You are on page 1of 4

VARIEDADE DAS LINGUAS

As variedades dentro dunha lingua poden deberse aos seguintes factores:

* TEMPO: as chamadas variedades DIACRÓNICAS. As linguas van variando ao longo do tempo e, na súa
evolución, ofrecen diferentes sistemas. Así, no caso do galego distinguimos, dende o punto de vista
diacrónico, o “galego-portugués” (ou galego medieval), o “galego medio” e o “galego actual”.

* ESPAZO XEOGRÁFICO: as chamadas variantes DIATÓPICAS. Segundo o lugar do falante (o espazo


xeográfico no que viva), así usará diferentes variedades. Cada unha desas variedades é o que se soe
chamar “dialecto”. As variantes diatópicas do galego son as que permiten falar da existencia de Bloques
e áreas lingüísticas no seu idioma.

* NIVEL SOCIOCULTURAL DO FALANTE: son as coñecidas como variedades DIASTRÁTICAS ou SOCIAIS.


Están constituídas polos niveis de lingua e correspóndense coa situación cultural, económica e social do
falante. Existen tres niveis de lingua: culto, popular e medio. Cada falante usa ou ten como propio un
deles dependendo da súa situación social.

* CIRCUNSTANCIAS RELACIONADAS CO CONTEXTO: as chamadas variedades DIAFÁSICAS. Son os


REXISTROS: formal, coloquial, técnico, xurídico, etc. O falante fará uso deles segundo a situación, o
tema, o interlocutor... independentemente da variedade diastrátrica que teña como propia.

REXISTROS LINGÜÍSTICOS

O galego culto responde á norma estándar, é un galego esmerado, depurado, propio da lingua escrita e dos
medios de comunicación. As características propias deste rexistro formal son, entre outras: unha pronuncia
coidada, unha sintaxe complexa, con abundancia de subordinación e moitos conectores textuais; ten un léxico
rico e preciso, con abundantes cultismos e ausencia de castelanismos e vulgarismos ...

O galego popular empregado pola maioría dos falantes, é maioritariamente oral, propio da comunicación
familiar e coloquial, e contén numerosos desvíos da norma (dialectalismos, castelanismos, vulgarismos...);adoita
presentar referencias aos interlocutores; usa pronomes de solidariedade; emprega unha sintaxe pouco
complexa, con poucos conectores, con anacolutos, vacilacións, ausencia de planificación discursiva, repetición
de palabras, palabras “comodín”...

VARIEDADES DIATÓPICAS OU XEOGRÁFICAS

Dentro do galego hai unha serie de falas caracterizadas por determinados trazos idiomáticos que conforman tres
grandes bloques lingüísticos: occidental, central e oriental. Dentro destes bloques, pódense distinguir certas áreas ou
zonas lingüísticas de menor extensión.

Chámase isoglosa á liña ideal que sinala nun territorio o límite dun trazo lingüístico peculiar.

TRAZOS
Fonéticos * Gheada
* Seseo

Morfo- * Terminación en –án / -ao


sintácticos * Formación do plural
* Sufixo –iño /-in
BLOQUES
Occidental Metade occidental das provincias de Pontevedra e da Coruña e
unha zona do suroeste da provincia de Ourense
Trazos * Seseo implosivo
* Gheada
* Plural en –ns
* Terminación –an para masculino e
feminino
* Forma ti para o pronome de 2ª
persoa
Áreas Fisterrá, bergantiñá, pontevedresa
Central Galicia central, nordeste e interior da provincia da Coruña, interior
de Pontevedra e Lugo e Ourense, agás a súa parte oriental
Trazos * Ausencia de seseo
* Gheada na zona occidental e
ausencia de gheada na oriental
* Plural en –s
* Terminación –ao para o masculino
e –á para o feminino
* Forma ti no occidente e tu no
oriente
Áreas
Mindoniense, lucus auriense

Oriental Leste de Lugo e Ourense e o galego exterior, falado nas zonas


estremeiras de Asturias, León e Zamora
Trazos * Mantemento do ditondo –ua- en
formas como cuatro
* Plural en –is para as palabras
rematadas en –l na área asturiana
* Terminación en –in no canto de –
iño
* Forma –is para a 2ª persoa do
plural (cantáis, cantabais)
Áreas Asturiana, ancaresa e zamorana

Área fisterrá: Seseo explosivo e cheísmo. //Área bergantiñá: Ausencia de seseo e de cheísmo.//Área pontevedresa:
Demostrativo esto e ditongo –oi- (ao norte) / isto –ui- (ao sur).

Área mindoniense: formas verbais propias: seña, esteña.//Área lucus-auriense: iste, ise, aquil, il.

Área asturiana: conservación do –l- (molín) e terminación en –ius (molius).//Área ancaresa: vogais nasais,
gheada.//Área zamorana:uso do pronome o (CD) despois de forma verbal rematada en ditongo decrecente (haio,
deixouo).

http://consellodacultura.gal/arquivos/asg/anosafala.php.

https://www.youtube.com/watch?v=BEAz3_YJ8fg
EXERCICIOS

1. Indica as características dialectais dos seguintes textos e adscríbeos a un bloque e, se é posible, a


unha área concreta:

* Existen aqui nel pueblo unhas agrupaciois, que tan sendo melloradas. Hoi hai unha de catro vecíus que
poden poñer camín de cen vacas, si lles axudan, el estado, Ordenación Rural i Extensión Agraria...

* A arola nunca tivo asetasión porque ten unha cuncha largha e carne ten moita, que está chea de carne,
pero é unha carne dura...

* Vinche onte e deiche os libros.

* Iles andan tolos, nin sequera repararon no seu irmao. Istes rapaces!

2. Indica e xustifica o nivel lingüístico ao que pertence o seguintes texto:


Nai quixo detelo unhas poucas de veses, e outras tantas desfasíase dela cun empuxón e unha ameaza. Solo cando ela lle
berrou que non me peghase máis, que a que fora onda o Manuel fora ela e non eu, entón pai detívose e, resollando,
bruou:
—Ti tamén, puta!
—Si, eu tamén! —chantoulle ma, cos ollos botando lume—. Se che vale así, eu tamén!
Pola miña cabesa, amais do odio feroz que sentía cara a aquel porco, lampexou entón outra teima, a dos ciumes, a da
desconfianza na persoa coa que vives e que che aghilloa a cachola …
Era posíble algho así? Aquel pai, aquel animal, cun sinto na man… Estivera eu tan segha como para que non mo dera o
corpo? Parva era pouco chamarme. Parvallana, estúpida e babeca …iso era eu, matinei entre o alivio das sintoladas que
a mamá me quitara de enriba facendo de pandote.
(Texto adaptado)
3. Contesta:
a) Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras:detelo (liña 1), berrou (liña 2), fora (liña 2), porco
(liña 6), segha(liña 8).
b) Indica o tempo e o modo das formas verbais destacadas en negriña no texto.
c) Indica cal é o tema do texto e fai unha síntese del.
d) Expón a túa opinión persoal sobre a violencia familiar.

You might also like