You are on page 1of 99

Tema 1

1) Explica en que consiste a teoría dos polisistemas e describe brevemente


cada un dos elementos nela envolvidos (300 palabras)

O investigador Even-Zohar coneza a elaborar a sua teoría dos polisestemas nos anos 70.
Esta teoría basease nun conxunto de sistemas que interactúan netre eles, de trata de
describir e de dar sentido a como viven os textos na sociedade.

Esta teoría estuda as circunstancias de producción, recepcione distribución destos textos


literarios, e se contrapón a critica literaria da época, o Estructuralismo, que ten una
visión interna deste proceso, sen ter en conta os elementos sociais ou culturais que
rodean aos fenómenos literarios.

O investigador considera que a obra é un concepto moito mais amplo, un polisistema no


que debense incluir elementos de natureza non verbal.

Para a elaboración de dito sistema, Even-Zohar parte do circuito e conunicación de


Jakobson, rescribindo e ampliando os conceptos que este ten, sendo estes elementos

o productor (emisor con Jakobson), una ampliación do concepto previo, xa que este está
asociado ao escritor, e existen moitos mais tipos de escritores dos que se tiñan en conta
nun inicio;

o consumidor (receptor con Jakobson), vole ampliar o concepto previo, considerando


que non é receptor soamente aquel que lee, senón tamén aquel que recibe a mesaxe
literaria de calqueira forma sexa;

a mensaxe, que non se pode limitar ao concepto de “texto”, xa que hai que ter en conta
tanto a edición como os paratextos que o aconpañan;

o mercado, que é según Even-Zohar quen regula a producción e consumo de obras


literarias;

a institución, elemento que inclue as forzas sociais e de poder que crean consenso para
considerar que é e que non é una obra literaria;

e o repertorio; o conxunto de regras e normas que advirten sobre o funcionamento dos


textos, e regulan a producción.

2) Reflexiona sobre a mudança operada no conceito "literatura" desde o


século XII até à atualidade, atende especialmente a función social das
práticas e discursos identificados como literários e à evolución das normas
que os identifican[300 palavras]
O concepto de literatura é dinámico, o que hoxe usamos baséase nun uso particular da
linguaxe, a creatividade relacionada coa ficción e a orixinalidade como valor
fundamental.

As literaturas fóronse configurando como literaturas nacionais, relacionadas cunha


determinada lingua e nación, mais pode haber alguna literatura que non sexa apiada por
unha nación, cona a catalá. As literaturas nacionais foron sempre materias de ensino,
tendo incorporada a galega ao ensino despois da morte de Franco, e estudandose como
materia optativa no 75 e e no 79 como obrigatoria, cando as otras literaturas xa eran
obxecto de ensino moito tempo antes. Antes do século XVIIl a literatura non tiña o
significado que ten agora, todo o que tiña que ver con palabras e letras era literatura,
designaba todas as obras de gusto sen distinguir poesía, historia, crítica….

Dentro dese conxunto había o das belas letras, que é o que sustenta o da actualidade.
Retórica e oratoria formaban a base da formación literaria das persoas. No século XVIII
aséntanse as bases do concepto de literatura de hoxe, a institucionalización da literatura
durante ese século uniu a autonomía e a institucionalización das practicas discursivas,
que ate o momento estiveran subordinadas á gramática e a retórica e o estudo de ditas
prácticas.

As "lettres hunhanes" foron sustituidas polas "belles lettres."; a poesía e a poética foron
sustituidas pola literatura e os estudos literarios. As literaturas de todo o mundo
formáronse sobre o modelo nacional creado e promovido por Alemania a finais do
XVIII. O movemento nacional das literaturas que aconpañou á formación dos espazos
políticos de Europa desde o conezo do XIX, levou a una esencialización das categorías
literarias e a crenza de que as fronteiras do espazo literario coincidían coas nacionais e
as nacións encerradas en sí mesmas producían cadansúa obxectos literarios cuns
horizontes nacionais.

3) Apresenta as principais etapas enque a historiografia literária galega


contemporânea organiza a periodización da literatura galega. Reflexiona
sobre os critérios utilizados para esa periodización e sobre os motivos dos
eventuais hiatos existentes [250 palavras].
Atendendo á periodización da Literatura Galega segundo o profesor Carvalho Calero,
existen tres grandes ciclos na historia da nosa lingua e literatura: o ciclo antigo (s.XIII-
XV); o ciclo medio (s. XVI-XVIII) e o ciclo moderno (s.XIX-XX). O primeiro sería o
da normalidade e esplendor medieval, no que atopamos dúas etapas: o esplendor do
período trovadoresco (1200-1350) e o período postrobadoresco e expansión da prosa en
detrimento dos modelos líricos (1350-1500).

O segundo, o dos séculos escuros, coa práctica desaparición da literatura galega como
tal. O terceiro, no que aínda estamos, o da batalla pola normalidade e a restauración
plena da nosa lingua e literatura, que presenta dúas etapas, unha no século XIX e outra
no XX. A etapa contemporánea do século XIX conta cun período precursor (1808-
1863), e un primeiro Renacemento conprendido polos tres grande clásicos do
Rexurdimento (1863-1891).

Por último, nesta etapa, dase o fenómeno da depresión intersecular (1891- 1913). Na
segunda etapa contemporánea do ciclo moderno atopamos o segundo Renacemento, no
que interveñen as Irmandades da Fala, o Grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos
(1914 – 1939).

A literatura máis recente aparece no ano 1940, e é na etapa na que nos atopamos.
Podemos observar que a periodización depende do estado no que a lingua galega se
atopaba en cada unha das etapas: no primeiro ciclo, ben en lírica ou en prosa, existía
unha alta produción de textos en galego.

O segundo ciclo, o medio, coneza cos séculos escuros, e por tanto cunha terrible crise
lingüística e de desprestixio da lingua galega. Unha vez superada dita crise, coneza o
terceiro ciclo, o de Rexurdimento. Se embargo existe dentro deste ciclo unha recaída
(depresión intersecular) que non o logra dividir en dous, mais é suficiente para
distinguir dúas etapas dentro do mesmo.

Tema 2
4) Explica e confronta as gráficas seguintes. Coloca estas gráficas sobre
línguas deproducción e instituicións envolvidas enrelación con o teu
conhecimento sobre as temáticas e géneros presentes nos catálogos das
bibliotecas de D. Duarte e do Mosteiro de Alcobaça (600 palavras)

A gráfica situada á Esqueda conpara a lingua de produción das obras presentes nos
catálogos das bibliotecas de D.Duarte e do Mosteiro de Alcobaça. Como se pode
observar a simple vista, na biblioteca de D.Duarte predomina a produción en Galego-
Portugués, estando un 70% da sua coleción nesta lingua, fronte un 15% aproximado en
latín, e outro 15% en castelán e otras linguas.

Mentres, na biblioteca do Mosteiro de Alcobaça ao redor dun 60% da súa coleción está
escrito en latín, e soamente un 20% en lingua galaico-portugesa. O 20% restante se
corresponde co castelán e otras linguas. Vése unha grande diferenza entre a cantidade de
obras en Galego-Portugués presentes en cada unha das bibliotecas.

Isto débese principalmente ás temáticas, xa que neste período histórico a literatura en


lingua galaico-portuguesa trataba temas de carácter profano, social e cotiá; e non
relixioso, como facía anteriormente.

Este fenómeno pode xustificarde pola creación dun novo sistema literario laico da man
de membros da nobreza (como D.Duarte). Por esa razón, é lóxico que na biblioteca do
Mosteiro de Alcobança non exista un número tan elevado de obras deste carácter, e si
haxa un gran número de exemplares en latín, que seguía a ser a lingua principal no
ámbito relixioso. Atendendo aos xéneros presentes en cada unha das bibliotecas
podemos observar cómo, na de D.Duarte existen varios exemplares relacionados coa
didáctica, historia profana,cavalarias etc. Mentres que no Moesteiro de Alcobança
predominan os exemplares de temática relixiosa e de ensino, sobre o resto.

Se pasamos a observar a gráfica da dereita, na que se conparan as institución Corte e


Igrexa, observaríamos o mismo fenómeno. Na biblioteca de D.Duarte, predomina nun
80% aquelas obras e exemplares propios do carácter profano, didáctico e cavaleiresco
da época, fronte o 20% relacionado coa Igrexa e a fe.

Como é lóxico de esperar, na biblioteca de Alcobança sucede exactamente o contrario; a


proporción é moi similar, mais á inversa. Tendo en conta o período histórico no que nos
atopamos, a Idade Media, é esperabel que ambas temáticas convivan, pero estando xa
cada unha moi presente nun ámbito, e en envías de escaseza noutro, mais nunca
alcanzando a desaparición.

Como conclusión, e relacionando os datos obtidos de ámbalas dúas gráficas,


observamos como na Idade Media, e sobre todo segundo máis tardía sexa a etapa da
mesma, a lingua galaico-portuguesa era a destinada aos textos de ensino e didáctica, así
como era a lingua na que se escribían os textos sobre historia profana e cavalerias,
moito máis presentes no ámbito da corte nobre, xa que o sistema literario que estaba a
ser construido dependía en gran medida da nobreza. En cambio todos os textos de
índole relixiosa e eclesiástica empregaban o latín, e atopámolos en ámbitos
conpletamente relixiosos, como en bibliotecas de Mosteiros como o de Alcobança.

5) Explica a función e as condicións sociais deproducción da literatura no


espazo galego-português entre os séculos XII e XV. Utiliza na redacción as
seguintes palavras chave: nobreza, monarquia, escolástica, linhagem,
matrimónio, mecenato, herança, trovador, cavalaria, cantares de amor,
largueza. [900 palavras]
A sociedade na Baixa Idade Media (séculos X – XVI) caracterizábase por ser unha
sociedade estamental, é decir, baseada na organización xerárquica onde canto máis
arriba da pirámide estamental se atopase alguén, maior poder socioeconómico posuía, e
maior numero de dereitos e vantaxes.

Ademáis, o feudalismo atopábase en decadencia fronte o conercio, que conezaba a


recuperar o poder que posuía na Alta Idade Media. Foi neste momento cando se buscou
unha transformación no sistema literario; comezou un proceso de construcción dun
sistema literario laico da mano da nobreza, en lingua romance.

Neste período histórico a literatura (que como sabemos é un termo dinámico e


cambiante) era definida como un repertorio de clase, é decir, estaba moi ligada á
nobreza, e a súa función principal era a lexitimización, a educación e a regulación da
nobreza. A lingua romance reservouse para a elaboración de textos didácticos e laicos,
polo que os textos relixiosos deste período que podemos atopar nos archivos das
bibliotecas están escritos, principalmente, en latín.
No ámbito político e económico tamén existiron cambios, como por exeplo no sistema
de herdanza; baseado agora na liñaxe e no matrimonio. Por esta razón existía unha
concentración do poder entre os dous grandes estamentos; a nobreza e a monarquía.

Á hora de producir textos literarios, era a nobreza quen posuía o mecenato, é decir, o
poder de encargar aos escritores as obras que eles consideraran. Así como posuían o
mecenato, posuían o poder de censurar ditas obras se non se axustaban ao que eles
precisaban. As obras literarias deste período debían rexirse pola escolástica, é decir, a
arte da escola, xa que era a idea de arte que se tiña naquel momento, e guiarse por unas
formas e estructuras fixas das que non podían saírse se non querían ser censuradas polo
poder civil e relixioso. Neste período, a orixinalidade era considerado un pecado de
orgullo.

Segundo Georges Duby, as funcións da arte medieval eran principalmente tres: ser unha
oferta a Deus, aos santos ou a falecidos coa fin de obter a súa indulxencia; ser
intermediario entre o mundo sobrenatural e o mundo hunhano, para así acercar os dous
mundos e facer visible o divino a través do visible.

Na Idade media cultiváronse dos xéneros principalmente: a lírica e a prosa. Dentro da


lírica medieval podemos atopar tres axentes produtores: a figura do trovador, membro
da nobreza, de alta consideración social, conpón cantigas e non recibe ningún tipo de
conpensación económica, forma parte do grupo das artes liberáis; A figura do xogral, de
clase baixa, normalmente interpreta as cantigas escritas polos trovadores mais pode
conponer nalgún caso a pesares de non ser o usual, e a diferencia do trovador, recibe
conpensación económica, forma parte das artes mecánica; E a figura do Segrel,
pertencentes ao grupo social dos fidalgos, son considerados xograis que conpoñen e
executan cantigas e aspiran a ser considerados trovadores.

Xa entrando no corpus poético da lírica medieval galego-portuguesa, atopmaos ao redor


de 1680 textos da lírica profana e 427 da relixiosa.

Dentro da lírica profana existen tres tipos de cantigas: de amigo, de amor e de escarnio e
maldicir, así como tres tipos de conposicións menores: o pranto, a tenzón e as
pastorelas. Na lírica relixiosa só atopamos as cantigas de Santa María. Estas cantigas
tiñan unha función social, que era o acceso ao matrimonio e as normas de
conportamento vasaláxico. Ademáis, a cantiga de amigo presentaba a función específica
de adoutrinar ás mulleres na política matrimonial da casa. Tamén podemos ver unha
evolución dentro do xénero, como por exemplo da cantiga de amor aos cantares de
amor (unha mistura de cantigas de amor e cantigas e amigo).

Como xa sabemos, ademáis da lírica, na Baixa Idade Media cultivouse tamén a prosa,
máis escasa, máis serodia e menos orixinal que a lírica. Poden distinguirse catro grupos
diferenciados: Os textos máis antigos, escritos cara o ano 1214; a prosa literaria, onde
destaca a Matéria de Bretanha (busca transmitir unha imaxe de harmonía entre a
nobreza e a monarquía), e dividida á súa vez en tres ciclos (ciclo bretón, ciclo clásico e
ciclo carolinxio); a prosa historiográfica, (na que se atopan os libros de liñaxes, cuxa
función principal era a lexitimización da nobreza e o regulamento do matrimonio), de
carácter propagandístico e lexitimador; a prosa haxiográfica ou xacobea; e a prosa
tabeliónica, dotada de fins utilitarios.
6) Seleciona para conentar undos seguintes textos. Indica o asunto e identifica e
localiza o fragmento para depois individualizar e desenvolver as principais ideas
contidas no texto selecionado [300 palavras]

a) As razóns desta escasa valoración da prosa non obedecen, a diferenza do que lle
sucedía aos textos trobadorescos tardíos, á adscrición ao ámbito de influencia do
sistema opresor. Pola contra, reaparece o criterio de orixinalidade, debido a que
a gran maioría dos textos conservados son traducións de obras francesas e
latinas. Neste sentido, estaríase demostrando a dependencia doutras literaturas e,
indirectamente, a situación subordinada da galega, que non foi quen de artellar
unha sólida tradición de textos en prosa. As carencias deste xénero serían, á súa
vez, aplicábeis ao conxunto do repertorio, polo que se insiste na condición
precaria que dende a Idade Media padeceron Galicia e, en tanto que elemento
discursivo dun sistema sociocultural máis amplo, a súa literatura.

Gutiérrez Garcia, Santiago (2004): “Consideracións sobre o período medieval na historiografía literária
galega”, Boletín Galego de Literatura nº31, pp. 29-47.

Santiago revisa como é abordado o xénero da literatura medieval, a cales se lles da máis
valor. Fala da non canonización da prosa e indirectamente doutro xénero, os textos
trobadorescos polo tanto da lírica tardía (1350-1500).
Porqué criterios a prosa e a lírica tardía non foro canonizadas, as canonizadas (cantigas
de amigo...) si foron canonizadas. Di que estaba influenciada polo sistema opresor
(literatura castellana).
En canto a prosa, fala do criterio de orixinalidade xa que apunta que maioria dos textos
que se conservan son traduccións doutras linguas, polo que sería un xénero bastante
dependente, non hai tradición literaria propia, o segundo criterio a prosa é a evidencia
da dependencia, subalternidade, precariedade do conxunto do sistema literario galego,
por isto este xénero non se integra no canon.
A cuestión da orixinalidade é un criterio que se aplica a producción medieval, o que é
orixinal entra no canon, pero cal é problema de aplicar este criterio? A orixinalidade
para a literatura non é un criterio antes do s XIX, xa que esas obras non eran avaliadas
por ese criterio, se non pola imitación dos modelos clásicos, da arte de trovar. Entonces
aqui están aplicando un criterio que é moi posterior.

7) Confronta as eventuais propostas existentes sobre a orixe, a periodización e


a cronoloxía da lírica profana galego-portuguesa. [450 palabras]
Sobre a orixe, a periodización e a cronoloxía da lírica profana galego-portuguesa existen
dúas principais propostas: a que mantén Resende de Oliveira e a que levantou Souto
Cabo.
O primeiro deles sitúa a orixe do repertorio trovadoresco nos contactos de nobres
galegos coa nobreza provenzal no leste peninsular, no estabelecimento na Galicia dos
monjes de Cluny o una importancia do Camiño de Santiago para a importación das
cantigas de amor. En contraposición, Souto Cabo explica a orixe endóxena da rede de
relación que sustenta a lírica medieval galego-portuguesa.

De acordó coa tese defendida polo anteriormente citado, será a nobreza galega (os Vélaz
ou os Trava), en virtude dos seus contactos e matrimonios con familias nobres catalano-
provenzais, as responsables pola creación e difusión do repertorio trovadoresco.
Ademáis, analiza o papel da muller na lírica profana galego-portuguesa non só como
obxecto mais tamén como suxeito.

Tamén se fala da orixe popular e dunha posible autoría feminina das cantigas de amigo
paralelística, proposta por Ria Lemaire. A día de hoxe a maioría de estudos de
Literatura Medieval consideran que as cantigas de amigo eran obra de trovadores homes
que adoptaban nestes temas papeis femininos, mais existen correntes que apostan por
considerar que os personaxes aos que se lles atribúe a autoría destas canción únicamente
as terían interpretado e non serían os seus autores.

É decir, existe a posibilidade de conservar cantigas de amigo conpostas por mulleres,


mais atribuidas a trovadores homes. Isto sería un acto de apropiación cultural por parte
da nobreza dun repertorio oral e popular vinculado ao traballo feminino.

En cuanto á periodización, a máis tradicional separa as diferentes etapas en: Etapa


Primitiva (1196-1245), de Esplendor (Escola galego-portuguesa: 1245-1354) e de
Decadência (Escola galego-castelhana, 1354-1445)

8)Levando enconta a función e as condicións sociais deproducción da literatura no


espazo galego-português entre os séculos XII e XV apresenta o corpus e os tipos de
lírica medieval galego-portuguesa. [950 palavras]

Na Idade media cultiváronse dos xéneros principalmente: a lírica e a prosa. Dentro da


lírica medieval podemos atopar tres axentes produtores: a figura do trovador, membro
da nobreza, de alta consideración social, conpón cantigas e non recibe ningún tipo de
conpensación económica, forma parte do grupo das artes liberáis; A figura do xogral, de
clase baixa, normalmente interpreta as cantigas escritas polos trovadores mais pode
conponer nalgún caso a pesares de non ser o usual, e a diferencia do trovador, recibe
conpensación económica, forma parte das artes mecánica; E a figura do Segrel,
pertencentes ao grupo social dos fidalgos, son considerados xograis que conpoñen e
executan cantigas e aspiran a ser considerados trovadores.

Xa entrando no corpus poético da lírica medieval galego-portuguesa, atopmaos ao redor


de 1680 textos da lírica profana e 427 da relixiosa. Dentro da lírica profana existen tres
tipos de cantigas: de amigo, de amor e de escarnio e maldicir, así como tres tipos de
conposicións menores: o pranto, a tenzón e as pastorelas. Na lírica relixiosa só
atopamos as cantigas de Santa María.

Estas cantigas tiñan unha función social, que era o acceso ao matrimonio e as normas de
conportamento vasaláxico. Ademáis, a cantiga de amigo presentaba a función específica
de adoutrinar ás mulleres na política matrimonial da casa. Tamén podemos ver unha
evolución dentro do xénero, como por exemplo da cantiga de amor aos cantares de amor
(unha mistura de cantigas de amor e cantigas e amigo).

Dentro do corpues da lírica profana galego-portuguesa medieval podemos atopar dous


xéneros maiores: os cantares de amor (cantigas de amor e cantigas de amigo), e os
cantares satíricos ou de circunstancias (castigas de escarnio e cantigas de maldicir); e
unha serie de xéneros híbridos ou menores: tenzón, pranto, descordo, exordio, pastorela,
partimén e lais.

Consérvanse máis de 1680 textos profanos de preto de 150 autores, entre trovadores e
xoglares. Estes textos proceden e se recollen en diferentes cancioneiros e pergamiños
manuscritos. Entre eles destacan o Cancioneiro de Ajuda, o da Biblioteca Nacional de
Lisboa, o do Vaticano; así como o pergamiño Vindel ou o Sharrer.

Se falamos de lírica relixiosa medieval galego-portuguesa, estamos a falar únicamente


das cantigas de Santa María, que son 427 exactamente, e das cales se poden distinguir
dous tipos: as cantigas de milagre e as cantigas de louvor.

As cantigas de milagre se dividen en: razón, refrán inicial e cantiga. A razón anticipa e
resúme o contenido do milagre, e adoita estar introducido por fórmulas fixas. O refrán
inicial é unha estrutura repetida ao final de cada estrofa. E finalmente a cantiga, dividida
en estrofas que reproducen o mesmo esquema rimático.

Mentres que nas cantigas de louvor, o eu lírico exorta os trovadores para que louven a
señor das sennores. Poden guiarse por dous modelos diferenciados: o modelo dos
cantares de amor e o modelo dos hinos relixiosos latinos.

Nestas cantigas que conpón a lírica relixiosa medieval galego-portuguesa existe un moi
marcado simbolismo numérico. Teñen especial relevancia as cantigas “decenais” e
“centenais” como símbolos da perfección e da divinidade. Este simbolismo se observa
nas cantigas que ocupan o número 10 e os seus múltiplos (cifra perfecta), e aquelas que
ocupan o lugar dun número rematado en 5, que son de carácter máis extenso e con
maior decoración xa que o 5 é a sunha do 3 (representación da Trinidade) e o 2
(representación da hunhanidade), e o mensaxe que buscan transmitir é a procura de
Deus polo home.

