You are on page 1of 2

FOLIADA DE STA LILAINA

Sempre m´andas preghuntando


de que romaría veño
veño de Santa Lilaina
de Santa Lilaina veño.

Heiche de tocalas cunchas


miña carrapucheiriña
heiche de tocalas cunhas
naquela carballeiriña.

O cura ten un paxaro


non sei que paxaro é
ala pola media noite
ponse o páxaro de pé.

Non me toques na barrigha


que me doe que m´atormenta
un pouquiño mais abaixo
na caixa da ferramenta.
Foliada de Tenorio
1.- Carballeira de Tenorio
heina de mandar cortar
cando vou pra Pontevedra
tírame a vista do mar (bis)
Ai lalara ai la la lala

2.- O gaiteiro de Soutelo


mal raio de Dio-lo mate
non quere tocar a gaita
sin que lle den chocolate (bis)
Ai lalara ai la la lala

3.- Toca gaiteiriño toca


meniñas correi a velo
que moita gaita gaitiña
do gaiteiro Soutelo (bis)
Ai lalara ai la la lala

4.- Os cregos e os taberneiros


teñen moito parecido
os cregos bautizan nenos
os taberneiros o viño (bis)
Ai lalara ai la la lala

http://www.youtube.com/watch?v=WdXHDveqWUs (3_11 Foliada de Tenorio)

You might also like