
Oficinas
Nº Rateo/oficina Nº Rateo/oficina Nº Rateo/oficina
Pacto 2*** 12 6,00 31411 15705,50 2716 1358,00
Pacto + A Úlloa 2 15 7,50 37090 18545,00 3092 1546,00
Provincia 11 67 6,09 221317 20119,73 15512 1410,18
Galicia 52 315 6,06 1842757 35437,63 162512 3125,23
Fonte: Elaboración propia. Consellería de Traballo e Benestar. Ano 2008
*** A oficina de Chantada abrangue tamén ós municipios da Comarca de A Úlloa (Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei). Na
clasificación da segunda fila téñense en conta os datos municipais desta Comarca.

No Pacto de Lemos hai dúas Oficinas, na provincia 11 e na comunidade 52. As oficinas


de emprego do Pacto representan un 18,18% das provinciais e un 3,8% das oficinas de Galicia.
As oficinas da provincia representan o 21,15% das galegas.
Observando o primeiro rateo; oficinas versus concellos, (e excluíndo os datos relativos
ós concellos da comarca de A Úlloa, que tamén son atendidos pola Oficina de Emprego de
Chantada), vemos que no Pacto (6) a media é lixeiramente inferior á da provincia (6,09) ou á
da comunidade (6,06). Se relacionamos as oficinas de emprego coa poboación en idade de
traballar, ó Pacto correspóndenlle teóricamente menos cantidade de persoas potencialmente
activas cá provincia ou á comunidade. Facendo a comparanza entre o número de persoas
inscritas no paro coas oficinas, o rateo do Pacto e da provincia é moi similar, e case a metade
que o rateo da comunidade.
Políticas Activas de Emprego 6

9.2.2. Puntos de Información Multimedia


A Consellería de Traballo, ao longo dos últimos anos, foi instalando progresivamente os
“Puntos de Información Multimedia” en diferentes concellos do Pacto de Lemos, os cales
achegan varios servizos aos desempregados sen necesidade de desprazamento ás oficinas.
Entre estes servizos atopamos a renovación da demanda de emprego, actualización do
currículo, ofertas de emprego, citas e consultas cos técnicos de orientación, oferta de cursos de
formación ocupacional aos que poden acceder e calquera información directamente a través
da autoconsulta.
Deste xeito, lógrase maior dinamismo e eficacia nos servizos ofertados polo servizo
público de emprego de Galicia. Saliéntanse certos inconvenientes de funcionamento en
relación á lentitude e certas dificultades á hora de recoñecer a pegada dixital. Ao mesmo tempo
que o sistema fai máis doado a renovación da demanda, tamén afasta ao desempregado
dunha maior implicación na procura activa de emprego ante a falla de contacto persoal cos
técnicos das oficinas.
A data de xuño 2009 o territorio do Pacto conta con 8 PIM; os concellos de Carballedo,
O Saviñao, Pantón e Bóveda non teñen instalado ningún punto de información. A excepción do
instalado no concello de Quiroga que foi posto en marcha no ano 2005, o resto foron todos
instalados no ano 2007. A súa localización foi nas casas consistoriais e nas dúas oficinas de
emprego.
Distribución Puntos de Información por Concellos do Pacto – Xuño 2009
Concellos Dirección
Chantada Oficina de emprego – Rúa Ribeira Sacra, 3 - Chantada
Folgoso do Courel Casa consistorial- Rúa Deputación,S/N- Folgoso
Monforte de Lemos Oficina de emprego – Rúa San Pedro - Monforte
Pobra de Brollón Casa Consistorial – Avda. Xosé Antonio,14 – A Pobra de Brollón
Quiroga Casa Consistorial –Rúa Real, 52 - Quiroga
Ribas do Sil Casa Consistorial – Praza. Maior, 1 – Ribas do Sil
Sober Casa Consistorial – Praza do Concello, S/N - Sober
Taboada Casa Consistorial – Rúa Xeneral Muinelo, S/N - Taboada
No Pacto de Lemos hai 8 puntos de Información multimedia, 46 na Provincia de Lugo e
212 na Comunidade Galega; o que representa unha porcentaxe do 17,39% dos caixeiros
instalados no Pacto dentro da provincia e un 3,77% dos instalados en Galicia. Os provinciais
representan o 21,70% dos instalados en Galicia.
Establecendo un rateo entre a contía de puntos de información multimedia e a
poboación parada rexistrada, vemos que a cobertura é moi similar no Pacto e na provincia; é
máis do dobre na comunidade. Dende o ano 2007 existen 7 puntos de información multimedia
fóra da comunidade galega: 5 en Arxentina e 2 en Uruguai.
No próximos meses está previsto a instalación de 10 puntos de información máis na
comunidade galega, dos cales dous estarán na provincia de Lugo e ningún no Pacto.
Táboa 9.2. Rateos comparativos P.I.M. Pacto/Provincia/Galicia

Análise comparativo P.I.M. Pacto, Provincia e Galicia. Xuño 2009


Nº Puntos Información Nº Parados (media ano 2008) / Punto Información
Pacto de Lemos 8 339,5
Provincia 46 337,22
Galicia 212 766,57
Fonte: Elaboración propia. Consellería de Traballo e Benestar. Xuño 2009

A continuación detállanse os datos do número de renovacións realizadas a través do


sistema de aplicación de pegada nos puntos de información instalados no territorio do Pacto,
nos anos 2007 e 2008.
 Táboa 9.3. Renovacións realizadas nos puntos de información Concellos do Pacto.07-08.
Políticas Activas de Emprego 7

Nº Renovacións Aplicación de pegada P.I. Pacto de Lemos


2007 2008 TOTAL
Chantada P.I. da Oficina de Emprego de Chantada 169 205 374 (54,44%)
Folgoso do Courel P.I.Concello Folgoso 27 49 76 (11,06%)
Monforte de Lemos P.I. da Oficina de Emprego de Monforte de Lemos 29 23 52 (7,57%)
A Pobra de Brollón P.I. do Concello de A Pobra de Brollón 1 13 14 (2,04%)
Ribas de Sil P.I. do Concello de Ribas do Sil 17 73 90 (13,10%)
Sober P.I. do Concello de Sober 0 22 22 (3,20%)
Taboada P.I. do Concello de Taboada 15 44 59 (8,59%)
Total 258 429 687 (100%)
Fonte: Elaboración propia. Consellería de Traballo e Benestar. Xuño 2009

A maioría das renovacións realizadas por este sistema (54%) foron realizadas no punto
de información da oficina de emprego de Chantada; onde menos se realizaron foi no concello
da Pobra de Brollón. Hai que ter en conta que o primeiro púxose en marcha seis meses antes
que o da Pobra, e que varios deles tiveron certos problemas de operatividade por fallos
técnicos de funcionamento do caixeiro.

9.2.3. Orientadores Laborais e Itinerarios Personalizados de inserción


Segundo o Servizo de Formación e Colocación da Delegación Provincial da Consellería
de Traballo de Lugo, as estatísticas recollidas sobre as entrevistas de orientación e os
itinerarios de inserción, reflicten o número de persoas atendidas que na data de referencia
(abril 2009) estaban rexistradas como desempregados demandantes de emprego. A estatística
recolle as entrevistas de orientación dende o ano 1998 e os itinerarios de inserción dende o
2007; no intre estas persoas rexistradas nesta estatística puideron ou non traballar, estando
desempregadas na data de referencia. A estatística só recolle a variable sexo e o corte de
idade >/< 25 anos.

9.2.3.1. Orientadores Laborais.


En canto á orientación laboral personalizada, a Consellería de Traballo e Benestar
conta dende o ano 1998, ademais dos orientadores laborais das oficinas de emprego, cunha
rede de persoal orientador en entidades colaboradoras. No que atinxe ao Pacto de Lemos,
existen catro orientadores laborais, dous en cada unha das dúas oficinas de emprego, e cinco
orientadores laborais en distintas entidades sen ánimo de lucro: corporacións locais,
confederacións e asociacións empresariais e sindicais.
O obxectivo desta contratación é dar apoio á actividade de orientación laboral efectuada
polas oficinas de emprego. A través desta rede, os orientadores laborais axudan aos
demandantes a configurar o seu itinerario persoal de inserción, reorientando e actualizando o
currículo, analizando os puntos fortes e febles cara unha entrevista de traballo, informando
sobre a oferta existente para o perfil profesional, sobre a oferta formativa máis axeitada; en
síntese, colaborando na busca activa de emprego.
Esta contratación está suxeita ás concesións de subvencións, e da súa contía depende a
duración do contrato; polo que as súas condicións de traballo caracterízanse pola
temporalidade, descontinuidade e rotación dos técnicos que afecta ao seguimento e bo facer
da súas tarefas. Nalgúns casos prodúcense períodos de inactividade coincidentes ás veces,
coa posta en marcha de certas políticas activas, coma os programas de cooperación e
obradoiros de emprego, co cal a poboación usuaria pode quedar máis desatendida nos
momentos máis cruciais. Provocando ademais diferenzas de axenda entre os orientadores, uns
con máis carga de traballo que outros.
Ao problema da temporalidade engádese á falla de protocolo de coordinación entre os
distintos técnicos que nalgúns casos incluso non saben con certeza a contía da rede de
Políticas Activas de Emprego 8

técnicos. Por todo elo, vese imprescindible unha mellora na xestión conxunta e organizada
destes, en colaboración cos Axentes de Emprego, Oficinas de Emprego e Unidades de
promoción e desenvolvemento.
No caso do Pacto de Lemos hai 9 orientadores distribuídos coma sigue:
Distribución Orientadores Laborais a xuño 2009 no territorio do Pacto
Entidades Nº Orientadores Teléfono
Oficina de Emprego de Monforte de Lemos 2 982400108
Oficina de Emprego de Chantada 2 982440542
Concello de Sober 1 982460001
Concello de Quiroga 1 982428001
Concello de Ribas de Sil 1 982428237
UXT Monforte de Lemos 1 982400685
Asociación Provincial de Empresarios da Construción –APEC- Monforte de
1 982411755
Lemos
Total orientadores laborais do Pacto 9
Fonte: Elaboración propia. Entidades e Orientadores Laborais

Estes nove orientadores laborais son articulados dende as dúas oficinas de emprego
do Pacto. Articulación e dispoñibilidade de ferramentas de traballo sen clara definición agás o
protocolo dos itinerarios personalizados de inserción. Cómpre salientar o avance que supuxo a
dispoñibilidade dunha aplicación informática conectada coa base de datos do SPEG para a
actualización curricular e o seguimento do orientado.
Novamente poñemos este dato en relación á poboación parada rexistrada en cada unha
das áreas funcionais das oficinas, obtendo a seguinte distribución:

 Táboa 9.4. Rateo nº parados/orientador. Pacto de Lemos. Media ano 2008.

Relación de parados rexistrados por orientador no Pacto de Lemos


Nº Parados rexistrados (Media
Oficinas Orientadores Nº parados/Orientador
2008)
Monforte-Quiroga 7 2105 301

Chantada- Pacto 2 611 306

O número de parados rexistrados na oficina de emprego de Chantada-A Úlloa, ao igual


que o número de orientadores laborais, son os pertencentes soamente a comarca de Chantada
(non os rexistrados da comarca da Úlloa).
Tendo en conta este dato, podemos dicir que o número de orientadores laborais por
desempregado, é maior na área funcional de Monforte-Quiroga que na área funcional de
Chantada. Dispoñen de orientador os concellos de Chantada, Monforte, Quiroga, Ribas do Sil e
Sober, e Carballedo (temporalmente); o resto dos concellos do Pacto non dispoñen deste
servizo, que se o enlazamos coas dúas oficinas de emprego, detectase que en varios concellos
do Pacto os demandantes de emprego teñen que realizar longas distancias para asistir ós
servizos de orientación e intermediación laboral. Éste é o caso de Bóveda e O Saviñao (onde
tampouco existe punto de información, nin Axente de Desenvolvemento Local).
Ao longo do período realizáronse 1.440 orientacións laborais; o concello de Monforte
de Lemos agrupa o 49% do total, seguido de Chantada (11%), O Saviñao (8%) e Quiroga (8%).
Pola contra, onde menos demandantes de emprego foron orientados: Folgoso do Courel
(2,15%), seguido de Carballedo (2,29%) e A Pobra (2,36%).
A continuación analizamos, por distintas variables, aos desempregados que foron
atendidos polos servizos de Orientación Laboral.

 Táboa 9.5. Desempregados orientados segundo xénero. Pacto de Lemos.


Desempregados asistentes a Entrevistas de Orientación. Pacto. Abril 2009
Políticas Activas de Emprego 9

Mulleres Homes Total Mulleres (%) Homes (%) Total(%)


Bóveda 23 14 37 2,78% 2,28% 2,57%
Carballedo 14 19 33 1,69% 3,09% 2,29%
Chantada 82 76 158 9,93% 12,38% 10,97%
Folgoso do Courel 15 16 31 1,82% 2,61% 2,15%
Monforte de Lemos 438 272 710 53,03% 44,30% 49,31%
Pantón 30 41 71 3,63% 6,68% 4,93%
Pobra de Brollón, A 15 19 34 1,82% 3,09% 2,36%
Quiroga 64 44 108 7,75% 7,17% 7,50%
Ribas de Sil 31 13 44 3,75% 2,12% 3,06%
Saviñao, O 63 47 110 7,63% 7,65% 7,64%
Sober 37 24 61 4,48% 3,91% 4,24%
Taboada 14 29 43 1,69% 4,72% 2,99%
Pacto de Lemos 826 614 1440 100% 100% 100%
Fonte: Elaboración propia. Datos Consellería de Traballo e Benestar

En canto á variable sexo, a media do Pacto de Lemos amosa que por cada 10 persoas
orientadas, case 6 foron mulleres (826 sobre 1440). Por riba desta proporción: Ribas de Sil
(70% mulleres), Monforte e Bóveda (62% mulleres), Sober (61% mulleres), Quiroga (59%
mulleres); fronte aos concellos de: Taboada, Carballedo, Folgoso do Courel, A Pobra de Brollón
e Pantón onde o número de orientados masculinos superan aos femininos.
Nesta táboa tamén vemos que do total de mulleres orientadas máis da metade eran de
Monforte (53,03%), seguidas de Chantada (9,93%) e de Quiroga (7,75%). E onde menos
mulleres orientadas, con respecto ó total de mulleres, foi en Taboada e Carballedo cun 1,69%
en cada un deles.

 Gráfico 9.1. Porcentaxe de desempregados orientados segundo xénero. Pacto de Lemos.

 Táboa 9.6. Desempregados orientados segundo idade. Pacto de Lemos.


Desempregados asistentes a Entrevistas de Orientación.Pacto. 2009 (abril)
Políticas Activas de Emprego 10

<25 >25 Total <25 (%) >25 (%) Total


Bóveda 2 35 37 1,71% 2,65% 2,57%
Carballedo 2 31 33 1,71% 2,34% 2,29%
Chantada 12 146 158 10,26% 11,04% 10,97%
Folgoso do Courel 1 30 31 0,85% 2,27% 2,15%
Monforte de Lemos 60 650 710 51,28% 49,13% 49,31%
Pantón 4 67 71 3,42% 5,06% 4,93%
Pobra de Brollón, A 5 29 34 4,27% 2,19% 2,36%
Quiroga 14 94 108 11,97% 7,11% 7,50%
Ribas de Sil 3 41 44 2,56% 3,10% 3,06%
Saviñao, O 4 106 110 3,42% 8,01% 7,64%
Sober 10 51 61 8,55% 3,85% 4,24%
Taboada 0 43 43 0,00% 3,25% 2,99%
Pacto de Lemos 117 1323 1440 100% 100% 100%
Fonte: Elaboración propia. Datos Consellería de Traballo e Benestar

Do total de demandantes orientados o 8% son menores de 25 anos vs o 92% maiores.


Deste colectivo menor de 25 anos, a maioría son de Monforte (51%), seguido de Quiroga (12%)
e Chantada (11%). En canto aos maiores de 25 anos, onde maior desempregados orientados
houbo foi en Monforte (49%), seguido de Chantada (11%) e O Saviñao (8%), e onde menos
orientados maiores de 25, con respecto o total destas idades, foi en A Pobra do Brollón
(2,19%), seguido de Folgoso do Courel (2,27%).

 Gráfico 9.2. Distribución por concellos dos desempregados orientados segundo sexo/idade. Pacto de
Lemos.

9.2.3.2. Itinerarios Personalizados de Inserción


Os Itinerarios Personalizados de Inserción (IPIs) son unha forma de titorización
individualizada que permite un seguimento continuado mediante unha serie de entrevistas de
avalidación, información, orientación e adestramento en técnicas de procura activa de
emprego. Lévanse realizando dende o ano 2007 co obxectivo de axudar aos demandantes de
emprego na busca planificada de emprego por conta propia ou allea, a través da adquisición de
habilidades, competencias e coñecemento do mercado laboral que lles permitan mellorar a súa
capacitación.
O orientador laboral é o técnico que se encarga de asesorar de maneira personalizada
ao demandante designado a seguir o IPI. Estes itinerarios constan dunha serie de actividades
que os desempregados deben realizar para conseguir que poidan xestionar con autonomía o
seu proceso de inserción laboral.
Políticas Activas de Emprego 11

A duración máxima dun I.P.I. é de 6 meses, ao longo dos cales o demandante de


emprego deberá de realizar as accións fixadas no proxecto, e finalizará cun mínimo de 5 horas
de atención personalizada co seu orientador.
Estes itinerarios constan de varias fases:
• Fase inicial, coa realización dunha primeira entrevista de valoración consistente no
análise de actitudes, intereses e necesidades, valoración de coñecementos, destrezas
e competencias, detectando o perfil profesional do desempregado. Posteriormente,
realizarase unha segunda entrevista para o deseño do itinerario, formulando o proxecto
por escrito a través do Compromiso de Actividades.
• Fase de Seguimento do cumprimento dos compromisos de actividades.
• Fase de Peche de validación final.
En canto aos puntos fortes desta iniciativa, destacar os consecuentes dunha atención
personalizada: mellor coñecemento das competencias do beneficiario, retro-alimentación e
incremento da pro-actividade na procura de emprego. Os consecuentes do protocolo per se:
mellora da calidade do servizo, dinamismo e planificación a través da aplicación informática e
mellora da imaxe dos SPEG. En canto aos puntos febles destacar: unha falla de definición clara
dos criterios de inclusión nos IPIs, unha certa rixidez no protocolo e un posible efecto chamada
coma consecuencia da priorización destes beneficiarios na inclusión dalgún programa de
política activa.
Os desempregados que mentres dure o IPI realice, algunha acción formativa da
programación de formación ocupacional da Consellería de Traballo, cobrarán unha prestación
económica, durante a duración do curso. Isto ás veces, provoca que moitos desempregados se
interesen máis pola bolsa que pola propia acción formativa ou itinerario.
A través dos Orientadores Laborais pertencentes ao Pacto, o número de usuarios cos
que se levou adiante un itinerario persoal inserción ascende a 94 a data de abril 2009.
A nivel comarcas, vemos que o 61% dos I.P.I.s realizáronse a residentes da comarca de
Terra de Lemos, seguido da comarca de Chantada (21%) e Quiroga (18%). Se lembramos a
porcentaxe media de parados no período: 62% Terra de Lemos 26% Chantada e 12% Quiroga
(342), a Terra de Lemos atópase equilibrada en relación aos IPIs realizados, mentres que a
Chantada corresponderíanlle +5% dos IPIs, e a Quiroga -5% .
 Táboa 9.7. Itinerarios Persoais de Inserción segundo xénero. Pacto de Lemos.
Desempregados asistentes a Itinerarios de Inserción.Pacto.2007-2009(abril)
Mulleres Homes Total Mulleres Homes Total
Bóveda 2 1 3 2,86% 4,17% 3,19%
Carballedo 1 2 3 1,43% 8,33% 3,19%
Chantada 11 2 13 15,71% 8,33% 13,83%
Folgoso do Courel 0 1 1 0,00% 4,17% 1,06%
Monforte de Lemos 34 13 47 48,57% 54,17% 50,00%
Pantón 1 0 1 1,43% 0,00% 1,06%
Pobra de Brollón, A 1 0 1 1,43% 0,00% 1,06%
Quiroga 10 3 13 14,29% 12,50% 13,83%
Ribas de Sil 1 1 2 1,43% 4,17% 2,13%
Saviñao, O 1 1 2 1,43% 4,17% 2,13%
Sober 4 0 4 5,71% 0,00% 4,26%
Taboada 4 0 4 5,71% 0,00% 4,26%
Pacto de Lemos 70 24 94 100% 100% 100%
Fonte: Elaboración propia. Datos Consellería de Traballo e Benestar

Dos 94 IPIS realizados no período, tres de cada catro foron realizados con mulleres
(70) e só 1 de cada catro, con homes (24). Segundo esta táboa, o 50% dos IPIs realizados no
Pacto de Lemos eran de desempregados no concello de Monforte; onde agrupábanse o 49%
das mulleres que recibiron este servizo. En Chantada e Quiroga realizáronse cadanseus 14%
dos IPIs; en Chantada dos 13 realizados 11 foron a mulleres, e en Quiroga de 13 realizados 10
Políticas Activas de Emprego 12

foron a mulleres. Onde menos IPIs se realizaron foron en Folgoso do Courel, Pantón, Pobra
Brollón (1,06% respectivamente).

 Gráfico 9.3. Número e porcentaxe de asistentes a IPIs. segundo xénero. Pacto de Lemos

 Táboa 9.8. Itinerarios Persoais de Inserción segundo idade. Pacto de Lemos.


Desempregados asistentes a Itinerarios de Inserción.Pacto.2007-2009(abril)
<25 >25 Total <25 (%) >25 (%) Total
Bóveda 0 3 3 0,00% 3,49% 3,19%
Carballedo 0 3 3 0,00% 3,49% 3,19%
Chantada 0 13 13 0,00% 15,12% 13,83%
Folgoso do Courel 0 1 1 0,00% 1,16% 1,06%
Monforte de Lemos 5 42 47 62,50% 48,84% 50,00%
Pantón 0 1 1 0,00% 1,16% 1,06%
Pobra de Brollón, A 0 1 1 0,00% 1,16% 1,06%
Quiroga 2 11 13 25,00% 12,79% 13,83%
Ribas de Sil 0 2 2 0,00% 2,33% 2,13%
Saviñao, O 0 2 2 0,00% 2,33% 2,13%
Sober 0 4 4 0,00% 4,65% 4,26%
Taboada 1 3 4 12,50% 3,49% 4,26%
Pacto de Lemos 8 86 94 100% 100% 100%
Fonte: Elaboración propia. Datos Consellería de Traballo e Benestar

Respecto á idade dos demandantes de emprego aos que realizóuselles un itinerario


persoal de inserción, segue a mesma liña vista na Orientación laboral; os menores de 25 anos
supoñen só un 9% do total.

 Gráfico 9.4. Distribución por Concello dos asistentes a IPIs. segundo xénero e idade.
Políticas Activas de Emprego 13

9.2.4. Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local.


Incluímos a análise dos axentes de emprego e desenvolvemento local neste epígrafe
ao pertencer este recurso de emprego ao bloque de recursos humanos e técnicos, aínda que a
súa existencia e contratación veña determinada por un programa de cooperación. Dende o ano
1998 os Axentes de Emprego e Desenvolvemento local están a traballar no territorio do Pacto,
en diferentes concellos, a través da Rede de Técnicos de Emprego de Galicia, coofinanciados
pola Consellería de Traballo e Benestar ó abeiro dos Programas de Cooperación coas
entidades locais e entidades sen ánimo de lucro.
O seu obxectivo é a colaboración na implantación das políticas activas de emprego a
través das entidades locais, como a administración máis próxima ó cidadán e que estas actúen
como impulsoras do desenvolvemento local.
As súas funcións fundamentais son a información aos potenciais usuarios das políticas
activas de emprego, a xestión dos programas de desenvolvemento local ou proxectos
europeos, de programas de emprego, o asesoramento a potenciais emprendedores, o
asesoramento a empresas xa establecidas sobre incentivos ou subvencións do seu interese,
xestión de cursos de formación ocupacional, entre outras. A realidade é que, ás veces, os
concellos utilizan este recurso para outras funcións demandadas polo devir diario que os
apartan da súa obriga fundamental no eido do emprego segundo o decreto que os regula.
Ao longo deste período a implantación da figura dos Axentes de emprego e
desenvolvemento local quedou consolidada no Pacto, cun asesoramento e axuda á
implantación do redor de 500 proxectos empresariais nos últimos oito anos.
Deste xeito, ao longo do período 2000-2008 foron variando o número de técnicos nos
Concellos do Pacto, ao igual que o número de concellos que tiveron técnicos. Na actualidade
hai traballando nos concellos do Pacto dez Axentes de desenvolvemento local (pertencentes a
Rede de técnicos da Consellería). Agás os concellos de Bóveda e O Saviñao, en tódolos
concellos do Pacto hai un técnico. Dende o ano 2008, a coordinación desta rede pasa a ser
Políticas Activas de Emprego 14

xestionada pola UPD Coordina Local, impulsada polo IGAPE e BIC Galicia, en colaboración
coa Consellería de Traballo e Benestar.

Distribución Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local por Concellos


Concellos do Pacto Nº ADL Teléfono
Carballedo 1 982466201
Chantada 1 982440011
Folgoso do Courel 1 982433001
Monforte de Lemos 1 982402501
Pantón 1 982456005
Pobra de Brollón 1 982430001
Quiroga 1 982428001
Ribas do Sil 1 982428237
Sober 1 982460001
Taboada 1 982465301
Fonte: Elaboración propia. Consellería Traballo e Benestar. Concellos Pacto de Lemos Decembro 2008.

Na seguinte táboa 9.9 establecemos a evolución deste recurso e unha comparanza


entre os tres eidos da análise: o Pacto de Lemos, a provincia e a comunidade. A cuantificación
corresponde aos Técnicos e Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local subvencionados
pola Consellería ao abeiro da orde de convocatoria anual de axudas a P.Cooperación con
entidades locais para a contratación de ADLs. Non están incluídos nesta táboa aqueles
pertencentes a outras entidades distintas da local.

 Táboa 9.9. Evolución número ADL Pacto/Provincia/Galicia (2000-2008)


Nº Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local Concellos
2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Var.00-08
Pacto 13 13 10 10 7 7 8 9 10 -23%
Provincia 58 61 54 58 53 53 59 61 63 9%
Galicia 261 259 268 259 274 279 279 295 319 22%
Fonte: Elaboración propia. Consellería de Traballo e Benestar. Concellos Pacto de Lemos

No Pacto de Lemos, durante o período de estudo, a contía de ADLs diminuíu nun 23%;
dos trece ADLs cos que contaba o territorio nos anos 2000-01, baixaron a dez no 2002-03, a
sete no 2004-05; para subir a dez ADLs no ano 2008.
Na provincia, no mesmo período, aumentou nun 9% do número de ADLs. Houbo un
decrecemento de cinco no ano 2004, para despois, cunha tendencia crecente chegar a dez
ADLs máis dende o ano 2004 ata 2008.
Por último en Galicia, no período 2000-2008, houbo un aumento dun 22% do número
de ADLs; en cifras absolutas, 58 persoas. Rexístrase unha perda de dous ADLs no ano 2001;
crecen en nove no 2002; no 2003 perde os mesmos nove, para incrementarse en quince no
ano 2004, e manter despois unha tendencia crecente ata o ano 2008.
Na seguinte táboa 9.10. observamos o peso da figura dos Axentes de Emprego e
Desenvolvemento local do Pacto, respecto á Provincia e Galicia. En canto ó número de
técnicos, a tendencia ao longo dos anos é negativa, perdendo peso, xa que no ano 2000 o
número de técnicos do Pacto representaba o 22,41% da provincia de Lugo e o 4,98% dos
existentes en Galicia, no ano 2005 obtéñense os valores máis baixos pasando a representar
soamente o 13,21% da provincia e o 2,51% de Galicia; a partir deste ano e co incremento de
novos técnicos recupéranse estes valores, chegando ó ano 2008 a un rateo do 15,87% dos
ADLs da provincia e un 3,13% de Galicia.

 Táboa 9.10. Evolución rateo ADLs do Pacto/Provincia e Pacto/Galicia (2000-2008)


Políticas Activas de Emprego 15

Rateo ADLs do Pacto respecto á Provincia de Lugo e á Galicia. Evolución 2000-2008.


2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008
Pacto/Provincia 22,41% 21,31% 18,52% 17,24% 13,21% 13,21% 13,56% 14,75% 15,87%
Pacto/Galicia 4,98% 5,02% 3,73% 3,86% 2,55% 2,51% 2,87% 3,05% 3,13%
 Gráfico 9.5. Evolución número ADLS Pacto/Provincia/Galicia (2000-2008)
Políticas Activas de Emprego 16

Na táboa 9.11. relacionamos o número de ADLs Pacto/Provincia e Galicia coa


poboación potencialmente activa e co número de parados. Para o cómputo dos ADL,
contabilízanse a totalidade dos Axentes de emprego e desenvolvemento local que están a
traballar tanto desde os concellos como desde outras entidades distintas da local. No caso do
Pacto de Lemos, non varía o número deles xa que soamente existen técnicos nos concellos; no
caso de Provincia de Lugo e Galicia o dato varía bastante.

 Táboa 9.11. Rateos comparativos ADL Pacto/Provincia/Galicia (2008)

Rateos comparativos Pacto, Provincia e Galicia. Ano 2008

2008 Nº ADL ADL/Poboación 16-64 anos ADL/Parados rexistrados

Pacto 10 3141 272

Provincia 102 2169,77 152,08

Galicia 536 3437,98 303,19

Fonte: Elaboración propia. Datos extraídos Directorio de ADLs UPD Coordina Local

Se relacionamos no ano 2008 o número de ADLs coa poboación potencialmente activa,


vemos que a cobertura dos técnicos do Pacto é de 3141 persoas/técnico, fronte ás 2169,77
persoas/técnico na Provincia, e fronte ás 3437,98 persoas/técnico en Galicia. Dito doutro xeito,
o rateo amosa unha peor cobertura no Pacto que na provincia de Lugo e unha diferenza de
máis de 1000 persoas por técnico. Con respecto a Galicia, ó rateo é menor; os ADLs a nivel de
Comunidade teñen unha cobertura neste tramo de poboación superior aos do Pacto.
Se comparamos o rateo de ADL/Parados, a cobertura por técnico no Pacto de Lemos é
de 272 parados/técnico; fronte aos 152,08 parados/técnicos na Provincia e os 303,19
parados/técnico na Comunidade; é dicir, é en Lugo onde se da unha mellor cobertura aos
parados, ademais cunhas diferenzas importantes xa que con respecto a Galicia, case é o dobre
(na mesma tendencia que na poboación) e en Galicia é onde sae un maior número de parados
por ADL.
No que atinxe ó número de entidades beneficiarias de Axentes de emprego e
desenvolvemento local, no territorio do Pacto incrementouse unha por ano; pasando de 8 a 10
(2006-08); o que supón que o 21% das entidades beneficiarias de ADLs de Lugo áchanse no
Pacto, mentres que en Lugo só están o 10% das galegas.
Do período 2008 a 2006, a contía de subvención incrementouse nos tres eidos, sendo
maior este aumento no caso do Pacto (+38%). Dos importes concedidos do ano 2008, a media
de subvención por entidade é de 17.998€. (Pacto), 19.602€ (Provincia) e 12.648€ (Galicia);
aínda que a cifra débese contemplar como estimativa xa que algunhas entidades teñen máis
dun ADL, o que non é o caso do Pacto onde cada entidade conta cun técnico.

 Táboa 9.12. Evolución importes subvencións e entidades con ADLS. Pacto/Provincia/Galicia (2006-2008)
Contía de subvención e nº entidades beneficiarias ADLS
2006 2007 2008 Var.06-08
Nº Nº Nº
Subvención Subvención Subvención Subvención Nº Entidades
entidades entidades entidades
Pacto 130843 8 163334 9 179984 10 38% 125%
Lugo 808684 43 984189 52 940895 48 16% 112%
Galicia 5156610 238 6051989 249 6197327 490 20% 206%
Fonte: Elaboración propia. Consellería de Traballo e Benestar. Concellos Pacto de Lemos
Políticas Activas de Emprego 17

Mapa de recursos (Xuño 2009)

2 Oficinas de Emprego

10 Axentes de Desenvolvemento Local

8 Puntos de Información Multimedia

4 Orientadores Laborais Oficinas de Emprego

5 Orientadores Laborais Concellos / UXT Monforte / APEC Monforte

9.3. Programas de Promoción de Emprego


En canto aos distintos programas de incentivos dirixidos á mellora da empregabilidade
das persoas rexistradas como demandantes de emprego postos en marcha no territorio no
período de estudo, distinguiremos tres grandes grupos de actuacións: Programas de
Cooperación, Programas Mixtos de Formación e Emprego e os Programas de Apoio á
Integración Laboral de Persoas con Discapacidade.
Políticas Activas de Emprego 18

9.3.1. Programas de Cooperación


Estes programas de fomento do emprego son un dos elementos centrais no
desenvolvemento das políticas activas de emprego por parte da Consellería de Traballo da
Xunta de Galicia. As entidades encargadas da execución dos programas de cooperación
poderán ser administracións locais, órganos e organismos das administracións públicas
distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro. Nacen co obxectivo de
proporcionarlle aos desempregados unha experiencia laboral directa, realizando obras e
servizos de interese xeral e social, tendo en conta as características do mercado laboral e o
perfil da poboación desempregada.
É requisito que as persoas contratadas sexan desempregadas inscritas no Servizo
Público de Emprego de Galicia e preferentemente, colectivos con especiais dificultades de
inserción laboral:
• Mulleres e, en especial, aquelas que acrediten a condición de vítimas de violencia.
• Menores de 30 anos, en especial, as persoas demandantes do primeiro emprego,
demandantes con máis de seis meses en desemprego ou aqueles sen cualificación
profesional.
• Persoas en paro de longa duración.
• Persoas con discapacidade.
• Persoas desempregadas maiores de 45 anos.
• Integrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente
beneficiarios da renda de integración social de Galicia e mulleres que abandonasen o
exercicio da prostitución como medio de vida.
Mediante estas convocatorias anuais de axudas da Consellería, trátase ao mesmo
tempo de dinamizar a xeración de novas actividades económicas que teñan boas perspectivas
de implantación e creación de emprego no eido local. Ao mesmo tempo que se lle permitiu a
moitos desempregados unha primeira experiencia laboral, sobre todo naqueles colectivos de
difícil inserción laboral.
Políticas Activas de Emprego 19

9.3.1.1. Programas de Cooperación con entidades locais.


No caso do Pacto e ao longo do período, todas as Entidades Locais beneficiáronse
destes programas contratando directamente a persoas físicas desempregadas, dirixidos á
poboación desempregada sobre todo a aqueles con máis dificultades de inserción laboral,
mulleres e, en especial as vítimas de violencia de xénero, Programa Integral de Emprego de
Galicia (PIEG), Programa Labora. Tamén as Entidades Locais contrataron a persoas xurídicas,
para recibir prestacións de obras ou servizos a través de Empresas de Economía Social, de
Iniciativas Locais de Emprego ou do Programa de Desenvolvemento Local. Para sintetizar
analizaremos o apartado segundo a seguinte clasificación:

Programas Cooperación: Entidades Locais contratan directamente persoas físicas


desempregadas.
9.3.1.1.1. Programas para contratación desempregados, mulleres vítimas de violencia de
xénero, e o Pieg para mulleres ou maiores de 45 anos.
9.3.1.1.2. Programa Labora: xuventude con experiencia.
Programas Cooperación: Entidades Locais contratan persoas xurídicas (medios alleos).
9.3.1.1.3. Prestación de servizos públicos con empresas cualificadas como iniciativas locais
de emprego ou con empresas de economía social.
9.3.1.1.4. Fomento do desenvolvemento local.
Para a análise cuantitativa, foi solicitada e remitida unha serie de táboas numéricas a
cumprimentar por todos os concellos do Pacto de Lemos e entidades beneficiarias; a resposta
foi desigual tendo nalgúns casos a información incompleta.

9.3.1.1.1. Programas Cooperación. Entidades Locais contratación desempregados.


Neste apartado englóbanse os seguintes programas:
• A contratación de desempregados para a realización de obras e servizos de
interese xeral e social preferentemente nalgunha das actividades relacionadas cos
novos xacementos de emprego. Segundo as diferentes convocatorias anuais, prímase
unhas u outras obras/servizos que se consideran cada ano prioritarios, desde as
realizadas para paliar ou repara-los danos ou efectos producidos con ocasión de
temporais, inclemencias meteorolóxicas ou calquera outro fenómenos da natureza
(Ano 2000), ata aqueles servizos que teñan por obxecto o establecemento de bancos
municipais de tempo (Ano 2008). Foron moitas as obras e servizos que se chegaron a
realizar ó abeiro deste programa en tódolos concellos.

• O programa específico “Mulleres vítimas de violencia de xénero” existente desde o


ano 2005. Resalta ano 2008 no concello de Monforte con dúas obras nas que
empregou a 3 mulleres en cada unha: plan de axardinamento e o plan de eliminación
de residuos e vertidos incontrolados. O programa faise en colaboración cos Centros de
Información a Muller, canalizadores das beneficiarias destes programas a partir dunha
contratación nominativa da muller asignada polo C.I.M., sen precisar nestes casos
unha oferta previa de emprego.
Políticas Activas de Emprego 20

• O programa pieg-mulleres+maiores de 45 anos, postos en marcha no territorio desde


o ano 2006 a 2008 en varios concellos, coa finalidade de inserir a mulleres en xeral e
persoas maiores de 45 anos.

Os traballadores contratados debían de ser desempregados inscritos no Servizo Público


de Emprego de Galicia. A relación laboral entre concello e traballador/a realizouse mediante a
modalidade de contrato de duración determinada; para elo previamente teñen que ser
convocados pola Oficina de Emprego correspondente ao concello que presentou a oferta de
emprego. En todo o período foi moi variado o tempo de duración dos contratos e incluso entre
concellos e obras/servizos; realizáronse dende contratos de tres meses ata outros dun ano de
duración; xornadas completas e tamén xornadas a tempo parcial. Ademais, os traballadores
que se contratan no marco destes programas por un período superior a nove meses nos
últimos tres anos, non poden volver a ser contratados ao abeiro destas subvencións ata
transcorridos tres anos. Deste xeito, lógrase que a contratación de desempregados sexa
bastante rotativa, evitando contratar sempre as mesmas persoas e evitando a cobertura de
postos de traballo municipais en servizos onde a cobertura de persoal municipal non chega.

A continuación relaciónanse as obras e servizos máis importantes en canto ás


subvencións recibidas e número de traballadores empregados. Para elo, solicitouse a
información a tódolos concellos do Pacto e a resposta á nosa demanda foio moi desigual. No
período 2000-2005, os datos proporcionados reflicten un 60%-70% do total concedido e do
período 2006-2008 a porcentaxe de información da que dispoñemos é dun 85%-90%. Esta falla
de información provoca que en moitas das táboas expostas neste traballo, os totais non
coinciden por carecer de algunha parte da información.
Para a análise deste apartado, agrúpanse nos seguintes apartados as obras e servizos
realizados máis significativos:
• Obras municipais, mellora e revalorización de espazos públicos
urbanos/Mantemento de infraestruturas/ Mellora de instalacións deportivas/
Brigada de servizos públicos/ Rehabilitación e construción de obras municipais/
Focheado e mantemento de camiños/ Reparación danos derivados das choivas.
• Protección e mantemento de zonas naturais/ Protección de zonas verdes/
Acondicionamento e mellora de rutas turísticas.
• Xestión e recuperación medioambiental/ Sensibilización recollida de papel/
Recollida de lixo e limpeza viaria/ Plan eliminación de residuos e vertidos
incontrolados.
• Axuda a domicilio/ Atención ao fogar do pensionista/ Servizos especializados de
carácter cotián.
• Promoción do turismo.
• Promoción da cultura/ Animación sociocultural.
• Promoción do deporte.
• Apoio servizos administrativos e informáticos municipais/ Educadoras de familia/
Apoio biblioteca/ Servizo aos xoves/ Banco municipal de tempo.
• Grupo municipal de intervención rápida.

A continuación amosamos unha serie de táboas referentes aos programas de


cooperación con entidades locais, cuantificando importes de subvencións concedidas,
número de traballadores, distribución entre concellos do Pacto de subvencións e número de
traballadores e finalmente a análise dos traballadores participantes nestes programas co
Políticas Activas de Emprego 21

obxecto de estudar o perfil dos mesmos e para elo realizaremos a clasificación segundo
xénero, idade e nivel académico. Nestas táboas están incluídos os datos relativos á
contratación de desempregados, programa vítimas violencia de xénero e Pieg mulleres e
maiores de 45 anos.

 Táboa 9.13. Evolución subvencións P. C. Entidades Locais. Pacto de Lemos.(2000-08).

Subvencións P.C. Entidades Locais. Pacto de Lemos. 2000-2008.


Obras/servizos 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total
Obras municipais-revalorización 44191,4 115714,0 92151,6 30559,6 64748,6 71458,0 247905,0 293775,0 379905,0 1340408,0
Axuda a domicilio 18257,6 23982,1 18660,8 18073,1 15676,0 18873,2 37746,4 80028,3 44919,2 276216,7
Cultura 18318,7 103262,0 24903,5 37910,2 14847,6 10945,3 13525,0 69866,6 293578,9
Deportes 7763,9 58286,1 11085,1 77135,1
Protecc. Mto. zonas naturais 63638,7 139488,0 11409,8 33470,5 15593,6 7254,6 307877,0 256662,0 75910,3 911304,5
Turismo 7763,9 58614,6 33891,9 16871,1 54833,5 123819,0 80158,3 92052,5 468004,8
Apoio servizos administ.-inform. 14571,5 5432,0 7546,6 16393,6 37448,5 37054,0 118446,2
Xestión recup. medioambiental 5995,0 161896,0 131074,0 241502,0 540467,0
Gmir 10700,0 100785,9 156897,5 204245,8 198660,2 271651,9 296437,3 299734,0 315692,1 1944804,8
Sen clasificar 62439,3 53318,4 31365,1 147122,8
Total 281200,7 605564,7 337915,1 352215,4 364359,5 387729,6 1254513,6 1245723,5 1288266,8 6117489,0
Obras/Servizos- Porcentaxes 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total
Obras municipais-revalorización 15,72% 19,11% 27,27% 8,68% 17,77% 18,43% 20,80% 24,64% 30,23% 22,45%
Axuda a domicilio 6,49% 3,96% 5,52% 5,13% 4,30% 4,87% 3,17% 6,71% 3,57% 4,63%
Cultura 6,51% 17,05% 7,37% 10,76% 4,07% 2,82% 0,00% 1,13% 5,56% 4,92%
Deportes 2,76% 9,63% 0,00% 3,15% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 1,29%
Protecc. mto zonas naturais 22,63% 23,03% 3,38% 9,50% 4,28% 1,87% 25,83% 21,52% 6,04% 15,26%
Turismo 2,76% 9,68% 10,03% 4,79% 15,05% 0,00% 10,39% 6,72% 7,32% 7,84%
Apoio serv. administ.-informat. 5,18% 0,90% 0,00% 0,00% 0,00% 1,95% 1,38% 3,14% 2,95% 1,98%
Xestión e recup. medioambiental 2,13% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 13,58% 10,99% 19,21% 9,05%
Gmir 35,81% 16,64% 46,43% 57,99% 54,52% 70,06% 24,87% 25,14% 25,12% 32,57%
Total 100% 100% 100% 100% 100% 100% 100% 100% 100% 100%
Fonte: Elaboración propia. Datos Concellos Pacto de Lemos

As partidas orzamentarias maiores ao abeiro destes Programas de Cooperación,


dedicáronse por orde: ao “Grupo Municipal de Intervención Rápida” (32,57%); ao apartado de
“Obras e revalorización de espazos públicos urbanos” (22,45%); ao epígrafe relativo á
“protección e mantemento de zonas naturais” (15,26%), tendo un peso máis salientable nos
anos 2000-01 e 2006-07; a “xestión e recuperación medioambiental” o 9,05% para o período,
aínda que cun incremento salientable dende o 2006. O epígrafe con menor asignación
económica foi o de “promoción do deporte” (1,29%) seguido do de “apoio servizos municipais:
administrativos, informáticos” (1,98%).
No período 2002-2005, redúcense as subvencións destinadas a este programa cando
se pon en marcha o Programa Labora de cooperación para a contratación de menores de 30
anos, o que elevou a contratación de xente nova e con máis nivel formativo neste período que
no resto do período.

 Táboa 9.14. Evolución número traballadores P. Cooperación Entidades Locais. Pacto de Lemos. (2000-2008)

Traballadores P.Cooperación Entidades Locais. Pacto de Lemos (2000-2008).

Obras/Servizos 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total

Obras municipais- revalorización 12 18 14 6 15 13 15 18 18 129


Políticas Activas de Emprego 22

Axuda a domicilio 3 5 3 4 4 3 4 7 3 36

Cultura 2 23 5 7 3 2 1 4 47

Deportes 1 8 2 11

Protecc. mto zonas naturais 7 17 2 6 3 1 14 11 3 64

Turismo 1 14 5 3 15 7 4 4 53

Apoio serv. administrat. inform. 2 1 1 1 2 1 8

Xestión e recup. medioambiental 1 12 11 14 38

Gmir 12 12 24 36 34 24 24 24 24 214

Total 41 98 53 64 74 44 77 78 71 600

Obras/Servizos - porcentaxes 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total
Obras municipais-Revalorización 29,27% 18,37% 26,42% 9,38% 20,27% 29,55% 19,48% 23,08% 25,35% 21,50%
Axuda a domicilio 7,32% 5,10% 5,66% 6,25% 5,41% 6,82% 5,19% 8,97% 4,23% 6,00%
Cultura 4,88% 23,47% 9,43% 10,94% 4,05% 4,55% 0,00% 1,28% 5,63% 7,83%
Deportes 2,44% 8,16% 0,00% 3,13% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 1,83%
Protecc. mantemento zonas naturais 17,07% 17,35% 3,77% 9,38% 4,05% 2,27% 18,18% 14,10% 4,23% 10,67%
Turismo 2,44% 14,29% 9,43% 4,69% 20,27% 0,00% 9,09% 5,13% 5,63% 8,83%
Apoio servizos administ.-inform. 4,88% 1,02% 0,00% 0,00% 0,00% 2,27% 1,30% 2,56% 1,41% 1,33%
Xestión e recup.medioambiental 2,44% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 15,58% 14,10% 19,72% 6,33%
Gmir 29,27% 12,24% 45,28% 56,25% 45,95% 54,55% 31,17% 30,77% 33,80% 35,67%
Total 100% 100% 100% 100% 100% 100% 100% 100% 100% 100,00%
Fonte: Elaboración propia. Datos Concellos Pacto de Lemos

Segundo os datos dispoñibles contratáronse ao redor de 600 persoas, pero podemos


estimar polos concellos dos que non dispoñemos a información, que se puido alcanzar a cifra
de 700-800 traballadores no total do período.
En canto ao número de traballadores, en liña co importe de subvencións, máis dun terzo
foi destinado ao “Servizo municipal de intervención rápida” (35,67%) e ao de “Obras municipais
e revalorización de espazos públicos urbanos” (21,50%); reunindo entrambas as dúas partidas
a máis da metade dos efectivos. Onde menos traballadores se contrataron foi no “Apoio a
servizos municipais” (1,33%) e “Promoción do deporte” (1,83%).
Na evolución dos anos observamos que a partida que máis se incrementou, en número
de traballadores foi a de “Xestión e recuperación medioambiental”, pasando de representar o
2,44% dos traballadores contratados (1 persoa) no ano 2000 ao 19,72% do 2008 (14 persoas).
Algunha como “Promoción do deporte” desde o ano 2003 deixouse de contratar.
A continuación, nas seguintes dúas táboas (9.15 e 9.16) detállanse os importes de
subvencións e número de traballadores concedidos aos concellos do Pacto de Lemos no total
do período de estudo (2000-2008), clasificado segundo as obras e servizos realizados (como
xa comentamos anteriormente, a información dispoñible varía segundo os anos e concellos,
entre un 60% e 90% do total realizado).
 Táboa 9.15. Distribución Subvencións por concellos Pacto. P.Cooperación Total 00-08.
Subvencións dos Programas de Cooperación por concellos. Pacto de Lemos. Total 2000-08.
Obras/servizos Carballedo Folgoso Monforte Pantón Pobra Quiroga Ribas Sil Saviñao Sober Total
Obras municipais 46203,5 515590 99753,9 312942 223156 70480 72283,7 1340408
Axuda ao fogar 69738,2 69179 20044,6 62448,5 54806,4 276217
Cultura 9917,57 145124 96095,2 27290 4949,21 10203,2 293579
Deportes 7285,76 54799,7 15049,7 77135,2
Políticas Activas de Emprego 23

Protecc. Mto. zonas naturais 628791 136152 69522,4 76839,1 911304


Turismo 345469 33309,4 28827,4 60399,1 468005
Apoio serv. administ.-inform. 75143,3 13930,7 21825,6 7546,62 118446
Xestión recup. medioambiental 74045,5 30828,7 34010,7 87394,2 340320 15556,3 88855,8 671011
Gmir 1081272 863532 1944804,8
Sen clasificar 147123 147123
Total 210.529,83 515.590 2.504.398 381.173 443.422 950.926 666.974 280.926 294.095 6248034
Distribución porcentual Carballedo Folgoso Monforte Pantón Pobra Quiroga Ribas Sil Saviñao Sober Total
Obras municipais 3,45% 38,47% 7,44% 0,00% 23,35% 0,00% 16,65% 5,26% 5,39% 100%
Axuda a domicilio 0,00% 0,00% 0,00% 25,25% 25,05% 0,00% 7,26% 22,61% 19,84% 100%
Cultura 3,38% 0,00% 49,43% 32,73% 9,30% 0,00% 0,00% 1,69% 3,48% 100%
Deportes 9,45% 0,00% 71,04% 19,51% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 100%
Protecc. Mto. zonas naturais 0,00% 0,00% 69,00% 14,94% 0,00% 0,00% 7,63% 8,43% 0,00% 100%
Turismo 0,00% 0,00% 73,82% 7,12% 0,00% 0,00% 0,00% 6,16% 12,91% 100%
Apoio serv.s administ.-inform. 0,00% 0,00% 63,44% 0,00% 0,00% 0,00% 11,76% 18,43% 6,37% 100%
Xestión recup. medioambiental 0,00% 0,00% 11,03% 4,59% 5,07% 13,02% 50,72% 2,32% 13,24% 100%
Gmir 0,00% 0,00% 55,60% 0,00% 0,00% 44,40% 0,00% 0,00% 0,00% 100%
Sen clasificar 100% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 100%
Total 3,37% 8,25% 40,08% 6,10% 7,10% 15,22% 10,67% 4,50% 4,71% 100%

 Táboa 9.16. Distribución por concellos do Pacto de Lemos de traballadores P.Cooperación. Total 2000-2008
Traballadores Programas de Cooperación por Concellos. Pacto de Lemos. Total 2000-2008.
Tota
Obras/servizos Carballedo Folgoso Monforte Pantón Pobra Quiroga Ribas Sil Saviñao Sober
l
Obras municipais 9 24 13 41 14 12 16 129
Axuda a domicilio 9 12 2 6 7 36
Cultura 1 25 11 4 1 5 47
Deportes 1 8 2 11
Protecc. Mto. zonas naturais 35 14 9 6 64
Turismo 40 5 3 5 53
Apoio servizos administ.-inform. 4 1 2 1 8
Xestión recup. medioambiental 3 3 2 8 15 1 6 38
Gmir 110 104 214
Total 11 24 238 44 59 112 41 31 40 600
Distribución porcentual Carballedo Folgoso Monforte Pantón Pobra Quiroga Ribas do Sil Saviñao Sober
Obras municipais 6,98% 18,60% 10,08% 0,00% 31,78% 0,00% 10,85% 9,30% 12,40%
Axuda a domicilio 0,00% 0,00% 0,00% 25,00% 33,33% 0,00% 5,56% 16,67% 19,44%
Cultura 2,13% 0,00% 53,19% 23,40% 8,51% 0,00% 0,00% 2,13% 10,64%
Deportes 9,09% 0,00% 72,73% 18,18% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00%
Protecc. Mto. zonas naturais 0,00% 0,00% 54,69% 21,88% 0,00% 0,00% 14,06% 9,38% 0,00%
Turismo 0,00% 0,00% 75,47% 9,43% 0,00% 0,00% 0,00% 5,66% 9,43%
Apoio servizos administ.-inform. 0,00% 0,00% 50,00% 0,00% 0,00% 0,00% 12,50% 25,00% 12,50%
Xestión recup. medioambiental 0,00% 0,00% 7,89% 7,89% 5,26% 21,05% 39,47% 2,63% 15,79%
Gmir 0,00% 0,00% 51,40% 0,00% 0,00% 48,60% 0,00% 0,00% 0,00%
Total 1,83% 4,00% 39,67% 7,33% 9,83% 18,67% 6,83% 5,17% 6,67%
Fonte: Elaboración propia. Datos Concellos do Pacto de Lemos

En canto á distribución por concellos, tanto en importes de subvencións como en


número de traballadores, o concello con maiores valores é o de Monforte, e o de menores
Carballedo. Monforte e Quiroga foron os únicos concellos nos que se asinou presuposto para
os Gmir (unha media de 12 persoas/ano en cada concello cobren este servizo, aínda non tendo
os datos do concello de Chantada, tamén neste concello se presta este servizo co mesmo
número de traballadores que Monforte e Quiroga), chegando entre ámbolos dous ao 32% da
contía da subvencións para ó período e ao 36% dos efectivos contratados. A seguinte partida
en importancia de contía e efectivos foi a de “obras municipais”, sumando o 22% tanto do
orzamento coma dos efectivos agás os concellos de Quiroga e Pantón.

Análise dos desempregados contratados por Programas Cooperación Entidades Locais


Políticas Activas de Emprego 24

Nas seguintes táboas (9.17, 9.18 e 9.19), cuantifícanse o número e porcentaxe de


traballadores dos Programas de cooperación cos concellos do Pacto, segundo xénero, idade e
nivel académico, todo elo agrupado nas obras e servizos realizados durante o período 00-08.
 Táboa 9.17. Evolución Xénero traballadores P. C. Entidades Locais. Pacto. (2000-2008).
Traballadores Programas de Cooperación segundo xénero. Pacto de Lemos. 2000-2008
Obras/Servizos 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total
H M H M H M H M H M H M H M H M H M H M
Obras municipais-revalorización 12 13 7 6 14 1 12 11 4 16 1 14 4 105 10
Axuda ao fogar 3 5 3 4 4 3 4 7 3 0 36
Cultura 2 5 2 1 3 4 3 2 1 1 3 6 21
Deportes 1 2 1 1 4 1
Protecc. Mto. zonas naturais 7 5 2 2 2 3 4 1 10 4 4 7 3 34 20
Turismo 1 1 1 1 2 1 2 14 1 3 4 1 3 5 22 18
Apoio servizos administ.-inform. 2 1 1 1 2 1 0 8
Xestión e recup. medioambiental 1 9 3 8 3 7 7 24 14
Gmir 7 1 7 1 16 4 21 15 22 12 17 7 14 10 12 12 14 10 130 72
Total 28 7 28 16 28 11 34 26 53 25 30 13 47 30 41 36 36 36 325 200
Fonte: Elaboración propia. Datos Concellos do Pacto de Lemos

Obras/Servizos - porcentuales 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total
H 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 93,33% 100,00% 73,33% 94,12% 77,78% 91,30%
Obras municipais-Revalorizac.
M 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 6,67% 0,00% 26,67% 5,88% 22,22% 8,70%
H 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00%
Axuda a domicilio
M 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00%
H 0,00% 0,00% 66,67% 42,86% 0,00% 0,00% 0,00% 25,00% 22,22%
Cultura
M 100,00% 100,00% 33,33% 57,14% 100,00% 100,00% 100,00% 75,00% 77,78%
H 100,00% 100,00% 50,00% 80,00%
Deportes
M 0,00% 0,00% 50,00% 20,00%
H 100,00% 71,43% 100,00% 100,00% 42,86% 100,00% 71,43% 36,36% 0,00% 62,96%
Protecc. Mto. zonas naturais
M 0,00% 28,57% 0,00% 0,00% 57,14% 0,00% 28,57% 63,64% 100,00% 37,04%
H 100,00% 50,00% 33,33% 33,33% 93,33% 42,86% 25,00% 0,00% 55,00%
Turismo
M 0,00% 50,00% 66,67% 66,67% 6,67% 57,14% 75,00% 100,00% 45,00%
H 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00%
Apoio servizos administ.-inform.
M 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00%

Xestión e recup. H 0,00% 75,00% 72,73% 50,00% 63,16%


medioambiental M 100,00% 25,00% 27,27% 50,00% 36,84%
H 87,50% 87,50% 80% 58,33% 64,71% 70,83% 58,33% 50% 58,33% 64,36%
Gmir
M 12,55% 12,55% 20% 41,67% 35,29% 29,17% 41,67% 50% 41,67% 35,64%
H 80% 62,79% 71,79% 56,67% 67,95% 69,77% 61,04% 53,25% 50% 61,90%
Total
M 20% 37,21% 28,21% 43,33% 32,05% 30,23% 38,96% 46,75% 50% 38,10%
Fonte: Elaboración propia. Datos Concellos do Pacto de Lemos

O 62% dos participantes do período 2000-2008 nos Programas de Cooperación no


Pacto de Lemos foron homes e un 38% mulleres. Nalgúns servizos hai un 100% de
participación feminina, coma nos epígrafes de “Axuda ao fogar” e “Apoio os servizos municipais
administrativos-informáticos”, aínda que só supuxeron 44 contratos fronte un total de 200
(22%).
Outros servizos e obras como o de “Obras -Revalorización espazos públicos urbanos”
tiveron un 91% de participación masculina fronte a un 9% de feminina. Destaca “Deportes” cun
80% de homes.

 Táboa 9.18. Clasificación segundo tramos de idades. Traballadores P.Cooperación Entidades Locais. Pacto
de Lemos (2000-2008).

Traballadores Programas de Cooperación segundo idade. Pacto de Lemos. Ano 2000-2008.


Obras/Servizos 16-24 % 25-29 % 30-54 % 55-65 % Total %
Políticas Activas de Emprego 25

Obras municipais 4 9,52% 12 14,46% 25 8,06% 20 66,67% 61 13,12%


Axuda a domicilio 2 4,76% 9 10,84% 25 8,06% 0 0,00% 36 7,74%
Cultura 6 14,29% 7 8,43% 14 4,52% 0 0,00% 27 5,81%
Deportes 1 2,38% 2 2,41% 2 0,65% 0 0,00% 5 1,08%
Protecc. Mto. zonas naturais 8 19,05% 7 8,43% 36 11,61% 3 10,00% 54 11,61%
Turismo 2 4,76% 5 6,02% 29 9,35% 3 10,00% 39 8,39%
Apoio servizos administ.-inform. 1 2,38% 2 2,41% 4 1,29% 0 0,00% 7 1,51%
Xestión recup. medioambiental 1 2,38% 6 7,23% 28 9,03% 3 10,00% 38 8,17%
GMUIR 17 40,48% 33 39,76% 147 47,42% 1 3,33% 198 42,58%
Total 42 9,03% 83 17,85% 310 66,67% 30 6,45% 465 100%
Fonte: Elaboración propia. Datos Concellos do Pacto de Lemos

Do total dos traballadores de todo o período, case 7 de cada 10 (67%) atopábanse no


treito de idade entre 30-54 anos, e os de menor participación foron os de idades entre 55-65
anos (6%) e os de entre 16-24 anos (9%).

 Táboa 9.19. Clasificación segundo Nivel académico traballadores P. Cooperación Entidades Locais. Pacto de
Lemos (2000-2008)
Traballadores Programas de Cooperación segundo nivel académico. Pacto de Lemos. 2000-2008.
Nivel académico 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total
Sen estudios/Certificado escolaridade 11% 9% 15% 10% 11% 8% 16% 10% 13% 11%
EXB/ESO 62% 60% 54% 55% 66% 73% 57% 58% 54% 59%
Bacharelato 4% 3% 8% 4% 3% 3% 1% 1% 4% 3%
F.P.Grao medio 9% 7% 8% 10% 8% 5% 11% 15% 10% 9%
F.P. Grao superior-COU 9% 9% 10% 6% 8% 10% 10% 8% 9% 9%
Titulación universitaria media 4% 11% 4% 2% 2% 0% 3% 7% 4% 5%
Titulación universitaria superior 2% 2% 2% 12% 2% 3% 1% 1% 4% 3%
Total 100% 100% 100% 100% 100% 100% 100% 100% 100% 100%
Fonte: Elaboración propia. Datos Concellos do Pacto de Lemos

Segundo o nivel académico, o 59% englóbanse no EXB/ESO, un 11% sen estudos ou


primarios, seguidos dos que posúen un F.P.Grao medio (9%) e os de F.P.Grao Superior ou
COU (9%); os de menor participación son os titulados universitarios superiores (3%) e os de
bacharelato (3%).
Como é de esperar, as titulacións máis baixas son as máis utilizadas nestes programas,
como se comentou en apartados anteriores a maioría dos recursos foron utilizados no apartado
de obras municipais e no Grupo municipal de intervención rápida, sendo estes servizos de
pouca esixencia académica e coa maioría de contratacións realizadas en categorías de “peóns”
e “auxiliares”, sendo menos utilizadas as categorías altas de “técnicos”.

9.3.1.1.2. Programa Labora: Xuventude con experiencia.


Neste epígrafe estudaranse aquelas contratacións realizadas polos concellos do Pacto
a traballadores desempregados beneficiarios do programa Labora, regulado polo Decreto
148/2002 do 18 de abril, para a realización de obras e servizos de interese xeral e social.
O Programa Labora xurde no ano 2002 e finaliza no 2005, como unha iniciativa
innovadora que garantiu un contrato de traballo de 12 meses de duración mínima aos
desempregados menores de 30 anos, que carecían de experiencia laboral, co obxectivo de
obter unha práctica laboral efectiva baixo a modalidade de contrato temporal de inserción.
Os traballadores contratados tiñan que cumprir os seguintes requisitos:
• Ser menor de 30 anos no momento en que se cumpra o sexto mes de antigüidade
no desemprego.
Políticas Activas de Emprego 26

• Carecer de experiencia laboral e que non traballaran ni por conta propia nin por
conta allea durante máis de 180 días nos últimos 5 anos.

As obras e servizos desenvolvidas neste programa estiveron moi condicionadas polo


perfil dos desempregados menores de 30 anos de cada concello. Os concellos contratantes
tiñan a obriga de adecuar a obra ou servizo para a cal eran contratados ao nivel formativo do
desempregado. Isto permitiu que o 25% dos traballadores fora dedicado á “xestión de apoio
administrativa” (vs 1% noutros) ou “promoción cultural” (16% programa Labora vs 8% noutros)
e que outras partidas coma “revalorización de espazos públicos e urbanos” baixaran na contía
do orzamento en sentido contrario a outros programas de cooperación (15% neste programa vs
22% noutros).
Ao igual que á análise dos Programas de Cooperación do apartado anterior foron moitas
as obras e servizos realizados con estes programas específicos para mozos. Nas seguintes
táboas cuantifícanse as mesmas no período de duración deste programa (2002-2005). Toda a
información foi remitida polos concellos do Pacto, que a excepción de algún concello do que
non se puido obter a información, o resto é case completa o 100% do realizado. Segundo
veremos nas táboas, ás veces os totais non se corresponden por carecer da información
completa de tódolos participantes.
Para a análise das diferentes variables de estudo, agrupamos nos seguintes apartados
as obras e servizos realizados:
• Revalorización de espazos públicos urbanos, reparación e mantemento de instalacións
e bens públicos, mellora radio TV municipal.
• Apoio a xestión municipal, persoal informático, axuda aplicacións ordenanzas
municipais, catastro, xestión biblioteca, gardería municipal, plan de igualdade,
psicoloxía, atención ao cidadán.
• Xestión medioambiental, protección e mantemento zonas naturais, análise auga
municipal, potenciación riqueza forestal, xestión de residuos, enerxías renovables.
• Desenvolvemento empresarial, apoio ao sector primario, apoio ao departamento de
emprego, proxectos europeos, apoio a programas mixtos formación e emprego.
• Turismo.
• Cultura, toponimia, actividades extraescolares, educación infantil, educación especial.
• Deportes.
• Servizos sociais, atención centro terceira idade, axuda a domicilio.
Nas seguintes táboas amosase a evolución temporal deste programa no territorio do
Pacto, nas dúas primeiras (táboas 9.20 e 9.21) cuantifícanse as obras e servizos realizados
segundo os importes das subvencións e o número de traballadores . Nas táboas 9.22. e 9.23.
reflíctese a mesma clasificación distribuída por concellos. E por último, a análise dos
traballadores segundo xénero, idade e nivel académico (táboas 9.24, 9.25. e 9.26).

 Táboa 9.20. Evolución obras e servizos segundo orzamento. Programa Labora. Pacto de Lemos. (2002-2005)

Orzamentos Obras e servizos Plan Labora. Pacto de Lemos. 2002-2005


Obras/Servizos - Importes 2002 2003 2004 2005 Total
Revalorización espazos públicos urbanos 160657 47105,5 55670,4 86258,6 349691
Apoio xestión municipal 81216,5 151018 213603 255411 701250
Xestión medioambiental/Protec. Mant.zonas naturais 104012 62286 56927,3 154025 377250
Desenvolvemento empresarial 68709,1 31024,1 41915 0 141648
Promoción turística 44733,6 87501,6 12629,5 15093,2 159958
Cultura/Actividades extraescolares 103385 151616 72072,4 33238,3 360312
Servizos sociais/Axuda a domicilio 108273 65517,4 83489,8 39077,4 296358
Políticas Activas de Emprego 27

Promoción deporte 48433,4 35216,6 27262,8 0 110913


Total 719420 631286 563571 583104 2497380
Obras/Servizos - Porcentaxes 2002 2003 2004 2005 Total
Revalorización espazos públicos urbanos 22,33% 7,46% 9,88% 14,79% 14,00%
Apoio xestión municipal 11,29% 23,92% 37,90% 43,80% 28,08%
Xestión medioambiental/Protec. Mant. zonas naturais 14,46% 9,87% 10,10% 26,41% 15,11%
Desenvolvemento empresarial 9,55% 4,91% 7,44% 0,00% 5,67%
Promoción turística 6,22% 13,86% 2,24% 2,59% 6,41%
Cultura/Actividades extraescolares 14,37% 24,02% 12,79% 5,70% 14,43%
Servizos sociais/Axuda ao fogar 15,05% 10,38% 14,81% 6,70% 11,87%
Promoción deporte 6,73% 5,58% 4,84% 0,00% 4,44%
Total 100% 100% 100% 100% 100%
Fonte: Elaboración propia. Datos Concellos do Pacto de Lemos

No territorio do Pacto de Lemos investiuse para este programa no período de duración


do mesmo, ao redor de 2,5 millóns e medio de euros. As partidas máis elevadas de
subvencións son encabezados polos de “Apoio a xestión municipal” (28% do total de
subvencións do período), seguido de “Xestión medioambiental” máis “mantemento de espazos
naturais” (15%) e pola contra, os servizos con menor contía foron o de “Promoción do deporte”
(4% do total), seguido de “Desenvolvemento empresarial”, con apenas un 6% dos orzamentos
totais e “Promoción turística” (6%).
 Táboa 9.21. Evolución traballadores segundo obra ou servizo. Programa Labora. Pacto de Lemos (2002-05).
Traballadores Programa Labora segundo obra ou servizo. Pacto de Lemos. 2002-05.
Obras/Servizos - Importe 2002 2003 2004 2005 Total
Revalorización espazos públicos urbanos 18 7 6 6 37
Apoio xestión municipal 7 16 21 16 60
Xestión medioambiental/Protec. mto zonas naturais 12 7 6 8 33
Desenvolvemento empresarial 6 4 4 0 14
Promoción turística 5 9 1 1 16
Cultura/Actividades extraescolares 14 15 7 2 38
Servizos sociais/Axuda a domicilio 12 9 9 3 33
Promoción deporte 5 4 3 0 12
Total 79 71 57 36 243
Obras/Servizos - Porcentaxes 2002 2003 2004 2005 Total
Revalorización espazos públicos urbanos 22,78% 9,86% 10,53% 16,67% 15,23%
Apoio xestión municipal 8,86% 22,54% 36,84% 44,44% 24,69%
Xestión medioambiental/Protec. mantemento zonas naturais 15,19% 9,86% 10,53% 22,22% 13,58%
Desenvolvemento empresarial 7,59% 5,63% 7,02% 0,00% 5,76%
Promoción turística 6,33% 12,68% 1,75% 2,78% 6,58%
Cultura/Actividades extraescolares 17,72% 21,13% 12,28% 5,56% 15,64%
Servizos sociais/Axuda a domicilio 15,19% 12,68% 15,79% 8,33% 13,58%
Promoción deporte 6,33% 5,63% 5,26% 0,00% 4,94%
Total 100% 100% 100% 100% 100%
Fonte: Elaboración propia. Datos Concellos do Pacto de Lemos

En canto ao número de traballadores do programa Labora no territorio do Pacto ao


longo do período de duración deste programa de catro anos (2002-2005), ao redor de 243
persoas participaron nas entidades locais realizando algunha das obras e servizos
mencionados. Contando cos concellos dos que non temos información, podemos estimar que
se puido chegar ó redor de 300 persoas.
O 25% do total, realizaron servizos dentro do grupo de “apoio xestión municipal”, e un
16% en “Cultura”. E onde menos traballadores se agruparon foi en “promoción do deporte” (5%
do total), “desenvolvemento empresarial” (6%) e “promoción turística” (7%).
 Táboa 9.22. Distribución por concello das obras/servizos segundo subvencións. Programa Labora. 2002-05.
Subvencións Plan Labora de obras e servizos por concello. Pacto de Lemos. 2002-05
Carballedo Folgoso Monforte Pantón Pobra Quiroga Ribas Sil Saviñao Sober Taboada Total
Revaloriz. espazos públicos urbanos 34495 9278,4 51344 38759 207257 8557,3 349691
Apoio xestión municipal 102268 33471 175759 10945 48599 125410 12200 68792 99522 24283 701250
Xestión medioambiental 16419 238381 36731 18534 8353,7 16320 10275 32237 377250
Desenrvolvemento empresarial 54701 33094 22620 20754 10479 141648
Promoción turística 12383 76738 52248 18589 159958
Cultura/Actividades extraescolares 54105 18589 146523 26995 16519 43005 44099 10479 360313
Políticas Activas de Emprego 28

Servizos sociais/Axuda a domicilio 8148 124594 28731 30817 56413 8525 39130 296358
Promoción deporte 75133 16462 10275 9043,4 110913
Total 227818 61339 868040 155650 153228 473533 37045 184916 190138 34762 2386468
Distribución porcentual Carballedo Folgoso Monforte Pantón Pobra Quiroga Ribas Sil Saviñao Sober Taboada Total
Revaloriz. espazos públicos urbanos 9,86% 2,65% 14,68% 0,00% 11,08% 59,27% 0,00% 0,00% 2,45% 0,00% 14,65%
Apoio xestión municipal 14,58% 4,77% 25,06% 1,56% 6,93% 17,88% 1,74% 9,81% 14,19% 3,46% 29,38%
Xestión medioambiental 4,35% 0,00% 63,19% 9,74% 4,91% 2,21% 4,33% 2,72% 8,55% 0,00% 15,81%
Desenvolvemento empresarial 0,00% 0,00% 38,62% 0,00% 0,00% 23,36% 0,00% 15,97% 14,65% 7,40% 5,94%
Promoción turística 7,74% 0,00% 47,97% 32,66% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 11,62% 0,00% 6,70%
Cultura/Actividades extraescolares 15,02% 5,16% 40,67% 7,49% 4,58% 11,94% 0,00% 12,24% 2,91% 0,00% 15,10%
Servizos sociais/Axuda a domicilio 2,75% 0,00% 42,04% 9,69% 10,40% 19,04% 2,88% 13,20% 0,00% 0,00% 12,42%
Promoción deporte 0,00% 0,00% 67,74% 14,84% 0,00% 0,00% 9,26% 8,15% 0,00% 0,00% 4,65%
Total 9,55% 2,57% 36,37% 6,52% 6,42% 19,84% 1,55% 7,75% 7,97% 1,46% 100%
Fonte: Elaboración propia. Datos Concellos do Pacto de Lemos

 Táboa 9.23. Distribución traballadores por concellos das obras/servizos.Programa Labora. 2002-2005.