9) Identifica e apresenta os varios axentes envolvidos na lírica profana galego-


portuguesa (250 palabras)

Os axentes envueltos na lírica profana medieval galego-portuguesa son os trovadores, os


xoglares, os segreis, os menestrais, as soldadeiras e os mecenas.

A figura do trovador, membro da nobreza, de alta consideración social, conpón cantigas


e non recibe ningún tipo de conpensación económica, forma parte do grupo das artes
liberáis;

A figura do xogral, de clase baixa, normalmente interpreta as cantigas escritas polos


trovadores mais pode conponer nalgún caso a pesares de non ser o usual, e a diferencia
do trovador, recibe conpensación económica, forma parte das artes mecánica;
A figura do Segrel, pertencentes ao grupo social dos fidalgos, son considerados xograis
que conpoñen e executan cantigas e aspiran a ser considerados trovadores;

A figura dos menestreis representa aos músicos que aconpañan aos intérpretes das
cantigas;

A figura das soldadeiras, bailarinas e ximnastas que aconpañaban aos xoglares nas súas
interpretacións das cantigas;

E por último, a figura dos mecenas, que eran aqueles membros da nobreza que pagaban
a un conpositor para que conpuxera cantigas segundo as súas necesidades e petición.
Tiñan tamén o poder de censurar ditas conposición se non se adecuaban ao que eles
pediran.

10) Escolle e define brevemente sete (7) dos nove (9) termos propostos: fiinda,
mordobre, cobras capdenais, palavra rima, dobre, leixaprén, cobras
capcaudadas, cantigas ateúdas, paralelismo semántico (300 palabras)

Fiinda: son os versos finais dunha cantiga, que funcionan a modo de conclusión.
Poden ser ata tres versos.

Mordobre: Recurso estilístico da lírica medieval galego-portuguesa que consiste


na repetición dun mesmo lexema con variación de sufixos, no mesmo lugar, ao
longo dos versos dunha cantiga

Cobras capdenais: Tipo de estrofa segundo a cal unha ou varias palabras dun
verso dunha estrofa se repiten no mesmo verso de estrofas sucesivas.

Palavra rima: ------------------------------------------

Dobre: é un fenómeno que consiste na repetición dunha palabra varias veces


nunha mesma estrofa.

Leixaprén: é unha figura retórica característica da lírica galaico-portuguesa,


aínda que tamén é posible atoparla na provenzal e castelá, que consiste en
rematar unha estrofa e conenzar a seguinte con as mesmas palabras. A definición
pode ser ampliada como a repetición dunha ou varias palabras dun verso no
conezo do verso seguinte, o do último verso duha estrofa no primeiro da estrofa
seguinte.

Cobras capcaudadas: Tipo de estrofa na cal a rima do último verso dunha estrofa
se repite no primeiro da seguinte.

Cantigas ateúdas: -------------------------------------

Paralelismo semántico: recurso que consiste na repetición literal ou parcial dun


verso noutro lugar da cantiga.
11) Apresenta a cronoloxía, a evolución e as características que identifican a
Cantiga de Amor, desenvolvendo especialmente o referido á voz poética, á
retórica e à metáfora feudovasálica. Enumera os temas e motivos deste
xénero e os campos sémicos nel presentes. (600 palabras)

A lírica medieval galego-portuguesa é un fenómeno cultural do que van


participar as cortes reais e señoriais de toda a Península, a excepción dos
cataláns e musulmáns.

A Cantiga de amor pertenece aos Cantares de amor, un dos xéneros maiores


propios desta lírica profana.

Algunhas das características distintivas destas cantigas son a voz poética,


masculina neste caso, que fala do anhelo da súa dona, denominada “senhor”,
termo que aparece xa nos primeiros versos das cantigas. A súa orixe provén da
“cançó” provenzal, conposición datada do século XV áprox. na que o trovador
se dirixia á súa dama para expresar o seu amor. Aínda que a precursora das
cantigas de amor fose a cançó, sálvanse as diferencias.

En cuanto ao contenido, é importante resaltar a presencia do código do amor


cortés, que consiste na idealización absoloita do amor, libre de covencións
sociais e morais. Isto era un sinal de distinción social propio da aristocracia.

A muller é considerada un cúmulo de perfeccións, e o amor é percibido cona un


camiño de elevación moral. Tamén é destacable a existencia da metáfora
feudovasálica, que consiste nunha relación de vasalaxe entre o home, que se
debe á súa senhor. Nestas cantigas o namorado nunca é correspondido, e non
existen referencias á natureza cona nas cantigas de amigo.

Hai catro temas fundamentais que se desenvolven nestas cantigas: o eloxio da


dona, a declaración de amor do poeta, reserva da dona e a coita de amor. En
canto a características formais, podemos distinguir aquelas que son conún ás
cantigas de amigo, e aquelas propias das de amor: poden distinguirse en dous
grupos, segundo teñan refrán (cantigas de refrán) ou non (cantigas de mestría).
Tamén o tipo de rima inflúe, xa que existen rima macho (aguda) e rima femia
(grave).
Existen, ademáis, unha serie de recursos formais propios destas cantigas, como o
dobre e o mordobre, a fiinda e ata-fiinda ou palabra perduda.

12) Apresenta as tipoloxías e explica o simbolismo (numérico), a estrutura e a


métrica da lírica relixiosa galego-portuguesa (300 palabras)

Se falamos de lírica relixiosa medieval galego-portuguesa, estamos a falar únicamente


das cantigas de Santa María, que son 427 exactamente, e das cales se poden distinguir
dous tipos: as cantigas de milagre e as cantigas de louvor.

As cantigas de milagre se dividen en: razón, refrán inicial e cantiga. A razón anticipa e
resúme o contenido do milagre, e adoita estar introducido por fórmulas fixas. O refrán
inicial é unha estrutura repetida ao final de cada estrofa. E finalmente a cantiga, dividida
en estrofas que reproducen o mesmo esquema rimático.
Mentres que nas cantigas de louvor, o eu lírico exorta os trovadores para que louven a
señor das sennores. Poden guiarse por dous modelos diferenciados: o modelo dos
cantares de amor e o modelo dos hinos relixiosos latinos.

Nestas cantigas que conpón a lírica relixiosa medieval galego-portuguesa existe un moi
marcado simbolismo numérico.

Teñen especial relevancia as cantigas “decenais” e “centenais” como símbolos da


perfección e da divinidade. Este simbolismo se observa nas cantigas que ocupan o
número 10 e os seus múltiplos (cifra perfecta), e aquelas que ocupan o lugar dun
número rematado en 5, que son de carácter máis extenso e con maior decoración xa que
o 5 é a sunha do 3 (representación da Trinidade) e o 2 (representación da hunhanidade),
e o mensaxe que buscan transmitir é a procura de Deus polo home.

13) Explica as funcións desenvolvidas polas Cantigas de Santa Maria nos


planos social, religioso, moral e político. Relaciona esas funcións con a
figura de Afonso X e con a planificación política desenvolvida no seu
reinado [600 palavras]

A función sociopolítica podería resumirse de forma en que, a través dos cantos, xogos e
rituais da cortesia, existe un eficaz instrumento pedagóxico de control dun significativo
continxente masculino.

Prestábanse á tarefa de disciplinar os desexos sexuais daqueles que aínda non


participaban nos enlaces matrimoniais entre liñaxes, familias e casas. Prestabanse á
tarefa de civilizar a belicosidade dunha camada, os bellatoris, cuxo prestixio e ascensión
sociais eran alcanzados, por medio da guerra, entre outras posibilidades. Ademáis diso,
prestabanse á renovación da fidelidade vasálica servindo á aglutinación da corte en
torno da figura do Senhor ou do Rei.

No plano relixioso tamén cobran importancia ditas cantigas xa que vemos como
conviven nos seus versos as conunidades cristiá, xudea e musulmana, mais o tratamento
que reciben é ben diferente.

Os personaxes cristiáns que nestas estrofas aparecen poden ser tanto bos como malos, e
case sempre socorridos pola Virxe, mais os xudeos e musulmáns aparecen como
símbolos do mal, e en oposición aos cristiáns.

En moitas ocasión, os xudeos e moros aparecen caricaturizados, ridiculizados,


castigados ou incluso, convertidos, respondendo así á realidade social da época.
Ademáis, debe ser tido en conta que a intención principal destas cantigas é ensalzar a
imaxe e milagres da Virxe, polo que estes conportamentos poderían ser xustificados ata
certo punto.

14) Apresenta e explica os tipos de lírica profana e de prosa medieval galego-


portuguesa. Identifica diferenças e coincidências entre aproducción da
lírica e da prosa. Para desenvolver a questão utiliza as seguintes palavras:
profana, religiosa, anais, cavalaria, herdança, tradición oral, Arte de
Trovar, composicións menores. [1000 palavras]
En cuanto á lírica profana debemos distinguir entre os géneros maiores e os géneros
menores. Os géneros maiores poden dividirse en Cantares de amor, que engloba as
cantigas e as cantigas de amigo, e os Cantares satíricos e de circunstancias, que inclúe
as cantigas de escarnio e cantigas de maldicir.

As cantigas de amor son cantigas de temática amorosa feitos por unha voz poética
masculina que se dirixe a unha dona mostrando o seu amor por ela, moitas veces non
correspondido, polo que moitas veces na temática aparece a coita, ou tristeza. Unha
marca distintiva destas cantigas é a aparición da palabra “senhor”, ou unha variante da
mesma.

Por outra banda, as cantigas de amigo son un tipo de conposición lírica de temática
principalmente amorosa, igual que nas de amor, nas que unha muller espera ao seu
amado. Nestas cantigas adoita aparecer a palabra “amigo” para facer referencia ao
amado. Isto, xunto coa voz poética deste tipo de cantigas, que é feminina, permite
diferenciarlas claramente das cantigas de amor. Presentan unha forte simboloxía, sobre
todo relacionada coa natureza. Existen variedades destas, como as bailadas, as marinas
ou barcarolas, cantigas de romaría, ou albas.

Por outro lado, as cantigas de escarnio teñen como principal intención expresar unha
crítica encuberta, mentres que nas de maldicir o poeta é máis claro e directo e insulta
sen rodeos, mais nos cancioneros non adoita facerse distinción entre elas.
Existen cinco tipos diferentes: a sátira literaria, principalmente dedicada á parodia do
amor cortés e á burla do estilo conpositivo; sátira política e moral; sátira personal; sátira
sexual; e sátira social.

Nalguns casos, as cantigas de escarnio mostran as tensión existenciales entre os


trovadores, xeralmente pertencentes á nobreza, e os xoglares, de baixa extracción social.
Estas distinción e explicación aparecen reflectidas na “A Arte de Trovar”, un pequeño
tratado en prosa que versa sobre a lírica galego-portuguesa, definindo xéneros e regras
que deberían obedecer xograres e trovadores.

Por outra parte, dentro dos xéneros híbridos ou menores atopamos a tenzón, que
consiste na crítica mutua entre xograres e trovadores; o pranto, conposición na que se
chora ritualmente a norte de alguén; o descordo, caracterizado polas discordancias
formais; o exordio, que cumple a función de introducción da obra literaria; a pastorela,
conposición amorosa que elude ó encontró dun cabaleiro cunha pastora; partimén,
similar á tenzón, mais de temática amorosa; e o lais, que ao contrario que o exordio,
funcionaba como conclusión para a obra en cuestión.

En cuanto á prosa medival, que foi máis escasa, máis serodia e menos orixinal que a
lírica, podemos distinguir catro tipos.

O primeiro deles é a prosa medieval, á súa vez dividida en tres ciclos: o ciclo bretón ou
artúrico, cuxa intención era promover unha imaxe harmónica do rei e da nobreza. Neste
ciclo aparecen os libros de cavalarías; o ciclo clásico ou troiano e o ciclo carolinxio.
O segundo tipo é a prosa historiográfica, de función propagandística e lexitimadora,
sobre todo presente nos anais, con intención de lexitimar á nobreza ligada á Igrexa.
Tamén aparecen nesta prosa as crónicas e libros de liñaxes, que buscaban lexitimar á
nobreza e regular o matrimonio, entre otros.

Destes libros de liñaxes conserváronse catro: Libro Vello, II Libro Vello, Nobiliario de
Axuda e Libro de Liñaxe ou Nobiliario do Conde D. Pedro.

Tamén existe a denominada prosa hexiográfica ou xacobea, e a tabelionica, de fins


utilitarios e administrativos, onde predominan os ordenamentos xurídicos, reglamentos
de cofrarías e gremios, escritos notariais, tratados de oficios ou actividades (A Arte de
Trovar) e os libros de contos.

Entrando en semellanzas e diferenzas entre ambos xéneros (lírica e prosa), pódese


observar como ambos tratan de mostrar un modelo ideal a seguer na época, así como
eran ambas empregadas pola nobreza para se reafirmar.

O cultivo de ambos xéneros estaba controlado e financiado pola Igrexa e a nobreza, xa


que en moitos casos ambos organismos eran ensalzados nas propias conposición. En
cambio, e a pesares de conpartir características semellantes, hai unha serie de elementos
que as diferencia.

A lírica profana baséase no popular, e o seu medio de distribución principal era a


tradición oral, aínda que ditas conposición se recollen en cancioneiros. Ademáis, ditas
obras dependen indirectamente das mulleres e das figuras femininas da época, xa que ou
ben son as protagonistas, ou ben forman a voz poética das cantigas en sí. Deste último
caso existen varios textos conservados, que constrúen a herdanza das cantigas medievais
da época.

Por último, a súa herdanza é popular e ten orixes provenzais. Sen embargo, a prosa
medieval cultivaba principalmente modelos cultos, onde a presencia da muller ou voz
femenina era nula. Ademáis, consérvanse poucos textos deste xénero, a diferencia da
lírica desa época. A herdanza destas conposición é principalmente latina, árabe e
británica, tamén moi diferente á da lírica.

15) Expõe a cronologia da prosa medieval, as diferentes modalidades e


principais repertórios temáticos da mesma, a sua utilidade e función
durante a Idade Média e a sua pervivência e canonización (ou ausência de
canonización, segundo o caso) posteriores. (600 palavras).
A orixe da prosa medieval galego-portuguesa remóntase ao século XIII, cando se datan
os textos conservados máis antigos. En conparación co outro xénero principal deste
periodo, a lírica, é máis escasa, máis serodia e menos orixinal. Os repertorios conezan
cara o ano 1214, cando foron escritos aproximadamente os textos máis antigos, entre os
cales destacan Noticia do Torto, Testamento do rei Afonso II e Foro do burgo de Castro
Caldelas. Dentro desta prosa existen catro tipos, distinguidos principalmente polo seu
fin e orixe.

O primeiro deles é a prosa literaria, dividido á súa vez en tres ciclos: ciclo bretón ou
artúrico, denominado tamén Materia de Betraña, é unha temática literaria que trata sobre
o Rei Artur e os cabaleiros da mesa redonda que van á busca do Santo Graal; o ciclo
clásico ou troiano, tamén coñecido como Materia de Troia, é un tema literario que alude
a feitos bélidos relativos á destrucción de Troia, así como á historia, política, cultura e
costumes da Antigua Grecia; e o ciclo caronlinxio, ou Materia de Francia, temática na
cal se celebraban os altos valores da sociedade aristocrática e que, en moitas ocasión,
tiña a figura de Carlomagno como protagonismo.

O segundo destos repertorios é a prosa historiográfica, de función propagandística e


lexitimadora, onde se engloban os Libros de Liñaxes, de grande importancia dentro da
prosa medieval galego-portuguesa, e diversas crónicas sobre historia, que relataban
feitos e eventos reais.

A prosa haxiogáfica ou xacobea, cuxo principal obxectivo era rexistrar a vida exemplar
e os milagres realizados polos santos, co obxecto de glorificalos e de servir de modelo
de conportamento para os lectores. O principal protagonista da prosa haxiográfica en
galego é o Apóstolo Santiago, e o texto fundamental é Miragres de Santiago.

Por último, o último repertorio é a prosa tabeliónica, de fins utilitarios principalmente,


presenta un alto valor sociolingüístico, xa que debía servir de inspiración para rexenerar
a norma galega, que só podía ser sustentábel se está máis preto da identidade galega e
non da española. Dentro deste repertorio destacan os ordenamentos xurídicos,
reglamentos, escritos notariais e outros tratados.

Estas temáticas perduraron no tempo, aínda que lóxicamente sufriron cambios. No


século XX podemos falar de Neotrovadorismo, corrente que consistiu na asimilación do
espíritu dos Cancioneiros coa sensibilidade do século XX. Buscábase renovar o discurso
artístico do galleguismo aproximandoo ás vangardas europeas mais con base na
tradición. Polo tanto, pode falarse dunha canonización posterior, aínda que con
variacións, xa que pasaron moitos séculos entre medias.

Tema 3

16) Discute a propriedade da aplicación do conceito “literatura galega” à vida


literária na Galiza dos séculos XVI, XVII e XVIII. Se for posível estabelecer
alguntipo de cronologia interna no período referido indica qual e explica
porquê. [300 palavras]
17)
O conceito de literatura galega engloba toda obra escrita en lingua galega. Tendo isto en
conta, non podemos falar de literatura galega propiamente dita nos séculos XVI, XVII e
XVIII, e de aí a caracterización como Séculos Escuros, especialmente os dos primeiros,
coincidentes co Renacemento e o Barroco na cultura imperial castelá-andaluza.

Aínda que tradicionalmente se ven incluíndo o século XVIII dentro dos Séculos
Escuros, pois desde o punto de vista estritamente literario non faltán razón para iso,
tamén xeralmente se lle dá un valor e tratamento diferenciados pola súa especifidade, a
mesma que nos leva a separalo aquí deste rótulo en que incluímos o século XVI e XVII
para singularizalo no de Ilustración Galega. E isto a pesar de sermos conscientes da
escaseza de mostras literarias importantes neste século, mais convencidos de que o novo
ambiente intelectual e cultural creado no século das Luces, tamén en Galiza, resulta
antitético coa propia denominación de “Século Escuro”.

Pódese, pois, afirmar que nos Séculos Escuros non hai literatura, senón manifestacións
ou textos literarios, posto que non hai dialéctica, literatura e sociedade, dada a
inexistencia de público. Por último, pódense establecer dúas etapas diferentes dentro do
período conentado. O século XVIII supón un cambio cualitativo, ideolóxicamente, con
respecto aos precedentes. O labor reivindicativo dos ilustrados galegos proporciona
unha base sobre a que de novo voltará a renacer a literatura galega no século XIX.

18) Define brevemente o conceito de critério filológico, explica a sua relevância


para o estudo da literatura galega e as posibilidades de aplicación ao
período dos Séculos Escuros [400 palavras]

O criterio filológico é un conceito proposto e tratado sobre todo polo autor Ricardo
Carvalho Calero, e é definido como a lingua como canon. Isto quere dicir que é a lingua
a que marca á literatura, non a procedencia do autor nin os ambientes descritos na
mesma (en palabras de Carvalho Calero); a literatura é considerada propia da lingua na
cal se escribe. Este criterio filolóxico é considerado como o máis científico, xa que o
idioma é o instrumento da literatura.

É un conceito altamente relevante para o estudo da literatura galega xa que permite a


delimitación da mesma, grazas a él podemos considerar certas obras dentro da nosa
literatura ou non.

Mais este criterio foi moi cuestionado, xa que coa literatura galega ocorre o mesmo que
coa fala dentro da Galiza: é bilingüe, e moitos autores galegos como Pardo Bazán ou
Valle-Inclán escribiron a súa obra en castelán, non debería considerarse, por tanto,
literatura galega a obra destes autores tan relevantes, aínda que o tema e os escenarios
sexan claramente galegos? Finalmente, a estabilización do criterio filológico centrouse
na idea planteada en 1963 por Carvalho Calero e analizada por Vázquez Cuesta en 1980
de que, “ao falar de literatura galega, referímonos exclusivamente á literatura escrita en
galego e non a cal brotou dalgúns fillos de Galiza que escolleron como vehículo
expresivo o castelán, por moito que teñan á súa terra natal como fondo o como tema…”

Este criterio pode aplicarse ao longo da historia da literatura galega, mais no periodo
coñecido como Séculos Escuros ( séculos XVI, XVII e XVII) existe un paréntese, xa
que existía unha falta de mostras literarias galegas (definidas como tal polo propio
criterio) debido ao ambiente creado nesta época. De feito, afírmase que neste periodo
non existe literatura galega como tal, polo que as posibilidades de aplicación desde
criterio, entendido como Carvalho Calero o definiu, son nulas.

19) Explica o proceso de construción da relación entre lingua galega e literatura


galega. Apresenta os antecedentes e as propostas dos principais axentes
(protagonistas e antagonistas) envolvidos neste proceso de fixación do
chamado “criterio filológico” para o caso galego [250 palabras]

Tomando como exemplo a etapa histórica que conprende os séculos XVI e XVII, a
estreita relación entre lingua e literatura galega volveuse máis evidente. Numerosas
causas de tipo económico e político causaron que a lingua galega quedase relegada ao
ámbito familiar. A fidalguía da época e os relixiosos, foráneos nos mais dos casos,
converteron o castelán na lingua de prestixio, empregada en todos os ámbitos formais,
políticos e administrativos, mentres o galego pasaba a ser a lingua dos pobres, das clases
baixas.

As mesmas causas que prexudicaron a lingua foron as que provocaron que a literatura
seguise o mesmo camiño. Sendo fidalgos e eclesiásticos os únicos capaces de producir
obras literarias en galego, a lingua quedou totalmente desprazada, substituída pola
lingua dos casteláns. Vendo a situación exposta, vemos clara a relación entre lingua e
literatura, pois se non hai falantes cultos que defendan a lingua, non hai ninguén capaz
de manter a presenza desa lingua na literatura, polo que unha depende directamente da
outra.

A relación principal entre a lingua galega e a literatura galega establécese a través do


criterio filolóxico, que afirma que ao falar de literatura galega referímonos
exclusivamente á literatura escrita en galego, e non á que brotou da peripecia biografía,
a mediación intelectual e a imaxinación creadora dalgúns fillos de Galicia que
escolleron como vehículo expresivo o castelán, por moito que teña a súa terra natal
como fondo ou como tema.

