You are on page 1of 1

INDICACIÓNS PARA ELABORAR UN COMENTARIO POÉTICO

PROCESO:

1. Lectura comprensiva do texto.


2. Subliñado das ideas principais ou das palabras-clave no texto.
3. Análise do poema (cantiga ou canción):
a. INTRODUCIÓN. Contextualiación do texto (Época. Escola literaria. Etapa. Xénero. Autor/a)
b. ANÁLISE DA FORMA
i. Estrutura (talho ou corpo do poema, cobras ou estrofas, palavras ou versos, refrán
ou estribillo)
ii. Tipo de rima (macho ou aguda / femia ou grave, consonante/asonante), palabra
perduda ou verso libre, tipo de cobras ou estrofas pola rima)
iii. Recursos (dobre, mordobre, paralelismo, leixaprén, cobras capdenals, cobras
capcaudadas, ata a fiinda... Repeticións, diloxías, metáforas, hipérboles, hipérbatos,
comparacións, símiles...)
c. ANÁLISE DO CONTIDO
i. Voz lírica do poema (tipo de cantiga ou poema). Destinatari@s e/ou interlocutures
ii. Localización espacial ou non. Ambiente (tipo de cantiga ou poema: romaría,
barcarola...)
iii. Elementos da natureza (simbolismo) / Estados do trobador (precador, drudo...)
iv. Temática (lamento pola ausencia do amado, invitación a gozar da vida... eloxio da
dama, coita de amor, joi... sátira política, sátira moral, sátira social... captatio
benevolentiae, epítetos épicos, locus amoenus, tempus fugit irreparabile, vita flumen,
vanitas vanitatum, Ubi sunt?)
d. CONCLUSIÓN. Interpretación persoal do poema
i. Breve reflexión que recolla algún aspecto esencial dese poema (pegada hoxe?)
ii. Interpretación persoal do texto (ou baseada na opinión dun/dunha estudos@ do
tema)

CRITERIOS DE CORRECCIÓN:
1. Contido (80%)
a. INTRODUCIÓN. (1 punto)
b. ANÁLISE DA FORMA (3 puntos)
c. ANÁLISE DO CONTIDO (3 puntos)
d. CONCLUSIÓN. (1 punto)
2. Expresión (20%)
 Cada erro suporá -0’1

OBSERVACIÓN: Estes criterios de corrección están pensados para un comentario que posúa arredor de 250
palabras. Pois non é o mesmo cometer 10 erros de expresión nun comentario de 250 palabras, que cometer 10 erros
nun comentario de 100 palabras. En consecuencia a puntuación será proporcional ao número de palabras.

You might also like