You are on page 1of 51

COUSIÑAS FEITAS NA CASA

presenta a:
Luisa Roxelio

e máis

os ratiños

en:
AS VIAXES DA RATA LUISA
Un fin de semana en Cambados
A familia de Luisa como é moi viaxeira
aproveita para saír unha excusa calquera
Si vai sol… á praia
Si vai sol… á praia, ao monte se hai neve
Se vai sol… á praia, ao monte si hai neve, e si está nubrado… a onde
a idea os leve
Este fin de semana, como vai facer bo tempo
van ir dar unha volta para ensinarlle algo aos nenos
Pensan, e falan… (hai que decidir)… e
miran no mapa. Hai tanto a onde ir!
CAMBADOS

E, despois dunhas voltas, tocoulle esta vez


achegarse a Cambados… disque hai tanto que ver!
Reservan hotel, preparan a equipaxe
e xa están listos para facer a viaxe.
E no seu coche encarnado, o sábado á mañán,
entraron na vila… por Fefiñans
Entraron na praza e… vaia sorpresa!
O pazo coa torre
…o arco
…e a igrexa
Despois de mirala botaron a andar,
cara ao centro do pobo, pola rúa Real
Na praza de Asorey pararon de novo.
A Naiciña, de pedra, chiscoulles o ollo.
Baixaron á Calzada,
Foron ata o concello,
E, os nenos, no parque… pasárono de medo!
Deixándose ir,
por prazas
e rúas,
fóiselles o tempo… Xa pasaban das dúas
Como xa era hora, acordaron comer,
e pola tarde, no coche, foron a San Tomé.
Viron os barcos, deitados na praia,
o pazo do asilo e a escalinata
Achegáronse á Torre
e no areal do Serrido
Viron as ameixas… e os berberichos
Polos Olmos subiron a Santa Mariña
Como lle gustaron
as vellas ruínas!
E desde a Pastora,
mirando ao mar,
viron todo o pobo
desde a Torre ao Pombal

A Toxa A Curota
Sálvora Con de Nor Ribeira
O Grove A Arousa

SAN TOMÉ CAMBADOS FEFIÑÁNS

e A Toxa, e O Grove, as bateas, A Arousa,


e na banda do mar, Ribeira e a Curota,
e, ao lonxe, Sálvora e o Con de Nor,
e aínda máis lonxe, onde se deita o Sol
Á noite no hotel, na cea,
falaron das cousas que viron
e do ben que o pasaron.
Ao día seguinte erguéronse cedo
para ir ver as telleiras que hai en Castrelo
Non viron gran cousa, a decir verdade

CASTRELO
pero gozaron do sitio e máis da paisaxe
Botaron a mañán, que se lles foi en nada,
mirando as aves que hai na enseada.
Viron ao bilurico,

á garza real

ao corvo mariño,

ao alavanco,… ao carrán…
Fóronse, á tarde, ata Vilariño
VILARIÑO
a ver unha adega de viño albariño
Fixeron a merenda no con de Sete Pías
E logo foron ver os sartegos de Oubiña
OUBIÑA
Volveron pola Modia para ver, en Corvillón,
o muiño da Seca e a posta do Sol CORVILLÓN
No peirao de Tragove remataron o día
vendo perderse ao Sol pola boca da ría.
E con noite pecha, camiño da casa,
contan e non paran do fin de semana.
fin
Idea, letra e ilustracións: MON DAPORTA PADÍN
Luisa, Roxelio e os seus rapaces
agardan que vos gustara esta súa viaxe

ABUR!

You might also like