Traballadores Plan Labora segundo obras e servizos por concello. Pacto de Lemos. Ano 2002-05.
Carballedo Folgoso Monforte Pantón Pobra Quiroga Ribas Sil Saviñao Sober Taboada Total
Revaloriz. espazos públicos urbanos 4 1 6 3 22 1 37
Apoio xestión municipal 11 3 12 1 5 11 1 7 7 2 60
Xestión medioambiental 2 21 3 1 1 1 1 3 33
Desenvolvemento empresarial 5 4 2 2 1 14
Promoción turística 1 9 4 2 16
Cultura/Actividades extraescolares 5 2 18 2 1 4 5 1 38
Servizos sociais/Axuda a domicilio 1 14 4 3 6 1 4 33
Promoción deporte 8 2 1 1 12
Total 24 6 93 16 13 48 4 20 16 3 243
Distribución porcentual Carballedo Folgoso Monforte Pantón Pobra Quiroga Ribas Sil Saviñao Sober Taboada Total
Revaloriz.espazos públicos urbanos 10,81% 2,70% 16,22% 0,00% 8,11% 59,46% 0,00% 0,00% 2,70% 0,00% 15,23%
Apoio xestión municipal 18,33% 5,00% 20,00% 1,67% 8,33% 18,33% 1,67% 11,67% 11,67% 3,33% 24,69%
Xestión medioambiental 6,06% 0,00% 63,64% 9,09% 3,03% 3,03% 3,03% 3,03% 9,09% 0,00% 13,58%
Desenvolvemento empresarial 0,00% 0,00% 35,71% 0,00% 0,00% 28,57% 0,00% 14,29% 14,29% 7,14% 5,76%
Promoción turística 6,25% 0,00% 56,25% 25,00% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 12,50% 0,00% 6,58%
Cultura/Actividades extraescolares 13,16% 5,26% 47,37% 5,26% 2,63% 10,53% 0,00% 13,16% 2,63% 0,00% 15,64%
Servizos sociais/Axuda a domicilio 3,03% 0,00% 42,42% 12,12% 9,09% 18,18% 3,03% 12,12% 0,00% 0,00% 13,58%
Promoción deporte 0,00% 0,00% 66,67% 16,67% 0,00% 0,00% 8,33% 8,33% 0,00% 0,00% 4,94%
Total 9,88% 2,47% 38,27% 6,58% 31,20% 19,75% 1,65% 8,23% 6,58% 1,23% 100%
Fonte: Elaboración propia. Datos Concellos do Pacto de Lemos

Observamos que o concello de Monforte é o que acadou maior contía de subvencións,


recibindo no período o 36% da subvencións e contratando ao 38% das persoas; seguido de
Quiroga quen xestionou o 20% das subvencións e contratou o 20% dos traballadores e o que
menos, Taboada (1,46% da subvención e 1,23% de traballadores) e Ribas do Sil (1,55% e
1,65% respc).
O perfil dos traballadores contratados (de maior nivel académico segundo veremos
máis adiante) permitiu certos tipos de actuacións máis aló das circunscritas na “Revalorización
de espazos públicos urbanos” ou no “mantemento de espazos naturais”. Actuacións coma
“apoio á xestión municipal”(25% dos traballadores), “promoción cultural”(16% dos
traballadores), “desenvolvemento empresarial”(6% dos traballadores), o de “promoción turística
“ (7%).

Análise desempregados contratados no Programa Labora Concellos do Pacto.


Nas seguintes tres táboas coa intención de estudar o perfil de participantes neste
programa, estudaranse as variables xénero, idade (dous tramos 16-24 e 24-30), e nivel
académico dos mesmos.

 Táboa 9.24. Evolución traballadores segundo xénero. Programa Labora. Pacto. 02-05.
Políticas Activas de Emprego 29

Traballadores Plan Labora segundo xénero. Pacto de Lemos. Ano 2002-05.


Obras e servizos 2002 2003 2004 2005 Total
Segundo Xénero H M H M H M H M H M
Revalorización espazos públicos urbanos 8 4 7 0 2 4 3 3 20 11
Apoio xestión municipal 1 6 5 11 6 15 4 12 16 44
Xestión medioambiental/Protec. mto zonas naturais 3 2 3 3 1 5 3 5 10 15
Desenvolvemento empresarial 0 6 3 1 1 3 0 0 4 10
Promoción turística 1 4 1 8 0 1 0 1 2 14
Cultura/Actividades extraescolares 1 13 3 11 1 6 0 2 5 32
Servizos sociais/Axuda a domicilio 1 11 0 9 2 8 0 2 3 30
Promoción deporte 0 5 1 1 0 3 0 0 1 9
Total 15 51 23 44 13 45 10 25 61 165

Obras/Servizos – Porcentaxes 2002 2003 2004 2005 Total


Segundo xénero H M H M H M H M H M
Revalorización espazos públicos urbanos 66,67% 33,33% 100,00% 0,00% 33,33% 66,67% 50,00% 50,00% 64,52% 35,48%
Apoio xestión municipal 14,29% 85,71% 31,25% 68,75% 28,57% 71,43% 25,00% 75,00% 26,67% 73,33%
Xestión medioamb./Prot. mto zonas naturais 60,00% 40,00% 50,00% 50,00% 16,67% 83,33% 37,50% 62,50% 40,00% 60,00%
Desenvolvemento empresarial 0,00% 100,00% 75,00% 25,00% 25,00% 75,00% 0,00% 0,00% 28,57% 71,43%
Promoción turística 20,00% 80,00% 11,11% 88,89% 0,00% 100,00% 0,00% 100,00% 12,50% 87,50%
Cultura/Actividades extraescolares 7,14% 92,86% 21,43% 78,57% 14,29% 85,71% 0,00% 100,00% 13,51% 86,49%
Servizos sociais/Axuda a domicilio 8,33% 91,67% 0,00% 100,00% 20,00% 80,00% 0,00% 100,00% 9,09% 90,91%
Promoción deporte 0,00% 100,00% 50,00% 50,00% 0,00% 100,00% 0,00% 0,00% 10,00% 90,00%
Total 22,73% 77,27% 34,33% 65,67% 22,41% 77,59% 28,57% 71,43% 26,99% 73,01%
Fonte: Elaboración propia. Datos Concellos do Pacto de Lemos

Do total de traballadores que estiveron contratados polo Programa Labora, o 27% foron
homes e o 73% mulleres. Os servizos con máis presenza feminina foi “Servizos Sociais/Axuda
a domicilio” (91% mulleres), seguido de “promoción do deporte” (90% mulleres) e onde menos,
“Revalorización espazos públicos urbanos” (35% mulleres). No resto dos servizos foi maior a
presenza do xénero feminino.

 Táboa 9.25. Evolución de traballadores, segundo idade. Programa Labora. Pacto. 02-05
Traballadores Programa Labora segundo idade. Pacto de Lemos. 2002-05.
Obras/Servizos 2002 2003 2004 2005 Total
Segundo tramos de idades 16-24 25-30 16-24 25-30 16-24 25-30 16-24 25-30 16-24 25-30
Revalorización espazos públicos urbanos 3 9 3 4 2 3 1 5 9 21
Apoio xestión municipal 6 1 8 8 13 8 9 7 36 24
Xestión medioambiental/Protec.mto zonas naturais 3 3 2 4 5 1 4 4 14 12
Desenvolvemento empresarial 0 6 3 1 1 3 0 0 4 10
Promoción turística 1 1 3 6 0 1 0 1 4 9
Cultura/Actividades extraescolares 4 8 2 12 5 1 1 2 12 23
Servizos sociais/Axuda a domicilio 5 7 2 7 7 3 1 1 15 18
Promoción deporte 1 4 1 1 3 0 0 0 5 5
Total 23 39 24 43 36 20 16 20 99 122
Obras/Servizos – Distribución Porcentual 2002 2003 2004 2005 Total
Segundo tramos de idades 16-24 25-30 16-24 25-30 16-24 25-30 16-24 25-30 16-24 25-30
Revalorización espazos públicos urbanos 25,00% 75,00% 42,86% 57,14% 40,00% 60,00% 16,67% 83,33% 30,00% 70,00%
Apoio xestión municipal 85,71% 14,29% 50,00% 50,00% 61,90% 38,10% 56,25% 43,75% 60,00% 40,00%
Xestión medioambiental/Protec. mto zonas naturais 50,00% 50,00% 33,33% 66,67% 83,33% 16,67% 50,00% 50,00% 53,85% 46,15%
Desenrvolvemento empresarial 0,00% 100,00% 75,00% 25,00% 25,00% 75,00% 0,00% 0,00% 28,57% 71,43%
Promoción turística 50,00% 50,00% 33,33% 66,67% 0,00% 100,00% 0,00% 0,00% 30,77% 69,23%
Cultura/Actividades extraescolares 80,00% 160,00% 14,29% 85,71% 83,33% 16,67% 33,33% 66,67% 34,29% 65,71%
Servizos sociais/Axuda a domicilio 41,67% 58,33% 22,22% 77,78% 70,00% 30,00% 50,00% 50,00% 45,45% 54,55%
Promoción deporte 33,33% 133,33% 50,00% 50,00% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 50,00% 50,00%
Total 43,40% 73,58% 0,00% 64,18% 64,29% 35,71% 44,44% 55,56% 44,80% 55,20%
Fonte: Elaboración propia. Datos Concellos do Pacto de Lemos
Políticas Activas de Emprego 30

No conxunto dos catros anos de duración do programa houbo unha maior presenza de
traballadores entre 25-30 anos (55%), fronte ós de 16-24 anos (45 %).
Os servizos de “Desenvolvemento empresarial” e “Revalorización de espazos públicos
urbanos” foron os de maior presenza nas idades de 25-30 anos (71% e 70% respectivamente),
e onde máis participación houbo dos máis mozos foi en “Apoio a xestión municipal” e “Xestión
medioambiental e protección mantemento zonas naturais” (60% e 54%, respectivamente, dos
menores de 25 anos).

 Táboa 9.26. Distribución segundo Nivel académico traballadores Programa Labora. Pacto de Lemos. Total
2002-2005.
Traballadores Plan Labora segundo nivel académico. Pacto de Lemos. Total 2002-2005.
Sen Estudos EXB F.P. F.P.-Cou Tit.Univ. Tit. Univ.
Obras/Servizos Bacharelato Total
Primarios ESO Grao medio Grao Sup media Superior
Revalorización espazos públicos urbanos 2 22 2 2 4 0 0 32
Apoio xestión municipal 0 1 5 4 25 11 13 59
Xestión medioamb/Prot. mto zonas naturais 6 9 1 2 7 7 1 33
Desenvolvemento empresarial 0 0 0 0 3 6 3 12
Promoción turística 0 0 4 1 4 5 0 14
Cultura/Actividades extraescolares 0 1 2 2 14 7 8 34
Servizos sociais/Axuda a domicilio 0 6 3 10 5 5 0 29
Promoción deporte 0 1 1 1 2 5 0 10
Total 8 40 18 22 64 46 25 223
Sen Estudos EXB F.P. F.P.-Cou Tit.Univ. Tit. Univ.
Obras/Servizos - Porcentaxes Bacharelato
Primarios ESO Grao medio Grao Sup media Superior
Revalorización espazos públicos urbanos 6,25% 68,75% 6,25% 6,25% 12,50% 0,00% 0,00%
Apoio xestión municipal 0,00% 1,69% 8,47% 6,78% 42,37% 18,64% 22,03%
Xestión medioamb/Prot. mto zonas naturais 18,18% 27,27% 3,03% 6,06% 21,21% 21,21% 3,03%
Desenvolvemento empresarial 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 25,00% 50,00% 25,00%
Promoción turística 0,00% 0,00% 28,57% 7,14% 28,57% 35,71% 0,00%
Cultura/Actividades extraescolares 0,00% 2,94% 5,88% 5,88% 41,18% 20,59% 23,53%
Servizos sociais/Axuda a domicilio 0,00% 20,69% 10,34% 34,48% 17,24% 17,24% 0,00%
Promoción deporte 0,00% 10,00% 10,00% 10,00% 20,00% 50,00% 0,00%
Total 3,59% 17,94% 8,07% 9,87% 28,70% 20,63% 11,21%
Fonte: Elaboración propia. Datos Concellos do Pacto de Lemos

Por nivel académico os mozos con Formación Profesional Grao superior ou COU foron
os que máis se contrataron ao abeiro do Programa Labora (29% do total dos catro anos),
seguidos polos de titulación universitaria media (21%). E onde menos contratos se realizaron
foron con aqueles/as sen estudos/primarios (4%).
Este programa foi destacable pola alta contratación de mozos e mozas con formación
académica superior e que lle permitiu aos concellos contar con persoal cualificado para moitos
dos servizos municipais durante un período de tempo determinado; ao mesmo tempo, a estes
desempregados se lles deu a posibilidade dunha experiencia laboral, que en moitos casos
sería impensable facela desde unha administración pública, así como a posibilidade de
contratación de titulacións de difícil inserción no mercado laboral.

 Programas de cooperación con Entidades Locais para a contratación de persoas


xurídicas
Inclúese neste epígrafe dous programas diferentes no total do período, un primeiro
iniciado no territorio do Pacto no ano 2000, ao abeiro da convocatoria anual da orde que
Políticas Activas de Emprego 31

regulaba as axudas ós Programas de Cooperación, para a contratación de Empresas de


Economía Social e Iniciativas Locais de Emprego e en vigor ata o ano 2004 (último ano que se
realizou algún dos servizos/obras con estas empresas).
O outro programa nace co obxectivo da realización por parte dos concellos, con medios
alleos, de estudos e informes de desenvolvemento local, sendo a primeira convocatoria no ano
2003 e manténdose vixente na actualidade.

9.3.1.1.3. Empresas de Economía Social e Empresas cualificadas como iniciativas locais


de emprego ou con empresas de economía social.

Este programa nace co obxectivo de que as entidades locais mediante os programas de


cooperación de fomento do emprego poidan recibir subvención para a contratación da
prestación de servizos públicos de interese xeral e social con empresas creadas nos últimos
tres anos.

Para elo as empresas contratantes debían de cumprir algún dos seguintes requisitos:
• Que tiveran a cualificación de iniciativas de emprego e que xerasen emprego estable
para tres desempregados no momento da contratación pola entidade local.
• Que foran Centros Especiais de Emprego.
• Empresas de Economía Social, dirixidas e constituídas, por algún dos seguintes
colectivos: menores de 30 anos, mulleres, parados de longa duración, mozos titulados
universitarios ou de formación profesional, traballadores que participasen nalgún
obradoiro de emprego ou curso de formación ocupacional sobre a actividade que
presta a empresa constituída.

Foron varias as empresas contratadas (na súa maioría autónomos) que, pertencendo a
algún dos colectivos citados, tiñan contratado a dous traballadores por conta allea, dos que
polo menos un tiña que estar incluído nos colectivos anteditos. Tamén se contratou algunha
cooperativa para servizos de xardinería e Iniciativas locais de emprego, apoiadas por algún dos
concellos do Pacto. Algunhas delas repetiron varios anos a contratación do servizo (prórroga),
pero nunca máis de tres anos. Realizáronse servizos de diferentes períodos de duración.

Esta convocatoria foi moi utilizada para a creación de novas empresas, sobre todo entre
mozos, ás que a contratación coa entidade local lles garantía uns ingresos suficientes para
afrontar os custos fixos. A proposta era moi boa, sempre e cando os promotores das empresas
continuarán coas mesmas no tempo e aproveitaran este empuxe inicial. A realidade foi outra xa
que a gran maioría sobreviviron os anos dos contratos co concello, e o finalizar non continuaron
coa actividade; nuns casos por falla de estímulo empresarial dos novos empresarios e noutros
casos ante a falla de viabilidade da actividade a desenvolver, necesaria duns recursos públicos
que lle compense a escaseza da demanda privada.

Ao igual que o resto dos Programas de Cooperación anteriores, a información deste


apartado foi solicitada e recibida dos Concellos do Pacto de Lemos e segundo iso obtívose que
só seis concellos acudiron a esta programación para contratar algún servizo ou obra:
Carballedo, Monforte de Lemos, Pobra de Brollón, Quiroga, Sober e Taboada.
Políticas Activas de Emprego 32

A continuación, relaciónanse as obras e servizos de interese xeral e social que as


anteditas empresas prestaron aos concellos do Pacto. A información dispoñible varía entre un
90%-95% segundo os anos.

 Táboa 9.27. Subvencións para contratación empresas de Eª social por entidades locais. Pacto. 2000-04
Subvencións para contratación de empresas de Eª Social por entidades locais.
Obras/Servizos contratados 2000 2001 2002 2003 2004 Total
Ocio e deporte 12000 12000
Revalorización espazos públicos urbanos 15025 15025
Atención persoas minusválidas 12000 12000 24000
Coidado nenos 1-10 anos familias monoparentais 12000 12000 24000
Promoción rutas naturais 12000 12000
Organización rutas culturais cidade Monforte 12000 12000
Xestión servizos actividades turísticas 16192 16000 32192
Protección medioambiental 14424 12600 13650 40674
Acondicionam.instalaci.municipais 14424,3 10818 12600 13650 51492,3
Axuda a domicilio 12000 14424 12600 13650 52674
Servizo de limpeza 21636 21636
Novas tecnoloxías no rural 12100 12100
Xardinería
Total anual 77449 48000 55858 75436 53050 309793
Porcentaxe anual 25,00% 15,49% 18,03% 24,35% 17,12% 100%

Evolución porcentual 2000 2001 2002 2003 2004 Total


Ocio e deporte 15,49% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 3,87%
Revalorización espazos públicos urbanos 19,40% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 4,85%
Atención persoas minusválidas 15,49% 25,00% 0,00% 0,00% 0,00% 7,75%
Coidado nenos 1-10 anos familias monoparentais 15,49% 25,00% 0,00% 0,00% 0,00% 7,75%
Promoción rutas naturais 0,00% 25,00% 0,00% 0,00% 0,00% 3,87%
Organización rutas culturais cidade Monforte 0,00% 25,00% 0,00% 0,00% 0,00% 3,87%
Xestión servizos actividades turísticas 0,00% 0,00% 28,99% 21,21% 0,00% 10,39%
Protección medioambiental 0,00% 0,00% 25,82% 16,70% 25,73% 13,13%
Acondicionam.instalaci.municipais 18,62% 0,00% 19,37% 16,70% 25,73% 16,62%
Axuda a domicilio 15,49% 0,00% 25,82% 16,70% 25,73% 17,00%
Servizo de limpeza 0,00% 0,00% 0,00% 28,68% 0,00% 6,98%
Novas tecnoloxías no rural 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 22,81% 3,91%
Xardinería
Total 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100%

En ausencia dos datos do Servizo de Xardinería contratado polo concello de Taboada a


unha Sociedade Cooperativa, a contía aproximada do 90% do total de subvencións foi de
309.793€ para o período 2000-04, sendo superior a media dos anos 2000 e 2003. Os servizos
aos que se asinou unha maior contía foron: “axuda ao fogar” (17%),“acondicionamento de
instalacións municipais” (17%), seguido de “protección medioambiental” (13%) e “xestión de
actividades turísticas” (10%).

Do total da subvención deste programa, o 22% foi dedicado para iniciativas relacionadas
co turismo: ”xestión de actividades turísticas” (1 empresa), “ocio e deporte” (1 empresa),
Políticas Activas de Emprego 33

“promoción rutas naturais” (1 empresa) e “organización rutas culturais cidade de Monforte” (1


empresa), das cales non existe ningunha activa hoxe en día.

 Táboa 9.28. Evolución contratados por Empresas Eª Social para Servizos Públicos. Pacto de Lemos. 2000-04.

Contratados por empresas de Economía Social para servizos públicos.


Obras e servizos contratados 2000 2001 2002 2003 2004 Total
Ocio e deporte 3 3
Revalorización espazos públicos urbanos 3 3
Atención persoas minusválidas 3 3 6
Coidado nenos 1-10 anos familias monoparentais 3 3 6
Promoción rutas naturais 3 3
Organización rutas culturais cidade Monforte 3 3
Xestión servizos actividades turísticas 3 3 6
Protección medioambiental 3 3 3 9
Acondicionamento instalacións municipais 3 3 3 3 12
Axuda a domicilio 3 3 3 3 12
Servizo de limpeza 3 3
Xardinería 3
Novas tecnoloxías no rural 3 3
Total 18 12 12 15 12 72
Fonte: Elaboración propia. Datos Concellos do Pacto de Lemos

Coa información dispoñible, obtense que se contrataron no período un total de 72


persoas, cunha media de subvención de 4.302,68€ por traballador, incrementándose esta
media o ano 2003 ata 5.655€ por traballador. A meirande parte dos contratos tiveron unha
duración de seis meses.

9.3.1.1.4. Fomento do desenvolvemento local.


Iníciase este programa no ano 2003 e os primeiros concellos en poñelo en marcha no
Pacto de Lemos foron Monforte de Lemos e Sober. Nos seguintes anos, o resto dos concellos
do Pacto (agás, Quiroga e Bóveda) foron realizando a través das entidades locais con medios
alleos, estudos e informes, co obxecto de coñecer as posibilidades de desenvolvemento e
implantación de empresas en cada un dos concellos.
Dende o 2003 ata o 2008, no Pacto de Lemos (a excepción do 2004 e 2007) houbo
todos os anos algún concello subvencionado con este obxectivo.
Na seguinte táboa (9.29) observase o peso porcentual de cada concello do Pacto en
canto ás subvencións recibidas para desenvolvemento local no período 2003-2008, o que nos
indica que o concello de Monforte de Lemos (15%) e de Sober (15%) foron os que máis
proxectos realizaron e subvencións recibiron, seguidos de Taboada (13%) e de Chantada
(13%). A información sobre este programa foi solicitada aos concellos e a dispoñible é
aproximadamente do 90%.

 Táboa 9.29. Evolución porcentual das subvencións por concellos Desenvolvemento Local. Pacto. 2003-08.
Subvencións Desenvolvemento Local por concello. Pacto de Lemos. 2003-08.
Concellos 2003 2005 2006 2008 Total Contía
Carballedo 0,00% 0,00% 29,62% 0,00% 7,43% 11.907
Chantada 0,00% 14,29% 20,03% 0,00% 12,52% 20.065
Folgoso Courel 0,00% 14,29% 0,00% 0,00% 7,50% 12.020
Políticas Activas de Emprego 34

Monforte de Lemos 50,00% 14,29% 0,00% 0,00% 15,00% 24.039


Pantón 0,00% 14,29% 0,00% 0,00% 7,50% 12.020
A Pobra 0,00% 0,00% 0,00% 100,00% 7,43% 11.907
Ribas do Sil 0,00% 0,00% 29,62% 0,00% 7,43% 11.907
O Saviñao 0,00% 14,29% 0,00% 0,00% 7,50% 12.020
Sober 50,00% 14,29% 0,00% 0,00% 15,00% 24.039
Taboada 0,00% 14,29% 20,73% 0,00% 12,70% 20.353
Total 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 160.260,5
Fonte: elaboración propia. Datos Consellería de Traballo e Benestar. Concellos do Pacto

Análise evolutivo e comparativo Pacto/Provincia de Lugo e Galicia


Nas seguintes dúas táboas (9.30 e 9.31) amósanse os importes das subvencións
concedidas, o número de entidades beneficiarias ao desenvolvemento local tanto no territorio
do Pacto, como na Provincia de Lugo e en Galicia e a súa evolución no período 2003-08 (no
caso de Provincia e Galicia soamente ata o 2007, e en provincia non dispoñemos de
orzamentos).
Obsérvase nos tres ámbitos territoriais unha diminución no 2007, en comparación ó
ano de inicio (2003), tanto en número de concellos como en orzamento, o ano de máis
proxectos foi o 2005, con 7 concellos no Pacto, 18 en provincia e 69 en Galicia e a partires
deste ano iníciase o declive deste programa nos tres territorios, sendo máis grave no Pacto,
onde no 2007 non houbo ningún proxecto e no 2008, un só proxecto na Pobra do Brollón.

 Táboa 9.30. Nº de Programas de Desenvolvemento local. Pacto/Provincia/Galicia. (03-08)


Programas de Desenvolvemento Local. Pacto/Provincia/Galicia. Ano 2003-2008.
2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total
Pacto 2 0 7 4 0 1 14
Provincia 8 6 18 9 6 47
Galicia 55 51 69 53 36 264
Fonte: Elaboración propia. Datos Consellería de Traballo e Benestar. Concellos do Pacto de Lemos

No Pacto de Lemos participaron no período 14 programas, preto do 30% dos provinciais


e do 5% dos programas Galegos; en Lugo participaron o 18% dos galegos. En todos os eidos
o ano 2005 foi o que máis actividade amosou nestes programas, agromando o 52% da contía
total das subvencións no caso do Pacto de Lemos, e o 26% no caso da comunidade.

 Táboa 9.31. Subvencións de Desenvolvemento local Pacto/Galicia (2003-2008).

Subvencións de Desenvolvemento Local. Pacto/Galicia. 2003-2008.


2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total
Pacto 24040,48 0 84140 40180 0 11900 160260,5
Porcentual 15,00% 0 52,50% 25,07% 0 7,43% 100%
Galicia 635000 621000 800000 600000 400000 3056000
Porcentual 20,78% 20,32% 26,18% 19,63% 13,09% 100%
Fonte: Elaboración propia. Datos Consellería de Traballo e Benestar. Concellos do Pacto de Lemos

As subvencións concedidas pola Xunta de Galicia no territorio do Pacto ata o ano 2008,
ascenden a máis de 160.000.-euros; e en Galicia ata o 2007 superan os 3.000.000.-euros.
Se relacionamos o total de proxectos e subvencións do 2003 a 2007, no Pacto obtense
uns resultados moi similares no territorio do Pacto (11.412,45€/proxecto) e en Galicia
11.575,76€/proxecto). Neste período os proxectos realizados no territorio do Pacto supoñían
algo menos do 5% do total realizado en Galicia.
Políticas Activas de Emprego 35

9.3.1.2. Programas de Cooperación con organismos da administración pública distintas


da local e entidades sen ánimo de lucro.
Englóbase neste programa unha máis das medidas de fomento do emprego público
baixo a rúbrica de programas de cooperación. Nacen coa filosofía e necesidade de darlles ás
liñas de fomento do emprego unha perspectiva de dinamización e de xeración de novas
actividades no medio rural, con repercusión no emprego e na creación de alternativas de
ocupación laboral que, inicialmente impulsadas e subvencionadas pola Administración, sexan
capaces de perdurar e de ser mantidas ben por outras instancias da Administración
autonómica, ben polas propias entidades locais afectadas ou, na medida do posible, pola
propia iniciativa privada a través do mantemento do emprego xerado pola vía do mantemento
do servizo.
Ademais, darlles aos desempregados a opción dun posto de traballo, no que adquirirán
a experiencia profesional na realización das obras ou servizos de interese xeral e social, de
xeito que coa mellora da súa empregabilidade, se poidan situar en mellores condicións para
acceder a un posto de traballo unha vez rematada a súa participación neles.
Poden ser beneficiarias das axudas existentes para este programa, aqueles órganos da
Administración Pública distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro.
No territorio do Pacto, ao abeiro destas convocatorias de carácter anual, foron varias as
entidades que realizaron diferentes servizos nos concellos de Monforte, Chantada e Taboada;
todas elas entidades asociativas e fundacionais sen ánimo de lucro, de carácter empresarial,
deportivo, social e de asistencia persoal a colectivos con dificultades ou relacionadas coa
cultura e promoción turística. A continuación, detállanse estas entidades beneficiarias e
contratantes de desempregados para a realización de Programas de Cooperación do territorio
do Pacto de Lemos, no período 2003 a 2008 (do período 2000 a 2002 non se obtiveron apenas
datos, soamente da Fundación dos Ferrocarris de Galicia, polo que omitimos estes anos).

Entidades sen Ánimo de Lucro contratantes P.Cooperación 2003-08 Concello


Asociación Comerciantes e Industriais de Taboada Taboada
Asociación Familiares e Enfermos Alzheimer Monforte Monforte de Lemos
Agrupación Deportiva “A Pinguela” Monforte de Lemos
Asdeme Chantada
Asociación Famiiares e Enfermos Alzheimer Chantada Chantada
Asociación Empresarios de Chantada Chantada
Auxilia Monforte de Lemos
Cel Delegación Zona Sur Monforte de Lemos
Fundación dos Ferrocarriles de Galicia Monforte de Lemos
Fundación Residencia 3ª Idade Chantada Chantada
Residencia San José Monforte de Lemos
S.D. Chantada Chantada

Os servizos máis significativos realizados por estas entidades foron os seguintes:


• Recuperación e conservación de material ferroviario histórico
• Arquivo, documentación e administración do Museo do ferrocarril de Galicia
• Atención social a persoas con discapacidade, a terceira idade
• Programa de estimulación cognitiva-psicomotriz para persoas con demencia
• Plan de apoio e dinamización ao comercio e industria, sector empresarial
• Deportes
Políticas Activas de Emprego 36

Dous foron os programas utilizados: Programas de Cooperación para desempregados (o


xeral) e Programa Labora destinado aos menores de 30 anos. O período 2003-2005
corresponde soamente á contratación de beneficiarios do Programa Labora e o período 2006-
2008 a Programas de cooperación contratación de desempregados. Os datos cuantitativos
sobre os mesmos foi solicitado ás entidades beneficias mediante a cumplimentación dunha
serie de táboas numéricas sobre os datos que a continuación expoñemos.
Nas seguintes táboas reflectimos a información referente á número de persoas
contratadas clasificadas por xénero, idade e nivel académico polas seguintes entidades, quen
amablemente nos proporcionaron a información: Asociación Comerciantes e Industriais
(Taboada), Asociación Familiares enfermos Alzheimer (Monforte), Asdeme, Auxilia, Cel,
Fundación dos Ferrocarriles de Galicia e Residencia San José de Monforte.

 Táboa 9.32. Evolución subvencións P.C. Entidades sen ánimo de lucro. Pacto de Lemos. (2003-08).
Subvencións dos Programas de Cooperación concedidas a entidades sen ánimo de lucro.
Pacto de Lemos 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total
Orzamentos 37717 68535 134774 85078 132867 181979 640951
Fonte: Elaboración propia. Datos Entidades sen ánimo de lucro contratantes

Nesta táboa amósase o constante incremento dos orzamentos destinados a esta


finalidade ao longo dos anos, a excepción do ano 2006 noque se reduciron con respecto ao
2005, para volver a incrementarse, sendo o ano 2008 o de maior orzamento.

 Táboa 9.33. Evolución nº traballadores. P.C. Entidades sen ánimo de lucro. Pacto de Lemos (2003-2008).
Traballadores dos Programas de Cooperación en entidades sen ánimo de lucro
Pacto de Lemos 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total
Nº traballadores 4 7 9 7 7 10 44
Fonte: Elaboración propia. Datos Entidades sen ánimo de lucro contratantes

Segundo a información obtida polas entidades mencionadas, 44 persoas foron


contratadas no período 2003-2008. Obsérvase que o número de contratados multiplicouse por
2,5 (de 4 a 10); ao tempo que o orzamento case quintuplicouse, de 37.717€ a 181.979€. O
rateo por traballador foi dun custe medio de 14.567€.

 Táboa 9.34. Clasificación por xénero P.cooperación e P.Labora. Entidades sen ánimo de lucro. Pacto de
Lemos (2003-08)
Contratados por xénero Programas de Cooperación e Plan Labora en entidades sen ánimo de lucro.
2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total
H M H M H M H M H M H M H M
Total 4 0 3 4 4 5 4 3 4 3 6 4 25(56,82%) 19(43,18%)
Fonte: Elaboración propia. Datos Entidades sen ánimo de lucro contratantes

Dos desempregados contratados ao abeiro destes programas o 56,82% eran homes e


un 43,18% mulleres.

 Táboa 9.35. Clasificación por idade P.cooperación e P.Labora. Entidades sen ánimo de lucro. Pacto (2003-08).
Contratados por idade Programas de Cooperación e Plan Labora en entidades sen ánimo de lucro.
16-24 25-30 31-44 45-54 55-65
2003 2 2
2004 3 4
2005 3 6
2006 3 1 2 1
2007 1 0 5 1
2008 0 3 5 0 2
Políticas Activas de Emprego 37

Total 12 16 12 2 2
Total 27% 36% 27% 5% 5%
Fonte: Elaboración propia. Datos Entidades sen ánimo de lucro contratantes

A clasificación por idades reflicte que o 36% do total de contratados atopábanse no


treito de idade entre 25-30, e o 27% entre 30-44 anos; un 27% dos contratados eran menores
de 25 anos e os maiores de 44 anos son os de menos contratos neste programa coa
participación do 10%.
Grazas á existencia do programa Labora, pódese dicir que máis do 60% dos contratados
ó abeiro destas convocatorias foron menores de 31 anos.

 Táboa 9.36. Clasificación por nivel académico P.cooperación e P.Labora. Entidades sen ánimo de lucro.
Pacto de Lemos (2003-08).
Contratados por nivel académico Programas de Cooperación e Plan Labora en entidades sen ánimo de lucro.
Nivel académico 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total %
Sen estudios/Certificado escolaridade 0 0%
EXB/ESO 1 1 1 3 6 14%
Bacharelato 0 0%
F.P.Grao medio 1 2 1 4 9%
F.P. Grao superior-COU 1 2 2 3 2 10 23%
Titulación universitaria media 1 2 1 3 3 10 23%
Titulaci. universitaria superior 1 3 3 2 1 4 14 32%
Total 4 7 9 7 7 10 44 100%
Fonte: Elaboración propia. Datos Entidades sen ánimo de lucro contratantes

A clasificación por nivel académico, amósanos que non se formalizou ningún contrato
con persoas sen estudos, nin con titulacións de bacharelato, a porcentaxe máis alta está nos
contratados con nivel universitario superior: licenciados e enxeñeiros superiores (32%),
seguidos dos universitarios medios (23%); resultando que máis da metade dos contratados
nestes programas eran titulados universitarios.
É salientable o feito de que a contratación de desempregados ao abeiro de Programas
de cooperación con estas entidades, implica a contratación de persoas con nivel académico
máis alto co utilizado polos Programas de Cooperación con entidades locais. Como é de
esperar e debido a isto, a obra ou servizo que se está a realizar, no caso das entidades sen
ánimo de lucro está sempre relacionada coa natureza desa entidade (normalmente un servizo),
e no caso dos concellos (obras e servizos, pero con contratos de menor categoría profesional).

9.3.2. Programas Mixtos de Formación e Emprego


Comprenden unha máis das políticas activas de emprego desenvolvidas pola
Consellería a través da xestión de subvencións e axudas públicas, neste caso financiados
íntegramente con fondos finalistas procedentes da Administración do Estado.
Políticas Activas de Emprego 38

A idea primixenia dos programas mixtos de formación e emprego é a adquisición de


formación profesional e práctica laboral mediante a realización de obras ou prestación de
servizos de utilidade pública ou interese social, relacionados cos novos viveiros de emprego,
tales coma a recuperación ou promoción do patrimonio histórico, artístico, cultural ou natural; a
rehabilitación de contornos urbanos ou do medio ambiente; a mellora das condicións de vida
nas cidades; de tal xeito que posibilite a súa posterior inserción laboral, xa sexa a través do
emprego por conta allea como mediante a creación de proxectos empresariais ou de economía
social. No primeiro caso con desempregados menores de 25 anos e no segundo con maiores
desta idade, prestando especial atención aos colectivos de difícil inserción.
A Consellería, a través da súa Delegación Provincial e a petición dos posibles
beneficiarios desta subvención (organismos autónomos e entes e sociedades públicas e de
dereito público da Comunidade Autónoma de Galicia; órganos, organismos autónomos e entes
e sociedades públicas e de dereito público da administración Xeral do Estado; universidades;
entidades locais ou entidades que exerzan as competencias daquelas en materia de
promoción de emprego cuxa titularidade corresponda integramente ás ditas entidades locais;
consorcios; fundacións; asociacións ou outras entidades sen ánimo de lucro), poden poñer en
marcha ditos programas mixtos de formación e promoción do emprego.
No caso do Pacto de Lemos no período de estudo (2000-2008), as únicas entidades
beneficiarias que realizaron estes programas foron os concellos e a Fundación do FFCC de
Galicia. Entre ámbalas dúas puxeron en marcha un total de 2 Escolas Obradoiro e 23
Obradoiros de Emprego, cun orzamento total de:
• Escolas Obradoiro: 1.239.480.-euros
• Obradoiros Emprego, máis de 13.500.000.-euros

O descenso dos proxectos de Escolas Obradoiro contrasta co crecemento progresivo


dos Programas de Obradoiros de Emprego; isto é debido a diferentes variables que afectan á
mellor consecución dos obxectivos dos programas mixtos de formación e emprego.
As Escolas Obradoiro, en claro abandono, son o eido fundamental para acadar varios
obxectivos de importancia para esa mocidade que quedou colgada do sistema educativo
obrigatorio e que carece dunha formación que lle posibilite unha inserción no mercado laboral.
A través destes programas, esta mocidade pode obter o certificado do ensino obrigatorio, pode
aprender un oficio e obter un diploma ocupacional que sume curricularmente e poda achegarse
Políticas Activas de Emprego 39

á realidade do mercado laboral en canto á contrapartida de deberes e obrigas do mundo


contractual. Ademais, dende o lado da formación, a mocidade menor de 25 anos aínda está
no ciclo biolóxico da permeabilidade ao aprendizaxe no senso máis amplo.
Con todo o antedito pensamos que a falla de pulo ás Escolas Obradoiro foi un
desaproveitamento salientable das potencialidades das políticas activas de emprego;
desaproveitamento a potenciar e desenvolver cara ao futuro coa seriedade contractual
requirida e orientada aos posibles xacementos de emprego do territorio.
Os Obradoiros de Emprego realizados no Pacto no período de estudo foron levados a
cabo na súa meirande parte polos concellos, agás o promovido pola Fundación dos
Ferrocarriles de Galicia. Son proxectos que teñen moi boa acollida tanto pola parte dos
promotores, a quen lles permiten a realización de melloras estruturais de interese público,
coma pola parte dos desempregados a quen lles permite un contrato laboral de doce meses
nunhas condicións seguramente mellores cás que ordenan o mercado laboral real.
Os concellos programan estes proxectos en función das súas necesidades de obras e
servizos, e non en base ao perfil de desempregados do seu concello, nin das necesidades do
tecido produtivo existente, nin das novas actividades relacionados cos ocos de mercado.
As entidades promotoras prefiren os Obradoiros de Emprego xa que lles dá a
oportunidade de contar cunha mao de obra máis capacitada cara á efectividade da tarefa
asignada, esquecéndose da parte formativa do programa, que no caso deste colectivo adulto,
xa con oficio probablemente, áchase quizais máis nas lagoas de xestión para o autoemprego:
informática, administración, análise e control de custos, recualificación, etc.; cubríndose
apenas esta área formativa co módulo de orientación laboral e procura de emprego dentro da
programación do propio Obradoiro de emprego.
Un problema xeral aos dous programas é a falla de docentes con formación
metodolóxica suficiente, que cumpran os requisitos de ter experiencia laboral na profesión,
formación académica e formación en metodoloxía didáctica, que provoca que moitos destes
proxectos non teñan formadores axeitados. Do mesmo xeito púxose de relevo o escaso
presuposto para a partida de materiais que contan as entidades promotoras, podendo redundar
nunha peor consecución dos obxectivos a conseguir no proxecto.
En canto a proxectos de Casas de Oficios, non se realizaron ningún no período de
estudo no Pacto de Lemos, polo que non se realizará ningún tipo de análise nin a nivel
provincial ni autonómico.
Nas diferentes cuantificacións realizadas a continuación, tanto en Proxectos de Escolas
Obradoiro como en Obradoiros de Emprego, os datos foron solicitados aos concellos e
entidades promotoras mediante unhas táboas numéricas, as cales se cumprimentaron case na
súa totalidade.
Os datos pertencentes ás Escolas Obradoiro, no referente á comparación co ámbito
territorial da provincia e Galicia, incluímos os datos dos proxectos de “E.O. no Camiño de
Santiago”, e no caso dos programas de “Obradoiros de Emprego” non foron incluídos.

9.3.2.1. Escolas Obradoiro


As escolas obradoiro defínense como programas públicos de emprego-formación,
destinados aos desempregados menores de 25 anos e cunha duración do proxecto entre 1 e 2
anos. Distínguense dúas etapas, unha primeira de 6 meses formativa e unha segunda (resto de
duración) máis práctica polo que se vinculan á entidade promotora por un contrato de traballo
en formación.
Soamente foron dous os Proxectos de Escolas Obradoiro que se realizaron desde o
ano 2000 no territorio do Pacto, 28 proxectos na provincia de Lugo e 103 en Galicia, o que
supón que as Escolas do Pacto representan o 7% dos provinciais e o 2% das galegas, mentres
que Lugo acolleu o 27% das galegas.
Políticas Activas de Emprego 40

O estudo neste apartado farase practicamente destes dous anos (2001 e 2002), agás
dalgún análise evolutivo e comparativo de Pacto/Provincia/Galicia.

Ano Escola Obradoiro Entidade promotora Homes Mulleres Traballadores


2001-2003 Municipal de Quiroga Concello Quiroga 37 8 45
2002-2004 E.O. Monforte IV Concello Monforte 31 17 48
Fonte Elaboración propia. Datos Concellos do Pacto de Lemos

Entre as dúas escolas formaron un total de 93 alumnos, dos cales o 73% eran homes e
o 27% mulleres. As especialidades impartidas están encadradas nas Familias Profesionais
“Edificación e obra civil” (4), e “Agraria” (2).

Familia Profesional: Agraria


Especialidades Código Nº Alumnos Homes Mulleres
Xardinería AGA050 10 1 9
Traballador Forestal AGAE10 15 13 2
Total 25 14 11
Familia Profesional: Edificación e Obra Civil
Especialidades Código Nº Alumnos Homes Mulleres
Albanelería EOCL10 25 20 5
Cantería EOCC10 25 20 5
Fontanería EOCI10 9 8 1
Pintura EOCA10 9 6 3
Total 68 54 14
Fonte Elaboración propia. Datos Concellos do Pacto de Lemos

 Gráfico 9.6. Evolución Escolas Obradoiro (2000-2008) Pacto/Provincia/Galicia

(*) Incluídas as Escolas Obradoiro no Camiño de Santiago


Políticas Activas de Emprego 41

A evolución do número de proxectos a nivel provincial amosan unha continua diminución;


do ano 2000 a 2003 (de 7 a 2 Escolas), sube 1 escola no 2004 e volven a diminuír en anos
sucesivos, ata recuperarse o volume de Escolas, no ano 2008, con catro proxectos. Se
collemos o ano 2008 con respecto o ano 2000, podemos dicir que o número de Escolas
Obradoiro a nivel provincia diminuíu nun 43%. Neste período desenvolvéronse en Lugo o 27%
das Escolas Obradoiros galegas.

A nivel de Galicia dase a mesma tendencia de diminución de Escolas, variando nun 37%
menos de proxectos no 2008 con respecto ao ano 2000. Aumenta do ano 2000 a 2001 en 7
proxectos, e a partir deste ano o declive nestes proxectos é constante, finalizando o último ano
2008 con 12 proxectos na nosa Comunidade Galega.

Nas seguintes táboas, reflíctense as Familias Profesionais impartidas co correspondente


número alumnos nas dúas Escolas obradoiro realizadas no Pacto, e a súa comparación coas
realizadas na Provincia de Lugo e en Galicia. Para elo, agrupouse nas Escolas do Pacto as
especialidades impartidas en cada unha das Familias Profesionais.

 Táboa 9.37. Nº alumnos por familias profesionais.Pacto/Provincia/Galicia 2001 e 2002


Nº alumnos e Familias Profesionais impartidas. Anos 2001 e 2002
Familias Profesionais Pacto Provincia Galicia
Edificación e obra civil 68 202 2544
Agraria/medio ambiente 25 96 1172
Madeira 0 30 1043
Fabricación mecánica 0 57 444
Outras 0 44 68
Total alumnos 93 429 5.271
Porcentaxe 22% 8%
Fonte: Elaboración propia. Consellería de Traballo e Benestar. Concellos do Pacto

Obsérvase que as familias profesionais impartidas nas dúas Escolas Obradoiro do Pacto
de Lemos, son repetitivas en comparanza coa diversificación da provincia e Galicia. De tal xeito
que en “Edificación e obra civil” o 34% (68) do alumnado lucense atópase no Pacto fronte ao
8% (202/2544) do alumnado provincial en relación a Galicia. No que atinxe á “Agraria e medio
ambiente” temos o 26% (25) no Pacto vs o 8% do alumnado galego (96/1172) en Lugo.
O orzamento das dúas Escolas Obradoiro no Pacto foi de 1.234.480€, co cal sae un
rateo de 13.328€ para cada un dos 93 alumnos formados.
 Gráfico 9.7. Distribución alumnos Escolas Obradoiro segundo as familias profesionais impartidas.
Pacto/Provincia/Galicia. 2001 e 2002
Políticas Activas de Emprego 42
Políticas Activas de Emprego 43

A continuación, relaciónanse tódalas especialidades impartidas xunto co número de


escolas obradoiro que impartiron esa especialidade, tanto nas dúas Escolas do Pacto, como a
súa comparación coa Provincia de Lugo e Galicia.

 Táboa 9.38. Escolas Obradoiro por especialidades. Pacto/Provincia/Galicia 2001 e 2002


Nº Escolas que impartiron as especialidades encadradas. Anos 2001 e 2002
Especialidades Formativas impartidas Pacto Provincia Galicia
Albanelería 2 9 28
Cantería 2 4 19
Carpintería 0 3 21
Traballos forestais 1 1 2
Soldadura 0 0 1
Xardinería 1 5 17
Colocación lousa-revestimento 0 0 1
Carpintería metálica-forxa 0 3 7
Conservación recursos naturais 0 1 1
Caldereiría 0 1 1
Restauración áreas degradadas 0 0 1
Axuda a domicilio 0 0 1
Electricidade/fontanería 1 1 2
Medio ambiente 0 2 3
Pintura 1 1 1
Total 8 31 106
Fonte: Elaboración propia. Consellería de Traballo e Benestar. Concellos do Pacto

Na táboa 9.38 amósase que a especialidade de “albanelería” é a máis impartida en


tódalas Escolas, tanto no Pacto de Lemos (25% das especialidades), como na Provincia (29%)
e en Galicia (26%). Ao igual que “cantería” ; 25% no Pacto, 13% na provincia e 18% en Galicia.

Despois de albanelería, as especialidades que tiveron máis peso en número de escolas,


foi a de “xardinería” (13% no Pacto, 16% en Lugo e Galicia) e “carpintería” (0% no Pacto, 10%
en Lugo, 20% en Galicia).
Na seguinte táboa amósase as áreas de actuación das obras realizadas polos alumnos
das dúas Escolas obradoiro do Pacto, e a súa comparación coas realizadas no Provincia de
Lugo e Galicia.

 Táboa 9.39. Porcentaxe de alumnos en áreas de actuación. E.O. Pacto/Provincia/Galicia.


Áreas de actuación do alumnado. Anos 2001 e 2002
Pacto Provincia Galicia
2001 2002 2001 2002 2001 2002
Axardinamento 0 0 4,26% 0 11,21% 12,43%
Nova construción 35% 0 6,98% 0 16,09% 5,97%
Rehabilita.patrimonio arquitectónico 55% 87,29% 77,17% 87,29% 56,02% 69,28%
Rehabilitación patrimonio natural 10% 12,71% 11,58% 12,71% 10,38% 8,16%
Total 100% 100% 100% 100% 100% 100%
Fonte: Elaboración propia. Consellería de Traballo e Benestar. Concellos do Pacto

Nos anos 2001 e 2002, amósase unha tendencia moi similar no tipo de actuacións tanto
no ámbito territorial do Pacto, coma na provincia de Lugo e Galicia. A gran maioría dos
recursos humanos foron dedicados á recuperación e á rehabilitación do patrimonio
arquitectónico. Resalta a área de actuación de “nova construción”, á cal foron destinados o
Políticas Activas de Emprego 44

35% dos efectivos do ano 2001 no Pacto mentres que só supuxo o 7% dos efectivos en Lugo e
o 16% en Galicia.

Análise alumnado Escolas Obradoiro


Os datos referidos ao Pacto de Lemos foron consultados ós dous Concellos promotores
das dúas escolas: Concello de Quiroga e Concello de Monforte. No caso do estudo por idades
non o expoñemos, xa que faltan os datos dunha delas, polo que analizaremos xénero, nivel
académico e tempo en desemprego dos alumnos.

 Segundo Xénero
En canto ás Escolas Obradoiro iniciadas nos anos 2001 e 2002, no Pacto, Provincia e
Galicia, obsérvase que o peso do xénero masculino é maior no Pacto, que na Provincia e
Galicia, cunhas diferenzas dun 6,45% máis de participación masculina no Pacto con respecto a
Provincia e un 4,5% máis que en Galicia.

 Táboa 9.40. Comparación do alumnado E.O. por sexo. Pacto/Provincia/Galicia. 2001-2002.


Alumnado Escolas Obradoiro segundo xénero. Pacto/Provincia/Galicia
Pacto Provincia Galicia
Homes 68 (73,12%) 286 (66,67%) 3617 (68,62%)
Mulleres 25 (26,88%) 143 (33,33%) 1654 (31,38%)
Total 93 429 5271
Fonte: Elaboración propia. Datos:Consellería de Traballo e Benestar. Concellos do Pacto

 Gráfico 9.8. Xénero alumnos Escolas Obradoiro. Pacto de Lemos. 2001 e 2002

 Segundo nivel académico


Políticas Activas de Emprego 45

Con respecto ó nivel académico que posúen os alumnos que participan nas Escolas
Obradoiro amósase que no Pacto/Provincia/Galicia a tendencia é moi similar; a maioría dos
participantes (máis do 50% nos tres ámbitos territoriais) teñen EXB, seguidos dos que posúen
escolarización básica e sen estudios. A menor participación correspóndelle aos alumnos con
titulacións universitaria (media e superior), que no caso do Pacto de Lemos non participou
ningunha persoa con este nivel académico.
 Táboa 9.41. Comparación do alumnado E.O. segundo nivel académico. Pacto/Provincia/Galicia. 2001-02.
Alumnado Escolas Obradoiro segundo nivel académico. Pacto/Provincia/Galicia. Ano 2001-2002
Nivel académico Pacto Provincia Galicia
Sen estudios, escolarización básica 26 (27,96%) 156 (36,36%) 1741 (33,03%)
EXB/ESO 54 (58,06%) 218 (50,82%) 3092 (58,66%)
Bacharelato 8 (8,60%) 23 (5,36%) 200 (3,79%)
F.P.(Grao medio) 2 (2,15%) 10 (2,33%) 81 (1,54%)
F.P. (Grao superior-COU) 3 (3,23%) 20 (4,66%) 144 (2,73%)
Tit.univers.media 0 1 (0,23%) 9 (0,17%)
Tit.univers.superior 0 1 (0,23%) 4 (0,08%)
Fonte: Elaboración propia. Datos:Consellería de Traballo e Benestar. Concellos do Pacto

 Gráfico 9.9. Distribución nivel académico alumnos Escolas Obradoiro. Pacto. 2001-02.

 Segundo tempo en desemprego


En canto á antigüidade como demandantes de emprego, obsérvase que os alumnos
destas dúas escolas do Pacto, un 39% tiñan unha antigüidade entre 6-12 meses de
desempregados antes de inicia-lo proxecto (parados de media duración), un 37% menos de 3
meses, o 15% entre 3-6 meses e, menos significativos, os parados de longa duración 12-24
meses un 6,45%, e os de moi longa duración un 3,23%.

 Táboa 9.42. Distribución segundo tempo en desemprego do alumnado antes de iniciar o proxecto E.O. Pacto de
Lemos. 2001-02.
Alumnado Escolas Obradoiro segundo tempo en desemprego. Pacto de Lemos. Ano 2001-2002
< 3 meses 3-6 meses 6-12 meses 12-24 meses >24 meses
Homes 25 10 30 3 0
Mulleres 9 4 6 3 3
Total 34 (36,56%) 14 (15,05%) 36 (38,71%) 6 (6,45%) 3 (3,23%)
Fonte:Elaboración propia. Datos: Concellos do Pacto

 Gráfico 9.10. Distribución segundo tempo en desemprego do alumnado antes de iniciar o proxecto E.O. Pacto
de Lemos. 2001-02.
Políticas Activas de Emprego 46

9.3.2.2. Obradoiros de Emprego


A primeira convocatoria que a Comunidade Autónoma Galega publicou destes
programas foi no ano 1999 para dar unha saída profesional e formativa a colectivos antes non
contemplados polos proxectos das escolas obradoiros, sobre todo os colectivos considerados
de difícil inserción (prioritarios).
Os requisitos para participar como alumnos traballadores:
• Estar inscritos como demandantes de emprego
• Ter 25 ou máis anos de idade
• Cumprir os requisitos para poder formalizar un contrato para a formación.

A duración dos proxectos de obradoiros de emprego é de un ano, distribuído en dúas


fases de seis meses cada unha e hai unha relación contractual coa entidade promotora desde
o inicio do obradoiro.
A continuación pasamos a detallar os Obradoiros de Emprego realizados no Pacto de
Lemos no período de estudo, pasando primeiro a especificar o tipo de actuación por ano e
concello, para despois entrar nas especialidades formativas e no número de traballadores e
características en canto a formación, sexo e idade dos mesmos.
Como podemos observar, as actuacións realizadas foron nos eidos medioambientais,
construción ou rehabilitación de edificios de uso público, recuperación do patrimonio civil e
relixioso, e a rehabilitación de espazos públicos e urbanos. Como vemos non houbo ningunha
actuación en relación a outras posibles accións contempladas na orde de convocatoria coma
aquelas orientadas aos servizo á comunidade, actividades agropecuarias, etc.
Concellos de Bóveda e Pobra do Brollón
Ano Obradoiro Actuacións principais
Bóveda:
Acondicionamento das marxes do río Mao e de varias zonas axardinadas.
Construción do edificio multiusos municipal.
2002 O Teixugo
Pobra do Brollón:
Acondicionamento da área recreativa do río Saa e do campo de fútbol dos Medos.
Recuperación de sete fontes tradicionais.

Concello de Carballedo
Ano Obradoiro Actuacións principais
2002 San Miguel Rehabilitación da escola pública da Touza-Oleiros.
Políticas Activas de Emprego 47

Acondicionamento das prazas públicas e dos campos da festa de Furco e Santa Baia.
Cubrición das bancadas do campo de fútbol da Barrela.
Acondicionamento da Casa do Concellol de Castro para destinala a local social.
Santiago de
2005 Rehabilitación da escola pública para uso de albergue sita en A Touza-Oleiros.
Losada
Acondicionamento da zona deportiva municipal.

Concello de Chantada
Ano Obradoiro Actuacións principais
Acondicionamento do parque da Alameda e o seu contorno nas marxes do río Asma.
Acondicionamento da zona axardinada no parque do Sangoñedo.
2006 Chantada I Acondicionamento de exteriores do local social da parroquia de San Xurxo de Asma.
Acondicionamento de instalacións no campo de fútbol do Sangoñedo.
Restauración de petos e cruceiros.
Reconstrución dos pendellos do antigo campo da feira.
Acondicionamento do contorno do pavillón municipal.
2007 Chantada II
Acondicionamento da casa escola de Brigos.
Rehabilitación do antigo matadoiro.
Reconstrución pendellos do antigo campo da feira.
Acondicionamento da casa escola de San Fiz de Asma.
2008 Camiño Sur
Rehabilitación do arquivo municipal e conversión en escola de música.
Acondicionamento do sendeiro romano coñecido como “Codos de Belesar”.
Concello de Folgoso do Courel
Ano Obradoiro Actuacións principais
Rehabilitación de Reconstrución da antiga escola de Eiriz como centro sociocultural.
2006
Escolas Reconstrución da antiga escola de Meiraos como centro sociocultural.
Rehabilitación da antiga escola de Froxán como centro sociocultural.
Folgoso do
2007 Rehabilitación da antiga escola de Piñeira como centro sociocultural.
Courel II
Rehabilitación da antiga escola de Romeor como centro sociocultural.

Concello de Monforte de Lemos


Ano Obradoiro Actuacións principais
Reparación dunha máquina de vapor Mikado 141.
2000 Galaico Expreso Reparación de dúas locomotoras diesel Alco DL-500.
Rehabilitación de dous coches de viaxeiros.
Rehabilitación dunha locomotora eléctrica e varios vagóns para o Museo do Ferrocarril.
Galaico Expreso
2002 Rehabilitación da rotonda do edificio de depósito de tracción vapor da estación de
II
Monforte de Lemos.
Restauración, recuperación e conservación de vehículos e outro material ferroviario:
- locomotora diesel-eléctrica 308006-6 DA serie 10800
- Grúa de gran intervención AGM703
Galaico Expreso
2006 - Plataformas de catenaria e dresinas (3 unidades)
III
- Locomotora de vapor tipo Sestao
- Furgón Postal D10-10403
- Vagón de mercancías JCV 305595.
Habilitación dunha zona do semisoto do edificio multiusos situado a carón do río Cabe
para obradoiro de barcas fluviais.
Rehabilitación do edificio de propiedade municipal situado na rúa río Cabe nº 24.
Pavimentación dos accesos ao río Cabe e das zonas anexas.
2008 Río Cabe
- Construción de barcas fluviais, embarcadoiros e zonas de descanso ao longo do
paseo fluvial do río Cabe.
- Limpeza e recuperación de especies vexetais e de diversos elementos ao longo
das marxes do río Cabe.

Concello de Pantón
Ano Obradoiro Actuacións principais
Campo de fútbol e piscina municipais.
Reforma de
- Local social de Acedre.
2007 Instalacións
- Lareiras no edificio do campo da feira.
Municipais
- Reparación de catro fontes.

Concello de Pobra do Brollón


Ano Obradoiro Actuacións principais
2006 O Guímaro Rehabilitación dun edificio para centro social e acondicionamento dun campo para a
festa na parroquia de Ferreiros.
Rehabilitación da cuberta dunha antiga escola unitaria en Eixón.
2ª fase de construción dun local social en Lamaigrexa.
Rehabilitación dunha antiga escola para museo etnográfico e local social en Salcedo.
Acondicionamento do contorno dun local social na Estación.
Políticas Activas de Emprego 48

Restauración de dúas fontes lavadoiro tradicionais en Ferreiros.

Concello de Quiroga
Ano Obradoiro Actuacións principais
Selado e rexeneración do vertedoiro de Castrimouco.
Plantación de especies autóctonas na área axardianda de Polpiñeiro e pavimentación
Municipal de de lousa.
2000
Quiroga Creación dun viveiro no Parque das Vigas e limpeza e mantemento de sendeiros e
camiños.
Obras no matadoiro municipal e rehabilitación da escola pública San Xulián.
Acondicionamento das rúas da aldea de O Castelo-Novaes e de áreas axardinadas e
Municipal de do paseo fluvial nos ríos Sil e Quiroga.
2004
Quiroga Acondicionamento dos baixos do auditorio municipal para futuro Museo do Viño.
- 2ª fase da praza urbana localizada no solar do antigo cuartel da Garda Civil.

Concello de Ribas do Sil


Ano Obradoiro Actuacións principais
- Rehabilitación da escola de Torbeo.
2006 Río Sil - Acondicionamento do contorno da escola de Torbeo.
- Conservación e sinalización de tres rutas de sendeirismo.

Concello de O Saviñao
Ano Obradoiro Actuacións principais
2002 O Saviñao Construción adega-restaurante e adecuación praia fluvial da Cova.
2004 O Saviñao II Construción adega-restaurante no contorno da praia fluvial da Cova.

Concello de Sober
Ano Obradoiro Actuacións principais
Construción dun edificio para adega e museo do viño.
Terras do
2002 Adecuación de terreos para plantación de viñedo.
Amandi
Recuperación medioambiental dos Chancís na Xábrega.
Rehabilitación integral dos muíños do Regato e do Camilo.
Terras do Plantación de cerdeiras e mantemento e enxerta dos viñedos experimentais nos
2004
Amandi II Chancís.
Apertura de rutas de sendeirismo.
Construción dun edificio multiusos na área lúdico recreativa de Centeás.
- Construción dunha pista polideportiva, axardinamento, área de xogos infantís e
peche da parcela.
2008 Centeás
- Ordenación e urbanización do espazo dedicado a aparcadoiro.
- Rehabilitación do edificio da antiga casa escola de Neiras para vivenda e local
multiusos.

Concello de Taboada
Ano Obradoiro Actuacións principais
- Creación da aula da natureza e viveiro de plantas.
- Acondicionamento do Parque da Feira.
2008 O Carballo - Acondicionamento da rúa acceso ao campo da Feira.
- Acondicionamento e mantemento de illotes no enlace da N-540 e na estrada de
Monterroso, así como doutras zonas verdes de Taboada.

No período de estudo (2000-2008) realizáronse un total de 23 proxectos no territorio do


Pacto de Lemos, os dous primeiros proxectos de Obradoiros de emprego postos en marcha
foron no ano 2000. No total do período no Pacto, formáronse 736 traballadores participantes,
dos cales o 63% foron homes e o 37% mulleres, e na gran maioría en especialidades onde a
muller laboralmente está subrepresentada.
Obradoiros de Empregos no período 2000-2008 no Pacto de Lemos.

Ano inicio Obradoiro Emprego Entidade promotora Especialidades
traballadores
2000 Electromec.mantemento,caldeirería
Galaico Expreso Concello Monforte 40 industrial, carpintería madeira, chapa e
pintura vehículo.
Municipal de Quiroga Concello Quiroga 40 Traballos forestais,mineiro extracción
Políticas Activas de Emprego 49

elaboración colocación lousa,canteiro


2001 Non se iniciou ningún proxecto O.E. 0
Albanelaría,carpintería,chapa pintura
Galaico Expreso II Concello Monforte 48 vehículos,ebanisteria,electromecánico
mantemento.
O Saviñao Concello O Saviñao 32 Albanelaría,cantería,carpintería
2002 Concellos Bóveda e Pobra
O Teixugo 40 Albanelaría,xardinería
de Brollón
Albanelaría-cantaría,carpintería
San Miguel Concello Carballedo 30
metálica
Terras de Amandi Concello de Sober 30 Cantaría,viticultura
2003 Non se iniciou ningún proxecto O.E. 0
Albanelaría,cantaría de
Municipal de Quiroga Concello Quiroga 39
lousa,xardinaría-traballos forestais.
2004 O Saviñao II Concello O Saviñao 32 Albanelaría,carpintaría,cantaría
Terras de Amandi II Concello Sober 30 Cantaría,medio ambiente
2005 Santiago de Losada Concello Carballedo 29 Albanelaría, carpintaría metálica
Chantada I Concello Chantada 36 Albanelaría-cantaría, xardinaría
Chapa e pintura,
electricidade,electromecánica,
Galaico Expreso III Fundación FFCC Galicia 38
soldadura estruc.lixeiras,tecnoloxía
2006 oficios.
O Guímaro Concello Pobra de Brollón 30 Albanelaría
Rehabilitación de
Concello Folgoso do Courel 30 Albanelaría,cantaría
Escolas
Río Sil Concello Ribas do Sil 30 Albanelaría,xardinaría
Chantada II Concello Chantada 28 Albanelaría-cantaría,carpintaría
2007
Folgoso do Courel II Concello Folgoso do Courel 26 Albanelaría-cantaría
Reforma instalacións
Concello Pantón 26 Albanelaría,cantaría,carpintaría
municipais
2008 Obradoiros de Emprego en funcionamento no ano 2009
Albanelaría-cantaría,carpintaría
Fin: Dec.09 Camiño Sur Concello Chantada 25
madeira
Fin: Xuño 09 Centeas Concello Sober 27 Albanelaría, cantaría
Fin: Dec.09 O Carballo Concello Taboada 25 Albanelaría,xardinaría
Albanelaría,carpintaría de
Fin: Dec. 09 Río Cabe Concello Monforte 25
ribeira,xardinaría
Fonte: Elaboración propia. Datos Consellería de Traballo e Benestar. Entidades promotoras O.E.

Na seguinte táboa 9.43 amósase o importe de subvencións concedidas pola Consellería


para a realización dos obradoiros de emprego. Non dispoñemos do dato exacto do Concello de
Quiroga do proxecto iniciado no ano 2000, polo que o importe indicado na táboa 9.43 é
aproximado ó do concello de Monforte, xa que os dous proxectos tiñan cada un 40
traballadores. No ano 2002, o Concello de Bóveda e A Pobra do Brollón tiveron un Obradoiro
de Emprego compartido, polo que os importes están desglosados o 50% para cada concello.

 Táboa 9.43. Distribución por concellos Pacto evolución importe subvencións Obradoiros Emprego. 2000-08

Subvencións concedidas aos concellos do Pacto de Lemos para Obradoiros de Emprego


2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total

Bóveda 478.793 478.793 (3,54%)

Carballedo 476.964 490.056 967.020 (7,14%)

Chantada 672.281 549.300 511.374 1.732.955 (12,80%)

Folgoso do Courel 560.234 510.064 1.070.298 (7,91%)

Monforte de Lemos 684.697 763.142 713.277 511.374 2.672.490 (19,74%)

Pantón 510.064 510.064 (3,77%)

Pobra de Brollón 478.793 494.150 972.943 (7,19%)

Quiroga 681600 674.678 1.356.278 (10,02%)


Políticas Activas de Emprego 50

Ribas de Sil 560.234 560.234 (4,14%)

Saviñao, O 508.762 530.148 1.038.910 (7,68%)

Sober 474.084 518.983 610.481 1.603.548 (11,85%)

Taboada 572.738 572.738 (4,23%)

Pacto de Lemos 1.366.297 0 3.180.538 0 1.723.809 490.056 3.000.176 1.569.428 2.205.967 13.536.270

Fonte: Elaboración propia. Datos:Consellería de Traballo e Benestar. Entidades promotoras O.E. Pacto de Lemos

 Gráfico 9.12. Distribución por concellos das subvencións a Obradoiros Emprego. Pacto . Total 2000-08.

En canto ás subvencións concedidas, observamos o maior peso do concello de


Monforte (3 proxectos realizados a través do concello e un a través da Fundación dos
Ferrrocarriles de Galicia), que absorbe case o 20% do total do orzamento destinado a estes
programas; seguido do concello de Chantada co 13% (tres proxectos promovidos polo
concello); Sober (12%), e Quiroga (10%). O menor peso corresponde ó concello de Bóveda
(3,54% do total), cun único proxecto compartido co concello de A Pobra.
Se establecemos unha relación entre a contía da subvención para o período e o
número de traballadores formados, a media total é de 18.392€/traballador. Na evolución
destes importes resulta que o ano 2008 é o de maior contía por traballador
(21.627€/traballador) fronte os 17.079€/traballador do ano 2000, e sendo o ano 2005 o de
menor importe (16.898€/traballador), correspondentes ao Obradoiro de Emprego de Carballedo
con 29 traballadores. Observase un primeiro tramo de importes similares no período 2000 a
2005, para a partir do ano 2006 elevarse as contías de subvencións por traballador, e aumentar
considerablemente o importes nos seguintes anos.
Se comparamos este custe/alumno có das Escolas Obradoiro, resulta que é menor
(13.328€), en cambio o custe/alumno dos Obradoiros postos en marcha no mesmo período que
estas dúas escolas (2001-2002) é de 17670€., o que supón un encarezamento dos proxectos
dos obradoiros fronte os das Escolas, aínda que estas son de máis longa duración.