Considérase, polo tanto, que a lingua é a base da literatura. É un criterio de dificil


discusión, xa que, sen risco a confundirnos, podemos afirmar que “literatura galega” é o
conxunto de textos considerados literarios que ó longo do tempo foron escritos nesa
lingua romance.

19) Tomando como referência este fragmento, explica as relacións entre campo do
poder e literatura engalego no período focado [600 palavras]

De vagariño vaise identificando o galego cunha maneira de falar "natural", sen


relación nengunha coa cultura, e ábrese paso a crenza de que é unha forma
corrupta do castelán. Como consecuencia, sitúase o problema desa "corrupción"
ao nivel dunha eiva ou tara mental que nos impide falar correctamente. Se a esta
suposta "eiva" engadimos a desgaleguización das clases dirixentes, a tamén
suposta pobreza do Reino e as profundas diferencias culturais, e mesmo
xeográficas e climáticas, que nos afastan de Castela, poderemos explicar a
abundantísima literatura española anti-galega que se dá durante os séculos XVI e
XVII. Unicamente un funcionario estranxeiro que se nega a admitir que está
perante outra cultura podía dar esta visión de Galiza:

«Reyno infeliz, país desventurado, de España muladar, rincón del mundo,


áspero, rudo clima, temple ayrado, infiel, bárbaro trato, sitio inmundo, gente sin
sociedad, campo infecundo. En el nombre de Dios Santo y Eterno con quanta
fuerza tiene el exorcismo, te conjuro y apremio, triste Averno, para que me
declares por ti mismo, si eres en realidad el propio Infierno, o si eres retrato del
abismo.»

Tal como se relata no texto, durante os Séculos Escuros (séculos XVI-XVII) a


produción literaria en galego caeu en picado. A esta situación contribuíron en gran
medida o tema político-relixioso, pois os únicos que podían producir textos eran as
clases altas, Igrexa e fidalguía, que a súa vez foron os primeiros en castrar á lingua e ao
pobo galego.
Sendo estes os encargados de eliminar a presenza do galego de todos os contextos
formais e suprimindo o seu uso na literatura, a lingua quedou relegada aos ámbitos
familiares e populares.

A esta situación pódenselle atribuír tamén factores económicos. Mentres que o resto da
península avanzaba unida cara o capitalismo, Galicia quedouse atrás, non se incorporou
ao novo modelo económico a tempo e considerouse un Reino pobre e sen recursos, non
merecedor de ser considerado de igual importancia aos demais.
Existe tamén unha gran relación entre as variadas diferencias entre Galicia e os outros
reinos, que axudaron a unha maior distinción e exclusión da nosa terra. Algúns deles
foron as diferencias xeográficas do terreo e as climáticas, que puxeron de manifesto as
poucas similitudes que había entre eles.

Todas estas diferencias, xunto coa mala imaxe que se xerou de Galicia, fixeron aflorar
unha inxente cantidade de literatura anti-galega por parte do resto de España, que
desprestixia non só a terra, se non tamén ás propias xentes que alí viven.

6) Sintetiza, caracteriza e apresenta cronoloxicamente a produción literaria en


galego dos séculos XVI-XVIII colocándoa en relación cos acontecementos
históricos e coas principais institucións e axentes envolvidos (600 palabras).

A produción literaria en galego nos séculos XVI-XVIII é, como xa sabemos, moi escasa
(tendo en conta a definición de criterio filolóxico á hora de definila). As mostras
literarias que conservamos dos Séculos Escuros son prácticamente todas conposicións
poéticas correspondentes a este periodo.

Divídese en tres tipos: poesía anónima tradicional, poesía académica renacentista e


barroca e poesía relixiosa, principalmente villancicos de Nadal. En canto á prosa, a máis
relevante que os nosos ilustrados nos deixaron en defensa da ecomomía, da cultura o da
lingua do país está redixida en español. O mesmo ocorre co teatro: poucos textos
conservados, e a pesares de corresponder con autores galegos, non son considerados
literatura galega xa que non está escrita na nosa lingua, mais existe alguna peza teatral
de aire popular.

Estas conposicións datadas nos Séculos Escuros foron principalmente escritas polas
clases letradas (clérigos, aristócratas, fidalgos…) e de forma illada e esporádica.
Atópanse algúns poemas en galego, alguna peza teatral e alguna falsificación histórica
en prosa, mais en menor medida. É certo que entre as conposición en verso da época se
percibe unha liña creadora de ton menor, humorístico, festivo, epipragmático ou
popular, aínda que non foi a única; existía á súa vez unha liña poética de ton máis
elevado e grave, dotado de certo grado de intimismo.

As dificultades económicas, as desigualdades sociais a nivel nacional e o mal


desenvolvemento da política en Galicia levaron ao desprestixio da lingua e á súa
relegación ao ámbito familiar e popular, mentres o castelán se abría paso nos contextos
formais.
Foi grazas as clases altas, clero e fidalguía, que o galego perdeu a súa presencia
na literatura. No seu lugar, apareceron numerosas obras escritas en castelán que
se dedicaron á crítica e menosprezo da terra e o pobo galegos, unha serie de
escritos que describían Galicia como o inferno e aos seus habitantes cona xente
sen sociedade de bárbaro trato.

A seguinte etapa, correspondente ao século XVIII, o caso e exactamente o


contrario. Diversas figuras da literatura da época como o Padre Sarmiento
conezaron a ver a invasión do castelán no terreo galego cona unha inxustiza. Foi
nestes anos nos que se levou a cabo un incremento da alfabetización na
poboación e unha pequena recuperación no uso das linguas.

Os textos desta época eran esencialmente textos reivindicativos, que defendían o


uso do galego nas escolas e nos ámbitos administrativos e políticos, así como
escribían sobre as causas que levaron ao galego a esa situación de desigualdade,
razoando que non era culpa dos galegos, se non dos castelán-falantes que viñan
para aproveitarse desta terra e impor a súa lingua a costa do pobo galego.

20) Desenvolve a estrutura do concepto de nación segundo Beranendi (1991),


explicando cada función referencial e achegando exemplos aplicados ao
caso galego (300 palabras)

O conceito de nación pode ser entendido desde dous puntos de vista: o obxectivo e a
concepción da nación como produto sociológico (nación imaxinada).
Para definir a nación seguindo o primeiro criterio, hai que empregar duas normas: a
orgánico-historicista, segundo o cal a nación é unha conunidade hunhana que conparte
características culturais, e o liberal, que, nace coa ilustración, e considera a nacion o
resultado da vontade política e da libre determinación de cada indivíduo que a conpón.
Porén, se entendemos a nación como produto sociológico, hai que a definir segundo
Benedit Anderson, quen expon que unha nacion é unha conunidade construída
socialmente, é dicir, imaxinada polas persoas que se perceben a si mesmas como parte
dese grupo.

Con todo, o conceto de nacion basease no referente afirmativo, no de reintegración, no


de analogia e no de oposición. O primeiro ten que ver co conceto de nacion en sentido
estrito, todo o que a define (costumes, língua etc.); o segundo fai relacion con una
inegración de dous sistemas que se entenden, pola maioria ou unha grande parte, como
diferentes, mais que realmente posuen as características conuns necesarias para seren
considerados unha; o terceiro é aquel, ou aqueles, entes nacionais con os que,
positivamente, se conpara o afirmativo. Por último, o referente de oposición é sobre o
que se tenta conseguir unha emancipación. No caso galego, España (idioma, literatura,
território etc.) constituiu o referente de oposicion e Galiza o afirmativo. Portugal, o
sistema, território etc., é o de reintegración e o de analoxia son aqueles povos que
conseguiran unha separación con o seu referente de oposición.

Tema 4
21) Localiza e identifica o seguinte fragmento. Analisa os repertórios temáticos
presentes colocando-os endiálogo tanto con os atualizados na obra de que o
texto fai parte como con o programa do galeguismo e coa situación
sociopolítica da Galiza da altura. Identifica qual é a función referencial
atribuída no fragmento a “España” e explica qual é a función que reserva
para a arte a pesoa responsável pola autoria do texto. [600 palavras]
Probe Galicia, non debes Naide os teus prantos
enxuga,
Chamarte nunca española. Y homilde choras e
choras.
Qu' España de ti s' olvida Galicia, ti non tés
patria,
Cando eres ay! tan hermosa. Ti vives no mundo
soya,
Cal si na infamia naceras Y á prole fecunda tua
Torpe, de ti s' avergonza, S' espalla en errantes
hordas,
Y á nay qu' un fillo despreça Mentras trist' e
solitaria
Nay sin corazon se noma. Tendida na verde
alfombra
Naide por que te levantes O mar esperanzas
pides
Ch' aIarga á man bondadosa. De Dios á esperanza
imploras.

Este poema pertence a Rosalía de Castro (1837-1885), quen é a poeta por excelencia do
Rexurdimento, xunto con Eduardo Pondal e Curros Enriquez. O texto, titulado “A Gaita
Galega” forma parte de Cantares Gallegos, libro co cal se inícia o este período. A estrutura do
poema constitui unha resposta ao poeta Ventura Ruíz Aguilera. Rosalía funda unha corrente
coa escritura deste libro, constituindo, senlugar a dúvidas, a maior expresión do pobo galego
(Cantares Gallegos = Galiza).
Neste texto colocase o referente de oposicion, que é España, e falase da emigracion (s’espalla
en errantes hordas), coa intención de expresar a defensa da Galiza e o galego através dos seus
versos (probe Galicia, non debes / chamarte nunca española). A temática, polo tanto, deste
poema é socio-patriótica, mais social do que patriótica, na cal se inclúen conposicións onde a
emigracion, o abandono que Galiza sofre e a explotacion dos galegos nas terras estranxeiras
son os motivos aos que recorre para criticar a situación do pobo.
Os obxectivos principais do libro Cantares Gallegos son loitar contra a lenda negra, pola
defensa da Galiza (tanto do idioma como das xentes), conezar a protesta social (a favor das
mulleres e das clases sociais baixas), e defender o patriotismo (identidade con Galiza).
En síntese, Rosalía de Castro conpon un poema onde coloca como referente de
oposición a España e mediante o cal loita pola defensa da Galiza (da pátria e do idioma)
e critica conportamentos própios das xentes de fora da sua terra. Por estas duas
cuestións, a función que reserva para o arte é social.
22) Apresenta os principais aspectos históricos, sociais e económicos vinculados
ao Provincialismo e sintetiza a produción deste período segundo os xéneros
e axentes considerados máis característicos (400 palavras)

Os aspectos históricos acaecidos na época do Provincialismo (1840-1885) foron


os seguintes. A Academia Literaria de Santiago en 1840, que é unha institución
cultural decimonómica da cidade de Santiago de Conpostela, plataforma de
debates dos mozos provincialistas da xeración universitaria de 1846.

Destacan Francisco Añón, Antolín Faraldo, entre outros, como membros


destacábeis, ademais de intentar ser a primeira elite galega e fomentar a raíz do
galeguismo, participando algúns no levantamento de 1846 polo conpromiso con
Galiza.

Outro feito destacábel é a Revolución liberal de Solís en 1846, xa que militares


subleváronse en varios lugares de Galiza contra o presidente Ramón María
Narváez, os cales, foron executados en Carral; despois disto serían coñecidos
estes militares como os Mártires de Carral.

Coincidindo co décimo aniversario dos Mártires de Carral O Banquete de Conxo


foi outro acontecemento importante porque Eduardo Pondal e Aguirre foron os
organizadores disto para unir en fraternidade a obreiros e estudantes a favor do
movemento galeguista do século XIX, e para facer unha homenaxe ao terceiro
estado. En xuño de 1861, acontecen os Xogos Florais da Coruña, sendo os
primeiros celebrados na Galiza contemporánea, no que participa Eduardo Pondal
e cuxo traballo, xunto con outros, será publicado no 1862 no libro Álbunde la
Caridad, supoñendo o renacemento da literatura galega.

Tamén destacan os aspectos sociais como o Liceo de la Juventud en Santiago


creado por Antonio Neira, Leopoldo Martínez e Alberto Camino en 1847, sendo
un lugar de encontro dos intelectuais conprometidos co movemento
provincialista, cuxo obxectivo era instruír por medio da literatura e das Belas
Artes.

Os aspectos económicos (?)

Hai que destacar tamén a produción literaria como Proenzas de Galicia de José
Fernández Neira en 1810, de xénero narrativa e o primeiro libro impreso; Os
rogos d’un galego de Manuel Pardo de Andrade de xénero poético en 1813; A
Alborada de Niconedes Pastor Díaz de xénero poético en 1828; en 1836 aparece
a Tertulia de Picaños, reunións de amigos para falar diversos temas como o
xénero político; A gaita gallega de Xoán Manuel Pintos en 1853, de xénero
poético; e A Campana d´Anllóns de Eduardo Pondal de xénero poético,
presentado nos Xogos Florais da Coruña en 1861.

23) Localiza cronologicamente o Provincialismo e o Rexionalismo, enumera e


caracteriza sunhariamente os principais agentes, grupos e instituicións
ativos no sistema cultural galeguista enambos os períodos e confronta os
seus programas (600 palavras)
O Provincialismo sitúase no 1840 até 1885, mentres que o Rexionalismo sitúase no
1886 até 1915, é dicir, sendo este último posterior ao Provincialismo; o Federalismo
é o período medio entre un e outro. Durante a época do Provincialismo destacan
Eduardo Pondal e Xoán Manuel Pintos; a Academia Literaria de Santiago e Liceo
de la Juventud; e os Xogos Florais da Coruña, mais non hai institucións activas desa
época na actualidade.

Durante o período do Rexionalismo destaca Manuel Muguía e Alfredo Brañas; a


Asociación Rexionalista Gallega; e Os Xogos Florais de Tui, a Real Academia
Galega, e a Solidaridad Gallega; a día de hoxe a Real Academia Galega segue en
activo.

O obxectivo do Provincialismo é defender a integridade do territorio de Galiza. Os


provincialistas querían que Galiza fose unha soa provincia e que non fose dividida
nas catro que hoxe coñecemos. Caracterizouse por ser un período activo cultural e
politicamente. Porén, no Rexionalismo dáse unha reestruturación cultural e
ideolóxica, na que sectores tradicionalistas e conservadores adoptan as ideas
galeguistas, é dicir, o emprego da lingua galega e da obtención dunha autonomía
político-administrativa.

24) Confronta a idea de nación do Provincialismo coa do Rexionalismo. Pon en


relación a elaboración desta idea cos modelos francés e alemán e coas
tipoloxías de nacionalismo étnico e filolóxico (300 palabras)

Na época do Provincialismo, a idea de nación era a recuperación de Galicia como


unha única provincia que mantivera a unidade administrativa, social, económica e
cultural. Porén, no período do Rexionalismo, constituían a Galiza como unha nación
xa que tiña lingua, xeografía, raza, costumes, espírito, historia e cultura; para eles,
estas ideas eran o que daban unha nación, polo tanto, Galiza tiña que ser unha
nación das rexións que integraban o territorio do Estado español.

Para o modelo francés, a idea de nación era la historia, raza ou lingua dunha
comunidade, ademais da liberdade, igualdade e fraternidade, é dicir, os valores da
Revolución Frances; mentres que a idea de nación para os alemáns, é unha ideoloxía
política e cultural que afirma que os alemáns son unha nación e que promove o a
unidade cultural entre eles, mais os propios alemáns están en oposición dunha
nación Alemaña debido ao seu pasado.

Por outro lado, temos o nacionalismo étnico ou etnonacionalismo, é dicir, a idea de


nación esta baseada pola etnia. Isto é, a herdanza lingüística, unha relixión conún,
unha herdanza xenética conún e ancestros xenéticos conúns, sendo isto unha nación
de herdanza conpartida. O fascismo é clasificado como nacionalismo étnico, como
foi o a Alemaña Nazi de Hitler.

25) Define e localiza cronologicamente o Rexionalismo. Nomeia os seus


principais agentes, enuncia o programa conjunto do movimento e contrasta
o programa específico de cada undos grupos que o constituen[600 palavras]
O rexionalismo está constituído por un grupo de pesoas que se organizan e que, no caso
galego, loitan pola lingua (galeguismo). É un período situado entre 1861 e 1916 e
precede ao Nacionalismo, mais é posterior ao Providencialismo. É enton unha etapa
intermedia no galeguismo do século XIX e os seus principais axentes son Manuel
Murguía (1833-1923), Alfredo Brañas (1859-1900) e Pereira.

Estes tres galeguistas do período rexionalista tiñan varias propostas en comun, pero que
mais tarde se foron dividindo até formar o seu propio programa por separado. Entre as
primeiras, está a Galiza como patria (História, Etnia, Língua), contra o centralismo,
contra o Estado Español da Restauración (rotativismo, caciquismo...), a defensa da
identidade galega (tanto da língua como da cultura) e, por último, o desexo de
organización política. Eles crían que os males da Galiza eran o centralismo e o
caciquismo, e que a solución para estes eran a autonomia e a descentralización
administrativa: a busca dun Estado Federado.

Estes tres axentes rematarían formando, coas suas ideas, tres correntes diferentes e
contraditorias por separado. Manuel Murguía conformaría o Rexionalismo Liberal
(1886-1907) xunto con Ínsula, Medina etc. A seguir, Brañas xunto a Barcia Caballero e
outros, iniciarían o Rexionalismo Tradicionalista e, por último, o Rexionalismo Federal
de Aureliano Pereira, xunto con Castro y Lópes e Amor Meilán, entre outros.

26) Localiza e identifica o seguinte fragmento. Seleciona as ideas principais e


conenta a sua relación con os repertórios literários da obra e do movimento
literário de que fai parte [600 palavras]

Cantos, bágoas, queixas, sospiros, seráns, romerías, paisaxes, devesas, pinares,


soidades, ribeiras, costumes, todo aquelo, en fin, que pola súa forma e colorido é
dino de ser cantado, todo o que tuvo un eco, unha voz, un runxido por leve que
fose, con tal que chegase a conmoverme, todo esto me atrevín a cantar neste
homilde libro pra desir unha vez siquera, i anque sea torpemente, ós que sin
razón nin comocemento algún nos despresan, que a nosa terra é dina de
alabanzas, e que a nosa lingua non é aquela que bastardean e champurran
torpemente nas máis ilustradísimas provincias cunha risa de mofa que, a desir
verdade (por máis que ésta sea dura), demostra a iñorancia máis crasa i a máis
imperdoable inxusticia que pode facer unha provincia a outra provincia irmán
por probe que ésta sea. Mais he aquí que o máis triste nesta cuestión é a
falsedade con que fora de aquí pintan así ós fillos de Galicia como a Galicia
mesma, a quen xeneralmente xuzgan o máis despreciable e feio de España,
cando acaso sea o máis hermoso e dino de alabanza.

O fragmento presentado está tomado do prólogo de Cantares gallegos, de


Rosalía de Castro.

Nel, Rosalía adianta os principais repertorios temáticos do libro: o intimista


("Cantos, bágoas, soidades"), o social ("queixas, sospiros") e o costumista e
patriótico ("romerías, paisaxes, [...] costumes").

Ademais, fai gala de patriotismo propoñendose a mostrar a falsedade da "Lenda


negra" que pesa sobre a Galiza, e a reivindicar as suas calidades e a sua língua
("todo esto me atrevín a cantar neste homilde libro pra desir unha vez siquera, i
anque sea torpemente, ós que sin razón nin comocemento algún nos despresan,
que a nosa terra é dina de alabanzas, e que a nosa lingua non é aquela que
bastardean e champurran torpemente nas máis ilustradísimas provincias cunha
risa de mofa"). Esta postura susténtase nas ideas rexionalistas que precedían a
obra e asemade reflexa o Rexurdimento pleno das letras galegas.

En primeiro lugar, o repertorio ideolóxico de Cantares representa unha das ideas


principais do rexionalismo: a de nación. Na enumeración que abre o parágrafo,
Rosalía está a defender o referente propio da Galiza, un Volksgeist conformado
polos costumes, o folclore, a língua, a terra e a paisaxe. Parte da defensa deste
referente afirmativo é tamén a reivindicación de elementos estruturais da nación
galega, como os económicos (o campesinato, a ruralidade).

Tamén, como mostra na sua exposición posterior, a poeta padronesa defende


outra das bases rexionalistas: a língua, elemento unificador do pobo, cuxa
dignidade proclama.

Mais non só defende Rosalía o referente propio do pobo galego: tamén explicita
un referente de oposicion, é dicir, Castela. Desta denuncia a sua ignorancia da
Galiza e a sua conduta inxusta para con ela ("sin razón nin coñecemento algún
nos despresan", "a nosa lingua non é aquela que bastardean e champurran
torpemente nas máis ilustradísimas provincias cunha risa de mofa", "demostra a
iñorancia máis crasa i a máis imperdoable inxusticia que pode facer unha
provincia a outra").

Deste xeito, estabelece unha distancia entre as que chama "ilustradísimas


provincias" de España e a Galiza ("acaso [...] o máis fermoso e dino de
alabanza") destinada, por un lado, a mostrar a falsedade da "Lenda negra"
dandolle a volta a este preconceito. Este é porén un rexeitamento reactivo, que
replica no propio poemario en Castellanos de Castilla e A Gaita Gallega. Isto,
pola sua parte relacionase con outra das principais ideas rexionalistas: a loita
contra un centralismo que tende á anulación das nacións de España.

Este xeito de Rosalia de empregar o repertório ideolóxico do rexionalismo na


sua produción literária terá unha enorme importancia, por ser reutilizado
posteriormente por numerosos autores galegos. Así mesmo, autores como Lamas
Carvajal, Curros Enríquez ou Ramón Cabanillas darían continuidade a ideas
rosalianas como a reivindicación social, a defesa da língua galega, o costumismo
patriótico, a conciencia social e a empatia coas clases baixas do rural, mentres
que, por outro lado, autores como Álvarez de Nóvoa ou a xeración das
vangardas estabelecerian unha relación de oposición perante estes trazos
literários.

