You are on page 1of 7

3.

Tipos de edición

A clasificación dos tipos de edición realízase en función da súa fidelidade


ao texto orixinal: facsimilar > paleográfica > crítica > divulgativa.
1. Edición facsimilar
1) É unha transcrición fotográfica do orixinal.
2) É a máis fiel, pero tamén a máis cara e a de menor difusión.
3) Pode incluír estudos paleográficos ou críticos.
4) Tipos:
a) Simple reprodución fotográfica.
b) Imitación do soporte e a encadernación.

2. Edición paleográfica ou diplomática


1) Reproduce fielmente a lección do manuscrito, servíndose dos caracteres
alfabéticos e os signos convencionais.
2) Criterios:
a) Ausencia de intervención.
b) Certa intervención:
 Desenvolvemento de abreviaturas.
 Separación de palabras.

1 Crítica textual galega


2009/2010
3. Tipos de edición

3. Edición crítica
3.1. Características: edición crítica de documentos notariais
medievais
1) Información do rexesto:
a) Data.

b) Lugar.

c) Tipo de documento (foro, compra, venda, doazón).

d) Actantes (nomes das persoas), en grafía moderna.


e) Lugar ao que se refire o acto xurídico.
2) Arquivo (sinatura).

3) Tipo de documento (copia, orixinal, carta partida...).

2 Crítica textual galega


2009/2010
3. Tipos de edición

4) Material (pergamiño, papel...).

5) Dimensións.

6) Tipo de letra (non aparece en todas as edicións críticas).


7) Outras observacións: estado de conservación, partes danadas...
8) Lingua (especialmente difícil en documentos de principios do XIII).
9) Relación de edicións ou citacións anteriores.
10) Índices:
a) Antroponímico: encabezado polo nome.
b) Toponímico.

3.2. A data
1) Era hispánica:
a) -38 anos.
b) Sinálase co termo era nos textos.
2) Era cristiá:
a) Era actual.
b) Sinálase con ano de Noso Señor nos textos.
c) O ano comeza o 25 de decembro.

3) O X aspado (XL): abreviatura de 40 propia do século XIII (aínda que tamén


se pode atopar no XIV) que pode provocar erros na datación de documentos.
Exemplo: Miguel Romaní datou o Testamento de Estevo
Pérez en 1230, sen ter en conta o X aspado.
Posteriormente, Tato Plaza dátao en 1260 tendo en
conta o X aspado:

Romaní: Era Mª CCª LXª VIIIª → 1268 - 38 = 1230


Tato Plaza: Era Mª CCª LXLª VIIIª → 1298 - 38 = 1260

3 Crítica textual galega


2009/2010
3. Tipos de edición

4) Data omitida ou non segura: colócase entre [].


5) Data descoñecida: s.a.

3.3. O texto
1) Finalidade da edición crítica: fixar un sistema ortográfico que
represente fielmente na medida do posible a lingua do autor e ada súa época
a través de signos de hoxe.

2) Criterios de edición:

J. DE AZEVEDO R. LORENZO C. DE AZEVEDO


FERREIRA VÁZQUEZ MAIA
desenvolvemento en
desenvolvemento en desenvolvemento en
Abreviaturas cursiva nalgúns
cursiva cursiva
casos
conservación con
Til de nasalidade conservación conservación
algunha excepción
actualización con actualización con
Separación de
pequenas actualización pequenas
palabras
excepcións excepcións
Puntuación actualización actualización actualización
Acentuación só diacrítico actualización só diacrítico
Maiúsculas e
actualización actualización actualización
minúsculas
Uso de v/u e j/i conservación conservación conservación
engadidos < > engadidos [ ] engadidos [ ]
Erros do copista
supresións ( ) supresións ( ) supresións: nota
ou alteracións do
lagoas [...] lagoas (...) lagoas [...]
texto
correccións [ ] correccións: nota correccións: nota
F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, Notario de Rianxo

a) Abreviaturas: Ramón Lorenzo propón que se desenvolvan en cursiva só


nos casos nos que poden presentar dous desenvolvementos posibles. Con
todo, na maioría dos casos as abreviaturas admiten máis dunha
interpretación, polo que parece máis práctico desenvolvelas sempre en
cursiva.
b) Til de nasalidade (sinal de abreviación):
 Na actualidade Ramón Lorenzo segue un criterio diferente:
 Manteno para reflectir a nasalidade resultante da caída dunha nasal
intervocálica (yrmão).
 Non o mantén para a representación dunha nasal implosiva (mõte →
monte).
 Clarinda de Azevedo Maia non o mantén cando non ten repercusión
fonética (año → ano). Nestes casos Ramón Lorenzo introduce unha
nota a pé de páxina.
c) Segmentación.
d) Puntuación.
e) Acentuación.

4 Crítica textual galega


2009/2010
3. Tipos de edición

f) Maiúsculas e minúsculas.
g) Uso de v/u e j/i.
h) Erros do copista ou alteracións do texto:

3) Aparato crítico.

4. Outros tipos de edición


1) Escolares:
a) Anotadas (notas léxicas, históricas, literarias) e precedidas dun estudo
introdutorio.
b) Adoitan reproducir unha edición anterior, prescindindo do aparato
crítico.
2) Modernizantes:
a) Modernización das grafías.
b) Conservación do léxico, a morfoloxía e a sintaxe.

3) Modernas:
a) Tradución á lingua actual e recreación, polo que son as que máis
modificacións teñen con respecto ao orixinal.
b) Destinatario: público non iniciado (intención divulgativa).
Exemplo: Milagres de Santiago: comparación entre unha
edición crítica (Pensado, 1958) e unha edición
divulgativa (Imna García Sendón / Manuel García
Sendón, 1989):

5 Crítica textual galega


2009/2010
3. Tipos de edición

CRITERIOS DE EDICIÓN
Desenvolvemento en cursiva en poucas ocasións.
Abreviaturas
τ (signo tironiano): et
Til de
Conservado no caso da nasal implosiva.
nasalidade
Separación de
Actualización.
palabras
Puntuación Actualización
Acentuación Non actualizada.
Maiúsculas e
Actualización.
minúsculas
Uso de v/u e j/i Conservación

COMPARACIÓN
pescoço → pescozo
ajuda → axuda
ligeira → lixeira
<rr> → <r>1
Grafías
actualización do uso de <b> e <v>
actualización da representación de contraccións (d' ali > de
alí)
he → é
Fonética pescoço → pescozo
ajuda → axuda
ligeira → lixeira
diso → dixo
hũu → un
Morfoloxía
sedere (siia) → estar
ca (completivo) → que
Léxico bafo → alento
quebrantar → rebentar
Calrros → Carlos
Rrulã → Rolán

1
O <R> dos manuscritos adoita transcribirse como <rr>, xa que representaba un // e non un //.
Exemplo: caRo > carro.

6 Crítica textual galega


2009/2010
3. Tipos de edición

guisar → preparar
Reordenación
Sintaxe Supresión de boa parte dos et
Introdución do estilo directo

***
Cómpre ter en conta que estes tres tipos de edición se poden mesturar,
pero a finalidade de todas elas é divulgativa, polo que teñen un nivel de
intervención moi alto.

7 Crítica textual galega


2009/2010

You might also like