 Táboa 9.44. Evolución rateo dos importes de subvencións por traballador Obradoiros de Emprego. Pacto de
Lemos. (2000-08)
Políticas Activas de Emprego 51

Evolución Importes subvención/traballador O.E. Pacto de Lemos 2000-2008


2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total
17078,71 0 17669,66 0 17067,42 16898,48 18293,76 19617,85 21627,13 18391,67

Nas seguinte táboa (9.45) cuantifícanse o número e porcentaxe de alumnos por cada
especialidade de formación ocupacional impartidas a través dos Obradoiros de Emprego do
Pacto de Lemos.
 Táboa 9.45. Evolución Alumnado por especialidades O.E. Pacto de Lemos (2000-08)

Alumnos por especialidades de Obradoiros de Emprego. Pacto de Lemos. Ano 2000-2008


Pacto de Lemos 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total
Edificación 30 0 97 0 68 21 86 66 69 437
Carpintería de maderia 8 0 24 0 8 0 0 14 15 69
Carpintería metálica/forxa 0 0 8 0 0 8 0 0 0 16
Instalacións 24 0 16 0 0 0 9 0 0 49
Xardinería 0 0 20 0 10 0 40 0 18 88
Medio ambiente/forestal 10 0 15 0 15 0 29 0 0 69
Servizos á comunidade 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0
Outras 8 0 0 0 0 0 0 0 0 8
Total 80 0 180 0 101 29 164 80 102 736
Fonte: Elaboración propia. Datos: Entidades promotoras O.E. Pacto de Lemos
Distribución porcentual de Alumnos por especialidades de Obradoiros de Emprego. Pacto de Lemos. Ano 2000-08
Pacto de Lemos 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total
Edificación 37,50% 53,89% 67,33% 72,41% 52,44% 82,50% 67,65% 59,38%
Carpintería de maderia 10,00% 13,33% 7,92% 0,00% 0,00% 17,50% 14,71% 9,38%
Carpintería metálica/forxa 0,00% 4,44% 0,00% 27,59% 0,00% 0,00% 0,00% 2,17%
Instalacións 30,00% 8,89% 0,00% 0,00% 5,49% 0,00% 0,00% 6,66%
Xardinería 0,00% 11,11% 9,90% 0,00% 24,39% 0,00% 17,65% 11,96%
Medio ambiente/forestal 12,50% 8,33% 14,85% 0,00% 17,68% 0,00% 0,00% 9,38%
Servizos á comunidade 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00%
Outras 10,00% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 1,09%
Total 100% 100% 100% 100% 100% 100% 100% 100%

 Gráfico 9.13. Alumnos por especialidades Obradoiros de Emprego. Pacto de Lemos. 2000-2008.

Ao igual que no Programa de Escolas Obradoiro, a especialidade “Edificación” é a de


maior número de traballadores participantes en tódolos anos de estudo. Se analizamos o total
Políticas Activas de Emprego 52

dos alumnos formados nestes nove anos, tendo en conta que nos anos 2001 e 2003 non se
iniciou ningún proxecto de Obradoiro de Emprego no Pacto de Lemos, o 59% dos alumnos que
pasaron por algún destes proxectos fixeron unha especialidade da familia “Edificación”. A
seguinte familia profesional de maior peso é a de “xardinería” cun 12%, seguida de “carpintería
de madeira” e “medio ambiente” cun 9 % cada unha.

A continuación, analízase o ano 2008 en canto ás especialidades realizadas e a súa


agrupación en familias profesionais correspondentes ó Pacto de Lemos, provincia de Lugo e
Galicia. Nos tres casos a familia maioritaria en número de participantes é “Edificación e obra
civil”, seguido de “Agraria” e “Madeira, moble e concho”.

 Táboa 9.46. Traballadores segundo especialidades. O.E. Pacto de Lemos. 2008

Traballadores segundo especialidades O.E.. Pacto de Lemos. 2008.


Familias
Especialidades Traballadores % Traballador. %
Profesionais
Albanelería 24 23,53% Edificación e
69 67,65%
Albanelería-cantería 45 44,12% Obra civil

Xardinería 18 17,65% Agraria 18 17,65%


Madeira, moble
Carpintería 15 14,71% 15 14,71%
e cortiza
TOTAL 102 100% TOTAL 102 100%
Fonte: Elaboración propia. Datos Consellería de Traballo e Benestar

No territorio do Pacto de Lemos, catro foron as especialidades utilizadas nos catro


obradoiros iniciados neste ano, agrupadas en tres familias profesionais, “Edificación e obra
civil”, agrupa ó 69% do total do alumnado, seguido da “Agraria” co módulo de Xardinería (18%)
e “Madeira, moble e cortiza” (15%).

 Táboa 9.47. Traballadores segundo Especialidades. O.E. Provincia. 2008


Traballadores segundo especialidades O.E.. Provincia. 2008.
Familias
Especialidades Traballadores % Traballadores %
profesionais
Albanelería 70 33,98%
Edificación e
Albanelería-cantería 45 21,84% 123 59,71%
Obra civil
Pavimentador - azulexador 8 3,88%
Xardinería 33 16,02% Agraria 33 16,02%
Enerxía e
Instalador de sistemas de enerxia solar-térmica 5 2,43% 5 2,43%
Auga
Fabricación
Carpintería metálica 12 5,83% 12 5,83%
mecánica
Madeira,
Carpintería 15 7,28% moble e 15 7,28%
cortiza
Servizos á
Atención sociosanitaria a persoas no domicilio 12 5,83% 12 5,83%
comunidade
Arte e
Restauración 6 2,91% 6 2,91%
artesanía
TOTAL 206 100% TOTAL 206 100%
Fonte: Elaboración propia. Datos Consellería de Traballo e Benestar

En canto á provincia, neste ano 2008 impartíronse nove especialidades diferenciadas,


agrupadas en sete familias profesionais, sendo igualmente “Edificación e obra civil” a familia
que reuniuo o maior número de traballadores (60%), seguido da “Agraria” (16%) e “Madeira,
moble e cortiza (7%).
 Táboa 9.48. Traballadores segundo especialidades. Obradoiros de Emprego Galicia. 2008
Políticas Activas de Emprego 53

Traballadores segundo especialidades O.E.. Galicia. 2008.


Especialidades Traballadores % Familias Profesionais Traballadores %
Xardinería 152 12,98%
Forestal 8 0,68%
Agraria 191 16,31%
Traballo forestal-xardinería 15 1,28%
Traballo forestal 16 1,37%
Forxa 8 0,68%
Artes e Artesanía 14 1,20%
Restauración 6 0,51%
Electricidade 11 0,94% Electricidade e Electrónica 11 0,94%
Electricidade-Fontanería-Solar Térmica 12 1,02%
Enerxía e Auga 17 1,45%
Instalador de Enerxía Solar Térmica 5 0,43%
Albanelería 356 30,40%
Cantería 103 8,80%
Albanelería-Cantería 45 3,84%
Mantemento e reparación de edificios 20 1,71% Edificación e Obra Civil
Pavimentador con lastros 26 2,22%
600 51,24%
Cachotería 20 1,71%
Pavimentador azulexador 8 0,68%
Soldador-azulexador-colocador de
10 0,85%
lousa/revestimento
Instalacións 12 1,02%
Carpintería metálica PVC 12 1,02% Fabricacion mecánica 12 1,02%
Cociñeiro/a 15 1,28%
Camareiro/a de pisos 10 0,85% Hostelería e Turismo 40 3,42%
Camareiro/a de restaurante 15 1,28%
Carpintería 158 13,49% Madeira, Moble e Cortiza 158 13,49%
Restauración zonas degradadas 90 7,69% Seguridade e Medioambiente 90 7,69%
Axuda a domicilio 16 1,37%
Servizos Socioculturais e a
Coidador de maiores dependentes 10 0,85% 38 3,25%
Comunidade
Atención sociosanitaria no fogar 12 1,02%
TOTAL 1171 100% TOTAL 1171 100%
Fonte: elaboración propia. Datos Consellería de Traballo e Benestar

Nos obradoiros de emprego iniciados no ano 2008, no caso de Galicia foron 27 as


especialidades impartidas, agrupadas en 10 familias profesionais; a Familia “Edificación e obra
civil” representa ó 51% do total dos traballadores (600 persoas), seguido da “Agraria” (16%),
“Madeira, moble e cortiza” (13%).

 Análise evolutivo-comparativo Pacto/Provincia/Galicia


A continuación pasamos a cuantificar o número de proxectos de O.E. postos en
marcha no territorio do Pacto, na provincia de Lugo e en Galicia en total, no período 2000-2008
e a súa variación collendo como referencia o primeiro e último ano.
No período realizáronse 23 proxectos de Obradoiros de Emprego no Pacto, o 25% dos
provinciais e o 6% dos realizados en Galicia, sendo a mesma proporción dos realizados na
provincia (93 proxectos) sobre o total autonómico (380 proxectos).

 Gráfico 9.11. Evolución Nº proxectos Obradoiros de Emprego Pacto/Provincia/Galicia


Políticas Activas de Emprego 54

Observamos o auxe do Programa de Obradoiros de Emprego neste período. En canto


ó Pacto de Lemos, o aumento é considerable se comparamos o último ano 2008 con respecto
ó primeiro ano 2000 (100%, pasando de 2 proxectos a 4). Foi nos anos 2002 e 2006 cando
máis proxectos se iniciaron con 5 proxectos por ano.
En canto á Provincia, o aumento proporcionalmente é menor que no Pacto, pasando
de 5 proxectos (2000) a 8 (2008), o que supón un crecemento do 60%. De 2001 a 2002
prodúcese un incremento de 10 proxectos, para o ano seguinte baixar 9, quedando no 2003 en
seis proxectos en toda a provincia; a partires de aí volve a aumentar o número ata chegar ó
2005 con 20 proxectos de O.E.(ano no que houbo o maior número de proxectos), e a partir de
aquí ven un declive continuo no número de proxectos para finalizar no 2008 con 8 proxectos
iniciados e que finalizarán no ano 2009.
Con respecto a Galicia o aumento é máis importante, pasando de 18 proxectos (2000)
a 41 (2008) o que significa un aumento do 128%. O ano que máis proxectos se iniciaron foi no
2007 cun total de 61 Obradoiros de Emprego.
Nas seguintes dúas táboas (9.49. e 9.50.) analízase a evolución do número de O.E. en
relación aos outros dous eidos e en función do número de traballadores.

 Táboa 9.49. Evolución rateos nº Obradoiros de emprego Pacto/Provincia e Pacto/Galicia. 00-08.


Evolución rateos nº Obradoiros de emprego. Pacto/Provincia e Pacto/Galicia. 2000-08
2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008
Pacto/Provincia 40,00% 0 33,33% 0 33,33% 5,00% 45,45% 21,4% 50%
Pacto/Galicia 11,11% 0 11,11% 0 7,14% 1,75% 9,80% 4,92% 9,76%
Obsérvase que segundo os anos poden variar bastante as porcentaxes; así neste
último ano 2008, no territorio do Pacto, realizáronse a metade dos Obradoiros de emprego
iniciados na provincia de Lugo e o 9,76% dos iniciados en todo Galicia. Por outra banda,
incluso non habendo ningún obradoiro iniciado nos anos 2001 e 2003, no ano 2005 soamente
representaron o 5% dos provinciais e o 1,75% dos iniciados en Galicia.
O segundo rateo, permítenos ver a evolución da media do número de traballadores por
proxecto e para elo relacionamos o número de traballadores totais anuais co número de
proxectos dese ano, segundo a evolución temporal a nivel de pacto, provincia e Galicia.

 Táboa 9.50. Evolución e comparación nº traballadores. Pacto/Provincia/Galicia. (00-08).


Políticas Activas de Emprego 55

Traballadores dos Obradoiros de Emprego. Pacto/Provincia/Galicia. Ano 2000-08.


2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Media
Pacto 40 - 36 - 34 29 33 27 26 32
Provincia 37 84 51 131 66 36 65 56 26 56
Galicia 36 60 66 96 72 57 66 62 29 61
Fonte: Elaboración propia. Datos Consellería de Traballo e Benestar

Esta táboa indícanos que tódolos proxectos de obradoiros de emprego iniciados no


Pacto de Lemos tiveron unha media de 32 participantes, sendo os máis grandes (en canto a
número de traballadores) os do ano 2000 con 40 traballadores cada un, e os máis pequenos os
do ano 2008 con 26 traballadores de media, coincidindo que neste ano se obtivo máis
cantidade de subvención por traballador, o que quere dicir que os proxectos con menos
traballadores saen con importes de subvencións máis altos (se analizamos
subvención/traballador).
No Pacto de Lemos a media de traballadores/obradoiro é a máis baixa dos tres eidos da
análise 32 vs 56 Lugo vs 61 Galicia.

Análise Alumnado Obradoiros de Emprego Pacto/Provincia/Galicia


A información referente ao Pacto de Lemos foi consultada a tódalas entidades
promotoras destes proxectos e nalgúns casos, non se logrou obter íntegramente, polo que os
valores utilizados neste apartado nalgún ano son aproximados a un 80%-90%.
A análise cuantitativa recolle o estudo por sexo, idade, nivel académico e tempo en
desemprego ao longo do período de estudo 2000-2008 coa correspondente comparación nos
tres ámbitos territoriais: Pacto, Provincia de Lugo e Galicia.

 Segundo Xénero
 Táboa 9.51. Evolución alumnado obradoiros de emprego segundo xénero.Pacto (2000-08).
Alumnado Obradoiros de Emprego segundo xénero. Pacto de Lemos. 2000-2008
Pacto de
2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total Var .00-08
Lemos
Homes 65 0 116 0 75 23 84 38 61 462 -6%
Mulleres 15 0 64 0 26 6 80 42 41 274 173%
Total 80 0 180 0 101 29 164 80 102 736 28%
Fonte: Elaboración propia. Datos Entidades promotoras O.E. Pacto de Lemos

 Gráfico 9.14. Distribución porcentual alumnos O.E., segundo xénero. Pacto. (2000-2008)
Políticas Activas de Emprego 56

Nos obradoiros de Emprego desenvolvidos no Pacto de Lemos evidénciase, unha vez


máis, o predominio do xénero masculino sobre o feminino, aínda que a tendencia ao longo dos
anos amosa unha constante incorporación da muller nos programas mixtos de formación e
emprego e coa peculiaridade que son na súa maioría ocupacións nas que a muller segue
subrepresentada.
Iníciase o período de estudo cunha participación feminina do 19%, acadándose as
maiores porcentaxes no 2006 e 2007 cun peso do 49% e 53%, respectivamente; no 2008
chegamos a unha porcentaxe do 40%.
A presenza masculina fronte á feminina descendeu un 26,40% no ano 2008 con respecto
ao 2000. A contía do alumnado participante aumentou de 80 a 102 persoas, o que supón un
incremento do 28% e un 6% menos de homes e un 173% máis de mulleres. Foi o ano 2002 o
de maior número de traballadores con 180 persoas, con cinco proxectos iniciados (media de 36
alumnos/proxecto). Aínda que no ano 2006 tamén se iniciaron cinco proxectos o número de
alumnos foi de 164 (media de 32,8 alumnos/proxecto). E excluíndo os anos 2001 e 2003 nos
que non se iniciaron ningún O.E., foi o ano 2005 onde menos proxectos se puxeron en marcha,
cun só Obradoiro no Concello de Carballedo con 29 traballadores participantes.

 Táboa 9.52. Evolución alumnado O.E. segundo xénero Provincia de Lugo (2000-2008).

Alumnado Obradoiros de Emprego segundo xénero. Provincia. Ano 2000-2008


Provincia 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total Var.00-07 Var.00-08
Homes 110 246 417 388 272 328 306 302 86 2455 +175% -22%
Mulleres 77 176 353 395 321 390 410 483 120 2725 +527% +56%
Total 187 422 770 783 593 718 716 785 206 5180 +320% +10%
Fonte: Elaboración propia. Datos: Consellería de Traballo e Benestar

 Gráfico 9.15. Distribución porcentual alumnos O.E., segundo xénero. Povincia. (2000-2008)
Políticas Activas de Emprego 57

No ámbito provincial é aínda máis evidente a gran incorporación da muller a estes


programas, cun crecemento constante e progresivo ao longo dos anos, pasando dun 41%
(2000) de participación feminina a un 62%(2007) e 58% (2008). Moi significativo tamén é o
aumento en número de alumnos ao longo dos anos, pasando dun total de 187 persoas (2000) a
785 persoas (2007), cun crecemento do 320% de alumnos. No último ano 2008 prodúcese
unha diminución do número de participantes con respecto ao ano anterior 2007 (206 persoas),
supoñendo soamente un incremento total do 10% con respecto ao ano de inicio 2000. Así os
proxectos de O.E. iniciados desde o ano 2003 xa supoñen unha maior participación feminina
que masculina, tendo en conta ademais que tamén aumenta o número de traballadores. No
período (00-08), formáronse 2725 mulleres (53%) e 2455 homes (47%).

 Táboa 9.53 Evolución alumnado obradoiros de emprego segundo xénero. Galicia(2000-08)


Alumnado das Escolas Obradoiros segundo xénero. Galicia. Ano 2000-2008
Galicia 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total Var.00-07 Var.00-08
Homes 353 1057 1447 1370 1169 1193 1158 1099 341 9187 211% -3%
Mulleres 301 857 1516 1783 1850 2043 2225 2692 830 14097 794% +176%
Total 654 1914 2963 3153 3019 3236 3383 3791 1171 23284 480% +79%
Fonte: Elaboración propia. Datos: Consellería de Traballo e Benestar

 Gráfico 9.16 Distribución porcentual alumnos O.E., segundo xénero. Galicia. (2000-2008)

A nivel de Galicia é máis importante o peso da participación feminina que a masculina,


en comparación coa provincia de Lugo e o Pacto de Lemos; a partires do ano 2002 as mulleres
son maior número cos homes cun continuo e constante cremento da súa participación, tanto en
número de mulleres como en peso sobre o xénero masculino. Nos anos 2007 e 2008 a
porcentaxe feminino acada o 71% do total de participantes.
No ano 2000, en Galicia a muller supoñía unha participación do 46% dos traballadores
participantes de O.E., mentres que na provincia era do 41% e no Pacto do 19%. Se
comparamos co ano 2008, en Galicia a participación da muller era do 71%, na Provincia 58% e
no Pacto do 40%. Son salientables as diferenzas dos tres ámbitos territoriais.
Noutro senso, se collemos o número total de traballadores participantes no período
2000-2008, e analizamos por xénero os totais de cada ámbito territorial, observamos que a
nivel de Galicia foi maior a participación da muller (61%) e na provincia (53%) que no Pacto de
Lemos (37%).
Distribución segundo xénero alumnos Obradoiros de Emprego. Pacto/Provincia/Galicia (2000-2008).
Homes Mulleres
Pacto de Lemos 62,77% 37,23%
Políticas Activas de Emprego 58

Provincia 47,39% 52,61%


Galicia 39,46% 60,54%

Por outra banda, se queremos comparar o progreso de cada ámbito territorial, é máis
significativo o ocorrido en Galicia, xa que no período 2000-2008 foi maior o avance de
incorporación logrado cunhas diferenzas porcentuais reflexada na seguinte táboa.
Ámbito territorial  % 2008-2000 – Participación feminina
Pacto de Lemos  21
Provincia de Lugo  17
Galicia  25

 Segundo Idade
 Gráfico 9.17. Evolución alumnado segundo idade O.E. Pacto de Lemos 2000-2008.

 Gráfico 9.18. Evolución alumnado segundo idade O.E. Lugo 2000-2008


Políticas Activas de Emprego 59

 Gráfico 9.19. Evolución alumnado segundo idade O.E. Galicia 2000-2008.

Cómpre lembrar ao establecer a comparanza entre os tres eidos, que no Pacto de


Lemos faltan os datos referentes ao ano 2005 (un O.E.) e hai anos que a información foi obtida
soamente ó 80% - 90%.
O grupo de idade máis representado en todos os eidos é o de 30-44 anos, cun 40% no
Pacto vs o 45% na provincia e o 50% na comunidade, coma media para todo o período. En
relación cos outros dous eidos chama a atención a elevada porcentaxe de participantes
maiores de 55 anos no Pacto, cunha media no período do 16,4% vs o 11% en provincia e 10%
en Galicia.
A nivel provincial, é salientable o peso do grupo de idade entre 25-29 anos, cunha
media para o período do 19%, fronte o 17% do Pacto e 16% da comunidade.

 Segundo nivel académico


Políticas Activas de Emprego 60

 Táboa 9.54 Nivel académico alumnado O.E. Total 2000-08. Pacto/Provincia/Galicia


Alumnado Obradoiros de Emprego segundo nivel académico. Pacto/Provincia/Galicia. Total 2000-08.
Porcentaxe alumnos totais 2000-2008 Pacto Provincia Galicia
Sen estudios/Certificado escolaridade 23% 44% 42%
EXB/ESO 56% 36% 42%
F.P.Grao medio 10% 4% 4%
BUP-COU-F.P.Grao superior 10% 13% 11%
Titulación universitaria media 1,0% 2,2% 1,1%
Titulación universitaria superior 0,4% 1,5% 0,8%
No Pacto de Lemos, e para todo o período de estudo, o peso dos participantes con FP
de grao medio é superior ao acadado por estes titulados nos outros dous eidos, chegando a
supoñer o 10,28% para o total período. Tamén o peso relativo dos que posúen a EXB/ESO é
moi superior no Pacto (56%) vs a comunidade (42%) ou a provincia (36%).
A representatividade no Pacto de Lemos das titulacións universitarias (1,04%) é inferior á
de Lugo (3,7%) ou á de Galicia (1,9%), atopando soamente alumnos con este nivel académico
nos anos 2002, 2006 e 2008.
O colectivo de persoas sen estudos/certificado escolaridade para o total do período é
superior na provincia (44%), que na comunidade (42%) e inferior no Pacto (23%).
Respecto aos participantes con BUP/COU/FP grao superior, teñen un peso relativo
semellante nos tres eidos, sendo algo inferior no Pacto 10% vs 13% na provincia e 11% na
comunidade.

 Gráfico 9.20. Evolución nivel académico alumnado O.E. Pacto de Lemos 2000-2008.

Na evolución temporal, obsérvase que o núcleo de volume de traballadores está


sempre nas persoas con estudos de EXB/ESO (entre o 44% e 65,35% do total, segundo os
anos). A continuación, sitúanse as persoas sen estudos ou primarios, que varían entre o
mínimo de 17,35% do ano 2006 ao 36% do 2007.

 Gráfico 9.21 Evolución nivel académico alumnado O.E. Lugo 2000-2008.


Políticas Activas de Emprego 61

Ó longo do período é destacable o maior peso das persoas sen estudos ou primarios que
con respecto ao Pacto, e en conxunto con respecto a Galicia, representando en dous anos
(2001 e 2002) máis da metade dos alumnos. A continuación, atopamos as persoas con
titulacións de EXB/ESO, que varían entre un 32,87% (2007) e un 43,32% (2000).

 Táboa 9.22. Evolución nivel académico alumnado O.E. Galicia 2000-2008

No período 2000-2003 eran maioría as persoas sen estudos ou con estudos primarios; a
partir do 2004 pasan a ser, aínda que con pouca diferenzas, os de maior presenza aqueles que
tiñan EXB/ESO.

9.3.3. Programas de apoio á integración laboral das persoas con discapacidade.


Políticas Activas de Emprego 62

A Consellería de Traballo, unha vez transferidas as competencias que con carácter


exclusivo ten asumidas a Comunidade Autónoma de Galicia no artigo 27.23º do seu Estatuto
de Autonomía en materia de Asistencia Social e unha vez aprobada a Lei autonómica 4/1993,
do 14 de abril que veu a ordenar e estruturar o sistema integrado de servizos sociais; mediante
o Decreto 536/2005 do 6 outubro, atribúese á Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía
Social as funcións de cualificación e inscrición dos Centros Especiais de Emprego e a
expedición de certificacións.

9.3.3.1. Centros Especiais de Emprego


Os Centros Especiais de Emprego son aqueles que realizan un traballo produtivo,
participando regularmente nas operacións do mercado e tendo por finalidade o asegurar un
emprego remunerado e a prestación dos servizos de axuste persoal e social que requiran os
seus traballadores con discapacidade. A vez, é un medio de integración do maior número de
persoas con discapacidade ao réxime de traballo normal.
No Pacto de Lemos no período de estudo, houbo tres entidades que puxeron en marcha
tres centros especiais de emprego. Estes centros son regulados pola Xunta de Galicia como
medidas especiais de traballo protexido para os discapacitados.
O primeiro dos Centros en abrir a súa actividade empresarial foi CEE Agora no ano
1992 e finalizou no 2004. O Centro Carnes da Ribeira Sacra, S.L., abriuse posteriormente e
durante o período de estudo (2000-2008), tivo actividade en todo momento sendo na
actualidade o único en funcionamento no territorio do Pacto de Lemos. O último que se iniciou
foi CEE GES-A, S.L. que soamente durou tres anos (2005-2008). En todo o período de estudo,
unha media de dous Centros Especiais de Emprego estiveron anualmente funcionando no
Pacto de Lemos pero cunha diminución constante de traballadores.

 CEE AGORA
Creado no ano 1992 pola Asociación Agora, como un centro sen ánimo de lucro e co
obxectivo da integración sociolaboral das persoas con discapacidade do territorio de Lemos. No
período que estamos a estudar, a actividade que realizou foi a de cableado para automoción
para a empresa Labauto Ibérica, S.A., adquirida posteriormente pola multinacional Valeo, ata
que esta en abril 2004 decidiu continuar cun proceso de deslocalización da súa actividade de
España cara Marrocos e en dous meses foi retirada toda a produción de Monforte.
O Centro finalizou a súa actividade o 05/04/2004. Ao longo destes anos utilizou en catro
ocasións para seleccionar, formar e contratar aos seus traballadores a programación F.I.P. con
compromiso de contratación da Consellería Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.
As súas instalacións atópanse no Polígono Industrial do Reboredo (Monforte) nunha
nave industrial, na actualidade baleira.

 CEE MONFORTE GES-A, S.L. (Monforte Galega de Economía Social Agora, S.L.).
Creado no ano 2005 por COGAMI (75%) e a Asociación Agora (25%). Finalizou a súa
actividade en xullo 2008. Destinouse á fabricación de portas de madeira e ó igual que o anterior
CEE mencionado, utilizou a programación F.I.P. con compromiso de contratación para a
selección, formación e contratación dos seus traballadores.

 CEE PRODUCTORES DE CARNE DA RIBEIRA SACRA, S.L. – PRODEME.


Nace no ano 1996 co obxecto de cría e comercialización de gando vacún. Comercializa a
través da empresa Eroski (75% da produción) e, ao mesmo tempo, ten nas súas instalacións
Políticas Activas de Emprego 63

un punto de venda ao público e vende a outras carnicerías (a maioría da comarca e comarcas


limítrofes). Segue a súa actividade con boas perspectivas de futuro xa que ten en marcha
varios proxectos de continuación e diversificación da actividade. Das 89 persoas atendidas na
asociación, 40 son traballadores tutelados.

Análise Evolutivo Centros Especiais de Emprego Pacto de Lemos


A continuación detállase o número de traballadores que estiveron nalgún dos tres
centros especiais de emprego en funcionamento no Pacto de Lemos no período de estudo
2000 a 2008, desagregado por xénero, o número deles con discapacidade e por idade.

 Táboa 9.55. Evolución traballadores por sexo e discapacidade C.E.E. Pacto de Lemos. 2000-08.

Nº de traballadores segundo xénero e discapacidade nos C.E.E. Pacto de Lemos. 2000-2008


2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Var.08-00
Nº Traballadores 55 68 64 65 65 14 20 17 17 -69%
Homes 39 47 44 45 45 10 16 14 13 -67%
Mulleres 16 21 20 20 20 4 4 3 4 -75%
Discapacidade 52 65 61 62 62 14 20 17 17 -67%
Fonte:Elaboración propia. Datos Centros Especiais de Emprego do Pacto de Lemos

 Gráfico 9.23. Evolución nº traballadores CEE segundo xénero. Pacto de Lemos 00-08

Obsérvase unha gran diminución dos participantes nos C.E.E. do Pacto de Lemos, un
69% do ano 2008 ó 2000, tendo en conta que no ano 2001 incrementáronse os traballadores a
68 (13 persoas máis co ano anterior) e a partires deste ano iniciouse o descenso do número de
traballadores.
No período 2000-2004, non tódolos traballadores dos C.E.E. tiñan discapacidade. Nunha
pequena porcentaxe os traballadores sen discapacidade chegaron a formar parte destes
proxectos, ante o volume de actividade existente nese momento e a falla de man de obra con
discapacidade. A partir do 2005, ano no que se produce o gran declive ante o peche no 2004
do CEE Agora, tódolos traballadores que quedan nos outros dous CEE son discapacitados.
Se analizamos o xénero, amósase que é maior o número de homes que mulleres en
tódolos anos, variando entre un 71%-69% de homes fronte un 29%-31% de mulleres. A partir
do 2006, a porcentaxe de mulleres aínda é menor sobre os homes, tendo en conta a caída no
Políticas Activas de Emprego 64

número de traballadores e que provocou que a diminución de mulleres (-75%) fose maior cá
dos homes (-67%).

 Táboa 9.56. Evolución nº traballadores C.E.E. segundo idade. Pacto de Lemos.00-08


Nº traballadores do C.E.E. segundo idade. Pacto de Lemos. 2000-2008
2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008
16-24 1 2 2 2 1 0 1 1 1
25-29 2 2 1 1 2 0 0 0 1
30-44 27 31 37 27 27 4 7 7 7
45-54 15 23 14 26 26 8 10 6 6
55-65 10 10 10 9 9 2 2 3 2
TOTAL 55 68 64 65 65 14 20 17 17
Fonte: Elaboración propia. Datos Centros Especiais de Emprego do Pacto de Lemos

 Gráfico 9.24. Distribución porcentual traballadores CEE segundo idade. Pacto de Lemos.

O tramo de idade máis representativo está entre 30-44 anos, seguido do de 45-54. Os
menores de 30 anos son os de menor participación.
Se comparamos os datos cuantitativos a nivel de Galicia e Pacto no período 2002-
2008, obsérvase a diminución do número de traballadores a nivel de Pacto en 47 persoas
(▼73,44%) e pola contra, en Galicia prodúcese un aumento dos traballadores en 309 persoas
(▲23,95%).

 Táboa 9.57. Análise comparativa traballadores CEE. Pacto/Galicia 2002-08.

Análise comparativo-evolutivo nº traballadores CEE. Pacto de Lemos/ Galicia. 2002-2008


Nº Traballadores 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Var.02-08
Pacto de Lemos 64 65 65 14 20 17 17 -47
Galicia 1290 1421 1342 1447 1552 1555 1599 309
Fonte: Elaboración propia. Datos Centros Especiais de Emprego do Pacto. Consellería Traballo e Benestar

9.3.3.2. Programas experimentais en materia de emprego


A entidade COGAMI é a promotora do “Plan integral de Emprego para persoas
desempregadas do Concello de Monforte”. Este programa foi realizado no ano 2004 no
territorio do Pacto de Lemos cun orzamento de 133.889 €.
Políticas Activas de Emprego 65

Os seus obxectivos foron:


• Informar, orientar, asesorar, formar e capacitar para o emprego a 75 persoas
beneficiarias desempregadas do Concello de Monforte.
• Levar a cabo un estudo de campo das posibilidades de emprego e de creación de
empresas
• Crear un servizo de Intermediación Laboral para persoas con discapacidade.
• Coa intención de crear dúas iniciativas de economía social, realizouse as seguintes
accións formativas:
o Auxiliar de axuda a domicilio - 200 horas teórico-prácticas. Alumnas: 24, das
cales 10 mulleres con discapacidade.
o Curso de reciclaxe de auxiliar de axuda a domicilio – 100 horas. Alumnas:21
mulleres traballadoras nese momento en axuda a domicilio do Concello de
Monforte.
o Formación para o autoemprego: Alumnas: 2.
o Realización dun estudo das posibilidades de desenvolvemento económico do
Concello de Monforte, en base a poñer en marcha unha das empresas dedicada a fabricación
de bolsas de papel e outra das empresas de economía social que prestará o Servizo de Axuda
a Domicilio.

A información sobre este proxecto foi aportada pola Asociación Agora e Cogami.
Segundo os datos facilitados, dos 75 participantes totais do proxecto o 68% eran homes e un
32% mulleres, dos cales 24 persoas (32%) inseríronse no mercado laboral.

 Táboa 9.58. Participantes proxecto P.I.E. Concello de Monforte. 2004.

Nº e porcentaxe de participantes do Proxecto “P.I.E. Concello de Monforte” 2004


Nº participantes Homes Mulleres Discapacidade Insercións laborais
75 51 (68%) 24 (32%) 74 (99%) 24 (32%)
Fonte de información: Asociación Agora e Cogami

Dos participantes dos proxecto, 74 eran discapacitados, o que supón un 99% do total.

 Táboa 9.59. Clasificación segundo idades dos participantes P.I.E. Concello de Monforte.2004.
Nº e porcentaxe de participantes do Proxecto “P.I.E. Concello de Monforte” 2004 segundo idade.
Idade 16-24 25-29 30-44 45-54 55-65
Nº persoas 1 (1,33%) 5 (6,67%) 28 (37,33%) 29 (38,67%) 12 (16%)
Fonte de información: Asociación Agora e Cogami

A maioría dos participantes tiñan entre 30 e 54 anos, sendo os menores de 30 anos os


que presentan a menor participación no proxecto.

 Táboa 9.60. Clasificación segundo tempo en desemprego dos participantes P.I.E.2004

Nº e porcentaxe de participantes segundo tempo de desemprego antes de incorporase ao Proxecto “P.I.E” .


Antigüidade < 3 meses 3-6 meses 6-12 meses 12-24 meses >24 meses
Nº persoas 1 (1,33%) 48 (64%) 5 (6,67%) 9 (12%) 12 (16%)
Fonte de información: Asociación Agora e Cogami

A maioría das persoas que entraron no Proxecto tiñan unha antigüidade como
demandantes de emprego antes de iniciar o proxecto de entre 3-6 meses (64%), xa que era
requisito indispensable para poder participar estar desempregado e inscrito no Servizo Público
de Emprego. Os parados de menos de 3 meses representan os valores máis baixos (1,33%) e
Políticas Activas de Emprego 66

os de media duración supoñen un 6,67%, os de longa duración un 12% e os de moi longa


duración un 16%.

 Táboa 9.61. Clasificación segundo nivel académico participantes P.I.E.Monforte 2004.

Nº e porcentaxe de participantes segundo nivel académico. 2004


Titul. Titul.
Sen EXB/ F.P. Grao F.P.Grao superior/
Universitaria Universitaria
estudos/Primarios ESO Medio Bacharelato/COU
media Superior
40 (53,33%) 18 (24%) 5 (6,67%) 10 (13,33%) 0 2 (2,67%)
Fonte de Información: Asociación Agora e Cogami

En canto ao nivel académico, máis do 50% das persoas non tiñan estudos ou primarios.
O de menor participación foi o grupo con titulación universitaria, con só dúas persoas (2,67%).
E o resto dos participantes: con EXB/ESO (24%), Formación Profesional Grao Medio (6,67%) e
Formación Profesional Grao Superior/Bacharelato/Cou (13,33%).

9.4. Formación
Aínda que a formación profesional regrada non é obxecto de estudo nas políticas
activas de emprego, consideramos importante incluíla xa que entendemos que para orientar o
resto da formación para o emprego hai que ter en conta cales son os recursos existentes na FP
regrada, as familias profesionais e as especialidades que están a ser impartidas, poñelas en
relación ao tecido produtivo do territorio para orientar a formación para o emprego de xeito
complementario. O obxectivo é compilar neste estudo toda a posible formación levada a cabo
no territorio do Pacto destinada a persoas maiores de 16 anos cara ao acceso ao emprego e á
participación activa na vida social, cultural e económica.

Distínguese:
A. Formación regrada
B. Formación para o emprego

Para poder chegar a unha mellor análise e posteriores conclusións, toda a formación
(regrada e non regrada) está ordenada e clasificada nas mesmas Familias Profesionais á
utilizada polo catálogo de especialidades F.I.P., a sabendas de que os diferentes sistemas
educativos e formativos non utilizan a mesma agrupación de familias profesionais.

A. Formación Regrada
Segundo a última Lei Orgánica de Educación 2/2006 de 3 de maio, a organización das
ensinanzas non universitarias e aprendizaxe ao longo da vida que ofrece o sistema educativo,
distribúese como segue:
Ensinanzas de réxime Ensinanzas ordinarias Educación infantil
xeral Educación primaria
Educación secundaria obrigatoria
Bacharelato
Políticas Activas de Emprego 67

Ciclos formativos
Programas de cualificación profesional inicial
Nivel I
Nivel II
Ensinanzas de adultos ESO adultos
Bacharelato
Ciclos formativos
Ensinanzas de educación especial

Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño


Estudos superiores de deseño
Estudos superiores de conservación e restauración
Ensinanzas artísticas de bens culturais
Ensinanzas de réxime Ensinanzas de arte dramática
especial
Ensinanzas de música
Ensinanzas de danza
Ensinanzas de idiomas
Ensinanzas técnico-deportivas
En canto á educación secundaria post-obrigatoria, no Territorio do Pacto pódese
cursar en oito centros educativos pertencentes á Consellería de Educación, distribuídos entre
as Comarcas de Chantada (2 centros), Quiroga (1 Centro) e Lemos (5 centros, un deles na
localidade de Sober e o resto en Monforte); seis deles ofrecen Ciclos de Formación Específica,
con diferentes ciclos medios e superiores. Ademais, atópase en Monforte a Escola Oficial de
Idiomas, o Conservatorio Municipal de Música Mestre Ibáñez e a aula da UNED.

9.4.A.1. Ensinanzas Réxime Xeral


Neste apartado analizaremos a oferta educativa do territorio do Pacto nos últimos cinco
anos académicos (2004/05 a 2008/09), tanto na programación ordinaria (sobre todo no
referente a Ciclos Formativos de Formación Profesional) coma no ensino para adultos. Todas
Políticas Activas de Emprego 68

estas modalidades foron impartidas en Institutos de Educación Secundaria de Monforte,


Chantada e Quiroga (neste concello soamente bacharelato).
Para cada un dos niveis (ensino ordinario e ensino para adultos) miraremos os centros,
as familias, as especialidades impartidas e a evolución do alumnado por xénero, establecendo
unha análise comparativa coa provincia e a comunidade.

9.4.A.1.1. Ensinanzas Ordinarias


A continuación, amosamos a relación de centros con oferta de ciclos de formación
profesional no eido do Pacto de Lemos na data de realización do Informe sobre a Situación
Inicial. A táboa seguinte amosa a oferta educativa para o curso escolar 2009-10.
Relación de Centros con oferta de Ciclos Formativos do Pacto de Lemos
Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte
Localización Estrada Castro Caldelas (Monforte)
Biblioteca, informática, laboratorio (análise de viños), internado, comedor, taller de
Infraestruturas maquinaria, zona de muxido e tanques de frío, tres invernadoiros, sistemas de regadío,
aula de medios audiovisuais, rede wifi, campos de ensaio e demostracións.
Toda a formación realizada neste centro está encadrada dentro da familia profesional:
“agraria”.
Tamén realizou Programas Garantía Social: Operario de explotacións agropecuarias (1
ano académico – 960 horas).
Observacións O centro tamén é utilizado por outras consellerías (Medio Rural) ou en colaboración con
outras entidades para outro tipo de formación: persoal cualificado para a loita contra
incendios… pódese dicir que se realizan unha media de 25 cursos/ano de diferente
temática sempre dentro do sector agroforestal e que se forman unha media de 600
alumnos/anos.
Na actualidade non está a impartir ningún ciclo.
I.E.S. A Pinguela
Localización Rúa Sober, S/N – A Pinguela (Monforte)
Pavillón de deportes, planetario, estación meteorolóxica, xardín botánico, aulas taller:
Infraestruturas
perruquería, estética, aula informática.
I.E.S. Francisco Daviña Rey
Localización Rúa Doutor Casares, nº. 63-67 (Monforte de Lemos)
Pavillón de deportes(compartido), ximnasio, aula multimedia, aulas de informática, aula de
Infraestruturas tecnoloxía e plástica, auditorio de idiomas, salón de actos, biblioteca, cafetería-comedor,
laboratorio e aulas talleres de cada ciclo.
Ten en marcha o proxecto AULA MENTOR: 100 cursos de formación On-Line certificados
Observacións
polo MEC e a Xunta de Galicia.
I.E.S. Rio Cabe
Localización Rúa San Pedro (Monforte de Lemos)
Infraestruturas Pavillón de deportes compartido
I.E.S. Val do Asma
Localización Avda. Monforte, S/N – (Chantada)
Escola de Hostelería e Turismo Belarmino Fernández Iglesias
Localización Rosende, S/N – (Sober)

No Pacto de Lemos hai dous centros educativos que non imparten ciclos de Formación
Profesional (soamente bacharelato) e que son o Instituto de Ensinanza Secundaria de
Quiroga e o I.E.S. Lama das Quendas de Chantada.

9.4.A.1.1.2. Relación de Ciclos Formativos Formación Profesional: Grao Medio e


Superior.
Na seguinte relación, agrúpanse os ciclos medios e superiores dos centros educativos
do territorio do Pacto de Lemos, en canto á oferta educativa de formación profesional inicial
2009-2010 (curso completo modalidade presencial e a oferta parcial por módulos), segundo as
Políticas Activas de Emprego 69

mesmas familias profesionais utilizadas ao longo de todo o estudo, sendo conscientes de que
esta formación non se clasifica coa mesma catalogación.
Familia Profesional: Actividades física e deportivas
Ciclos Centros/ I.E.S. Localidade Teléfono Xornada
CS02002. ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS Río Cabe MONFORTE 982400812 Diurno

Familia Profesional: Administración e Xestión


Ciclos Centros/ I.E.S. Localidade Teléfono Xornada
CM04001. XEST. ADMINISTRATIVA A Pinguela MONFORTE 982403111 Diurno
CS04001. ADMÓN. E FINANZAS Diurno/Nocturno- sistema
A Pinguela MONFORTE 982403111
ZS04001. ADMON. E FINANZAS modular. Formación adultos
CS04001. ADMÓN. E FINANZAS Diurno/nocturno- sistema
Val do Asma CHANTADA 982441602
ZS04001. ADMON. E FINANZAS modular. Formación adultos

Familia Profesional: Comercio e Marketing


Ciclos Centros/ I.E.S. Localidade Teléfono Xornada
Nocturno-sistema modular.Formación
ZM06001 COMERCIO A Pinguela MONFORTE 982403111
adultos

Familia Profesional: Hostelería e Turismo


Ciclos Centros/ I.E.S. Localidade Teléfono Xornada
CS11003.INFORMACIÓN E Nocturno- sistema modular.
Río Cabe MONFORTE 982400812
COMERCIALIZACIÓN TURÍSTICA Formación adultos
CMHOT0. COCIÑA E Esc.Host.Turismo
SOBER 982460469 Diurno
GASTRONOMÍA Belarmino Fdez.

Familia Profesional: Electricidade e Electrónica


Ciclos Centros/ I.E.S. Localidade Teléfono Xornada
CM09001 .EQUIPOS ELECTRONICOS DE CONSUMO Daviña Rey MONFORTE 982400460 Diurno
CM09002 . EQUIPOS E INSTAL. ELECTROTÉCNICAS Daviña Rey MONFORTE 982400460 Diurno

Familia Profesional: Imaxe Persoal


Ciclos Centros/ I.E.S. Localidade Teléfono Xornada
98240311
CM12002.. PERRUCARÍA A Pinguela MONFORTE 1 Diurno
98240311
CM12003 . ESTÉTICA PERSOAL E DECORATIVA A Pinguela MONFORTE 1 Diurno

Familia Profesional: Informática e Comunicacións


Ciclos Centros/ I.E.S. Localidade Teléfono Xornada
ZM14001 EXPLOT. SISTEMAS 98240311 Nocturno-sistema
A Pinguela MONFORTE
INFORMATICOS 1 modular.Formación adultos
CS14002 ADMÓN. SISTEMAS 98240311
A Pinguela MONFORTE Diurno
INFORMATICOS 1
CS09004/ZS09004 SIST. 98240046 Diurno/nocturno-sistema modular.
Daviña Rey MONFORTE
TELECOMUNIC. E INFORMÁT. 0 Formación adultos

Familia Profesional: Instalación e Mantemento


Ciclos Centros/ I.E.S. Localidade Teléfono Xornada
CM16002 . ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS Val do Asma CHANTADA 982441602 Diurno
CM16002 . ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS Daviña Rey MONFORTE 982400460 Diurno

Familia Profesional: Sanidade


Políticas Activas de Emprego 70

Ciclos Centros/ I.E.S. Localidade Teléfono Xornada


C.M.20001. ATENCIÓN
SOCIOSANITARIA. Diurno/Nocturno-sistema
Daviña Rey MONFORTE 982400460
Z.M.20001.ATENCIÓN modular. Formación adultos
SOCIOSANITARIA

Familia Profesional: Seguridade e Medioambiente


Ciclos Centros/ I.E.S. Localidade Teléfono Xornada
CS19002. SAÚDE AMBIENTAL Daviña Rey MONFORTE 982400460 Diurno
CM Ciclo grao medio; CS Ciclo grao superior; ZM Módulos ciclo grao medio; ZS Módulos ciclo superior

A meirande parte da oferta educativa de formación profesional foi a mesma ao longo do


período de estudo e incluso con anterioridade, agás no caso do IES Daviña Rei que trocou o
ciclo medio de “Coidados Auxiliares de Enfermería” polo de “Atención Socio-sanitaria”. Tamén
ao longo do período lévase ofertando, en dúas localidades de distinta comarca; o Ciclo
Superior de Administración e Finanzas no IES Val do Asma de Chantada e na Pinguela de
Monforte. O mesmo co Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos en réxime ordinario,
impartido tanto no IES Val do Asma de Chantada coma no IES Daviña Rei de Monforte o que
pode levar a unha certa saturación no mercado de traballo.
No período de estudo deixáronse de impartir na familia agraria, o Ciclo Medio de
“Explotacións agrarias extensivas” no ano 2006 no CFEA de Monforte de Lemos ante a falla de
alumnado debido tanto aos problemas estruturais do sector, coma a ausencia de interese da
mocidade polo sector agro-gandeiro en termos de imaxe. O último ciclo que se iniciou foi no
ano 2005 e correspondeu ó C.M.Explotacións agrarias extensivas con 6 alumnos homes.
Desde entón, non se volveu a realizar ningún ciclo relacionado coa F.P. Agraria.
Tamén se deixou de impartir, na familia de Hostalaría e Turismo, o de C.M. Servizos de
Restaurante e Bar na Escola de Hostalaría e Turismo de Sober, se ben a falla de alumnado
neste caso tivo máis que ver con outras variables propias do mercado laboral coma a falla de
madurez de certos sectores aínda xestionados no marco dunha estrutura produtiva familiar, o
que trae, coma consecuencia, unha percepción elevada dos custos salariais da man de obra
máis profesionalizada e o pouco recoñecemento da súa profesionalidade.
É salientable a ausencia de FP regrada no IES de Quiroga, comarca de doadas saídas
laborais no sector da lousa para a mocidade sen formación profesional antes da crise. Neste
centro intentouse por en marcha o C.M. de “Elaboración de viño e produtos derivados”, non
logrando acadar o mínimo requirido en contía de matriculacións para obter a súa aprobación na
Consellería de Educación. En relación a esta especialidade, e a pesar de ser unha actividade
cun alto índice de especialidade industrial no territorio, soamente se realizou un ciclo de 1200
horas (Elaboración de viños e outras bebidas) no ano 2001 nas instalación do Centro de
Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte, cun total de 10 persoas (5 homes e 5
mulleres).
Sería de interese reorientar e complementar esta oferta educativa de FP no Pacto de
Lemos, en liña cos eixos estratéxicos de desenvolvemento acordados polo Comité Directivo da
Asociación Impulsora do Pacto Territorial polo Emprego de Lemos, tratando de aproveitar os
recursos materiais e humanos existentes no territorio.
A continuación, expoñemos algunhas das nosas suxestións, aínda que somos
conscientes de carecer do afondamento necesario ao ser a análise da FP un obxectivo
secundario respecto ao central do noso traballo.
O CFEA de Monforte de Lemos hoxe en día é un recurso infrautilizado, dende que
deixou de impartirse o CM de Explotacións Agrarias Extensivas no 2006 por falla de interese
do alumnado; se ben o feito de que ese ano fora de bonanza económica pode facernos pensar
en que o interese do alumnado poderase trocar pola actual crise económica. Este centro
poderíase aproveitar para impartir o ciclo CS01001 de Xestión e Organización de Empresas
Agropecuarias, só impartido nun centro da Coruña en toda Galicia; ou a oferta do CM01001 de
Políticas Activas de Emprego 71

Traballos Forestais e Conservación do Medio Natural, impartido en 6 centros en toda a


Comunidade, só un deles en Lugo (Becerreá) ou a súa correspondente oferta modular só
impartido hoxe en día nun centro de Mondoñedo. Do mesmo xeito, este centro poderíase
utilizar para a formación de emprendedores para empresas de enerxías renovables
relacionadas co sector coma biomasa ou biodiesel ou para a creación dun centro experimental
de compost que puidera servir para aportar abono á bisbarra.
A Escola de Hostalaría e Turismo da Fundación Belarmino Fernández de Rosende é
outro centro infrautilizado no eido do Pacto de Lemos, aínda que cómpre subliñar as
dificultades de acceso ao centro pola falla de transporte público. Hoxe en día, só oferta o
CMHOT0 de Cociña e Gastronomía, habida conta das dificultades atopadas para acadar o
número de alumnos necesario para continuar coa oferta do CM11003 de Servizos de
Restaurante e Bar que consecuentemente deixou de ofrecerse no 2005. Pódese pensar na
oferta modular deste último ciclo, o ZM11003 Servizos de Restaurante e Bar; ou en aproveitar
os recursos para a área de Industrias Alimentaria nos ciclos de CM13002 Elaboración de
viños e outras bebidas, só impartido hoxe en día, en dous centros de Pontevedra (Cambados e
Ponteareas); ou o CSINA01 Vitivinicultura, só impartido en Ponteareas en toda a comunidade;
no CMINA01 Panadaría, Repostaría e Confeitaría, só impartido en tres centros da Coruña, un
de Ourense e en tres de Pontevedra, e ningún na provincia de Lugo. Ou pensar no CS13001
Industria Alimentaria, impartido en tres centros en toda Galicia, atopándose só un deles en
Lugo (IES Leiras de Lugo). Cómpre lembrar ese 50% de prazas hoteleiras de 4/5 estrelas e o
nivel de calidade do turismo rural da bisbarra asemade a crecente importancia, a pesar da
fenda da crise, do turismo estranxeiro no territorio con moita potencialidade, polo que formar á
xente no sector da hostalaría ten que axeitarse ao nivel de calidade da oferta que estamos a
artellar en canto a camareiros de bar ou piso, recepcionistas, guías e actividades
complementarias ao turismo. Asemade, observamos a demanda no mercado de traballo de
camareiros, cociñeiros, panadeiros e confeiteiros, sendo frecuentemente ocupacións de difícil
cobertura nas tres comarcas do Pacto.
A mellora de transporte entre os concellos posibilitaría o aproveitamento dos centros,
evitando nalgúns casos a duplicidade da oferta formativa, permitindo novos ciclos, como é o
caso daqueles ciclos repetidos na bisbarra, “Administración e Finanzas” ou “Electromecánica
de Vehículos”, pensamos que o mercado laboral áchase saturado, tendo en conta ademais a
incidencia da crise no sector da automoción (sector de maior demanda de man de obra desta
segunda familia profesional). Poderíase reconducir esa oferta de formación con ciclos no eido
da xestión de transportes (ZS06003), ou carrozaría (CM16001) ou cara á familia de
Mantemento e servizos á produción para as instalacións de frío, calor, climatización, no eido
da domótica e das casas autárquicas. Ou aproveitar as instalacións para desenvolver
formación na automatización de sistemas para as explotacións agrogandeiras, horticultura,
floricultura, viticultura,etc.
Recomendamos, en liña cos eixos de desenvolvemento e o índice de especialidade do
Pacto a posibilidade do CSENA01 Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica só impartido
en dous lugares en toda Galicia, un deles en Lugo.
Na comarca de Quiroga, sen oferta de ciclos formativos, poderíase ofrecer algún dos
ciclos actuais coma CMINA02 Aceites de oliva e viños, só impartido hoxe en día nun centro de
Pontevedra, ou incluso o xa mencionado CSINA01 Vitivinicultura.
Pasamos a continuación a detallar algúns dos aspectos comentados e a analizar a
evolución do ensino regrado no período de estudo.
Na seguinte gráfica presentouse as cifras de alumnos totais que nos seis cursos
académicos (período 2000-2005) iniciaron estes dous ciclos medios, os cales dende o último
curso 2005/2006 non se volveron a realizar por falta de alumnado. Do total dos 41 alumnos que
realizaron o C.M.Explotacións agrarias, o 14,63% eran mulleres e o 85,37% homes. No C.M.
Servizos de Restaurante, do total de 76 persoas, o 52,63% foron mulleres e o 47,37% homes.
Políticas Activas de Emprego 72

 Gráfico 9.25. Evolución alumnado C.M. Explotacións agrarias e C.M. Servizos de Restaurante e Bar

No gráfico amósase claramente o declive de alumnos dos dous ciclos; o C.M. de


explotación agrarias que comenzou con 10 alumnos (8 homes e 2 mulleres), despois de varios
altibaixos rematou con 6 alumnos (todos homes) no 2005/2006.
O outro ciclo medio que xa non se realiza no Pacto é o de Servizos de restaurante e
bar; ó mesmo que no anterior, o declive de alumnos e finalmente a falta dos mesmos leva a
que non se poida realizar. No curso 2000/2001 comenzou con 7 alumnos (4 homes e 3
mulleres) e nos tres anos académicos seguintes segue aumentando o número de alumnos ata
chegar no curso 2003/2004 a ter 16. A partir de este ano empeza o declive baixando a 12 nos
dous anos seguintes e rematar sen conseguir alumnos a partir do ano 2006.

9.4.A.1.1.3. Análise evolutivo alumnado bacharelato e ciclos de F.P. Pacto de Lemos.


No seguinte epígrafe amosamos a evolución do alumnado de bacharelato e formación
profesional tanto dos ciclos medios coma dos ciclos superiores, contabilizando a totalidade dos
IES do Pacto de Lemos (dous en Chantada, tres en Monforte de Lemos e un en Quiroga) dos
cales catro imparten formación profesional (I.E.S. Val do Asma en Chantada e os tres de
Monforte de Lemos).

 Táboa 9.62. Evolución alumnado bacharelato vs formación profesional. Pacto. 04-08


Número de alumnos bacharelato/ciclos por comarcas. Anos académicos 2004-05 a 2008-09.
2004-05 2005-06 2006-07 2007-08 2008-09 Var.04-08
Terra de Lemos-Total 810 750 727 648 663 -18%
Bacharelato 361 340 341 317 308 -15%
Ciclos Med. 293 275 256 220 225 -23%
Ciclos Sup. 156 135 130 111 130 -17%
Quiroga-Total 42 42 44 49 46 10%
Bacharelato 42 42 44 49 46 10%
Ciclos Med. 0 0 0 0 0 0%
Ciclos Sup. 0 0 0 0 0 0%
Chantada-Total 162 165 164 146 158 -2%
Bacharelato 129 122 123 109 114 -12%
Ciclos Med. 17 26 21 20 28 65%
Ciclos Sup. 16 17 20 17 16 0%
Total Bacharelato 532 504 508 475 468 -12%
Políticas Activas de Emprego 73

Total C. M. 310 301 277 240 253 -18,39%


Total C.S. 172 152 150 128 146 -15,16%
Total Alumnos 1014 957 935 843 867 -46%
Fonte: Elaboración propia. Datos IGE

A nivel de Pacto, obsérvase unha diminución do número total de alumnos de


secundaria, baixando de 1.014 alumnos no ano académico 2004-05 a 867 no 2008-09, o que
supón unha perda do 46% (▼147 alumnos) e cunha baixada progresiva en tódolos anos de
número de alumnos, agás o curso 2008-09 que se incrementou en 24 alumnos.
En termos de alumnado total, a comarca de Terras de Lemos perdeu máis (-18%) cá
de Chantada (-2%); a de Quiroga gañou un 10%, pasando de 42 a 46 alumnos (bacharelato).
A perda porcentual é inferior no caso dos alumnos de bacharelato, pasando de 532
alumnos a 468 no período; o que supón unha caída do 12%. Este dato que amosa o atractivo
do bacharelato fronte á FP entre o alumnado do Pacto de Lemos. Os ciclos de grao medio
perderon en conxunto o 18% de alumnado no Pacto, e os ciclos superiores o 15%.

 Táboa 9.63. Distribución porcentual alumnos bacharelato vs formación profesional.Pacto de Lemos.


Distribución porcentual de alumnos bacharelato/ vs formación profesional
2004-2005 2005-2006 2006-2007 2007-2008 2008-2009 Variación
Terra de Lemos-Total
Bacharelato 44,57% 45,33% 46,91% 48,92% 46,46% +1,89%
Ciclos Med. 36,17% 36,67% 35,21% 33,95% 33,94% -2,23%
Ciclos Sup. 19,26% 18,00% 17,88% 17,13% 19,61% +0.35%
Quiroga-Total
Bacharelato 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 0%
Ciclos Med. 0 0 0 0 0
Ciclos Sup. 0 0 0 0 0
Chantada- Total
Bacharelato 79,63% 73,94% 75,00% 74,66% 72,15% -7,48%
Ciclos Med. 10,49% 15,76% 12,80% 13,70% 17,72% +7,23%
Ciclos Sup. 9,88% 10,30% 12,20% 11,64% 10,13% +0,25%
O comportamento é diferente nas dúas comarcas do Pacto de Lemos con oferta
educativa de formación profesional. Na Terra de Lemos a tendencia é crecente para o
bacharelato, decrecente para os ciclos medios de FP e estable para os ciclos superiores de FP.
Na comarca de Chantada a situación é oposta á da Terra de Lemos; sendo, na mesma
proporción, decrecente o alumnado de bacharelato, crecente o dos ciclos medios de FP e
mantida positivamente do alumnado dos ciclos superiores coma na Terra de Lemos.
 Táboa 9.64. Evolución segundo xénero alumnado bacharelato vs formación profesional.
Nº de alumnos bacharelato/ciclos segundo xénero. Pacto de Lemos.
2004-05 2005-06 2006-07 2007-08 2008-09 Var.04-08
Bacharelato 532 504 508 475 468 -12%
Homes 222 211 211 195 212 -5%
Mulleres 310 293 297 280 256 -17%
C.Medio 310 301 277 240 253 -18%
Homes 163 158 139 131 127 -22%
Mulleres 147 143 138 109 126 -14%
C.Superior 172 152 150 128 146 -15%
Homes 84 82 77 66 67 -20%
Mulleres 88 70 73 62 79 -10%
Total Alumnos 1014 957 935 843 867 -46%
Fonte: Elaboración propia. Datos IGE

A perda do alumnado de bacharelato é fundamentalmente debida ao abandono desta


opción por parte das mulleres (-17%).
A perda de alumnado nos ciclos de grao medio é fundamentalmente debida ao
abandono da opción por parte dos homes (-22%), o mesmo que nos ciclos superiores (-20%).
Políticas Activas de Emprego 74

 Gráficos 9.26. Distribución porcentual, segundo xénero dos alumnos de bacharelato, ciclo medio e superior.
Pacto de Lemos. (2004-2008).
Políticas Activas de Emprego 75

9.4.A.1.1.4. Análise evolutiva e comparativa Pacto/Provincia/Galicia (2004/05 – 2008/09)


A seguinte táboa 9.65. mostra unha comparativa dos tres ámbitos territoriais de estudo:
Pacto, provincia de Lugo e Galicia. Observamos a súa evolución nos últimos cinco anos
académicos (dende 2004-05 a 2008-09) e nos tres niveis académicos: bacharelato, ciclos
medios e ciclos superiores.

 Táboa 9.65. Evolución e comparación alumnado Bacharelato/C.Medios/C.Superior. Pacto/Provincia/Galicia.


Comparativa Pacto/Provincia/Galicia alumnado opcións Bacharelato ou ciclos
Bacharelato 2004-05 2005-06 2006-07 2007-08 2008-09 Var.04-08
Pacto 532 504 508 475 468 -12%
Provincia 4518 4334 4286 4100 3964 -12%
Galicia 36390 35227 34467 32762 32258 -11%
C.Medio 2004-05 2005-06 2006-07 2007-08 2008-09 Var.04-08
Pacto 310 301 277 240 253 -18%
Provincia 1961 1910 1843 1566 1727 -12%
Galicia 16349 15734 15477 14003 14768 -10%
C.Superior 2004-05 2005-06 2006-07 2007-08 2008-09 Var.04-08
Pacto 172 152 150 128 146 -15%
Provincia 1979 1876 1668 1488 1507 -24%
Galicia 17568 16656 15638 14389 14217 -19%
Fonte: Elaboración propia. Datos IGE

Obsérvase a diminución constante do número de estudantes nos tres eidos. No caso de


alumnos de bacharelato a diminución no período 2004-2009, a nivel de Pacto e Provincia é un
(-12%) respectivamente, e en Galicia dun punto menos (-11%).
A perda do alumnado dos ciclos medios é moito máis salientable no Pacto (-18%) que na
Provincia (-12%) ou en Galicia (-10%).
A perda de alumnado nos ciclos superiores é, pola contra, inferior no Pacto (-15%) que
na Provincia (-24%) ou en Galicia (- 19%).

A continuación, pasamos ao cálculo do rateo de representatividade do número de


alumnos no territorio do Pacto de Lemos, en relación ó número de matriculados en bacharelato,
ciclos medios e ciclos superiores na provincia de Lugo e Galicia.

 Táboa 9.66. Evolución rateos alumnos bacharelato, ciclos medios e superiores. Pacto/Provincia e
Pacto/Galicia (2004/05-2008/09).
Bacharaleto 2004-2005 2005-2006 2006-2007 2007-2008 2008-2009 Total
Pacto/Provincia 11,78% 11,63% 11,85% 11,59% 11,81% 11,73%
Pacto/Galicia 1,46% 1,43% 1,47% 1,45% 1,45% 1,45%
C.Medio 2004-2005 2005-2006 2006-2007 2007-2008 2008-2009 Total
Pacto/Provincia 15,81% 15,76% 15,03% 15,33% 14,65% 15,33%
Pacto/Galicia 1,90% 1,91% 1,79% 1,71% 1,71% 1,81%
C.Superior 2004-2005 2005-2006 2006-2007 2007-2008 2008-2009 Total
Pacto/Provincia 8,69% 8,10% 8,99% 8,60% 9,69% 8,78%
Pacto/Galicia 0,98% 0,91% 0,96% 0,89% 1,03% 0,95%
Observamos que o maior peso está entre os alumnos da opción de ciclos medios,
cunha porcentaxe maior sobre provincia e Galicia, cá alternativa de bacharelato e que os
matriculados en ciclos superiores. No total deste período de cinco anos, os alumnos de
C.medios supuxeron un 15,33% dos matriculados na provincia de Lugo e un 1,81% dos de
Galicia; inferior o dato en canto aos alumnos de bacharelato (11,73% da provincia) e (1,45% de
Galicia), e menos representativo os alumnos coa opción de cursar un ciclo superior que
soamente supuxeron no territorio do Pacto un 8,78% dos alumnos provinciais e un 0,95% dos
galegos.
Políticas Activas de Emprego 76

Se analizamos o conxunto dos matriculados en total (bacharelato, ciclos medios e


ciclos superiores) vemos que con respecto ós últimos cinco anos, a diminución máis elevada
prodúcese na provincia de Lugo (-14,90%), a igual nivel que no Pacto (-14,50%). A menor
diminución é en Galicia cunha baixada de 12,89% de estudantes, en liña coa perda de
poboación dos eidos provincial e do Pacto.

 Táboa 9.67. Evolución nº alumnos matriculados total.Pacto/Provincia/Galicia.(2004-2008).


Matriculados total 2004-05 2005-06 2006-07 2007-08 2008-09 Var.04-08
Pacto de Lemos 1014 957 935 843 867 -14,50%
Provincia 8458 8120 7797 7154 7198 -14,90%
Galicia 70307 67617 65582 61154 61243 -12,89%
Na seguinte táboa 9.68., amósase a porcentaxe de alumnos que escollen a opción de
bacharelato e os que escollen facer un dos ciclos medios. A análise faise tamén nos tres
ámbitos territoriais -Pacto/Provincia/Galicia- para a súa comparación e evolución ao longo dos
últimos cinco cursos académicos.

 Táboa 9.68. Evolución e comparación porcentual alumnos Bacharelato/Ciclos Medios Pacto/provincia/Galicia


(20004/05 a 2008/09)
Distribución porcentual alumnos bacharelato-ciclos. Pacto/Provincia/Galicia
Bacharelato 2004-2005 2005-2006 2006-2007 2007-2008 2008-2009
Pacto 63,18% 62,61% 64,71% 66,43% 64,91%
Provincia 69,73% 69,41% 69,93% 72,36% 69,65%
Galicia 69,00% 69,13% 69,01% 70,06% 68,60%
Ciclo Medio 2004-2005 2005-2006 2006-2007 2007-2008 2008-2009
Pacto 36,82% 37,39% 35,29% 33,57% 35,09%
Provincia 30,27% 30,59% 30,07% 27,64% 30,35%
Galicia 31,00% 30,87% 30,99% 29,94% 31,40%
En canto á análise evolutiva ao longo destes últimos cinco cursos académicos,
aprécianse pequenas variacións. Con respecto ao peso dos alumnos que escollen bacharelato
no Pacto aumenta un pouco, cunha diferenza de 1,73% entre o último ano e o primeiro da
táboa, producíndose unha pequena baixada do curso 2004 a 2005 e a partir deste último,
volven a aumentar ata que no 2008 volven a diminuír con respecto os estudantes de ciclos
medios, que pola contra, perden peso no Pacto.
No caso da Provincia e Galicia pasa o contrario que no Pacto, con pequenas diferenzas
e pódese observar que os alumnos que escollen bacharelato perden peso con respecto os que
escollen ciclos medios que aumentaron nunha pequena porcentaxe. Ao longo destes últimos
anos as tendencias son moi semellantes.
Se facemos unha análise comparativa no último curso 2008/09 no territorio do Pacto, un
64,91% dos alumnos que inician Secundaria escollen a alternativa de bacharelato, fronte a un
35,09% que escollen facer un ciclo medio.
No caso da Provincia, un 69,65% deciden facer bacharelato e un 30,35% ciclos medios.
En Galicia, un 68,60% deciden en secundaria facer bacharelato e un 31,40% ciclos
medios.
En resumen, pódese dicir que é maior o peso dos estudantes que deciden facer un ciclo
medio no Pacto (35,09%) que en Galicia (31,40%) e provincia de Lugo (30,35%) e isto ocorre
en case tódolos anos. Por outra banda, se nos fixamos na análise evolutiva, os ciclos medios
foron perdendo peso con respecto ao bacharelato dentro do Pacto, en cambio na Provincia e
Galicia foron gañando peso con pequenas diferenzas.
Na seguinte táboa 9.69 analizamos a evolución temporal das unidades formativas
existentes no territorio do Pacto de Lemos, na provincia de Lugo e Galicia.
Políticas Activas de Emprego 77

 Táboa 9.69. Evolución e comparación das unidades formativas ofertadas Pacto/Provincia/Galicia 2002/03 a
2008/09.
Nº Unidades Formativas – Grupos alumnos. Ano 2002-2008
Bacharelato 2002-03 2003-04 2004-05 2005-06 2006-07 2007-08 2008-09 Var.02-08
Pacto 25 24 22 22 26 22 21 -16%
Provincia 210 196 193 196 204 192 178 -15%
Galicia 1727 1678 1615 1659 1638 1600 1498 -13%
C.Medio 2002-03 2003-04 2004-05 2005-06 2006-07 2007-08 2008-09 Var.02-08
Pacto 19 22 22 18 20 15 15 -21%
Provincia 103 104 103 97 101 105 106 3%
Galicia 641 686 712 730 749 818 760 19%
C.Superior 2002-03 2003-04 2004-05 2005-06 2006-07 2007-08 2008-09 Var.02-08
Pacto 12 12 13 12 13 12 12 0%
Provincia 103 103 108 101 105 101 106 3%
Galicia 762 777 774 776 760 778 755 -1%
Fonte: Elaboración propia. Datos IGE

No referente ao número de grupos (unidades formativas) de alumnos do Pacto,


obsérvase que no bacharelato diminúen un 16% nos últimos 7 anos (do curso 2002 a 2008). É
unha diminución constante ao longo dos anos, a excepción do ano académico 06/07 onde hai
unha recuperación de 4 unidades con respecto ó curso anterior, pero desde este ano volven a
caer ata finalizar o último curso con 21 unidades.
Con respecto aos ciclos medios, o declive é maior baixando un 21% os grupos, pasando
de 19 unidades(2002) a 15 unidades (2008).
En ciclos superiores mantéñense o número de aulas con 12, incluso algúns anos
chegaron a ser 13.
No ámbito provincial, a variación do ano 2008 con respecto ao 2002 sofre unha baixada
no número de grupos de bacharelato nun 15%, diminución menor con respecto ao Pacto.
Aumentan os grupos nun 3% tanto en ciclos medios como en superiores.
En Galicia, no mesmo período, diminúen un 13% os grupos de bacharelato.
Aumentan na Comunidade un 19% os grupos de ciclos medios, pasando do curso 2002-
03 de 641 grupos a 760 no curso 2008-09, producíndose un crecemento constante en tódolos
anos, sobre todo o ano académico 2007-08 cun aumento de 69 novos grupos con respecto o
curso anterior (o aumento máis significativo de todo o período) e pasando ó ano seguinte curso
2008-09 a diminuír 58 grupos.
Diminúen un 1% os grupos de ciclos superiores, sendo a maior caída no último curso
académico en 23 unidades menos con respecto ó ano anterior.
Neste último ano 2008-09 prodúcese, con respecto ó curso académico anterior, unha
forte caída das unidades formativas nos tres niveis educativos (bacharelato, ciclos medios e
ciclos superiores) e nos tres ámbitos territoriais (Pacto, Provincia e Galicia), a excepción da
provincia de Lugo, que nos ciclos medios e superiores prodúcese un lixeiro aumento de 1 e 5
unidades, respectivamente.
A continuación pasamos a calcular o rateo de representatividade das unidades
formativas do Pacto en relación á provincia de Lugo e Galicia, na evolución dos cursos
académicos 2002/03 a 2007/08.

 Táboa 9.70. Evolución rateos unidades formativas bacharelato/ciclos medios/ciclos superiores.


Pacto/Provincia e Pacto/Galicia. (2002/03 a 2008/09).
BACHARELATO 2002-03 2003-04 2004-05 2005-06 2006-07 2007-08 2008-09
Pacto/Provincia 11,90% 12,24% 11,40% 11,22% 12,75% 11,46% 11,80%
Pacto/Galicia 1,45% 1,43% 1,36% 1,33% 1,59% 1,38% 1,40%
C.MEDIOS 2002-03 2003-04 2004-05 2005-06 2006-07 2007-08 2008-09
Pacto/Provincia 18,45% 21,15% 21,36% 18,56% 19,80% 14,29% 14,15%
Pacto/Galicia 2,96% 3,21% 3,09% 2,47% 2,67% 1,83% 1,97%
Políticas Activas de Emprego 78

C.SUPERIORES 2002-03 2003-04 2004-05 2005-06 2006-07 2007-08 2008-09


Pacto/Provincia 11,65% 11,65% 12,04% 11,88% 12,38% 11,88% 11,32%
Pacto/Galicia 1,57% 1,54% 1,68% 1,55% 1,71% 1,54% 1,59%
Obsérvase o maior peso das unidades formativas existentes en ciclos medios que nas
outras dúas alternativas (bacharelato e ciclos superiores); en canto ás relacións
Pacto/Provincia e segundo as diferenes variables rexistráronse oscilacións entre o 11,22%
(2005) e o 12,75% (2006) no que atinxe ás unidades de bacharelato; entre o 14,15% (2008) e
o 21,36% (2004) no vque se refire aos Ciclos medios. E o 11,32% (2008) e o 12,38% (2006)
nos Ciclos Superiores.