Sexa como for, resulta innegabel que a obra de Rosalía e a relación desta cos
repertórios rexionalistas deixaria unha pegada permanente na literatura galega da
sua época e de tempos posteriores.
27) Identifica e localiza os fragmentos seguintes. Seleciona as ideas principais e
conenta a sua relación con o programa conjunto do rexionalismo e con o
chamado “perigo português” (600 palavras).

a) Galicia no es sino la tierra, algo íntimo y dulce, algo quizás más caro al
corazón, más necesario para la vida que la misma patria: pero la patria
representa una idea más alta aun, y la patria, para los españoles todos, donde
quiera que hayan nacido, desde la zona tropical hasta el apartado cabo de
Finisterre, es España, inviolable en su unidad, santa en sus derechos.

b) que no hay nacionalidades peninsulares, ni quiera Dios que se sueñe en haberlas,


ni permita si llega este caso inverosímil, que lo vean mis ojos. Ahora añado que
la opinión anterior no me impide estimar cumplidamente la genialidad propia y
las buenas letras de cada país, ni deleitarme muchísimo con las poesías
rexionales, si son bonitas, ni recomocer gustosa el parentesco de consanguinidad
que existe entre Galicia y Portugal

Ambos os fragmentos son da autoría de Emilia Pardo Bazán e pertencen ao seu ensaio
De mi tierra, en concreto á sección “A poesía popular galega”. Neles a autora coruñesa
expresa o seu rexeitamento cara a posibilidade de que o rexionalismo galego acabe por
derivar en separatismo da única patria que coñece, a española.

O rexionalismo é o segundo dos períodos do galeguismo anterior á Guerra Civil.


Esténdese entre 1861 (Xogos Florais con discurso preliminar de Fco. De la Iglesia en
defensa do galego) ou 1886 (Los precursores de MM) e 1916 (fundación das
Irmandades da Fala)

O Rexionalismo é o período en que se situan ambos os textos, e está constituído por un


grupo de pesoas que se organizan e que, no caso galego, loitan pola lingua
(galeguismo). É un período situado entre 1861 e 1916 e precede ao Nacionalismo, mais
é posterior ao Providencialismo. É enton unha etapa intermedia no galeguismo do
século XIX e os seus principais axentes son Manuel Murguía (1833-1923), Alfredo
Brañas (1859-1900) e Pereira.

Estes tres galeguistas do período rexionalista tiñan varias propostas en conun, pero que
mais tarde se foron dividindo até formar o seu propio programa por separado. Entre as
primeiras, está a Galiza como patria (História, Etnia, Língua), contra o centralismo,
contra o Estado Español da Restauración (rotativismo, caciquismo...), a defensa da
identidade galega (tanto da língua como da cultura) e, por último, o desexo de
organización política.
Eles indicavanque os males da Galiza eran o centralismo e o caciquismo e que a
solución para estes eran a autonomia e a descentralización administrativa, além
dunEstado Federado.

O primeiro texto é da autoria da realista naturalista española Emilia Pardo Bazán, quen
constitui a principal axente do referente de oposición. Este fragmento pertence ao libro
De mi tierra e menciona en diversos puntos a sua disconformidade coas ideas
reintegracionistas de outros/as autores/as coetáneos/as a ela, a pesar de falar de Afonso
X, o cal reforza o facto de que a literatura portuguesa ten o seus conezos na Galiza.
Tamen realiza unha história daproducción literária galega (Séculos Escuros) e explica
que, segundo ela, a literatura galega contribui à española e sinala que Cantares Gallegos
reflicte a alma do país, mas quando canta às pombas e às flores. Isto queredicir que nos
fragmentos enque Rosalia critica a situación do idioma ou a política española, Pardo
Bazán non o identifica con Galiza (a arte non é social, é a arte pola arte).

Centrando-nos no texto arriba situado, este expresa a ideada autora española de que
Galiza é terra, non pátria, a qual é España. Así mesmo, pátria é untermo usado pelos
agentes do Rexionalismo que, segundo autores como Canalejas ou Rosalía, tencomo
centro o separatismo.

O segundo texto fai parte de “El Cancionero Popular Gallego”, e nel faz-se referência
que, ainda que hai unha união entre Galiza e Portugal non significa que se poda criar
unha literatura galego-portuguesa.

O fragmento tencon tema principal o perigo português, é dicir, o medo à creación


dunmodelo galego-luso-brasileiro.

No referido ao idioma os rexionalistas, no seu programa conjunto, sinalana união do


galego con o português, dizendo que el portugês es un gallego casi puro [...] un habla
casi idéntica. Apontam, tamén, a necesidade de recuperar a língua esquecida e desde o
1863 ao 1884 foranpublicadas diferentes obras lexicográficas, entre as que podemos
destacar Gramática gallega, de Antonio Saco y Arce e El habla gallega, de Juan Cuveiro
Piñol

28) Enumera e explica os obxectivos, a estrutura e os repertorios formais e


temáticos da produción poética en galego de Rosalía de Castro (600
palabras).
A autora Rosalia de Castro escribiu Cantares Gallegos (1863) e Follas Novas
(1880), entre outras obras de grande importância no sistema literário galego-
português. Canto a primeira obra, iniciadora do Rexurdimento , os objetivoa
principais son cinco: a loita contra a “Lenda Negra” (justiça, verdade, beleza);
a defesa da Galiza (língua, paisagem, costumes, cultura popular...); a protesta
social (a favor das clases populares e da muller); patriotismo (tradición
popular, identidade) e o reforzo do Referente Afirmativo (Galiza) contra o
Referente de Oposición (España).

Cantares Gallegos pode estruturar-se enduas partes se atendemos às edicións


que foranpublicadas en 1863 e 1872. A primeira foi editada em Vigo e conten
unha dedicatória a Fernán Caballero, unprólogo, 31 poemas —aos que se
suman o de Ventura Ruíz Aguilera, “La Gaita Gallega” e a resposta da própria
autora “A Gaita Gallega”— mais o glosário. Porém, a segunda edición
publicou-se enMadrid e conta con quatro poemas novos (“Miña Santiña”,
“Díxome nantronte o cura”, “¿Qué ten o mozo?” e “Si a vernos Marica
nantronte viñeras”). Ademais, a obra contém unha particularidade: tenestrutura
circular.

Os repertórios presentes nesta obra baseam-se na recolha e mostra de poesia


pupolar, fundando, así mesmo, unha tradición. No tocante aos repertórios
formais, a métrica dos poemas é de arte menor, e as formas poéticas son o
romance, o cantar, o romancilho, a tríada, a muinheira etc. O ritmo forma-se
medinte o emprego de paralelismos, repeticións etc. Para acabar, as vozes
presentes estão constituidas pelodiálogo homem-muller etc. Os temas tratados
son o costumista, con unforte carácter descritivos, (presente no poema “Nosa
Señora da Barca”, entre outros); poesia amorosa (que se reflicte, por exemplo,
no poema “Cantan os galos pr’ódia”); poesia intimista (“Como
chovemihudiño”); social (“Como chovemihudiño”) e patriótica (“Airiños,
airiños, aires”).

Centrando-nos enFolhas Novas, os objetivos a cumprir con este libro eran, tal e
como Rosalia indica, falar da terra e a língua e agradecer a acolhida que
Cantares tivera trás a publicación, sendo, así mesmo, unha continuación do de
1863. Os repertórios, por tanto, son o intimismo, a defensa do povo e da língua,
a denuncia social e a inspiración popular.
A estrutura forma-se por unprólogo de Emilio Castelar, unhas palavras da
autora e cinco secións: I Vaguedás (20 poemas), II ¡Do íntimo! (36 poemas),
III Varia (42 poemas), IV D'a terra (9 poemas) e V As viudas d'os vivos e as
viudas d'os mortos (31 poemas). Nos dous primeiros temos textos intimistas
subjetivos no entanto enque no resto de poemas, senperder a autenticidade,
denuncia a injustiça social e analisa as suas causas. Varia está conposta por
poesia subjetiva e objetiva. Por último, a estenson dos libros variam, xa que
cada parte é diferente (Da terra consiste só ennove poemas, mas Varia supera
os 40).

Neste libro encontramos trestendências métricas: a romántica (onde destacan as


combinacións múltiples), a popular e a de experimentación pesoal (“Cada noite
eu chorando pensaba”) mediante octosílabos e hendecasílabos, dodecasílabos e
decasílabos etc. Tamén vemos o uso da silva, do romance ou o gosto de
Rosalía pola asonância.

Undos poemas mais conhecidos da obra é “Negra Sombra”, onde mostra o


pesimismo e o temor à morte con sensibilidade.

29) Sintetiza a traxectoria, os repertorios actualizados na súa produción


poética e a recepción crítica de Curros Enríquez (600 palabras)
Curros Enríquez (1851-1908) foi un poeta e xornalista galego e constitui
unescritor dos tres mais importantes da Renascença (Rosalia, Curros e Pondal e
simboliza a atitude do ideólogo pensador ao servizo dunha causa política
concreta. Em 1875 o coruñes forma parte da asociación Galicia Literária.

Quando emigrou para América dirige unjornal (La Tierra Gallega) e depois
ingresou na redacción de El diario de las Familias e na do Diario de la Marina.
Em 1904 volve para a Corunha e comeza, junto con Manuel Murguía o que
será a Real Academia Galega nun futuro (de que será diretor o próximo ano).

Unha das suas obras mais relevantes é Aires da miña terra, unconxunto de,
finalmente, 31 poemas publicados en1886. Este libro acabara pelo proibir a
igrexa no momento da sua primeira saída (1880) por conter "proposiciones
heréticas, blasfemas, escandalosas” e Curros foi esconulgado. Porém, tamén é
mester falarmos de O divino sainete, oito cantos e 23 poemas non presentes no
libro que virana luz en1888. Quanto aos repertórios temáticos, destaca a
defensa da língua e o progreso, a presenza da natureza e da tradición popular,
junto a función da arte e o poeta, son os temas mais habituais na sua obra. Em
consonância con isto, as bases do seu pensamento político eran a democrácia, o
laicismo, a educación, o libre pensamento e a propriedade privada (tudo pelo
contrário do que defedia o Antigo Regime). Era, como bense conhece,
republicano federalista.

30) Sintetiza a traxectoria, os repertorios actualizados na súa produción


poética e a recepción crítica de Eduardo Pondal (600 palabras)
Eduardo Pondal é unescritor do Rexurdimento, que fai grupo con Curros e Rosalía,
sendo, eles/as tres, esenciais para a recuperación da literatura galega após os Séculos
Escuros.

A pesar de que apenas en1886 sae à luz Queixumes dos pinos, libro que inicia a sua
trajetória no galego trás a modificación da língua no contido do mesmo, en1856
participa no Banquete de Conxo e en1858 publica a primeira verson do seu primeiro
poema en galego, “A campana de Anllóns”, incluído logo no Álbum de la Caridad
(1862). Entre os seus repertórios temáticos podemos encontrar o Chamamento à loita
pola defesa da Pátria, o celtismo, a natureza, a emigración, a unidade lingüística galego-
portuguesa, loita contra a Lenda Negra, o amor etc. Noutra ordende cousas, e ao igual
que podemos considerar que Emilia Pardo Bazán foi a contribuidora ao movimento
naturalista español, podemos afirmar que Eduardo Pondal fai parte do simbólico-
naturalista do galego.

A sua obra mais conhecida é a xa mencionada Queixumes dos pinos, que recolhe 91
composicións, 89 en galego e 2 bilingües, entre as que se encontran Gandreiras e 17
poemas de Rumores de los pinos. Nesta obra o celtismo, o bardismo, a misoxinia e o
helenismo son os compoñentes temáticos e ideológicos que servencomo base ao
escritor. Ainda así mesmo, tamén cómpre fazer mención a outras obras como Os Eoas,
unpoema longo, e à sua estética simbolista e formalista da poesia de finais do século
XIX.

31) Sintetiza as condicións deproducción e circulación da prosa e o teatro


galego intersecular e apresenta os principais agentes e repertórios destes
dous géneros (600 palavras)

A pesar da dificultade de estabelecer datas concretas para separar etapas, a literatura


galega do período intersecular refire-se à aquela producida a finais do século XIX e
princípios do XX. Para non criar unha interrupción artíficial entre o teatro e a prosa da
Renascença e a do período intersecular, vamos dar início aos dous géneros à fim do
primeiro movimento literário (1880 a narrativa e 1882 o teatro).

Na narrativa está presente unha situación sociolinguística que deriva na existência de


obras ruralistas, custumistas e realistas. Além de libros narrativos, temos publicacións
periódicas rexionalistas de jornais, folhetins, revistas etc. como O Tío Marcos da Portela
(1876), La Región Gallega, Galícia...

Os repertórios temáticos mais habituais nas publicacións son o costumismo, o amor, a


emigración, o social e o costumismo. Estes temas reflictem-se na narrativa oral popular,
nas narrativas fantástica e histórica e no relato humorístico. Canto aos agentes
principais, Antonio López Ferreiro, Francisco Álvarez de Nóvoa, Valentín Lamas
Carvajal, (O catecismo do labrego), Manuel Murguía (de quen destacamos ensaios) e
Manuel Lugris Freire foran autores de novelas, folhetins e forman parte da tradición
popular oral galega.
No tocante ao teatro, hai trestipos: o histórico (A torre de Peito Burdelo, de Galo
Salinas), o social (A Ponte, de Manuel Lugrís Freire) e o melodrama (Filla...!, de Galo
Salinas).
A Escola Rexional de Declamación realizou várias representacións ao longo dos dous
anos da sua existência, entre elas Minia, de Manuel Lugrís Freire y Mareiras, do mesmo
autor. O teatro galego, que nasce como vontade por parte dos agentes do período para
conpletar o sistema literário galego, inicia-se con A Casamenteira, de Bieito Fandiño,
en1812, mas tamén conta con outros títulos nesa época como A fonte do xuramento, de
Francisco María de la Iglesia. Con esta última obra abriu-se unha etapa intersecular, que
se prolongou até 1919, ano enque se presentou ao público o Conservatorio Nazoal de
Arte Galega por iniciativa das Irmandades da Fala.

32) Explica as características que identificana literatura rexionalista entre 1906


e 1916. Fai referência às principais instituicións, agentes e repertórios deste
período da literatura galega (300 palavras)

Tema 5 – O século XX
AS IRMANDADES DA FALA

CONTEXTO HISTÓRICO GLOBAL

Tras a Grande Guerra (1914-1918), novo ciclo histórico: fin definitivo da sociedade
herdada do século XIX. O derrubamento dos imperios alemán, austrohúngaro e
soviético (revolución bolxevique en 1917) abre un período de instauración dunha
nova orde mundial e de inicio da hexemonía dos Estados Unidos.

Na década de 1920 créase a Sociedade das Nacións como mecanismo para


procurar unha solución pacífica aos conflitos internacionais. A plurinacionalidade
xunto coas reivindicacións nacionalistas levará ao nacemento de novos estados,
entre eles o Estado libre de Irlanda en 1921.

O movemento obreiro organizado vai pasar a formar parte do goberno en moitos


países europeos e prodúcense avances para a extensión da democracia como a
consecución do voto para a muller (en España en 1931). A década de 1930 é un
período crítico: a crise do capitalismo producirá o crac do 29 e a grande depresión;
e a da democracia liberal vai abrir paso ao avance dos fascismos. En 1939, invasión
de Polonia por parte de Hitler: inicio da Segunda Guerra Mundial.

CONTEXTO HISTÓRICO EN GALIZA

Atopámonos nun país eminentemente rural, cunha ecomomía de base agraria que
continúa sen resolver conpletamente o problema da propiedade da terra.
O campesiñado (sector maioritario da poboación) non é dono da terra que traballa
-en mans de rentistas-, que só pode cultivar en virtude do contrato de
arrendamento de orixe medieval denominado foro. Coneza o coñecido como
movemento agrarista, que tiña como obxectivos principais a eliminación do foro, a
consecución da propiedade plena da terra para o campesiñado e a oposición aos
impostos inxustos que esquilmaban o labrego.

1926: Lei de redención foral.


A emigración acadou as súas maiores cotas entre os anos 1900 e 1930: apróx
300.000 persoas saíron da Galiza con destino preferente Cuba e Arxentina.
O sector primario ocupa o 65,3% da poboación activa.

Na agricultura e na gandaría vai producirse unha modernización técnica que


permitirá orientar parte da produción ao mercado. A industria é feble e descansa
no sector primario (na conserva e nas industrias adicionais da pesca), ben como
nos estalleiros militares de Ferrol ou nas fábricas de luz e gas que dan servizo ás
cidades.

O sector dos servizos vai ir cobrando importancia da man do crecemento urbano.

AS IRMANDADES DA FALA

As Irmandades da Fala xorden na cidade da Coruña en 1916 como unha


organización que vai facer do idioma o principal factor de identificación colectiva e
que, por iso, de inicio poderá sunhar no seu seo axentes procedente de diversos
campos ideolóxicos.

Os obxectivos iniciais desta agrupación poden definirse como “estritamente


lingüístico folclórico: practicar o uso oral e escrito do galego entre os seus afiliados
e a partir de aquí difundilo na prensa e na sociedade; chegar a publicaren un
boletín; renderen culto ás grandes figuras do galeguismo e cultivaren a cultura
“enxebre” mediante excursións ás aldeas e o fomento da música popular.
Desde estes supostos, as Irmandades irán evolucionando cara a organización con
proxección política que, en 1918, se definirá como nacionalista.

OS PRECEDENTES DAS IRMANDADES DA FALA

Nos anos 1915-16, un grupo de galegos establecidos en Madrid, provenientes do


rexionalismo e do agrarismo van respaldar a publicación de Estudios Gallegos:
Revista quincenal de Lenguaje, Finanza y Turismo, dirixida por Aurelio Ribalta, que
contribuirá a un novo espertar da conciencia da galeguidade.

Antón Vilar Ponte inicia, a través dunha serie de artigos en La Voz de Galicia, unha
campaña para a creación dunha Liga de Amigos do Idioma (Galego), que vai ter
acollida favorábel. En marzo publicará Nacionalismo gallego.

Nuestra afirmación rexional: un chamamento á reorganización do galeguismo e


unha afervoada apoloxía da lingua galega, que insta a difundir e defender.

A FUNDACIÓN DAS IRMANDADES DA FALA


O día 18 de maio de 1916, nunha reunión celebrada nos locais da Academia Galega
na Coruña, decídese a fundación da Hirmandade dos Amigos da Fala, apróbanse os
seus estatutos e é escollida a súa directiva, presidida por Antón Vilar Ponte.

A esta xuntanza asiste un nutrido grupo de homes, procedentes do rexionalismo,


do federalismo, da antiga Solidaridad Gallega e do agrarismo, mais tamén novas
incorporacións, provenientes do republicanismo e do liberalismo. Predominan os
intelectuais e os profesionais liberais, mais tamén asisten traballadores do sector
servizos.

No mesmo mes de maio, Lois Porteiro promoverá a creación da Irmandade de


Conpostela, á que seguirán as de Monforte, Pontevedra, Ourense e Vilalba
(Finalmente, emerxen até 28 irmandades locais en diferentes cidades).

As actividades iniciais vinculadas ao ámbito cultural foron recitais, excursións,


conferencias, cursos de lingua, representacións teatrais, homenaxes… A fundación
en novembro d´A Nosa Terra como órgano das Irmandades suporá un impulso moi
importante para o reforzo da dimensión política da organización.

A ORGANIZACIÓN DAS IRMANDADES

A celebración en 1918 da I Asamblea das Irmandades da Fala na cidade de Lugo os


días 17 e 18 de novembro suporá a definición do movemento como nacionalista:
“Tengo Galiza todal-as características esenciaes de nazionalidade, nós
nomeámonos, de oxe para sempre, nazionalistas galegos, xa que a verbe
´rexionalismo´ non recolle todal-as aspiracións nin encerra toda a intensidade dos
nosos problemas” (Manifesto da Asambleia Nazonalista de Lugo, 1918).

Asistiron representantes de 20 agrupacións locais diferentes: Antón Vilar Ponte, o


seu irmán Ramón, Castelao, Vicente Risco, Ánxel Casal, Lois Peña Novo, Vítor Casas,
Xaime Quintanilla, Xoán Vicente Viqueira, etc.

Conflúen a tradición liberal-demócrata do galeguismo, representada polas


Irmandades da Coruña e de Ferrol, e a tradicionalista e conservadora, que tería o
seu referente na de Ourense. Nesta asamblea aprobouse o regulamento interno das
Irmandades e queda así constituida unha organización unitaria cara ao logro de
obxectivos político-culturais.

A Nosa Terra é declarada único órgano oficial do nacionalismo galego. No


Manifesto fíxanse as bases dun modelo de autogoberno para a autonomía integral
de Galiza.

AS MULLERES NAS IRMANDADES

Nas Irmandade houbo unha abondosa militancia femenina, especialmente na


cidade da Coruña. En 1918 constitúese a Xunta Xeral da sección femenina da
Irmandade da Fala coruñesa. Segundo algunhas estimacións dun total de 700
membros das Irmandades no ano 1918, as mulleres suporían 200. A maior parte
das irmandiñas tiñan profesións liberais, eran mestras e xornalistas, mais tamén
habían artesás.

A ACTIVIDADE DAS IRMANDIÑAS

A filiación ás Irmandades supuxo a súa plena participación na acción social,


cultural e política desenvolvida pola organización, aínda que con frecuencia
desempeñando un papel secundario ou invisíbel no espazo público.

Participaron da vida orgánica das Irmandades e o seu traballo foi esencial para a
boa marcha das Escolas do Insiño Galego e dos cadros teatrais. Para alén disto,
desempeñaron tarefas específicas, como recadar información sobre a muller
traballadora galega e promover medidas de protección para as mulleres,
especialmente as emigradas.

Elaboraron materiais propios, organizaron recadación de fondos, promoveron


manifestos fixando posición ante as tentativas de usurpar a voz da muller galega,
realizaron protestos polo fusilamento de labregas en Sofán, etc.

Coa chegada da II Republica, moitas das irmandiñas pasarán a militar no Partido


Galeguista e a participar activamente na agrupación Republicana Femenina.

A EVOLUCIÓN DAS IRMANDADES DA FALA

As Irmandades acollen desde a súa fundación unha pluralidade ideolóxica que vai
producir diversas crises e reconfiguracións nos quince anos que dura a súa
andaina. Simplificando, poden ser distinguidas estas etapas:

1916-1918: transición do rexionalismo ao nacionalismo, afirmado na Asamblea de


Lugo (1918)

1918-1922: unión, con hexemonía idolóxica tradicionalista, que racha na Asamblea


de Monforte (1922)

1922-1929: Escisión por diferenzas ideolóxicas, de estratexia e organizativas, que


supón a creación da Irmandade Nazionalista Galega (Risco, Conselleiro Supremo),
fronte á Irmandade coruñesa. Este período coincide en boa medida coa ditadura de
Primo de Rivera (1923-1930) que vai supor, principalmente a través da censura,
moitas limitacións á actividade irmandiña.

