You are on page 1of 1

IES Laxeiro – 12/01/2022

O pasado mércores 11 de xaneiro de 2023, o alumnado do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e


Automatismos e xunto co alumnado de 1º Bacharelato que cursan a área de Tecnoloxía industrial,
participaron nunha actividade complementaria, coa visita ao Parque Experimental Eólico de Sotavento,
situado na Serra da Loba. Os contidos estiveron centrados na parte técnica pero non faltou a
compoñente transversal de do comportamento social e ético en canto a problemática medioambiental
dos recursos enerxéticos. Nesta visita puideron afianzar os seus coñecementos de tecnoloxía e
instalacións acerca das enerxías renovables. Como en anos anteriores, fomos recibidos e moi ben
atendidos polo persoal deste parque, que é moito máis que unha central de produción de enerxía
eléctrica, senón que funciona como unha aula divulgativa das vantaxes das fontes de enerxía renovables
e de promoción de condutas sostibles e respectuosas co medio, tan necesarias para fomentar na
cidadanía un consumo enerxético responsable.
Esta actividade estivo organizada polos depart. de Electricidade FP e Tecnoloxía Bach do noso centro.

Av. Bos Aires nº 71 - 36500 LALIN – Tfno 886151940 – edu.xunta.es/centros/ieslaxeiro – email ies.laxeiro@edu.xunta.gal

You might also like