9.4.A.1.1.5. Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI)


Son programas destinados a mozos maiores de dezaseis anos (cumpridos antes do 31
decembro do ano de inicio do programa) que non obtivesen o título de graduado en educación
secundaría obrigatoria e non cursaran con anterioridade outro programa de cualificación
profesional inicial. Inténtase con este programa abrir novas expectativas de formación e
titulación a mozos e mozas en situación de desvantaxe sociolaboral e educativa, permitindo a
relación co mercado de traballo e facilitando a inserción laboral nunha actividade profesional de
xeito cualificado, ou a continuación de estudos de F.P. específica de grao medio, neste caso
mediante a proba de acceso.
No territorio do Pacto de Lemos, existen cinco centros educativos que ofrecen este
programa:
• Centro Educación Especial Infanta Elena
• Centro de Formación e experimentación agroforestal de Monforte
• IES A Pinguela
• IES Francisco Daviña Rey
• IES Río Cabe

Todos eles sitos en Monforte de Lemos, carecendo as comarcas de Chantada e


Quiroga de centros que oferten esta formación.
O Centro San Tomé de Carballo (Taboada) impartiu ata hai dous anos Programas de
Garantía Social, pero ante a falla de alumnado non se realizou ningún curso cos actuais
Programas de Cualificación Profesional Inicial.
Para o curso 2009-10, no territorio do Pacto a oferta dos módulos obrigatorios de PCPI
pódese realizar baixo a modalidade A e C, segundo os centros ofertan unha ou outra
modalidade.
• Modalidade A: O programa se desenvolve integramente nun centro educativo, agás a
formación en centros de traballo.
• Modalidade C: A área de formación básica se desenvolve nun centro educativo e a
formación profesional específica, en colaboración con entidades da Administración
local, institucións ou empresas, baixo a coordinación e logo de autorización da
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

 Táboa 9.71. Especialidades e Centros Programas de Cualificación profesional inicial. Pacto de Lemos.

Relación de especialidades e Centros que imparten Programas de Cualificación profesional inicial


Pacto de Lemos. Curso 2009-2010.
Modalidade A
Especialidades formativas Centros/I.E.S Localidade Teléfono
Servizos administrativos IES A Pinguela Monforte 982403111
Xardinaría e viveirismo CEE Infanta Elena Monforte 982403303
Políticas Activas de Emprego 79

Producións agrícolas CFEA Monforte de Lemos Monforte 982400665


Modalidade C Mixta
Especialidades formativas Centros/I.E.S Localidade Teléfono
Aloxamento
Monforte de
Instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións IES Daviña Rey 982400460
Lemos
Mantemento de vehículos
Albanelaría
Servizos de restauración Monforte de
IES Río Cabe 982400812
Fontanaría,calefacción e climatización Lemos

Emprego doméstico

A continuación detallamos os rateos de representatividade dos alumnos que cursaron


Programas de Garantía Social ou P.C.P.I. no Pacto, con respecto aos da provincia de Lugo e
Galicia o longo dos cursos académicos (2004/05) a (2008/09).

 Táboa 9.72. Evolución rateos alumnos Programas Garantía Social-PCPI. Pacto/Provincia e Pacto/Galicia
(2004-08).

P.C.P.I. 2004-2005 2005-2006 2006-2007 2007-2008 2008-2009 Total


Pacto/Provincia 15,36% 10,16% 11,61% 10,27% 9,13% 11,60%
Pacto/Galicia 1,98% 1,42% 1,41% 0,99% 0,87% 1,36%

O peso dos alumnos destes programas no territorio do Pacto supuxeron o 11,60% dos
alumnos provinciais no conxunto do período (2004/05 a 2008/09), e o 1,36% do total dos
galegos que realizaron Programas de Garantía Social-Programas de Cualificación Profesional
Inicial.

9.4.A.1.2. Ensinanzas de adultos


Fora das ensinanzas ordinarias mencionadas nos apartados anteriores (ciclos
formativos, PCPI) en varios I.E.S. do territorio do Pacto tamén se poden realizar as ensinanzas
para adultos.
Con estas ensinanzas perséguese ofertar a todos os maiores de dezaoito anos a
posibilidade de adquirir, actualizar, completar ou amplia-los seus coñecementos e aptitudes
para o seu desenvolvemento persoal e profesional.
Esta formación pódese realizar a través dos seguintes centros.
• Centros de Educación para adultos, destinados exclusivamente a estas ensinanzas.
• Centros ordinarios con ensinanzas de adultos.

No territorio do Pacto, son varios os centros que ofertan esta formación, todos eles
institutos de educación secundaria, que alternan as dúas ensinanzas, hai anos existiu en
Monforte un Centro Público de Educación para persoas adultas, destinado soamente a estas
ensinanzas, pero pechou probablemente debido a falla de alumnado.

 Táboa 9.73. Oferta educativa para adultos e Centros. Pacto de Lemos.

Oferta educativa para adultos e Centros. Pacto de Lemos.

Oferta educativa Centro Localidade


Políticas Activas de Emprego 80

Ensinanzas básicas iniciais IES Lama das Quendas Chantada


Educación secundaria IES Río Cabe Monforte
Bacharelato IES Río Cabe Monforte
IES Val do Asma Chantada
IES A Pinguela Monforte
Ciclos Formativos
IES Francisco Daviña Rey Monforte
IES Río Cabe Monforte
Aula Mentor IES Francisco Daviña Rey Monforte

 Relación de Ciclos Formativos de Formación Profesional. Oferta Parcial por módulos


A continuación, relacionase a oferta formativa de ciclos da formación profesional
inicial, do réxime xeral por módulos, en modalidade presencial, para as persoas adultas no
curso 2009-10. Para elo, agrupamos os ciclos formativos (Grao medio ou superior) nas
mesmas familias profesionais utilizadas neste estudo. Engádese, ademais, unha relación dos
módulos ofertados para este ano académico que de xeito parcial pódense ir realizando
segundo o interese do alumnado.
Se se opta por cursar módulos de forma parcial, poderán matricularse tanto de módulos
que pertenzan ao primeiro ano de ciclo, como ao segundo ou aos dous á vez. Neste caso, os
módulos han de ser dun mesmo ciclo e non poderán superar a carga lectiva anual de 960
horas.
Cada módulos profesional poderá ser obxecto de avaliación nun máximo de catro
convocatorias, con independencia do centro e do réxime, ou da modalidade en que se curse.
Quedará exceptuado o módulo de formación en centros de traballo, que o será nun máximo de
dúas.
Estes ciclos formativos teñen habitualmente horario de tarde-noite, para facer posible a
conciliación da vida laboral e familiar coa formativa.

Relación de ciclos F.P. e oferta de módulos. Curso 09-10. Ensinanza de adultos.


Familia: Administración e Xestión
Ciclos formativos Módulos ofertados Centro Localidade
Administración pública
Auditoría
Formación e orientación laboral IES Val do Asma Chantada
Xestión de aprovisionamento
Xestión financeira
Administración pública
Aplicacións informáticas e operatoria de
teclados
Ciclo Superior de Auditoría
Administración e finanzas Contabilidade e fiscalidade
Formación e orientación laboral
Monforte de
Produtos e servizos financeiros e de seguros IES A Pinguela
Lemos
Proxecto empresarial
Proxecto integrado
Recursos humanos
Xestión comercial e serv. atención ao cliente
Xestión de aprovisionamento
Xestión financeira
Familia: Comercio e Marketing
Ciclos formativos Módulos ofertados Centro Localidade
Ciclo Medio de Comercio Administración e xestión dun pequeno IES A Pinguela Monforte de
establecemento comercial Lemos
Animación do punto de venda
Aplicacións informáticas de propósito xeral
Formación e orientación laboral
Lingua estranxeira (inglés)
Operacións de almacenaxe
Políticas Activas de Emprego 81

Operacións de venda
Relacións no equipo de traballo
Familia: Hostelería e Turismo
Ciclos formativos Módulos ofertados Centro Localidade
Asistencia e guía de grupos
Ciclo Superior de Deseño e comercialización de produtos
Información e turísticos locais e rexionais Monforte de
IES Río Cabe
Comercialización Información turística en destino Lemos
Turísticas Lingua estranxeira (inglés)
Segunda lingua estranxeira
Familia: Informática e Comunicacións
Ciclos formativos Módulos ofertados Centro Localidade
Aplicacións ofimáticas
Aplicacións web
Empresa e iniciativa emprendedora
Formación e orientación laboral
Ciclo Medio de Sistemas Monforte de
Montaxe e mantemento de equipamentos IES A Pinguela
Microinformáticos e Redes Lemos
Redes locais
Seguridade informática
Servizos en rede
Sistemas operativos monoposto
Arquitectura de equipos e sist. informáticos
Calidade
Desenvolvemento de sistemas de
telecomunicación e informáticos
Ciclo Superior de Sistemas Formación e orientación laboral
Monforte de
de Telecomunicación e Relacións no contorno de traballo IES Daviña Rey
Lemos
Informáticos Seguridade nas instalacións de
telecomunicación e informática
Sistemas de telefonía
Sist. operativos e linguaxes programación
Sistemas telemáticos
Familia: Servizos Socioculturais e a Comunidade
Ciclos formativos Módulos ofertados Centro Localidade
Alimentación e nutrición familiar
Apoio domiciliario
Atención e apoio psicosocial
Ciclo Medio de Atención Atención sanitaria Monforte de
IES Daviña Rey
Sociosanitaria Comunicación alternativa Lemos
Necesidades físicas e psicosociais de
colectivos específicos
Relacións no equipo de traballo

 Análise evolutivo alumnado Formación para adultos: bacharelato/Ciclos (2004/05-


2008/09). Pacto de Lemos.

Na seguinte táboa 9.74., amósase o número de adultos que accederon á formación de


bacharelato e de ciclos medios, desagregado por xénero e na mesma evolución que os
apartados anteriores (curso 2004 a 2008).

 Táboa 9.74. Evolución nº e porcentaxe de alumnos bacharelato–ciclos. Pacto.(04–08).

Alumnos bacharelato-ciclos por xénero (Ensinanza de Adultos). Pacto de Lemos.


Pacto de Lemos 2004-05 2005-06 2006-07 2007-08 2008-09 Var.04-08
Bacharelato 50 64 46 35 43 -14%
Homes 23 32 21 14 14 -39%
Mulleres 27 32 25 21 29 7%
C.Medios 11 14 38 53 79 618%
Homes 2 2 14 24 33 1550%
Mulleres 9 12 24 29 46 411%
Distribución Porcentual
Bacharelato 2004-2005 2005-2006 2006-2007 2007-2008 2008-2009 Total
Homes 46,00% 50,00% 45,65% 40,00% 32,56% 43,70%
Políticas Activas de Emprego 82

Mulleres 54,00% 50,00% 54,35% 60,00% 67,44% 56,30%


C.Medios 2004-2005 2005-2006 2006-2007 2007-2008 2008-2009 Total
Homes 18,18% 14,29% 36,84% 45,28% 41,77% 250,74%
Mulleres 81,82% 85,71% 63,16% 54,72% 58,23% 66,50%
Fonte: elaboración propia. Datos IGE

Destácase o declive dos matriculados para a opción de bacharelato, diminuíndo os


alumnos nun 14% no último curso (2008) con respecto ao 2004, e afectando especialmente
esta diminución ao xénero masculino (-39%); pola contra, aumentaron as mulleres adultas que
iniciaron formación de bacharelato (+7%). Soamente no curso 2005/06 foi igual o número de
homes que mulleres que optaron a formación de bacharelato.
En canto á opción de ciclos medios, aumentaron moitísimo os alumnos adultos que
escolleron facer esta formación, pasando de 2 homes no curso 2004/05 a 33 homes no
2008/09; o incremento das mulleres tamén é importante pasando de 9 alumnas de C.M.
(2004/05) a 46 (2008/09).

 Análise evolutivo e comparativo alumnado F. Adultos Pacto/Provincia/Galicia


(2004/05-2008/09).
En canto ó número de alumnos que escolleron estas ensinanzas, obsérvanse
diferentes tendencias entre os tres ámbitos territoriais se comparamos o último curso 2008/09
co curso 2004/05. No Pacto, como xa comentamos no apartado anterior, diminúen un 14% os
alumnos adultos que deciden facer bacharelato e aumentan os que deciden facer C.M. nun
618%. Na Provincia, pola contra, aumentan nun 28% os adultos que deciden facer bacharelato
e tamén aumentan os de C.M. nun 18%. En Galicia, a baixada é nos dous niveis académicos,
bacharelato (-5%) e C.M. (-10%).

 Táboa 9.75. Evolución e comparación nº alumnos Ensinanza adultos Pacto/Provincia/Galicia (2004 – 2008).

Alumnos bacharelato-ciclos (Ensinanza de Adultos). Pacto de Lemos/Provincia/Galicia


Bacharelato 2004-2005 2005-2006 2006-2007 2007-2008 2008-2009 Var.04-08
Pacto 50 64 46 35 43 -14%
Provincia 447 516 478 516 573 28%
Galicia 6338 6140 5567 5785 6019 -5%
C.Medios 2004-2005 2005-2006 2006-2007 2007-2008 2008-2009 Var.04-08
Pacto 11 14 38 53 79 618%
Provincia 205 187 192 242 242 18%
Galicia 1781 1746 1531 1697 1611 -10%
Fonte: Elaboración propia. Datos IGE

Na seguinte táboa 9.76. móstrase o rateo de representatividade dos alumnos que


realizaron formación para adultos no período 2004-2008, en relación ós alumnos da provincia
de Lugo e Galicia, e en canto aos matriculados nas opcións de bacharelato e de C.Medios.

 Táboa 9.76. Evolución rateos alumnos Formación para Adultos. Pacto/Provincia e Pacto/Galicia. (2004/05 a
2008/09).

BACHARELATO 2004-2005 2005-2006 2006-2007 2007-2008 2008-2009 Total


Políticas Activas de Emprego 83

Pacto/Provincia 11,19% 12,40% 9,62% 6,78% 7,50% 9,41%


Pacto/Galicia 0,79% 1,04% 0,83% 0,61% 0,71% 0,80%
C.MEDIOS 2004-2005 2005-2006 2006-2007 2007-2008 2008-2009 Total
Pacto/Provincia 5,37% 7,49% 19,79% 21,90% 32,64% 18,26%
Pacto/Galicia 0,62% 0,80% 2,48% 3,12% 4,90% 2,33%

Os datos desta táboa amósanos un maior peso nos alumnos de formación para adultos
de C.Medios no territorio do Pacto de Lemos cós da opción de bacharelato, con respecto á
provincia e Galicia; o 9,41% dos alumnos de F.Adultos de bacharelato da provincia, foi
realizado no territorio do Pacto e o 0,80% dos galegos; o 18,26% dos alumnos F.Adultos
C.Medios da provincia realizouse no Pacto de Lemos e o 2,33% dos alumnos C.Medios de
Galicia.

 Aula Mentor
Trátase dunha oferta educativa a distancia a través de internet, con titorías telemáticas,
promovida polo Ministerio de Educación e Ciencia e pola Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria.
Aula mentor, ofrece un gran número de cursos de temática moi variada: informática,
administración, saúde, medios audiovisuais, idiomas, etc.
Esta oferta formativa facilita a oportunidade de actualizar o perfil profesional, potenciar o
acceso ao emprego e aumentar a formación básica. Son ensinanzas non regradas para
persoas adultas (maiores de 18 anos e non se require titulación previa).
As persoas interesadas en matricularse nestas ensinanzas, deben dirixirse a unha das
aulas Mentor en funcionamento; no caso do territorio do Pacto, unha delas está instalada no
I.E.S. Francisco Daviña Rey (Monforte).

9.4.A.2. Ensinanzas de Réxime especial


No territorio do Pacto, soamente se poden cursar ensinanzas de réxime especial en
Monforte e na actualidade estanse a impartir ensinanzas de idiomas, técnico-deportivas e
música.

9.4.A.2.1. Ensinanzas de Idiomas


Na Escola oficial de Idiomas de Monforte, pertencente á Consellería de Educación,
pódense realizar os tres niveis (básico, intermedio e avanzado) das seguintes linguas oficiais:
Alemán, Francés, Inglés e Italiano.

9.4.A.2.2. Ensinanzas técnico-deportivas.


Teñen como finalidade a de preparar ós alumnos para a actividade profesional en
relación cunha modalidade ou especialidade deportiva, así como facilitar a súa adaptación á
evolución do mundo laboral e deportivo.
Ofértase esta ensinanza no territorio do Pacto, nun único I.E.S., o I.E.S. “Río Cabe”, sito
en Monforte.
As especialidades son:
• Técnico Deportivo en Fútbol (Grao Medio)
Políticas Activas de Emprego 84

• Técnico Deportivo en Fútbol (Grao Superior)

9.4.A.2.3. Ensinanzas da Música


Existe no territorio do Pacto un Conservatorio municipal de música, o centro “Mestre
Ibáñez”, ubicado en Monforte (Rolda Emilia Casas, 65) e que conta con 120 prazas de
alumnado.
No ano 1999 inícianse as ensinanzas musicais neste centro de titularidade municipal e
na actualidade son varias as alternativas musicais que se poden realizar:
• Iniciación, destinado a nenos de 5 a 7 anos que queiran ter un primeiro contacto coa
música.
• Grao elemental: catro cursos.
• Grao profesional: seis cursos.

As especialidades que se imparten son: piano, guitarra, trompa, violín, clarinete,


trompeta, saxofón, percursión e trombón.
Coas seguintes materias complementarias: linguaxe musical, educación vocal-auditiva,
harmonía, piano complementario, orquestra-banda, música de cámara, historia da música,
análise, novas tecnoloxías-informática musical.
Cómpre subliñar neste epígrafe, que a ocupación de cantante e compositor,
especialmente a primeira, é unha ocupación de difícil cobertura no territorio segundo a
publicación trimestral do Ministerio de Traballo e Emigración, recollida para o territorio polo
Observatorio Galego das Cualificacións.

9.4.A.3. Outras ensinanzas: Aula UNED de Monforte


A aula UNED atópase na Rúa San Pedro de Monforte de Lemos, nas dependencias do
I.E.S. Río Cabe. Esta aula depende do Centro Asociado da UNED de Lugo e coa ampliación de
once graos para o ano 2009-10, pódense seguir un total de 41 titulacións. Os novos graos son
os de Enxeñaría Electrónica, Industrial e Automática, Enxeñaría Eléctrica, Enxeñaría Mecánica,
Economía, Psicoloxía, Filosofía, Socioloxía, Ciencias Políticas e da Administración, Educación
Social, Xeografía e Historia, e Historia da Arte. No que atinxe á titorías presenciais pódense
seguir en Monforte de Lemos as de Educación Social, e as dos cursos finais da anterior
diplomatura na mesma área. Asemade, ofrécese o curso de acceso á universidade para
maiores de 25 anos, composto por seis materias, e neste ano 2009-10 ofértase a novidade de
acceso á universidade para maiores de 45 anos para perfiles específicos de capacitacións
profesionais que só pasarán dous exames en lingua castelá e comentario de texto.
Reforza a súa actividade con conferencias, cursos e xornadas de diversa índole.

9.4.B. Formación profesional para o emprego


Regulada polo RD 395/2007 do 23 de marzo, deroga o anterior RD1046/2003, de 1 de
agosto, que regulaba a Formación Continua, dirixida exclusivamente a traballadores ocupados.
O novo subsistema de formación profesional para o emprego articula a integración nun único
subsistema de tódalas iniciativas de formación ocupacional, formación continua e formación en
alternancia co emprego, que ata ese momento se estaban a realizar de forma illada.
O obxectivo é o de crear un único modelo de F.P. para o emprego e o de facer
desaparecer a separación entre formación ocupacional (dirixida a desempregados) e a
formación continua (dirixida a traballadores en activo), favorecendo deste xeito a formación ó
Políticas Activas de Emprego 85

longo da vida dos traballadores desempregados e ocupados e contribuíndo á mellora da


produtividade e competitividade das empresas.
Inclúe catro tipos de iniciativas:
• 9.4.B.1. Formación de demanda
• 9.4.B.2. Formación de oferta
• Formación en alternancia
• Medidas de apoio e acompañamento á formación

Neste estudo analízase en detalle a formación de demanda e a formación de oferta, en


canto á impartida no período (2000-2008) no Pacto Territorial de Lemos e a análise
comparativa coa Provincia e Galicia. A formación en alternancia co emprego non será
analizada neste apartado xa que inclúe as accións formativas nos contratos para a formación e
os programas públicos de emprego-formación que, neste último caso, xa o incluímos no
apartado de programas de fomento do emprego da Consellería de Traballo e Benestar. En
canto ás medidas de apoio e acompañamento á formación de ámbito autonómico existe unha
liña de axudas de convocatoria anual da Consellería, onde se subvencionan unha serie de
actuacións nesta liña, pero que non é obxectivo de análise neste estudo do territorio.

9.4.B.1. Formación de Demanda – Fundación Tripartita.


Nesta liña de formación, englóbanse as accións formativas das empresas, programadas
polas empresas e dirixidas aos seus propios traballadores e ós permisos individuais de
formación.
Teñen como finalidade que as empresas poidan planificar e xestionar as súas iniciativas
de formación, atendendo ás necesidades e intereses da empresa a través da mellora das
competencias, habilidades e calidades profesionais dos seus traballadores. Utilízase para o seu
financiamento a cantidade ingresada por cada empresa no ano anterior, en concepto de cota
de formación profesional. A porcentaxe que anualmente se establece é en función da sua
plantilla de traballadores.
Por outra banda, tamén se trata de que a formación sexa demandada polos traballadores
de xeito que ista poda estar vinculada ou non á actividade profesional que realizan (Permisos
individuais de formación), sen custo para a empresa.
A formación de demanda co novo RD 395/2007 queda en exclusiva, en canto a
planificación e xestión da formación, en mans das empresas, de xeito que a intervención
pública limítase aos aspectos de control e seguimento das acción formativas desenvolvidas.
As accións formativas das empresas (sistema de bonificación de cotas) está vixente
desde o ano 2004. A formación que se pode facer a través da Fundación Tripartita ten
diferentes modalidades, pode ser presencial, con horarios e datas convidas, en aula con
docente, e-learnig ou teleformación, a través de internet, con liberdade de horarios e titor
personalizado; ou a distancia, con material para desenvolver no domicilio ou empresa
autorizada. Os traballadores, con autorización da súa empresa, poden dispoñer de hasta 200
horas da súa xornada laboral durante o ano natural ou académico, para estudar e asistir a
clase. A formación que reciban debe estar recoñecida por unha acreditación oficial, o que
inclúe certificados de profesionalidade.
Para o estudo desta formación, os datos foron facilitados pola Fundación Tripartita para a
Formación no Emprego e os referentes ao Pacto de Lemos son do período 2004-2006; en
canto a Provincia e Galicia, comprenden o período 2004-2008. A análise basearase no estudo
cuantitativo en detalle da formación realizada no Pacto de Lemos (participantes, empresas,
distribución por concellos), o estudo do alumnado (xénero, idade, nivel académico) e por último,
unha análise comparativa destes datos do Pacto cos obtidos para provincia de Lugo e Galicia.
Políticas Activas de Emprego 86

Na seguinte táboa 9.77. detállase o número e porcentaxe de alumnos, agrupados nas


familias profesionais dos cursos realizados no territorio do Pacto, durante o período 2004-2006.

 Táboa 9.77. Evolución alumnos F.Demanda segundo familias profesionais (2004-2006). Pacto de Lemos.
Evolución Nº alumnos formados por familias profesionais. Pacto de Lemos. 2004-06.
200
Familias Profesionais % 2005 % 2006 % Total % Var.04-06
4
Administración e xestión 93 36,05% 188 47,24% 213 49,31% 494 45,40% 129%
Industrias alimentarias 0 0,00% 46 11,56% 49 11,34% 95 8,73%
Informática e comunicacións 1 0,39% 28 7,04% 16 3,70% 45 4,14% 1500%
Comercio e marketing 13 5,04% 22 5,53% 25 5,79% 60 5,51% 92%
Servizos socioculturais e a
43 16,67% 45 11,31% 61 14,12% 149 13,69% 42%
Comunidade
Hostalería e Turismo 3 3,23% 0 0,00% 2 6,90% 5 0,46% -33%
Transporte e mantemento de vehículos 93 36,05% 49 12,31% 29 6,71% 171 15,72% -69%
Sanidade 0 0% 0 0% 15 3,47% 15 1,38%
Instalación e mantemento 0 0% 1 0,25% 3 0,69% 4 0,37%
Seguridade e medioambiente 1 0,39% 4 1,01% 4 0,93% 9 0,83% 300%
Enerxía e auga 0 0% 0 0% 4 0,93% 4 0,37%
Edificación e obra civil 1 0,39% 0 0,00% 2 0,46% 3 0,28% 100%
Electricidade e electrónica 10 3,88% 0 0,00% 0 0,00% 10 0,92% -100%
Outros non clasificados 0 0% 15 3,77% 9 2,08% 24 2,21%
Total 258 100% 398 100% 432 100% 1088 100% 67,44%
Fonte: Elaboración propia. Datos FTFE Estatística

É salientable o crecemento de todas as familias profesionais, agás “Hostalaría e turismo”


(-33%), “Transporte e mantemento de vehículos” (-69%) e “Electricidade e electrónica” (cunha
variación de -100% pasando de 10 alumnos do 2004 a ningún no 2006).
Os recadros que están en branco nas variacións 04-06, corresponden a aqueles no que
no ano 2004 non se reflicte ningún alumno e por tanto non se produce variación, pero en todas
estas familias, ben no 2005 e 2006, agrúpanse traballadores que realizaron formación neste
campo.
Esta táboa amósanos, que a familia “administración e xestión” agrupa ó maior número de
traballadores con formación de demanda (45%) e cunha tendencia crecente. A familia
“transporte e mantemento de vehículos” (16%) é a seguinte en número de alumnos, máis
cunha tendencia decrecente. A seguinte familia, en canto a número de alumnos formados é a
de “servizos á comunidade” (14%), cunha tendencia crecente.
No que se refire ó peso que cada Familia Profesional ten sobre o total de alumnos
formados, “administración e xestión” presenta a maior porcentaxe de alumnos formados no
2005 e 2006; no 2004 comparte o liderado coa familia “transporte e mantemento de vehículos”,
seguidos dos alumnos formados en “servizos socioculturais e a comunidade” (16,67%). No
2005, a familia de “transporte e mantemento de vehículos” ocupa o segundo lugar despois de
“administración”, cun 12,31% do total de alumnos formados nese ano. E no 2006, volve a
ocupar o segundo lugar a familia “servizos socioculturais e a comunidade” (14,12%).
As familias con menor número de alumnos formados son “edificación e obra civil” con 3
alumnos formados (0,28%), seguidos de “enerxía e auga” (0,37%) e “instalación e mantemento”
con 4 alumnos (0,37%), respectivamente e “hostalería e turismo” con 5 alumnos (0,46%).
A continuación, imos relacionar o número de traballadores que realizaron formación de
demanda (Fundación Tripartita) no período 2004-2006 no territorio do Pacto, co número de
persoas afiliadas no réxime xeral e que podían haber accedido a esta formación.

 Táboa 9.78. Evolución rateos Nº Alumnos F.Demanda/Nº afiliados R.Xeral. Pacto.(2004-06).

Pacto de Lemos 2004 2005 2006


Alumnos F.Demanda 258 398 432
Políticas Activas de Emprego 87

Afiliados R.Xeral 6647 7086 7420


Rateo 3,89% 5,62% 5,82%

Esta táboa apórtanos que soamente un 5,11% dos traballadores dados de alta no réxime
xeral do Pacto de Lemos, no período de 3 anos (2004-2006), realizaron formación da
Fundación Tripartita, quizás ante o gran descoñecemento desta alternativa tan fácil e adaptable
de formación ás empresas.
O desaproveitamento deste recurso formativo débese, sobre todo, ó descoñecemento
desta posibilidade de formación entre os traballadores e entre os empresarios, ademais de ter
en conta que o tecido empresarial e industrial existente no Pacto, está aglutinado en pequenas
empresas con menos de dous traballadores r(epresentan o 86%-87% do tecido empresarial
existente no Pacto de Lemos), o que implica que o crédito dispoñible para esta formación sexa
de 420.-euros/ano por cada empresa e polo tanto, o orzamento dispoñible para formación non
é moi alto. Outro dos problemas existentes é que é a empresa a que ten que autorizar esta
formación para o traballador e en moitos casos a falta de mentalidade dos pequenos
empresarios respecto á formación dos seus traballadores, fai que prefira perder este crédito á
posibilidade de investir en formar o seu capital humano da empresa, por medo a que o
traballador se lle marche da empresa por un mellor posto de traballo, ou lle esixa unhas
mellores condicións laborais ante o incremento da súa cualificación e categoría profesional. A
falla de mentalidade empresarial e competitiva de moitos dos pequenos empresarios (que por
un lado son os que sustentan o tecido económico empresarial do territorio) fan que iniciativas e
alternativas como estas non teñan o éxito que deberían de ter, tal e como se están a aproveitar
noutros territorios.
Deberíase ter en conta, sobre todo en épocas de crise, que a formación non só é
necesaria para reorientar aos desempregados, senón que se fai máis imprescindible que nunca
para os traballadores, tanto para aqueles que traballan como os que teñen que idear novas
alternativas de negocio, dentro dun mercado laboral e empresarial cada vez máis competitivo.

A continuación, amósase o número de empresas que acudiron á formación de demanda


para os seus traballadores, coa distribución por concellos e agrupados polo sector de
actividade económica.

 Táboa 9.79. Distribución por concellos Nº empresas por sectores. F.Demanda (2004-06).
Distribución por concellos do Pacto do Nº empresas por sectores
Pacto Localidade Agricultura Industria Construcción Comercio Hostalaría Servizos Sen Datos Total
Chantada 1 2 2 5
2004 Monforte 4 1 1 4 10
Saviñao 1 1
Total 04 0 5 3 0 2 6 0 16
Bóveda 1 1
Chantada 9 8 10 7 6 3 43
Monforte 4 30 1 12 3 50
Pantón 1 1 1 2 1 1 7
2005 Quiroga 0
Ribas do Sil 2 11 1 1 15
Saviñao 1 1
Sober 1 1
Taboada 1 2 3
Total 05 1 19 53 14 8 19 7 121
2006 Bóveda 2 2
Chantada 6 7 5 2 4 24
Monforte 16 36 8 1 15 3 79
Pantón 3 3
Quiroga 1 1 4 1 7
Políticas Activas de Emprego 88

Ribas do Sil 5 7 1 3 1 17
Saviñao 1 1 1 1 4
Sober 2 1 3
Taboada 2 2 2 6
Total 06 1 33 58 23 6 21 3 145
Total 04-06 2 57 114 37 16 46 10 282
Fonte: Elaboración propia. Datos FTFE Estatística

 Gráfico 9.27. Empresas F.Demanda por sector de actividade. Pacto de Lemos. Total 04-06.

Neste período de tres anos, a excepción dos concellos de Carballedo, Folgoso do


Courel e A Pobra de Brollón, o resto dos concellos tiveron algunha empresa realizando
formación de demanda. Como é de esperar o concello de Monforte é o que abarca o maior
número delas; 10 empresas (2004), 50 (2005) e 79 (2006), seguido de Chantada 5 empresas
(2004), 43 (2005) e 24 (2006).
No ano 2004, era maior o número de empresas do sector servizos (6), industria (5) e
construción (3), pero é a partires do 2005 cando as empresas do sector da construción utilizan
en maior medida a formación de demanda.
O sector no que menos empresas utilizaron este sistema foi o da agricultura, con
soamente dúas empresas, unha en Pantón no ano 2005 e outra no Saviñao no 2006.
Obsérvase, tamén, a evolución e aumento progresivo das empresas, pasando de 16
empresas localizadas en tres concellos do Pacto no ano 2004 a 121 no 2005, e 145 no 2006,
distribuídas por nove concellos.
Na seguinte táboa 9.80 amósase a evolución, en número de alumnos do Pacto no
período 2004 a 2006, distribuídos por concellos, así como a relación destes co número de
afiliacións de cada concello, obtendo a porcentaxe de traballadores que utilizaron esta
formación entre o total de traballadores do réxime xeral de cada concello.

 Táboa 9.80. Evolución participantes F.Demanda e rateo alumnos/afiliados, distribuídos por concellos do
Pacto. 2004-2006
Distribución por concellos Nº de participantes. Rateo alumnos/afiliados. Pacto de Lemos. 2004-2006.
Nº Nº Nº %
Concellos 2004 Rateo 2005 Rateo 2006 Rateo Total
afiliacións afiliación afiliación concellos
Bóveda 0 2 118 1,69% 4 123 3,25% 6 0,55%
Chantada 34 1310 2,60% 93 1451 6,41% 47 1529 3,07% 174 15,99%
Políticas Activas de Emprego 89

Monforte 221 3238 6,83% 242 3326 7,28% 265 3559 7,45% 728 66,91%
Pantón 0 0 0 0 4 187 2,13% 4 0,37%
Pobra de Brollón 0 0 0 0 1 118 0,85% 1 0,09%
Quiroga 2 841 0,24% 43 928 4,63% 94 873 10,77% 139 12,78%
Ribas De Sil 0 0 0 2 96 2,09% 2 0,18%
Saviñao 1 241 0,41% 11 245 4,49% 4 239 1,67% 16 1,47%
Sober 0 2 152 1,32% 4 140 2,86% 6 0,55%
Taboada 0 5 206 2,42% 7 215 3,26% 12 1,10%
Total 258 398 432 1088 100%
Fonte: Elaboración propia. Datos FTFE Estatística

Durante estes tres anos (2004, 2005 e 2006) foron 1088 as persoas traballadoras que
realizaron formación de demanda, o que supón un aumento do 67,44% do 2006 con respecto
ao 2004.
Aumentan tamén o número de participantes ao longo dos anos, en concreto do ano 2004
a 2006 aumentou un 67,44%, sendo un aumento xeneralizado en tódolos concellos do pacto.
Como é esperado, o concello que máis participantes tivo foi o de Monforte cun total ó final dos
tres anos de 728 persoas (66,91%), seguido de Chantada con 174 persoas (15,99%) e Quiroga
139 (12,78%). O concello que menos participantes tivo foi o de A Pobra de Brollón con 1
alumno no ano 2006 (0,09%), seguido de Ribas de Sil con dous alumnos (0,18%).
Soamente dous concellos sofren unha caída de alumnos do ano 2005 a 2006, Chantada
pasa de 93 (2005) a 47 (2006) e O Saviñao de 11(2005) a 4 (2006).
En tódolos concellos, a excepción de Carballedo e Folgoso, participaron traballadores
nesta vía de formación, cada día máis coñecida e máis utilizada.
En canto á análise do rateo entre o número de alumnos e o número de afiliados do
réxime xeral por concello, obsérvase tamén o aumento de porcentaxe de traballadores entre o
total de afiliados nos tres anos, o incremento maior prodúcese no concello de Quiroga que pasa
do ano 2004 (0,24% dos afiliados fixeron formación de demanda) e o ano 2006 (10,77%). O
concello de Monforte é o que abarca o maior rateo, a excepción do 2006 (Quiroga).

 Gráfico 9.28. Distribución por concellos Nº participantes Formación de Demanda. Total 04-06.

 Análise do alumnado
Políticas Activas de Emprego 90

Nos seguintes apartados estudaremos as variables do alumnado que acudiu a


Formación de Demanda, pertencentes a centros de traballo do territorio do Pacto de Lemos,
segundo xénero, idade e nivel académico.
 Táboa 9.81. Evolución segundo xénero dos participantes F.Demanda. Pacto. 2004-2006.
Participantes con centro de traballo. Pacto de Lemos. 2004-06.
2004 2005 2006 Total Porcentaxe
Homes 164 (63,57%) 250 (62,81%) 259 (59,95%) 673 61,86%
Mulleres 94 (36,43%) 148 (37,19%) 173 (40,05%) 415 38,14%
Total 258 398 432 1088 100%
Fonte: Elaboración propia. Datos FTFE Estatística

En canto ó xénero dos participantes con centros de traballo no Pacto de Lemos que
realizaron formación de demanda, evidénciase un maior peso de homes (61,86%) con respecto
ás mulleres (38,14%), aínda que co paso dos anos a diferenza vaise reducindo e as mulleres
conseguen aumentar a súa representatividade do 36,43% do ano 2004 ó 40,05% do 2006.
 Gráfico 9.29. Distribución segundo xénero participantes F.Demanda. Pacto. (2004-2006).

 Táboa 9.82. Distribución participantes F.Demanda, segundo xénero e concellos. (04-06)


Participantes segundo xénero por concellos. Pacto de Lemos. 2004-06
2004 2005 2006 Total
Home Muller Total Home Muller Total Home Muller Total Home % Muller %
Bóveda 0 1 1 2 3 1 4 4 66,67% 2 33,33%
Chantada 13 21 34 43 50 93 24 23 47 80 45,98% 94 54,02%
Monforte 149 72 221 155 87 242 173 92 265 477 65,52% 251 34,48%
Pantón 0 0 2 2 4 2 50,00% 2 50,00%
Pobra de
0 0 1 1 1 100,00% 0 0,00%
Brollón
Quiroga 2 2 38 5 43 42 52 94 82 58,99% 57 41,01%
Ribas de Sil 0 0 2 2 2 100,00% 0 0,00%
Saviñao 1 1 6 5 11 4 4 10 62,50% 6 37,50%
Sober 0 2 2 3 1 4 5 83,33% 1 16,67%
Taboada 0 5 5 5 2 7 10 83,33% 2 16,67%
Fonte: Elaboración propia. Datos FTFE Estatística 673 61,86% 415 38,14%
Na clasificación do xénero por concellos, observamos que nalgúns concellos (Pobra e
Ribas do Sil) a totalidade dos participantes foron homes. En Pantón houbo o mesmo número de
homes que mulleres, e soamente no concello de Chantada foi superior a presenza do xénero
feminino (54,02%), no resto dos concellos foi superior a presenza de homes.

 Táboa 9.83. Distribución participantes F.Demanda, segundo idade. Centros de Traballo do Pacto de Lemos
(2004-2006).
Políticas Activas de Emprego 91

Participantes Centro de Traballo segundo idade. Pacto de Lemos. 2004-06


Nº Alumnos de 16 a 25 26 a 35 36 a 45 46 a 55 > 55 Sen datos Total
2004 19 41 104 71 22 1 258
2005 29 86 137 113 33 398
2006 45 122 145 99 21 0 432
Total 93 249 386 283 76 1 1088
Distribución porcentual de participantes Centro de Traballo segundo idade. Pacto de Lemos. 2004-06
% Alumnos de 16 a 25 26 a 35 36 a 45 46 a 55 > 55 Sen datos TOTAL
2004 7,36% 15,89% 40,31% 27,52% 8,53% 0,39% 100,00%
2005 7,29% 21,61% 34,42% 28,39% 8,29% 0,00% 100,00%
2006 10,42% 28,24% 33,56% 22,92% 4,86% 0,00% 100,00%
Total 8,55% 22,89% 35,48% 26,01% 6,99% 0,08% 100,00%
Fonte: Elaboración propia. Datos FTFE Estatística

 Gráfico 9.30. Distribución participantes F.Demanda, segundo idades. Pacto. Total 04-06

Os traballadores con idades entre 36 e 45 anos foron os que en maior número realizaron
formación de demanda nestes tres anos (35,48% do total), seguidos polos do tramo de idade
46-55 nos anos 2004 e 2005. No 2006, o intervalo de 26-35 anos ocupa ese segundo lugar con
maior número de participantes. Os que menos participaron foron os de idades entre 16-25 (nos
anos 2004 e 2005) e no 2006, os maiores de 55.
Observando a evolución podemos dicir que aínda que o tramo entre 30-45 é o de maior
número de alumnos, ao longo destes tres anos foi perdendo peso e, pola contra, o tramo 26-35
é o que máis aumenta o porcentaxe de participación.

 Táboa 9.84. Participantes F.Demanda, por nivel académico. Centros de Traballo Pacto de Lemos. (2004-2006).
Participantes Centro de Traballo segundo nivel académico. Pacto de Lemos. 2004-06
Arquitecto Técnico o Arq. E Enxeñeiro
Sen Primarios, FPI, Ensinanza
Ano Enxeñeiro Técnico, Superior, Sen datos TOTAL
Estudos EGB Técnico, BUP, FPII
Diplomado Licenciado
2004 4 151 56 28 18 0 257
2005 3 226 102 39 28 0 398
2006 8 181 148 26 6 63 432
Total 15 558 306 93 52 63 1087
Distribución porcentual Participantes Centro de Traballo segundo nivel académico. Pacto de Lemos. 2004-06
Est. Arquitecto Técnico o Arq. E Enxeñeiro
Sen FPI, Ensinanza
% Primarios, Enxeñeiro Técnico, Superior, Sen datos TOTAL
Estudos Técnico, BUP, FPII
EGB Diplomado Licenciado
2004 1,56% 58,75% 21,79% 10,89% 7,00% 0,00% 100%
2005 0,75% 56,78% 25,63% 9,80% 7,04% 0,00% 100%
Políticas Activas de Emprego 92

2006 1,85% 41,90% 34,26% 6,02% 1,39% 14,58% 100%


Total 1,38% 51,33% 28,15% 8,56% 4,78% 5,80% 100,00%
Fonte: Elaboración propia. Datos FTFE Estatística

A maioría dos traballadores que realizaron formación de demanda nos anos 2004 a 2006
tiñan unha titulación académica de EXB/ Estudos primarios (51,33%), aínda que ao longo dos
tres anos foron perdendo peso con respecto aos outros grupos académicos, pasando dun
58,75% de participación (2004) ao 41,90% (2006). O seguinte grupo con máis participantes é o
de FPI, BUP, e FPII (28,15%), que ademais gañan peso ao longo dos anos.
Os de menos peso son aqueles que non teñen estudos, a excepción do 2006 no que son
menos os de titulacións universitarias superiores cun 1,39% de participación sobre o total.

 Gráfico 9.31. Clasificación por nivel académico participantes F.Demanda. Pacto de Lemos. Total 2004-06.

 Análise Comparativa e evolutiva 2004-2008 Pacto/Provincia/Galicia


Nas seguintes tres táboas (9.85, 9.86 e 9.87) cuantifícase o número de empresas
formadoras que utilizaron o sistema de bonificacións de cotas, desagregadas por sectores
económicos, no período 2004-2008, na provincia de Lugo e Galicia; no referente ao Pacto de
Lemos, soamente dispoñemos de datos 2004-2006.

 Táboa 9.85. Empresas beneficiarias de formación demanda . Pacto de Lemos (04-06).

Empresas formadoras acollidas ao sistema de bonificacións de cotas segundo sector. Pacto de Lemos. 2004-06
Pacto de Lemos 2004 2005 2006 Var. 04-06 Total Total 04-06 (%)
Agricultura 0 1 1 2 0,71%
Industria 5 19 33 560,00% 57 20,21%
Construcción 3 53 58 1833,33% 114 40,43%
Comercio 0 14 23 37 13,12%
Hostalaría 2 8 6 200,00% 16 5,67%
Servizos 6 19 21 250,00% 46 16,31%
Sen Datos 0 7 3 10 3,55%
Total 16 121 145 282 100,00%
Fonte: Elaboración propia. Datos FTFE Estatística

Neste período 2004-2006 no territorio do Pacto de Lemos, é o sector da construción o


que máis empresas (114), (40,43% do total) utilizaron esta vía de formación, aínda que polo
que se deduce das táboas anteriores, non especificamente na familia de Edificación, senón
noutras familias profesionais, seguido do sector da industria con 57 empresas (20,21%) e o
Políticas Activas de Emprego 93

sector servizos (46 empresas, o 16,31%). O que menos empresas formadoras tivo foi o da
agricultura cun 0,71% do total.
Se observamos a evolución dos tres anos, no territorio do Pacto o crecemento máis
importante en número de empresas está tamén no sector da construción, cun incremento de 3
empresas(2004) a 58 (2006), sendo no 2004 o sector servizos o que máis empresas
formadoras tiña (6). O segundo sector en porcentaxe de cremento neste período foi o da
Industria.

 Táboa 9.86. Empresas formación demanda. Provincia Lugo (2004-2008)

Empresas formadoras acollidas ao sistema de bonificacións de cotas segundo sector. Provincia. 2004-06
Provincia 2004 2005 2006 2007 2008 Var. 04-08 Total 04-08 % 04-08 Total 04-06 % 04-06
Agricultura 42 41 15 60 50 19,05% 208 2,85% 98 3,97%
Industria 66 105 211 295 472 615,15% 1149 15,72% 382 15,49%
Construcción 61 449 518 736 868 1322,95% 2632 36,00% 1028 41,69%
Comercio 46 79 156 290 517 1023,91% 1088 14,88% 281 11,39%
Hostalaría 63 41 81 134 255 304,76% 574 7,85% 185 7,50%
Servizos 91 132 192 406 700 669,23% 1521 20,80% 415 16,83%
Sen Datos 17 26 34 30 32 88,24% 139 1,90% 77 3,12%
Total 386 873 1207 1951 2894 649,74 7311 100,00% 2466 100,00%
Fonte: Elaboración propia. Datos FTFE Estatística

No ámbito territorial da Provincia, séguese coa mesma tendencia que no territorio do


Pacto, é o sector da construción o que abarca ó maior número de empresas formadoras, así
como o que protagoniza un maior incremento ao longo dos anos, pasando de 61 empresas no
ano 2004 a 868 empresas no 2008, (incremento do 1322,95%.).
Diferenciamos dúas fases de análise, unha ata o ano 2006, para poder comparar cos
datos do Pacto, e outra ata o ano 2008, que son os últimos datos extraídos.
Se sumamos as empresas no período 2004-2006, o sector da construción supoñía o
41,69% do total de empresas formadoras, e no período total 2004-2008 o 36%.
En canto ó maior número de empresas formadoras, no segundo lugar está o sector
servizos (a diferenza do Pacto que era o sector da industria) que no período 04-06 supoñían o
20,80% e no período 04-08 o 16,83%. Pero en canto ó incremento ao longo dos anos 04-08
este sector ocupa o terceiro lugar, xa que o subsector do comercio é o segundo que máis se
incrementou a nivel provincial nese período.
Ó igual que o Pacto, é o sector da Agricultura o que menos empresas formadoras ten e
tamén o que menos se incrementou e variou ao longo do período 04-08.
O mesmo que sucede no Pacto, o gran cambio e incremento do sector da construción
prodúcese a partir do 2005, xa que no 2004 o sector servizos (91 empresas), industria (66),
hostalaría (63) tiñan máis empresas formadoras que a construción (61). A partir do ano
seguinte (2005), o sector da construción é o que ten máis empresas formadoras utilizando o
sistema de bonificacións de cotas.

 Táboa 9.87. Empresas formación demanda. Galicia (2004-2008)


Empresas formadoras acollidas ao sistema de bonificacións de cotas segundo sector. Galicia. 2004-06
Galicia 2004 2005 2006 2007 2008 Var. 04-08 Total 04-08 % 04-08 Total 04-06 % 04-06
Agricultura 72 111 92 201 225 213% 701 1,76% 275 1,99%
Industria 540 1035 1397 2240 3011 458% 8223 20,63% 2972 21,56%
Construcción 451 1155 1695 2588 3107 589% 8996 22,57% 3301 23,94%
Comercio 303 603 771 1535 2682 785% 5894 14,79% 1677 12,16%
Hostalaría 117 190 317 539 1018 770% 2181 5,47% 624 4,53%
Servizos 852 1527 1805 3037 4557 435% 11778 29,55% 4184 30,35%
Sen Datos 79 254 421 658 670 748% 2082 5,22% 754 5,47%
Políticas Activas de Emprego 94

Total 2414 4875 6498 10798 15270 532,56 39855 100,00% 13787 100,00%
Fonte: Elaboración propia. Datos FTFE Estatística

En Galicia non ocorre o mesmo que no Pacto ou na provincia de Lugo, xa que o


subsector que máis incrementa o número de empresas beneficiarias de formación de demanda
no período 2004-2008 é o comercio (785%), seguido da hostalaría (770%).
É no sector servizos no que máis empresas utilizaron a formación de demanda en
tódolos anos do período 2004-2008, supoñendo un 29,55% do total de empresas formadoras.
No segundo lugar está a construción tanto se collemos como referencia ata o 2006
(23,94%) ou ata o 2008 (22,57%).
Ao igual que na provincia e no Pacto, o sector da agricultura é o que menos empresas
formadoras ten con respecto ao total.
A continuación, cuantifícase o número de participantes formados con centro de traballo
no Pacto, provincia de Lugo e Galicia para a súa comparación e no mesmo caso que o
apartado anterior, analízase a variación ata o ano 2006 e ata o ano 2008, xa que os datos do
Pacto son ata o 2006.

 Táboa 9.88. Comparación traballadores formación demanda. Pacto/Provincia/Galicia 2004-2008.


Evolución do número de Participantes. Pacto/Provincia/Galicia. 2004-08.
2004 2005 2006 2007 2008 Tot 04-06 Tot 04-08 Vr.04-06 Var.04-08
Pacto 258 398 432 -------------- -------------- 1088 ---------- 67,44% --------------
Provincia 2557 4378 5808 8259 10363 12743 8259 127,14% 305,28%
Galicia 30033 47432 58459 76245 95144 135924 76245 94,65% 216,80%
Fonte: Elaboración propia. Datos FTFE Estatística

Esta táboa reflíctenos o crecemento de alumnos nos tres ámbitos territoriais e


observamos que no ano 2006 se produce con respecto o 2004, un aumento do 67,44% no
territorio do Pacto; na provincia é maior o incremento (127,14%) e se analizamos ata o ano
2008, o aumento é do 305,28%. No caso de Galicia, o aumento é maior que no Pacto e menor
que na provincia, así do 2004 a 2008 aumentan os participantes nun 216,80%.
Na seguinte táboa 9.89 calculamos o rateo de representatividade desta formación do
Pacto de Lemos con respecto á provincia de Lugo e Galicia, así como o da provincia en
relación a Galicia. Calculamos dous rateos, un relativo ao período 2004-06 e outro soamente
cos datos da provincia e Galicia ata o 2008.

 Táboa 9.89. Rateos F.Demanda 2004-06: Pacto/Provincia e Pacto/Galicia. 2004-08.


Rateos 2004 2005 2006 2007 2008 Total 04-06 Total 04-08
Pacto/Provincia 10,09% 9,09% 7,44% 8,54%
Pacto/Galicia 0,86% 0,84% 0,74% 0,80%
Provincia/Galicia 8,51% 9,23% 9,94% 10,83% 10,89% 9,38% 10,83%
En liña co comentado na táboa anterior, observamos nestes rateos que no territorio do
Pacto, aínda que se incrementou o número de alumnos o peso foi menor que nos outros dous
ámbitos territoriais, o que provoca que ao longo destes tres anos, no Pacto se perdera peso,
pasando de representar o 10,09% dos provinciais no ano 2004 a representar o 7,44% do ano
2006, e igual tendencia en relación a Galicia. En cambio no rateo da provincia de Lugo con
respecto a Galicia, debido a que no primeiro ámbito aumentou máis o número de alumnos
observamos que a provincia de Lugo gaña peso con respecto a Galicia, pasando do 8,51%
(ano 2004) ó 10,89% (ano 2008).

9.4.B.2. Formación de Oferta


Na nova estrutura do RD 395/2007, a orden TAS/718/2008 do 7 de marzo que
desenvolve este decreto regula a formación de oferta, íntegra nun único epígrafe, os dous
Políticas Activas de Emprego 95

subsistemas de formación ocupacional e de formación continua, accións formativas dirixidas


prioritariamente a desempregados e os plans de formación dirixidos preferentemente a
traballadores ocupados.
A planificación a raíz deste real decreto, diferenza entre a programación e xestión no
ámbito estatal e a que se realiza no ámbito autonómico. As de ámbito estatal quedan limitadas
a accións formativas referidas a un ámbito territorial superior ao dunha comunidade autónoma.
Nas de ámbito autonómico, é a Consellería de Traballo e Benestar quen ten atribuídas
as competencias e funcións relativas á formación profesional ocupacional e continua.
Inclúe os seguintes programas ou plans, que serán obxecto de estudo neste traballo:
• En canto ás accións formativas dirixidas prioritariamente a desempregados/a –
Formación profesional ocupacional, atópanse:
o As accións formativas anteriormente reguladas polo RD 631/1993, polo que se
regulaba o anterior Plan de Formación e Inserción Profesional (FIP), na
actualidade Accións formativas prioritariamente para desempregados.
o FSE (Traballadores desempregados).

• No que se refire á formación dos traballadores ocupados-Formación profesional


continua, desde o ano 2004, tres son as vías de acceso:
o Contratos Programas de ámbito estatal
o Contratos Programa (autonómicos)
o FSE (Traballadores ocupados).

No apartado referente á Formación Continua tamén se fará un breve estudio das accións
formativas realizadas a través dos Acordos Nacionais de Formación Continua (2000-2003),
anteriores aos Contrato Programas.

9.4.B.2.1. Formación Profesional Ocupacional


A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Formación e
Colocación, ten o exercicio das competencias e funcións, entre outras materias, relativas á
formación profesional ocupacional, considerada como a principal medida do eixe de formación
dentro das Políticas Activas de Emprego.
Políticas Activas de Emprego 96

A súa programación é convocada anualmente pola Dirección Xeral de Formación e


Colocación, e destinada principalmente aos desempregados inscritos no Servizo Público de
Emprego de Galicia, mediante as ordes de convocatoria do plan F.I.P.(na actualidade
programación Accións formativas dirixidas prioritariamente aos traballadores desempregados
-AFD) e as accións formativas cofinanciadas polo F.S.E.
As diferentes liñas de programación polas que se pode acceder a esta formación
agrúpanse nas seguintes actuacións, que analizaremos neste estudo por separado:
• Cursos plan A.F.D. (Antigo F.I.P.) medios propios Xunta de Galicia
• Cursos plan A.F.D. (Antigo F.I.P.) programación ordinaria Centros Colaboradores
• Cursos plan A.F.D. (Antigo F.I.P.) con compromisos de contratación
• Cursos F.S.E. (desempregados)

A continuación pasamos a analizar cada unha destas liñas de formación ocupacional por
separado, estudando de cada unha delas os seguintes apartados:
• Especialidades formativas homologadas a decembro 2008 no territorio do Pacto de
Lemos, agrupación en familias profesionais segundo o catálogo de formación
ocupacional, identificando se é considerada de interese pola última convocatoria de
axudas (2008) da Dirección Xeral de Formación e Colocación e se a acción formativa
ten o correspondente certificado de profesionalidade.
• A análise evolutiva das familias profesionais e dos cursos realizados, (2000-2008):
horas, orzamento, alumnos, xénero, idade, diplomas, abandono. O cálculo da
porcentaxe de diplomas é realizado en función de 15 alumnos/curso. O cálculo da
porcentaxe de abandono realízase en función do total de alumnos que pasaron polo
curso (sendo sempre o número maior de 15).
• Análise evolutiva e comparativa dos tres niveis territoriais: Pacto, Provincia de Lugo e
Galicia, das diferentes variables.

9.4.B.2.1.1. Medios Propios Xunta de Galicia


No Pacto Territorial de Lemos atópase un centro de titularidade da Xunta de Galicia, en
Monforte de Lemos. Trátase dunha unidade de acción formativa que imparte anualmente a
programación ordinaria da Xunta de Galicia neste territorio.
Este centro conta cunhas instalacións interiores de 200 m2 como aula taller de
carpintería/ebanistería e unha parcela de 1.800 m2 destinada aos cursos agrarios, distribuída
en 350 m2 de xardín, 200 m2 de árbores froiteiras e 1.250 m2 de cultivo. Ademais, dispón de 2
invernadoiros (un de 50 m2 para sementeiros e un de 120 m2 para cultivo) e de dúas aulas
teóricas de 50 m2 .
Ata hoxe, o centro está homologado nas familias de agraria e madeira; ámbalas dúas no
sector primario, abandonado e manifestamente carente de interese para os desempregados.
Esta falla de interese pola formación no sector primario levou a que varias das accións
propostas non se puideran realizar por falta de alumnado (coma o caso de Horticultura). Tendo
en conta a definición deste sector coma eixo estratéxico de desenvolvemento para o Pacto de
Lemos, cómpre facer tódolos esforzos para incrementar a súa rendibilidade en termos de
comunicación, selección do alumnado e medios materiais e tecnolóxicos que permitan unha
oferta educativa innovadora en canto ás técnicas de produción e ecoloxía.

 Especialidades Formativas homologadas a decembro 2008.


Políticas Activas de Emprego 97

Neste centro pódese realizar ensinanzas relacionadas coas familias profesionais


“Agraria” e “Madeira, moble e cortiza”, con catro e dúas especialidades homologadas
respectivamente, segundo se detalla a continuación.

Familia Profesional: Agraria


Especialidade Código De interese no Pacto Certificado Profesionalidade
Florista AGAO20 Non Non
Horticultor AGAH10 Si Si
Floricultor AGAO10 Si Non
Xardineiro AGAO50 Non Si
Familia Profesional: Madeira, Moble e Cortiza
Especialidade Código De Interese No Pacto Certificado Profesionalidade
Carpinteiro MAMS10 Si Si
Ebanista MAMS40 Non Si

 Análise evolutiva das Especialidades e F.Profesionais impartidas U.A.F. Monforte.


Nas seguintes tres táboas detállanse as dúas familias profesionais impartidas neste
centro no período de estudo 2000-2008; relacionanse as seis especialidades formativas que
nalgúns casos todos os anos reiteradamente se impartiron e noutros alternando algunha delas;
na táboa 9.90. recóllese de cada unha das especialidades impartidas, o número delas que no
total do período se celebraron, o número de horas totais, orzamento, alumnos, diplomas
obtidos, clasificación por xénero e por tramos de idades. Na táboa 9.90. e 9.91. móstrase a
mesma información pero en valores porcentuais. A porcentaxe de diplomas é calculada en
función de 15 alumnos/curso, e a porcentaxe de abandono en función dos alumnos totais que
pasaron polo curso.

 Táboa 9.90. Especialidades impartidas U.A.F. Monforte (2000-2008).


Especialidades impartidas U.A.F. Monforte de Lemos. 2000-08
Familia Profesional: Agraria
Especialidade Cursos Horas Orzamento Diplomas Alumnos Homes Mulleres <25 25-54 >54
Auxiliar Florista 7 2170 198801,9 77 142 17 125 32 99 11
Floricultor 7 3486 262566 45 156 48 108 39 101 16
Florista 1 275 16894,45 7 7 1 6 0 7 0
Xardineiro 1 544 39776,4 3 18 3 15 3 15 0
Total F.P.Agraria 16 6475 518038,8 132 323 69 254 74 222 27
Familia Profesional: Madeira
Carpinteiro 1 760 59690,4 4 22 21 1 5 15 2
Ebanista 7 5390 533098,5 32 173 128 45 48 106 19
Total F.P.Madeira 8 6150 592788,9 36 195 149 46 53 121 21
Total 00-08 24 12625 1110828 168 518 218 300 127 343 48
Fonte: Elaboración propia. Consellería de Traballo e Benestar

Os aspectos máis salientables son os seguintes: as especialidades que máis se


realizaron (7 cursos por cada unha) foron “Auxiliar florista”, “Floricultor” e “Ebanista”, e
soamente en todo o período de estudo se impartiu un curso de ”Florista”, un de “Xardineiro” e
un de “Carpinteiro”. Ningún de horticultura malia ser de interese e contar con certificado.
O número de horas totais impartidas, segundo as familias profesionais, foi de 6.475
horas na F.P.”Agraria” e 323 alumnos formados e 6.150 horas na F.P. “Madeira”, con 195
alumnos totais formados no período de estudo.
Políticas Activas de Emprego 98

 Gráfico 9.32. Porcentaxe de alumnos por curso U.A.F. Monfort . Total 2000-2008.

Na táboa 9.91. amósase en porcentaxes o peso de cada familia profesional impartida


sobre o total das impartidas no período 2000-2008.

 Táboa 9.91. Porcentaxe nº accións, horas, Orzamento, alumnos das especialidades impartidas U.A.F.Monforte
no período 2000-2008

Porcentaxe nº accións, horas, Orzamento, alumnos das especialidades impartidas U.A.F. 2000-2008

Familia Profesional: Agraria

Especialidade Nº Accións Horas Orzamento Alumnos

Auxiliar Florista 29,17% 17,19% 17,90% 27,41%

Floricultor 29,17% 27,61% 23,64% 30,12%

Florista 4,17% 2,18% 1,52% 1,35%

Xardineiro 4,17% 4,31% 3,58% 3,47%

Total F.P.Agraria 66,67% 51,29% 46,64% 62,36%

Familia Profesional: Madeira

Carpinteiro 4,17% 6,02% 5,37% 4,25%


Políticas Activas de Emprego 99

Ebanista 29,17% 42,69% 47,99% 33,40%

Total F.P. Madeira 33,33% 48,71% 53,36% 37,64%

Total 100% 100% 100% 100%

Fonte: Elaboración propia. Consellería de Traballo e Benestar

Destácase a familia agraria (66,67%) con máis accións formativas cá da madeira


(33,33%), ao igual que máis alumnos formados; o orzamento de subvencións é maior na F.P.
Madeira (53,26%) que na agraria (46,64%), tendo en conta que a primeira engloba cursos máis
longos, con maior número de horas e implica tamén unha diferente baremación en canto ao
grao de complexidade de cada familia.
A especialidade na que o maior número de alumnos chegaron a inicialos cursos foi
“ebanista”, con 173 persoas (33,40% do total), e a especialidade de máis diplomas foi “auxiliar
de florista” con 77 persoas.
A continuación, na táboa 9.92., ollamos porcentaxes dos alumnos que obtiveron
diploma polo total das accións que se realizaron en cada especialidade.

 Táboa 9.92. Porcentaxe de Alumnos con diploma e porcentaxe de abandono, xénero, idades das
especialidades impartidas U.A.F. Monforte (2000-2008).
% de alumnos con diploma e abandono, xénero, idade das especialidades impartidas na U.A.F. Monforte
Especialidade Diploma % abandono Homes Mulleres <25 25-54 >54
Auxiliar Florista 73% 46% 12% 88% 23% 70% 8%
Floricultor 43% 71% 31% 69% 25% 65% 10%
Florista 100% 0% 14% 86% 0% 100% 0%
Xardineiro 20% 83% 17% 83% 17% 83% 0%
F.P.Agraria 57% 59% 21% 79% 23% 69% 8%
Carpintero 27% 82% 95% 5% 23% 68% 9%
Ebanista 31% 82% 74% 26% 28% 61% 11%
F.P.Madeira 30% 82% 76% 24% 27% 62% 11%
Total 47% 68% 42% 58% 25% 66% 9%
Fonte: Elaboración propia. Consellería de Traballo e Benestar

A porcentaxe de abandono é máis elevada na familia da madeira (68%) que na familia


agraria (59%). Na familia da madeira, a duración do curso é de 760h/carpinteiro e de
770h/ebanista, tendo unha porcentaxe de abandono do 82%, e só contando co 24% de
mulleres na familia. Segundo imos vendo no estudo pormenorizado dos cursos FIP, a
porcentaxe de abandono é maior canto maior sexa a duración do curso, do mesmo xeito que
atopamos tamén unha estreita relación entre o abandono e o xénero; de tal maneira que hai
menos abandono nos cursos onde hai unha maior presenza feminina.
Na familia agraria, a duración media dos cursos foi de 405 horas e a porcentaxe de
mulleres do 79%.
Obsérvase, que na especialidade de “florista” todos obtiveron diploma, en cambio na
especialidade de “xardineiro” soamente o 20%, o que significa un alto índice de abandono (83%
dos alumnos).
Na clasificación por tramos de idades, o 66% dos alumnos tiñan entre 25-54 anos, un 9%
eran maiores de 54 e un 25% menores de 25 anos. Na F.P.Madeira, superan nun punto
porcentual os maiores de 54 anos ós da F.P.Agraria, e os menores de 25 anos teñen máis
peso nas especialidades F.P. Madeira que na Agraria. É a especialidade de Ebanista a que
maior porcentaxe ten de maiores de 54 anos e menores de 25 anos, en cambio en Florista,
tódolos alumnos estaban entre 25-54 anos, non habendo nesta nin e Xardineiro ningún maior
de 54.
Políticas Activas de Emprego 100

 Gráfico 9.33. Distribución segundo xénero alumnos cursos U.A.F.Monforte.Total 2000-2008.

 Análise evolutiva-comparativa Pacto/Provincia/Galicia


A continuación, detállase para a súa comparación de Pacto, provincia de Lugo e Galicia,
o número existente de centros propios da Xunta de Galicia e o número de cursos realizados no
ano 2008, todo elo relacionado co número de parados rexistrados, o que nos indica a cobertura
de centros directos da Xunta en relación aos desempregados inscritos no Servizo Galego de
Colocación.

 Táboa 9.93. Comparación dos Centros de Formación Profesional Ocupacional da Xunta de Galicia
Pacto/Provincia/Galicia
Centros de Formación Profesional Ocupacional da Xunta de Galicia- 2008
2008 Nº Centros propios PPR/Centro Nº cursos PPR/curso
Pacto 1 2716 desempregados 3 905,33
Provincia 3 5171 desempregados 36 430,89
Galicia 9 + 3 Centros integrados 13793 desempregados 208 781,31
Fonte: Elaboración propia. Consellería de Traballo e Benestar

Reflíctese un menor número de parados rexistrados por centro Formación Profesional


Ocupacional a nivel de Pacto; case a metade que a cobertura a nivel provincial e cinco veces
menos que o rateo correspondente a Galicia.
Esta tendencia cambia ó relacionar o número de cursos realizados no ano 2008 coa
poboación parada rexistrada. No territorio do Pacto a cobertura é de 905,33 parados por curso,
sendo menor cantidade na provincia con 430,89 parados por curso; é dicir, hai unha maior
cobertura no ámbito territorial provincial que no Pacto. En Galicia, a cobertura é menor que na
provincia pero maior que no Pacto con 781,31 parados por curso.
O que nos indica que a media de número de cursos por centro é moi diferente nos tres
ámbitos territoriais no ano 2008 :
• Pacto: 3 cursos/centro
• Provincia de Lugo: 12 cursos/centro
• Galicia: 17 cursos/centro
Nas seguintes catro táboas reflíctese a comparación, nos tres ámbitos territoriais, Pacto
de Lemos, provincia de Lugo e Galicia das accións formativas realizadas nos Centros de
Políticas Activas de Emprego 101

Formación Ocupacional de titularidade da Xunta de Galicia con medios propios e no período


formativo 2000 a 2008.

 Táboa 9.94. Evolución e comparación Nº cursos F.I.P., orzamentos e nº alumnos. Centros Propios
Pacto/Provincia/Galicia (2000-2008).
Nº Cursos- Orzamentos-alumnos. Pacto de Lemos / Provincia / Galicia. Ano 2000-2008
Pacto de Lemos Provincia Galicia
Cursos Orzamento Alumnos Cursos Orzamento Alumnos Cursos Orzamento Alumnos
2000 0 0,00 0 45 856.165,49 721 210 3.238.675,03 2.962
2001 3 105.411,81 43 40 1.118.456,33 767 180 3.642.430,99 3.305
2002 3 83.927,25 62 50 1.173.221,25 1.037 256 5.231.812,88 4.960
2003 3 113.728,50 56 52 1.308.935,10 1.064 257 6.638.378,35 5.411
2004 3 120.766,65 55 59 1.566.292,46 1.216 255 6.193.117,53 5.620
2005 3 122.251,50 60 56 1.716.345,30 1.166 169 5.466.670,17 3.262
2006 3 144.737,10 62 48 1.685.784,30 1.151 193 7.727.058,75 4.394
2007 3 203.181,84 71 49 2.567.495,01 1.109 202 10.757.148,63 4.813
2008 3 216.823,05 108 36 2.023.029,20 954 208 11.268.831,44 5.283
Total 24 1.110.827,70 517 435 14.015.724,44 9.185 1930 60.164.123,77 40.010
Fonte: Elaboración propia. Consellería de Traballo e Benestar

Obsérvase que no Pacto, na Unidade de Acción Formativa de Monforte, fanse unha


media de 3 cursos/ano, cunha media de 22 alumnos /curso. Na Provincia de Lugo, realizáronse
unha media de 48 cursos/ano, o que supón unha media de 16 cursos por centro e ano e unha
media de 21 alumnos/curso. En Galicia, unha media de 214 cursos/ano; o que supón unha
media de 18 cursos por centro e ano, e unha media de 21 alumnos/curso
En Lugo se formaron o 23% dos alumnos de Galicia, e no Pacto o 5,6% dos lucenses; do
mesmo xeito que en Lugo se investiu o 23% do orzamento de Galicia para esta política en
centros propios, e no Pacto, o 8% do investido na provincia.

 Táboa 9.95. Evolución e comparación Nº e porcentaxe diplomas, porcentaxe de abandono Centros Propios.
Pacto/Provincia/Galicia (2000-2008).
Nº e % alumnos con diploma e % de abandono. Pacto/Provincia/Galicia 2000-08
Pacto de Lemos Provincia Galicia
Diplomas % Dipl. % abandono Diplomas % Dipl. % abandono Diplomas % Dipl. % abandono
2000 0 391 58% 46% 1.908 61% 36%
2001 11 30% 74% 374 63% 51% 1.883 70% 43%
2002 24 53% 61% 510 68% 51% 2.451 64% 51%
2003 19 42% 66% 524 67% 51% 2.684 70% 50%
2004 26 58% 53% 494 56% 59% 2.757 72% 51%
2005 24 53% 60% 355 42% 70% 1.327 52% 59%
2006 18 40% 71% 392 54% 66% 1.749 76% 60%
2007 29 64% 59% 474 64% 57% 2.205 73% 54%
2008 17 38% 84% 380 70% 60% 2.138 69% 60%
Total 168 48% 67% 3.894 60% 58% 19.102 66% 52%
Fonte: Elaboración propia. Consellería de Traballo e Benestar

Na evolución dos anos de estudo, do total dos alumnos que finalizaron os cursos en
Centros Propios no Pacto o 48% obtiveron diploma, na provincia o 60% e en Galicia o 66%.
En canto á porcentaxe de abandono dos alumnos que chegan a iniciar algún dos cursos
F.I.P. programados, no territorio do Pacto alcánzase un abandono en todo o período de estudo
do 67%, en Provincia do 58% e Galicia o 52%.
Cómpre salientar que cada centro de titularidade da Xunta imparte en toda a comunidade
diferentes especialidades formativas, e que segundo o grado de complexidade de cada unha,
varía o importe de subvención para cada curso; ó mesmo que varía o número de horas de cada
un dos cursos impartidos polo que tamén é diferente o importe por cada curso. Tendo en conta
estas variables, imos relacionar os totais do período 2000-2008 nos tres ámbitos territoriais
Políticas Activas de Emprego 102

para obter unha referencia en canto ó orzamento investido por curso e o investimento por
diploma obtido.