1929-1931: Progresivo reagrupamento que dará na fundación do Partido


Galeguista en 1931.

Co nacionalismo xa organizado en partido político, a oposición do sector


tradicionalista á configuración da república- que consideraban sinónimo de
laicismo e marxismo- dará lugar á escisión en 1935 da Dereita Galeguista.
NACIONALISMO: ORIENTACIÓNS

As dúas principais orientacións no nacionalismo da continuidade ás definidas no


rexionalismo: tradicionalista / liberal-demócrata.

Porén, o nacionalismo cohesionado arredor das Irmandades da Fala acollerá tamén


tendencias ausentos no galeguismo decimonónico, como a socialista-representada
por militares irmandiños como Xohai n Xesús González e Xaime Quintanilla, ambos
autores destacados na renovación literaria da década de 20, ambos asasinados
polo fascismo en 1936- e a arredista, con forte implantación nas conunidades de
emigrantes da Habana -Conité Revoluzonario Arredista Galego- e Bos Aires -
Sociedade Nazonalista Pondal, editora do xornal A Fouce.

PRINCIPAIS TENDENCIAS NO NACIONALISMO

Cooperativismo: democracia de pequenos propietarios vs


Tradicionalistas Liberal-Demócratas
Raza,Terra,Historia Lingua, Cultura
Cooperativismo: democracia de Desenvolvemento capitalista
pequenos propietarios
Tradición católica Desenvolvemento capitalista
Vicente Risco; Otero Pedrayo; Antón Antón e Ramón Vilar Ponte; Castelao;
Lousada Diéguez, Xosé Filgueira Bóveda; Vítor Casas, Carvalho Calero
Valverde

Confluencias e diverxencias: polémicas políticas, estéticas, literarias.

VICENTE RISCO, TEÓRICO DO NACIONALISMO

Teoría do nacionalismo galego (1920/18); referencia indiscutíbel para todo o


nacionalismo nos primeiros anos da década de 20, especialmente na definición dos
elementos que fan de Galiza unha nación: a lingua, o territorio, a conponente
étnica, a espiritualidade, a historia propia e os costumes.

Risco está influído por Murguía nesta definición nacional e na importancia dada á
achega celta. Considera que a nación é un feito natural, independente da vontade
hunhana (a súa teorización está inserida nos nacionalismos de corte orgánico-
historicista).

A misión nacionalista é a reconstitución espiritual, política e económica de Galiza,


de aí a conseguinte esixencia de autonomía espiritual, política e económica. Para
Risco, o Volksgeist (teoría do espíritu do pobo) está definido polo diálogo entre a
Terra e a Raza, o que explicará a centralidade da saudade na súa teorización.

OUTROS TEÓRICOS DO NACIONALISMO


Aínda que inicialmente a obra de Risco vai ser a referencia para todo o
nacionalismo, outras van contribuír ao corpus doutrinal xerado polas Irmandades.
Destaca entre eles a Doctrina nazionalista (1921), de Ramón Vilar Ponte, que
representará a posición liberal-demócrata.

A súa idea central “é a defensa do nacionalismo como credo progresista, pacifista,


democrático e liberador, fronte á súa antítese, o imperialismo colonialista, que é
´política de opresión, de asoballamento, de tortura e aniquilación dos pobos’”.

Outros contibutos teóricos relevantes, aínda que non fosen publicados inicialmente
en forma de libro, son, nun primeiro momento, os de Johan Vicente Viquieira e Lois
Peña Nova e, na década de 30, os de Castelao ou Alexandre Bóveda.

A ACCIÓN DAS IRMANDADES DA FALA

No balance da actividade das Irmandades da Fala pesa tanto o activismo lingüístico


e cultural, articulado arredor da promoción da lingua galega, como a defensa dos
intereses sociais e económicos de Galiza e a afirmación da súa identidade política.

Se deu inicio ás actividades promovidas polas Irmandades van ser de tipo


folclórico-cultural, coa afirmación da organización como nacionalista vai pórse en
práctica un amplo programa de intervención no campo cultural, que levará consigo
a creación de editoras, cadros de declamación, medios de conunicación propios etc.
e a promoción dunha produción literaria e artística que respondese ás
características identitarias definidas polas Irmandades e que, ao tempo, actuase
como unha ferramenta para a extensión dos seus valores e para o crecemento da
implatación social do nacionalismo.

Aínda que a poboación labrega era fundamental como soporte identitario do


discurso nacionalista, non é a única destinataria política do movemento que
pretendía sunhar as clases medias e o sector intelectual á súa causa política.
Dada a relevancia da acción das Irmandades no campo literario coñeceremos o
período da historia literaria galega que vai de 1916 a 1946 co nome da
organización, o tempo das Irmandades da Fala.

AS IRMANDADES DA FALA COMO PERÍODO

Propomos denominar como o tempo das Irmandades da Fala o período da historia


da literatura que vai de 1916 (fundación das Irmandades da Fala na Coruña), e
1936 (inicio da Guerra Civil).

Neste período desenvolverán a súa actividade axentes vinculados á xeración do 16


(membros do Grupo Nós), xeración do 25 (Grupo do Seminario de Estudos Galegos
e o Grupo El Pueblo Gallego), e a xeración do 36.
IRMANDADES DA FALA: ACTUACIÓNS NO CAMPO LITERARIO

Nos vinte anos que van de 1916 a 1936, ben por iniciativa das Irmandades da Fala,
ben de persoas próximas á organización, van crearse múltiples institucións que
deixan patente a vontade de estruturar un sistema literario: Editoras (Terra a
Nosa, Céltiga, Lar ou Nós), xornais propios ou próximos (A Nosa Terra ou Galicia),
revistas culturais (Nós), escolas para promover a formación teatral (Conservatorio
Nazonal de Arte Galega, Escola Dramática Galega), institucións académicas
(Seminario de Estudos Galegos), e escolas que promovan a alfabetización en galego
(Escolas do Insiño Galego).

ÁNXEL CASAL

A figura dos editores nesta época foi esencial, e destacan tres nomes: Xaime
Quintanilla (Céltiga), Leandro Carré e Ánxel Casal (Lar, e despois Casal en solitario
con Nós). Este último (1895-1936) tivo unha gran importancia como editor na
Galiza nas décadas do 20 e 30.

A intención de Nós foi por en marcha unha literatura nacional a prezos populares,
coa esperanza de consagrar unha nova literatura dos grandes xunto coas novas
promesas. Nós foi a impulsora da popularización da cultura e dun libro nacional
galego, que buscabar dar a réplica ás grandes coleccións españolas.

Nós ademáis foi a imprenta de onde saíron as publicacións do Seminario de


Estudos Galegos, entre outras. Nós contará coa colaboración de artistas gráficos
como Maside ou Seoane.

EDITORAS

Aínda que o traballo como editor de Casal en Nós é o máis relevante deste período,
destacan outras empresas. Casal colabora con Carré na creación de Lar na Coruña
(1924-1928).

Lar edita principalmente novela curta co obxectivo de amplicar o público lector en


galego e de desfracer a identificación do galego cunha lingua literaria só apta para
o xénero poético. A editora coruñesa seguía o camiño inciado pola Biblioteca
Galeguista creada pola Irmandade da Fala, e de Céltiga, que tivera a Quintanilla de
director e a Ramón Vilar Ponte de xerente.

A NOSA TERRA

A Nosa Terra sae á rúa como “Ideariundas Irmandades da Fala” en 1916 e continua
ata 1936. A súa periodicidade será variábel, apróx. 2000/1000 exemplares
dependendo do período e presentaba 8 páxinas.
Entre os seus directores estrán Antón Vilar Ponte e Vítor Casas. Durante a II
República alternáronse como directores Aquilino Iglesia Alvariño, Ramón Suárez
Picallo e Alexandre Bóveda.

É unha publicación política e ideolóxica, e só en moi pequena medida acollerá


contidos de carácter cultural, aínda que si dará noticia das novas publicacións e
participará en polémicas literarias.

A Nosa Terra foi un pilar fundamental para coñececer o nacionalismo, os debates e


opinións internas, e o breve espazo dedicado ás mulleres.

REVISTA NÓS

No 1920 sae á rúa Nós, boletín mensual da cultura galega dirixido por Vicente
Risco e máis tarde polo mesmo máis Castelao, que será o director artístico.

Aínda que Nós será un produto plenamente risquiano, figuran autores como
Ramón Cabanillas, Antón Losada Diéguez, Ramón Otero Pedrayo, Florentino López
Cuevillas, Xohan Viqueira, Antón Vilar Ponte, Wenceslao Fernández Flórez, Xaime
Quintanilla, Antón Noriega Varela…

Os seus contidos recollen creación literaria, máis céntrase na divulgación


cientítifca, principalmente nas áreas de traballo do Seminario de Estudos Galegos
(arqueoloxía, etnoloxía, arte, xeografía, filoloxía…) o cal o afasta dun público
popular.

A PRENSA DIARIA

Ademáis das revistas con ideas e propostas culturais e literarias, os xornais xogan
un papel relevante, ben por unha liña editorial favorábel ao nacionalismo (como o
vigués Galicia, dirixido por Valentín Paz Andrade), ben por contaren con
destacados axentes nacionalistas, como El Pueblo Gallego, tamén vigués.

Outros xornais que favoreceron á causa nacionalista foron El Correo Gallego de


Ferrol, dirixido nunha época por Xaime Quintanilla; La Zarpa, publicado en
Ourense ou El Emigrado, na Estrada.

O TEATRO

O xénero dramático vai ser de especial interese para as Irmandades, xa que sabía
que o teatro era unha ferramenta poderosa de pedagoxía nacionalista, que
permitía trasladar a súa mensaxe e proxectar novos imaxinarios.
Por isto van a actuar de dous formas distintas: renovando o repertorio dramático e
creando infraestructuras propias, rompendo co que a xente esperaba do teatro
galego.

Creáronse institucións para conseguir isto, como o Conservatorio Nazonal de Arte


Galego (1919) ou a Escola Dramática Galega (1922). O Conservatorio quería servir
como base e preparación para os actores para abrir horizontes co teatro galego.
Inauguraría en 1919 a primera temporada teatral galega con A man de Santiña, de
Cabanillas.

O Conservatorio rematou por desaparecer debido ás resistencias ás propostas


teatrais, e reapareceu en 1922 como a Escola Dramática Galega da man de Carré
para presentar un repertorio ancorado no rexionalismo. A pesar dos esforzos, as
dificultades chegaron na Ditadura de Primo de Rivera, sobre todo para aquelas
obras orientadas á renovación, polo que moitas delas quedaron como teatro para a
lectura.

Un exemplo de isto é a obra O Mariscal, de Cabanillas e Vilar Ponte, que tardou en


levarse á representación, e cando isto ocorreu, foi en versión operística e con
reducidas representacións.

O SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGO

Foi creado en 1923 por un grupo de estudantes universitarios (entre os cales


destacan Xosé Filgueira Valverde, Fermín Bouza-Brey e Luís Tobío), co obxecto de
facer da realidade galega obxecto de investigación científica integral.
O proxecto estivo formado por algúns dos seus profesores da universidade
conpostelá, que presidirán a institución, e moitos estudantes, docentes e
investigadores. O Seminario organizouse en seccións, cada unha cun director que
coordinaba as tarefas.

Inicialmente a investigación estaba orientada ao campo hunhanístico, mais


paulatinamente ampliaron os seus campos de acción ata que en 1935 foron os de
Prehistoria, Historia, Arqueoloxía e Historia da Arte, Filoloxía e Historia da
Literatura, Arte e Literatura, Xeografía, Etnografía e Folclore, Ciencias Sociais,
Xurídicas e Económicas, Ciencias Naturais, Ciencias Aplicadas, Historia da
Literatura e Pedagoxía.

O resultado do traballo investigador do Seminario primero difundiráse na revista


Nós, e posteriormente nunha publicación propia: os Arquivos do Seminario de
Estudos Galegos. Grazas a estos traballos imvestigadores naceron publicaciones
como Terra de Melide (1933), o anteproxecto do estatuto de autonomía (1931), e
de “algunhas normas para a unificazón do idioma galego” (1933).

A FUNCIONALIDADE DA LITERATURA
A produción literaria e a función do escritor van estar no centro das preocupacións
teóricas e das actuacións das Irmandades da Fala.

A definición dunha identidade colectiva baseada en valores espirituais e


transmitida a través de produtos artísticos (sobre todo narrativa e teatro) e a súa
proxección esterior colócase como obxectivo prioritario.

A tradición galega literaria vai ser utilizada como elemento de fundamentación da


ideoloxía nacionalista e os seus autores serán precedentes do movemento
irmandiño, polo que ao poeta serán atriubidas funcións patrióticas case
mesiánicas, como no caso de Cabanillas, considerado o Poeta da Raza.

RAMÓN CABANILLAS

Cabanillas (1876-1959) era un poeta xa recoñecido cando naceron as Irmandades,


e xa manifestara o seu conpromiso co agrarismo en No desterro (1913) e Vento
mareiro (1915). A publicación de Da terra asoballada (1917) e a segunda edición
de Vento mareiro (1921) vai consagralo como o poeta civil ao servizo da causa
irmandiña, bautizado como poeta da Raza por Antón Vilar Ponte.

Nesta nova etapa incorporará novos repertorios á súa poesía como o saudosismo, e
o celtismo nas sagas de Na noite estrelecida (1926), e n´O Mariscal (1926), escrita
con Vilar Ponte. Saudosismo e poesía amorosa n´ A rosa de cen follas (1927), un
poemario de filiación rosaliana. Ingresou na RAG en 1922 e na RAE en 1929.

A POESÍA: ENTRE CONTINUIDADE E RENOVACIÓN

Neste período continúan repertorios que proviñan da tradición decimonónica


(poesia civil, ruralismo costumista, intimismo…) por poetas que iniciaran a súa
traxectoria no período e estética rexionalista. Esta vai ser contestada por Manuel
Antonio e Álvaro Cebreiro no manifesto Máis Alá! (1922).

A renovación coneza a través da incorporación da estética pós-simbolista, con


presencia dos modelos prerrafaelitas, do modernismo hispanoamericano e do
saudosismo portugués. Cabanillas e Antonio Noriega Varela son representativos
desta liña.

Porén, no xénero poético é no que máis se plasma a estética nacional sobre as que
teorizaron Risco, Vicente Viqueira ou Castelao: unha arte e literatura enxebre. O
enxebrismo viría ben da adaptación de modelos que estaban presentes na
tradición galega, nas vertentes popular e medieval, ben pola aparición de trazos do
Volksgeist na produción artística.

A tradición medieval podería ser recuperada a estas alturas por un mellor


coñecemento dos cancioneiros trobadorescos. Lirismo, saudade ou sentimento da
terra serán algúns dos trazos do espírito nacional promovidos para a súa elevación
a categoría estética.

A POESÍA: OS NOVOS

A renovación dos repertorios con base na tradición vai ter os seus máximos
expoentes na obra dos poetas nados co século (xeración do 25, xeración da
vengarda, os Novos) con dúas grandes tendencias: O(s) neopopularismo(s),
patentes na obra de Luís Amado Carballo, Euxenio Montes ou Eduardo Blanco
Amor; e o(s) neotrobadorismo(s), inciado por Fermín Bouza-Brey e logo
reinventado por Álvaro Cunqueiro (seguinte xeración).

Estas dúas tendencias encaixan nas propostas enxebristas, mais non coas poéticas
aliñadas coa vangarda, representadas por Manuel Antonio, entre outras. O cambio
xeracional afecta á produción e modelos. Os Novos van publicar poemarios en
formato de libro, mais a prensa e algunhas revistas serán medios fundamentais
(incluso os únicos) para dar a coñecer a súa poesía.

A NARRATIVA: TENDENCIAS

Na narrativa van ter continuidade repertorios anteriores: costumismo, ruralismo,


sentimentalismo… plasmados na obra de Xosé Lesta Meis ou Francisca Herrera
Garrido.

A renovación vai producirse segundo dúas grandes tendencias: unha


(neo)popularista, que caracteriza a Castelao (Cousas) ou Rafael Dieste (Dos
arquivos do trasno); outra, de índole simbólico-identitario, que cultivarán Otero
Pedrayo ou Vicente Risco (Nós).

A importacia concedida á narrativa neste período débese á necesidade de romper a


vinculación entre a literatura galega e a poesía, mostrando que é posible cultivar
outros xéneros, e para a creación de imaxinarios alternativos ao rural e a vontade
de chegar a un público máis extenso.

A NARRATIVA: ELEMENTOS DE RENOVACIÓN

A produción narrativa vai diversificarse explorando todas as posibilidades do


xénero: o romance (novela longa), a novela e o conto.

A renovación vai pórse de manifiesto na técnica narrativa, que superará os


modelos decimonónimos, facendo uso de procedementos como a inserción do
discurso intelectual, o monólogo interior, a ruptura da secuencia temporal, a
primacía da forma sobre o argumento, uso de técticas aprendidas no relato oral…

A ampliación do imaxinario vai traer novos protagonistas e novos espazos á


produción narrativa, que vai ter como asuntos principais a reconstrución da
historia nacional (A romeiría de Gelmírez), a interpretación do presente colectivo
en chave nacionalista (Arredor de sí), o exotismo (Do caso que lle aconteceu ao
Dr.Alveiros), literatura fantástica (Un ollo de vidro), reescrita da tradición popular
(Dos arquivos do trasno), denuncia social (Cousas) etc.

O XÉNERO DRAMÁTICO: PROPOSTAS E TENDENCIAS

O interese na promoción dun teatro nacional galego vai dar lugar a debates que
propoñen modelos noutras dramaturxias, por exemplo no teatro irlandés ou no
portugués, que promoven a renovación do repertorio ou que critican abertamente
o teatro existente.

No período van convivir varias tendencias; a conservadora, a renovadora e unha


vía intermedia, que afincará nas propostas rexionalistas, actualizándoas.
A tendencia conservadora caracterízase polo uso de repertorios do teatro social,
costumista e humorístico e, en menor medida, histórico e destacan Xesús San Luís
Romero, Xavier Prado Lameiro e a dupla Charlón e Hermida.

A renovadora inspírase no teatro irlandés, no simbolista ou no naturalista.


Exemplos disto son A man de Santiña (1919) de Cabanillas, Donosiña (1922) de
Xaime Quintanilla, A fiestra valdeira (1927) de Rafael Dieste, e sobre todo O
Mariscal (1926) de Cabanillas e Vilar Ponte.

Tamén as pezas teatrais de Risco ou Otero Pedrayo están aliñadas na renovación.


Unha vía intermedia será promovida por autores como Leandro Carré, co
obxectivo de atraer o público das cidades: o sainete de costumes de tema e
ambiente urbano.

O ENSAIO

O xénero ensaístico conprende moi diversas modalidades de prosa que sirven de


vehículo á exposición de ideas: artigo de opinión, manifesto, programa, tratado,
artigo científico, libro de viaxes, diario etc.

Os xornais, o folleto e as follas voandeiras serán soportes dos libros na transmisión


de ideas. Acorde cunha definición nacional baseada na etnicidade (raza, terra,
lingua, cultura Volksgeist) e coa historicidade como elemento conplementario, a
produción ensaística vai centrarse na xeografía, na historia, na etnografía, na
lingua e na literatura, cun espazo reservado para os textos políticos durante a II
República.

Como exemplos da publicación en volume, destacan A síntesis xeográfica de Galicia


(1926) de Ramón Otero Pedrayo, a Historia sintética de Galiza de Ramón Vilar
Ponte (1927) e os libros de viaxes Pelerinaxes (1929) de Ramón Otero Pedrayo e
Mitteleuropa (1934) de Vicente Risco. Merecen mención tamén Alexandre Bóveda,
Xohai n Carballeira, Víctor Casas, Castelao, Xohai n Xesús Gonzalez, Xohai n Vicente
Viqueira ou Corona González, grazas ás suas contribucións principalmente en
xornais e revistas.

A XERACIÓN DO 16: O GRUPO NÓS

Dentro da chamada xeración do 16, denominada así por Ramón Vilar Ponte, estaría
o Grupo Nós, chamada así pola súa vinculación á revista do mesmo nome, editada
en Ourense.

Dito grupo estaría conposto por Vicente Risco (1884-1963), Ramón Otero Pedrayo
(1888-1976) e Florentino López Cuevillas (1886-1958), unidos pola conún
procedencia social (a pequena fidalguía e a burguesía ilustrada), pola súa
vinculación con Ourense, por amizade dende pequenos e por ideas e proxectos
conúns a través da súa participación na revista La Centuria (Risco, Otero) e no
xornal El Miño (Risco, Cuevillas).

Xunto a eles, Antón Lousada Diéguez, que faría un papel de “tutor” na


incorporación dos homes denominado cenáculo ourensán. Castelao forma parte da
xeración do 16, mais non ao Grupo Nós, a pesar de ter proxectos conúns, como a
maioría dos membros das Irmandades.

TRAZOS CONÚNS DO GRUPO NÓS

O percurso conún do grupo, foi narrado polos membros en diversos textos, cona no
primeiro número da revista Nós. O nome recíbeno da revista Nós, creada en
Ourense por Vicente Risco, e á que todos estiveron vinculados.

Como trazos conúns poden indicarse: a ideoloxía afín ao tradicionalismo fidalgo,


concebindo Galiza como un país de base labrega, alle ás tensións e á loita de clases
do mundo capitalista; unha formación cultural inicial desvinculada da tradición
galega; e unha rigorosa formación intelectual (estudos universitarios,
coñecemento de varios idiomas, intereses académicos pluridisciplinares…).

A grande influencia que Risco exercerá no galeguismo da década dos 20, e no


proxecto cultural de Galaxia, e a potencia de Otero Pedrayo como narrador fixeron
que o labor deste grupo fose máis alá dos marcos definidos polas Irmandades da
Fala.

