You are on page 1of 1

ESQUEMA DA 5ª CLASE TEÓRICO PRÁCTICA MODELOS DE RELACIÓN

• A relación coas personas usuarias (pacientes) pode enmarcarse no modelo


biomédico ou na perspectiva biopsicosocial, tal e como vimos cos 4 exemplos
que limos:

o No modelo biomédico a relación técnica cosifica ás personas, pois so as


considera desde o punto de vista do problema orgánico, sen atender aos
aspectos contextuais e de carácter psicosocial. Habitualmente se dirixe a
atopar a causa física, emplea términos técnicos, non existe empatía e non
ten en conta as necesidades e expectativas das persoas nin os seus
recursos...

o Cando se produce unha certa agresión aos/ás pacientes, este tipo de


relación pódese convertir nunha relación antagónica, na que o/a
profesional de saúde perde calquer tipo de distancia co paciente e chega
a ocasionarlle malestar

o A relación paternalista sí que ten en conta a empatía e non cosifica as


persoas, pero as infantiliza, tratándoas como se non puideran facerse
cargo do seu problema de saúde.

o A relación baseada no modelo de competencia, desde unha perspectiva


biopsicosocial, parte da necesidade de considerar todos os aspectos que
inciden no proceso saúde-enfermidade (contexto, estado anímico,
percepcións, expectativas, axudas e soportes, problemas de saúde e
indefinicións, ...), contando coa persoa desde o mesmo momento da
definición dos obxectivos a seguir. Farase unha valoración que é a que
determina os matices a incluír na relación, e non ao revés. Por exemplo,
ante unha situación de enfermidade crónica que causa moita angustia á
paciente, o/a fisioterapeuta pode determinar que o mellor é iniciar unha
aproximación máis paternalista para descargarlle da carga emocional, se
ben sempre como punto de partida para ir conseguindo que a persoa vaia
comprendendo o proceso, adquirindo habilidades e aprendendo a levar
as rendas do seu propio proceso.

You might also like