 Táboa 9.96. Rateos comparativos orzamento/curso e orzamento/diploma. Pacto/Provincia/Galicia.


Importe totais 2000-2008 Orzamento/Curso Orzamento/Diploma
Pacto 46284,5 6612,07
Provincia 32220,06 3599,31
Galicia 31173,12 3136,82
O que nos indican estes rateos é que, do total de cursos realizados na U.A.F. de
Monforte, o importe/cursos ascende a 46.284,5€/curso, máis alto cá media dos centros da
provincia 32.220,06€/curso e que en Galicia 31.173,12€/curso.
En canto orzamento/diploma as diferenzas obtidas son aínda máis salientables, o
importe de 6612,07€/diploma do centro do Pacto case dobra ós dos centros provinciais
(3599,31€/diploma) e é máis do dobre cá media dos centros a nivel autonómico
(3136,82€/diploma).
Nesta reflexión, hai que ter en conta que os cursos impartidos na U.A.F. de Monforte son
en parte cursos longos, con bastantes horas/curso, o que provoca un elevado importe e
conleva tamén que a porcentaxe de abandono de alumnos tamén sexa superior cá media da
provincia e Galicia, obtendo menos alumnos diplomas. Así, neste único centro do Pacto,
impartíronse un total de 12.625 horas de cursos no período 2001-2008 (o ano 2000 non houbo
ningún curso), e un total de 24 cursos, o que sae unha media de 526,04 horas/curso. Se
relacionamos o orzamento total coas horas, obtense unha media de 87,99€/hora.
 Táboa 9.97. Evolución e comparación Nº alumnos por xénero.Cursos F.I.P. Centros Propios.
Pacto/Provincia/Galicia. (2000-2008).
Alumnos por xénero dos cursos F.I.P.Pacto/Provincia/Galicia. (2000-2008)
Pacto de Lemos Provincia Galicia
Home % Muller % Home % Muller % Home % Muller %
2000 0 0 426 59,08% 295 40,92% 1.705 57,56% 1.257 42,44%
2001 27 62,79% 16 37,21% 483 62,97% 284 37,03% 1.968 59,55% 1.337 40,45%
2002 29 46,77% 33 53,23% 626 66,81% 411 33,19% 3.225 65,02% 1.735 34,98%
2003 32 57,14% 24 42,86% 617 57,99% 447 42,01% 2.926 54,08% 2.485 45,92%
2004 20 36,36% 35 63,64% 832 68,42% 384 31,58% 3.245 57,74% 2.375 42,26%
2005 25 41,67% 35 58,33% 768 65,87% 398 34,13% 2.249 68,95% 1.013 31,05%
2006 21 40,38% 41 59,62% 821 71,33% 330 28,67% 2.822 64,22% 1.572 35,78%
2007 22 30,99% 49 69,01% 638 57,53% 471 42,47% 2.455 51,01% 2.358 48,99%
2008 42 38,89% 66 61,11% 560 58,70% 394 41,30% 3.063 57,98% 2.220 42,02%
Total 218 42,17% 299 57,83% 5.771 62,83% 3.414 37,17% 23658 59,13% 16.352 40,87%
Fonte: Elaboración propia. Consellería de Traballo e Benestar

No Pacto, un 42% de alumnos do total do período foron homes e un 58% mulleres, o


que implica unha maior presenza das mulleres con respecto á provincia (mulleres 37,17%) e
Galicia (mulleres 40,87%). No Pacto é onde máis se incrementou co paso dos anos a presenza
da muller, pasando dun 37,21% do alumnado do ano 2001 ao 61,11% do ano 2008.
 Táboa 9.98. Evolución e comparación Nº alumnos por idade.Cursos F.I.P. Centros Propios.
Pacto/Provincia/Galicia. (2000-2008).
Alumnos por idade dos cursos F.I.P.Pacto/Provincia/Galicia (2000-2008)
Pacto de Lemos 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total
<25 0 8 10 14 14 17 17 14 33 127
25-54 0 31 48 38 39 41 44 49 52 342
>54 0 4 4 4 2 2 1 8 23 48
Total 0 43 62 56 55 60 62 71 108 517
Provincia 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total
<25 222 243 317 339 384 354 365 302 266 2792
25--54 493 510 698 710 799 702 695 734 589 5930
>54 6 14 22 15 33 110 91 73 99 463
Políticas Activas de Emprego 103

Total 721 767 1037 1064 1216 1166 1151 1109 954 9185
Galicia 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total
807 991 1427 1363 1399 928 1170 1196 1381 10662
<25
25-54 2107 2258 3432 3927 4072 2099 2846 3172 3240 27153
>54 48 56 101 121 149 235 378 445 662 2195
Total 2962 3305 4960 5411 5620 3262 4394 4813 5283 40010
Fonte: Elaboración propia. Consellería de Traballo e Benestar
Distribución porcentual de Alumnos por idade dos cursos F.I.P.
Pacto de Lemos 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total
<25 18,60% 16,13% 25,00% 25,45% 28,33% 27,42% 19,72% 30,56% 24,56%
25-54 72,09% 77,42% 67,86% 70,91% 68,33% 70,97% 69,01% 48,15% 66,15%
>54 9,30% 6,45% 7,14% 3,64% 3,33% 1,61% 11,27% 21,30% 9,28%
Provincia 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total
<25 0,3079 31,68% 30,57% 31,86% 31,58% 30,36% 31,71% 27,23% 27,88% 30,40%
25--54 0,6838 66,49% 67,31% 66,73% 65,71% 60,21% 60,38% 66,19% 61,74% 64,56%
>54 0,0083 1,83% 2,12% 1,41% 2,71% 9,43% 7,91% 6,58% 10,38% 5,04%
Galicia 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total
<25 0,2725 29,98% 28,77% 25,19% 24,89% 28,45% 26,63% 24,85% 26,14% 26,65%
25-54 0,7113 68,32% 69,19% 72,57% 72,46% 64,35% 64,77% 65,90% 61,33% 67,87%
>54 0,0162 1,69% 2,04% 2,24% 2,65% 7,20% 8,60% 9,25% 12,53% 5,49%

A análise por idades revélanos o maior peso dos maiores de 54 anos no territorio do
Pacto (9,28% do total) respecto á provincia (5,04%) e Galicia (5,49%). Por outra banda, os
menores de 25 anos tiveron menos presenza no Pacto (24,56%) que na provincia (30,40%) e
en Galicia (25,65%)

9.4.B.2.1.2. Programación Ordinaria, Centros Colaboradores Formación Ocupacional.


A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Formación e
Colocación e as correspondentes Delegacións Provinciais, programan anualmente as Accións
Formativas para Desempregados (Antigo F.I.P.). Mediante as entidades públicas e privadas
que obtiveron no seu día a correspondente homologación polo procedemento previsto no
Decreto 158/2001, do 29 de xuño, nalgunha das especialidades formativas incluídas no ficheiro
de especialidades homologadas polo Instituto de Emprego- Servizo Público de Emprego
Estatal, poñen en marcha cada ano a programación ordinaria das accións formativas
prioritariamente para desempregados.
No Pacto de Lemos, existen a decembro de 2008, un total de 30 Centros Colaboradores
homologados para poder impartir un total de 17 familias profesionais que ofrecen un total de 86
especialidades formativas homologadas (15% das especialidades totais do catálogo de
formación ocupacional) e que cada ano varían, segundo as solicitudes presentadas nas
convocatorias anuais da Consellería.
Destas especialidades, 35 posúen o seu correspondente Certificado de Profesionalidade
e 33 son consideradas de interese pola Consellería na última orde de convocatoria de axudas,
para impartires nas Comarcas do territorio, polo que quedan outras 53 especialidades xa
homologadas que non son consideradas de interese prioritario.
O catálogo de especialidades de formación ocupacional agrupa un total de 27 diferentes
familias profesionais, o que nos di que no territorio do Pacto, hai 10 familias que non están
homologada; entre elas, algunha sería de interese en relación aos eixos estratéxicos para o
desenvolvemento do territorio aprobados polo Comité Directivo da Asociación Impulsora do
Pacto Territorial polo Emprego de Lemos. Se ben faremos unha análise detallada das
recomendacións de homologación novas necesarias, estudando a potencialidade dos centros
existentes, adiantamos neste Informe sobre a Situación Inicial algunhas destas suxestións
como a de “Seguridade e medioambiente”, “Industrias extractivas” (especialidade que no 2008
só supuxo o 0,5% do alumnado total formado na comunidade), “Instalacións e Mantemento”,
Políticas Activas de Emprego 104

“Vidrio e Cerámica”, todas elas familias que engloban cursos con significado dentro do noso
territorio e nas que se podería homologar algún dos centros xa existentes.
Foi no exercicio do 2007 cando a Consellería de Traballo (orde de 21 de decembro de
2006) introduciu, entre outras, a novidade de incluír unha listaxe daquelas accións formativas
consideradas prioritarias pola Dirección Xeral de Formación e colocación, outorgándolle unha
maior puntuación ás solicitudes que as incluísen. Para a elección destas especialidades
tomouse como base o Informe do Observatorio Ocupacional do Instituto Galego das
Cualificacións. Preténdese, deste xeito, que as entidades interesadas en ofertar cursos de
formación ocupacional tendan a solicitar a homologación e, por conseguinte impartir as
anteditas especialidades, que ao ser de interese deberían ser prioritarias.
Na última orde de decembro 2008 de convocatoria de axudas para a programación
A.F.D. 2009, indícase onde non existen centros homologados a esa data para impartir esa
especialidade na comarca que se considera de interese a súa realización. Son as seguintes:

Especialidades de Interese designadas pola Comarca do Pacto onde non hai Centro Homologado
Consellería de Traballo e se considera que sería de interese
Horticultura e Floricultura Chantada
Instalac. e Mantem.de Xardíns e Zonas Verdes Chantada
Instalador Sistemas Enerxía Solar Térmica Quiroga
Operador Maquinaria Excavación Quiroga
Operador Maquinaria Transporte Terras Quiroga
Operador de Retropá Quiroga
Axudante de Cociña Quiroga / Terra de Lemos
Operacións Básicas Pisos/Aloxamentos Terra de Lemos
Cociña Terra de Lemos
Carpinteiro Quiroga
Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio Chantada / Quiroga / Terra de Lemos
No caso destas especialidades indicar que dentro do territorio do Pacto existen centros
homologados fóra desa comarca; no caso de “Carpinteiro”, existe un só centro en Monforte de
Lemos e único tamén da familia profesional da madeira. Ó mesmo que en “Instalador de
sistemas enerxía solar térmica” en Monforte, existen dous centros que teñen homologada esta
especialidade dende fai dous-tres anos. Prover dunha boa rede de transporte público ao
territorio faría á oferta máis rendible pensando no territorio dun xeito máis amplo co da
comarca.
A experiencia das convocatorias anteriores, indícanos que non se imparten tódalas
especialidades consideradas prioritarias por comarcas pola Dirección Xeral de Formación e
Colocación; así, nos cursos realizados no ano 2008 recomendábase 49 especialidades, das
que se impartiron 19 e quedando outras 30 sen realizar neste ano (61% dos recomendados),
distribuídas por comarcas da seguinte maneira:
• Na comarca de Chantada, dos 14 recomendados impartíronse 8, quedando 6 sen
realizarse.
• Comarca de Quiroga, de 7 recomendados soamente se realizou 1 (condutor de camión
pesado).
• Comarca Terra de Lemos, dos 28 recomendados, celebráronse 10 e 18 especialidades
quedaron sen realizarse.

A continuación detállanse as especialidades formativas consideradas prioritarias por


comarcas malia que non se levaran a cabo no ano 2008.
COMARCA CÓDIGO ESPECIALIDADE
ADGC02 Aplicacións informáticas de xestión
Chantada EOCL10 Albanel
MAMS10 Carpinteiro
Políticas Activas de Emprego 105

TMVC05 Condutor de vehículos articulados


TMVC06 Transporte de mercadorías perigosas por estrada
TMVC31 Condutor de vehículos clases C1 – C
AGAO50 Xardineiro
EOCL10 Albanel
EOCX02 Mantedor reparador de edificios
Quiroga
ELEL10 Electricista de edificios
SSCS30 Auxiliar de axuda a domicilio
TMVC31 Condutor de vehículos clases C1 - C
AGAE10 Traballador forestal
AGAX02 Xestión informatizada da explotación agraria
ADGC02 Aplicacións informáticas de xestión
IFCX02 Iniciación á rede internet
EOCA10 Pintor
EOCL10 Albanel
EOCL20 Revocador
ELER10 Electricista de mantemento
ENAE20 Instalador de sistemas de enerxía solar térmica
Terra de Lemos
ENAE30 Técnico de sistemas de enerxías renovables
SSCS10 Monitor sociocultural
TMVC05 Condutor de vehículos articulados
TMVC06 Transporte de mercadorías perigosas por estrada
TMVC31 Condutor de vehículos clases C1 - C
TMVC32 Condutor de camións de remolque clase E
HOTR20 Cociñeiro
HOTR40 Camareiro/a de restaurante-bar
HOTR50 Xefe de sala/maître

No total do territorio do Pacto, a decembro 2008, hai 186 homologacións de


especialidades concedidas pola Consellería, distribuídas entre tódolos centros colaboradores
sendo, nalgún caso, moi repetitivas en varios centros. As familias profesionais con máis centros
homologados son as seguintes:
• Transporte e mantemento de vehículos (25,81%)
• Sanidade (12,90%)
• Administración e xestión (10,75%)
• Edificación e obra civil (10,75%)

A realidade é que moitos dos cursos repítense ao longo dos anos continuamente, só
tendo en conta o grao de interese por parte do alumnado e das instalacións homologadas dos
centros colaboradores, sen pensar suficientemente nas necesidades formativas do territorio e
na inserción laboral ou posibles xacementos de emprego.
A dificultade para acadar o número de alumnos é máis salientable nalgunhas familias
profesionais que noutras, sobre todo certas especialidades englobadas na familia da “agraria”
(de escaso atractivo para á poboación) na familia de “edificación e obra civil”, e incluso algunha
especialidade dentro de “hostalaría e turismo”, que tiveron problemas para acadar un número
mínimo de alumnos para poder inicialos cursos ao longo do período.
Por outra banda, existe unha serie de trabas ou inconvenientes que á hora de planificar
as accións formativas de cada ano, inciden moitas veces no fracaso e alto abandono de moitos
dos cursos. A continuación detallamos as máis relevantes, segundo o estudo realizado entre os
centros colaboradores:

• As canles de información e publicidade sobre a oferta dos cursos que se imparten en


cada momento, non parecen achegarse con éxito aos desempregados.
Políticas Activas de Emprego 106

• Os criterios de selección do alumnado e a imposibilidade de realización da oficina de


emprego de máis dunha sondaxe dos demandantes de emprego para as probas de
selección fai que, ás veces non se chegue a cubrir as prazas do curso, ou que para
poder desenvolvelo se conte con persoas máis interesadas na bolsa de asistencia que
na formación, ou cun alumnado moi heteroxéneo en canto a súa capacitación
educativa, idade, e grao de interese polo curso concreto.
• A programación temporal das accións formativas; todas se imparten sempre no mesmo
período de tempo (aproximadamente, de abril a novembro), coincidindo co verán e
cunha maior ocupación debida á estacionalidade sobre todo na hostalaría e o
comercio.
• As dificultades para homologar novas especialidades formativas, xa que son moitos os
requisitos que deben cumprir os centros colaboradores para homologar unha nova
especialidade, afrontando elevados investimento previos ás solicitudes dos cursos, sen
garantías de concesión de subvención posterior. Isto provoca que a oferta sexa
repetitiva.
• En moitos casos, a excesiva duración dos cursos, sobre o que xa adiantamos a
relación directa entre longa duración e elevada porcentaxe de abandono. A lonxitude
da xornada diaria provoca certos impedimentos ao alumnado e xa que non existen
medidas concretas de axudas á conciliación da vida laboral e familiar, sería interesante
estimular e axudar ó alumno con cargas familiares, como apoio e axuda ao coidado de
nenos (garderías subvencionadas).
• Tamén, ás veces, a escaseza de nivel pedagóxico das equipas docentes, que inflúe no
incremento do abandono.
• A falla de transporte público para achegarse aos centros.
• A especial idiosincrasia da poboación, con pouca cultura da formación e do
aprendizaxe continuo e especializado.
• A falla de valoración destes cursos formativos e os seus certificados profesionais no
contorno empresarial.

A continuación, detállanse os Centros homologados no territorio do Pacto de Lemos a


decembro 2008, agrupados por Familias Profesionais e por especialidades formativas. Indícase
o código asignado no catálogo de formación ocupacional, a localidade onde está o centro
dentro do Pacto, se é ou non considerada a especialidade de interese pola Consellería na
última orde de decembro 2008 de convocatoria de axudas para a realización de A.F.D, o
número de horas e se ten ou non certificado de profesionalidade cada unha das especialidades
homologadas polos centros.

Relación de Centros Homologados Pacto Territorial de Lemos (Decembro 2008)


Familia Profesional: Administración e Xestión
De Nº
Especialidades Código Centros Homologados Localidade Certificado
Interese horas
ADGA10 COGAMI Monforte Monforte
ADGA10 Eligio Pérez Pereiro Monforte
Empregado Oficina NON 790 SI
ADGA10 IFES Chantada Chantada
ADGA10 IFES Monforte Monforte
ADGA20 IFES Chantada Chantada
Administrativo Persoal NON 770 SI
ADGA20 IFES Monforte Monforte
Administrativo Comercial ADGA30 IFES Monforte Monforte NON 800 SI
ADGC02 Eligio Pérez Pereiro Monforte
Aplicacións Informática Xestión ADGC02 IFES Chantada Chantada SI 300 NON
ADGC02 IFES Monforte Monforte
Empregado Xestión Financeira ADGF60 Eligio Pérez Pereiro Monforte SI 470 SI
Inglés: Atención Público ADGI01 Concello Pobra Brollón Pobra NON 200 NON
Políticas Activas de Emprego 107

Brollón
Telefonista/Recepcionista Oficina ADGI10 COGAMI Monforte Monforte NON 550 SI
Secretariado de Dirección ADGI21 CEL-Monforte Monforte NON 320 NON
Inglés: Xestión Comercial ADGX01 Eligio Pérez Pereiro Monforte NON 200 NON
Familia Profesional: Agraria
De Nº
Especialidades Código Centros Homologados Localidade Certificado
interese horas
AGAE10 Concello Pantón Pantón
Traballador Forestal AGAE10 Concello Taboada Taboada SI 340 SI
AGAE10 Xóvenes Agricultores Chantada
Fruticultor AGAF10 Concello Taboada Taboada NON 620 SI
Horticultor AGAH10 Concello Taboada Taboada SI 550 SI
Floricultor AGAO10 Concello Monforte Monforte SI 490 NON
Auxiliar Florista AGAO21 Xóvenes Agricultores Chantada NON 300 NON
AGAO50 Concello Monforte Monforte
AGAO50 Concello Pantón Pantón
Xardineiro NON 530 SI
AGAO50 Concello Quiroga Quiroga
AGAO50 Xóvenes Agricultores Chantada
Manipulador Pdtos. Fitosanitarios AGAX01 Concello O Saviñao O Saviñao NON 95 NON
Xestión Informática Explot.Agraria AGAX02 Concello O Saviñao O Saviñao SI 350 NON
Familia Profesional: Artes e Artesanías
De Nº
Especialidades Código Centros Homologados Localidade Certificado
Interese horas
Modisto ARTT40 IFES Chantada Chantada NON 700 NON
Familia Profesional: Artes Gráficas
De Nº
Especialidades Código Centros Homologados Localidade Certificado
Interese horas
Deseño Modif.Planos 2D 3D ARGD02 CONCELLO MONFORTE Monforte NON 180 NON
ARGD10 CONCELLO MONFORTE Monforte NON 630 NON
Tco.Auxiliar Deseño Gráfico
ARGD10 IFES MONFORTE Monforte NON 630 NON
Familia Profesional: Comercio e Marketing
De Nº
Especialidades Código Centros Homologados Localidade Certificado
Interese horas
Empregado Inform.Cliente COMC10 COGAMI Monforte Monforte NON 225 NON
Caixeiro COMF10 Eligio Pérez Pereiro Monforte SI 140 SI
COMV20 Eligio Pérez Pereiro Monforte SI 435 SI
Axente Comercial
COMV20 FORGA-CIG-Monforte Monforte SI 435 SI
Vendedor Técnico COMV30 Eligio Pérez Pereiro Monforte SI 420 SI
Familia Profesional: Edificación e Obra Civil
De Nº
Especialidades Código Centros Homologados Localidade Certificado
Interese horas
EOCA10 Concello Monforte Monforte
Pintor SI 600 SI
EOCA10 Fundac.Inst.Constr.Val Lemos Monforte
Pavimentador/Azulexador EOCA70 Fundac.Inst.Constr.Val Lemos Monforte SI 600 SI
Canteiro EOCC10 Fundac.Inst.Constr.Val Lemos Monforte SI 1150 SI
Encofrador EOCE10 Fundac.Inst.Constr.Val Lemos Monforte NON 800 SI
Ferrallista EOCE20 Fundac.Inst.Constr.Val Lemos Monforte NON 350 SI
EOCI10 Concello Pantón Pantón
Fontainero EOCI10 Estudios Alfa S.L. Monforte SI 730 SI
EOCI10 Fundac.Inst.Constr.Val Lemos Monforte
Instalador de gas EOCI30 Estudios Alfa S.L. Monforte NON 725 NON
EOCI60 Estudios Alfa S.L. Monforte
Instal.-Rep.Calefac. / Auga Quente Sanit. NON 840 NON
EOCI60 Fundac.Inst.Constr.Val Lemos Monforte
EOCL10 Concello Pantón Pantón
Albanel EOCL10 Concello Quiroga Quiroga SI 1000 SI
EOCL10 Fundac.Inst.Constr.Val Lemos Monforte
Revocador EOCL20 Fundac.Inst.Constr.Val Lemos Monforte NON 500 NON
Xesista EOCL30 Fundac.Inst.Constr.Val Lemos Monforte NON 300 NON
Operador Guindastres EOCM80 Fundac.Inst.Constr.Val Lemos Monforte NON 600 NON
Encargado Obra Edificación EOCT70 Fundac.Inst.Constr.Val Lemos Monforte NON 500 NON
Manten.Reparador Edificios EOCX02 Concello Quiroga Quiroga NON 530 NON

Familia Profesional: Electricidade e Electrónica

De Nº
Especialidades Código Centros Homologados Localidade Certificado
Interese horas

ELEL10 Concello Monforte Monforte

ELEL10 Concello Sober Sober


Electricista de Edificios SI 870 SI
ELEL10 Estudios Alfa S.L. Monforte

ELEL10 Fundac.Inst.Constr.Val Lemos Monforte


Políticas Activas de Emprego 108

Electricista de Mantemento ELER10 Concello Monforte Monforte SI 690 SI

Familia Profesional: Enerxía e Auga

De Nº
Especialidades Código Centros Homologados Localidade Certificado
Interese horas

Instal.Sist.Fotovoltaicos e Eólicos ENAE10 Fundac.Inst.Constr.Val Lemos Monforte NON 330 SI

ENAE20 Estudios Alfa S.L. Monforte


Instal.Sist.Enerxía Solar Térmica SI 330 SI
ENAE20 Fundac.Inst.Constr.Val Lemos Monforte

ENAE30 Estudios Alfa S.L. Monforte


Tco.Sist.Enerxías Renovables SI 380 NON
ENAE30 Fundac.Inst.Constr.Val Lemos Monforte

Familia Profesional: Fabricación Mecánica

De Nº
Especialidades Código Centros Homologados Localidade Certificado
Interese horas

FMEL50 Estudios Alfa S.L. Monforte


Soldador Estrut. Metálicas Lixeiras NON 955 SI
FMEL50 Fundac.Inst.Constr.Val Lemos Monforte

Familia Profesional: Hostalería e Turismo

De Nº
Especialidades Código Centros Homologados Localidade Certificado
Interese horas

Camareira de Pisos HOTA30 FORGA-CIG-Monforte Monforte NON 335 SI

HOTI10 Concello Sober Sober


Tco.Información Turística NON 465 NON
HOTI10 Eligio Pérez Pereiro Monforte

HOTI20 Concello Monforte Monforte


Axente Desenvolmento Turístico SI 555 NON
HOTI20 Concello Sober Sober

Cociñeiro HOTR20 Fundación Belarmino Fdez. Sober NON 1045 SI

HOTR40 Dicamonforte,S.L. Monforte


Camareiro/a Restaurante-Bar SI 820 SI
HOTR40 Fundación Belarmino Fdez. Sober

Xefe de Sala /Maitre HOTR50 Fundación Belarmino Fdez. Sober SI 670 NON

Sumiller HOTR60 Fundación Belarmino Fdez. Sober NON 415 NON

Familia Profesional: Industrias Alimentarias

De Nº
Especialidades Código Centros Homologados Localidade Certificado
Interese horas
Políticas Activas de Emprego 109

Elaborador Viños Comúns INAB11 Concello O Saviñao Saviñao NON 470 NON

Manipulador Alimentos FCOM01 Concello O Saviñao Saviñao NON NON

Familia Profesional: Informática e Comunicacións

De Nº
Especialidades Código Centros Homologados Localidade Certificado
Interese horas

Alfabetiz.Inform.Intern. FCO102 Concello Taboada Taboada NON NON

IFCI17 IFES Chantada Chantada


Tco.Software Ofimático NON 350 NON
IFCI17 IFES Monforte Monforte

Tco. Aux.Sistem.Microinfo. IFCI20 Eligio Pérez Pereiro Monforte NON 500 SI

IFCI23 Concello O Saviñao O Saviñao

IFCI23 Eligio Pérez Pereiro Monforte

IFCI23 FORGA-CIG-Chantada Chantada

Informática de Usuario IFCI23 FORGA-CIG-Monforte Monforte SI 200 NON

IFCI23 Grupo Emilio Conducción Monforte

IFCI23 IFES Chantada Chantada

IFCI23 IFES Monforte Monforte

IFCX02 CEL MONFORTE Monforte

IFCX02 Concello Pobra Brollón Pobra Brollón

IFCX02 FORGA-CIG-Chantada Chantada

Iniciación á Rede Internet IFCX02 FORGA-CIG-Monforte Monforte SI 60 NON

IFCX02 Grupo Emilio Conducción Monforte

IFCX02 IFES Chantada Chantada

IFCX02 IFES Monforte Monforte

IFCX0304 IFES Chantada Chantada


Deseñador Web Multimedia NON 350 NON
IFCX0304 IFES Monforte Monforte

Familia Profesional: Madeira, Moble e Cortiza

De Nº
Especialidades Código Centros Homologados Localidade Certificado
Interese horas
Políticas Activas de Emprego 110

Carpinteiro MAMS10 Concello Monforte Monforte SI 760 SI

Familia Profesional: Sanidade

De Nº
Especialidades Código Centros Homologados Localidade Certificado
Interese horas

SANC01 Concello O Saviñao O Saviñao

Atención Espec. Enfermos Alzheimer SANC01 IFES Chantada Chantada SI 250 NON

SANC01 IFES Monforte Monforte

SANC10 Concello Pobra Brollón Pobra Brollón

Celador Sanitario SANC10 IFES Chantada Chantada SI 250 NON

SANC10 IFES Monforte Monforte

SANC20 IFES Chantada Chantada


Auxil. Enfermería Hospitaliz. NON 675 NON
SANC20 IFES Monforte Monforte

SANC3007 Concello Bóveda Bóveda

SANC3007 Concello Monforte Monforte

SANC3007 Concello O Saviñao O Saviñao

SANC3007 Concello Pantón Pantón

SANC3007 Concello Pobra Brollón Pobra Brollón

Auxiliar Enfermería Xeriatría SANC3007 Concello Sober Sober NON 300 NON

SANC3007 Concello Taboada Taboada

SANC3007 Cruz Vermella Monforte Monforte

SANC3007 FORGA-CIG-Monforte Monforte

SANC3007 IFES Chantada Chantada

SANC3007 IFES Monforte Monforte

SANC4007 Concello O Saviñao O Saviñao

SANC4007 Cruz Vermella Monforte Monforte


Auxil. Enferm. Saude Mental NON 300 NON
SANC4007 IFES Chantada Chantada

SANC4007 IFES Monforte Monforte


Políticas Activas de Emprego 111

Auxiliar de Farmacia SANF10 IFES Monforte Monforte NON 375 NON

Familia Profesional: Servizos Socioculturais e a Comunidade

De Nº
Especialidades Código Centros Homologados Localidade Certificado
Interese horas

Coidador Discapac. Físicos e Psíquicos SSCS01 Concello Pobra Brollón Pobra Brollón NON 200 NON

SSCS10 Concello O Saviñao O Saviñao


Monitor Sociocultural SI 300 NON
SSCS10 Cruz Vermella Monforte Monforte

SSCS30 COGAMI Monforte Monforte

SSCS30 Concello Monforte Monforte

Auxiliar Axuda a Domicilio SSCS30 Concello Taboada Taboada NON 445 SI

SSCS30 FORGA-CIG-Chantada Chantada

SSCS30 FORGA-CIG-Monforte Monforte

Axente Dinamiz. Medio Rural SSCZ90 IFES Moonforte Monforte NON 350 NON

Familia Profesional: Téxtil, Confección e Pel

De Nº
Especialidades Código Centros Homologados Localidade Certificado
Interese horas

Preparador-Cosedor Coiro, Ante e Napa TCPC30 COGAMI Monforte Monforte NON 630 SI

Montador Calzado TCPC40 COGAMI Monforte Monforte NON 610 NON

Maquinista Confec.Indust. TCPF30 IFES Chantada Chantada NON 350 SI

Familia Profesional: Transporte e Mantemento de Vehículos



Especialidades Código Centros Homologados Localidade De Interese Certificado
horas
TMVC01 Grupo Emilio Conducc. S.L. Chantada
Inglés:Básico Transporte NON 250 NON
TMVC01 Grupo Emilio Conducc. S.L. Monforte
TMVC03 Grupo Emilio Conducc. S.L. Chantada
Inglés Xestión Transporte TMVC05 Autoescuela Rubián, S.L. Monforte NON 250 NON
TMVC05 Cefovial, S.L. Monforte
TMVC05 Grupo Emilio Conducc. S.L. Chantada
Condutor Vehículos Articulados NON 60 NON
TMVC05 Grupo Emilio Conducc. S.L. Monforte
TMVC06 Autoescuela Rubián, S.L. Monforte
TMVC06 Cefovial, S.L. Monforte
Transporte Mercad.Perigosas SI 110 NON
TMVC06 Grupo Emilio Conducc. S.L. Chantada
TMVC06 Grupo Emilio Conducc. S.L. Monforte
Condutor Vehículos Lixeiros TMVC20 Autoescuela Cabe, S.C. Monforte NON 495 SI
TMVC20 Autoescuela La Monfortina Monforte
TMVC20 Autoescuela Lemos Monforte
TMVC20 Autoescuela Rubián, S.L. Monforte
TMVC20 Austoescuela Ruta Quiroga
TMVC20 Cefovial, S.L. Monforte
Políticas Activas de Emprego 112

TMVC20 Grupo Emilio Conducc. S.L. Chantada


TMVC20 Grupo Emilio Conducc. S.L. Monforte
TMVC21 Autoescuela Rubián, S.L. Monforte
Condutor Vehículos B TMVC21 Austoescuela Ruta Quiroga NON 400 NON
TMVC21 Cefovial, S.L. Monforte
Permiso Condución B TMVC21DCP Cefovial, S.L. Monforte NON
TMVC30 Autoescuela Cabe, S.C. Monforte
TMVC30 Autoescuela La Monfortina Monforte
TMVC30 Autoescuela Lemos Monforte
TMVC30 Autoescuela Rubián, S.L. Monforte
Condutor Camión Pesado SI 405 SI
TMVC30 Austoescuela Ruta Quiroga
TMVC30 Cefovial, S.L. Monforte
TMVC30 Grupo Emilio Conducc. S.L. Chantada
TMVC30 Grupo Emilio Conducc. S.L. Monforte
TMVC31 Autoescuela Cabe, S.C. Monforte
TMVC31 Autoescuela Rubián, S.L. Monforte
Condutor Vehículos C1-C SI 370 NON
TMVC31 Cefovial, S.L. Monforte
TMVC31 Grupo Emilio Conducc. S.L. Monforte
TMVC32 Autoescuela Rubián, S.L. Monforte
TMVC32 Cefovial, S.L. Monforte
Condutor Camión Remolque E SI 360 NON
TMVC32 Grupo Emilio Conducc. S.L. Chantada
TMVC32 Grupo Emilio Conducc. S.L. Monforte
TMVC40 Autoescuela Cabe, S.C. Monforte
TMVC40 Autoescuela Rubián, S.L. Monforte
TMVC40 Cefovial, S.L. Monforte
Condutor Autobús SI 405 SI
TMVC40 Grupo Emilio Conducc. S.L. Chantada
TMVC40 Grupo Emilio Conducc. S.L. Monforte
TMVC41 Cefovial, S.L. Monforte
Condutor Vehículos D TMVC41 Grupo Emilio Conducc. S.L. Chantada NON 370 NON
TMVC50 Grupo Emilio Conducc. S.L. Chantada
Operario Almacén SI 200 NON
TMVC50 Grupo Emilio Conducc. S.L. Monforte

A excepción dos concellos de Carballedo, Folgoso do Courel e Ribas do Sil nos que non
existe ningún Centro colaborador de formación ocupacional, no resto si existe algún centro con
especialidades homologadas.
Do total de centros homologados, as entidades locais representan un 27,59% (con oito
entidades locais, a excepción dos tres concellos mencionados e o concello de Chantada) o
resto dos concellos todos son centros colaboradores en materia de formación ocupacional con
instalacións homologadas para algunha das especialidades formativas que a continuación
detallamos. Un 34,48% son asociacións e entidades sen ánimo de lucro e un 37,93% son
entidades privadas (a porcentaxe máis alta).

 Táboa 9.99. Distribución por concellos dos Centros colaboradores F. Ocupacional.


Centros colaboradores de Formación Ocupacional por concello. Pacto de Lemos.
Entidades Locais Entidades Privadas Outras Entidades sen ánimo lucro
Pacto Lemos 8 (27,59%) 11 (37,93%) 10 (34,48%)
Bóveda 1 -------- ----------
Chantada ------- 1 3
Monforte 1 9 6
Pantón 1 -------- --------
Pobra do Brollón 1 -------- --------
Quiroga 1 1 --------
O Saviñao 1 -------- --------
Sober 1 -------- 1
Taboada 1 -------- --------

 Gráfico 9.34. Distribución Centros Colaboradores F.Ocupacional. Pacto de Lemos.


Políticas Activas de Emprego 113

 Análise evolutiva das Familias Profesionais e Especialidades Formativas


Programación ordinaria, impartidas no Pacto de Lemos. Período 2000-2008.
Nos seguintes apartados, analízase a programación do Plan de Formación e Inserción
Profesional realizada polos Centros Colaboradores en materia de Formación Ocupacional no
período do estudo (2000-2008).
Nas dúas primeiras táboas, agrupadas nas familias profesionais do catálogo de
formación ocupacional, detállanse a modo de resumo as diferentes accións formativas
realizadas. A continuación, faise o estudo evolutivo por cada familia profesional indicando o
número de cursos, horas, orzamentos, número de alumnos, xénero, idade, diplomas.

 Táboa 9.100. Familias Profesionais cursos F.I.P. 2000-2008. Pacto de Lemos.

Cursos F.I.P. segundo familias profesionais. Pacto de Lemos. 2000-2008


Familia profesional Cursos Horas Orzamento Alum. Diploma H M <25 25-54 >54
Administración e xestión 19 12668 869.059,4 460 199 99 361 106 334 20
Agraria 22 9870 712.992,2 477 201 289 188 125 326 26
Artes e artesanías 5 3532 193226 51 117 1 116 28 85 4
Edificación e obra civil 44 28522 2.353.179 996 285 757 239 240 713 43
Electricidade electrónica 10 6142 637.960.19 274 77 214 60 85 171 18
Enerxía e auga 1 390 53.009,77 33 13 18 15 8 20 5
Fabricación mecánica 2 1529 164.107,1 43 10 30 13 6 36 1
Hostalería e turismo 13 6738 604.212,8 311 133 69 242 91 200 20
Informática comunicac. 47 10954 830.586,5 1001 596 245 756 240 732 29
Madeira,moble e cortiza 3 2044 181.576,6 89 31 74 15 31 54 4
Sanidade 37 16709 1.169.722 849 483 43 806 198 605 46
S.socioculturais/comuni. 10 3638 293.481,7 225 115 15 210 47 160 18
Téxtil,confección e pel 4 2523 166026 85 38 34 51 12 66 7
Transporte/mantemento 35 15012 1.473.086 781 444 657 124 223 533 25
Totales 252 120271 9.702.225 5741 2676 2545 3196 1440 4035 266
Fonte: Elaboración propia. Consellería de Traballo e Benestar.
Políticas Activas de Emprego 114

No período 2000-2008 ao abeiro da programación ordinaria con centros colaboradores


realizáronse un total de 252 cursos F.I.P., agrupados en 14 familias profesionais, nas que se
formaron 5.741 persoas, o 56% delas mulleres. O orzamento total foi de 9.702.225€; o que
supón unha media de custo por curso de 38.501€, de 1.690€/alumno e 3.626€/alumno con
diploma.
En catro familias, aínda existindo homologacións, non se realizou neste período
ningunha acción formativa:
• Industrias alimentarias
• Artes gráficas
• Comercio e marketing
 Táboa 9.101. Distribución porcentual F.P. cursos F.I.P. 2000-2008. Pacto de Lemos

Cursos F.I.P. segundo familias profesionais. Pacto de Lemos. 2000-2008


% %
Familia profesional Cursos Horas Presupost Alum Diploma H M <25 25-54 >54
diplomas abandono
Admón. e xestión 7,54% 10,53% 8,96% 8,01% 7,44% 21,52% 78,48% 23,04% 72,61% 4,35% 70% 57%

Agraria 8,73% 8,21% 7,35% 8,31% 7,51% 60,59% 39,41% 26,21% 68,34% 5,45% 63% 58%

Artes e artesanías 1,98% 2,94% 1,99% 2,04% 1,91% 0,85% 99,15% 23,93% 72,65% 3,42% 68% 56%

Edificación e obra civil 17,46% 23,71% 24,25% 17,35% 10,65% 76,00% 24,00% 24,10% 71,59% 4,32% 43% 71%

Electricidad. electrónica 3,97%) 5,11% 6,58% 4,77% 2,88% 78,10% 21,90% 31,02% 62,41% 6,57% 51% 72%

Enerxía e auga 0,4% 0,32% 0,55% 0,57% 0,49% 54,55% 45,45% 24,24% 60,61% 15,15% 87% 61%

Fabricación mecánica 0,79% 1,27% 1,69% 0,75% 0,37% 69,77% 30,23% 13,95% 83,72% 2,33% 33% 77%

Hostalería e turismo 5,16% 5,60% 6,23% 5,42% 4,97% 22,19% 77,81% 29,26% 64,31% 6,43% 68% 57%

Informática comunicac. 18,65% 9,11% 8,56% 17,44% 22,27% 24,48% 75,52% 23,98% 73,13% 2,90% 85% 41%

Madeira,moble e cortiza 1,19% 1,70% 1,87% 1,55% 1,16% 83,15% 16,85% 34,83% 60,67% 4,49% 69% 65%

Sanidade 14,68% 13,89% 12,06% 14,79% 18,05% 5,06% 94,94% 23,32% 71,26% 5,42% 87% 43%

S.socioculturais/comuni. 3,97% 3,02% 3,02% 3,92% 4,30% 6,67% 93,33% 20,89% 71,11% 8,00% 77% 49%

Téxtil,confección e pel 5,04% 5,03% 3,70% 3,52% 3,33% 17,33% 82,67% 14,12% 77,65% 8,24% 63% 55%

Transporte/mantemento 13,89% 12,48% 15,18% 13,60% 16,59% 84,12% 15,88% 28,55% 68,25% 3,20% 85% 43%

Totales 100% 100% 100% 100% 100,00% 44,33% 55,67% 25,08% 70,28% 4,63% 71% 53,39%

Fonte: Elaboración propia. Consellería de Traballo e Benestar.

 Gráfico 9.35. Porcentaxe alumnos distribuídos por familias profesionais. Pacto.Total 2000-08
Políticas Activas de Emprego 115

A familia profesional “Informática e comunicacións” é a que agrupa o maior número de


cursos (18,65% do total), seguido de “Edificación e obra civil” (17,46%). As que menos cursos
realizados presentan son a familias profesionais de “Enerxía e auga”, cun só curso no ano 2008
de “Instalador de sistemas de enerxía solar térmica” impartido en Monforte e “Fabricación
mecánica”, con dous cursos realizados de Soldador de Estruturas Metálicas Lixeiras impartidos
tamén en Monforte.
O 71% dos alumnos dos cursos F.I.P. obtiveron diploma no territorio do Pacto (en
función de 15 alumnos/curso completo, a excepción dun curso que soamente rexistrou 4
alumnos). Dos 5741 alumnos que iniciaron os cursos do plan F.I.P. no territorio do Pacto
abandonaron o 53%, non recibindo o diploma de asistencia ao curso que os acredita da
formación ocupacional recibida e pola que deberían de haber asistido, como mínimo, ao 75%
das horas lectivas.
A familia profesional con máis éxito en canto a número de diplomas (o que implica un
maior número de alumnos que finalizaron ou polo menos asistiron ao 75% do curso) é a de
“Informática e comunicacións”, con 1001 diplomas emitidos e cunha porcentaxe de diplomas
do 85%. Hai dúas familias que obtiveron unha porcentaxe de diplomas do 87%: “Enerxía e
auga” (cun só curso) e “Sanidade” (37 cursos). A porcentaxe máis baixa de diplomas foi obtido
en “Fabricación mecánica” (33% en dous cursos).
En canto ó xénero dos alumnos que recibiron esta formación, o 55,67% da suma de
tódolos anos e familias profesionais foi muller e o 44,33% homes. Nos cursos relacionados
coas familias profesionais de “Artes e artesanías”, “Sanidade” e “Servizos Socioculturais e a
Comunidade” foi a muller a que tivo maior participación; 99,15%, 94,94% e 93,33%
respectivamente.
Nas idades, o tramo entre 25-54 representa o 70,28% da suma de tódolos anos e
familias profesionais, o 25,08% os menores de 25 anos e soamente un 4,63% os maiores de 54
anos. Os cursos que tiveron maior presenza de mozos foron os relacionados coa “Madeira,
moble e cortiza” (34,83%) e “Electricidade e electrónica” (31,02%). O curso con maior presenza
de maiores de 54 anos foi o de “Instalador de enerxía solar térmica” co 15,15% e onde menos
alumnos de maiores de 54 anos houbo foi nos dous de “Soldador de Estruturas metálicas
lixeiras” cun 2,33%.
Políticas Activas de Emprego 116

O orzamento investido pola Xunta de Galicia na formación do plan F.I.P. desta vía de
programación neste período no Pacto de Lemos ascende a 9.702.225.-euros. A F.P. que máis
orzamento absorbeu foi a de “Edificación” (24,25% do total), seguido de “Transporte” (15,18%),
e a que menos, “Enerxía e auga” menos do 1% do total e un só curso.
A continuación, na táboa 9.102.pasamos ó cálculo de varios rateos que nos permitirán a
validación e comparación entre as familias profesionais, relacionando os orzamentos, número
de horas impartidas, número de diplomas emitidos en cada unha e deste xeito obtemos unha
media dos importes que supoñen o custo por hora desta formación, así como o custo por
alumno/a formado/as(diploma). Detállase nunha última columna, a media de horas por cada
curso dentro de cada familia profesional, aínda que hai que ter en conta que dende o ano 2006,
algún dos cursos non son completos, xa que se inicia este ano a posibilidade de realizar a
formación ocupacional por módulos e algún dos centros xa programaran as accións formativas
dese ano por módulos. É a partir do ano 2007 e 2008 cando máis se utiliza esta alternativa e
son nos cursos máis longos onde máis se empregou; para corrixir, deste xeito, o problema da
alta porcentaxe de abandono de alumnos antes de finalizar o curso.
Hai que ter en conta que a Consellería ten disposto para a concesión de subvencións
das accións formativas, unha ponderación diferente a cada familia profesional e cursos
segundo o grao de complexidade e dificultade dos mesmos. Nesta reflexión tamén se debe
entender que no transcurso dos anos do período de estudo, foron variando os importes,
aumentando así no tempo.

 Táboa 9.102.. Rateos Familias Profesionais: Importe/hora, importe/diploma, horas/cursos. Pacto de Lemos.
Total 2000-2008
Rateos familia profesional
Media % % Clasificación
Familias Profesionais Import/hora Importe/diploma
horas/curso diplomas abandono
Administración e xestión 68,60 4367,13 666,74 70% 57% Longo
Agraria 72,24 3547,22 448,64 63% 58% Corto
Artes e artesanías 54,71 3788,74 706,4 68% 56% Longo
Edificación e obra civil 82,50 8256,77 648,23 43% 71% Longo
Electricidade e electrónica 103,90 8285,20 614,20 51% 72% Longo
Enerxía e auga 135,92 4077,67 390,00 87% 61% Corto
Fabricación mecánica 107,33 16410,71 764,50 33% 77% Longo +
Hostalaría e turismo 89,67 4542,95 518,31 68% 57% Longo
Informática e comunicacións 75,83 1393,60 233,06 85% 41% Corto +
Madeira,moble e cortiza 88,83 5857,31 681,33 69% 65% Longo
Sanidade 70,01 2421,79 451,59 87% 43% Corto
Servizos socioculturais e a
80,67 2552,02 363,80 77% 49% Corto
comunidade
Téxtil,confección e pel 65,80 4369,10 630,75 63% 55% Longo
Transporte e mantemento vehículos 98,13 3317,76 428,91 85% 43% Corto
80,67 3625,64 477,3 71% 53,39%
Nesta táboa reflíctese unha media por hora de 80,67 euros de orzamento dos cursos
F.I.P. O curso máis custoso foi o de Instalador de sistemas de enerxía solar térmica (F.P.
Enerxía e auga), impartido no ano 2008 e cun custo/hora de 135,92 Euros; seguido dos dous
cursos impartidos de “Soldador de estruturas metálicas lixeiras” (107,33 euros/hora). Pola
contra os cursos con menor custo/hora son os agrupados na F.P. “Artes e artesanías”, con
cinco cursos de “modisto”, impartidos no período 2001-2005 (54,71 euros/hora).
No referente ós importes de Orzamento por diploma, vemos que a media de orzamento
por diploma do conxunto de tódalas familias profesionais é de 3.3625,64 €/diploma. A F.P.
mecánica (cursos de “Soldador estruturas metálicas lixeiras”) é o que supuxo un importe maior
por diplomas obtidos (16.411 €/diploma). Os importes máis baixos atopámolos na F.P.
“Informática e Comunicacións” (1.394 €/diploma). Neste eido cabe aclarar que os cursos máis
longos, con máis número de horas e por tanto con máis importe, son os que teñen máis
abandono e rematan menos alumnos con dereito a diploma, polo que é lóxico que os dous
Políticas Activas de Emprego 117

cursos de “Soldador estruturas metálicas lixeiras”, (impartidos nos anos 2006 (969 horas) e
2007 (560 horas-por módulos ), son os máis caros en canto a alumnos finalizados, incluíndo
tamén o grao de complexidade que ten o propio curso.
No caso de “Informática e comunicacións”, son os de menos hora/curso, cunha medía
por curso de 233,06 horas, cursos como “Iniciación á rede internet” de 74 horas son os de
menos duración de todos os impartidos.
Ao analizar as familias profesionais tendo en conta a media de horas por curso e a
porcentaxe de diplomas obtido, vemos que os cursos cuxa duración media é máis longa,
acadan menos número de diplomas. A media de horas por curso total é de 477 horas, e a
media de diplomas do 71%. Facendo unha media das dúas variables, temos que as familias
cuxa duración media por curso foi > 477h/curso acadan, por termo medio, o 57% dos diplomas;
pola contra as familias cuxa duración media por curso foi <477h/curso, acadan unha
porcentaxe de diplomas do 81%. En liña cos dous extremos, a familia cuxa media de horas foi
máis curta é a de “informática e comunicación” (233h/curso) que acadou o 85% dos diplomas;
en senso oposto á “fabricación mecánica” coa media de horas máis longa (765h/curso) e que
só acadou o 33% dos diplomas.
A variable sexo tamén parece incidir nos resultados da porcentaxe de diplomas. Así, a
media de mulleres total por curso foi do 56% e a media de diplomas do 71%. Se agrupamos
aqueles cursos cunha representación feminina >56% obsérvase que case tódalas familias
superan o 71% (media de diplomas).
Ao considerar a variable idade, non se observan diferenzas significativas respecto á
porcentaxe de diplomas; a media de diplomas obtidos nos cursos con máis presenza de
menores de 25 anos foi do 63% fronte aos maiores de 54 anos que a media das familias con
máis presenza deste colectivo obtén o 72% de diplomas.
A continuación, englobado todo baixo a denominación de táboas 9.103., realízase un
estudo detallado de cada familia profesional impartida nos Centros Colaboradores do Pacto de
Lemos ao longo de todo o período de estudo (2000-2008). Para esta análise realizamos dúas
táboas por cada familia profesional, unha primeira detallando a evolución anual en canto a
número de cursos F.I.P. impartidos polos Centros Colaboradores do Pacto de Lemos, número
de horas, orzamentos, número de diplomas, número de alumnos, xénero e idade. Unha
segunda táboa relacionando o nome e número das especialidades que se impartiron en cada
unha das familias, horas, presupostos, número de diplomas, alumnos, xénero, porcentaxe de
diploma (calculado en función de 15 alumnos/curso), e porcentaxe de abandono de cada
especialidade (calculado en función do total de alumnos que pasaron nalgún momento polo
curso).
 Táboa 9.103. Evolución das familias profesionais. e cursos F.I.P. Centros Colaboradores Pacto de Lemos.
(2000-2008)
Familia Profesional: Administración e Xestión
Ano Nº Cursos Horas Orzamento Diploma Alumnos H M <25 25-54 >54
2000 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0
2001 1 790 46649,06 11 20 1 19 4 16 0
2
2002 3 1900 108854,9 34 76 55 22 54 0
1
1
2003 3 1687 100920,4 34 64 46 12 52 0
8
2
2004 4 2406 146536,4 41 101 79 29 69 3
2
1
2005 4 2673 155806,38 39 86 71 20 64 2
5
2006 1 814 64120,5 10 21 2 19 1 20 0
1
2007 2 1609 161357,07 19 54 35 9 35 10
9
2008 1 789 84814,67 11 38 1 37 9 24 5
9
TOTAL 19 12668 869059,38 199 (70%) 460 361 106 334 20
9
Políticas Activas de Emprego 118

Especialidade Cursos Horas Orzamento Diploma Alumnos Homes Mulleres % Abandono % Diplomas

Administrativo Comercial 2 1628 110683,06 22 40 5 35 45,00% 73,33%

Administrativo de Persoal 1 789 84814,67 11 38 1 37 71,05% 73,33%

Empregado de Oficina 9 7180 474802,54 83 227 47 180 63,44% 61,48%


Empregado de Xestión Financeira de
2 969 63321 21 52 12 40 59,62% 70,00%
Empresas
Prevencionista de Riscos Laborais 2 649 37387,8 27 43 16 27 37,21% 90,00%

Secretariado de Dirección 1 329 24325,5 13 25 6 19 48,00% 86,67%

Telefonista/Recepcionista de Oficina 2 1124 73724,81 22 35 12 23 37,14% 73,33%

Total 19 12668 869059 199 460 99 361 56,74% 69,82%

A F.P. de Administración e Xestión xestionou o 9% do orzamento, realizou o 8% dos


cursos, e formou ao 8% do alumnado. No período de estudo, houbo un total de 19 cursos
impartidos, cunha media de 668 horas/curso, no que se formaron 460 alumnos, sendo mulleres
o 78% deles. O 70% do total dos alumnos obtiveron diploma (calculado sobre 15 alumnos de
media), sendo a porcentaxe de abandono do 57%. O custe por diploma foi de 4.367€.
En canto ás especialidades da familia impartidas, a xenérica de “empregado de
oficina”, cunha media de 788 horas/ curso, abarcou o 55% do orzamento desta familia, o 57%
das horas lectivas, o 49% do alumnado, o 50% das mulleres e o 61% dos diplomas, sendo a
porcentaxe de abandono do 63%. O custe por diploma foi de 5.721€. Esta especialidade non é
considerada de interese malia que dispón de certificado. Esta ocupación foi baixando en
potencialidade de inserción segundo o Informe de Saídas Profesionais Comarcais elaborado
polo Instituto Galego das Cualificacións dende o ano 2005.
As especialidades con maior índice de abandono foron: “administrativo de persoal” (71%
de abandono; 789 horas/curso e cun custo por diploma de 7.710€) e a comentada “empregado
de oficina”.
As especialidades con menor índice de abandono foron ”telefonista/recepcionista” (37%;
cunha duración de 560h/curso e 3.352€/diploma) e “prevención de riscos laborais”.
Só dúas especialidades no eido da familia son consideradas de interese pola Consellería
de Traballo: “aplicacións informáticas de xestión” (sen certificado) e “empregado de
xestión financeira” (con certificado). Non se realizou ningún curso no primeiro caso e só dous
no segundo, onde se investiu o 7% do orzamento total desta familia, formouse o 11% do
alumnado da familia (o 77%mulleres), o 70% acadou diploma e tivo un abandono do 60% e o
custe por diploma foi de 3.015€.
Familia Profesional: Agraria
Ano Nºcursos Horas Orzamento Diplomas Alumnos H M <25 25-54 >54
2000 3 1340 85248,46 22 45 27 18 13 31 1
2001 3 1230 80935,60 27 78 49 29 27 48 3
2002 2 879 53337,75 22 53 39 14 13 38 2
2003 2 908 64983,60 17 47 35 12 14 30 3
2004 4 1966 124051,50 33 81 46 35 20 59 2
2005 3 1268 84921,60 31 62 37 25 11 45 6
2006 2 1135 86614,50 17 39 22 17 8 29 2
2007 2 885 100453,59 17 49 27 22 13 30 6
2008 1 259 32445,57 15 23 7 16 6 16 1
TOTAL 22 9870 712992,165 201 (63%) 477 289 188 125 326 26
Políticas Activas de Emprego 119

Tot. % %
Especialidade Cursos Horas Presuposto Diploma Homes Mulleres
Alumnos Abandono Diplomas
Floricultor 1 515 55817,76 8 24 9 15 66,67% 53,33%
Horticultor 4 2239 160186,47 35 75 38 37 53,33% 58,33%
Traballador Forestal 9 3161 235078,44 92 223 154 69 58,74% 68,15%
Viticultor 1 450 25873,571 3 4 4 0 25,00% 75,00%
Xardineiro 7 3505 236035,92 63 151 84 67 58,28% 60,00%
Total 22 9870 712992 201 477 289 188 57,86% 63,01%

A F.P. da Agraria xestionou o 7% do orzamento, realizou o 9% dos cursos, e formou o


8% do alumnado. Realizáronse 22 cursos, cunha media de 449 horas/cursos, nos que se
formaron 477 alumnos, sendo mulleres o 39% deles. O 63% do total dos alumnos obtiveron
diploma e a porcentaxe de abandono foi do 58%. O custe por diploma de 3.547,22€.
En canto á especialidade máis impartida da familia foi a de “traballador forestal” que é
unha especialidade considerada de interese e con certificado. Tivo unha media de 351 horas/
curso, abarcou o 33% do orzamento da familia, o 32% das horas lectivas, o 47% do alumnado
(31% foron mulleres), o 68% dos alumnos acadaron diploma; sendo a porcentaxe de abandono
do 59%. E o custe por diploma de 2.555€.
A especialidade desta familia con maior índice de abandono foi a de “Floricultor” (67%),
considerada de interese pola consellería e sen certificado de profesionalidade. Soamente se
realizou un curso con 515 horas que supuxo o 8% do orzamento desta familia, o 5% do
alumnado, sendo un 63% mulleres, cun 53% de diplomas e 6988,22€/diploma.
A especialidade de menor abandono, agás viticultor con só 4 alumnos, foi “horticultor”
(53%), considerada de interese pola consellería e con certificado de profesionalidade. Ten unha
media de 560 h/curso, co 22% do orzamento e o 16% do alumnado da familia, dos cales o 49%
foron mulleres. O 58% acadou diploma e o custe por diploma foi de 4.577€.

Familia Profesional: Artes e artesanías


Ano Nºcursos Horas Orzamento Diplomas Alumnos H M <25 25-54 >54
2001 1 700 38621,04 14 23 0 23 6 15 2
2002 1 700 38445,68 10 30 0 30 12 18 0
2003 1 709 39631,36 12 23 1 22 4 19 0
2004 1 709 37068,66 8 23 0 23 5 17 1
2005 1 714 39458,84 7 18 0 18 1 16 1
TOTAL 5 3532 193225,58 51(68%) 117 1 116 28 85 4

Tot. % %
Especialidade Cursos Horas Presuposto Diploma Homes Mulleres
Alumnos Abandono Diplomas
Modisto/A 5 3532 193225,58 51 117 1 116 56,41% 68,00%
Total 5 3532 193225,58 51 117 1 116 56,41% 68,00%

A F.P. “Artes e artesanías” xestionou o 2% do orzamento, realizou o 2% dos cursos, e


formou o 2% do alumnado. Realizáronse 5 cursos, un por ano durante o período 2001 a 2005,
cunha media de 706 horas/cursos, nos que se formaron 117 alumnos, sendo mulleres o 99%
deles. O 68% do total dos alumnos obtiveron diploma e a porcentaxe de abandono foi do 56%.
O custe por diploma de 3.788,74€.
Soamente engloba unha especialidade, a de “Modisto”, sen certificado de
profesionalidade, e non considerada de interese pola Consellería para o ano 2009.

Familia Profesional: Edificación e Obra Civil


Políticas Activas de Emprego 120

Ano Nº Cursos Horas Orzamento Diploma Alumnos H M <25 25-54 >54


2000 5 3770 263007,56 44 110 78 32 22 79 9
2001 5 3600 250113,14 27 110 92 18 37 72 1
11
2002 7 4096 287026,05 47 137 9 18 18 118 1
13
2003 7 4123 302931,3 49 150 4 16 28 115 7
2004 4 2686 199421,4 28 106 80 26 34 68 4
2005 4 2586 195471,15 16 86 72 14 25 61 0
2006 4 3367 295920,75 18 88 57 31 26 62 0
2007 4 2335 286933,56 28 95 63 32 23 63 9
2008 4 1959 272354,47 28 114 62 52 27 75 12
75 23
TOTAL 44 28522 2353179,38 285 (43%) 996 7 9 240 713 43

Especialidade Cursos Horas Orzamento Diploma Alumnos Homes Mulleres % Abandono % Diplomas
Albanel 5 4289 385572,76 30 114 100 14 73,68% 40,00%
Canteiro 2 719 84742,98 20 48 0 48 58,33% 66,67%
Colocador de Prefabr. Lixeiros 2 509 31758,6 26 37 21 16 29,73% 86,67%
Construcción de Edificios 1 900 61023,764 10 23 4 19 56,52% 66,67%
Delineante de Construción 2 1440 84501,1 19 46 25 21 58,70% 63,33%
Encofrador 7 5655 431100,07 27 156 142 14 82,69% 25,71%
Ferrallista 4 1418 107070,78 27 80 71 9 66,25% 45,00%
Fontaneiro 7 5073 437871,62 51 158 142 16 67,72% 48,57%
Fontaneiro Calefactor 1 914 76424,7 5 19 12 7 73,68% 33,33%
Mantedor Reparador Edificios 2 1134 147055,06 18 56 33 23 67,86% 60,00%
Pavimentador/Azulexador 4 2212 186992,19 13 80 80 0 83,75% 21,67%
Pintor 7 4259 319065,75 39 179 127 52 78,21% 37,14%
Total 44 28522 2353179 285 996 757 239 71,39% 43,18%

A F.P. de Edificación e obra civil, xestionou o 24% do orzamento, realizou o 17% dos
cursos e formou o 17% do alumnado. Houbo un total de 44 cursos cunha media de 648
horas/curso, nos que participaron 996 persoas sendo deles homes o 76% (24% mulleres).
Acadaron o diploma o 43% do alumnado, sendo a porcentaxe de abandono do 71%. E o custe
por diploma foi de 8.257€.
As especialidades de “encofrador” (808h/curso de media e sen interese para a
Consellería aínda que con certificado) e “pavimentador” (553 h/curso de media, de interese e
con certificado) foron as de máis alto índice de abandono (83% e 84%, respectivamente). Na
especialidade de “encofrador” o custo por diploma foi de 15.967€ e supuxo o 18% do
orzamento da familia, o 16% dos cursos, o 16% do alumnado, sendo só o 9% de mulleres. Na
especialidade de “pavimentador” o custo por diploma foi de 14.384€ e supuxo o 8% do
orzamento da familia, o 9% dos cursos, e o 8% do alumnado sendo todos eles homes.
Na especialidade de “pintor” (608 h/curso de media; de interese e con certificado)
fixéronse 7 cursos (16%) e formáronse 179 alumnos (18%), sendo deles mulleres o 29%. O
índice de abandono foi do 78% e a porcentaxe de diplomas acadou o 37%. Ocupou o 14% do
orzamento da familia. O custo por diploma foi de 8.181€.
As especialidades de “fontaneiro e calefactor” (914h/curso, de interese e con
certificado) e “albanel” (858h/curso, de interese e con certificado) foron as seguintes segundo
o nivel de abandono (74% ámbalas dúas). A de “fontaneiro e calefactor” ocupou o 3% do
orzamento, só se realizou un curso (2%) e se formaron o 2% dos alumnos, sendo deles o 37%
mulleres. O custo por diploma foi de 15.285€. O de “albanel”, xestionou o 16% do orzamento
da familia, o 11% dos cursos e alumnos,sendo o 12% del mulleres. O 40% acadou diploma;
sendo o custo por diploma de 12.852€. No senso oposto, a especialidade de menor índice de
abandono foi a de “colocador de prefabricados lixeiros” (30%), que xestionou o 1% do
orzamento da familia, formou o 4% do alumnado do cal foron mulleres o 43%. A duración
media foi 255h/curso e o custo por diploma é de 1.222€.
Políticas Activas de Emprego 121

Familia Profesional: Electricidade e Electrónica


Ano Nºcursos Horas Orzamento Diplomas Alumnos H M <25 25-54 >54
2000 1 200 13180,2 8 20 20 0 7 13 0
2005 1 564 37830,3 9 22 22 0 6 15 1
2006 2 1779 142040,7 10 59 56 3 24 34 1
2007 3 1670 206733,54 22 96 46 50 28 58 10
2008 3 2856 238175,45 28 77 70 7 20 51 4
TOTAL 10 6142 637960,19 77 (51%) 274 214 60 85 171 18

Especialidade Cursos Horas Presuposto Diploma Alumnos Homes Mulleres % Abandono % Diplomas
Electricista de Edificios 9 5942 624779,99 69 254 194 60 72,83% 51,11%
Instal. Electricista Vivendas 1 200 13180,196 8 20 20 0 60,00% 53,33%
Total 10 6142 637960 77 274 214 60 71,90% 51,33%

A F.P. de Electricidade e electrónica xestionou o 7% do orzamento total, participaron o


7% do alumnado, do cal o 22% foron mulleres. Realizáronse 10 cursos (4% do total), cunha
media de duración de 614 horas. A porcentaxe de diplomas foi do 51% e o índice de abandono
do 72%. O custo por diploma foi de 8.285€.
A especialidade de “electricista de edificios” foi a especialidade estrela da familia (9/10
cursos), está considerada de interese e posúe certificado de profesionalidade, ocupou o 98%
do orzamento da familia, o 93% do alumnado, sendo só 24% mulleres. O 51% obtiveron
diploma e un 73% do alumnado abandonou antes de finalizar. O custo por diploma foi de
9.055€.

Familia Profesional: Enerxía e Auga


Ano Nº Cursos Horas Orzamento Diploma Alumnos H M <25 25-54 >54
1 1
2008 Instal.Sist. Enerxía Solar Térmica 390 53009,77 13 33 8 20 5
8 5
TOTA 1 1
1 390 53009,77 13(87%) 33 8 20 5
L 8 5

Tot. %
Especialidade Cursos Horas Presuposto Diploma Homes Mulleres %Abandono
Alumnos Diplomas
Instalador de Sistemas de
1 390 53009,77 13 33 18 15 60,61% 86,67%
Enerxía Solar Térmica
Na F.P. de Enerxía e auga, realizouse un só curso no 2008 na especialidade de
“instalador de sistemas de enerxía solar térmica” (de interese e con certificado) no que
finalizaron 13 persoas con dereito a diploma (87%). Ocupou o 0,5% do orzamento total, o 0,6%
do alumnado, sendo o 45% mulleres. O índice de abandono foi do 61% e o custe por diploma
foi de 4.078€.