VICENTE RISCO

Estuda Dereito en Conpostela e Filosofia e Letras en Madrid. Será profesor de


Historia en Ourense. Exerce unha grande influencia no nacionalismo na década dos
20, através da súa teoría, da dirección da revista Nós, da Irmandade Nazionalista
Galega e das súas múltiples colaboracións en xornadas e revistas.
Na década dos 30, afástase do nacionalismo disconforme polo achegamento do
Partido Galeguista á Fronte Popular. Tras o golpe de estado franquista, Risco
adherirase ao franquismo. Tras a posguerra instálase en Madrid coa intención de
facer carrera literaria. Finalmente regresa a Ourense e colaborará na Historia da
Galiza, coordinada por Otero Pedrayo, dirixindo a sección de etnografía.

VICENTE RISCO: COSMOVISIÓN

Risco é un intelectual formado no irracionalismo finisecular cunha visión do


mundo “resultante das súas experiencias: a crise de conciencia europea entre o fin
de século e a II Guerra Mundial, e as bruscas transformacións da sociedade galega,
incluida no proceso de mundialización económica.”

As bases do seu pensamento son o individualismo e o elitismo intelectual, o


irracionalismo e a crítica da ciencia, o historicismo e o culturalismo, o
espiritualismo e a relixiosidade, e o misticismo.

VICENTE RISCO: OBRA LITERARIA

Narrativa: Do caso que lle aconteceu ao Doutor Alveiros (Terra a Nosa, 1919)
O lobo da xente e A trabe de ouro e a trabe de alquitrán (Lar, 1925)
A Coutada (Lar,1926)
Os europeos en Abrantes (Nós, 1927)
O porco de pé (Nós, 1928)
Dédalus en Conpostela (Nós, 1929)
Narracións e prosas narrativas en publicacións periódicas (Galicia, Nós, etc.) entre
1924 e 1929.
Narrativa en español: La puerta de paja.

Ensaio: etnografía e pensamento político, principalmente.

Unha conpilación: Leria (1961)

Libros de viaxes: Mitteleuropa (1934(1930)).

Obra dramática: O bufón d´el-Rei (1928).

Poemas soltos: conpoliación en A emoción da terra.

RISCO: ESTÉTICA LITERARIA

A estética literaria de Risco bebe da tradición oral, dos movementos simbolistas e


pós-simbolistas finiseculares e do seu coñecemento -que non seguimento- das
vangardas.
O vínculo con estos movementos simbolistas e pós-simbolistas manifestase no
exotismo macabro de “Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros”, no programa de
actualización das tradicións populares nas narracións “O lobo da xente” e ”A trabe
de ouro e a trabe de alquitrán”, e no coñecemento das ultimas tendencias literarias
en “O porco de pé” e “Dedalus en Conpostela”.

RAMÓN OTERO PEDRAYO.

Nace en Ourense o 5 de marzo de 1888, con casa familiar en Trasalba, e falece na


mesma cidade o dia 10 de abril de 1976.

Licenciado en Dereito, fai o doutoramento en Filosofía e Letras, e accede á cátedra


de Xeografía e Historia.

É elexido parlamentario polo Partido Galeguista nas Cortes Constituíntes de 1931.

No 1936 é suspendido da catedrá, e non volverá a exercer ata o 1949.

En 1950 accede por oposición á catedra de Xeografía na universidade de Santiago


da que se xubila en 1958 cunha última lección en galego que se faría
multitudinaria.

OTERO PEDRAYO: IDEOLOXÍA E COSMOVISIÓN.

A posición ideolóxica de Otero Pedrayo pode ser definida como a conbinación de


elementos tradicionalistas e liberais, con fortes convicións democráticas.

Entre os primeiros estarían o catolicismo, a avaliación negativa do presente e a


antipatía para todo o burgués, e a saudade do pasado manifestada na simpatía
polos señores-labregos e na consideración do campesiñado como depositario das
máis puras esencias nacionais.

A súa visión da historia, plasmada no Ensaio histórico sobre a cultura galega, vai
por iso idealizar o século XVIII, en que primaría a harmonía home-natureza, e
retratar o XIX como un tempo de crise.

Para Otero, a aldea o habitat natural do pobo galego e a paisaxe a súa obra
colectiva, a súa primeira manifestación cultural

OTERO PEDRAYO: PRODUCCIÓN LITERARIA.

Narrativa: contos, novela curta, novela longa

Teatro: A lagarada (1929)


O desengano do prioiro (1952)
Teatro de máscaras (1975).
Poesía: Bocarribeira (1958)

Ensaio e discurso científico (xeografía, historia): Síntese xeográfica de Galicia


(1926)
Ensayo histórico sobre la cultura gallega, Pelerinaxes (1929)
Morte e resurreición (1932), Polos vieiros da saudade (1952)
O libro dos amigos (1953)
O espello na serán (1966).

Prosa xornalística (colaboracións en El Pueblo Gallego, La Noche)

OTERO PEDRAYO: O NARRADOR DO NÓS.


A súa produción abranxe tres etapas cronolóxicas:

No tempo das Irmandades: Pantelas, home libre (1925)


O purgatorio de Don Ramiro (1926)
Escrito na néboa (1927)
Os camiños da vida (1928)
Arredor de si (1930)
Vidas non paralelas (1930)
Contos do camiño e da rúa (1932)
Fra Vernero (1934)
A romeiría de Gelmirez (1934)
Devalar (1935)
O mesón dos ermos (1936).

Nos anos do franquismo: Entre a vendima e a castañeira (1957)


O señorito da Reboraina (1960)
O Maroutallo (1974)

Como obras póstunhas: A historia de un neno (1979)


Contos de Santos e Nadal (1988)

Narrativa en español: Las palmas del convento (1941)


Adolescencia (1944)
La vocación de Adrián Silva (1950)

OTERO PEDRAYO: CRITICA Á SÚA NARRATIVA.


A crítica e a historiografía literarias tenderon a clasificar a súa producción
narrativa segundo o tempo histórico en que se desenvolve a ficción e a distinguir
as obras que recrean diferentes momentos da historia galega e europea.

Porén, talvez o elemento fulcral da narrativa oteriana sexa o seu carácter


simbólico- identitario, que se vai manifestar na construcción dos heroes narrativos
e na ficionalización da historia como forma de analizar e construír o presente.
CONTOS DO CAMIÑO E DA RÚA (1932)
Conbinando elementos que proveñen da tradición narrativa oral con outros
procedentes da contística gótica, romántica, simbolista ou decadentista, os relatos
articulan tamén as principais liñas ideolóxicoidentitarias da obra do autor:
• A ficcionalización da historia de Galiza (século XIX) como mecanismo para a
conprensión do presente: “O fidalgo”, “Dona Xohana e Don Guindo”.
• A decadencia da fidalguía: “O fidalgo”, “O pazo das cinco chagas”.

• As relacións sentimentais como alegoría nacional: “A serea”, “A criada”.

• O retrato do heroe galeguista: “A serea”

• O conflicto provocado pola introdución do capitalismo no mundo rural:


“Medicina legal”

CARACTERIZACIÓN XERAL.
O camiño e a rúa son elementos vertebradores que deseñan percursos no espazo e
que, nos relatos, están ao servizo dunha oposición entre dous espazos simbólicos:
o rural / o vilego.

As personaxes destes seis relatos están tamén asociadas a eses dous espazos que
definen tamén dous modelos sociais: fidalgos e fidalgas, labregos e labregas que
habitan o espazo rural (caracterizado positivamente) e o funcionariado (“O
pecado”) que, no espazo urbano, representa todo o rexeitábel dun modelo de vida
pseudoburgués.
Os contos están ambientados entre o século XIX e os inicios do XX e, en certa forma,
son a crónica dun mundo en transformación conómica e social. Por iso foi
destacado o seu lirismo nostálxico.

“O fidalgo”
Está organizado en sete cadros que utilizan técnicas narrativas diversas.
O tempo da historia transcorre entre os anos 1835 e 1900 e o discurso, organizado
de forma predominantemente lineal, iníciase e conclúe co suicidio de Don Xohán, o
protagonista do relato.

O conto é retrato histórico e sociolóxico dun estamento privilexiado, a fidalguía


real (vs. a fidalguía ideal), que dilapida o seu patrimonio material, social, persoal. O
protagonista pasa de señor a funcionario, do harmónico mundo labrego á vida na
cidade: a mudanza de estatus social marca a degradación da personaxe que, de ser
“Don Xohán” pasa a ser “Juan”, nun proceso que é tamén de desgaleguización.
Don Xohán, infantil, rudo e primitivo, é debuxado nas súas relacións cunhas
personaxes femeninas que responden a certos estereotipos oterianos (a fidalga
abnegada, a amante labrega, a amante exótica) como un ‘donxoán’ rural.
“A serea”
O conto está protagonizado por un heroe modelo (Lionardo da Mirteira), exemplo
de heroe nacionalista como referencia ética.
Lionardo da Mirteira é consciente de que a súa misión é quedar na aldea e traballar
polo país. Encarna o proxecto oteriano de rexeneración política para Galiza e para
a fidalguía, baseado no europeísmo e na modernidade e expresado a través da
alegoría das relacións
sentimentais, no seu casamento coa muller do Norte, a “serea” que dá título ao
conto. Como heroe modelo, é un exemplo da fidalgo ideal.
“Dona Xohana e Don Guindo”
a viaxe iniciática: a narración dunha viaxe no espazo que é tamén viaxe interior, de
transformación e aprendizaxe para o protagonista que, co percurso por Galiza para
reavivar os vínculos familiares, despídese da adolescencia e entra na madurez.
O conto encarna en Dona Xohana e Don Guindo a identificación entre a fidalguía e a
terra: o ideal da fidalguía labrega que finda coas vidas das personaxes, ambas o fin
dunha caste.

AFONSO DANIEL RODRIGUEZ CASTELAO.


O pai emigra á Arxentina e o neno Daniel irá vivir con el na Pampa de 1896 a 1900.
Licenciado en Medicina, mais cunha temperá vocación artística, en 1921 realiza
unha viaxe de estudos por Franza, Bélxica e Alemaña, da que deixará testemuño en
Diario 1921.
Militante do Partido Galeguista é elixido deputado en 1931 e en 1935. Cando se
produce o golpe de estado de Franco, Castelao está en Madrid para entregar o
recén aprobado Estatuto de autonomía, circunstancia que lle salvou a vida. A partir
dese momento vai desenvolver unha extraordinaria actividade a prol da República.
Castelao foi un escritor, un político, un artista, un teórico do nacionalismo, un
teórico da arte e, a día de hoxe, é un símbolo nacional cun legado por veces
disputado, por veces manipulado.

CASTELAO: IDEOLOXIA E COSMOVISIÓN.


Na evolución ideolóxica de Castelao son habitualmente diferenciadas tres etapas:

 A prenacionalista (até 1916), en que está próximo ao Partido conservador


no seu conbate contra o cacique local rianxeiro e que el mesmo definiu
como unha primeira mocidade “digna da casa da Troia”

 O nacionalismo cultural e artístico (1916-1930), a partir da súa


incorporación ás Irmandades da Fala, en que se centra na produción
artística e literaria e na teorización nacional da arte

 O activismo político (1930-1950), que o levarán a participar na política


institucional, o converterán nunha peza fundamental no Partido Galeguista
e na defensa do republicanismo, e no que hai que enmarcar as súas achegas
teóricas.

TEORIZACIÓN NACIONALISTA: SEMPRE EN GALIZA (1944)


O pensamento político de Castelao está conpendiado en Sempre en Galiza, unha
obra escrita de 1935 a 1944, en Badaxoz, Nova Iorque e Bos Aires, no desterro e no
exilio.

Con todo, non é só un tratado teórico: é unha teoría do nacionalismo, unha crónica
histórica, un diario persoal… En sunha, unha obra singular, testemuño dunha etapa
histórica convulsa e de como foi vivida por un dos seus principais protagonistas.

CASTELAO: NARRATIVA.

O Castelao escritor foi a miúdo secundarizado polo Castelao político ou polo


Castelao artista gráfico, a faceta da súa actividade que lle deu inicialmente unha
maior proxección pública. Porén, Carvalho Calero reivindicouno como un dos máis
importantes prosistas galegos, cunha prosa modélica na súa elaboración estilística.

A súa obra narrativa está conposta por:

 1922 Un ollo de vidro. Memorias dun esqueleto.

 1926 Cousas (1º libro).

 1929 Cousas (2º libro).

 1934 Cousas (edición conxunta).

 1934 Retrincos, Os dous de sempre.

CASTELAO: TEATRO E ENSAIO

Castelao é autor dunha única obra teatral, Os vellos non deben de namorarse,
representada por vez primeira en Bos Aires en 1941.

A obra ven concretar a idea de creación dun Teatro de Arte surxida na súa viaxe de
1921, que conbinase a palabra coa danza, a música, a pintura e a mímica. En 1931
conezou a escribir un dos lances, “Pimpinela”, que leu publicamente en 1934.

No ámbito do ensaio, alén das súas múltiples colaboracións en xornais e revistas,


publicou os volumes As cruces de pedra na Bretaña (1930), Sempre en Galiza
(1944) e As cruces de pedra na Galiza (1949).

Postunhamente foi editado o Diario 1921, do que foran publicadas algunhas


entregas na revista Nós. Alba de groria, o discurso que pronunciou en Bos Aires no
día de Galiza de 1948, foi tamén publicado postunhamente.

CASTELAO: OBRA GRÁFICA.


Castelao foi enormemente popular en vida polas súas colaboracións na prensa,
como caricaturista, e principalmente como autor das ‘Cousas da vida’, que coneza a
publicar en 1919.

Dentro da súa obra gráfica podemos distinguir os álbumes, como Nós (editado en
1931 mais exposto en Galiza e Madrid en 1918 e 1919): “Con este medio cento de
dibuxos intentei desacougar a todol-os licenciados da Universidade (amas de cría
do caciquismo), a todol-os homes que vivían do favor oficial… As intencións eran
nobles e o pesimismo aparente” .

Os álbumes de guerra Galicia Mártir, Atila en Galicia, Milicianos (1937-38) QUE


denuncian as atrocidades dos golpistas e retratan a heroicidade do conbate do
pobo fronte ao bando sublevado.

Os Debuxos de negros son retratos realizados nas súas viaxes a Cuba e Nova York.

Conbinando o deseño co pé literario publica Cincoenta homes por dez reás (1931).

Ao mesmo principio responden as Cousas da vida, conpilación póstunha en


volumes das súas colaboración en xornais e revistas.

A conbinación de elementos gráficos e literarios en Cousas, expresión literaria e


expresión artística son conplementarias. Castelao reflexionou sobre as relacións
entre ambas en “A carón da natureza” o texto que abre este obra.

A XERACIÓN DO 25.

CARACTERIZACIÓN.

A denominación xeración de 25 foi utilizada por Xesús Bal y Gay e consagrada por
Xosé Luís Méndez Ferrín. Para se referir ao mesmo grupo hunhano foron utilizadas
outras etiquetas, tal ‘xeración do 22’ (López Casanova), ‘nova xeración galega’
(Correa Calderón) ou ‘xeración da vangarda’.

Entre os seus integrantes están Manuel Antonio, Luís Amado Carballo, Rafael
Dieste, Eduardo Blanco Amor, Xosé Filgueira Valverde, Carlos Maside, Luís Tobío,
Luís Pimentel, Manuel Luís Acuña, Euxenio Montes, Fermín Bouza Brey, Augusto
Mª Casas, Blanco Torres, Correa Calderón, Otero Espasandín, Bal y Gay, Fernández
Mazas, Johan Carballeira etc.

Destacan pintores e poetas, nados arredor de 1900 que, para Méndez Ferrín, terían
como empresas propias o Seminario de Estudos Galegos, a revista Ronsel e o
Partido Galeguista.
A pluralidade de orientacións estéticas e ideolóxicas, a súa maior ou menor
implicación en certos empeños institucionais e os niveis de relación grupal
determinaron a distinción de grupos xeracionais. Carvalho Calero distingue os
membros do Seminario de Estudos Galegos (Bouza-Brey, Filgueira) dos
novecentistas (Manuel Antonio, Dieste).

Atendendo á súa vinculación con certas empresas culturais e cidades, foron


diferenciados un grupo vigués –nucleado arredor do xornal El Pueblo Gallego–, un
grupo santiagués –arredor do SEG– e un grupo lucense –arredor da revista Ronsel.

Entre as súas características están a existencia dun alto nivel de autoconciencia


xeracional, que se traduce en diversos actos de afirmación –como a oposición
(parcial) ás propostas da xeración anterior–, nun programa de tarefas para a
cultura galega e nunha activa participación no espazo público (nos debates sobre
literatura, política, estética, ortografía etc).

A DEFINICIÓN DUNHA ESTÉTICA NACIONAL.

Un dos temas que suscitará maior debate no seo do nacionalismo na década de 20


será a formulación dunha estética nacional, pois desde as Irmandades da Fala
promovíase a creación de manifestacións artísticas que respondesen aos trazos
definitorios da identidade galega.

A definición da estética nacional vai ser realizada a través de dous procedementos


principais procurando a súa lexitimación:

 Nos vínculos e nas relecturas da tradición –a popular, a medieval.


 Nos trazos que eran considerados definitorios do Volksgeist galego (a
saudade, o lirismo).

Esta segunda opción vai explicar á recorrencia a modelos artísticos presentes


naquelas culturas consideradas afíns, por faceren parte dos referentes de analoxía
(Irlanda) ou de reintegración (Portugal).

Estas ideas van traducirse na promoción activa de determinados modelos para a


literatura e a arte galegas, considerados enxebres, a través da intervención
principal de determinados axentes –na década de 20, é moi importante o papel de
Vicente Risco– que van orientar a produción literaria cara a través de artigos,
cartas, recensións, ensaios etc.

Un bo exemplo desta función risquiana é a carta escrita ao poeta Manuel Antonio


en 1920, en que propón que estude como eventuais modelos para a súa produción
poética o Saudosismo lusitano, o folclore galego ou as literaturas celta e
escandinava.

Ao considerado enxebre, autóctono, propio vai oporse o considerado mimético,


importado, alleo. No medio, a idea de novo, obxecto de desputa entre enxebristas e
renovadores que ven nas vangardas un posíbel modelo.
UNHA POLEMICA XERACIONAL: NOVOS VS VELLOS.

Contra a interpretación da identidade e da cultura galegas en termos enxebristas –


e os valores que a sustentaban–, van alzarse voces destacadas na nova xeración: as
de Dieste, Manuel Antonio, Augusto Mª Casas ou Luís Amado Carballo serán
algunhas.

En concreto, Amado Carballo e Dieste polemizarán con Risco (Dieste, sobre a idea
de saudade) e Augusto Mª Casas, valedor dos poetas novos, será cuestionado por
Vítor Casas, figura senlleira da Irmandade coruñesa.

Estas discrepancias na definición da estética nacional, que tiveron as súas


manifestacións na poesía, no teatro, nas artes plásticas e até na acción política e
cultural, foron definidas en ocasións como a polémica dos novos fronte aos vellos,
defensores os primeiros da conexión coas vangardas, os segundos do enxebrismo.

Con todo, estas polémicas non poden ser explicadas unicamente en chave
xeracional nin tampouco como un enfrontamento entre bloques estancos, pois non
todos os membros da chamada xeración de 25 van aliñar na posición dos novos.

Algúns dos polemistas van manter diferenzas co nacionalismo até o punto de se


afastar do movemento nos anos anteriores á IIª República (Dieste, Bal y Gay, Otero
Espasandín, Fernández Mazas) para se incorporar a iniciativas senlleiras do
republicanismo español. Pola súa parte, Manuel Antonio, que polas súas posicións
estéticas podería ser considerado entre os novos, vai manter a súa firme militancia
nacionalista.

UNHA VANGARDA GALEGA.

En ocasións foi cuestionada a existencia dunha auténtica vangarda galega partindo


dunha conceptualización da vangarda como sinónimo de ruptura, ou como versión
local dos movementos de vangarda europeos. Porén, a vangarda como
contestación dos modelos literarios hexemónicos tamén pode ser definida pola
forma en que dialoga coa tradición.

Na Galiza, as vangardas históricas foron coñecidas a través do papel mediador que


exerceron algunhas personalidades (Vicente Risco, Euxenio Montes, Evaristo
Correa Calderón) difundindo os ismos en xornais e revistas, non necesariamente
vangardistas, mais tamén de primeira man a través das viaxes e estadías europeas
realizadas por algúns axentes relevantes (Castelao, Cebreiro, Fernández Mazas).

Coñecer as vangardas non significa concordar cos seus postulados e, neste sentido,
se podemos afirmar que a xeración de 25 foi a xeración da vangarda, literaria e
artística, debemos dicir que non toda a xeración foi de vangarda.
A axitación vangardista, nun sentido lato, foi realizada por Correa Calderón, Dieste,
Manuel Antonio, Cebreiro, Bal y Gay, Augusto Mª Casas ou Amado Carballo, ás máis
das veces atravesada pola afirmación xeracional.

A arelada renovación non perseguía gañar adeptos para este ou estoutro ismo,
mais descansaba na vontade de dotar de autonomía a creación artística e de
estabelecer unha reinterpretación da tradición popular que superase o folclorismo.
Por isto, será unha vangarda sincrética que procurará definir os seus propios
camiños.

Os maiores logros da vangarda galega estarán na poesía e na artes plásticas, con


figuras de referencia como Álvaro Cebreiro, Carlos Maside, Arturo Souto ou
Cándido Fernández Mazas, representativas do que a historia da arte denomina
movemento renovador.

UN MANIFESTO: “MÁIS ALÁ!”.

En xuño de 1922 Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro asinan o manifesto “Máis alá!”.

O seu lanzamento é unha toma de posición no campo literario galego mais tamén
no político, e a oportunidade da súa publicación hai que entendela no marco das
discrepancias que se estaban a producir no seo das Irmandades, especialmente da
coruñesa, que motivaran a expulsión de Antón Vilar Ponte da dirección do xornal A
Nosa Terra, como mostra a lectura da correspondencia de Manuel Antonio.

O manifesto, dirixido á mocidade, autodefínese como unha “protesta forte, densa e


implacable contra os vellos” que son “os que escriben hoxe como se vivisen no
antonte dos séculos”.