Familia Profesional: Fabricación Mecánica


Ano Nº Cursos Horas Orzamento Diploma Alumnos H M <25 25-54 >54
1
2006 Soldador Estrut. Metál. Lixeiras 969 83766,60 4 20 9 2 17 1
1
1
2007 Soldador Estrut. Metál. Lixeiras 560 80340,48 6 23 4 4 19 0
9
3 1
TOTAL 2 1529 164107,08 10 (33%) 43 6 36 1
0 3

Tot. %
Especialidade Cursos Horas Presuposto Diploma Homes Mulleres %Abandono
Alumnos Diplomas
Soldador de Estruturas
2 1529 164107,08 10 43 30 13 76,74% 33,33%
Metálicas Lixeiras
Dentro da F.P. Fabricación mecánica (sen interese e sen certificado) foron dous os
cursos impartidos (2006 e 2007), soamente dez persoas finalizaron (33%) entre os 43 alumnos
que chegaron a iniciar estes dous cursos. Absorbeu o 1,69% do orzamento total e o 0,75% do
Políticas Activas de Emprego 122

alumnado, sendo un 30,23% mulleres. A porcentaxe de abandono foi do 77% dos alumnos que
chegaron a iniciar estes dous cursos. O custe por diploma e de 16.411€.
Familia Profesional: Hostalería e Turismo
Ano Cursos Horas Orzamento Diploma Alumnos H M <25 25-54 >54
2000 2 1095 70734,92 22 47 22 25 17 30 0
2001 1 555 37174,55 12 21 2 19 6 15 0
2002 1 555 36313,65 8 23 0 23 8 15 0
2003 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0
2004 1 539 43480,65 11 24 3 21 8 16 0
2005 2 874 63923,1 25 52 16 36 15 34 3
2006 2 1425 121431 20 36 10 26 7 27 2
2007 1 325 43999,8 7 22 3 19 4 14 4
2008 3 1370 187155,1 28 86 13 73 26 49 11
TOTAL 13 6738 604212,8 133 (68%) 311 69 242 91 200 20

Especialidade Cursos Horas Orzamento Diploma Alumnos Homes Mulleres % Abandono % Diplomas
Axente Desenvolvemento Turístico 6 3399 266489,58 59 139 37 102 57,55% 65,56%
Axudante de Cociña 1 460 70337,22 11 30 4 26 63,33% 73,33%
Barman 1 540 35586,528 10 23 8 15 56,52% 66,67%
Camareiro Restaurante-Bar 5 2339 231799,42 53 119 20 99 55,46% 70,67%
TOTAL 13 6738 604213 133 311 69 242 57,23% 68,21%

Na F.P. de Hostalería e turismo, a excepción do ano 2003, en tódolos anos se


realizaron cursos, sendo o ano 2008 cando se realizaron máis cursos desta familia (3).
Xestionou o 6% do orzamento total, realizou o 5% dos cursos, e formou o 5% do alumnado.
Realizáronse un total de 13 cursos no período de estudo, cunha media de 518,31 horas/curso,
formáronse 311 alumnos, sendo mulleres o 78% deles. O 68% dos alumnos obtiveron diploma
(en función de 15 alumnos/curso), e o 57% abandonaron o curso. O custe por diploma foi de
4542,95.
A especialidade máis impartida foi a de “Axente de desenvolvemento turístico”, con
seis cursos, cunha media de 566,5 horas/curso, abarcou o 44% do orzamento desta familia, o
50,45% das horas lectivas, o 45% do alumnado do cal eran mulleres o 42% . A porcentaxe de
diplomas foi do 66% e o 58% de abandono. O custe por diploma foi de 4.517€. e trátase dunha
especialidade considerada de interese pola Consellería, malia que non dispón de certificado de
profesionalidade.
A especialidade con maior índice de abandono foi a de “Axudante de cociña” (63%),
realizouse un só curso, pero tamén foi o de maior porcentaxe de diplomas (73,33%, calculado
en función de 15 alumnos/curso), o que quere dicir que foi un curso cunha alta rotación de
alumnado, de 460 horas/curso e cun custo por diploma de 6.394€ e o 87% do alumnado foron
mulleres.
As especialidades con menor índice de abandono foi a de “Camareiro de restaurante-
bar”, co 55,46%, unha media de 467,8 horas/curso e 5 cursos impartidos, un custe por diploma
de 4.374€ e o 83 % do alumnado desta especialidade foron mulleres.
Familia Profesional: Informática e Comunicacións
Ano Nºcursos Horas Orzamento Diploma Alumnos H M <25 25-54 >54
2000 7 2250 143546,48 90 146 27 119 36 108 2
2001 7 2125 149588,91 92 140 32 108 42 97 1
2002 7 1570 97939,81 85 163 57 106 48 114 1
2003 5 1255 93973,31 62 116 40 76 36 79 1
2004 6 1024 61562,00 79 127 38 89 22 99 6
2005 5 501 34454,55 66 95 14 81 17 76 2
2006 5 1221 120935,25 62 97 13 84 15 79 3
2007 1 255 25342,92 11 30 10 20 7 18 5
2008 4 753 103243,32 49 87 14 73 17 62 8
Políticas Activas de Emprego 123

TOTAL 47 10954 830586,55 596 (85%) 1001 245 756 240 732 29

Tot.
Especialidade Cursos Horas Presuposto Diploma Homes Mulleres %Abandono % Diplomas
Alumnos
**Analista Aplicacións Informáticas 1 450 31278,172 8 20 12 8 60% 53,33%

**Aplicacións Contorno Multiusuario 2 700 57300,494 22 40 8 32 45% 73,33%

**Aplicacións Informáticas de Oficina 3 900 54848,364 43 63 5 58 31,75% 95,56%


**Espec. Autoestradas Informac.
1 400 26948,632 11 17 5 12 35,29% 73,33%
Internet, Infovía
Administrador de Servidores
1 400 34320,6 12 18 11 7 33,33% 80,00%
Internet/Intranet/Extranet
Administrador de Sistemas
1 409 37139,1 11 23 11 12 52,17% 73,33%
Operativos de Redes Locais
Alfabetización Informática:
1 55 4809,75 14 15 1 14 6,67% 93,33%
Informática e Internet
Análise e Deseño de Aplicacións
2 309 22417,65 18 40 14 26 55,00% 60,00%
Informáticas
Base de Datos 1 200 12188,526 13 22 2 20 40,91% 86,67%

Deseñador Web e Multimedia 2 728 73090,8 24 40 6 34 40,00% 80,00%

Deseño de Páxinas Web 8 2436 144558,66 101 214 73 141 52,80% 84,17%

Informática de Usuario 3 663 92807,82 36 61 8 53 40,98% 80,00%

Iniciación a Rede Internet 10 714 52798,05 141 194 45 149 27,32% 94,00%

Instalador de Ict 1 255 25342,92 11 30 10 20 63,33% 73,33%

Ofimática 5 671 38628,528 66 94 11 83 29,79% 88,00%

Procesador de Textos 2 500 30471,314 28 46 5 41 39,13% 93,33%


Técnico Auxiliar de Sistemas
1 500 37701,489 14 20 11 9 30,00% 93,33%
Microinformáticos
Técnico en Software Ofimático 2 728 73090,8 22 45 7 38 51,11% 73,33%

Total 47 11018 849742 595 1002 245 757 40,62% 84,40%

A familia de “Informática e comunicacións” acadou o maior número de cursos (47) o


maior número de alumnos (1.001; o 17% do alumnado) e o 9% do presuposto. O alumnado foi
fundamentalmente feminino (76% mulleres) e o 85% dos alumnos acadaron o diploma de
asistencia e unha porcentaxe de abandono do 41%. O custo por alumno nesta familia foi de
830€/alumno e o custo por diploma de 1.394€. A tendencia da familia foi decrecente en número
de cursos, pasando nos tres primeiros anos do estudo dunha media de 7 cursos/ano a
realizarse un só curso no 2007 e 4 cursos no 2008.
En canto á especialidade máis impartida foi “Iniciación a rede de internet” (de interese
e sen certificado), con 10 cursos celebrados, cunha media de 71 horas/curso, abarcou
soamente o 6% do orzamento, o 6,48% das horas lectivas desta familia, e o 19% do alumnado,
o 20% das mulleres desta familia, sendo o 77% mulleres as que realizaron estes cursos, sendo
a porcentaxe de diplomas do 94% (o máis alto dentro desta familia) e a porcentaxe de
abandono do 27%. O custe por diploma de 374€.
A especialidade con maior índice de abandono foi a de “Instalador de Infraestruturas
comúns de telecomunicación” (63,33%), cun só curso realizado (curso considerado de
carácter experimental e innovador, non catalogado no ficheiro de formación ocupacional, polo
que o seu programa foi elaborado directamente desde o Centro Colaborador). O curso tivo
unha duración de 255 horas, formáronse 30 alumnos (3% alumnado da familia) dos cales o
67% eran mulleres; obtiveron diploma o 73% e o custe por diploma foi de 2.304€.
Das especialidades da familia só dúas son de interese para a Consellería: “informática
de usuario” e “iniciación á rede de internet” sen implicar certificado ningunha delas. A única
especialidade con certificado (sen interese) é a de “técnico auxiliar en sistemas
microinformáticos”, na que se realizou un curso de 500h.; no que se formou a 20 alumnos
dos cales eran mulleres o 45%, o índice de abandono foi do 30%, acadaron diploma o 93%; o
custe por alumno foi de 1.885€ e de 2.693€.
Políticas Activas de Emprego 124

Familia Profesional: Madeira, Moble e Cortiza


Ano Nº Cursos Horas Orzamento Diplomas Alumnos H M <25 25-54 >54
2000 Carpinteiro 760 53372,13 12 26 26 0 9 15 2
2003 Carpinteiro 769 60412,95 8 28 23 5 9 19 0
2007 Carpinteiro 515 67791,51 11 35 25 10 13 20 2
TOTAL 3 2044 181576,59 31 (69%) 89 74 15 31 54 4

Tot. % %
Especialidade Cursos Horas Presuposto Diploma Homes Mulleres
Alumnos Abandono Diplomas
Carpinteiro 3 2044 181577 31 89 74 15 65,17% 68,89%

Dentro da F.P. da Madeira, moble e cortiza soamente se realizaron tres cursos, e


nunha única especialidade “carpinteiro”, en anos alternos e obtendo diploma 31 persoas en
total (69% dos alumnos dos cursos), dos cales o 17% eran mulleres. A porcentaxe de
abandono foi do 65% e unha media de 681,33 horas/curso.
Absorbeu o 1,87% do orzamento total, o custe por diploma foi de 5.857€. É unha
especialidade considerada de interese que ademais ten o correspondente certificado de
profesionalidade.

Familia Profesional: Sanidade


Ano Nº Cursos Horas Orzamento Diploma Alumnos H M <25 25-54 >54
2000 5 2590 146557,55 70 116 12 104 37 78 1
2001 2 835 48979,48 27 45 5 40 12 33 0
2002 3 1935 111829,35 41 67 1 66 19 47 1
2003 5 1720 93868,39 64 111 9 102 22 86 3
2004 4 2041 120537,27 52 97 7 90 29 67 1
2005 4 1393 82637,25 49 86 2 84 16 65 5
2006 4 2074 149158,50 50 104 0 104 28 65 11
2007 5 2573 255645,54 71 105 4 101 17 79 9
2008 5 1548 160509,15 59 118 3 115 18 85 15
TOTAL 37 16709 1169722,49 483 (87%) 849 43 806 198 605 46

Tot. % %
Especialidade Cursos Horas Presuposto Diploma Homes Mulleres
Alumnos Abandono Diplomas
Atención Especializada para Enfermos de
6 1580 101643,7 73 131 4 127 44,27% 81,11%
Alzheimer
Auxiliar de Enfermaría en Hospitalización 3 2034 115659,44 39 75 5 70 48,00% 86,67%

Auxiliar de Enfermaría en Xeriatría 18 9186 707763,43 245 421 11 410 41,81% 90,74%
Auxiliar Enfermaría en Saúde Mental e
4 2363 155677,39 50 102 3 99 50,98% 83,33%
Toxicomanías
Celador Sanitario 6 1546 88978,528 76 120 20 100 36,67% 84,44%

Total 37 16709 1169722 483 849 43 806 43,11% 87,03%

Na F.P.de Sanidade, realizáronse tódolos anos cursos, cunha media de 2 a 5


cursos/ano e un total de 37 cursos (o 15% do total); formáronse 849 alumnos (15%) e
investiuse o 12% do presuposto total. Supón o 14% das horas totais, unha media de 452
horas/curso. O alumnado foi feminino nun 95% e o 87% obtivo o diploma, cunha porcentaxe de
abandono do 43%. O custo por diploma foi de 2.422€.
Dúas das especialidades son consideradas de interese: “Atención especializada de
enfermos de alzheimer” e “Celador sanitario”, aínda que nin estas nin as outras da familia
teñen certificado de profesionalidade.
Na especialidade de “Atención especializada de enfermos de alzheimer” realizáronse
6 cursos cunha duración media de 263 horas, nos que se formaron 131 persoas, das cales o
Políticas Activas de Emprego 125

99% foron mulleres. O índice de abandono foi do 44% e o de diplomas do 81%. O custo por
diploma foi de 1.392€ .
A especialidade con menor índice de abandono foi a de “Celador sanitario” (37%), unha
media de 258 horas/curso e un custe por diploma de 1.171€
A especialidade máis impartida foi a de “Auxiliar de enfermería en xeriatría”, con 18
cursos (o 49% desta familia), unha media de duración de 510h nos que se formaron o 50% do
alumnado da familia, sendo mulleres o 97%. Estes 18 cursos supuxeron o 61% do orzamento;
o 55% das horas e o 51% dos diplomas. O índice de abandono foi do 42% e a porcentaxe de
diplomas do 91%. O custo por diploma foi de 2.889€.
A especialidade con maior índice de abandono foi a de “Auxiliar de enfermaría en
saúde mental e toxicomanías” (o 51%), cunha media de 591 horas/curso e un custo/diploma
de 3.114€.

Familia Profesional: Servizos Socioculturais e a Comunidade


Ano Nº Cursos Horas Orzamento Diplomas Alumnos H M <25 25-54 >54
2000 1 445 23910,07 12 20 0 20 1 17 2
2001 1 445 23910,07 13 21 1 20 4 15 2
2002 1 445 23909,85 13 19 0 19 1 15 3
2004 1 209 15678,15 14 18 1 17 2 15 1
2006 2 540 41322,00 19 49 6 43 14 34 1
2007 2 790 81633,36 21 36 2 34 7 29 0
2008 2 764 83118,25 23 62 5 57 18 35 9
TOTAL 10 3638 293481,74 115 (77%) 225 15 210 47 160 18

Tot. % %
Especialidade Cursos Horas Presuposto Diploma Homes Mulleres
Alumnos Abandono Diplomas
Auxiliar de Axuda a Domicilio 5 2280 172896,67 62 110 1 109 43,64% 82,67%
Coidador de Discapacitados
2 424 34770,15 23 41 4 37 43,90% 76,67%
Físicos e Psíquicos
Monitor de Actividades de Tempo
1 294 31802,71 10 29 5 24 65,52% 66,67%
Libre Infantil e Xuven
Monitor Sociocultural 2 640 54012,21 20 45 5 40 55,56% 66,67%
Total 10 3638 293482 115 225 15 210 48,89% 76,67%

Na F.P. de Servizos socioculturais e a comunidade, agás os anos 2003 e 2005,


impartíronse cursos tódolos anos. No período 2000-2004, impartiuse 1 curso/ano e desde o
2006 a 2008, 2 cursos/ano. Realizáronse un total de 10 cursos cunha media de duración de
364 horas, nos que se formaron 225 alumnos, dos cales eran mulleres o 93%. A porcentaxe de
diplomas foi do 77% e o índice de abandono do 49%. Absorbe esta familia o 3% do orzamento,
o 4% dos cursos (10 cursos), o 3% das horas e o 4% dos alumnos totais de tódalas familias
durante todo o período. O custe por diploma foi de 2.552€.
A especialidade máis impartida foi a de “Auxiliar de axuda a domicilio”, con 5 cursos
(50% do total desta familia), unha media de 456 horas/curso, supoñendo case o 63% das horas
lectivas desta familia, o 59% dos orzamentos, o 54% dos diplomas e o 49% dos alumnos totais
desta familia (prácticamente todos eran mulleres). A porcentaxe de diplomas ascendeu case ó
83% e a porcentaxe de abandono é de o 44% (a porcentaxe máis pequeno desta familia). O
custe por diploma foi de 2.789€.
A especialidade con máis abandono foi “Monitor de actividades de tempo libre
infantil e xuvenil”, (66%),cun só curso realizado de 294 horas e un importe de
3.180€/diploma.

Familia Profesional: Téxtil, Confección e Pel


Ano Nºcursos Horas Orzamento Diplomas Alumnos H M <25 25-54 >54
2001 2 1240 79302,04 19 43 18 25 7 34 2
Políticas Activas de Emprego 126

2003 1 639 39371,7 11 15 0 15 1 13 1


2006 1 644 47352,00 8 27 16 11 4 19 4
TOTAL 4 2523 166025,74 38 85 34 51 12 66 7

Tot. % %
Especialidade Cursos Horas Presuposto Diploma Homes Mulleres
Alumnos Abandono Diplomas
Montador de Calzado 1 610 42839,241 9 24 18 6 62,50% 60,00%
Prep.-Cosedor Coiro, Ante 3 1913 123186,5 29 61 16 45 52,46% 64,44%
Total 4 2523 166025,74 38 85 34 51 55,29% 63,33%

Na F.P. Téxtil, confección e pel, realizáronse cursos nos anos 2001, 2003 e 2006.
Neste período realizáronse 4 cursos (2 especialidades), cunha media de duración de 631 horas
nos que se formaron 85 alumnos, sendo o 60% deles mulleres. O 63% dos alumnos que
cursaron estas especialidades obtiveron diploma (38 persoas), e a porcentaxe de abandono foi
do 55%. Xestionou o 1,71% do orzamento, realizou o 1,59% dos cursos (4) e formou ao 1,48%
do alumnado. O custe por diploma foi de 5.132€. Ningunha das especialidades impartidas foron
consideradas de interese pola Consellería para o ano 2009.
A especialidade con maior índice de abandono foi “Montador de calzado” (sen
certificado de profesionalidade), cun só curso realizado no que se formaron 24 alumnos, sendo
o 25% mulleres. A duración foi de 610 horas a porcentaxe de abandono do 63%, o índice de
diploma do 60% e un custe por diploma de 4.760€.
A outra especialidade foi a de “Preparador-cosedor de coiro, ante e napa” (con
certificado de profesionalidade), o 52,46% de abandono, con tres cursos realizados, unha
media de 638 horas/curso, un custe por diploma de 4.248€ e unha alta porcentaxe de
participación feminina (74% mulleres).

Familia Profesional: Transporte e Mantemento de Vehículos


Ano Nºcursos Horas Orzamento Diplomas Alumn H M <25 25-54 >54
2000 3 1305 93067,78 41 53 52 1 17 36 0
2001 4 1800 121555,75 43 69 59 10 23 46 0
2002 3 1215 95619,15 39 82 74 8 28 54 0
2003 3 1242 102996,45 33 65 59 6 19 45 1
2004 0 0 0,00 0 0 0 0 0 0 0
2005 6 2530 209565,15 78 125 107 18 31 91 3
2006 7 2993 291176,25 88 161 141 20 41 113 7
2007 4 1744 243259,08 53 82 60 22 21 60 1
2008 5 2183 315846,03 69 144 105 39 43 88 13
TOTAL 35 15012 1473085,64 444 (85%) 781 657 124 223 533 25

Tot. % %
Especialidade Cursos Horas Presuposto Diploma Homes Mulleres
Alumnos Abandono Diplomas
Condutor de Autobús 7 2922 249976,15 82 134 120 14 38,81% 78,10%
Condutor de Camión Pesado 25 10605 1134377,6 327 588 487 101 44,39% 87,20%
Condutor Veh. Lixeiros Motor 3 1485 88731,926 35 59 50 9 40,68% 77,78%
Total 35 15012 1473086 444 781 657 124 43,15% 84,57%

Na F.P. de Transporte e mantemento de vehículos, a excepción do ano 2004, tódolos


anos se realizaron cursos relacionados co transporte. O ano de maior número de cursos foi o
2006 cun total de 7 cursos e 2993 horas impartidas.
Esta familia absorbeu máis do 55% do orzamento, realizou o 14% dos cursos e formou o
14% do alumnado. Realizáronse 35 cursos, cunha media de 429 horas/curso, nas que se
formaron 781 desempregados, sendo mulleres o 16%. O 85% obtiveron diploma e a porcentaxe
de abandono foi de 43%. O custe por diploma foi de 3.418€.
As especialidades da familia consideradas de interese pola consellería son “condutor de
camión pesado”, “condutor de autobús”, “transporte de mercadorías perigosas”, “condutor
vehículos C1-C”, “condutor camión remolque E” e “operario de almacén”; das cales teñen o
Políticas Activas de Emprego 127

correspondente certificado de profesionalidade “condutor de camión pesado” e “condutor de


autobús”. “Condutor de vehículos lixeiros” non é de interese aínda que conta con certificado.
En canto á especialidade da familia máis impartida foi a de “condutor de camión
pesado” (25 cursos, o que supón o 71% do total desta familia), unha media de 424
horas/curso, abarcou o 77% do orzamento, o 71% das horas lectivas da familia e o 75% do
alumnado (21% mulleres). Englóbase nesta especialidade a porcentaxe máis alta de diplomas
(87%) e a porcentaxe máis alta de abandono(44%) dentro desta familia . O custe por diploma
foi de 3.469€.
A especialidade con menor índice de abandono foi a de “condutor de autobús” (39%),
na que se realizaron 7 cursos, cunha media de 417 horas/curso nos que se formaron 134
alumnos sendo a representación feminina do 10%. A porcentaxe de diplomas foi do 78% e o
custe por diploma de 3.048€.

 Análise comparativa cursos F.ocupacional. 2000-2008 Pacto/Provincia/Galicia


Na seguinte táboa 9.104 amósase a comparativa en canto ó número de centros
homologados de formación ocupacional nos tres ámbitos territoriais Pacto/Provincia de
Lugo/Galicia.
 Táboa 9.104. Rateos comparativos Pacto/Provincia/Galicia Centros Colaboradores F.ocupacional. Decembro
2008.

Comparativa Centros Colaboradores F.Ocupacional. Pacto, Provincia e Galicia. Decembro 2008


Poboación 16-64 Parados Rexistrados
Nº Concellos
Nº (Ano 2008) (Media ano 2008)
Centros Centros/Conc
Nº Nº Rateo/Centro Nº Rateo/centro
ellos
Pacto 30 12 2,50 31411 1047,03 2716 90,53
Provincia 201 67 3,00 221317 1101,08 15512 77,17
Galicia 880 315 2,79 1842757 2094,04 162512 184,67
Fonte: Elaboración propia. Consellería de Traballo e Benestar.

Ao relacionar o número de centros existentes co correspondente número de concellos


observamos que a media obtida no Pacto de Lemos é de 2,50 centros por concello, na
provincia de 3 centros por concello e en Galicia unha media de 2,79 centros por concello.
Se calculamos o rateo en canto á poboación 16-64 anos, indícanos que no Pacto cada
1047,03 habitantes hai un centro, na provincia un centro cada 1101,08 habitantes e en Galicia
cada 2094,04 habitantes destas idades hai un centro, polo que se pode dicir que é maior o
número de centros por habitante no Pacto que na provincia e en Galicia.
Se o relacionamos co número de parados rexistrados, os datos indícannos que é a nivel
da provincia onde hai máis centros por parados cun centro por cada 77,17 parados, seguido
do Pacto con 90,53 parados/centro e Galicia cunha diferenza máis salientable de 184,67
parados por centro (máis do dobre que o Pacto).
O aumento do número de centros homologados no Pacto de Lemos é constante no
período 2000-2008, ó igual que na provincia e Galicia. No Pacto pásase de 16 centros
homologados no ano 2000 a 30 centros no 2008, representando no 2008 o 14,93% dos centros
provinciais e o 3,41% dos centros colaboradores de Galicia.

Nas seguintes táboas realízase a comparación dos datos do Pacto coa Provincia de
Lugo e Galicia dos cursos de formación ocupacional subvencionados pola Xunta de Galicia,
impartidos no período de estudo 2000-2008.

 Táboa 9.105. Evolución nº cursos e Orzamentos F.Ocupacional. Pacto/Provincia/Galicia (2000-2008)


Evolución nº cursos e Orzamentos F.Ocupacional. Pacto/Provincia/Galicia (2000-2008)
Políticas Activas de Emprego 128

Pacto 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total V.00-08
Nº Cursos 30 28 28 28 28 33 31 27 32 265 6,67%
Orzament
o 833079 896796 853276 899090 760246 942732 1443838 1579290 1593072 9801419 91,23%
Provincia 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total V.00-08
Nº Cursos 308 274 316 316 341 357 327 280 260 2779 -15,58%
Orzament
o 8869735 7733287 7573314 7605517 7835173 8277406 10916720 12635801 11874767 83321721 33,88%
Galicia 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total V.00-08
Nº Cursos 1767 1670 1928 2118 2128 2156 1823 1691 1861 17142 5,32%
Orzament
o 46116875 44633152 43909299 46719933 46186323 47979049 57725740 65186620 70181973 468638963 52,18%
Fonte: Elaboración propia. Consellería de Traballo e Benestar. Centros Colaboradores F.Ocupacional

Esta táboa apórtanos que, a nivel de Pacto no período de estudo tódolos anos se
realizan entre 27 e 33 cursos de formación ocupacional da Xunta de Galicia. O ano 2005 con
33 cursos impartidos, foi o de maior número desta programación e o ano 2007 o que menos
cursos (27). No ano 2006 prodúcese un incremento considerado dos importes de orzamento
dos cursos. Se observamos a variación 2000-2008, vemos o incremento do 6,67% do número
de cursos e o gran incremento nos orzamentos dos cursos (91,23%). Estas variacións son
superiores ás producidas na provincia de Lugo e Galicia.
Na provincia, cando máis cursos se impartiron foi no 2005 con 357 cursos, fronte ós 260
do 2008. Na variación 2000-2008 prodúcese unha redución do -15,58% no número de cursos,
en cambio aumenta o orzamento nun 33,88%.
Tamén en Galicia o ano 2005 foi o de máis cursos realizados (2156) e o que menos, o
ano 2001 con 1670. Comparando o ano 2008 co 2000 prodúcese un incremento do número de
cursos (5,32%) e de orzamentos (52,18%).

A continuación, nas seguintes dúas táboas (9.106. e 9.107.) analizamos unha serie de
rateos, na primeira, a evolución e representatividade dos cursos de formación ocupacional e
orzamentos realizados nos centros colaboradores do Pacto de Lemos, con respecto a provincia
de Lugo e Galicia, durante todo o período de estudo. E na segunda calcúlase o rateo do ano
2008 do número de parados rexistrados entre nº de cursos, e a súa comparación nos tres
ámbitos territoriais.

 Táboa 9.106. Evolución Rateos cursos e orzamentos F.Ocupacional. Pacto/Provincia e Pacto/Galicia. (00-08)
Cursos 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total
Pacto/Provinci
9,74% 10,22% 8,86% 8,86% 8,21% 9,24% 9,48% 9,64% 12,31% 9,54%
a
Pacto/Galicia 1,70% 1,68% 1,45% 1,32% 1,32% 1,53% 1,70% 1,60% 1,72% 1,55%
Orzamentos 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total
Pacto/Provinci
9,39% 11,60% 11,27% 11,82% 9,70% 11,39% 13,23% 12,50% 13,42% 11,76%
a
Pacto/Galicia 1,81% 2,01% 1,94% 1,92% 1,65% 1,96% 2,50% 2,42% 2,27% 2,09%
En canto ao número de cursos, observamos que do total realizado no período 2000 a
2008, os realizados no territorio do Pacto representan un 9,54% do total realizado na provincia
de Lugo e un 1,55% do realizado en Galicia. No caso do Pacto/Provincia, varía segundo os
anos entre un 8,21% (ano 2004) a un 12,31% (ano 2008). E en Pacto/Galicia, oscila entre o
1,32% (anos 2003 e 2004) e o 1,72% (ano 2008).
Se analizamos os orzamentos asignados á formación ocupacional, no total do período
representan no Pacto de Lemos o 11,76% dos provinciais e o 2,09% dos orzamentos galegos,
variando na provincia entre un 9,39% (ano 2000) ao 13,42% (ano 2008) e en Galicia entre o
1,65% (ano 2004) e o 2,50% (ano 2006).

 Táboa 9.107. Rateo comparativo ano 2008 parados rexistrados/ cursos.Pacto/Provincia/Galicia.


Políticas Activas de Emprego 129

Cursos Formación ocupacional Xunta de Galicia. Pacto de Lemos/Provincia/Galicia. Ano 2008


Nº cursos F.I.P. 2008 Nº Parados rexistrados/curso (Media 2008)
Pacto 32 84,88
Provincia 260 59,66
Galicia 1861 87,33
Na táboa 9.107 relacionando o número de cursos do ano 2008 realizados nos tres
ámbitos territoriais pola media deste ano do número de parados rexistrados, obtemos que no
territorio do Pacto con 32 cursos realizados, cada 84,88 persoas houbo un curso, unha
cobertura moito menor que a provincia de Lugo (59,66 parados por curso) e algo maior que en
Galicia (87,33 parados por curso).
Na seguinte táboa 9.108 cuantifícase o número de alumnos totais por cada ano que
acudiron á formación ocupacional nos tres ámbitos territoriais, o número de diplomas
concedidos e a porcentaxe de abandono. Na última columna analízase a variación producida
desde o primeiro (2000) ao último ano de estudo (2008).

 Táboa 9.108. Evolución alumnos e diplomas. Cursos F.Ocupacional Pacto/Provincia/Galicia (2000-2008).


Alumnos e diplomas Cursos F.Ocupacional. Pacto de Lemos/Provincia/Galicia. 2000-08
Pacto 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 TOTAL Var.00-08
Nºalumnos 508 585 650 619 614 675 705 647 821 5824 61,61%
Nº diploma 285 299 299 290 310 369 306 281 359 2798 25,96%
%abandono 43,90% 48,89% 54,00% 53,15% 49,51% 45,33% 56,60% 56,57% 56,27% 51,96% 28,18%
Provincia 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 TOTAL Var.00-08
Nºalumnos 6174 5601 6237 6601 7645 8164 7564 6599 7117 61702 15,27%
Nº diploma 3152 2582 2933 3292 3726 4062 3371 3070 3099 29287 -1,68%
%abandono 48,95% 53,90% 52,97% 50,13% 51,26% 50,24% 55,43% 53,48% 56,46% 52,53% 7,31%
Galicia 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 TOTAL Var.00-08
Nºalumnos 35525 33395 39330 40425 44854 46050 42368 36910 43552 362409 22,60%
Nº diploma 20010 17583 21191 22361 23662 25478 20537 20301 22710 193833 13,49%
%abandono 43,67% 47,35% 46,12% 44,69% 47,25% 44,67% 51,53% 45,00% 47,86% 46,52% 6,53%
Fonte: Elaboración propia. Consellería de Traballo e Benestar. Centros Colaboradores F.Ocupacional

No territorio do Pacto, un total de 5824 alumnos no período 2000-2008 chegaron a


iniciar algún curso de formación ocupacional das programacións anuais da Xunta de Galicia
(plan de formación e inserción profesional e FSE.), dos cales o 51,96% abandonaron o curso
(3026 persoas). A evolución 2000-2008 amosa un aumento do 61,61% no número de alumnos
e dun 25,96% do número de diplomas, sendo o ano 2000 o de menor número de alumnos é o
de menor porcentaxe de abandono (43,90%). O ano 2006 é o que presenta maior porcentaxe
de abandono dos alumnos que nalgún momento chegaron a iniciar o curso (56,60%) e esta
porcentaxe viuse incrementada ao longo dos anos nun 28,18%.
Na provincia, prodúcese un aumento no último ano con respecto ao primeiro do 15,27%
do número de alumnos, en cambio o número diplomas descende nun 1,68%. Cunha
porcentaxe de abandono de todo o período do 52,53% do alumnado, porcentaxe algo máis alta
que no territorio do Pacto, sendo tamén o ano 2000 o de menor abandono (48,95%) e o ano
2008 o de maior (56,46%). A igual que no Pacto, a porcentaxe de abandono vese incrementada
ao longo do período, aínda que en menor peso, o 7,31%.
No caso de Galicia, os datos referentes a diplomas son máis positivos xa que se logra
unha maior porcentaxe de alumnos con diploma que nos outros dous ámbitos territoriais;
menos alumnos que abandonan os cursos (para o total do período un 46,52%). É tamén o ano
2000 o de menor abandono (43,67%) e o 2006 o de maior porcentaxe (51,53%).A variación do
último ano, con respecto ó primeiro, reproduce un crecemento do número de alumnos do
22,60% e un aumento no número de diplomas do 13,49%. A porcentaxe de abandono tamén
se ve incrementada no transcurso destes nove anos, nun 6,53%, menor de tódolos xeitos, que
na provincia de Lugo e no Pacto de Lemos, que acadaron maiores porcentaxes de abandono.
Políticas Activas de Emprego 130

A continuación, na táboa 9.109 pasamos ó cálculo de dous rateos comparativos entre os


tres territorios, relaciónase o orzamento total do período 2000-2008 investido na formación
ocupacional co número de alumnos que obtiveron diploma neste período, resultando que o
custo por alumno é maior no Pacto de Lemos que nos outros dous ámbitos territoriais, sendo
en Galicia onde se presenta o menor custo/alumno.
Na columna da dereita, relacionase o total das subvencións do período ao total de
número de cursos, obtendo unha media por curso de 36.986,49€ nos realizados no Pacto de
Lemos, superior á provincia (29982,63€/curso) e Galicia (27338,64€/curso).

 Táboa 9.109. Rateo comparativo orzamento/diplomas e orzamento/curso. F.Ocupacional. Total 2000-2008.


Pacto/Provincia/Galicia.
Orzamento total 00-08/Diplomas totais Media subvencións/curso
Pacto 3503,01.-euros 36986,49
Provincia 2845,01.-euros 29982,63
Galicia 2417,75.-euros 27338,64

 Gráfico 9.36. Evolución alumnos e diplomas. F.Ocupacional. Pacto/Provincia/Galicia (2000-2008)


Políticas Activas de Emprego 131

Nas seguintes táboas 9.110 e 9.111, cuantifícase por anos o número de alumnos
segundo xénero e segundo tramos de idade, para a comparación do Pacto coa Provincia e
Galicia. Tamén se expoñen os mesmos datos en porcentaxes. Nunha última columna calcúlase
a variación producida desde o primeiro ano (2000) ata o último(2008).

 Táboa 9.110. Evolución alumnos por xénero. Cursos F.Ocupacional. Pacto/Provincia/Galicia. (2000-2008).
Alumnos Cursos F.Ocupacional segundo xénero. Pacto de Lemos/Provincia/Galicia. 2000-08
Pacto 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 TOTAL Var.00-08
Home 261 270 311 319 197 318 338 278 328 2620 25,67%
Muller 247 315 339 300 417 357 367 369 493 3204 99,60%
Provinci
2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 TOTAL Var.00-08
a
Home 2344 2206 2528 2492 2960 3283 3258 2422 2846 24339 21,42%
Muller 3830 3395 3709 4109 4685 4881 4306 4177 4271 37363 11,51%
Galicia 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 TOTAL Var.00-08
Home 14868 13448 17589 16614 19017 19680 18523 15501 18440 153680 24,02%
Muller 20657 19947 21741 23811 25837 26370 23845 21409 25112 208729 21,57%
Distribución porcentual Alumnos por xénero. Pacto/Provincia/Galicia. 2000-08
Pacto 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 TOTAL
Home 51,38% 46,15% 47,85% 51,53% 32,08% 47,11% 47,94% 42,97% 39,95% 44,99%
Muller 48,62% 53,85% 52,15% 48,47% 67,92% 52,89% 52,06% 57,03% 60,05% 55,01%
Provinci
2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 TOTAL
a
Home 37,97% 39,39% 40,53% 37,75% 38,72% 40,21% 43,07% 36,70% 39,99% 39,45%
Muller 62,03% 60,61% 59,47% 62,25% 61,28% 59,79% 56,93% 63,30% 60,01% 60,55%
Galicia 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 TOTAL
Home 41,85% 40,27% 44,72% 41,10% 42,40% 42,74% 43,72% 42,00% 42,34% 42,41%
Muller 58,15% 59,73% 55,28% 58,90% 57,60% 57,26% 56,28% 58,00% 57,66% 57,59%
Fonte: Elaboración propia. Consellería de Traballo e Benestar. Centros Colaboradores F.Ocupacional

A análise do xénero do alumnado de formación ocupacional, revela que no período de


estudo no Pacto de Lemos o 44,99% do total dos alumnos eran homes e o 55,01% mulleres.
Na provincia, constátase unha maior presenza da muller (60,55%) fronte ó xénero
masculino (39,45%). No territorio de Galicia, a muller representa o 57,59% e o home 42,41%.
No territorio do Pacto de Lemos foi onde se produzo un maior incremento da presenza
do xénero feminino nestes cursos (99,60% no ano 2008, con respecto ao 2000), tendo en
conta que no 2000 era inferior o xénero feminino (48,62%) fronte ao masculino(51,38%). No
ano 2004, a participación feminina chega a acadar o 67,92% do total de participación, e no
último ano de estudo supuxo o 60,05% do total do alumnado.
Políticas Activas de Emprego 132

No territorio da Provincia de Lugo e Galicia sempre foi superior a presenza feminina


sobre a masculina. No caso da provincia, o ano 2007 foi o de maior peso das mulleres
(63,30%) e en Galicia, o ano 2001, cunha participación feminina do 59,73%.

 Gráficos 9.37. Evolución alumnos segundo xénero. F.Ocupacional Pacto/Provincia/Galicia (2000-2008)


Políticas Activas de Emprego 133

 Táboa 9.111. Evolución alumnos por idade. Cursos F.Ocupacional. Pacto/Provincia/Galicia (2000-2008)
Alumnos Cursos F.Ocupacional segundo idade. Pacto de Lemos/Provincia/Galicia. 2000-08
Pacto 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total Var.00-08
<25 136 169 169 145 157 145 174 150 200 1445 47,06%
25-54 356 404 473 458 438 505 499 440 536 4109 50,56%
>54 16 12 8 16 19 25 32 57 85 270 431,25%
Provincia 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total Var.00-08
<25 2039 1733 1838 1921 2177 2244 2050 1718 1833 17553 -10,10%
25-54 4054 3791 4332 4604 5154 5489 5074 4336 4432 41266 9,32%
>54 81 77 67 76 314 431 440 545 852 2883 951,85%
Galicia 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total Var.00-08
<25 11815 10451 11986 11761 12234 11863 11174 9182 10438 100904 -11,65%
25-54 23271 22463 26774 28147 30658 31869 28400 25140 28553 245275 22,70%
>54 439 481 570 517 1962 2318 2794 2588 4561 16230 938,95%
Fonte: Elaboración propia. Consellería de Traballo e Benestar. Centros Colaboradores F.Ocupacional

Distribución porcentual Alumnos Cursos F.Ocupacional segundo idade. Pacto/Provincia/Galicia. 2000-08


Pacto 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 TOTAL
<25 26,77% 28,89% 26,00% 23,42% 25,57% 21,48% 24,68% 23,18% 24,36% 24,81%
25-54 70,08% 69,06% 72,77% 73,99% 71,34% 74,81% 70,78% 68,01% 65,29% 70,55%
>54 3,15% 2,05% 1,23% 2,58% 3,09% 3,70% 4,54% 8,81% 10,35% 4,64%
Provincia 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 TOTAL
<25 33,03% 30,94% 29,47% 29,10% 28,48% 27,49% 27,10% 26,03% 25,76% 28,45%
25-54 65,66% 67,68% 69,46% 69,75% 67,42% 67,23% 67,08% 65,71% 62,27% 66,88%
>54 1,31% 1,37% 1,07% 1,15% 4,11% 5,28% 5,82% 8,26% 11,97% 4,67%
Galicia 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 TOTAL
<25 33,26% 31,30% 30,48% 29,09% 27,28% 25,76% 26,37% 24,88% 23,97% 27,84%
25-54 65,51% 67,26% 68,08% 69,63% 68,35% 69,21% 67,03% 68,11% 65,56% 67,68%
>54 1,24% 1,44% 1,45% 1,28% 4,37% 5,03% 6,59% 7,01% 10,47% 4,48%
A análise por idades reflicte que nos tres ámbitos territoriais a tendencia é moi similar;
neste senso os maiores de 54 anos supoñen entre un 4 e 5% nos tres niveis. Nos menores de
25 anos, a participación foi menor no Pacto(24,81%) que na provincia (28,45%) e en Galicia
(27,84%), aínda que o incremento de participación destes, ao longo do anos do período de
estudo foise incrementando en maior medida no Pacto que nos outros dous territorios.
Os maiores de 54 anos tamén foron gañando importancia ao longo dos anos nos tres
niveis, sendo o colectivo de maior incremento ao longo dos anos e nos tres casos. Desde o ano
2003 ese crecemento foi constante no Pacto e provincia, mentres que en Galicia xa se pode
ver esta tendencia dende o inicio (agás no 2003).

9.4.B.2.1.3. Proxectos formativos con compromiso de contratación inmediata


Trátase dunha liña de formación máis, de fácil acceso para aquelas entidades que se
comprometan a unha contratación mínima do alumnado do curso, estipulado este mínimo pola
orden que regula esta programación.
Poden utilizar esta vía de formación, as empresas, as súas asociacións ou outras
entidades que presenten un proxecto formativo específico para elas con compromiso de
contratación inmediata, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos no artigo 13 da Lei
38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10 da Lei 9 /2007, do 13 de
xuño, de subvencións de Galicia. Para acceder á impartición desta formación non é preciso ter
previamente as instalacións homologadas, cumpre con reunir os requisitos establecidos na
convocatoria anual correspondente de solicitude de axudas para a programación A.F.D. (antigo
F.I.P.) e a contratación como mínimo dun 60% dos alumnos que inicien o curso por un período
mínimo de 6 meses e a xornada completa ou tempo equivalente, no caso de que non sexa a
xornada completa.
Políticas Activas de Emprego 134

En canto ós proxectos formativos con compromiso de contratación levados adiante no


territorio do Pacto no período de estudo(00-08), soamente tres centros solicitaron e realizaron
desta formación. Realizáronse 3 cursos de “Cableador-verificador” impartidos polo Asociación
Agora dedicado ao Centro Especial de Emprego, dous cursos foron no ano 2000 e un no 2001.
Ata o ano 2005 non se volveron a realizar máis cursos a través desta vía de programación, e
nese ano impartiuse un curso de “Carpinteiro” para o Centro Especial de Emprego Monforte
GES-A, S.L. e outro curso de “Xefes de grupo, mantemento industrial”, a través da empresa
Asmayect, S.L.
Foi unha alternativa de formación pouco utilizada no territorio do Pacto de Lemos,
debido sobre todo o tecido empresarial e industrial no que nos atopamos, empresas moi
pequenas con menos de dous traballadores a maioría (o 87%) e que de non ser algún caso
esporádico como é o caso dos proxectos empresariais mencionados, é case imposible poder
contratar a seis persoas no mesmo período tal e como establece a orde de convocatoria deste
programa. Por elo, creemos que é un programa pouco realista e pouco adaptable ao noso
territorio en canto á esixencia elevada do número de contratación de traballadores.
 Táboa 9.112. Evolución cursos e alumnos F.I.P. Compromiso contratación. Pacto de Lemos. 2000-2008.
Cursos F.I.P. con compromiso de contratación e alumnos. Pacto de Lemos. 2000-08
2000 2001 2005 Total
Especialidades Cursos Alumnos Cursos Alumnos Cursos Alumnos Cursos Alumnos
Cableador-verificador cadro 2 25 1 15 0 0 3 40
Carpinteiro 0 0 0 0 1 10 1 10
Xefe de grupo,mantem.ind. 0 0 0 0 1 15 1 15
Total 2 25 1 15 2 25 5 65
Fonte: Elaboración propia. Consellería de Traballo e Benestar. Entidades Agora e Cogami.

Un total de 65 alumnos formáronse no período de estudo, de xeito que se aplicamos a


orden de contratar como mínimo o 60%, é de supoñer que como mínimo, 39 persoas lograron
inserirse no mercado laboral ó finalizalo curso.

 Táboa 9.113. Evolución alumnado segundo xénero cursos F.I.P. Compromiso contratación. Pacto de Lemos
(2000-08).
Alumnos Cursos F.I.P. con compromiso de contratación segundo xénero. Pacto de Lemos. 2000-08
2000 2001 2005 Total
Especialidades Home Muller Home Muller Home Muller Home Muller
Cableador-verificador cadro 19 6 11 4 0 0 30 10
Carpinteiro 0 0 0 0 7 3 7 3
Xefe de grupo,mantem.ind. 0 0 0 0 9 6 9 6
Total 19 (76%) 6 (24%) 11 (73%) 4 (27%) 16 (64%) 9 (36%) 46 (71%) 19 (29%)
Fonte: Elaboración propia. Consellería de Traballo e Benestar. Entidades Agora e Cogami.

Esta táboa apórtanos que en tódolos cursos foi maior a presenza do xénero masculino
que feminino; 46 homes (71%) formados e 19 mulleres (29%). Constátase o aumento do
número de mulleres participantes, no ano 2000 con 6 mulleres(24%) e no ano 2005 con 9
(36%).
 Táboa 9.114. Evolución alumnado segundo tramos de idade cursos F.I.P. Compromiso contratación. Pacto
de Lemos (2000-2008).
Alumnos Cursos F.I.P. con compromiso de contratación segundo idade. Pacto de Lemos.
2000 2001 2005 Total
Especialidades <25 25-54 >54 <25 25-54 >54 <25 25-54 >54 <25 25-54 >54
Cableador-verificador cadro 1 23 1 1 13 1 0 0 0 2 36 2
Carpinteiro 0 0 0 0 0 0 0 9 1 0 9 1
Xefe de grupo,mantem.ind. 0 0 0 0 0 0 0 15 0 0 15 0
Total 1 23 1 1 13 1 0 24 1 2 60 3
Fonte: Elaboración propia. Consellería de Traballo e Benestar. Entidades Agora e Cogami.
Políticas Activas de Emprego 135

Na clasificación por tramos de idades, observamos que os participantes nestes cursos


eran: dúas persoas menores de 25, tres maiores de 54 e o resto con idades entre 25-54 anos.

 Táboa 9.115. Evolución e comparación (2000-2008) cursos F.I.P. Compromiso contratación.


Pacto/Provincia/Galicia.
Cursos F.I.P. con compromiso de contratación. Pacto/Provincia/Galicia. 2000-08
Pacto 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 TOTAL
Centros 1 1 0 0 0 2 0 0 4
Cursos 2 1 0 0 0 2 0 0 5
Alumnos 25 15 0 0 0 25 0 0 65
Orzamento 53529,08 19966,37 0,00 0,00 0,00 33635,90 0,00 0,00 107131,40
Provincia 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 TOTAL
Centros 19 14 8 4 7 6 4 5 67
Cursos 34 18 13 6 11 15 4 5 106
Alumnos 461 227 183 90 189 221 50 63 1484
Orzamento 1233900 358310 436297 225119 312207 370024 178667 267595 3382119
Galicia 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 TOTAL
Centros 119 71 39 31 29 21 22 30 362
Cursos 325 159 92 91 58 62 171 272 1230
Alumnos 4841 2359 1374 1377 886 885 2565 4054 18341
Orzamento 6074944 3324130 2059359 2131182 1553764 1174198 1474998 2716079 20508653
Fonte: Elaboración propia. Consellería de Traballo e Benestar. Entidades Agora e Cogami.

Amósase o declive desta vía de programación nos tres ámbitos territoriais de estudo.
No Pacto, como xa se comentou en apartados anteriores, non se volveron a realizar
máis cursos desde o ano 2005.
No territorio da provincia de Lugo, pásase de 34 cursos e 461 alumnos do ano 2000 a 5
cursos e 63 alumnos no 2007, cunha baixada constante ao longo dos anos.
No caso da comunidade, prodúcese unha gran diminución do período 2000 (325 cursos)
ó 2004 (58 cursos) e a partir do 2005 iníciase un novo aumento de cursos ata os 272 cursos
realizados no 2007.
A continuación pasamos ao análise dos rateos sobre a representación dos cursos con
compromiso de contratación realizados no territorio do Pacto con respecto á provincia de Lugo
e Galicia. Para elo relacionaremos o número de cursos e orzamentos de cada ano.

 Táboa 9.116. Evolución rateos nºcursos con compromiso contratación e orzamentos. Pacto/Provincia e
Pacto/Galicia. (2000-2007).

Cursos 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 TOTAL
Pacto/Provincia 5,88% 5,56% 0,00% 0,00% 0,00% 13,33% 0,00% 0,00% 4,72%
Pacto/Galicia 0,62% 0,63% 0,00% 0,00% 0,00% 3,23% 0,00% 0,00% 0,41%
Orzamentos 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 TOTAL
Pacto/Provincia 4,34% 5,57% 0,00% 0,00% 0,00% 9,09% 0,00% 0,00% 3,17%
Pacto/Galicia 0,88% 0,60% 0,00% 0,00% 0,00% 2,86% 0,00% 0,00% 0,52%

Obsérvase o pouco peso desta liña de formación no territorio do Pacto, o ano de maior
incidencia foi o 2005 cunha representatividade do 13,33% dos cursos realizados na provincia
de Lugo e o 3,23% dos de Galicia.
Políticas Activas de Emprego 136

 Táboa 9.38. Nº cursos e Nº alumnos con compromiso de contratación Pacto/Provincia/Galicia

9.4.B.2.1.4. Accións formativas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.


Neste apartado englóbanse as iniciativas de formación dirixidas á reciclaxe e
recualificación de traballadores ocupados e as dirixidas, por outra banda, aos desempregados
inscritos no Servizo Galego de Colocación, xestionadas pola Consellería de Traballo, a través
da Dirección Xeral de Formación e Colocación.
Das accións dirixidas aos traballadores en activo poden ser entidades beneficiarias da
concesión desta subvención para a formación dos seus traballadores as empresas e as
agrupacións de empresas. Na última convocatoria publicada (orde do 13 de febreiro de 2009),
o obxecto e ámbito de aplicación desta liña de formación soamente sería naqueles sectores
estratéxicos da situación sociolaboral de Galicia: téxtil, alimentación, madeira, construción e
metal, e aqueles outros sectores que, como consecuencia da crise económica, tivesen unha
perda de afiliación á Seguridade Social superior ao 1%, no momento da publicación desta orde,
correspondente ao exercicio 2009.

 Táboa 9.117. Distribución cursos F.S.E. por Familias Profesionais. Pacto (2004-2008)
Políticas Activas de Emprego 137

Accións formativas F.S.E. por Familias Profesionais. Pacto de Lemos (2004-2008)


Familia profesional: Sanidade
25-
Ano Destinatarios Concello Especialidade Horas Orzam. Alum. Dipl. H M > 25 > 54
54
2004 Traballadores Chantada Aux.enfermaría saúde mental e toxicomanías 75 3690 15 15 0 15 3 11 1

2004 Traballadores Monforte de Lemos Aux. de enfermaría en hospitalización 75 4530 15 15 0 15 2 12 1

2004 Traballadores Monforte de Lemos Aux.enfermaría saúde mental e toxicomanías 75 3690 17 14 0 17 4 13 0


Tota
3 cursos 225 11910 47 44 0 47 9 36 2
l
Familia profesional: transporte e mantemento de vehículos
25-
Ano Destinatarios Concello Especialidade Horas Orzam. Alum. Dipl. H M > 25 > 54
54
2005 Traballadores Chantada Condutor de vehículos articulados 60 5028 25 25 24 1 5 19 1

2007 Desempregados Chantada Coidador/a-acompañante autobús escolar 215 25800 20 15 0 20 4 15 1

2008 Traballadores Chantada Condutor de camión 130 12480 15 14 14 1 4 11 0


Tota
3 cursos 405 43308 60 54 38 22 13 45 2
l
Familia profesional: comercio e marketing
25-
Ano Destinatarios Concello Especialidade Horas Orzam. Alum. Dipl. H M > 25 > 54
54
2008 Desempregados Monforte de Lemos Repoñedor de hipermercados 200 24000 20 14 18 2 4 16 0
Tota
1 curso 200 24000 20 14 18 2 4 16 0
l
Familia profesional: industrias alimentarias
25-
Ano Destinatarios Concello Especialidade Horas Orzam. Alum. Dipl. H M > 25 > 54
54
2008 Desempregados Monforte de Lemos Elaborador de queixos 360 25920 8 8 2 6 2 6 0
Tota
1 curso 360 25920 8 8 2 6 2 6 0
l
Fonte: Elaboración propia. Datos Consellería de Traballo e Benestar e Entidades impartidoras

Dende o ano 2004 impartíronse soamente 8 accións formativas financiadas con cargo á
orde de carácter anual da Consellería de Traballo que regula as axudas cofinanciadas polo
Fondo Social europeo, das cales eran cinco cursos destinados a traballadores e traballadoras
con ocupación nas pequenas e medianas empresas e ás persoas socias traballadoras das
entidades de economía social, así como ós autónomos residentes en Galicia e tres cursos
estaban destinados a desempregados inscritos no Servizo Galego de Colocación.

 Destinados a traballadores ocupados (cinco cursos):


Tres cursos estaban relacionados coa familia profesional da “Sanidade”, realizados
todos no ano 2004; dous en Monforte e un en Chantada (dous de “auxiliar de enfermaría en
saúde mental e toxicomanías” e un de “auxiliar de enfermaría en hospitalización”).
Dous cursos correspondían á Familia de “Transporte e mantemento de vehículos”, e
foron impartidos en Chantada, “Condutor de vehículos articulados” (ano 2005) e “condutor de
camión” (2008).

 Destinados a desempregados (tres cursos):


Estos cursos foron un curso de “Coidador de acompañante de autobús escolar” (2007),
impartido en Chantada; un de “Repoñedor/a de hipermercados” (ano 2008), impartido en
Monforte e un de “Elaborador de queixos” (ano 2008) impartido tamén en Monforte.

A continuación na táboa 9.118, en valores porcentuais distribúese por cada familia


profesional o número de cursos, horas, orzamento, alumnos, diplomas, xénero e idade.
Políticas Activas de Emprego 138

 Táboa 9.118. Distribución porcentual das accións formativas FSE Pacto de Lemos (2004-08).

Distribución porcentual das acción formativas FSE. Pacto de Lemos. Ano 2004-08.
Familia
Cursos Horas Orzamento Alumnos Diploma H M <25 25-54 >54
Profesional
Sanidade 37,5% 19% 11% 35% 98% 0% 100% 19% 77% 4%
Transporte 37,5% 34% 41% 44% 90% 63% 37% 22% 75% 3%
Comercio 12,5% 17% 23% 15% 70% 90% 10% 20% 80% 0%
Ind. Alimentar 12,5% 30% 25% 6% 100% 25% 75% 25% 75% 0%
Total 100% 100% 100% 100% 90% 43% 57% 21% 76% 3%
Fonte: Elaboración propia. Datos Consellería de Traballo e Benestar e Entidades impartidoras

 Gráfico 9.39. Distribución alumnos cursos F.S.E. segundo familias profesionais. Total 00-08

A familia profesional de “Transporte” absorbe o maior número de cursos (37,5%),


alumnos (44%), orzamento (41%) e horas (34%) dos realizados pola convocatoria do F.S.E.,
dos cales o 63% foron homes e 37% mulleres. A familia co menor número de horas e
orzamento foi a da sanidade (cursos curtos) e co 100% de alumnado feminino. A familia
profesional con menos alumnos é a de Industrias alimentarias cun só curso, pero foi dos máis
longos, dos que máis orzamento tiña e onde todos obtiveron diploma. A familia profesional do
comercio, co curso de Repoñedor/a de hipermercados foi o que tivo máis alumnos homes
(90%) e o que menos alumnos con diplomas (70%).
O 90% dos alumnos que acudiron á formación desta programación do F.S.E. obtiveron
diploma, o que supón unha porcentaxe elevada se comparamos con outros programas de
formación (F.I.P.). É evidente que a duración dos cursos inflúe directamente e no caso desta
programación, a media é de 148,75 horas/curso, moito máis baixa que no caso das accións
F.I.P. cunha media 477,3 horas/curso.
O 43 % do alumnado eran homes e o 57% mulleres, dos cales o 21% eran menores de
25 anos, o 3% maiores de 54 anos e un 76% entre 25-54 anos. A F.P. do “Comercio e
marketing” e “Industrias alimentarias” non tiveron ningún maior de 54 anos, e a F.P. con máis
presenza de mozos foi a de Industrias alimentarias co 25% do alumnado dese curso.
Na seguinte táboa 9.119. distribuído por familias profesionais, calculamos o rateo entre o
orzamento total do período coas horas totais de cada familia e co número de alumnos con
diploma, obtendo un resultado de que a F.P. Sanidade é a de menor custo/hora (52,93
euros/hora) e custo/diploma (270,68 euros/diploma), impartidos no ano 2005, fronte á de
Comercio e marketing con máis do dobre (120 euros/hora), impartido no ano 2008. A Familia
Políticas Activas de Emprego 139

profesional de máis custo/diploma foi a de Industrias alimentarias (3240/diploma) impartido no


ano 2008, xa que foi un curso soamente con 8 alumnos. Como xa comentamos en apartados
anteriores, inflúe neste resultado que non tódolos cursos teñen o mesmo número de horas, o
grado de complexidade e dificultade da acción formativa, o ano de celebración, e no caso desta
programación F.S.E., inflúe tamén o número de alumnos, xa que hai cursos para
desempregados e tamén para activos e poden oscilar desde os 20 alumnos aos 8 que houbo
nalgún curso.

 Táboa 9.119. Distribución rateos orzamento/diploma e orzamento/diploma segundo familias profesionais.


Cursos F.S.E.Total 2000-2008. Pacto de Lemos.
Rateos orzamento/hora e orzamento/diploma Cursos F.S.E. segundo familias profesionais. Total 00-08. Pacto
Familias Profesionais Custe/hora Custe/diploma
Sanidade 52,93 270,68
Transporte e mantemento vehículos 106,93 802,00
Comercio e marketing 120,00 1714,29
Industrias alimentarias 72 3240

 Análise evolutiva (2004-2008)-comparativa Pacto/Provincia/Galicia


Nas seguintes táboas, amósase os datos relativos á programación das accións
formativas do F.S.E. levadas adiante no territorio do Pacto de Lemos, a provincia de Lugo e
Galicia, para a correspondente análise comparativa entre os tres territorios, así como a
evolución no período 2004-2008. Obsérvase nesta táboa a tendencia decrecente, en canto ao
número de cursos realizados, tanto en Lugo (-10%) coma na comunidade (-22%), mentres que
no Pacto mantense o número de cursos ao longo do período.

 Táboa 9.120. Evolución cursos F.S.E. Pacto/Provincia de Lugo/Galicia (2004-2008).


Cursos F.S.E.. Pacto de Lemos/Provincia/Galicia. Ano 2004-08
2004 2005 2006 2007 2008 Total Var.04-08
Pacto 3 1 0 1 3 8 0%
Provincia 58 58 29 45 52 242 -10,34%
Galicia 720 661 251 386 565 2583 -21,53%
Fonte: Elaboración propia. Datos Consellería de Traballo e Benestar e Entidades impartidoras.

No territorio do Pacto, realizáronse un total de 8 cursos o que supón o 3% dos


realizados na provincia; en Lugo leváronse a cabo 242 cursos, o que supón o 9% dos da
comunidade.

 Gráfico 9.40. Evolución Nº cursos F.S.E. Pacto/Provincia/Galicia


Políticas Activas de Emprego 140

 Táboa 9.121. Evolución Orzamentos. Cursos F.S.E. Pacto/Provincia/Galicia (2004-2008).


Orzamentos Cursos F.S.E.. Pacto/Provincia/Galicia. Ano 2004-08
2004 2005 2006 2007 2008 Total Var.04-08
Pacto 11910 5028 0 25800 36480 79218 +206,30%
Provincia 331471,8 286170,9 502804 853328 934897,5 2908672 +182,04%
Galicia 3265176 2800846 3535604 5548069 5984981 21134676 +83,30%
Fonte: Elaboración propia. Datos Consellería de Traballo e Benestar e Entidades impartidoras

Obsérvase o aumento nos orzamentos do ano 2008 con respecto ao 2004, sobre todo
no caso do Pacto ( 206,30%). Aínda que se impartiron o mesmo número de cursos (3
cursos/ano), este incremento débese a que os cursos do 2008 eran de maior número de horas
e a que ao ser para desempregados a bolsa está incluída nos orzamentos.
Na provincia ( 182%) e na comunidade ( 83%) tamén aumentan os orzamentos ao
tempo que diminúe a contía de cursos, se ben non sabemos con seguridade se a explicación é
a mesma.
Na seguinte táboa 9.122. calcúlase o rateo de representatividade dos cursos do F.S.E.
realizados no territorio do Pacto, en relación á provincia de Lugo e Galicia, no período 2004-
2008 e en canto ó número de cursos e orzamentos.

 Táboa 9.122. Evolución e comparación Rateos cursos/orzamentos Pacto/Provincia e Pacto/Galicia. Cursos


F.S.E. (2004-2008) .
Cursos 2004 2005 2006 2007 2008 Total
Pacto/Provincia 5,17% 1,72% 0,00% 2,22% 5,77% 3,31%
Pacto/Galicia 0,42% 0,15% 0,00% 0,26% 0,53% 0,31%
Orzamentos 2004 2005 2006 2007 2008 Total
Pacto/Provincia 3,59% 1,76% 0,00% 3,02% 3,90% 2,72%
Pacto/Galicia 0,36% 0,18% 0,00% 0,47% 0,61% 0,37%
É salientable o pouco peso desta liña de formación no noso territorio, durante os
últimos cinco anos, soamente se realizaron no Pacto de Lemos o 3,31% dos cursos impartidos
na provincia de Lugo e o 0,31% dos de Galicia. O mesmo ocorre en canto aos orzamentos
investidos nesta formación, 2,72% do investido na provincia e o 0,37% do investido en Galicia.
Nas seguintes táboas, analízase a evolución do alumnado dos cursos organizados ó
abeiro desta programación nos tres ámbitos territoriais, en canto ao número de alumnos,
diplomas, xénero e idade.

 Táboa 9.123. Evolución alumnos e diplomas. Cursos F.S.E. (2004-2008). Pacto/Provincia/Galicia.


Políticas Activas de Emprego 141

Alumnos e diplomas Cursos F.S.E.. Pacto de Lemos/Provincia/Galicia. Ano 2004-08.


Pacto 2004 2005 2006 2007 2008 Total
Alumnos 47 25 0 20 35 127
Diplomas 44 (98%) 25(100%) 0 15 (75%) 30 (85,71%) 114 (89,76%)
Provincia 2004 2005 2006 2007 2008 Total
Alumnos 774 986 530 781 1146 4217
Diplomas 728 (94,06%) 986(100,00%) 397(74,91%) 673(86,17%) 754(65,79%) 3538(83,90%)
Galicia 2004 2005 2006 2007 2008 Total
Alumnos 10218 10551 4335 6408 9786 41298
Diplomas 8220(80,45%) 9464(89,70%) 3597(82,98%) 5586(87,17%) 8340(85,22%) 35207(85,25%)
Fonte: Elaboración propia. Datos Consellería de Traballo e Benestar e Entidades impartidoras

En Lugo e Galicia as porcentaxes de diplomas acadados é moi similar (84% e 85%,


respectivamente) sendo a porcentaxe do Pacto algo superior (90%).

 Gráfico 9.41. Evolución alumnos iniciais/ diploma. Cursos F.S.E. Pacto/Provincia/Galicia. (2004-2008).
Políticas Activas de Emprego 142

A continuación, na táboa 9.124, amósase o rateo de orzamento/diploma nos tres


ámbitos territoriais e no total dos cursos realizados no período 04-08. Os custos máis elevados
están a nivel de provincia (822,12.-euros/diploma) e os máis baixos en Galicia (600,30). A
media do Pacto é 694,89.-euros/diploma.

 Táboa 9.124. Rateo comparativo orzamentos/diplomas. Cursos F.S.E. Pacto/Provincia/Galicia. Total 2000-08.
Orzamentos Diplomas Orzamentos/diploma
Pacto 79218 114 694,89
Provincia 2908672 3538 822,12
Galicia 21134676 35207 600,30

 Táboa 9.125. Evolución alumnado segundo xénero. Cursos F.S.E. Pacto/Provincia/Galicia (2004-2008).
Alumnos Cursos F.S.E. segundo xénero. Pacto/Provincia/Galicia. Ano 2004-08.
Pacto 2004 2005 2006 2007 2008 Total Var.04-08
Home 0 24 0 0 32 56
Muller 47 1 0 20 3 71 -93,62%
Provincia 2004 2005 2006 2007 2008 Total Var.04-08
Home 315 504 260 215 479 1773 52,06%
Muller 459 482 270 566 667 2444 45,32%
Galicia 2004 2005 2006 2007 2008 Total Var.04-08
Home 5827 6066 2023 2313 3835 20064 -34,19%
Muller 4391 4485 2312 4095 5951 21234 35,53%
Fonte: Elaboración propia. Datos Consellería de Traballo e Benestar e Entidades impartidoras
Distribución porcentual de Alumnos Cursos F.S.E. segundo xénero. Pacto de Lemos/Provincia/Lugo. 2004-08
Pacto 2004 2005 2006 2007 2008 Total
Home 0,00% 96,00% 0,00% 0,00% 91,43% 44,09%
Muller 100,00% 4,00% 0,00% 100,00% 8,57% 55,91%
Provincia 2004 2005 2006 2007 2008 Total
Home 40,70% 51,12% 49,06% 27,53% 41,80% 42,04%
Muller 59,30% 48,88% 50,94% 72,47% 58,20% 57,96%
Galicia 2004 2005 2006 2007 2008 Total
Home 57,03% 57,49% 46,67% 36,10% 39,19% 48,58%
Muller 42,97% 42,51% 53,33% 63,90% 60,81% 51,42%
Políticas Activas de Emprego 143

Obsérvase que nos tres ámbitos territoriais foi maior a presenza feminina, no caso da
provincia é algo maior a porcentaxe de mulleres (57,96%) sobre homes (42,04%) e a menor
diferenza entre os dous xéneros dáse a nivel da comunidade (un 51,42% de mulleres e un
48,58% de homes).
No Pacto de Lemos obsérvase que nos anos 2004 e 2007 foron o 100% alumnado de
xénero feminino, nos cursos relacionados coa F.P. Sanidade(2004) e no 2007 un curso de
“Coidador-acompañante de autobús escolar”. Pola contra, nos anos 2005 e 2008 os cursos
que tiveron maioritariamente alumnado masculino foron os relacionados co transporte
( “Condutor de camión” e “Condutor de vehículos articulados”), un de “Repoñedor de
hipermercados” e outro de “Elaborador de queixos”.
Na provincia, obsérvase nos anos 2004 e 2008 menor presenza de homes sobre
mulleres, aínda que en porcentaxes moi similares. Destaca sobre todo o ano 2007 onde hai
unha diferenza bastante superior de mulleres(72,47%) sobre homes (27,53%).
En Galicia, ao longo destes cinco anos vaise producindo unha diminución constante da
presenza masculina a favor da feminina, pasando do 42,97% (ano 2004) ao 51,42% (2008).
 Gráfico 9.42. Evolución alumnos segundo xénero. Pacto/Provincia/Galicia.
Políticas Activas de Emprego 144

 Táboa 9.126. Evolución do alumnado por tramos de idade. Cursos F.S.E. Pacto/Provincia/Galicia (2004-08).
Alumnos Cursos F.S.E. segundo idade. Pacto de Lemos/Provincia/Lugo. Ano 2004-08
Pacto 2004 2005 2006 2007 2008 Total Var.04-08
<25 9 5 0 4 8 26 -11,11%
25-54 36 19 0 15 27 97 -25,00%
>54 2 1 0 1 0 4 -100,00%
Provincia 2004 2005 2006 2007 2008 Total Var.04-08
<25 166 227 132 147 245 917 47,59%
25-54 589 732 373 594 801 3089 35,99%
>54 19 27 25 40 100 211 426,32%
Galicia 2004 2005 2006 2007 2008 Total Var.04-08
<25 2439 2468 891 1165 1792 8755 -26,53%
25-54 7517 7776 3248 4929 7115 30585 -5,35%
>54 262 307 196 314 879 1958 235,50%
Fonte: Elaboración propia. Datos Consellería de Traballo e Benestar e Entidades impartidoras
Distribución porcentual de alumnos Cursos F.S.E. segundo idade. Pacto/Provincia/Lugo. Ano 2004-08
Pacto 2004 2005 2006 2007 2008 Total
<25 19,15% 20,00% 0,00% 20,00% 22,86% 20,47%
25-54 76,60% 76,00% 0,00% 75,00% 77,14% 76,38%
>54 4,26% 4,00% 0,00% 5,00% 0,00% 3,15%
Provincia 2004 2005 2006 2007 2008 Total
<25 21,45% 23,02% 24,91% 18,82% 21,38% 21,75%
25-54 76,10% 74,24% 70,38% 76,06% 69,90% 73,25%
>54 2,45% 2,74% 4,72% 5,12% 8,73% 5,00%
Galicia 2004 2005 2006 2007 2008 Total
<25 23,87% 23,39% 20,55% 18,18% 18,31% 21,20%
25-54 73,57% 73,70% 74,93% 76,92% 72,71% 74,06%
>54 2,56% 2,91% 4,52% 4,90% 8,98% 4,74%
Se atendemos á distribución entre idades, no Pacto obsérvase un pequeno aumento
dos máis mozos ao longo dos cinco anos, pasando do 19% do total no ano 2004 a un 23% no
ano 2008.
No caso da provincia e en Galicia, aumenta constantemente a presenza dos maiores
de 54 anos, pasando no primeiro eido do 2,45%(2004) ó 8,73% (2008) e en Galicia, do 2,56%
(2004) ó 8,98% (2008).
O peso dos máis mozos neste período foi lixeiramente menor no territorio do Pacto
(20,47%) que na provincia (21,75%) e Galicia (21,20%). Tamén amosan menor importancia no
Pacto os maiores de 54 anos, que representaron o 3,15% do total de alumnos e en provincia o
5% e Galicia o 4,74%.
Políticas Activas de Emprego 145

 Gráfico 9.43. Evolución alumnado por idade. F.S.E.(04-08). Pacto/Provincia/Galicia

9.4.B.2.2. Formación Oferta Traballadores Ocupados - Formación Continua.


Políticas Activas de Emprego 146

9.4.B.2.2.1. Contratos Programa de ámbito Estatal.


A convocatoria de subvencións para a formación dirixida prioritariamente ós
traballadores ocupados no ámbito estatal contempla a firma de convenios de colaboración
para a realización de distintos tipos de plans de formación:
• Intersectoriais, para a adquisición de competencias transversais a varios sectores
económicos. Inclúen a formación da representación legal dos traballadores necesaria
para o exercicio das súas funcións.
• Intersectoriais dirixidos a traballadores e socios da economía social.
• Intersectoriais para traballadores autónomos.
• Sectoriais, dirixidos a traballadores dun sector produtivo concreto e ó reciclaxe e
recualificación de traballadores procedentes doutro sector en situación de crise.

Poden solicitar estas axudas:


• Organizacións empresariais e sindicais máis representativas no ámbito estatal.
• Organizacións empresariais e sindicais máis representativas nun sector económico a
nivel estatal e os entes paritarios creados ou amparados na negociación colectiva.
• Organizacións da economía social con suficiente implantación no ámbito estatal.
• Asociacións de traballadores autónomos con suficiente implantación no ámbito estatal.

Para a análise desta formación no territorio, foi solicitada ao igual que a Formación de
Demanda á Unidade de Xestión da Información e Estatística da Fundación Tripartita para a
Formación no Emprego. Neste caso, os datos obtidos soamente son das accións realizadas na
provincia de Lugo e en Galicia.
Na seguinte táboa amósase a formación realizada na provincia de Lugo, en canto a
alumnos e a súa clasificación segundo o xénero, distribuído en familias profesionais impartidas.
A continuación, realízase a comparativa da provincia de Lugo e Galicia en canto ao
número de participantes e número de horas das accións formativas dos contratos Programa
Estatais.

 Táboa 9.127. Distribución alumnos segundo familias profesionais e por xénero. Contratos Programas
Estatais. Provincia de Lugo (2004-2007).
% Alumn
Familias Profesionais Alumnos Homes Mulleres % Homes % Mulleres
F.P.
Administración e xestión 5311 25,16% 3426 1885 64,51% 35,49%
Agraria 938 4,44% 460 478 49,04% 50,96%
Artes e artesanias 82 0,39% 42 40 51,22% 48,78%
Artes gráficas 329 1,56% 121 208 36,78% 63,22%
Comercio e marketing 1845 8,74% 564 1281 30,57% 69,43%
Edificación e obra civil 628 2,97% 611 17 97,29% 2,71%
Electricidade e electrónica 32 0,15% 29 3 90,63% 9,38%
Enerxía e auga 14 0,07% 14 0 100% 0,00%
Fabricación mecánica 339 1,61% 337 2 99,41% 0,59%
Hostalaría e turismo 953 4,51% 360 593 37,78% 62,22%
Industrias alimentarias 1272 6,03% 486 786 38,21% 61,79%
Informática e comunicacións 4106 19,45% 1899 2207 46,25% 53,75%
Instalación e mantemento 206 0,98% 134 72 65,05% 34,95%
Madeira,moble e corteza 42 0,20% 39 3 92,86% 7,14%
Marítimo, pesqueiro 18 0,09% 15 3 83,33% 16,67%
Química 32 0,15% 13 19 40,63% 59,38%
Sanidade 171 0,81% 17 154 9,94% 90,06%
Seguridade e medioambiente 428 2,03% 206 222 48,13% 51,87%
Políticas Activas de Emprego 147

Servizos socioculturais, comunidade 541 2,56% 162 379 29,94% 70,06%


Textil,confección e pel 8 0,04% 1 7 12,50% 87,50%
Transporte e mantemento vehículos 1470 6,96% 1332 138 90,61% 9,39%
Outras non clasificables 2346 11,11% 1324 1022 56,44% 43,56%
Total 21111 100% 11592 9519 54,91% 45,09%
Fonte: elaboración propia. Datos Fundación Tripartita

Neste período de catros anos (2004 a 2007) do total de alumnos formados na provincia
de Lugo, o 55% eran homes e un 45% mulleres.
Se analizamos a distribución de familias profesionais, o 25,16% do total de alumnos
decidiron realizar cursos da familia profesional de “Administración e xestión”, dos cales o
64,51% eran homes e un 35,49% mulleres. A seguinte familia de máis alumnos foi “Informática
e comunicacións”, co 19,45% (46,25% homes e un 53,75% mulleres).
A F.P. con menos alumnos foi “Téxtil, confección e pel”, co 0,04% do total, sendo
maioritariamente mulleres (87,50%).
 Gráfico 9.44. Clasificación alumnos segundo F.P. Contratos Programa Estatais. 04-07.

 Análise evolutiva e comparativa Provincia/Galicia (2004-2007)


 Táboa 9.128. Evolución e comparación Nº participantes Contratos Programas Estatais Provincia/Galicia
(2004-07).
Participantes 2004 2005 2006 2007 Total Var.04-07
Provincia 247 7730 11049 4945 23971 1902,02%
Galicia 1758 60245 77037 39475 178515 2145,45%
Fonte: Elaboración propia. Datos F.T.F.E. Unidade de Xestión da Información e Estatística

 Gráfico 9.45. Evolución nº participantes C. Programa Estatais Provincia/Galicia (2004-07).


Políticas Activas de Emprego 148

Obsérvase un incremento continuo do período 2004 a 2006 nos dous ámbitos, sendo
maior este no ano 2005 con respecto ao 2004. No ano 2007 prodúcese unha importante
diminución no número de alumnos baixando con respecto ao ano anterior, máis do 50% no
caso da provincia e case o 50% en Galicia. Finalmente, o ano 2007 con respecto ao 2004
presenta un incremento de máis do 1900% en provincia; en Galicia aínda é maior este
incremento (2145%).
Neste período de catro anos formáronse ó abeiro destes programas na provincia de Lugo
un total de 23.971 persoas; o 13,43% dos formados en Galicia (178.515 persoas).
A continuación, na táboa 9.129. indícase o rateo de representatividade que tivo o
alumnado na provincia de Lugo con respecto a Galicia neste período. Nesta formación, a
provincia de Lugo representa entre un 12,53%(do ano 2007) e un 14,34% (do ano 2006) do
realizado en Galicia.

 Táboa 9.129. Evolución rateo participantes C. Programa Estatais Provincia/ Galicia (2004-07)
Participantes 2004 2005 2006 2007 Total
Provincia/Galicia 14,05% 12,83% 14,34% 12,53% 13,43%

 Táboa 9.130. Evolución nº horas cursos C. Programa Estatais. Provincia/Galicia (2004-07)


Cursos C. Programa Estatais. Provincia/Galicia. 2004-07.
Nº horas 2004 2005 2006 2007 Total Var.04-07
Provincia 8623 389691 681042 356124 1435480 4029,93%
Galicia 67591 3042836 4756790 3050247 10917464 4412,80%
Fonte: Elaboración propia. Datos F.T.F.E. Unidade de Xestión da Información e Estatística

Tanto en provincia como en Galicia, o número de horas, ao igual que o número de


participantes, aumentan no período 2004-2006 para diminuír o último ano 2007.
Na táboa 9.131. amósase o rateo de representatividade, en canto a número de horas
impartidas, da provincia de Lugo con respecto a Galicia, obsérvase que o peso é menor se
comparamos cos participantes, xa que supón entre un 11,68%(do ano 2007) a un 14,32%(do
2006).
 Táboa 9.131.Evolución rateo horas cursos Provincia de Lugo/Galicia (2004-2007).
Horas cursos 2004 2005 2006 2007 Total
Provincia 12,76% 12,81% 14,32% 11,68% 13,15%

9.4.B.2.2.2. Contratos Programa de ámbito Autonómico.


Políticas Activas de Emprego 149

A formación continua de ámbito autonómico está centrada na súa maioría nos Contratos
Programa sectoriais e intersectoriais. Mediante a subscrición de convenios de carácter
autonómico da Consellería de Traballo coas entidades solicitantes, en aplicación da Orde
TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Decreto 395/2008, do 23 de marzo.
Lévase adiante a formación dirixida prioritariamente a persoas ocupadas, a través de
organizacións empresariais e sindicais con domicilio social na Comunidade Autónoma de
Galicia.
Ademais destas, tamén se inclúen para a execución de plans de formación
intersectoriais: as confederacións e federacións de cooperativas e/ou sociedades laborais e as
organizacións representativas de economía social, todas elas de carácter intersectorial e con
suficiente implantación no ámbito autonómico. Cando o plan de formación intersectorial é
dirixido ao colectivo de autónomos, poderán ser solicitantes as asociacións representativas de
traballadores autónomos de carácter intersectorial con suficiente implantación no ámbito
autonómico.
No plan de formación sectorial, ademais das organizacións empresariais e sindicais
representativas no correspondente sector de actividade, tamén poden ser solicitantes as
entidades creadas ao abeiro da negociación colectiva sectorial, representativas no ámbito
autonómico.
O obxectivo desta liña de formación é intentar ofrecer ao tecido empresarial e industrial,
unha serie de accións formativas, axustadas ó máximo posible ás necesidades do mercado de
traballo e atendendo ós requirimentos e competitividade das empresas.
Coa intención de facilitar tanto ao alumnado como ao empresariado o acceso a esta
formación, danse varias posibilidades de realización: presencial, a distancia, teleformación e
mixta.
No territorio do Pacto de Lemos, ao longo das convocatorias 2006-2007 e 2007-2008,
foron dezasete entidades as que ofertaron a formación continua mediante os denominados
Contratos Programa, a continuación relaciónanse as mesmas.
Entidades Impartidoras Contrato Programa Autonómicos. Pacto de Lemos
Acolle, Asociación galega de residencias e centros de anciáns de iniciativa social
AESAP. Asociación de empresas de servizos de atención a la persoa
Asociación de industrias metalúrxicas de Galicia
Asociación de traballadores por conta propia da Comunidade de Galicia - ATA Galicia
Asociación Galega de Cooperativas Agrarias
Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores
Confederación de Empresarios de Lugo
Confederación Intersindical Galega
Confederacións de empresarios hostalaría de Galicia
Federación de Comercio, Hostalaría y Turismo de CCOO de Galicia/FECOHT-COO
Federación empresarial de aserradoiros e rematantes de madeira de Galicia
Federación Galega de Talleres- FEGAT
Fundación laboral da Construción
Fundación Laboral da Lousa
Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia
UXT Galicia
Unións Agrarias

Nas seguintes táboas reflíctese a formación de Contratos Programa Autonómicos,


realizada no territorio do Pacto de Lemos nas convocatorias 2006-2007 e 2007-2008,
clasificada segundo as familias profesionais, co correspondente grado de representatividade de
cada familia sobre o total, en canto a número de cursos, horas de duración, alumnos e
orzamentos; a súa distribución entre os concellos do Pacto; a análise do alumnado en canto a
xénero e idade; e por último, a comparación nos tres ámbitos territoriais de Pacto de Lemos,
Políticas Activas de Emprego 150

provincia de Lugo e Galicia soamente coa variable de orzamentos (única variable da que se
dispón para a análise comparativa).
A información exposta a continuación, foi obtida da Dirección Xeral de Formación e
Colocación, e a relativa á análise do alumnado (sexo e idade) foi solicitada tamén ás entidades
impartidoras que, cunha contestación de apenas o 20% das entidades, nos ofrecen poucos
datos.

 Táboa 9.132. Clasificación Nº e porcentaxe de Cursos Contratos Programa Autonómicos, segundo Familias
Profesionais. Convocatorias 2006-07 e 2007-08. Pacto.
Familias Profesionais dos cursos Contratos Programa. Convocatorias 2006-2007 e 2007-2008. Pacto de Lemos
Cursos Duración Alumnos Orzamento total
Familia Profesional Nº % Nº horas % Nº % Importe %
Administración e Xestión 8 10,13% 315 8,10% 112 7,82% 40.085 4,12%
Agraria 18 22,78% 595 15,29% 371 25,89% 180.769 18,60%
Artes e Artesanias 2 2,53% 160 4,11% 31 2,16% 42.840 4,41%
Comercio e Marketing 4 5,06% 250 6,43% 78 5,44% 41.076 4,23%
Edificación e Obra Civil 2 2,53% 115 2,96% 40 2,79% 20.847 2,15%
Hostelería e Turismo 6 7,59% 335 8,61% 93 6,49% 66.330 6,82%
Industrias Extractivas 1 1,27% 85 2,18% 13 0,91% 13.260 1,36%
Informática e Comunicacións 13 16,46% 645 16,58% 266 18,56% 229.638 23,63%
Instalación e Mantemento 1 1,27% 32 0,82% 12 0,84% 6.912 0,71%
Industrias Alimentarias 6 7,59% 145 3,73% 121 8,44% 25.408 2,61%
Sanidade 4 5,06% 155 3,98% 61 4,26% 27.619 2,84%
Seguridade e Medioambiente 2 2,53% 32 0,82% 36 2,51% 6.900 0,71%
Servizos Socioculturais e a Comunidade 1 1,27% 80 2,06 15 1,05 13.680 1,41%
Transporte e mantemento vehículos 11 13,92% 947 24,34% 184 12,84% 256.514 26,39%
143
Total 79 100% 3891 100% 100% 971.878 100%
3
Fonte: Elaboración propia. Datos Consellería de Traballo e Benestar.

No territorio do Pacto de Lemos durante estas dúas convocatorias realizouse un total de


79 cursos, cun orzamento total de 971.878€ e con 1433 alumnos formados.
Obsérvase que a Familia Profesional “Agraria” é a que máis cursos recolle co 23% do
total de cursos, pero se observamos o número de horas impartidas ocupa o terceiro lugar,
sendo neste caso a F.P. “Transporte” a que engloba ó maior número de horas (24%). Tamén é
a Agraria onde máis alumnos recibiron esta formación.
Nas F.P. de “Industrias extractivas”, “Servizos socioculturais e a comunidade” e
“Instalación e mantemento” soamente se realizou un curso en cada unha. Nesta última, xunto
coa familia de “Seguridade e medioambiente”, foi onde menos horas se realizaron e por tanto
onde menos orzamento se asignou. En “Instalación e mantemento” tamén é onde menos
alumnos se formaron.
En canto aos orzamentos, a familia de “Transporte e mantemento de vehículos” é a que
engloba os maiores importes, seguidos de “Informática e comunicacións” e “Agraria”.
A continuación, na táboa 9.133. detallamos a evolución nas convocatorias 2006-2007 e
2007-2008, dos cursos da programación dos Contratos Programa realizados no Pacto de
Lemos agrupados por familias profesionais de formación ocupacional, en canto ás modalidades
presencial e mixta se refire.

 Táboa 9.133. Distribución por familias profesionais Contratos Programas Autonómicos. Nº cursos, duración,
nº grupos, nº alumnos, orzamentos. Pacto de Lemos (2006-2007).
Familia Profesional: Administración e Xestión
Ano Nº Cursos Duración Nº Grupos Nº Alumnos Orzamento Total
Políticas Activas de Emprego 151

2006 7 260 7 99 34560


2007 1 55 1 13 5525
Familia Profesional: Agraria
Ano Nº Cursos Duración Nº Grupos Nº Alumnos Orzamento Total
2006 11 380 16 245 131640
2007 7 215 8 126 49129
Familia Profesional: Artes e Artesanías
Ano Nº Cursos Duración Nº Grupos Nº Alumnos Orzamento Total
2006 1 80 1 16 23040
2007 1 80 1 15 19800
Familia Profesional: Comercio e Marketing
Ano Nº Cursos Duración Nº Grupos Nº Alumnos Orzamento Total
2006 2 135 2 40 22225
2007 2 115 2 38 18851
Familia Profesional: Edificación e Obra Civil
Ano Nº Cursos Duración Nº Grupos Nº Alumnos Orzamento Total
2007 2 115 2 40 20847
Familia Profesional: Hostalería e Turismo
Ano Nº Cursos Duración Nº Grupos Nº Alumnos Orzamento Total
2006 2 120 2 30 28800
2007 4 215 4 63 37530
Familia Profesional: Industrias Extractivas
Ano Nº Cursos Duración Nº Grupos Nº Alumnos Orzamento Total
2006 1 85 1 13 13260
Familia Profesional: Informática e Comunicacións
Ano Nº Cursos Duración Nº Grupos Nº Alumnos Orzamento Total
2006 9 410 13 186 177945
2007 4 235 5 80 51693
Familia Profesional: Instalación e Mantemento
Ano Nº Cursos Duración Nº Grupos Nº Alumnos Orzamento Total
2006 1 32 1 12 6912
Familia Profesional: Industrias Alimentarias
Ano Nº Cursos Duración Nº Grupos Nº Alumnos Orzamento Total
2006 3 70 4 70 16642
2007 3 75 3 51 8766
Familia Profesional: Sanidade
Año Nº Cursos Duración Nº Grupos Nº Alumnos Orzamento Total
2006 1 20 1 15 5400
2007 3 135 3 46 22219
Familia Profesional: Seguridade e Medioambiente
Año Nº Cursos Duración Nº Grupos Nº Alumnos Orzamento Total
2006 1 20 1 21 5040
2007 1 12 1 15 1860
Familia Profesional: Servizos Socioculturais e a Comunidade
Año Nº Cursos Duración Nº Grupos Nº Alumnos Orzamento Total
2007 1 80 1 15 13680
Familia Profesional: Transporte e Mantemento de Vehículos
Año Nº Cursos Duración Nº Grupos Nº Alumnos Orzamento Total
2006 7 593 7 111 145833
2007 4 354 5 73 110681
Fonte: Elaboración propia. Datos Consellería de Traballo e Benestar.

 Táboa 9.134. Distribución por Concellos do Pacto. Cursos Contratos Programa 2006-07 e 2007-08.
Cursos Contratos Programa por concellos. Pacto de Lemos. 2006-07 / 2007-08
2006/2007 2007/2008
Concello Grupos Alumnos Orzamento Grupos Alumnos Orzamento
Bóveda 0 0 0 0 0 0
Carballedo 4 60 (6,99%) 14.520,00 0 0 0
Políticas Activas de Emprego 152

Chantada 13 212 (24,71%) 83.332,00 14 219 (38,09%) 70.037,16


Folgoso do Courel 0 0 0 0 0 0
Monforte de Lemos 24 388 (45,22%) 275.915,00 19 297 (51,65%) 210.638,69
O Saviñao 4 57 (6,64%) 34.920,00 0 0 0
Pantón 0 0 0 0 0 0
A Pobra de Brollón 0 0 0 0 0 0
Quiroga 1 13 (1,52%) 13.260,00 0 0 0
Ribas de Sil 0 0 0 0 0 0
Sober 0 0 0 0 0 0
Taboada 10 128 (14,92%) 50.090,00 3 59 (10,26%) 19.971,00
Pacto 56 858 472.037,00 36 575 300.646,85
Só na metade dos concellos do Pacto se realizou formación de contratos programa nas
dúas últimas convocatorias 2006/2007 e 2008/2009.
Na convocatoria 2007/08 redúcese o número de cursos con respecto á do ano anterior e,
por conseguinte, o número de alumnos e orzamentos. Soamente en tres concellos se realizou
esta formación (Chantada, Monforte e Taboada).
Observamos que o concello de Monforte é o que absorbe a maioría desta formación, cun
peso en canto a alumnos do 45,22% e 51,65% en cada unha das dúas convocatorias de
estudo, seguido de Chantada co 24,71% (2006) e 38,09% (2007) dos alumnos totais. Isto
débese sobre todo, á presenza nestas localidades dalgunha das entidades impartidoras, tanto
sindicatos como asociacións representativas en actividades agrarias ou da construción, entre
outras.
Os datos obtidos das entidades que impartiron cursos ó abeiro dos Contratos Programa,
reflicten que nas dúas últimas convocatorias celebradas 2006/2007 e 2007/2008 (aproximados
ao 20% do realizado) o 56% dos alumnos foron homes e un 44% mulleres. En canto á
clasificación por tramos de idades, constátase o predominio dos alumnos de 30-44 anos
(representan o 44%) seguidos dos alumnos de 45-54 (29%).

 Táboa 9.135. Porcentaxe alumnos segundo idade cursos Contrato Programa autonómicos. Total 2006-07 e
2007-08. Pacto de Lemos.

Alumnos Contratos Programa Autonómicos, segundo idade1. Pacto de Lemos. 2006-07 / 2007-08
Idades 16-24 25-29 30-44 45-54 55-65
Alumnos pacto 7% 14% 44% 29% 6%
1
Datos do 20% dos alumnos que realizaron esta formación.

 Táboa 9.136. Análise comparativo dos orzamentos Contratos Programa Autonómicos. Convocatorias
2006/2007 e 2007/2008 Pacto, Provincia de Lugo e Galicia.

2006/2007 2007/2008 Total Var.06-07


Pacto 472037 300646,85 772683,85 -36,31%
Provincia 4129547 3823457,2 7953004,24 -7,41%
Galicia 28418490 27240266 55658756,76 -4,15%
Fonte: Elaboración propia. Datos Consellería de Traballo e Benestar.

Nesta táboa obsérvase a diminución de orzamento destinado a esta formación da


convocatoria 2007-08 respecto á anterior (2006-07). No caso do Pacto (-36,31%) esta
diminución é maior que na provincia (-7,41%) e Galicia (-4,15%).
A continuación pasamos a calcular os rateos sobre os orzamentos investidos no territorio
do Pacto de Lemos con respecto á provincia de Lugo e Galicia, nas convocatorias 2006/2007 e
2007/2008.

 Táboa 9.137. Rateos orzamentos Pacto/Provincia e Pacto/Galicia (2006-2007).


Políticas Activas de Emprego 153

Orzamentos 2006 2007 Total


Pacto/Provincia 11,43% 7,86% 9,72%
Pacto/Galicia 1,66% 1,10% 1,39%

Nestas dúas convocatorias as accións realizadas nos contratos programas de ámbito


autonómico supuxeron no territorio do Pacto de Lemos o 9,72% do realizado na provincia e o
1,32% de Galicia, e o peso da provincia con respecto a Galicia nestas dúas convocatorias en
canto a orzamentos foi do 14,29%.

9.4.B.2.2.3. Acordos Nacionais de Formación Continua.


A formación continua destinada aos traballadores celebrábase, no período anterior ao
ano 2004, no eido dos Acordos Nacionais, polo que neste apartado recolleremos esta
formación no período 2000-2003, tanto a realizada no Pacto de Lemos, como en provincia de
Lugo e Galicia.
Os datos expostos a continuación foron facilitados íntegramente pola Fundación
Tripartita para a Formación no Emprego, e reflicten que un total de 500 empresas participaron
nesta formación e 5.184 persoas acudiron a estes cursos no Pacto durante o período 2000-03.
Nas táboas seguintes indícase a distribución do número de participantes entre as
familias profesionais onde se realizaron cursos, a distribución por concellos do Pacto do
número de participantes e de empresas; a análise do alumnado en canto ao xénero e idade; e
por último, a comparativa coa provincia de Lugo e Galicia en canto ao número de alumnos e
empresas participantes. Todo elo na evolución temporal do período 2000-2003.

 Táboa 9.138. Nº e porcentaxe de participantes segundo F.Profesionais. Formación Continua. Pacto (2000-03).
Familias Profesionais Nº participantes %Participantes
Administración e xestión 595 11,48%
Agraria 125 2,41%
Artes gráficas 41 0,79%
Comercio e marketing 494 9,53%
Edificación e obra civil 297 5,73%
Electricidade e electrónica 13 0,25%
Enerxía e auga 13 0,25%
Fabricación mecánica 38 0,73%
Hostaleria e turismo 108 2,08%
Industrias alimentarias 115 2,22%
Industrias extractivas 11 0,21%
Informática e comunicacións 1570 30,29%
Instalación e mantemento 90 1,74%
Madeira, moble e cortiza 25 0,48%
Outras especialidades 838 16,17%
Sanidade 40 0,77%
Seguridade e medioambiente 131 2,53%
Servizos socioculturais e a comunidade 282 5,44%
Transporte e mantemento de vehículos 358 6,91%
Total 5184 100,00%
Fonte: Elaboración propia. Datos FundaciónTripartita F.E. Estatística

 Gráfico 9.46. Distribución nº de participantes en Familias Profesionais . Formación Continua. Pacto (2000-03).
Políticas Activas de Emprego 154

Na distribución segundo as familias profesionais ás que pertencen os cursos realizados ó


abeiro dos Acordos Nacionais de Formación Continua no período 2000-2003 no Pacto de
Lemos, obsérvase que “Informática e comunicacións” é a que engloba a maior número de
alumnos participantes (30%), cun total de 1570 persoas formadas, seguido de “Administración
e xestión” (11% dos participantes totais; 595 persoas). Pola contra, a familia “Industrias
extractivas” é a de menor número de participantes, con 11 persoas soamente (0,21%), seguido
das familias “Electricidade e electrónica” e “Enerxía e auga”, con 13 alumnos cada unha
(0,25%).

 Táboa 9.139. Distribución por Concellos do Pacto de Lemos Nº participantes Formación Continua. (2000-03)
Participantes formados nos Plans de Acordos Nacionais por concellos do Pacto de Lemos.(2000-03)
2000 2001 2002 2003 Total
Bóveda 5 5 7 7 24 0,46%
Carballedo 5 4 4 2 15 0,29%
Chantada 186 201 187 203 777 14,99%
Monforte 771 921 1085 798 3575 68,96%
Pantón 4 1 7 6 18 0,35%
Pobra 11 8 8 2 29 0,56%
Quiroga 79 130 94 43 346 6,67%
Ribas De Sil 8 26 7 8 49 0,95%
Saviñao 27 28 12 14 81 1,56%
Sober 12 22 18 14 66 1,27%
Taboada 104 67 24 9 204 3,94%
TOTAL 1212 1413 1453 1106 5184 100%
Fonte: Elaboración propia. Datos FundaciónTripartita F.E. Estatística

O maior número de alumnos atópase no concello de Monforte, (o 69% do alumnado total


do territorio), seguido de Chantada (15%) e Quiroga (7%). Non houbo ningún alumno/a
participante pertencente ao concello de Folgoso do Courel.
Políticas Activas de Emprego 155

Se analizamos a evolución temporal, observase unha diminución do 8,75% do total de


alumnos no ano 2003, con respecto ó 2000.

 Táboa 9.140. Distribución por Concellos do Pacto/ nº empresas con participantes Form.Continua (2000-03)
Empresas con participantes formados nos Plans de Acordos Nacionais por concellos do Pacto de Lemos.
2000 2001 2002 2003 Total
Bóveda 1 1 2 0,40%
Chantada 25 22 21 14 82 16,40%
Monforte 103 104 100 48 355 71%
Pantón 1 1 0,20%
Pobra 3 1 4 0,80%
Quiroga 9 2 13 3 27 5,40%
Ribas De Sil 1 1 2 1 5 1%
Saviñao 5 3 3 11 2,20%
Sober 1 2 2 5 1%
Taboada 6 2 8 1,60%
TOTAL 154 134 143 69 500 100%
Fonte: Elaboración propia. Datos FundaciónTripartita F.E. Estatística

Na distribución por concellos, vemos que o maior número de empresas están situadas no
concello de Monforte (71% do total), seguido de Chantada (16%) e Quiroga (5%). Pola contra,
non houbo ningunha empresa con traballadores participantes de formación continua nestes
anos nos concellos de Carballedo e Folgoso do Courel; só unha en Pantón e dúas en Bóveda.
Na evolución temporal (do ano 2003 con respecto ó 2000) pódese ver unha diminución
de máis do 50% no número de empresas participantes en todo o territorio.

 Gráfico 9.47. Distribución por Concellos do Pacto/ nº empresas con participantes formados F. Continua
(2000-03)

 Análise do alumnado, segundo xénero e idade:


Nas seguintes táboas amósase a evolución neste período de catro anos do perfíl do
alumnado de formación continua no territorio do Pacto, en canto a xénero e tramos de idade, e
a súa distribución entre os concellos do Pacto.
Políticas Activas de Emprego 156

 Táboa 9.141. Evolución participantes segundo xénero. Formación Continua Pacto de Lemos (2000-2003).
Participantes formados nos Plans de Acordos Nacionais segundo xénero. Pacto de Lemos. 2000-03.
Clasificación por xénero
Participantes Distribución porcentual
2000 2001 2002 2003 Total 2000 2001 2002 2003 Total
Homes 711 832 923 620 3086 58,66% 58,88% 63,52% 56,06% 59,53%
Mulleres 501 581 530 486 2098 41,34% 41,12% 36,48% 43,94% 40,47%
Total 1212 1413 1453 2203 5184 100% 100% 100% 100% 100%
Fonte: Elaboración propia. Datos FundaciónTripartita F.E. Estatística

 Gráfico 9.48. Evolución participantes segundo xénero. Formación Continua Pacto de Lemos (2000-2003).

No período 2000-2003, nesta formación continua a través dos Plans de Acordos


nacionais impartidos no territorio do Pacto, a maioría dos alumnos foron homes en tódolos
anos, supoñendo un total do 59,53% de alumnado masculino e un 40,47% feminino.
A participación das mulleres incrementouse o último ano 2003, con respecto ó 2000,
nunha diferenza porcentual de 2,6 puntos.

 Táboa 9.142. Distribución por Concellos dos alumnos, segundo xénero Formación Continua (2000-2003).
Participantes formados nos Plans de Acordos Nacionais segundo xénero. Concellos Pacto de Lemos. 2000-03
2000 2001 2002 2003
Total Home Muller Total Home Muller Total Home Muller Total Home Muller
Bóveda 5 5 0 5 4 1 7 5 2 7 4 3
Carballedo 5 5 0 4 4 0 4 3 1 2 2 0
Chantada 186 109 77 201 83 118 187 108 79 203 89 114
Monforte 771 429 342 921 542 379 1085 686 399 798 461 337
Pantón 4 4 0 1 1 0 7 4 3 6 5 1
Pobra de Brollón 11 9 2 8 7 1 8 6 2 2 2 0
Quiroga 79 63 16 130 101 29 94 65 29 43 28 15
Ribas de Sil 8 7 1 26 25 1 7 7 0 8 7 1
Saviñao 27 20 7 28 13 15 12 9 3 14 7 7
Sober 12 12 0 22 15 7 18 12 6 14 10 4
Taboada 104 48 56 67 37 30 24 18 6 1106 5 4
Total 1212 711 501 1413 832 581 1453 923 530 2203 620 486

Distribución porcentual segundo xénero. Concellos Pacto de Lemos


2000 2001 2002 2003
Home Muller Home Muller Home Muller Home Muller
Bóveda 100,00% 0,00% 80,00% 20,00% 71,43% 28,57% 57,14% 42,86%
Políticas Activas de Emprego 157

Carballedo 100,00% 0,00% 100,00% 0,00% 75,00% 25,00% 100,00% 0,00%


Chantada 58,60% 41,40% 41,29% 58,71% 57,75% 42,25% 43,84% 56,16%
Monforte 55,64% 44,36% 58,85% 41,15% 63,23% 36,77% 57,77% 42,23%
Pantón 100,00% 0,00% 100,00% 0,00% 57,14% 42,86% 83,33% 16,67%
Pobra de Brollón 81,82% 18,18% 87,50% 12,50% 75,00% 25,00% 100,00% 0,00%
Quiroga 79,75% 20,25% 77,69% 22,31% 69,15% 30,85% 65,12% 34,88%
Ribas de Sil 87,50% 12,50% 96,15% 3,85% 100,00% 0,00% 87,50% 12,50%
O Saviñao 74,07% 25,93% 46,43% 53,57% 75,00% 25,00% 50,00% 50,00%
Sober 100,00% 0,00% 68,18% 31,82% 66,67% 33,33% 71,43% 28,57%
Taboada 46,15% 53,85% 55,22% 44,78% 75,00% 25,00% 55,56% 44,44%
Total 58,66% 41,34% 58,88% 41,12% 63,52% 36,48% 56,06% 43,94%
Fonte: Elaboración propia. Datos FundaciónTripartita F.E. Estatística

Nesta táboa 9.142 correspondente á distribución por concellos do xénero do alumnado


dos cursos de formación continua (2000-2003), amósase que no ano 2000, agás no concello de
Taboada, no resto dos concellos foi maioritaria a presenza masculina. No ano 2001, en só dous
concellos a presenza feminina superou a masculina: Chantada e O Saviñao. No 2002, foi maior
o número de homes que mulleres en tódolos concellos e no 2003, soamente no concello de
Chantada foi algo maior a presenza feminina (56,16%).

 Táboa 9.143. Evolución participantes segundo idade Formación Continua. Pacto de Lemos. (2000-2003).

Participantes formados nos Plans de Acordos Nacionais segundo idade. Pacto de Lemos. 2000-03
Pacto de 16 a 25 26 a 35 36 a 45 46 a 55 > 55 TOTAL
2000 148 438 392 197 37 1212
2001 246 441 448 215 63 1413
2002 227 510 437 215 64 1453
2003 147 419 336 161 43 1106
Total 768 1808 1613 788 207 5184
Distribución porcentual Participantes formados nos Plans de Acordos Nacionais segundo idade.
Pacto de 16 a 25 26 a 35 36 a 45 46 a 55 > 55 TOTAL
2000 12,21% 36,14% 32,34% 16,25% 3,05% 100,00%
2001 17,41% 31,21% 31,71% 15,22% 4,46% 100,00%
2002 15,62% 35,10% 30,08% 14,80% 4,40% 100,00%
2003 13,29% 37,88% 30,38% 14,56% 3,89% 100,00%
Total 14,81% 34,88% 31,11% 15,20% 3,99% 100,00%
Fonte: Elaboración propia. Datos FundaciónTripartita F.E. Estatística

 Gráfico 9.49. Participantes segundo idade F.Continua. Pacto de Lemos. (Total 2000-03).
Políticas Activas de Emprego 158

En canto á clasificación por tramos de idade dos alumnos totais do período 2000-2003
obsérvase que o núcleo do volume de alumnos reside nos intervalos de idade de 26-35 anos
que representan o 34,88% do total de alumnos. O tramo de idade de menor participación é o de
maiores de 55 anos co 3,99%.

 Análise evolutiva e comparativa Formación Continua Acordos Nacionais.


Pacto/Provincia/Galicia. (2000-2003).

 Táboa 9.146. Evolución e comparativa Nº Participantes Formación Continua Pacto/Provincia/Galicia. (2000-03)


Participantes formados nos Plans de Acordos Nacionais. Pacto/Provincia/Lugo. 2000-03
2000 2001 2002 2003 Total Var.00-03
Pacto 1212 1413 1453 1106 5184 -8,75%
Provincia 12587 15815 14729 14806 57937 17,63%
Galicia 101718 118027 108548 115860 444153 13,90%
Fonte: Elaboración propia. Datos FundaciónTripartita F.E. Estatística

 Gráfico 9.51. Evolución Nº Participantes F. Continua Pacto/Provincia/Galicia. (2000-03)


Políticas Activas de Emprego 159

En canto ao número de alumnos participantes de accións formativas de formación


continua neste período, no territorio do Pacto de Lemos presenta unha diminución do 8,75%
de alumnos do ano 2003 con respecto ao 2000. Nos anos 2001 e 2002 aumentou o número de
participantes, mentres que diminuíu en 347 persoas no ano 2003 con respecto ao anterior. Na
provincia e Galicia, comparando o 2003 co 2000, obsérvase un aumento no número de
alumnos nos dous casos, producíndose (ó igual que no territorio do Pacto) o maior incremento
no ano 2001.
Na seguinte táboa 9.147 pasamos a calcular o rateo de representatividade do número de
participantes en formación continua do Pacto de Lemos, en relación aos da provincia de Lugo e
en Galicia e no período 2000-2003.

 Táboa 9.147. Rateos participantes Formación Continua Pacto/Provincia e Pacto/Galicia 00-03.

Participantes F.Continua 2000 2001 2002 2003 Total


Pacto/Provincia 9,63% 8,93% 9,86% 7,47% 8,95%
Pacto/Galicia 1,19% 1,20% 1,34% 0,95% 1,17%

Do total de participantes en formación continua no período 2000 - 2003, o 8,95% dos


provinciais correspondían ao territorio do Pacto de Lemos (1,17% de Galicia). Os participantes
da provincia supuxeron o 13% dos galegos no total deste período.

 Táboa 9.144. Comparativa Nº Empresas con participantes F.Continua. Pacto/Provincia/Galicia. (2000-2003).

Empresas con participantes formados nos Plans de Acordos Nacionais. Pacto/Provincia/Lugo. 2000-03
2000 2001 2002 2003 Total Var.00-03
Pacto 154 134 143 69 500 -55,19%
Lugo 1.579 830 589 685 3.683 -56,62%
Galicia 11.537 4.159 3.589 5.206 24.491 -54,88%
Fonte: Elaboración propia. Datos FundaciónTripartita F.E. Estatística

 Gráfico 9.50. Evolución Nº Empresas con participantes F.Continua. Pacto/Provincia/Galicia. (2000-2003).

Na análise comparativa e evolutiva, obsérvase unha diminución no número de empresas


con traballadores que realizaron formación continua no período 2000 a 2003, esta tendencia é
común aos tres ámbitos territoriais de estudo e nunhas porcentaxes moi semellantes (entre o
54% e 57%).
Políticas Activas de Emprego 160

A continuación, pasamos ao cálculo dos rateos de representatividade do número de


empresas que participaron nas accións de formación continua no período 2000-2003,
realizadas no Pacto de Lemos en relación ás empresas da provincia de Lugo e Galicia.

 Táboa 9.145. Evolución rateo Empresas Formación Continua. Pacto/Provincia e Pacto/Galicia (2000-03).

Empresas F.Continua 2000 2001 2002 2003 Total


Pacto/Provincia 9,75% 16,14% 24,28% 10,07% 13,58%
Pacto/Galicia 1,33% 3,22% 3,98% 1,33% 2,04%

Do total das empresas que recibiron formación continua neste período na provincia de
Lugo, o 13,58% eran do territorio do Pacto de Lemos (2,04% das de Galicia). As empresas
provinciais supuxeron o 15% das galegas.

9.4.3. Plans de formación para mulleres


A incorporación das mulleres ao traballo remunerado, consolidada ao longo do século
pasado, constitúe a modificación estrutural máis significativa da sociedade occidental, debido a
varios factores de especial significación. Un deles, quizás o de maior importancia, é a mellora
na cualificación e a formación académica que presentan as mulleres, evolución notable ao
longo dos anos, superando con frecuencia á dos homes das mesmas idades.
Na nosa Comunidade puxéronse en marcha unha serie importante de políticas públicas
destinadas a favorecer a incorporación igualitaria das mulleres ao mercado laboral. Esta labor
realizada en colaboración coas entidades locais, axentes sociais, empresariais e sindicais
reflicte nunha mellora continua dos indicadores económicos de cada territorio.
Así ao longo do período de estudo no Pacto de Lemos, aplicáronse unha serie de
medidas de fomento á formación específica e adaptada á muller, que posibilitan a conciliación
da vida familiar, persoal e profesional, que asumen a paridade, a acción positiva e a
discriminación positiva.
A continuación, detállanse os programas ou plans máis relevantes, en canto a formación
se refire, postos en marcha no Pacto de Lemos no período 2000-2008, ademais dos plans de
emprego “Muller, porque si” e “Agromar” (organizados dentro da formación ocupacional plan
F.I.P. No territorio do Pacto, tamén se realizaron outras programacións de interese e impacto
importante como as accións formativas do S.G.I, . Tanto concellos, como asociacións e
diferentes entidades levan realizando ao longo do período de estudo varios cursos específicos
para mulleres, financiados polo Servizo Galego de Igualdade; proxecto Promociona Sistemas
Locais de Igualdade de oportunidades, dentro da iniciativa comunitaria Equal. Os
Proxectos “Lugo sureste” e “Lugo empleo S.A.D.” (Inludes), son dous proxectos que a
Deputación de Lugo e o Inludes puxeron en marcha no noso territorio, a favor das mulleres
desempregadas do medio rural.

 Programas “Muller, porque sí” e “Agromar”


Incluída nesta programación de cursos do plan F.I.P., nos anos 2007 e 2008 atopamos
os plans de formación “Muller, porque sí” e “Agromar”. A Consellería de Traballo mediante
os Centros Colaboradores que estivesen interesados na impartición destas accións formativas,
puxo en marcha no territorio do Pacto dúas accións formativas no ano 2007 e tres no ano 2008.
Dentro do plan de formación “Muller, porque sí” , destinado a mulleres desempregadas
de sectores nos que están subrepresentadas (construción, metal, madeira e transporte
-condutoras), impartíronse no territorio do Pacto dúas accións formativas no ano 2007 e outras
dúas no 2008.
Políticas Activas de Emprego 161

 Táboa 9.148. Especialidades formativas impartidas “Muller, porque sí”. Pacto. 2007 e 2008.

Especialidade Nº horas Concello Alumnas Diplomas


Electricista de edificios 320 Chantada 15 10 (66,67%)
2007
Canteiro 350 Monforte 15 12 (80%)
Electricista de edificios 569 Chantada 15 12 (80%)
2008
Canteiro 369 Monforte 15 8 (53,33%)
Fonte: Elaboración propia. Datos Consellería de Traballo e Benestar

No programa Agromar, creado co obxectivo de proporcionar formación en


especialidades relacionadas con ocupacións que constitúen novos filóns de emprego,
unicamente se realizou un curso no ano 2008 en Monforte: “Monitor de actividades de tempo
libre infantil e xuvenil”, formándose 15 persoas (12 mulleres e 3 homes, xa que no Programa
Agromar tamén podían asistir homes, aínda que a preferencia era para mulleres). Dentro das
especialidades impartidas dáselle prioridade as seguintes materias:
• Atención persoal: Mulleres desempregadas de máis de 45 anos sen formación de tipo
profesional e sen experiencia laboral.
• Sector turístico: Mulleres desempregadas menores de 30 anos que carezan de
formación e experiencia laboral.
• Enerxías alternativas: mulleres desempregadas sen experiencia laboral.

 Táboa 9.149. Especialidades impartidas “Agromar”. Pacto de Lemos. 2008.

Especialidades Nº horas Concello Nº alumnos Diplomas


Monitor de actividades de tempo
2008 294 Monforte 15 10 (66,67%)
libre infantil e xuvenil
Fonte: Elaboración propia. Datos Consellería de Traballo e Benestar

 Cursos Servizo Galego de Promoción da Igualdade e Equal- Promociona


O Servizo Galego de Igualdade, organismo autónomo de carácter administrativo da
Xunta de Galicia, correspóndelle, entre outras funcións, a de facilitar a formación profesional
das mulleres, así como incentivar a súa participación na vida política, económica, cultural,
educativa e social. Vén actuando, de xeito ininterrumpido a través de distintos programas na
consecución destes obxectivos, sendo un deles a formación para mulleres coas
correspondentes liñas de axudas e subvencións de convocatorias anuais, realizadas a través
dos concellos que, de xeito verificable, traballan a prol da igualdade de oportunidades. Para elo
na actualidade é requisito que a entidade local conte cun Plan de igualdade para acceder a
esta programación.
No territorio do Pacto foron moitas as accións formativas realizadas en todo o período en
case tódolos concellos, e moi en especial as canalizadas a través dos Centros de Información á
Muller cunha labor directa e efectiva neste eido. Tres son os C.I.M do territorio, localizados nas
localidades de Chantada, Quiroga e Monforte (de ámbito comarcal). As destinatarias dos
cursos realizados foron mulleres con residencia en Galicia, maiores de idade ou emancipadas,
aínda que nalgúns casos se fixo algunha acción formativa paralela a esta programación
específica para mulleres inmigrantes (FORIN), (tamén financiada polo Servizo Galego de
Igualdade no ano 2003 e relacionada coa hostalaría).
Neste apartado de estudo, imos a analizar os cursos realizados a través destes centros
de información á muller e ós concellos. Para elo, foi solicitada a información correspondente,
que a excepción do C.I.M de Chantada, está aproximada ó 100%; no caso dos concellos
disponse de aproximadamente o 90% do realizado.
Políticas Activas de Emprego 162

Ademais da programación anual do Servizo Galego de Igualdade, tamén incluiremos


neste apartado aquelas accións realizadas ó abeiro do Proxecto Promociona Sistemas
Locais de igualdade de Oportunidades, encadrado dentro da Iniciativa Comunitaria Equal,
na que o Servizo Galego de Igualdade, xunto co Instituto da Muller e Instituto de Migracións e
Servizos Sociais do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, Principado de Asturias e
diferentes Asociacións relacionadas coa muller; puxeron en marcha este proxecto. No caso do
territorio do Pacto, dúas foron as localidades de actuación: Chantada e Monforte. Varias foron
as actuacións realizadas durante os anos 2003 e 2004, pero neste estudo soamente
abarcaremos o tocante ás accións de formación e recualificación, realizadas en base ao
equilibrio de xénero nos sectores produtivos, co obxectivo de integrar a perspectiva de xénero
nos sistemas locais de emprego.
Tamén se inclúe neste apartado, algunha acción formativa financiada no ano 2003 desde
o Instituto da Muller: “Funcións administrativas e informatizadas”.
Nas táboas seguintes recóllense os cursos que superan unha duración de 15 horas, non
incluíndo aquelas accións e xornadas formativas de menos horas (aínda que foron bastantes)
organizadas desde os tres Centros de información a muller: “Achegate a internet”, “Nutrición e
dietética”, “Primeiros auxilios”, “Escola de pais”, entre outras.

 Táboa 9.150. Relación de cursos do Servizo Galego de Igualdade e Equal Promociona. Pacto de Lemos
(2000-08).
Cursos S.G.I.-Equal. Pacto de Lemos. 2000-2008
Ano Cursos Concello Horas Subv. Alumnas Dipl.
2000 Aplicacións Informáticas de xestión Saviñao, O 200 12555,89 14 14
2000 Elaborador conversas vexetais Sober 100 6593,48 15 15
2000 2 300 19149,37 29 29
2001 Curso de Manualidades Ribas de Sil 60 1202,02 15
2001 Auxiliar de axuda a domicilio Saviñao, O 200 11113,47 15
2001 Técnicas busca de emprego, orientación laboral, Chantada 15
2001 3 260 12315,49 45 0
2002 Empresaria e Xestión Informática (2) Monforte de Lemos 30 SGI 53 31
2002 Maquinista Peletería Monforte de Lemos 200 11077,4 14 11
2002 Curso de Manualidades Ribas de Sil 54 1200 15
2002 4 284 12277,4 82 42
2003 Ofimática-SGI (Activos) Bóveda 90 4387,5 14 12
2003 Iniciación camareira de Pisos I Monforte de Lemos 20 Equal-SGI 21 20
2003 Funcións Administrativas Informatizadas Monforte de Lemos 250 Nova-Inst. da Muller 23 20
2003 Hostalería: Técnicas de servizo restaurante-bar Monforte de Lemos 40 FORÍN-SGI 17 12
2003 Iniciación no ámbito xeriátrico I Monforte de Lemos 20 Equal-SGI 20 19
2003 Curso de Manualidades Ribas de Sil 128 1300 15
2003 Iniciación a rede Internet Saviñao, O 60 4091,93 14 14
2003 Coidado de persoas anciáns:ocio terceira idade Chantada 15
2003 8 608 9779,43 139 97
2004 Camareira de Pisos II Monforte de Lemos 20 Equal-SGI 23 21
2004 Xeriatría II Monforte de Lemos 20 Equal-SGI 23 20
2004 Habilidades Sociais Monforte de Lemos 30 Equal-SGI 18 15
2004 Informática Básica e Introd. A Internet Monforte de Lemos 40 Equal-SGI 17 15
2004 Curso de Manualidades Ribas de Sil 122 750 20
2004 Elaborador conversas vexetais Sober 210 14787 12 12
2004 Axuda a domicilio persoas dependentes Chantada 15
2004 7 442 15537 128 83
2005 Iniciación a rede Internet Monforte de Lemos 75 SGI 18 10
2005 Internet Quiroga 75 SGI 12
2005 Curso de Manualidades Ribas de Sil 24 1000 11
2005 3 174 1000 41 10
2006 Atención a persoas dependentes Monforte de Lemos 40 SGI 16 13
2006 Florista (Activos) Sober 40 2238 15 15
2006 2 80 2238 31 28
Políticas Activas de Emprego 163

2008 Creación e xestión de microempresas" Ribas de Sil 150 6799 14 12


2008 Atención a persoas dependentes Quiroga 200 11
2008 2 350 6799 25 12
Total 31 2498 79095,69 520 301
Fonte: Elaboración propia. Datos Concellos do Pacto e Centros de Información á Muller

Coa información dispoñible, a excepción do ano 2007, tódolos anos se celebraron


diferentes accións formativas e foi o ano 2003 o de maior número de cursos, con 8 accións
realizadas no territorio (4 en Monforte, 1 en Bóveda, 1 Saviñao, 1 Ribas do Sil e 1 en
Chantada). No total do período, realizáronse más de trinta cursos específicos para o colectivo
muller, con máis de 500 participantes.
Ao tratarse de cursos non moi longos de duración (media de 89,21 horas/curso), e de
gran interese polas participantes, teñen unha alta porcentaxe de alumnas con diploma
(83,38%).
Se relacionamos os datos de orzamento co número de horas impartidas, obtemos un
custe/hora de 48,29€. Se o relacionamos co número de cursos, obtense unha media de
5649,69€/curso. E cos datos dispoñibles de número de diplomas, obtemos un resultado de
625,19€/diploma.

Na seguinte táboa 9.151 agrúpanse estes cursos realizados no Pacto de Lemos nas
correspondentes familias profesionais para o seu estudo evolutivo.

 Táboa 9.151. Evolución Cursos S.G.I.-Equal. Agrupados por Familia Profesional. Pacto de Lemos. (2000-08)

Cursos S.G.I. Pacto de Lemos. 2000-2008


F.P. 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total % Alumnos %

Administración e Xestión 1 2 1 1 5 16,13% 104 20,00%


Agraria 0 1 1 3,23% 15 2,88%
Artes e Artesanías 0 1 1 1 1 1 5 16,13% 76 14,62%
Hostalería e Turismo 0 2 1 3 9,68% 61 11,73%
Informática e Comunicacións 0 2 1 2 5 16,13% 75 14,42%
Industrias Alimentarias 1 1 2 6,45% 27 5,19%
Sanidade 0 1 1 3,23% 23 4,42%
Servizos á Comunidade 0 2 2 2 1 1 8 25,81% 125 24,04%
Téxtil, Confección e Pel 0 1 1 3,23% 14 2,69%
Total 2 3 4 8 7 3 2 0 2 31 100% 520 100%
Fonte: Elaboración propia. Datos Concellos do Pacto e Centros de Información á Muller

A familia profesional con máis cursos realizados foi a de “Servizos á comunidade”, cun
total de 8 cursos no período e 125 alumnas (24% das alumnas totais) que realizaron cursos
relacionados con esta familia.

Nas seguintes táboas amósase a análise das alumnas en canto á idade, nivel académico
e tempo en desemprego antes de incorporarse ao curso, tanto en valores absolutos como en
valores porcentuais.

 Táboa 9.152. Clasificación por tramos de idade das alumnas cursos S.G.I./Equal. Pacto. Total 2000-08.
Alumnas Cursos S.G.I./Equal segundo idade. Pacto de Lemos. Total 00-08
Políticas Activas de Emprego 164

Familia Profesional 16-24 % 25-29 % 30-44 % 45-54 % 55-65 % Total


Administración e Xestión 13 16% 17 21% 31 39% 13 16% 5 6% 79 100%
Agraria 0 0% 1 6% 5 32% 5 32% 4 25% 15 100%
Hostalería e Turismo 5 12% 17 39% 17 39% 2 5% 2 5% 43 100%
Informática e Comunicacións 12 19% 6 9% 35 54% 9 14% 2 3% 64 100%
Industrias Alimentarias 0 0% 3 11% 10 36% 8 29% 6 22% 27 100%
Sanidade 0 0% 3 15% 12 57% 5 24% 0 0% 20 100%
Servizos á Comunidade 8 7% 14 13% 62 57% 23 21% 2 0,02% 109 100%
Téxtil, Confección e Pel 0 0% 1 7% 9 60% 2 14% 2 14% 14 100%
Total 2000-08 36 11% 59 18% 166 49% 55 16% 21 6% 371 100%
Fonte: Elaboración propia. Datos Concellos do Pacto e Centros de Información á Muller

Nesta clasificación por idades, e con datos dispoñibles ao 71% do total, obsérvase que
o peso das alumnas está no tramo de idade entre 30-44 anos, cunha participación do 49%; as
de menor participación son as maiores de 55 anos (6%), tendo unha importante presenza este
colectivo entre as alumnas da “Agraria” (o 25% eran maiores de 55) e de “Industrias
alimentarias” ( 22%).

 Táboa 9.153. Clasificación porcentual alumnas cursos S.G.I-Equal segundo idade. Pacto. Total 2000-2008.
Distribución porcentual Alumnas Cursos S.G.I./Equal segundo idade. Pacto de Lemos.
Familia Profesional 16-24 25-29 30-44 45-54 55-65 Total
Administración e Xestión 34,21% 27,42% 17,13% 19,40% 21,74% 21,29%
Agraria 0,00% 1,61% 2,76% 7,46% 17,39% 4,04%
Hostalería e Turismo 13,16% 27,42% 9,39% 2,99% 8,70% 11,59%
Informática e Comunicacións 31,58% 9,68% 19,34% 13,43% 8,70% 17,25%
Industrias Alimentarias 0,00% 4,84% 5,52% 11,94% 26,09% 7,28%
Sanidade 0,00% 4,84% 6,63% 7,46% 0,00% 5,39%
Servizos á Comunidade 21,05% 22,58% 34,25% 34,33% 8,70% 29,38%
Téxtil, Confección e Pel 0,00% 1,61% 4,97% 2,99% 8,70% 3,77%
Total 2000-08 100% 100% 100% 100% 100% 100%
Fonte: Elaboración propia. Datos Concellos do Pacto e Centros de Información á Muller

Segundo a clasificación por familias profesionais, nas menores de 25 anos máis do 65%
decidiron realizar cursos das familias: “Administración e xestión” e “Informática e
comunicacións”. Non houbo ningunha menor de 25 anos en “Agraria”, “Industrias alimentarias”,
“Sanidade” e “Téxtil, confección e pel”.
O colectivo de mulleres maiores de 55 anos, tivo maior presenza nos cursos
relacionados con “Industrias alimentarias” (26% do total das participantes destas idades
escolleron esta alternativa), seguido de “Administración e xestión” (22%). En cambio en
“Sanidade”, non houbo ningunha maior de 55.
 Táboa 9.154. Clasificación segundo nivel académico alumnas cursos S.G.I./Equal. Pacto. Total 2000-08
Alumnas Cursos S.G.I./Equal segundo nivel académico. Pacto de Lemos. Total 00-08
S.E/ F.P. F.P. Tit.Univ Tit.Univ.
Familia Profesional % EXB/ESO % Bacher. % % % % % Total
E.B. G.M G.S Medio Super.
Admón. e Xestión 4 8% 14 29% 7 14% 6 12% 9 19% 6 12% 2 4% 48
Agraria 1 7% 13 86% 1 6% 0 0% 0 0% 0 0% 0 0% 15
Hostalería e Turismo 3 8% 23 57% 4 10% 4 10% 1 2% 2 5% 3 7% 40
Informát. e Comunic. 9 38% 6 25% 6 24% 1 4% 1 4% 1 4% 0 0% 24
Indust. Alimentarias 2 8% 19 76% 2 8% 1 4% 1 4% 0 0% 0 0% 25
Sanidade 4 20% 5 25% 2 10% 3 15% 3 14% 2 10% 1 5% 20
Serv. á Comunidade 3 5% 31 50% 8 13% 9 14% 5 8% 5 8% 1 2% 62
Téxtil, Confec. e Pel 0 0% 9 64% 3 20% 1 7% 1 7% 0 0% 0 0% 14
Total 2000-08 26 10% 120 48% 33 13% 25 10% 21 8% 16 6% 7 3% 248
Fonte: Elaboración propia. Datos Concellos do Pacto e Centros de Información á Muller

Cos datos dispoñibles, aproximadamente do 50% do total en canto ao nivel académico


das alumnas, un 48% tiña un nivel académico de EXB/ESO, seguido das de bacharelato (13%);
as de menor participación foron as de titulación universitaria superior (3%), non habendo
Políticas Activas de Emprego 165

ningunha alumna con este nivel académico nas familias “Agraria”, “Informática”, “Industrias
alimentarias”, nin en “Téxtil, confección e pel”.

Na familia profesional da “Agraria”, tódalas alumnas tiñan EXB/ESO, a excepción de


unha con bacharelato e unha sen estudos.

En “Administración e finanzas” é onde se engloba a maior porcentaxe de alumnas con


titulacións universitarias (medias e superiores) (16%), e de Formación profesional Grao
superior (19%).
A familia profesional “Sanidade” é a de maior porcentaxe de alumnas con Formación
profesional Grao medio (15%).

 Táboa 9.155. Clasificación porcentual alumnas cursos S.G.I./Equal, segundo nivel académico. Pacto de
Lemos. Total 2000-2008.

Distribución porcentual Alumnas Cursos S.G.I./Equal segundo nivel académico. Pacto de Lemos.
Tit.Univ.
Familia Profesional S.E./ E.B. EXB/ESO Bach. F.P. G.M. F.P. G.S. Tit.Univ.Medio Total
Sup.
Administración e Xestión 15,38% 11,67% 21,21% 24,00% 42,86% 37,50% 28,57% 19,35%
Agraria 3,85% 10,83% 3,03% 0,00% 0,00% 0,00% 0,00% 6,05%
Hostalería e Turismo 11,54% 19,17% 12,12% 16,00% 4,76% 12,50% 42,86% 16,13%
Informática e
Comunicacións
34,62% 5,00% 18,18% 4,00% 4,76% 6,25% 0,00% 9,68%
Industrias Alimentarias 7,69% 15,83% 6,06% 4,00% 4,76% 0,00% 0,00% 10,08%
Sanidade 15,38% 4,17% 6,06% 12,00% 14,29% 12,50% 14,29% 8,06%
Servizos á Comunidade 11,54% 25,83% 24,24% 36,00% 23,81% 31,25% 14,29% 25,00%
Téxtil, Confección e Pel 0,00% 7,50% 9,09% 4,00% 4,76% 0,00% 0,00% 5,65%
Total 2000-08 100% 100% 100% 100% 100% 100% 100% 100%
Fonte: Elaboración propia. Datos Concellos do Pacto e Centros de Información á Muller

Do total de alumnas que realizaron esta formación e que non tiñan estudos(ou
primarios), escolleron un 34,62% os cursos da familia profesional “Informática e
comunicacións”, non habendo ningunha con esta titulación en “Téxtil, confección e pel”.
A porcentaxe máis alta de alumnas co nivel académico de EXB/ESO está nas que
escolleron “Servizos á comunidade” (25,83%), e onde menos participaron do total de alumnas
con esta titulación foi en “Sanidade” (4,17%)
Do total de alumnas con bacharelato, o 24,24% realizaron cursos da familia “Servizos a
comunidade” e onde menos participaron foi en “Agraria”.
A porcentaxe máis alta das que tiñan titulación de F.P. Grao medio está nas que
realizaron cursos “Servizos á comunidade” (24,24%). O colectivo de F.P. Grao superior
atopámolo en “Administración e xestión” (42,86%). Con titulacións universitarias medias tamén
a maior porcentaxe está entre a familia de “Administración” (37,5%). Na familia de “Hostalería e
turismo” (42,86% do total de alumnas tiña titulacións universitarias superiores).

 Táboa 9.156. Clasificación segundo tempo en desemprego das alumnas cursos S.G.I./Equal. Pacto de Lemos.
Total período 2000-08.
Alumnas Cursos S.G.I. segundo tempo en desemprego. Pacto de Lemos. Total 00-08
Políticas Activas de Emprego 166

<3 3-6 6-12 12-24 >24


Familia Profesional % % % % % Total
m. m. m. m. m.
Administración e Xestión 12 25% 5 10% 10 21% 12 25% 9 19% 48
Hostalería e Turismo 6 30% 5 25% 0 0% 7 35% 2 10% 20
Informática e Comunicacións 13 52% 5 20% 6 24% 0 0% 1 4% 25
Industrias Alimentarias 7 28% 3 12% 9 36% 3 12% 3 12% 25
Servizos á Comunidade 23 37% 15 24% 11 18% 8 13% 5 8% 62
Téxtil, Confección e Pel 2 17% 3 25% 3 25% 1 8% 3 25% 12
Total 2000-08 63 33% 36 19% 39 20% 31 16% 23 12% 192
Fonte: Elaboración propia. Datos Concellos do Pacto e Centros de Información á Muller

Cos datos dispoñibles do 37% do total de alumnas, en canto ao tempo en desemprego


que tiñan antes de inicialos cursos, a maior porcentaxe está entre as que tiñan unha
antigüidade menor de 3 meses (33%) e a menor participación corresponde ás alumnas cunha
antigüidade superior a 24 meses (12%).
Se analizamos cada familia individualmente, amósase que a familia “Téxtil, confección e
pel” é a de alumnas con maior antigüidade como desempregadas, o 75% do total de alumnas
que realizaron estes cursos tiñan máis de 3 meses e un 25% máis de dous anos de
antigüidade.
Nos cursos englobados na Familia profesional “Informática”, as alumnas eran as de
menor antigüidade de desempregadas, soamente un 4% levaban inscritas como demandantes
de emprego máis de dous anos, un 52% menos de 3 meses e un 20% entre 3 e 6 meses.

 Táboa 9.157. Clasificación porcentual alumnas cursos S.G.I./Equal, segundo tempo en desemprego. Pacto de
Lemos. Total 2000-2008.
Distribución porcentual Alumnas Cursos S.G.I. segundo tempo en desemprego. Pacto de Lemos.
Familia Profesional <3 m. 3-6 m. 6-12 m. 12-24 m. >24 m. Total
Administración e Xestión 19,05% 13,89% 25,64% 38,71% 39,13% 25,00%
Hostalería e Turismo 9,52% 13,89% 0,00% 22,58% 8,70% 10,42%
Informática e Comunicacións 20,63% 13,89% 15,38% 0,00% 4,35% 13,02%
Industrias Alimentarias 11,11% 8,33% 23,08% 9,68% 13,04% 13,02%
Servizos á Comunidade 36,51% 41,67% 28,21% 25,81% 21,74% 32,29%
Téxtil, Confección e Pel 3,17% 8,33% 7,69% 3,23% 13,04% 6,25%
Total 2000-08 100% 100% 100% 100% 100% 100%
Fonte: Elaboración propia. Datos Concellos do Pacto e Centros de Información á Muller

Por outra banda, se analizamos no conxunto de alumnas as que tiñan unha antigüidade
como desempregadas inferior a 3 meses, o 36,51% realizaron cursos da familia “Servizos á
comunidade”, e soamente un 3,17% deste colectivo realizou accións da F.P. “Téxtil”.
Nas alumnas paradas de moi longa duración (>24 meses) a porcentaxe máis elevada
(39,13%) está nas que realizaron cursos de “Administración e xestión”, e soamente o 4,35%
optou por “Informática e comunicacións”.

 Proxectos “Lugo sureste” e “Lugo empleo S.A.D.”


Son organizados polo Instituto Lucense de Desenvolvemento da Deputación de Lugo e
enmarcados na Subvención Global do F.S.E., previsto no programa Operativo PO 2000 RD
051POO17 (Obxectivo 1). Puxéronse en marcha nos anos 2004 e 2005, beneficiándose un
total, entre os dous programas de 234 mulleres, realizáronse 18 accións formativas diferentes,
recibindo formación, asesoramento e acompañamento á inserción laboral dos colectivos que
más o necesitan: mulleres desempregadas, vítimas da violencia doméstica, familias
monoparentais ou inmigrantes, entre outros.
A información sobre estes proxectos foi proporcionada polo Inludes – Deputación de
Lugo e os Concellos do Pacto.
 Lugosureste
Datas de realización: 09/03/2004 a 12/11/2005.
Políticas Activas de Emprego 167

Pacto Provincia
Orzamento 733356,03 1227406,41
Beneficiarios 153 245
Fonte: Elaboración propia. Datos Inludes

O territorio do Pacto absorbe o 95,68% do total do orzamento provincial destinado a este


proxecto, ao ser un programa deseñado para este territorio en concreto. O
orzamento/beneficiario no Pacto ascende a 4793,18 € e na provincia a 5009,82€/beneficiario.
As actuacións do Proxecto levadas adiante no territorio do Pacto consistiron en
proporcionarlle ás participantes formación para adquirir unha capacitación profesional básica.
Posteriormente, realizáronse 400 horas prácticas laborais en empresas, continuouse o itinerario
cunha formación máis especializada e por último, realizouse un curso de creación de empresas
como apoio á función xerencial na posta en marcha de proxectos empresariais.
A continuación, detállanse os cursos realizados coa súa correspondente análise do
alumnado, ao igual que todos os plans de formación identificados neste traballo. Agrupamos as
diferentes especialidades impartidas nas familias profesionais do catálogo de formación
ocupacional.
 Táboa 9.158. Relación de cursos realizados proxecto Lugosureste, agrupados en Familias profesionais. Pacto
de Lemos. 2004-2006.
Familia Profesional: Servizos Socioculturais e a Comunidade
Ano Especialidade Cursos Horas Homes Mulleres <25 25-54 >54
Auxiliar axuda a 3560
2004 8 1 94 8 86 1
domicilio (445 hr/curso)
Familia Profesional: Sanidade
Ano Especialidade Nº Cursos Horas Homes Mulleres <25 25-54 >54
2005 Alzheimer 1 250 0 14 2 12 0
400
2005 Xeriatría 2 0 29 8 21 0
(200 hr/curso)
Familia Profesional: Administración e Xestión
Especialidade Nº Cursos Horas Homes Mulleres <25 25-54 >54
2005 Creación de empresas 1 50 0 15 1 14 0
Fonte: Elaboración propia. Datos Inludes. Concellos do Pacto de Lemos

 Táboa 9.159. Tempo en desemprego das alumnas antes de incorporarse ao programa


Alumnas Programa Lugosureste segundo tempo en desemprego antes de incorporarse ao programa
Ano <3 Meses 3-6 Meses 6-12 Meses 12-24 Meses >24 Meses
2004 0 0 48 21 26
2005 0 0 29 14 15
Total 0 0 77 35 41
Fonte: Elaboración propia. Datos Inludes. Concellos do Pacto de Lemos

 Táboa 9.160. Clasficación nº alumnas segundo Nivel académico. Pacto de Lemos. 04-05.
Alumnas Programa Lugosureste segundo nivel académico
Sen F.P.Superior- Titul.Univ. Titul.Univ.
Ano EXB/ESO F.P.G.Medio
Estudos Bacharelato Media Superior
2004 10 45 15 22 3 0
2005 5 26 7 17 3 0
Total 15 71 22 39 6 0
Fonte: Elaboración propia. Datos Inludes. Concellos do Pacto de Lemos

Das 153 persoas participantes nos cursos, 95 obtiveron tamén orientación laboral, 86
continuaron cun itinerario persoal de inserción laboral e 86 con prácticas en empresas, das
cales 34 mulleres lograron a inserción laboral por conta allea e unha con autoemprego.

 Lugosad
Datas de realización: 23/11/2005 A 30/12/2008
Políticas Activas de Emprego 168

As accións formativas do Proxecto levadas adiante no territorio do Pacto foron as


seguintes:
 Táboa 9.161. Relación de cursos realizados proxecto Lugosad, agrupados en Familias profesionais. Pacto de
Lemos. 2006-2008.
Familia Profesional: Servizos Socioculturais e a Comunidade
Ano Especialidade Cursos Horas Homes Mulleres <25 25-54 >54
1575
2006 Auxiliar axuda a domicilio 3 0 35 4 29 2
(525hr/curso)
1000
2008 Auxiliar axuda a domicilio 2 0 27 0 25 2
(500 hr/curso)
Total 5 2575 hrs. 0 62 4 54 4
Familia Profesional: Sanidade
Ano Especialidade Nº Cursos Horas Homes Mulleres <25 25-54 >54
2007 Alzheimer 1 250 0 7 2 5 0
500
2007 Xeriatría 2 0 12 1 11 0
(250 hr/curso)
TOTA
3 750 hrs. 0 19 3 16 0
L
Fonte: Elaboración propia. Datos Inludes. Concellos do Pacto de Lemos

 Táboa 9.162. Tempo en desemprego das alumnas antes de incorporarse ao programa Lugosad. Pacto de
Lemos. 2006-2008.

Alumnas Programa Lugosad segundo tempo en desemprego antes de incorporarse ao programa


Ano <3 Meses 3-6 Meses 6-12 Meses 12-24 Meses >24 Meses
2006 0 14 14 4 3
2007 3 0 1 11 4
2008 0 0 0 17 10
Total 3 14 15 32 17
Fonte: Elaboración propia. Datos Inludes. Concellos do Pacto de Lemos

 Táboa 9.163. Clasificación nº alumnas segundo Nivel académico cursos Lugosad. Pacto de Lemos. 2006-08.
Alumnas Programa Lugosad segundo nivel académico
Sen F.P.Superior- Titul.Univers. Titul.Universi
Ano EXB/ESO F.P.G.Medio
Estudos Bacharelato Media .Superior
2006 0 20 3 11 1 0
2007 2 12 3 2 0 0
2008 13 13 0 1 0 0
Total 15 45 6 14 1 0
Fonte: Elaboración propia. Datos Inludes. Concellos do Pacto de Lemos

Unha vez finalizado o período formativo, as 81 mulleres participantes, continuaron cun


programa de orientación laboral persoal, 70 continuaron cos itinerarios de inserción laboral e 70
realizaron prácticas en empresas. Finalmente, 33 mulleres inseríronse laboralmente por conta
allea e 5 crearon o seu propio negocio.

9.5. Resumo e síntese.

 Recursos humanos e técnicos


• Existen dúas Oficinas de Emprego no Pacto de Lemos; unha na área funcional de
Monforte de Lemos que dá cobertura aos seis concellos de Terra de Lemos máis aos
tres da comarca de Quiroga, e outra na área funcional de Chantada que dá cobertura,
Políticas Activas de Emprego 169

ademais dos tres concellos da comarca, a tres da Úlloa (Antas de Úlla, Monterroso e
Palas de Rei). Ao establecer o rateo entre oficina e poboación activa, e entre oficina e
poboación desempregada observamos que a cobertura é maior no Pacto que na
provincia ou na comunidade.

• A ubicuidade das dúas oficinas de emprego permite un bo acceso aos desempregados


da bisbarra, agás aos das zonas montañosas máis afastadas na comarca de Quiroga.
A posta en funcionamento dos oito Puntos de Información Multimedia veñen a
solucionar, en parte, estas dificultades, logrando maior eficacia e dinamismo nos
servizos ofertados. Ao establecer un rateo P.I.M. coa poboación desempregada, o
Pacto e Lugo amosa mellor cobertura cá comunidade.

• En canto ós Puntos de Información, saliéntanse certos inconvenientes de


funcionamento en relación á lentitude e certas dificultades á hora de recoñecer a
pegada dixital. Ao mesmo tempo que este sistema fai máis doado a renovación da
demanda, tamén provoca unha distancia entre o desempregado e o persoal técnico
das oficinas o que leva a unha menor implicación na procura activa de emprego .

• No territorio do Pacto non existe ningún centro asociado ao Servizo Público de


Emprego en captación de ofertas. Actualmente existen cinco entidades colaboradoras
do SPEG en materia de orientación e información laboral. Estas entidades
colaboradoras están a traballar no territorio do Pacto dende o ano 1998, variando ao
longo do período. Hoxe en día son tres concellos (Sober, Quiroga e Ribas de Sil), o
sindicato UXT e a Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Monforte.

• En canto á cobertura da rede de Orientadores Laborais, existen 9 no Pacto; 7 na área


funcional de Monforte-Quiroga, cun rateo de 301desempregados por orientador; e 2
orientadores en Chantada nas oficinas de emprego, cun rateo de 306
desempregados/orientador. Das 1.440 entrevistas de orientación realizadas no Pacto,
o 92% foron realizadas a maiores de 25 anos e o 57% a mulleres. Case o 50% foron
realizadas a residentes no concello de Monforte de Lemos, seguido de Chantada
(11%), O Saviñao (8%) e Quiroga (8%). En Monforte foi onde máis porcentaxe de
mulleres foron orientadas (53%), seguido de Chantada (10%) e Quiroga (8%). Tamén
en Monforte foi onde máis porcentaxe de menores de 25 anos foron orientados (51%),
seguido de Quiroga (12%) e Chantada (10%).

• No que atinxe aos Itinerarios Personalizados de Inserción, dende o ano 2007


realizáronse 94, sendo o 91% de maiores de 25 anos e o 74% de mulleres. O 62% dos
I.P.I.s foron feitos a residentes da comarca de Terra de Lemos, seguido da comarca de
Chantada (21%) e Quiroga (17%). Se lembramos a porcentaxe media de parados no
período: 62% Terra de Lemos, 26% Chantada e 12% Quiroga, a Terra de Lemos
atópase equilibrada en relación aos IPIs feitos mentres que a Chantada
corresponderíanlle +5% dos IPIs e a Quiroga -5% .

• Cos IPIs establécese a oportunidade de achegar as políticas activas de emprego a


aqueles colectivos en risco de exclusión, e polo tanto, supoñen unha optimización dos
recursos existentes. Se ben moitos dos desempregados poden sentirse máis atraídos
pola bolsa económica que pola formación per se. Tamén a priorización que teñen para
Políticas Activas de Emprego 170

participar nas políticas activas de emprego xunto coa vantaxe económica pode ter un
efecto chamada para os desempregados que desvirtúe os seus obxectivos.

• No Pacto de Lemos cóntase con Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local


dende o ano 1998. No caso do Pacto, este recurso só foi utilizado polas entidades
locais, quen no ano 2008 contaba cun axente por concello, agás Bóveda e O Saviñao.
Establecendo unha comparanza entre os tres eidos da análise, a variación deste
recurso dende o 2000, foi decrecente no territorio do Pacto, onde diminuíu nun -23%,
fronte ao crecemento do +9% na provincia e o +22% na comunidade. Por outra banda,
establecendo a comparanza entre este recurso e a conxuntura económica, vemos que
non existe unha correlación, xa que nos momento de maior crecemento do paro é
cando máis diminúe o recurso (ano 2004); ou pola contra cando mellora a conxuntura,
aumenta o recurso (2006). Do mesmo xeito, a súa contratación depende das
subvencións e as súas funcións non sempre se desenvolven no eido do emprego.
Ao establecer un rateo entre o número de axentes de emprego e a poboación
desempregada para o ano 2008, no Pacto é de 272 parados/técnico vs 152 Lugo vs
303 Galicia. Ao establecelo coa poboación activa, Lugo sae de novo cunha mellor
cobertura: Pacto 3.142 persoas/técnico vs 2.170 Lugo vs 3.438 Galicia.
En relación á contía das subvencións para este recurso por entidade, a evolución
2006-08 é crecente nos tres eidos. A contía da subvención no Pacto foi no ano 2006 de
16.355€/ADL de media; de 18.148€/ADL de media no 2007 e de 17.998€/ADL de
media no 2008.
Cómpre salientar que, ás veces, as entidades locais subtraen este recurso das
súas tarefas fundamentais no eido do emprego para asignarlles outras obrigas que
dean cobertura as necesidades municipais de orde diversa.