“Contra els poetes amb minúscula”, manifesto do poeta catalán Joan Salvat-
Papaseit, é un dos textos que probabelmente serviu de referencia para a redacción
de “Máis alá!”.
As reaccións foron dispares: desde o rexeitamento total de Xosé Lesta Meis, até a
displicencia de Euxenio Montes, pasando pola tépeda acollida de Vicente Risco. O
manifesto non é unha declaración da poética manuelantoniana, que encontraremos
mellor definida no “Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribeu”, publicado
no xornal Galicia en 1924.

Algúns artigos de prensa con carácter deliberadamente polémico pretenderon


tamén exercer unha función de manifesto, por exemplo,"Galicia y sus escritores.
Los nuevos y los envejecidos” (La Concordia, 1924) de Luís Amado Carballo e
“Prisma. Los poetas nuevos de Galicia” de Augusto Mª Casas (El Pueblo Gallego,
1928).

RENOVACIÓN POÉTICA E VANGARDA.


A historiografía literaria aborda a poesía producida polos autores da xeración de
25 distinguindo tres tendencias representadas por cadanseu poeta:

 O neotrobadorismo, definido pola apropiación formal dos procedementos


característicos da cantiga de amigo tradicional (paralelismo, refrán), tería
en Fermín Bouza-Brey o seu iniciador e o seu continuador máis importante
en Álvaro Cunqueiro.

 O hilozoísmo (ou imaxinismo) definido polo protagonismo dunha paisaxe


personificada en estampas breves e a utilización de estruturas métricas
procedentes da tradición popular, que tería en Luís Amado Carballo o seu
creador e representante máis destacado.

 O creacionismo, que parte da concepción do poema como realidade


autónoma e ten na xustaposición de imaxes de raíz intelectual non emotiva
un dos seus sinais distintivos, identificado coa obra de Manuel Antonio.

En realidade, estas tendencias non están tan claramente definidas na altura e case
nunca se manifestan de forma pura. Por outra parte, esta conceptualización deixa
fóra a tendencia (neo)popularista, ben presente nas propostas renovadoras da
década de 20 e 30, cultivada por Amado Carballo, Euxenio Montes, Eduardo Blanco
Amor, Bouza Brey, e até por Manuel Antonio.

En relación coas vangardas, Xosé Ramón Pena distingue o neotrobadorismo da


vangarda enxebre que representaría Amado Carballo e da vangarda pura que
identifica con Manuel Antonio –mais tamén con Cunqueiro e con García Lorca.

POETAS: FERMÍN BOUZA BREY.

“Na miña obra poética procurei recobrar a tradizón perdida da lírica galega,
xunguindo o lirismo dos Cancioeiros galego-portugueses co presente emanado do
pobo galego, dentro das normas e do gosto da moderna poesía”. Con estas palabras
Bouza-Brey definía os seus poemas no ano 1935.

Esa foi tamén a liña da recepción de Nao Senlleira (1933), que fora saudado así nas
páxinas da revista Nós: “eixemprarmente galega, sen influxo alleo ningún, fundada
na tradición medieval e nas fontes populares […] Representa a tradición nacional e
demostra cona con elementos non emprestados pódese criar unha lírica
espréndida de côr e de plasticidade. Bouza Brey sintetiza perfeitamente as
tendenzas mais nidias da maioria dos poetas galegos de hoxe, cuia obra
caraiterízase por un senso de cautela na audacia e unha profunda galeguidade no
esprito”.

A anterior recensión estabelece claramente que para a redacción da revista a


poesía de Bouza viña resolver a necesaria renovación da lírica galega cunha
proposta que encaixaba na arelada estética nacional.
Porén, a pesar da vontade expresa de sunhar tradición popular e medieval, a
poesía de Bouza Brey foi identificada fundamentalmente co logo denominado
neotrobadorismo, a tendencia poética que toma como referente o corpus poético
trobadoresco galego-portugués nas súas características xenéricas, nos seus trazos
formais ou nos seus textos máis representativos para reescribilos, reelaboralos ou
simplemente dialogar con eles.

POETAS: LUÍS AMADO CARBALLO.

O poema que abre Proel pode ser lido como unha autopoética de Luís Amado
Carballo:

Verde canzón aldeán… n’un refrorecer de verbas a breixa da emoción nova qu’o
inteleito peneira […] Apalpe o ollar asisado liña e cor na natureza, e deixando o mel
no esprito esbare a espresión certeira.

Unha poesía que pretende reinterpretar a tradición lírica popular, que procura
unha renovación expresiva e sentimental –a emoción estará depurada pola
elaboración intelectual–, sensorial e visual, que terá a natureza como tema
principal, e que perseguirá o goce estético.

A plasmación destas ideas nunha métrica popularizante, de metros curtos, en


poemas breves de léxico sinxelo, con afán descritivo, e que fai da sinestesia, o
epíteto e a personificación os seus procedementos expresivos centrais, son os
trazos máis característicos da poesía de Amado Carballo que, para alén de Proel
(1927), é autor do poemario O galo (1928), editado postunhamente.

POETAS: MANUEL ANTONIO.

Manuel Antonio Pérez Sánchez (1900-1930), nado e finado en Rianxo, é o poeta


máis representativo da vangarda galega. Coautor do manifesto “Máis alá!”, bastará
un único poemario publicado en vida, De catro a catro (1928), para consagralo
como emblema da poesía nova.
De catro a catro. Follas sen data de un diario de abordo está conposto por 19
poemas que definen unha travesía marítima dominada polo estatismo, sen
aparente avance temporal nin espacial, nunha paisaxe marítima dominada polos
astros nun ceo nocturno.
Os poemas foron escritos en 1926 e 1927 durante a súa xeira no pailebote
‘Constantino Candeira’. O poemario rompe co ritmo, a rima e a métrica tradicional,
e coa discursividade, para construír o poema a través da xustaposición de imaxes
autónomas.
Postunhamente, e na súa obra conpleta, foron publicados os poemarios inéditos
Con anacos do meu interior, Foulas, Sempre e máis dispois e Viladomar.

OUTROS POETAS.
Outros poetas representativos da renovación vangardista das décadas de 20 e 30,
cunha obra publicada reducida e ás veces dispersa, son Manuel Luís Acuña, Denys
Fernandes (Cándido Fernández Mazas), Johan Carballeira, Evaristo Correa
Calderón ou Xosé Otero Espasandín.

Estes poetas todos representan as diversas orientacións da vangarda:


simplificando, do hilozoísmo (Acuña) ao neopopularismo (Fernandes, Montes)
pasando pola síntese vangardista próxima do creacionismo (Otero Espasandín,
Johan Carballeira).

En consonancia coas características da vangarda galega, as súas creacións non


pretenden encadrarse nun ismo concreto mais plasmaren a asunción dos
principios da vangarda que eles propios proclamaran en escritos de diverso teor.
En certa forma, podemos considerar que as súas achegas mostran o impacto
dalgúns dos movementos europeos da vangarda conbinado coa tan arelada
especificidade nacional.

A NARRATIVA DA XERACIÓN DO 25.

Os autores desta xeración cultivaron preferentemente a narrativa curta e


colaboraron coas súas obras nas coleccións senlleiras promovidas polas
Irmandades da Fala.

Euxenio Montes publica en Céltiga, Luís Amado Carballo, Bouza-Brey e Filgueira


Valverde en Lar, Correa Calderón en Libredón etc.

Lirismo e alegoría, o achegamento á narrativa histórica, a estampa… son algúns


trazos que podemos encontrar nas súas obras. Con todo, a obra narrativa máis
relevante publicada na altura é Dos arquivos do trasno. Contos do monte e do mar
(1926) de Rafael Dieste, unha obra que vai plasmar neste xénero unha vontade
neopopularista parella á desenvolvida n’A fiestra valdeira.

O narrador máis destacado da xeración, Eduardo Blanco Amor, será coñecido


nestes anos principalmente pola súa obra poética e non será até a década de 50
cando A esmorga o revele como un dos grandes narradores do século XX.

DIESTE E O TEATRO GALEGO: A FIESTRA VALDEIRA.

Na década de 20 existe un vivo debate sobre os modelos posíbeis para o teatro


galego. Antón Vilar Ponte olla cara ao Abbey Theatre irlandés, Xesús Bal y Gay
propón a renovación do repertorio dos coros populares, ancorados no folclorismo,
en Hacia el ballet gallego (1924).

Rafael Dieste súmase a estas reflexións na serie de artigos titulados “Encol do noso
teatro” (1925), en que critica o pintoresquismo e o chocalleiro instalados nunha
parte do teatro galego, e os modos de interpretación actoral. Fronte a isto, Dieste
propón utilizar a estilización. A fiestra valdeira vai levar á práctica estas propostas
a través da caracterización non tópica de personaxes, da depuración da linguaxe,
da utilización dos xogos de luz e da estilización da acción dramática e do
movemento escénico.

A XERACIÓN DO 36.

“Xeración naufragada, nas súas primeiras singladuras, pola guerra, a súa función
na literatura galega haberá de ser a de ponte entre os creadores anteriores e as
novas xeracións, desvencelladas daquelas pola edade e maila falla de información
que as circunstancias políticas impuxeran”. Con estas palabras foi definida por
Xosé L. Méndez Ferrín (De Pondal a Novoneyra,1984) a xeración de 36.

Nados entre 1910 e 1920, a súa etapa de formación coincide coa IIª República.
Mocidade intelectual fundamentalmente esquerdista –cando menos na década de
30– o seu traballo cultural vai apoiarse no das xeracións anteriores, coas que
partillarán medios de difusión.

Ferrín menciona como actividade propia desta xeración a Federación de


Mocidades Galeguistas (FMG) e a participación na FUE (Federación Universitaria
Española), da que, por exemplo, Carvalho Calero foi destacado dirixente.

Entre os integrantes da xeración de 36 están Aquilino Iglesia Alvariño, Álvaro


Cunqueiro, Ricardo Carvalho Calero, Celso Emilio Ferreiro, Carlos Velo, Xosé Mª
Álvarez Blázquez, Luís Seoane, Lorenzo Varela, Arturo Souto, Francisco Fernández
del Riego.

Pola súa actividade durante a IIª República mais tamén logo no exilio americano ou
no interior, pode ser definida como unha xeración entre dous tempos. Na xeración
de 36 están os continuadores do labor cultural no exilio e os protagonistas da
recuperación cultural da posguerra: poetas, narradores, dramaturgos que a partir
da década de 50 darán a coñecer o máis relevante da súa obra de creación.

REVISTAS E POESÍA.

Nos primeiros anos da década de 30 van ser promovidas por membros da xeración
de 36 novas publicacións periódicas de diferente teor: as que procuran achegar a
literatura, fundamentalmente a poesía, ao público popular, como Resol, “hojilla
volandera del pueblo”; Universitarios, publicación galega da FUE; Yunque, editada
en Lugo por Ánxel Fole e Ánxel Johai n, e Galiza, promovida por Álvaro Cunqueiro,
que tamén editará as fermosas plaquettes de Papel de color.

No ámbito da creación literaria, será a poesía o xénero que cultiven estes autores
antes da guerra, principalmente inseríndose en tendencias que definiran os
autores da xeración anterior, como o hilozoísmo (ou imaxinismo), en que podemos
inscribir poemas do mozo Carvalho Calero ou o neotrobadorismo que cultivará
nalgún poemario Cunqueiro e o tamén mindoniense Díaz Xa cone.
Aquilino Iglesia Alvariño destacará na poesía paisaxista e intimista, ás veces con
débedas co Saudosismo portugués.

Nomes desta xeración serán os que na posguerra, aquén e alén Atlántico, cultiven a
poesía social: Lorenzo Varela, Luís Seoane, Celso Emilio Ferreiro.

ALVARO CUNQUEIRO: TRES POEMARIOS.

Álvaro Cunqueiro é o maior poeta da xeración. Nos anos 30 vai publicar Mar ao
norde (1932), Cantiga nova que se chama RIVEIRA (1933) e Poemas do SI e NON
(1933), tres poemarios fermosamente ilustrados polo grande artista Luís Seoane.

Os tres supoñen unha das realizacións máis acabadas da poesía de vangarda. Mar
ao norde presenta un mar abstracto e estático construído con imaxes creacionistas.
En Cantiga nova que se chama RIVEIRA o cancioneiro de amigo e a canción
tradicional únense para conpor poemas breves de falsa inxenuidade que utilizan
procedementos hilozoístas para cantar o amor e a ausencia. Poemas do SI e NON é
o relato distanciado dunha historia de amor, que foi definido por Méndez Ferrín
como poesía abstracta “construída sobre a presenza de sombras de significado que
mutuamente anulan o seu sentido na cadea lingüística e condúcenos á máis insólita
das opacidades”.

A LITERATURA NA GUERRA CIVIL (1936-39)

“O inicio da guerra civil o 18 de xullo de 1936 supuxo a interrupción case


inmediata do ata daquela progresivo uso público da lingua galega na propia Galicia.
Efectivamente, a prensa e as editoriais que acollían o galego con máis conciencia
nacional nas súas publicacións desapareceron ou deixaron de facelo como antes.

As organizacións que promovían conferencias, mítines ou outros actos públicos en


galego foron prohibidas ou perseguidas. Moitos proxectos foron interrompidos ou
desapareceron durante a desfeita, como o libreto para teatro lírico Galicia. 1808 de
Ramón Cabanillas que, segundo Ricardo Carballo Calero, versaba sobre a
formación do Batallón Literario en Santiago de Conpostela, así como a publicación
dos que ían ser primeiros libros de Ánxel Fole e de Luís Pimentel. E, o que aínda foi
peor, boa parte dos cultivadores do uso público do galego foron castigados,
encarcerados ou asasinados, mentres outros tiveron que refuxiarse no exilio.

[…] Nos primeiros meses de guerra foron fusilados tras xuízo sunharísimo varios
galeguistas e cultivadores públicos do galego e moitos máis foron asasinados sen
ningunha clase de xuízo. Entre os fusilados por decisión tomada en consello de
guerra, figuraron o avogado Alexandre Bóveda (secretario de organización do
Partido Galeguista), o director de A Nosa Terra Víctor Casas (dirixente galeguista)
e o avogado e escritor Xohai n Xesús González (que militara no Partido Socialista
Obrero Español, fundara a Unión Socialista Gallega e se adherira a Izquierda
Republicana, inclinándose finalmente cara ao centrismo republicano de Manuel
Portela Valladares). Entre os secuestrados das prisións ou das casas nas que se
encontraban e “paseados” criminalmente, figuraron o editor Ánxel Casal (alcalde
galeguista de Santiago de Conpostela), o médico e escritor Xaime Quintanilla (ex-
alcalde socialista de Ferrol), o escenógrafo e pintor Camilo Díaz Baliño (publicista
galeguista), o xornalista Roberto Blanco Torres (ex-gobernador republicano de
Palencia), o avogado e escritor Arturo Noguerol Buxán (galeguista independente) e
o xornalista Manuel Lustres Rivas (agrario de evolución galeguista).”

GALIZA DURANTE. A GUERRA.

O golpe de estado do xeneral Franco contra o lexítimo goberno republicano triunfa


en Galiza, a pesar da resistencia organizada que perdurará no tempo a través da
guerrilla, en que participan homes mais tamén mulleres, como Chelo Rodríguez.

A toma de Galiza polos sublevados, ademais do “paseo” e do fusilamento de boa


parte dos cadros do nacionalismo, vai instaurar un réxime de terror, asentado na
represión violenta de calquera persoa considerada disidente do novo réxime.

Nos primeiros meses da guerra foron asasinados os catro gobernadores civís –na
Coruña foi tamén asasinada Juana Capdevielle, bibliotecaria, na altura muller do
gobernador civil–, os alcaldes de cinco das sete cidades galegas e 26 das vilas máis
importantes. Foron tamén executadas as máximas autoridades militares que se
opuxeran ao golpe, e civís activos/as en defensa da legalidad e persoas fieis á
república e con relevancia social (mestres/as, médicos, avogados, farmaceúticos).

O proxecto Nomes e voces calcula en perto de 4.700 as persoas asasinadas en


Galiza polo fascismo. Membros da intelectualidade galega que estaban fóra de
Galiza no momento do inicio do golpe de Estado foron destacados activistas a prol
da legalidade republicana e participaron a través do activismo cultural
antifranquista na resistencia organizada no territorio republicano e no exilio.

PUBLICACIÓNS EN GALIZA.

Ao xénero poético pertencen a case totalidade dos textos literarios publicados


neste período e os dous únicos libros publicados en galego:

 Fala das Musas (1936) do sacerdote Daniel Pernas Nieto, en que dominan o
paisaxismo e a relixiosidade popular

 O amor, o mar, o vento e outros gozos (1938) de Ánxel Sevillano, lírica


amorosa con lene influencia vangardista Sairán do prelo algúns libros
bilingües que se servirán do galego para facer poesía de exaltación relixiosa
e alegatos profranquistas, como acontece con Rayos de sol (1938) de
Mercedes Viso Troncoso, coñecida como ‘Mechitas de Vigo’.
Na prensa periódica, xornais como o mindoniense Vallibria ou El conpostelano
recolleron poesía e, ocasionalmente, artigos en galego.

Porén, quizais mereza especial destaque a publicación O gaiteiro de Lugo, un


calendario agrícola anual que conezara a editarse en 1857, e que progresivamente
vai ir dando maior espazo á lingua galega.

Durante os anos 1937-39 a súa sección en verso “Xuicios do ano” correrá por conta
de Xosé Filgueira Valverde.

A PRODUCIÓN LITERARIA NA ZONA REPUBLICANA.

A actividade na zona republicana conlevará o uso puntual do galego na prensa


escrita e até en medios radiofónicos. O colectivo galego estabelecido na zona
republicana porá en marcha varias cabeceiras propias, por exemplo, Galicia libre,
de orientación anarquista, Nueva Galicia, conunista, e Nova Galiza, galeguista.

A pesar de que son publicacións políticas antifascistas, e de conbate, recollerán nas


súas páxinas textos literarios escritos para a ocasión ou procedentes da tradición
literaria. Por exemplo Galicia libre publica, nunha sección denominada “Nuestros
poetas revolucionarios”, poemas do Rexurdimento escollidos polo seu ton
conbativo ou pola denuncia social da opresión de labregos e labregas que realizan.

 Nueva Galicia, editada en Madrid, publicará as “Verbas de chumbo” de


Castelao, logo integradas no libro I de Sempre en Galiza.

 Nova Galiza. Boletín quincenal dos escritores galegos antifeixistas (1937-


38), editada en Barcelona, contará entre os seus colaboradores con
Castelao, Ramón Suárez Picallo, Rafael Dieste, Xosé Otero Espasandín e Xosé
Rubia Barcia.

A PRODUCIÓN LITERARIA NA EMOGRACIÓN.

A numerosa conunidade galega emigrada en América, especialmente en Cuba e na


Arxentina, contaba con institucións propias desde o último cuartel do século XIX.

En Cuba son editados dous volumes, Invisibres como o vento (1937), poemario
bilingüe de Pedro Vázquez Rábade e a novela O idioma dos animás. Opúscaro de
enxebreza de Fuco G. Gómez.

Na Arxentina, parte da produción publicada denunciará as consecuencias da


guerra. Así acontece co poemario A gaita a falare de Ramón Rey Baltar, conposto
na súa primeira sección de evocacións paisaxísticas e costumistas e na segunda de
poemas bélicos.
Nomes decisivos nas colaboracións xornalísticas de ton civil son Emilio Pita e
Eduardo Blanco Amor. En Bos Aires, no ano 1938, Manuel Varela Buxán constitúe a
súa conpañía teatral da que forma tamén parte Maruxa Villanueva, a súa muller.
Nestes anos representarán principalmente textos da súa propia autoría.

Un dos empeños maiores do colectivo exiliado será recuperar as institucións


culturais que desapareceran en Galiza e unha das persoas que máis decisivas
resultará neste labor será Luís Seoane.

O EXILIO.

O exilio, que para moitas persoas coneza no ano 1936, vai ter como destino
principalmente os países de América do Sul onde existían conunidades de
emigrantes relevantes, como aconteceu con Arxentina.

O exilio galego neste país estará conposto principalmente por membros da


intelligentsia, artistas e escritores/as, que terán que estabelecer un diálogo a varias
bandas no seu novo destino forzoso: cos distintos colectivos da sociedade de
acollida, coas conunidades de emigrantes, organizadas ou non en agrupacións, e co
denominado exilio interior.

O colectivo de exiliados teñen tamén que ter en conta nas súas estratexias de
inserción as imaxes deformadas da emigración galega que existían nos seus novos
destinos. Esta conplexa interacción explica, por exemplo, a posición en relación ao
denominado criterio filolóxico.

Por unha parte, a praxe lingüística mostra a suspensión do criterio, por exemplo,
para incorporar na oferta editorial obras escritas en español, unha estratexia que
perseguía tamén chegar a un público máis alargado que o do propio colectivo
exiliado ou emigrante e contribuír así a prestixiar a cultura galega ante
intelectuade do país de destino. Por outra parte, vai existir unha posición
especialmente belixerante na procura da lexitimidade lingüística, actuando ante os
organismos internacionais para denunciar a persecución do galego por parte da
ditadura franquista.

Exemplo disto é a denuncia presentada ante a asemblea anual da Unesco,


celebrada na cidade de Montevideo, en 1954.

A LITERATURA DO EXILIO.

Xosé Manuel Fernández Maceira ten reflexionado sobre as dificultades á hora de


delimitar que é a literatura galega do/no exilio, propondo como definición:
“Literatura publicada polos exiliados logo do remate da guerra”.
Porén, á hora de aplicar esta definición á delimitación do corpus existen diversos
problemas. Dunha parte, a dificultade en estabelecer unha distinción nídia entre a
literatura do exilio e a da emigración.

Un exemplo é o caso de Eduardo Blanco Amor, xa estabelecido en Bos Aires antes


do golpe de estado e da instauración da ditadura. Doutra parte, literatura escrita na
Galiza foi publicada nas editoras e nas revistas do exilio: por citar un caso, Pauto do
demo, de Ánxel Fole foi editado por Citania en Bos Aires en 1958.

Son estes unicamente un par de exemplos dalgúns dos límites e problemas que
coloca calquera definición. Aínda habería que acrecentar os efectos derivados da
chamada suspensión do criterio filolóxico, que afecta tamén a algunhas das
publicacións, por exemplo, de Dieste ou Seoane.