• A contratación tanto dos orientadores coma dos ADLs está suxeita ás concesións de
subvencións. No caso dos orientadores, da súa contía depende a duración do contrato;
e aínda que no caso dos ADLs a duración é sempre dun ano, ámbolos dous técnicos
teñen unhas condicións de traballo caracterizadas pola temporalidade e, ás veces,
descontinuidade de técnicos que afectan ao seguimento e bo facer da súas tarefas. Por
iso, nalgúns casos, prodúcense períodos de inactividade, que ás veces son
coincidentes coa posta en marcha de certas políticas activas, co cal a poboación
usuaria pode quedar desatendida nos momentos máis cruciais. Tamén esta
descontinuidade pode provocar importantes diferenzas de axenda e carga de traballo
entre os orientadores.

Síntese:
Detéctase unha falla de sinerxía entre os recursos existentes no territorio, que tendo en
conta que os rateos analizados nos din que a cobertura destes recursos é bastante boa en
comparanza cos outros dous ámbitos territoriais, con pouca coordinación entre os técnicos en
materia de emprego, o que pode supoñer certos problemas de desaproveitamento destes
recursos. Por un lado, os orientadores dependen da Dirección Xeral de Formación e
Colocación, mentres que os ADLs dependen da Dirección Xeral de Promoción do Emprego;
quizais este feito teña relación con esta falla de coordinación detectada, tanto entre eles coma
entre eles e as oficinas de emprego; unha falla de ferramentas de traballo en común.
Por todo elo, vese imprescindible unha mellora na xestión conxunta e organizada de
tódolos axentes implicados no eido do emprego: Axentes de Emprego, Orientadores Laborais,
Oficinas de Emprego e Unidades de Promoción e Desenvolvemento, así como unha mellora na
Políticas Activas de Emprego 171

difusión e información a poboación do territorio, sobre os servizos e tarefas que presta cada
recurso.

 Programas de Cooperación
• Os programas de cooperación poden levarse a cabo, segundo as ordes que os regulan,
coa Administración Local, con organismos da Administración pública distinta da local,
con universidades e calquera entidade sen ánimo de lucro. No caso do Pacto de
Lemos, estes proxectos leváronse a cabo con todos os concellos e con algunhas
entidades sen ánimo de lucro.

• Respecto aos Programas de Cooperación coas entidades locais, contratáronse


desempregados para a realización de obras e servizos de interese social (incluído
tamén o Programa Labora); contratáronse empresas de economía social e iniciativas
locais de emprego para prestación de servizos públicos; e empresas para o fomento
do desenvolvemento local.

• No relativo á contratación de desempregados para a realización de obras e servizos de


interese social, as partidas nas que se investiron máis recursos foron no período 2000-
08, as de grupos municipais de intervención rápida (Gmir o 33%), obras municipais
(23%), mantemento de zonas verdes (15%), xestión medioambiental (9% dende o ano
2006 soamente), turismo (8%). Pola contra, as partidas con inferiores orzamentos
foron: deportes (1%), apoio aos servizos administrativos (2%), axuda ao fogar (5%),
cultura (5%).
Neste período, segundo a información dispoñible, contratáronse máis de 600
desempregados para a realización destas obras e servizos, dos cales o 62% foron
homes e o 38% mulleres. Aínda que non temos os datos de certos concellos,
estimamos que esta cantidade de contratación puido aumentarse ata os 700 e 800
traballadores no total período. Mantense unha forte proporción de homes nos
programas relacionados coa edificación (91% obras e 63% mantemento zonas verdes),
Gmir (64%) e recuperación medioambiental (63%); e pola contra, unha maior
presenza feminina nas partidas de: apoio aos servizos administrativos (100% mulleres),
axuda a domicilio (100% mulleres), cultura (78% mulleres). No que atinxe á variable
idade, case 7 de cada 10 traballadores atopábanse no treito 30-54 anos, sendo
salientable a relación entre os máis mozos e o Gmir, e os máis vellos e as obras
municipais. En canto ó nivel académico, o 70% dos traballadores ou non tiñan estudos
(11%) ou tiñan título de EXB/ESO (59%).
A contía media de subvención por traballador no ano 2008 ascendeu a
17.703€/traballador.
Foi un programa utilizado por tódolos concellos do Pacto.

• Ao abeiro do Programa Labora: xuventude con experiencia, destinado aos


desempregados menores de 30 anos, desenvolvido dende o 2002 ata o 2005,
recibíronse no Pacto (agás Bóveda e Chantada sen información) 2.497.380€. A maior
contía foi dedicada á partida de “apoio á xestión municipal” (28%), seguida da “xestión
medioambiental e zonas verdes” (15%), “revalorización de espazos públicos
urbanos”(14%), “cultura”(14%) e “servizos sociais”(12%). As partidas de
“desenvolvemento empresarial”(6%) e a de “promoción turística”(6%) foron as de
inferior asignación.
Políticas Activas de Emprego 172

Neste programa contratáronse 243 persoas, sendo o 73% mulleres e o 27%


homes. Contando cos concellos dos que non temos información, podemos estimar que
se puido chegar ó redor de 300 persoas. De novo, nas partidas relacionadas coa
edificación, a porcentaxe de homes ascende ata o 65% ao tempo que na de servizos
sociais, a porcentaxe de mulleres ascende ata o 90%. En canto á idade, algo máis da
metade atopábanse entre 25-30 anos (55%) e o resto (45%), entre 16-25. No que
atinxe ó nivel académico dos contratados, o 22% carecen de estudos ou posúen os
primarios; o 18% bacharelato ou FP C.M., o 29% con FP C.S. ou COU e o 32% con
titulación universitaria media ou superior.
Podemos observar como as maiores partidas asignáronse ás melloras das
carencias estruturais dos concellos (57% do orzamento), perdendo unha boa
oportunidade de darlle un verdadeiro pulo empresarial (só un 6% do presuposto) a un
colectivo novo e de maior cualificación en comparanza coa maioría dos programas de
cooperación.
O rateo medio de subvención por traballador foi de 9.488€/traballador ano.
En tódolos concellos do Pacto se realizaron contratacións de mozos ó abeiro
deste programa.

• Respecto aos Programas de Cooperación con Empresas de Economía Social ou


de iniciativas de emprego, ao longo do período 2000-2004 no Pacto de Lemos,
recibiuse 309.793€ aproximadamente, entre seis concellos que utilizaron esta
alternativa dos Programas de Cooperación. De novo, as partidas nas que se investiu
máis foron as relacionadas con obras para os concellos (35% nas de “revalorización
espazos públicos”, “protección medioambiental” e “acondicionamento de instalacións
municipais”), seguido de servizos á comunidade (32% “axuda ao fogar”, “atención
persoas con discapacidades”, “apoio a fogares monoparentais”) e as actividades
relacionadas co turismo (18% “rutas naturais e culturais” e “xestión de actividades
turísticas”).
No período 2000-04, as entidades locais contrataron 24 empresas; aportando
cada unha delas 3 traballadores provenientes das listaxes do desemprego, o que fai un
total de 72 persoas contratadas ao abeiro deste programa. O 38% das persoas
contratadas, foron para as partidas relacionadas coas obras municipais (27 persoas),
o 33% para servizos á comunidade (24 persoas) e un 17% para as relacionadas coas
actividades de turismo (12 persoas); mentres que só unha empresa no ano 2004 foi
contratada para a promoción das novas tecnoloxías no rural (3 persoas).
Cómpre subliñar que a meirande parte das empresas contratadas foron
autónomos de moi recente constitución e encamiñadas á vantaxe que supoñía o
programa de cooperación; só unha ínfima porcentaxe delas sobreviviron á finalización
da relación contractual cos concellos.
A media de subvención por traballador no período 2000-04 foi de 4.303€,
incrementándose no 2003 ata 5.655€/traballador.

• Respecto ao fomento do desenvolvemento local, dende o 2003 ata o 2008, no Pacto


houbo 14 proxectos (30% dos provinciais), co obxecto de coñecer as posibilidades de
desenvolvemento local e o perfil das empresas a implantarse na bisbarra, para o cal se
recibiu unha subvención para o período de 160.261€. aproximadamente, distribuídos
entre dez concellos do Pacto contratantes destes estudos. Na provincia
desenvolvéronse 47 programas (18% dos autonómicos), e na comunidade 264. A
contía media por programa foi nos dous eidos (Pacto e Galicia) ao redor de
11.500€/programa.
Políticas Activas de Emprego 173

Os concellos que máis programas e subvencións acolleron foron por orde:


Monforte (15%), Sober (15%), seguidos de Chantada e Taboada (13% cada un); o
resto na media do 7%.

• Respecto aos programas de cooperación con entidades sen ánimo de lucro e


segundo a información proporcionada por sete das doce entidades sen ánimo de lucro
que responderon á nosa solicitude de información (a información dispoñible é dos anos
2003 a 2008) estas sete entidades recibiron algo máis de 640.951€., para contratar ao
redor de 44 desempregados para a realización de obras e servizos de interese xeral.
Destes 44 desempregados, o 57% foron homes e o 43% mulleres. Respecto á idade,
un 60% eran menores de 30 anos, o 27% entre 31-44, e un 9% superaban os 45 anos.
En canto ó nivel académico, o 14% tiñan a ESO/EXB, 9% FP C.M., o 23% FP
C.S./COU e o 45% titulación universitaria media ou superior.
Os servizos máis significativos para os que foron asignados estes recursos:
recuperación e conservación do patrimonio do Museo do Ferrocarril, atención á terceira
idade e persoas con discapacidades, programas de estimulación para persoas con
demencia, plans de apoio e dinamización para o comercio e a industria, fomento do
deporte, etc. Neste caso o rateo por traballador contratado foi de, aproximadamente,
14.567€/traballador. Ao longo do período o número de contratados multiplicouse por
2,5 (de catro a dez), ao tempo que o orzamento case quintuplicouse (de 37.717€ a
181.979€).

Síntese
A tenor das asignacións das partidas orzamentarias e o perfil dos contratados, o
obxectivo das entidades locais parece acharse máis preto da cobertura das deficiencias
municipais en termos de infraestruturas (Gmir), obras urbanas, infraestruturas
medioambientais, etc.), que dun obxectivo de inserción laboral, de desenvolvemento
socioeconómico da bisbarra ou de diminuír os desequilibrios do mercado laboral nos colectivos
máis febles.
Cómpre salientar que as condicións da contratación tanto en salarios coma en horarios
áchanse, en boa medida, afastadas da realidade laboral creando unhas expectativas que ao
final ancoran a posterior inserción e frean a procura activa de emprego.
En sentido positivo subliñar a posta en marcha de certos servizos relacionados cos
novos ocos de mercado, que aínda que en menor peso co resto, estes programas permitiron o
seu acercamento a cidadanía.
Resaltar a iniciativa do Programa Labora que permitiu a contratación dunha mocidade
cun maior nivel formativo (32% universitarios, nalgúns casos con titulacións de difícil inserción
no territorio), aínda que foi desaproveitado ao investir pouco no desenvolvemento empresarial
(6%) e o autoemprego, fronte ás partidas dedicadas á mellora das infraestruturas (29%) e
servizos municipais (28%). Do mesmo xeito, os programas de cooperación con entidades sen
ánimo de lucro que tamén elevou o número de contratados con alto nivel académico,
superando o 55% de titulados universitarios, fronte ao baixo nivel de contratados universitarios
polas entidades locais que só foi dun 8%. E dicimos en sentido positivo porque entendemos
que a oportunidade de experiencia laboral que aportan estes programas de cooperación para
este colectivo é unha aposta de futuro para potenciais emprendedores.

 Programas Mixtos de Formación e Emprego


Políticas Activas de Emprego 174

• A evolución do número de Escolas Obradoiros para formar e inserir aos menores de


25 anos é decrecente nos tres eidos para o período 2000-08; pasamos dun total
autonómico de 26 escolas obradoiro no 2000, a 16 no 2008. No Pacto só se levaron a
cabo 2 proxectos (un no 2001 e outro 2002), o que supón o 7 % dos provinciais (28);
mentres que Lugo acolleu o 27% das escolas obradoiro galegas no período, incluíndo
as do Camiño de Santiago.
As dúas escolas obradoiro supuxeron a contratación de 93 persoas menores de
25 anos, cun 73% de xénero masculino; na provincia de Lugo esta porcentaxe baixa
ata o 67% e en Galicia, ata o 69%.
Soamente se formaron en dúas familias profesionais: “Edificación e obra civil”
(73% dos contratados, cun 79% de homes) e agraria (27% dos contratados, 56%
homes). En Lugo e na comunidade a diversificación das familias foi moito máis ampla,
incluíndo as familias de madeira, medio ambiente, fabricación mecánica, etc.
As áreas de actuación do alumnado no Pacto foron para rehabilitación do
patrimonio arquitectónico (71%), nova construción (18%), e rehabilitación do
patrimonio natural (11%).
O alumnado destas dúas Escolas do Pacto de Lemos, segundo o nivel
académico, é na súa maioría sen estudos ou coa EXB/ESO nun 87%, o 9% de
bacharelato. Respecto ao tempo no paro, o 37% levaban menos de tres meses; o 15%
entre 3 e 6 meses e o 39% entre 6 meses e un ano.
A contía da subvención para as dúas escolas obradoiros foi de 1.239.480€,
cunha repercusión por participante de 13.328€.

• No que atinxe aos Obradoiros de Emprego para formar e inserir aos de 25 a mais
anos, a evolución é descontinua e sen unha clara relación coa conxuntura económica;
así, no Pacto, nos anos dunha maior bonanza económica, foi cando se realizaron o
maior número de obradoiros de emprego (5 proxectos no 2002, e 5 proxectos no
2006).
A evolución do número de obradoiros, 2000 vs 2008, multiplicouse por 2 no
Pacto (un aumento do 50%; de 2 a 4 proxectos), na provincia aumentou un 60% (de 5
a 8 proxectos) e en Galicia medrou un 128% (de 18 a 41 proxectos).
No período 2000-08 no territorio do Pacto de Lemos, realizáronse 23 proxectos
(habendo proxectos en tódolos concellos), nos que se formaron 736 traballadores, dos
cales o 63% foron homes e o 37% mulleres, menor peso que en provincia (53% de
participación feminina) e que en Galicia (61% mulleres).
Estes 23 proxectos supuxeron o 25% dos provinciais (93); e os provinciais, o
25% dos autonómicos, excluíndo os do Camiño de Santiago.
No Pacto, a media de traballadores por O.E. foi de 32, vs 56 Lugo vs 61 Galicia;
para o ano 2008 a media foi de 26 no Pacto vs 23 Lugo vs 43 Galicia; o que quere dicir
que a evolución foi cara a proxectos de obradoiros mais pequenos, con inferior número
de alumnos.
En canto ao perfil do alumnado o peso das mulleres no período, aínda que
crecente é desigual e baixo; no 2000 pártese dunha presenza do 19% para acadar o
40% no 2008, fronte a Lugo que parte dunha presenza feminina do 41% para acadar
no 2008, o 58% ou a comunidade que parte do 46% para chegares ao 71% de mulleres
participantes no 2008.
O perfil do alumnado por idade ao longo do período é tamén desigual, cunha
maior presenza no Pacto dos treitos de máis idade (55-65 anos media no Pacto 18% vs
11% Lugo vs 19% Galicia; e de 45-55, 27% no Pacto vs 25% Lugo e Galicia). Ademais,
Políticas Activas de Emprego 175

incrementan a súa participación ao longo do período, en cambio os menores de 30


anos perden peso ao longo dos anos.
En canto ao nivel educativo, no Pacto é menor o peso do bloque sen estudos ou
primarios (79%) que en Lugo (80%) ou na comunidade (82%) é maior o peso dos que
posúen FP (20% no Pacto vs 17% Lugo vs 15% Galicia).
A distribución dos alumnos por especialidades amosa unha forte incidencia na
familia de edificación ao longo de todo o período onde se formaron case 6 de cada 10
traballadores (437). A seguinte familia foi a agraria, formándose en xardinería 88
alumnos (12%); e as seguintes con igual peso porcentual, a de medio-ambiente/forestal
e carpintería de madeira (9%). Ao tempo, outras como artes e artesanía (3% do
alumnado), enerxía e auga (2%) ou servizos á comunidade (6%) tiveron moi pouca
presenza.
As áreas de actuación foron nos eidos medioambientais, construción ou
rehabilitación de edificios de uso público, recuperación do patrimonio civil e relixioso e
a rehabilitación xeral de espazos públicos urbanos.
En canto á contía de subvención por alumno, a media para o período é de
18.392€; as subvencións mantéñense estables ata o 2005, para incrementarse
notablemente a partir do 2006, ata acadar no 2008 un rateo de 21.627€/traballador.
Se comparamos o importe por alumno das Escolas Obradoiro (13.328€) é
bastante inferior ao dos Obradoiros de Emprego, postos en marcha no mesmo período
que as dúas escolas – anos 2001 e 2002- (17.670€/alumno), incluso sendo proxectos
máis curtos de duración que as Escolas.

Síntese
Entendemos que o obxectivo fundamental desta política activa de emprego mixta, que é
a formación, non se está a acadar. Por unha banda, polo abandono na práctica e posta en
marcha das Escolas Obradoiro que permiten a formación de desempregados na idade ideal
para o aprendizaxe, ao tempo que lles posibilita o acceso a unha titulación necesaria para
inserirse no mercado laboral, que non é doada de acadar doutro xeito. Por outra banda, ás
entidades promotoras dos Obradoiros de Emprego interésalles máis a contratación de xente
con máis idade e máis capacitación laboral no seu oficio, cara a unha maior efectividade nas
obras e servizos obxecto dos programas, malia que as necesidades formativas deste colectivo
adulto, son máis en termos de xestión empresarial, relacionadas coa actualización de
ferramentas informáticas, coñecemento do mercado, etc; en síntese, pensamos que a
formación para o autoemprego non ten o suficiente peso dentro da programación destes
proxectos cara ao seu futuro laboral ao rematar o programa mixto de formación e emprego.
Ademais, atopamos a complicación de contar cunha docencia axeitada e formada en
metodoloxía didáctica.
Neste epígrafe de programas mixtos, e ao igual que nos programas de cooperación, as
áreas formativas e as accións levadas a cabo, céntranse na cobertura de necesidades
estruturais dos concellos, que non cadran coas necesidades do mercado laboral.
Adicionalmente, o incremento do número de obradoiros non vai parello á conxuntura
económica. Os criterios de selección non parecen acadar os obxectivos de axuste dos
desequilibrios do mercado laboral nin en canto a idade, xénero, tempo de desemprego, nin no
que atinxe ao grao de interese e compromiso do alumnado, se ben foi notorio o incremento do
peso da participación feminina ao longo do período nos tres eidos territoriais. Por outra banda,
as condicións económicas da contratación e os horarios distan da realidade do mercado laboral
favorecendo o interese económico por riba do formativo, aportando unha solución a moi curto
prazo da situación de desemprego, e afastando aos desempregados dos obxectivos de
inserción e procura activa de emprego.
Políticas Activas de Emprego 176

 Programas de apoio á integración de discapacitados


• Ao longo do período de estudo houbo unha media de dous centros especiais de
emprego funcionando, cunha diminución constante de traballadores, na maioría
discapacitados (-47%) mentres que na comunidade o crecemento do emprego deste
colectivo aumentou o 309%. O primeiro en ter actividade foi CEE da Asociación Agora
dende 1992 ata 2004; o Centro de Carnes Ribeira Sacra, S.L. de PRODEME iniciou
pouco despois a súa actividade e é a única iniciativa que continua a funcionar hoxe en
día. O último en poñerse en funcionamento foi o CEE GES-A, S.L. dende 2005 ata
2008 creado por COGAMI (75%) e a Asociación Agora (25%).

• O número de traballadores diminuíu, pasando ata o 2004 dunha media de 63


traballadores a 17 no período 2005-08. A presenza feminina non chegou nunca ó 30%,
e viuse máis afectada pola perda de postos de traballo. En canto á idade, a media para
o período é do 52% de maiores de 45 anos.

 Programas experimentais en materia de emprego


• No ano 2004, COGAMI e maila Asociación Agora de Monforte, desenvolveron un
programa especial de emprego no concello de Monforte de Lemos que, cun orzamento
de 133.889€, formaron a 75 persoas (99% discapacitados, cun 68% de homes e o 32%
de mulleres) das cales se inseriron laboralmente 24 (32%). As áreas de formación
foron no eido da axudas a domicilio, formación para o auto-emprego e empresas de
economía social.

 Formación regrada
• A oferta formativa no Pacto de Lemos é salientable. No que atinxe á formación
regrada, cóntase con 6 I.E.S dos cales hai oferta de ciclos de F.P. en 4 (3 en Monforte
e 1 en Chantada), cun Centro de Formación e Experimentación Agro-forestal en
Monforte, unha Escola de Hostalería en Sober, unha Escola Oficial de Idiomas e unha
aula da UNED.

• As características demográficas do territorio traen coma consecuencia unha perda


constante de mocidade que se reflicte na diminución do alumnado de secundaria nun
-15% no Pacto igual que en Lugo, vs -13% en Galicia no período de estudo.
A perda de alumnado en bacharelato foi para o período do -12% no Pacto fronte
á perda en ciclos medios do -18% e dos ciclos superiores do -15%. En Lugo, -12%
bacharelato e ciclos medios e – 24% ciclos superiores. En Galicia, -11% bacharelato
vs -10% ciclos medios vs -19% ciclos superiores. A perda de alumnado no bacharelato
é fundamentalmente debido ás mulleres (-17%), e a de alumnado en FP debido aos
homes (-22% grao medio e -20% grao superior). De tal xeito que o decrecemento da
oferta en unidades formativas foi no período e para os tres eidos: bacharelato -16% no
Pacto, vs -15% Lugo vs -13% Galicia; ciclos medios, -21% no Pacto vs +3% Lugo vs
+19% Galicia; en ciclos superiores, sen variación no Pacto vs +3% Lugo e -1% Galicia.

• No Pacto, a porcentaxe de alumnado que opta polos ciclos formativos de F.P. foi
sempre inferior ao do alumnado que opta polo bacharelato, especialmente na comarca
de Chantada, e en liña coas características do estado español segundo o Informe
PISA. O peso dos CM de FP no Pacto é maior que na provincia ou Galicia e superior
Políticas Activas de Emprego 177

ós matriculados no bacharelato; así, os matriculados no CM de FP no Pacto supoñen o


15% dos provinciais (vs o 12% dos matriculados no bacharelato) e o 2% dos
matriculados nos CM de FP de Galicia (vs o 1,45% dos matriculados en bacharelato).

• As necesidades de investimento, previas á implantación da oferta educativa, a


burocratización do propio sistema, as dificultades de mobilidade laboral dos equipos
docentes e as carencias no transporte público, de máis relevancia para o alumnado,
trae coma consecuencia unha oferta estática e, nalgúns casos, repetitiva. Así, a
meirande parte da oferta de ciclos formativos en FP foi estable ao longo do período de
estudo, incluso dende a apertura dos centros; duplícase a oferta dos CS de
“Administración e Finanzas” e do CM “Electromecánica de vehículos” en dous I.E.S. do
territorio (Chantada e Monforte).

• Ao mesmo tempo, acontece o desaproveitamento de infraestruturas e equipamento


como no caso do CFEA en Monforte e a Escola de Hostalaría de Sober, que
abandonaron a oferta educativa de dous ciclos formativos de C.M., respectivamente,
pola falla de interese do alumnado dende o ano 2005 e malia ser dúas ofertas con
teóricas boas saídas profesionais.

• Pensamos que tendo en conta a análise elaborada cara aos eixos de desenvolvemento
acordados polo Comité de Dirección da Asociación Impulsora do Pacto Territorial polo
Emprego de Lemos, debería revisarse e complementar a oferta educativa no ensino
regrado do Pacto, para facela máis axeitada a estes eixos de desenvolvemento.
Aproveitar o recurso do CFEA de Monforte; modernizando as súas instalacións e
reconducindo a oferta educativa cara aos ciclos anteriormente impartidos: CM01003
Explotacións agrarias extensivas, ao estar nun período de crise, ou ofertando novas
especialidades coma CS01001 de Xestión e Organización de Empresas Agropecuarias
(só impartido hoxe en día nun centro da Coruña); coma o CM01001 de Traballos
Forestais e Conservación do Medio Natural, só impartido nun centro de Lugo e 5 nas
outras provincias da comunidade. Ou pensar na posibilidade de desenvolver un centro
experimental para biomasa, biodiesel ou compost, aproveitando os recursos do sector
no territorio coma o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica ou o Centro de
Experimentación Agrícola de Mabegondo.
É salientable a ausencia de FP regrada no IES de Quiroga; comarca de doadas
saídas laborais no sector da lousa antes da crise. Neste centro intentouse levar a cabo
o CM de “Elaboración de viño e produtos derivados”, sen conseguirse acadar o número
necesario de alumnos para poñelo en funcionamento. Esta familia profesional ou
outras coma CMINA02 Aceites de oliva e viños, só impartida hoxe en día nun centro de
Pontevedra, ou CSINA01 Vitivinicultura só impartida hoxe en día nun centro de
Pontevedra, poden ser apostas eficaces cara ó futuro.
A Escola de Hostalaría e Turismo da Fundación Belarmino Fernández de
Rosende é outro centro infrautilizado no eido do Pacto de Lemos, aínda que cómpre
subliñar as dificultades de acceso ao centro pola falla de transporte público. Hoxe en
día só oferta o CMHOT0 de Cociña e Gastronomía, habida conta das dificultades
atopadas para acadar o número de alumnos necesario para continuar coa oferta do
CM11003 de Servizos de Restaurante e Bar que consecuentemente deixou de
ofrecerse no 2006. Pódese pensar na oferta modular deste último ciclo, o ZM11003
Servizos de Restaurante e Bar, ou en aproveitar os recursos para a área de Industrias
Alimentaria nos ciclos de CM13002 Elaboración de viños e outras bebidas, só
impartido hoxe en día, en dous centros de Pontevedra (Cambados e Ponteareas); ou o
Políticas Activas de Emprego 178

xa mencionado CSINA01 Vitivinicultura, só impartido en Ponteareas en toda a


comunidade; no CMINA01 Panadaría, Repostaría e Confeitaría, só impartido en tres
centros da Coruña, un de Ourense e en tres de Pontevedra, e ningún na provincia de
Lugo. Ou pensar no CS13001 Industria Alimentaria, impartido en tres centros en toda
Galicia , atopándose só un deles en Lugo (IES Leiras de Lugo). Cómpre lembrar ese
50% de prazas hoteleiras de 4/5 estrelas e o nivel de calidade do turismo rural da
bisbarra, asemade a crecente importancia, a pesar da fenda da crise, do turismo
estranxeiro no territorio con moita potencialidade, polo que formar á xente no sector da
hostalaría ten que axeitarse ao nivel de calidade da oferta que estamos a artellar en
canto a camareiros de bar ou piso, recepcionistas, guías e actividades
complementarias ao turismo. Asemade, observamos a demanda no mercado de
traballo de camareiros, cociñeiros, panadeiros e confeiteiros, sendo frecuentemente
ocupacións de difícil cobertura nas tres comarcas do Pacto.
No que atinxe aos ciclos con dobre oferta na bisbarra coma o de Administración
e Finanzas ou Electromecánica de Vehículos, pensamos que o mercado laboral pode
chegar a estar saturado destes profesionais, tendo en conta ademais a incidencia da
crise no sector da automoción (sector de maior demanda de man de obra desta
segunda familia profesional). Poderíase reconducir esa oferta de formación con ciclos
no eido da xestión de transportes (ZS06003), ou carrozaría (CM16001) ou cara á
familia de Mantemento e servizos á produción para as instalacións de frío, calor,
climatización, ou no eido da domótica e das casas autárquicas. Ou aproveitar as
instalacións para desenvolver formación na automatización de sistemas para as
explotacións agrogandeiras, horticultura, floricultura, viticultura,etc.
Recomendamos en liña cos eixos de desenvolvemento e o índice de
especialidade do Pacto a posibilidade do CSENA01 Eficiencia Enerxética e Enerxía
Solar Térmica só impartido en dous lugares en toda Galicia, un deles en Lugo.

• Os Programas de Cualificación profesional Inicial (PCPI), pódense seguir por


aqueles maiores de dezaseis anos que non acadaron a titulación secundaria,
ofrecéndolles a posibilidade de obter cualificación profesional nivel 1, a Titulación de
Graduado en Educación Secundaria e de continuidade nos estudos no sistema
educativo mediante unha proba de acceso.
A oferta do Pacto é de 5 centros de formación en Monforte de Lemos; a
modalidade A ofrécese no CEE Infanta Elena (viveirismo e xardinería), no IES A
Pinguela (servizos administrativos) e no CFEA de Monforte (producións agrícolas). A
modalidade C (mixta) impártese nos I.E.S Daviña Rei e Río Cabe en Monforte, cun
amplo abano de perfís autorizados nas especialidades de:“aloxamento”,”servizos de
restauración”, “emprego doméstico”, “ instalacións electrotécnicas e de comunicacións”,
“mantemento de vehículos”, “albanelaría”, “fontanería, calefacción e climatización”, etc.
A participación do alumnado nesta oferta educativa é fundamentalmente
masculina, en liña co fracaso escolar. O alumnado decreceu dende o ano 2004 de 49
alumnos ata os 19 do 2008-09 (-61%) no Pacto vs -35% en Lugo vs -12% Galicia,
entendéndose que a baixada non é pola diminución do fracaso escolar.

• A oferta educativa para adultos, tamén é ampla e variada; pódese estudar dende o
ensino básico inicial, á educación secundaria, bacharelato ou ciclos medios modulares
nos IES Río Cabe, IES Val do Asma, IES A Pinguela e IES Daviña Rei. Cursos
diversos con certificado na Aula Mentor no IES Daviña Rei; preparación de acceso á
universidade para maiores de 25 e de 45 anos e Grado de Educación Social con
Políticas Activas de Emprego 179

titorías presenciais na UNED, e os seis anos de inglés, francés, alemán e italiano na


EOI.
No que atinxe ao bacharelato, a media de alumnos dende o ano académico
2004-05 foi de 48 alumnos; sendo mulleres a meirande parte (56%). A evolución é
decrecente agás o ano 2008-09 (+8 alumnos), especialmente entre os homes (-39%).
No que atinxe aos ciclos medios, a evolución do alumnado foi salientablemente
crecente dende o curso escolar 2004-05, pasando de 11 alumnos aos 79 no 2008-09.
Esta tendencia crecente é máis notable entre as mulleres¸cuxa presenza multiplicouse
por 5 (de 9 a 46).

 Formación Profesional para o Emprego


• Dentro desta iniciativa, englóbanse a formación de demanda, formación de oferta,
formación de alternancia e medidas de apoio e acompañamento á formación.

• A formación de demanda, xestionada directamente polas empresas para a mellora da


capacitación laboral dos seus traballadores e vixente dende o ano 2004, impártese a
través do sistema de bonificacións de cotas xestionado pola Fundación Tripartita.
Para o Pacto dispoñemos de información dende o ano 2004 ata o 2006; neste
período obsérvase un incremento tanto no número de empresas como do número de
concellos implicados. Case o 50% delas áchanse en Monforte, o 26% en Chantada e
só o 2% en Quiroga. Agás os concellos de Carballedo, Folgoso do Courel e A Pobra de
Brollón, tódolos concellos estiveron implicados nesta formación ás empresas.
En canto aos sectores de actividade no período 2004-06, das empresas que
recibiron formación o 40% foron do sector da construción, o 20% do industrial, o 16%
do servizos, 13% do comercio, 6% da hostalaría.
O alumnado para o período ascendeu a 1.088 traballadores, sendo o 67% de
Monforte, o 16% de Chantada e o 13% de Quiroga. En canto ao xénero, case 6 de
cada 10 alumnos foron homes. Por idades o 34% tiñan entre 36-45 anos, o 26% entre
46-55 anos, o 23% entre 26-35, o 9% entre 16-25 e o 7% maiores de 55 anos. En
canto ao nivel académico, o 53% non tiñan estudos ou primarios, o 28% BUP ou FP I e
II, o 9% nivel diplomatura e o 5% nivel licenciatura.
As acción formativas máis representativas achábanse nas seguintes familias
profesionais: administración e xestión (45% no período e crecemento sostido),
transporte e mantemento de vehículos (16% no período e decrecemento salientable),
servizos á comunidade (14% no período e decrecemento sostido), industrias
alimentarias (9% no período e crecemento sostido), comercio e marketing (6% no
período e mantemento da demanda), informática e comunicacións (4% no período e
decrecemento). Ademais, “hostalaría e turismo” e “enerxía e auga” de crecente
demanda aínda que de pouco peso no período.

Síntese
A pesar do incremento no número de traballadores que recibiron formación de demanda,
que pasou do 4% dos traballadores afiliados ao réxime xeral da SS no ano 2004 ao 6% no
2006, vemos que é unha ferramenta de formación pouco aproveitada. Quizais por ser pouco
coñecida tanto polos empresarios coma polos traballadores; quizais tamén pola contía de
empresas de menos de 2 traballadores (87% do tecido empresarial)existentes no Pacto ou
quizais polo medo de ter traballadores máis formados que poden esixir máis ou facerlles a
competencia.
Políticas Activas de Emprego 180

 Formación de Oferta para desempregados


• Respecto ao acceso á Formación de Oferta para desempregados, as liñas de
programación fundamentais son: cursos Plan AFD (antigo FIP) con medio propios da
Consellería de Traballo (UAF Monforte), programación ordinaria en centros
colaboradores, programación con compromiso de contratación e accións formativas
FSE.

• Monforte de Lemos conta cunha Unidade de Acción Formativa (UAF) para a


realización da formación con medio propios da Xunta de Galicia, dos 3 que existen na
provincia; na comunidade hai 9 centros propios e 3 centros integrados. O rateo de
desempregados por centro propio é moi positivo para o Pacto xa que no 2008 supoñen
2.716 desempregados/centro vs os 5.171 de Lugo e os 13.793 da comunidade.
Porén, ao comparar o número medio de cursos realizados por centro ó ano, a media do
Pacto é de 3cursos/U.A.F. vs 16 cursos/centro Lugo vs 18/centro Galicia.

• Respecto aos cursos levados a cabo na UAF de Monforte, e debido a súa


infraestrutura, atópanse na familia agraria (florista, sen certificado e sen interese no
Pacto; horticultor, de interese e con certificado; floricultor, de interese e sen certificado;
xardineiro, sen interese e con certificado) e na da madeira, moble e cortiza (carpinteiro,
de interese e con certificado;e ebanista sen interese e con certificado).

• No período de estudo 2000-08, leváronse a cabo 16 accións na agraria, contando con


323 alumnos dos cales 132 acadaron o diploma. Realizáronse 24 accións na de
madeira e moble, contando con 195 alumnos dos cales 36 acadaron o diploma. Na
familia agraria o 79% dos participantes foron mulleres; mentres que na familia da
madeira só o foron o 24%. As porcentaxes por idade dos participantes nas dúas
familias foron moi similares, salientando os maiores de 54 anos na familia da madeira
(8% agraria vs 11% madeira).
Cómpre subliñar que a pesar de que a especialidade de horticultor (AGAH10) si
é de interese no Pacto e conta con certificado de profesionalidade, non acadou no
período o número de alumnos suficiente para levar a cabo nin un só curso neste
período, pola falla de interese do alumnado e a pesar dos intentos por levala a cabo.

• Os 518 alumnos que iniciaron formación neste centro, representan o 6% dos lucenses
mentres que en Lugo se formaron o 23% dos alumnos de Galicia.

• Ao establecer unha relación entre o orzamento e o número de diplomas para o período


2000-08, a contía por diploma sae no Pacto en 6.612€/diploma vs 3.599€/diploma en
Lugo vs 3.137€/diploma na comunidade. Relación directa co nivel de abandono do
alumnado que para o Pacto é do 67% vs 58% Lugo vs 52% Galicia. Observamos unha
estreita relación entre a duración dos cursos e o nivel de abandono; a maior duración,
maior abandono. Asemade, entre a porcentaxe de abandono e a porcentaxe de
participación feminina observamos que os cursos de maior presenza feminina tiveron
un índice de abandono inferior. Por exemplo, o curso de florista de só 275 horas e
cunha porcentaxe de mulleres do 86%, conseguiu o 100% de diplomas; pola contra, as
especialidades máis longas (xardineiro (544h), ebanista (770 horas) e carpinteiro (760
Políticas Activas de Emprego 181

horas)e cunha media de 38% de participación feminina, tiveron entre o 82% e 83% de
abandono.
Se temos en conta o orzamento para cada unha das dúas familias, o custo por
diploma no Pacto é para a familia agraria de 3.924€ e para a familia da madeira
16.466€/diploma.

Síntese:
A UAF de Monforte de Lemos realiza menos cursos por ano que as de Lugo ou da
comunidade; o custo por alumno é maior que na provincia ou na comunidade, seguramente en
relación ao elevado custo da familia da madeira polas súas características; o índice de
abandono no Pacto (67%) é maior en 9 puntos que en Lugo (58%) e en 15 que na comunidade
(52%), e polo tanto, a contía por diploma é moito máis elevada.
A importancia concedida ao sector primario polo Comité de Dirección da Asociación
Impulsora polo Emprego de Lemos, lévanos a recomendar facer toda clase de esforzos en
canto á modernización das instalacións e concienciación dos desempregados sobre a
importancia estratéxica do sector para o desenvolvemento do territorio.

 Cursos FIP en centros de colaboradores de formación ocupacional


• No que atinxe á programación ordinaria de cursos FIP impartida en centros
colaboradores de formación ocupacional, no ano 2008 o Pacto contaba con 30
centros homologados (15% da provincia) o que supón un rateo de 91
desempregados/centro. Na provincia, cóntase con 201centros colaboradores (23% dos
galegos) o que supón un rateo de 77 desempregados/centro. Mentres que Galicia,
conta con 880 centros e cun rateo de 185 desempregados/centro.

• Destes 30 centros, o 38% son entidades privadas, o 34% entidades sen ánimo de lucro
e o 28% concellos. Nos concellos de Carballedo, Folgoso do Courel e Ribas de Sil non
hai centros homologados para formación ocupacional e tampouco están homologados
os concellos.

• Existen 17 familias profesionais homologadas cun total de 86 especialidades


formativas, das cales 35 especialidades posúen certificado de profesionalidade e 33
son consideradas de interese pola Consellería de Traballo para o ano 2009. No Pacto
non existe homologación para 10 das familias existentes, algunhas delas de interese
segundo a aprobación dos eixos estratéxicos de desenvolvemento polo Comité de
Dirección da Asociación Impulsora do Pacto territorial polo Emprego de Lemos, coma
“seguridade e medio ambiente”, “industrias extractivas”, “vidro e cerámica”,
“instalacións e mantemento”.

• A experiencia amosa que as especialidades consideradas de interese pola Consellería


non son impartidas na súa totalidade no territorio. A modo de exemplo, no ano 2008
das 49 especialidades de interese, 30 non se levaron a cabo e só 19 das prioritarias se
desenvolveron (39%).

• No período 2000-08 leváronse a cabo 252 cursos FIP relacionados con 14 familias
profesionais, polo que quedaron catro familias homologadas nas que non se realizou
ningún curso: “industria alimentaria, “artes gráficas”, e “comercio e marketing”.
Políticas Activas de Emprego 182

• Formáronse 5.741 desempregados, dos cales o 56% eran mulleres (vs 61% en Lugo e
58% en Galicia) e o 25% menores de 25 anos (vs 28% en Lugo e Galicia). O índice de
abandono foi do 53% no Pacto e na provincia fronte ao 47% de abandono na
comunidade.

• Existe unha clara relación entre a duración dos cursos e o nivel de abandono; a media
de horas por curso total é de 477 horas e a media de diplomas do 71%. Facendo unha
media das dúas variables; as familias cuxa duración media por curso foi > 477h/curso
acadan, por termo medio, o 57% dos diplomas; pola contra, as familias cuxa duración
media por curso foi < 477h/curso, acadan unha porcentaxe de diplomas do 81%. A
variable sexo tamén parece incidir nos resultados da porcentaxe de diplomas. Así a
media de mulleres total por curso foi do 56% e a media de diplomas do 71%. Se
agrupamos, por unha banda, aqueles cursos cunha representación feminina >56%
observase que en tódalas familias superan o 71% de media de diplomas.

• A participación feminina nos cursos de formación non veu a compensar os


desequilibrios do mercado de traballo en canto ó xénero. Así nas familias de
“edificación e obra civil, “transporte e mantemento de vehículos” e “ electricidade e
electrónica” , a participación feminina foi do 24%, 16% e 22%, respectivamente, e pola
contra, nas familias de “sanidade”, “servizos á comunidade” e “administración e
xestión” a súa participación foi do 95%, 93% e 78%, respectivamente.

• O orzamento investido pola Xunta de Galicia na formación do plan F.I.P. neste período
no Pacto de Lemos ascende a 9.702.225.-euros, o que supón unha media de 38.501€
por curso. A familia profesional que máis orzamento absorbeu foi a de “Edificación”
(24% do orzamento e 17% do alumnado), seguido de “Transporte” (15% do orzamento
e 14% do alumnado), “Sanidade” (12% do rozamento e 15% do alumnado),
“Informática e comunicacións” (9% do orzamento e 17% do alumnado) e “
Administración e xestión” (9% do orzamento e 8% do alumnado).

• As familias profesionais que contan con máis centros homologados no Pacto son
“transporte e mantemento de vehículos” (26%), “sanidade” (13%), “edificación e obra
civil” (12%) e “administración e xestión” (12%). Como podemos observar, a meirande
partes destas familias homologadas coinciden coa oferta de formación profesional
regrada agás “edificación e obra civil” e a parte de “transporte”, que se realiza a través
das Autoescolas.

• Finalizaremos cun repaso daquelas familias profesionais cuxas especialidades son


ofertadas tanto no ensino regrado ordinario de formación profesional, coma no sistema
modular nos centros públicos do Pacto e que ademais forman parte da programación
ordinaria da formación ocupacional.

o A familia de Administración e Xestión, impartida no CM nos IES de Chantada


(Val de Asma) e IES de Monforte (A Pinguela) en CM e CS e por sistema
modular, está homologada en 8 centros colaboradores entre Chantada (1),
Monforte (6) e A Pobra de Brollón (1), para 9 especialidades das cales 5 teñen
certificado. Soamente dúas das nove son de interese para a Consellería de
Políticas Activas de Emprego 183

Traballo: “aplicacións informáticas de xestión”, sen certificado e “empregado de


xestión financeira”, con certificado. Ao longo do período de estudo se
realizaron 19 cursos nos que se formaron 460 desempregados, sendo de
interese para a Consellería soamente os 2 cursos na especialidade de
“empregado de xestión financeira” onde 21 (5% dos alumnos) alumnos
acadaron o diploma. Pola contra, leváronse a cabo 9 cursos de “empregado
de oficina” sen interese aínda que con certificado.

o Respecto á familia Agraria, ofértase a especialidade de “producións agrícolas”


no CFEA de Monforte dentro do programa CPCI na modalidade A, e a
especialidade de “xardinaría e viveirismo” no CEE Infanta Elena de Monforte
no mesmo programa e modalidade. Asemade, na UAF de Monforte pódense
cursar cinco especialidades da familia agraria como xa vimos anteriormente.
Esta familia conta con homologación en seis centros colaboradores de seis
concellos (Chantada, Taboada, Monforte, Pantón, O Saviñao e Quiroga), onde
se poden impartir 8 especialidades, catro de elas de interese, e catro con
posibilidade de obter certificado, coincidindo ámbolos dous criterios nas
especialidades de “traballador forestal” e “horticultor”. Nesta familia,
realizáronse 22 cursos nos que se formaron 477 alumnos, sendo de interese
“traballador forestal” (9 cursos) onde acadaron o diploma 93 desempregados,
e “horticultor” (4 cursos) onde acadaron o diploma 35 desempregados. Ningún
curso foi realizado na “xestión informática de explotacións agrarias” aínda
sendo de interese.

o No que atinxe á familia de Hostalaría e Turismo, é ofertada no CM en “cociña


e gastronomía” na Fundación Belarmino Fdez. Iglesias de Sober, e o CS de
“información e comercialización turística” no IES Río Cabe de Monforte. Conta
con sete especialidades ofertadas en seis centros homologados en dous
concellos (Monforte e Sober), sendo tres das especialidades de interese para a
Consellería de Traballo: “axente de desenvolvemento turístico”, “xefe de
sala/maitre” e “camareiro de restaurante bar” (con certificado). Na familia
formáronse ao longo do período 311 alumnos en 13 cursos desenvolvidos;
sendo de interese o de “axente de desenvolvemento turístico” con 6 cursos e
59 alumnos diplomados, e “camareiro de restaurante bar” con 5 cursos
realizados e 53 alumnos diplomados.

o A familia de Informática e Comunicacións é ofertada no IES da Pinguela o


ZM14001 “Explotación de Sistemas Informáticos” e o CS14002 “Administración
de Sistemas Informáticos” e no IES Daviña Rei o CS09004 e o ZS “Sistemas
de Comunicación e Informáticos”. Conta ademais, con 10 centros
homologados en Monforte e catro concellos máis (Chantada, Taboada,
Monforte, A Pobra, O Saviñao), sendo só dous de interese: “informática de
usuario” e “iniciación á rede de internet” e contando só un coa posibilidade de
obter certificado: ”técnico auxiliar de sistemas microinformáticos” (Monforte).
Nesta familia desenvolvéronse 47 cursos nos que se formou a 1.001 alumnos;
sendo de interese os 10 cursos en “iniciación á rede de internet” onde
diplomáronse 141 alumnos e o de “informática de usuario” onde se levaron a
cabo 3 cursos nos que 36 desempregados acadaron diploma.
Políticas Activas de Emprego 184

o A familia de Servizos á Comunidade e Sanitaria, é ofertada no sistema


modular do CM de Atención socio-sanitaria no IES Daviña Rei. No que atinxe á
primeira familia cóntase ademais con nove centros homologados en cinco
concellos (Chantada, Taboada, Monforte, A Pobra, O Saviñao) nos que se
poden impartir catro especialidades; sendo só unha delas de interese para a
Consellería de Traballo, máis sen posibilidade de obter certificado: “monitor
socio-cultural” (Monforte e O Saviñao). Nesta familia, leváronse a cabo 10
cursos nos que se formaron 225 alumnos; sendo de interese “monitor socio-
cultural” onde houbo 2 cursos nos que 20 desempregados acadaron diploma.
No que respecta á familia sanitaria, cóntase con 11 centros
homologados en 8 concellos (Chantada, Taboada, Monforte, Bóveda, Pantón,
A Pobra, Sober e O Saviñao), nos que se poden impartir 6 especialidades
sendo só dúas de interese: “atención especializada a enfermos de alzheimer” e
“celador sanitario” onde non se levaron a cabo ningún curso. Pola contra,
fixéronse 18 cursos de “auxiliar de enfermaría e xeriatría” , sen interese nin
certificado, e que ademais coincidiu no tempo coa especialidade do CM de
“Auxiliar de Enfermaría” impartido no IES Daviña Rei

o A familia de Electricidade e electrónica é impartida nos CM do ensino


regrado nos IES Val se Asma de Chantada e Daviña Rei de Monforte; conta
con 3 centros homologados nos concellos de Monforte e Sober, nos que se
poden impartir as dúas especialidades: “electricista de edificios” e “electricista
de mantemento”, ámbolas dúas de interese e con certificado. Ao longo do
período, leváronse a cabo 10 cursos na familia onde se formou a 274 persoas;
sendo de interese o de “electricista de edificios”, con 9 cursos nos que 69
desempregados acadaron diploma.

o A familia de Madeira, moble e cortiza, oferta a especialidade de “carpinteiro”


que, ademais de ser impartida no centro propio da UAF Monforte, está
homologada no concello de Monforte, sendo de interese e con certificado.
Nesta familia, leváronse a cabo 3 cursos de “carpinteiro” onde 31
desempregados acadaron diploma.

o A familia de Comercio e Marketing é ofertada no CM no IES A Pinguela e


está homologada ademais en tres centros colaboradores de Monforte onde se
poden impartir catro especialidades; tres de elas declaradas de interese pola
Consellería de Traballo e as tres con posibilidade de obter certificado:
“caixeiro”, “axente comercial” e “vendedor técnico”.

o A familia de Transporte e Mantemento de vehículos é ofertada no CM de


“electromecánica de vehículos” no IES Daviña Rei de Monforte e no Val de
Asma de Chantada; están homologadas ademais, as especialidades de “inglés
básico de transporte” e “inglés xestión de transporte”, ámbalas dúas sen
interese nin certificado, en tres centros (dous en Monforte e un en Chantada),
aínda que non se levou a cabo ningún destes curso no período. Todos os
cursos relacionados coa familia foron de condutores de diversas categorías;
áchanse homologadas, ademais das anteditas, 10 especialidades, sendo 6
delas de interese para a Consellería de Traballo. Esta familia absorbeu o 55%
do orzamento total dos cursos FIP e realizáronse un total de 35 cursos nos que
participaron 781 persoas. O curso máis impartido foi o de “condutor de camión
Políticas Activas de Emprego 185

pesado “ con 25 cursos nos que acadaron diploma 327 desempregados, sendo
este de interese e con certificado, seguido de “condutor de autobús” con 7
cursos nos que 82 desempregados acadaron diploma, tamén de interese e con
certificado; o seguinte curso foi o de “condutor de vehículos lixeiros” onde se
fixeron 3 cursos nos que 35 desempregados acadaron diploma, sen interese.
Pola contra, non se fixo ningún curso de “transporte de mercadorías perigosas”
de interese, nin de “operario de almacén”, tamén de interese. Cómpre lembrar
aquí que é de difícil cobertura no territorio a ocupación de “condutor de
maquinaria agrícola” e que non está homologado.

o A familia de Edificación e Obra Civil, que non ten correspondencia coa do


ensino de FP regrada, conta con cinco centros homologados e 14
especialidades formativas, das cales 5 son de interese e contan con
certificado. Esta familia absorbeu o 24% (2.353.179€) do orzamento dos cursos
FIP, realizándose 44 cursos nos que participaron 996 alumnos (24% mulleres),
dos cales 285 obtiveron diploma. Nas especialidades de interese: “albanel”,
“canteiro”, fontaneiro”, “pintor” e “pavimentador” realizáronse 25 cursos nos que
153 desempregados acadaron diploma. Cómpre lembrar a contía de
desempregados formados na familia de edificación e obra civil nos Obradoiros
de Emprego, e ningún deles orientados cara a rehabilitación ou ao aforro
enerxético ou enerxías alternativas e fainos recomendar a declaración de
interese das especialidades de: “fundidor artesán”, “cerralleiro artístico”,
“carpinteiro-ebanista artesán”, “tallador de pedra e mármore”.
Cómpre recomendar e insistir na formación para o autoemprego nesta
familia afondando na capacitación de xestión de custos, ferramentas
presupostarias cara a rehabilitación, informática, análise empresarial, etc.

• Nos centros homologados pódense impartir as seguintes familias profesionais que non
contan con centros públicos regrados nos que se poida acadar esta formación:
“industrias alimentarias”, “artes e artesanía”, “enerxía e auga”, “téxtil, confección e pel”,
“fabricación mecánica” , “transporte e mantemento de vehículos”.
o Respecto a “industrias alimentarias”, só está o concello do Saviñao
homologado para impartir as especialidades de “elaborador de viños” e
“manipulador de alimentos”, ningunha delas considerada de interese pola
Consellería de Traballo e ámbalas dúas sen certificado. Considerando as
características do Pacto e o pulo que nos últimos anos está a ter o sector
vitivinícola da man do Consello Regulador da denominación de orixe Ribeira
Sacra e aínda que non sexa un sector maduro na estrutura produtiva polo seu
marcado carácter familiar, resulta cando menos sorprendente que a
Consellería de Traballo con considere esta especialidade de interese no noso
territorio. A nosa recomendación sería de darlle a esta especialización a
categoría de interese e fomentar a súa formación.
o Respecto a “artes e artesanía”, só hai un centro homologado no Pacto
(Chantada) na especialidade de “modisto”, sen interese e sen certificado.

Síntese
A programación da formación ocupacional levada a cabo no período, estase a facer máis
tendo en conta o grao de atractivo dos desempregados, co obxecto de querer acadar o número
necesario de alumnos para poder desenvolver os cursos, que en función das necesidades
formativas recomendas pola consellería de Traballo, ou en función da súa complementariedade
Políticas Activas de Emprego 186

co ensino regrado de Formación Profesional. E isto xunto coa falla de coordinación dos
distintos centros homologados á hora de planificar a súa programación, orixina unha
programación repetitiva e de escaso interese cara ao desenvolvemento da bisbarra ou o tecido
empresarial.
Os principais problemas detectados son: ineficaces criterios de selección dos
desempregados cunha excesiva heteroxeneidade do alumnado; escasos canles de información
e publicidade sobre a oferta de cursos, que non acadan os seus obxectivos de comunicación ó
desempregado; temporalidade da programación dos cursos, coincidente cunha estacionalidade
de máis ocupación (verán), pendente cada ano das resolucións da Consellería e coa
obrigatoriedade de finalizar antes do 30 de novembro, o que provoca a impartición de moitos
cursos no mesmo período, quedando épocas inactivas; dificultades por investimento e
burocracia para a homologación de novas especialidades; certas instalacións anticuadas;
longa duración de certos cursos que inciden no abandono; dificultades de acadar unha equipa
docente que eleve o grao de calidade da formación; xornadas diarias que implican certas
dificultades coa conciliación da vida familiar; ausencia de plantexamento territorial común e de
transporte para centralizar as accións formativas; ausencia de oferta de especialidades
formativas para desempregados con máis elevado grao de formación académica; a
idiosincrasia da poboación con pouca cultura de formación, escasa valoración no contorno
empresarial de dita formación.
Co obxecto de sacarlle a máxima rendibilidade á equipa docente e as instalacións, a
Consellería de Educación e a Consellería de Traballo deberían facer un esforzo conxunto para
programar a oferta educativa solventando os problemas sinalados, ademais de investir na
adecuación das instalacións existentes ás necesidades docentes, en todo o que atinxe a estas
familias profesionais e tratar de restrinxir a súa docencia, na súa maioría ao marco dos centros
públicos. Un servizo de transporte que permita a mobilidade entre os desempregados dos
distintos concellos do Pacto é condición imprescindible para o seu aproveitamento. Ao tempo,
reorientar os centro homologados para impartires especializacións complementarias ás
anteditas familias.
Cómpre salientar o paradoxo observado ao establecer unha comparanza entre os tres
eidos da análise respecto ás seguintes variables: no Pacto, temos o 15% dos centros
colaboradores homologados da provincia (a provincia o 23% dos galegos); o rateo de parados
rexistrados por centro colaborados é de 91 desempregados/centro (na provincia é de 77); o
rateo de desempregados por curso FIP foi de 85 parados/curso (60 parados/curso na
provincia); no Pacto desenvolvéronse o 10% dos cursos FIP levados a cabo na provincia (16%
dos galegos en Lugo); a media de subvención por curso foi de 36.986€ (na provincia de
29.983€); a media por diploma foi de 3.503€ (2.845€ na provincia); e no Pacto no período 2006-
08 investiuse o 12% do total subvencionado para políticas activas de emprego nos cursos FIP
(en Lugo investiuse o 19% do total orzamento). En síntese, fanse menos esforzos en
investimento nesta formación ocupacional; menos cursos aínda que tendo unha maior
proporción de centros homologados, e o custo por curso e diploma e bastante máis elevado
que na provincia. Cómpre recomendar un mellor aproveitamento dos orzamentos e un maior
investimento nesta formación ocupacional, especialmente con mulleres, con persoas menores
de 25 anos, e máis elevado e homoxéneo nivel formativo.
En liña coa falla de valoración percibida, tanto polos desempregados como polos
empresarios, suxerimos entregar aos participantes unha folla informativa do custo por curso e
diploma que lles custaría este, de facelo nos centros de ensino privados, do mesmo xeito que
se está a facer no SERGAS cando envían unha factura polos servizos realizados.

 Outras accións formativas.


Políticas Activas de Emprego 187

• No que atinxe aos Proxectos Formativos con Compromiso de Contratación


Inmediata subliñar a pouca implantación desta oportunidade formativa. No período
analizado, só se realizaron 5 cursos; catro para centros especiais de emprego e un
para unha empresa privada de nova creación. Entendemos que esta escaseza de
utilización dun recurso potencial débese á esixencia segundo a orde que regula esta
programación, da contratación mínima dun 60% dos alumnos implicados e por un
período mínimo de 6 meses. A atomización do noso tecido empresarial non ten
capacidade de absorción de tal contía de traballadores. A Consellería de Traballo
debería flexibilizar estes criterios cara a unha maior adecuación ao territorio e as súas
características.

• Respecto ás Accións Formativas coofinanciadas polo FSE, só se lavaron a cabo no


Pacto 8 accións; 5 para ocupados e 3 para desempregados nos que se formaron un
total de 87 persoas ocupadas e 48 desempregados. Os cursos de ocupados foron
realizados nas familias de “sanidade” e “transporte de mantemento de vehículos”; os
cursos de desempregados foron nas familias de “comercio e marketing” e de “industrias
alimentarias”, agás un de “coidador de autobús escolar”. A porcentaxe de diplomas foi
do 90%, en liña coa duración dos cursos dunha media de 149 horas/curso e a
participación feminina do 57%.

• No que se refire á Formación Continua de Oferta, hoxe en día no territorio do Pacto


fomalízanse a través dos contratos programas de ámbito estatal e de ámbito
autonómico, se ben ao longo do período de estudo e tamén con anterioridade ao 2004,
establecíase a través dos acordos nacionais de formación continua, polo que estes
están incluídos no estudo.

• Respecto aos contratos programa estatais, acadamos datos da Fundación Tripartita


relativos só á provincia de Lugo e Galicia para o período 2004-07, ante a imposibilidade
de ter unha maior segregación para achegarnos ao Pacto. A tendencia de
aproveitamento desta ferramenta foi crecente ata o 2006 onde caeu salientablemente
en canto ao número de participantes ó redor do 50%. Nesta política activa, o total de
participantes na provincia foi de 23.971 ocupados (13% de Galicia); o 45% deles foron
mulleres. A formación desenvolveuse no eido de 22 familias; das cales as de máis
participación foron as seguintes: Administración e Xestión (25%), Informática e
comunicacións (19%), Comercio e marketing (9%), Transporte e mantemento (7%),
Industrias alimentarias (6%). As de menor participación foron Téxtil, confección e pel
(0,04%), e Enerxía e auga (0,07%), Electricidade e electrónica (0,15%).

• Respecto aos contratos programa autonómicos, temos información dada pola


Consellería de Traballo das dúas últimas convocatorias 2006-07 e 2007-08, nas que
incluímos a información do Pacto. No Pacto, neste período realizáronse 79 cursos nos
que participaron 1.433 ocupados, cun 44% de mulleres. A formación desenvolveuse no
eido de 14 familias profesionais, sendo as máis salientables en canto ao número de
cursos: Agraria (23%), Informática e comunicacións (16%), Transporte e mantemento
(14%), Administración e Xestión (10%), Industrias alimentarias (8%), e Hostalaría e
Turismo co 8%). Nas que menos formación se levou a cabo foron: Industrias
extractivas, Instalación e mantemento e servizos á comunidade con un só curso en
cada unha delas. Respecto aos concellos onde se impartiu formación baixo esta
programación foron: o 48% dos participantes eran de Monforte; seguido de Chantada
co 31%; de Taboada co 13%; de Carballedo co 7%; O Saviñao co 7%; Quiroga 2%.
Políticas Activas de Emprego 188

No resto dos concellos non se aproveitou esta programación ao longo destas dúas
convocatorias.
Comparando os tres eidos de análise, no Pacto investiuse o 10% do orzamento
provincial e na provincia o 14% do orzamento autonómico.

• No que atinxe aos Plans de Acordos Nacionais de Formación Continua e para o


período 2000-03, no Pacto formáronse 5.184 ocupados; dos cales o 40% foron
mulleres. A formación desenvolveuse no eido de 19 familias profesionais: o 30% dos
participantes estaban na de Informática e comunicacións; o 11% na de Administración
e xestión; 10% na de Comercio e marketing; 7% na de Transporte e mantemento; 6%
na de Edificación e obra civil e o 5% na de servizos á comunidade. Na de industrias
extractivas só se formou o 0,21%, seguido de enerxía e auga e electricidade e
electrónica ámbalas dúas co 0,25%.
No que atinxe á participación dos concellos, todos eles tiveron participantes,
agás o de Folgoso do Courel onde non participou nin traballadores nin empresas, e
Carballedo onde houbo traballadores formados pero non empresas. O seu peso por
concello foi do 69% para Monforte, 15% Chantada, 7% Quiroga e 4% Taboada; no
resto dos concellos a participación foi máis insignificante.
O peso desta formación no Pacto respecto á provincia foi do 9% e da provincia
respecto á comunidade, do 13%.

Síntese
A formación continua é un recurso desaproveitado no territorio. As familias onde se
demandou máis formación foron no eido de Administración e Xestión e a de Informática e
Comunicacións. Polas entrevistas realizadas ao empresariado, estes prefiren formar aos seus
traballadores nestas familias no contorno da empresa, axeitada aos seus propios sistemas
informáticos e de xestión, e necesidades específicas.
Polo que, nós recomendamos, en primeiro lugar, implementar esta ferramenta pouco
aproveitada, coordinando as accións formativas coa oferta de formación ocupacional, e
intentando non solapar as dúas programacións, centrando sobre todo a formación ocupacional
nas necesidades específicas das empresas.

• Outros programas postos en marcha e destinados especialmente ao colectivo


feminino, en canto a formación foron varias entidades as entidades promotoras dos
mesmos, como a Dirección Xeral de Formación e Colocación (cos plans de formación
Muller porque si e programa Agromar); polo Servizo Galego de Igualdade (diferentes
cursos coma o proxecto Promociona Sistemas Locais de Igualdade de Oportunidades
encadrado dentro da Iniciativa Comunitaria EQUAL); certos cursos do Instituto da
Muller dependente do Ministerio de Traballo e Asuntos Social ou polo Instituto Lucense
de Desenvolvemento da Deputación de Lugo (proxectos Lugo sureste, Lugo Emprego
S.A.D.). Os dous últimos programados coma itinerarios de inserción con módulos en
materias concretas e no ámbito do autoemprego.
o “Muller porque sí”; fanse no 2007 e 2008 dous cursos de electricista de
edificios e de canteiro, con 15 mulleres desempregadas cada un deles.
o “Agromar” contabiliza un só curso no 2008 de Monitor de actividades de tempo
libre infantil e xuvenil, que contou con 12 mulleres e tres homes.
o “Promociona Sistemas Locais de Igualdade de Oportunidades”, leváronse a
cabo cursos tódolos anos cun total de 31 cursos segundo a información
dispoñible; formáronse 520 mulleres en 9 familias profesionais, das cales o
Políticas Activas de Emprego 189

24% estaban relacionados con servizos á comunidade, o 20% coa


administración e xestión, o 15% coas Artes e artesanías, o 14% coa
Informática e comunicacións, o 12% coa Hostalaría e turismo, o 5% coas
Industrias alimentarias, o 4% coa Sanidade, o 3% coa familia Agraria e 3% co
Téxtil, confección e pel.
o “Lugo sureste”; do 2004-05 formáronse 153 mulleres; 95 obtiveron orientación
laboral, 86 continuaron cun itinerario persoal de inserción laboral e 86 con
prácticas empresariais. Das mulleres que pasaron por todo o proceso, 34
lograron inserirse laboralmente por conta allea e unha con autoemprego. A
formación se enfocou no eido dos servizos á comunidade (servizos a domicilio)
e Sanidade (xeriatría e coidados a enfermos de alzheimer).
o “Lugo Emprego S.A.D.”; levouse a cabo entre o 2005 e 2008, no que
participaron 81 mulleres desempregadas que continuaron cun programa de
orientación laboral persoal; 70 seguiron cun itinerario de inserción laboral e
realizaron prácticas en empresas. Finalmente, 33 mulleres inseríronse por
conta allea, e 5 crearon o seu propio negocio. As familias foron as mesmas que
no proxecto anterior.

9.6. Resumen dos rateos de representatividade Pacto/Provincia/Galicia.


 Rateos P.Cooperación, P. Mixtos e F. Ocupacional. Total 2006-2008.
Pacto/Provincia/Galicia.
Segundo os datos obtidos dos históricos de axudas concedidas pola Consellería de
Traballo, no período dos tres últimos anos 2006-2008, de cada 100 euros investidos no
territorio do Pacto, 31 foron a P. de Cooperación, 39 a P. mixtos e 30 a F. Ocupacional.
Na provincia de Lugo, de cada 100 euros investidos; 25 corresponden a P.cooperación,
36 a P.mixtos e 39 a F.Ocupacional.
Na Comunidade; 41 foron a P. Cooperación, 22 a P. Mixtos e 37 a F.Ocupacional.
Dos importes globais das subvencións, segundo a proporción investida en cada partida,
resulta que:
En P. Cooperación foi en Galicia onde máis se investiu, e onde menos na provincia.
En P. Mixtos foi no Pacto onde máis se investiu, e onde menos en Galicia.
En F. Ocupacional foi na Provincia onde máis se investiu e no Pacto onde menos.

Rateos P.Cooperación, P. Mixtos e F. Ocupacional. Total 2006-2008. Pacto/Provincia/Galicia.


Total orzamentos 06-08 P. Cooperación P. Mixtos F. Ocupacional %
Pacto 31% 39% 30% 100%
Provincia 25% 36% 39% 100%
Galicia 41% 22% 37% 100%

Na táboas expostas a continuación amósanse as porcentaxes da representatividade do


Pacto, respecto á provincia de Lugo e Galicia, así como o da provincia no conxunto da
Comunidade.

 Rateo parados rexistrados.


Tendo en conta o número de parados rexistrados no Servizo Público de Emprego no
período 2000-08, pódese ver que os parados do Pacto de Lemos supoñen o 17,20% do total de
Políticas Activas de Emprego 190

desempregados da provincia de Lugo e o 1,74% de Galicia. A provincia, a súa vez, supón o


10,11% do total de parados galegos.
Parados rexistrados Ano 2008 Media 06-08 Media 00-08
Pacto/Provincia 17,51% 17,51% 17,20%
Pacto/Galicia 1,67% 1,72% 1,74%
Provincia/Galicia 9,54% 10,11% 10,11%

 Rateo Recursos das P.A.E. do Pacto de Lemos.


En canto ao peso que os recursos humanos e técnicos (oficinas de emprego, Puntos de
información, axentes de emprego e centros colaboradores) teñen no Pacto, no ano 2008, en
comparación cos outros dous ámbitos territoriais, podemos ver que a porcentaxe
Pacto/Provincia é sempre inferior á porcentaxe Provincia/Galicia.

Asemade, na táboa exposta a continuación podemos ver como as porcentaxes de


recursos humanos e técnicos do Pacto, respecto á provincia, son inferiores á porcentaxe de
parados rexistrados, agás no relativo a oficinas de emprego. No senso contrario, os valores
resultantes da relación Pacto/Galicia que parecen amosar una maior proporcionalidade dos
recursos existentes no Pacto, respecto a Galicia, có peso dos parados.

Rateo recursos humanos e técnicos.Pacto/Provincia, Pacto/Galicia e Provincia/Galicia. 2008.


Axentes de
Unidades Oficinas de emprego Puntos Informa. Centros Colaboradores F.Ocupacional
emprego
Pacto/Provincia 18,18% 17,39% 15,87% 14,93%
Pacto/Galicia 3,8% 3,77% 3,13% 3,41%
Provincia/Galicia 21,15% 21,7% 19,75% 22,84%

 Rateo Programas Mixtos Formación e Emprego


Se analizamos os Programas mixtos por separado, Escolas Obradoiro e Obradoiros de
Emprego, observamos as grandes diferenzas entre un programa e outro.
No período de estudo 2000-08, as Escolas Obradoiro do Pacto supuxeron o 7% das
provinciais e o 2% das galegas, mentres que as realizadas na provincia supuxeron o 27% das
galegas. Ademais, no caso do pacto foi menor que o peso dos parados con respecto a
provincia.
Rateo Escolas Obradoiro. Pacto/Provincia, Pacto/Galicia e Provincia/Galicia.
2008 Media 2006-2008 Media 2000-2008
Pacto/Provincia 0 0 7,14%
Pacto/Galicia 0 0 1,96%
Provincia/Galicia 33,33% 25,93% 27,45%

Os Obradoiros de Emprego levados a cabo no territorio do Pacto ao longo do período


2000-08 supoñen o 25% do total de Obradoiros da provincia de Lugo e o 6,18% de Galicia. A
proporción provincia/Galiciá é do 24,47%.
Políticas Activas de Emprego 191

Os resultados deste rateo superan con diferenzas destacables ás porcentaxes do rateo


do paro rexistrado.
Rateo Obradoiros de Emprego. Pacto/Provincia, Pacto/Galicia e Provincia/Galicia.
2008 Media 2006-2008 Media 2000-2008
Pacto/Provincia 50% 38,95% 25,39%
Pacto/Galicia 9,76% 8,16% 6,18%
Provincia/Galicia 19,51% 21,34% 24,47%

 Rateo de Formación Ocupacional.


Na Formación Ocupacional, os rateos indícannos un menor peso do Pacto de Lemos na
F. Ocupacional, que nos Programas de cooperación e nos Obradoiros de Emprego (agás, nos
proxectos das Escolas Obradoiro). En canto á media de cursos do período de estudo 2000-08,
a F. Ocupacional do Pacto representou o 10% da provincia ( parados Pacto/Provincia; 17%) e o
2% da galega. A provincia, pola súa parte, acadou o 16% da media de cursos en Galicia.

Rateo F.Ocupacional. Pacto/Provincia, Pacto/Galicia e Provincia/Galicia. 2000-2008


Cursos Media
2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008
F.Ocupacional 00-08
Pacto/Provincia 9,74% 10,22% 8,86% 8,86% 8,21% 9,24% 9,48% 9,64% 12,31% 9,62%
Pacto/Galicia 1,70% 1,68% 1,45% 1,32% 1,32% 1,53% 1,70% 1,60% 1,72% 1,56%
Provincia/Galicia 17,43% 16,41% 16,39% 14,92% 16,02% 16,56% 17,94% 16,56% 13,97% 16,21%
Media
Orzamentos 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008
00-08
Pacto/Provincia 9,39% 11,60% 11,27% 11,82% 9,70% 11,39% 13,23% 12,50% 13,42% 11,59%
Pacto/Galicia 1,81% 2,01% 1,94% 1,92% 1,65% 1,96% 2,50% 2,42% 2,27% 2,05%
Provincia/Galicia 19,23% 17,33% 17,25% 16,28% 16,96% 17,25% 18,91% 19,38% 16,92% 17,78%
Políticas Activas de Emprego 192
Políticas Activas de Emprego 193
Políticas Activas de Emprego 194

You might also like