O primeiro, edita Historias e invenciones de Félix Muriel (1943) na Editorial Nova;


o segundo, Tres hojas de ruda y un ajo verde (1948) en Ediciones Botella al mar.

DESTINOS DO EXILIO.

Os destinos preferentes do exilio galego foron Arxentina e Uruguai.

A situación non era a mesma nas diferentes conunidades de chegada. Se en


Arxentina e Uruguai existía un potente tecido asociativo, ben republicano, ben de
carácter apolítico, noutros lugares como Venezuela foi o colectivo exiliado o que
puxo en pé asociacións até daquela inexistentes.

En destinos como Cuba o tecido asociativo galego era moi relevante mais a maior
parte das asociacións eran pro-franquistas.

Noutros países, como Brasil, Chile ou México, o asociacionismo era escaso e pouco
proclive aos ideais republicanos.

Dentro da actividade dos colectivos exiliados, destacan tres ámbitos de actuación:

 a promoción de proxectos culturais

 a creación de editoras e publicacións periódicas

 as accións propiamente políticas.

MÉXICO.

México foi o lugar que acolleu un maior número de exiliados/as republicanos/as


(máis de 20.000), logo do fin da guerra, grazas á actitude do seu presidente Lázaro
Cárdenas. A porcentaxe de persoas de orixe galega non chegaba ao 5%.
Con todo, en México van estabelecerse Xesús Bal y Gay, Florencio Delgado
Gurriarán, Carlos Velo, Luís Soto ou Arturo Souto.

Da actividade do colectivo exiliado en México quedan dúas cabeceiras destacadas


en lingua galega, Saudade. Verba galega na América (1942), publicada pola
Irmandade Galeguista e Vieiros (1959), revista fermosamente editada polo
Padroado da Cultura Galega, que incluirá entre os seus colaboradores membros do
grupo Brais Pinto.

O Padroado da Cultura Galega, fundado en 1953, organizará diversos cursos sobre


lingua e cultura de Galiza e promoverá emisións radiofónicas, alén de editar outras
publicacións. En México será editada unha publicación de homenaxe ás vítimas do
fascismo, o Cancioneiro da loita galega (1943), e, anos despois, a antoloxía bilingüe
Poesía de Galicia (1969) preparada por Alejandro Finisterre.

CUBA E ESTADOS UNIDOS.

Cuba vai ser un lugar de paso para moitos exiliados que pararán na illa camiño
doutros destinos. Será o caso de Sebastián González García-Paz, estabelecido logo
en Puerto Rico, de Xosé Rubia Barcia, radicado despois nos Estados Unidos ou de
Lois Tobío, con destino primeiro en México e logo en Uruguai.

Na illa permanecerá Xerardo Álvarez Gallego, que desenvolverá unha intensa


actividade antifascista. Nos Estados Unidos, figuras senlleiras do exilio galego
encontrarán un destino profesional nas universidades americanas. Intelectuais
como Emilio González López, Ernesto Guerra da Cal, Ramón Martínez López ou
Xosé Rubia Barcia exercerán, respectivamente e principalmente, na City University
of New York, na New York University, en Austin e Wisconsin e na University of
California at Los Angeles, servindo as súas actuacións para abrir espazo á presenza
da cultura galega e dos estudos galegos na academia norteamericana.

ARXENTINA E URUGUAI.

En 1936 o colectivo de galegos e galegas emigrantes en Bos Aires é de perto de


500.000 persoas. A partir dese ano irán incorporándose exiliados de primeira hora,
como Seoane, intelectuais que chegan logo de 1939, e mesmo autores criados no
franquismo que partirán cara Bos Aires, caso de Neira Vilas.

Mostra da vitalidade que vai imprimir a chegada de exiliados e exiliadas no


colectivo galego estabelecido na capital arxentina é que o Centro Galego vai pasar
de sunhar 54.000 socios/as en 1935 a 84.000 en 1945. Con todo, foi a Federación
de Sociedades Galegas a que aglutinou en maior medida o exilio republicano.

A proximidade de Uruguai e Arxentina, e das súas capitais, Montevideo e Bos Aires,


fará que moitas iniciativas teñan un impulso conxunto e que poidamos falar da
zona do río da Prata como o grande núcleo do exilio galego.
Se en Bos Aires son moitas as personalidades relevantes do exilio, en Montevideo
podemos destacar a figura de Lois Tobío.

ACTUACIÓNS POLÍTICAS.

En 1944 constitúese en Montevideo o Consello de Galiza, integrado polos


deputados galegos do Partido Galeguista e de Izquierda Republicana que
sobreviviran ao franquismo, e que será presidido por Castelao até a súa morte en
1950.

O Consello asumirá a representación política nos foros internacionais que


continuaban a recoñecer como lexítimo goberno do estado español o republicano.

En 1956 organizará o I Congreso da Emigración Galega. Segundo J. Beranendi, foi


en 1947 cando surxiron claras discrepancias entre o Consello de Galiza, que
agudizaba as súas discrepancias co resto do exilio republicano, e o nacionalismo do
interior, para quen a única vía de supervivencia estaba nas plataformas unitarias
de oposición clandestina.

O paulatino asentamento internacional da ditadura franquista e a morte de


Castelao debilitarán a acción nacionalista no exilio, e tamén no interior, onde a
represión e a falta de apoio exterior farán que arredor de 1948-49 o Partido
Galeguista deixe, na práctica, de existir, anunciando unha mudanza de estratexia
no escaso movemento nacionalista supervivente na Galiza que culminará coa
fundación de Galaxia en 1950.

ACCIÓNS POLITICO-INSTITUCIONAIS.

O exilio creará ou manterá as conmemoracións de referencia institucional para


Galiza.

A 28 de xuño é celebrado o día do Estatuto, o día 25 de xullo, o Día da Patria Galega


e o día 17 de agosto, data do asasinato de Alexandre Bóveda, será instituído como
Día da Galiza mártir.

A fundación da Irmandade Galega en 1941 impulsa a continuidade do xornal A


Nosa Terra –fundado polas Irmandades da Fala e convertido logo en voceiro do
Partido Galeguista– que volverá a publicarse en Bos Aires a partir de 1942.

Outra acción de relevancia institucional é a edición da Historia de Galiza


coordinada por Ramón Otero Pedrayo, que coneza a publicarse en 1962,
patrocinada por Manuel Puente. A Historia, que facía realidade un antigo proxecto
do Seminario de Estudos Galegos, contará coas colaboracións de Vicente Risco,
Florentino L. Cuevillas ou Xaquín Lorenzo.

PROXECTOS CULTURAIS.
De entre os proxectos culturais, destacan os vinculados co libro, como a Mostra
dos libros galegos (1948), que pretendía presentar ante a intelectualidade porteña
toda a historia do libro galego, da Idade Media á contemporaneidade, ou a creación
da Librería-distribuidora Follas Novas (1957-64) por parte de Xosé Neira Vilas e
Anisia Miranda, convertida tamén en ocasional editora das Memorias dun neno
labrego (1961).

Co mesmo título que a revista, Seoane promoverá a emisión radiofónica “Galicia


emigrante” que se transmitirá desde Radio Libertad de Bos Aires todos os
domingos entre 1954 e 1971. Desde Montevideo, en 1950, tras a morte de
Castelao, iníciase a emisión radial en galego “Sempre en Galiza”, que continúa na
actualidade.

Finalmente, citemos a Agrupación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas


(AGUEA), unha asociación de profesionais creada en Bos Aires en 1956 para
promover o coñecemento de Galiza e do idioma galego que aglutinará boa parte do
exilio galego na cidade arxentina.

EDITORAS.

Nos primeiros anos do exilio será decisivo o labor como editor de Luís Seoane.
Na editora Emecé crea en 1940 as coleccións Hórreo e Dorna.

En 1942 funda, con Arturo Cuadrado, a editorial Nova; tamén con Cuadrado crea
en 1948 Botella al Mar.

En 1957 fundará a editorial Citania.

O programa editorial de Seoane na década de 40 prestará especial atención á


tradición literaria galega: a poesía medieval, os clásicos do XIX Aires da miña terra,
Follas Novas e Queixumes dos pinos, o cancioneiro popular galego de Pérez
Ballesteros, De catro a catro de Manuel Antonio en edición bilingüe. Murguía,
Sarmiento ou Vicetto, xunto con Pardo Bazán ou Valle-Inclán, serán tamén
reeditados por Seoane.

Reforzar o sentimento de galeguidade e o prestixio cultural de Galiza diante da


colectividade galega e da intelectualidade arxentina serán obxectivos desta inicial
acción editorial.

Na década de 50, Citania dará a coñecer A esmorga de Blanco Amor, As cicatrices


do propio Seoane ou reeditará A fiestra valdeira de Dieste.

REVISTAS.
Alén das publicacións xa existentes na emigración, e da xa sinalada recuperación
do xornal A Nosa Terra, de orientación política, o impulso de Seoane vai contribuír
a erguer dúas publicacións de longo alento, Correo Literario e Galicia Emigrante.

Correo Literario (1943-45), revista de crítica cultural e artística, estivo dirixida por
Seoane xunto a Lorenzo Varela e Arturo Cuadrado. Nas súas páxinas colaboraron
Ernesto Sábato, Rafael Alberti, Mª Teresa León ou Julio Cortázar, xunto con Dieste
ou Otero Espasandín. A cultura galega ocupou un lugar preferente

A publicación, bilingüe, vai ser dirixida por Seoane, que ilustrará todas as súas
capas, escribirá os editoriais e colaborará en moitas notas sen sinatura. A revista
recolle crónicas sobre acontecer cultural da conunidade emigrada e da Galiza,
biografías, noticias, reportaxes, críticas de arte e de cine, entrevistas, colaboracións
literarias etc. Lugar de encontro entre sinaturas do exilio e do interior, foi unha das
publicacións máis destacadas do seu tempo.

PRODUCCIÓN LITERARIA: POESÍA.

O exilio suporá a incorporación de novas orientacións á produción literaria. No


caso do xénero poético, predominará a liña cívica e social, que pode ser
exemplificada en obras de Emilio Pita, Luís Seoane e Lorenzo Varela.

En 1942, Emilio Pita publica Jacobusland, o seu primeiro poemario, ilustrado por
Castelao, sunha da evocación da terra perdida e da memoria e denuncia da
barbarie da guerra. Dez anos despois, Seoane dá ao prelo Fardel de eisiliado
(1952), reivindicación da emigración como epopea colectiva, que propón unha
relectura da historia galega en chave marxista.

Lorenzo Varela edita en 1954 Lonxe, un poemario en que están presentes a


memoria da guerra e a lembranza da terra, e que rende homenaxe a figuras
heroicas defensoras da democracia e referentes da loita guerrilleira, como Manuela
Sánchez.

PRODUCCIÓN LITERARIA: NARRATIVA.

As publicacións periódicas acollerán algúns relatos breves de autores que se


prodigarán pouco neste xénero, como é o caso de Luís Seoane, que editará nas
páxinas de Galicia Emigrante o relato “Un Cristo na montaña”.

En 1957 a editorial Citania publica Non agardei por ninguén de Ramón de


Valenzuela, narración de inspiración autobiográfica que relata as peripecias de
Gonzalo de Ozores, trasunto do autor, durante a guerra, primeiro como fuxido e
membro dun grupo de guerrilleiros, posteriormente como infiltrado no bando
fascista.

A novela inaugura a presenza da temática da guerra civil na narrativa galega, que


terá continuidade na obra doutros exiliados que, posteriormente, darán forma
narrativa ás súas vivencias, como Antón Alonso Ríos que, en 1979, publicará O
siñor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte . Dous anos despois, a
mesma editora publicará A esmorga de Eduardo Blanco Amor.

A ESMORGA (1959).

En 1956 existe unha tentativa de edición por parte de Galaxia, frustrada, pois o
orixinal é rexeitado pola censura.

Finalmente en 1959 sairá do prelo da Editorial Citania, en Bos Aires. A obra


presentaba un universo de ficción insólito na literatura galega: unha
representación das clases populares nos seus estratos máis marxinais, próximos á
delincuencia e afeitos á violencia como norma de conduta, con personaxes guiados
por instintos, presentados como vítimas de si propios e dunha sociedade que acaba
por anulalos.

A esmorga está construída cunha depurada técnica narrativa en que a alternancia


de dous narradores é utilizada para colocar o/a lector/a nun papel activo, que o
obriga a cuestionar constantemente a veracidade do narrado.

PRODUCCIÓN LITERARIA: TEATRO.

Como foi sinalado na presentación dedicada á literatura na guerra civil, en 1938


Manuel Varela Buxán constitúe a súa conpañía. Esta dará paso á Conpañía Maruxa
Villanueva, en que actúa a propia Maruxa e Fernando Iglesias, Tacholas.

Esta conpañía será a responsábel de levar ao palco no ano 1941 Os vellos non
deben de namorarse, a obra de Castelao que viña encarnar as súas ideas sobre un
Teatro de Arte.

Varela Buxán foi tamén un autor dramático de éxito na emigración, que conpuxo
pezas de ambientación rural, onde os conflictos amorosos se cruzan cos sociais.

Porén, na década de 50 van promoverse outras propostas teatrais, como as


impulsadas por Eduardo Blanco Amor, que pon en marcha a agrupación Teatro
Popular Galego. O autor ourensán non só dirixe senón que escribirá desde eses
anos varias pezas destinadas a facer realidade as súas ideas sobre un teatro
popular que rompese coa liña enxebrista.

En 1953 publica en castelán as Farsas para títeres (editadas en edición bilingüe en


1973 por Ediciós do Castro) e nesa década escribe as pezas de Teatro pra xente,
que non serán editadas até 1974.
LUÍS SEOANE (1910-1979).

Pintor, gravador, muralista, ceranista, ilustrador, poeta, autor teatral, narrador,


editor, xornalista, promotor cultural, teórico da arte, impulsor –con Isaac Díaz
Pardo– do grupo Sargadelos, Luís Seoane é unha das figuras máis relevantes da
cultura galega do século XX.

A súa obra poética está conposta por Fardel de eisilado (1952), Na brétema, Sant-
Iago (1956), As cicatrices (1959) e A maior abondamento (1972).

En galego escribe as pezas dramáticas A soldadeira e Esquema de farsa e, en


español, El irlandés astrólogo (1959).

Como narrador publicou Tres hojas de ruda y un ajo verde o las narraciones de un
vagabundo (1948).

Dentro das súas contribucións ao ensaio, destacamos Castelao, artista (1969).

SEOANE: TRAZOS XERAIS.

As liñas principais que definen a obra de creación de Seoane son:

 Unha arte feita para o pobo

 O conpromiso social

 A memoria histórica

 A importancia do colectivo

 O conpromiso coa nación

SEOANE: TEATRO, A SOLDADEIRA.

Seoane vai coincidir con autores como Dieste ou Blanco Amor na súa preocupación
por definir un teatro popular galego.

No seu artigo “Un teatro popular galego” (1963) sinalou esta coincidencia e
marcou unha liña de traballo:
“Mais a nós […] conezounos a preocupar un teatro que tivese por fundamento o
que podía quedar en Galicia de antigas representacións, moi pouco ou cuase nada,
dende logo”.

Desta preocupación nace a proposta escénica d’A soldadeira: “A obra pódese


representar, se se quere, ao ar libre, no meio dunha feira galega, alternando as
andanzas antre os arbres e os postos dos feirantes, ou nunha estrada, antre as
tendas, as tabernas e os arbres. Os automóbeis de liña e camións poden servir cona
fondo de decoración”.

Escrita en galego en 1956, A soldadeira publícase traducida ao español en 1957 na


Editorial Ariadna de Bos Aires.

O texto galego foi recuperado e publicado por Xosé Luís Axeitos en 1994.

POSGUERRA E FRANQUISMO (1939-1975): O GRUPO GALAXIA

Os anos conprendidos neste período, do final da guerra civil até a morte de


Francisco Franco, son os dunha ditadura fortemente represiva, a “longa noite de
pedra” dos versos de Celso Emilio.

A política franquista nunca procurou a inclusión mais a supresión e a represión


dos/as vencidos/as.

Con todo, é preciso lembrarmos que houbo unha resistencia efectiva no territorio
galego, por parte da guerrilla, especialmente intensa na década de 40, e que
principalmente nos anos iniciais desa mesma década houbo varias tentativas de
organizar a oposición política á ditadura na clandestinidade, en parte coa
esperanza posta dunha intervención das forzas aliadas que derrubase a ditadura
de Franco e restaurase a legalidade republicana.

HISTORIA LITERARIA: PERIODIZACIÓN.

A total desaparición das infraestruturas e das institucións creadas nas décadas de


20 e 30 e dos principais axentes do galeguismo –asasinados, presos, no exilio ou
afastados da vida pública– determinan fortemente as actividades culturais e
literarias que é posíbel desenvolver nos primeiros anos deste período.

A isto hai que sunhar as restricións nos usos formais da lingua galega e un réxime
de férrea censura, determinado pola Lei de prensa de 1938 –vixente até 1966– que
impón a censura previa e a designación polo Ministerio do Interior das direccións
dos medios de conunicación.

Do punto de vista da historia literaria, poden ser distinguidos dous subperíodos, o


que vai de 1939 a 1950, caracterizado pola case inexistencia de infraestruturas
culturais e de produción literaria e o conprendido entre os anos 1950 e 1975,
iniciado coa (re)construción de infraestruturas culturais e a paulatina
recuperación da produción literaria.

Para o primeiro utilizaremos a denominación de posguerra –unha parte da crítica


utiliza a expresión ‘primeira posguerra’–, para o segundo, a de franquismo, pois se
ben a ditadura abranxe todo período que vai de 1939 a 1975, será a partir da
década de 50, unha vez rematado o estado de guerra e co recoñecemento
internacional da ditadura cando o réxime ditatorial asente.

FRANQUISMO E CULTURA GALEGA.

Na década de 40 conezan algunhas actuacións para certa recuperación


institucional nas estreitas marxes permitidas polo franquismo. Desta estratexia
participan especialmente personalidades vinculadas á ditadura que, coa súa
presenza, garanten a viabilidade destas institutucións.

O exemplo máis destacado é a creación en 1944 do Instituto Padre Sarmiento de


Estudios Gallegos vinculado ao CSIC, e que vai inaugurar a sede en 1946.

Coa dirección de Francisco Javier Sánchez Cantón, o instituto pretende


reaproveitar parte dos fondos do Seminario de Estudos Galegos e recuperar parte
da súa actividade, integrando tamén antigos membros (Antonio Fraguas, Otero
Pedrayo, Vicente Risco, Filgueira Valverde, Bouza-Brey, entre eles).

Esta institución terá unha orientación principal cara á conservación do patrimonio,


que encaixa coa función dada á cultura galega polo franquismo, asociada ao
pasado, e cuxa preservación ten características que a aproximan ao museístico,
como lembra Mario Regueira.

Este estudioso tamén sinala que un sector do falanxismo era favorábel a dar unha
cobertura controlada á expresión cultural catalá, galega e vasca, dirixida á
construción dunha España “multicultural”, con preeminencia da cultura castelá,
mais con espazos para unha identidade folclórica para as outras culturas.

Neste contexto debe ser situada a supervivencia da Real Academia Galega,


presidida na altura por Manuel Casás e que logo ampliará os seus membros con
personalidades afectas ao réxime, ou a creación do Patronato Rosalía de Castro
(1947-49).

PRIMEIRAS PUBLICACIÓNS.

Na década de 40 conezan algunhas actuacións para certa recuperación


institucional nas estreitas marxes permitidas polo franquismo.

Desta estratexia participan especialmente personalidades vinculadas á ditadura


que, coa súa presenza, garanten a viabilidade destas institutucións. O exemplo máis
destacado é a creación en 1944 do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos
vinculado ao CSIC, e que vai inaugurar a sede en 1946.

Coa dirección de Francisco Javier Sánchez Cantón, o instituto pretende


reaproveitar parte dos fondos do Seminario de Estudos Galegos e recuperar parte
da súa actividade, integrando tamén antigos membros (Antonio Fraguas, Otero
Pedrayo, Vicente Risco, Filgueira Valverde, Bouza-Brey, entre eles).

Esta institución terá unha orientación principal cara á conservación do patrimonio,


que encaixa coa función dada á cultura galega polo franquismo, asociada ao
pasado, e cuxa preservación ten características que a aproximan ao museístico,
como lembra Mario Regueira.

Este estudioso tamén sinala que un sector do falanxismo era favorábel a dar unha
cobertura controlada á expresión cultural catalá, galega e vasca, dirixida á
construción dunha España “multicultural”, con preeminencia da cultura castelá,
mais con espazos para unha identidade folclórica para as outras culturas.

Neste contexto debe ser situada a supervivencia da Real Academia Galega,


presidida na altura por Manuel Casás e que logo ampliará os seus membros con
personalidades afectas ao réxime, ou a creación do Patronato Rosalía de Castro
(1947-49).

RECUPERACIÓN DA ACTIVIDADE EDITORIAL.

Aínda que a historiografía literaria tende a colocar o ano 1950 e a fundación de


Galaxia como referencia para a recuperación da actividade editorial en Galiza e en
lingua galega, con anterioridade existen proxectos que van colocar o libro galego
no centro.

Un primeiro exemplo témolo en Bibliófilos Gallegos, creada en 1949, e que foi


considerada por estudiosos como Alonso Montero como un dos esforzos de
adaptación da cultura galega ao franquismo, e que representaría un galeguismo
erudito e arqueolóxico, cun programa bilingüe e un repertorio tradicional, en que
destacarán as reedicións. A editora promoverá un concurso de “novela gallega” no
mesmo ano da súa creación, que gañará o único libro en galego presentado, A xente
da Barreira de Ricardo Carvalho Calero.

En 1950, Xosé Mª Álvarez Blázquez e Luís Viñas Cortegoso crean edicións


Monterrey, que leva o nome da libraría anticuaria fundada en 1948 por ambos.

Monterrey vai recuperar libros raros e curiosos de tempos pasados, vinculados con
Galiza e co discurso de defensa da lingua galega, dirixidos a un público bibliófilo,
mais tamén promoverá coleccións para obras de nova creación escritas en lingua
galega. Nunha delas, Frol e froito, serán publicadas as dúas obras do considerado
iniciador da nova narrativa: Gonzalo Rodríguez Mourullo.
Vinculadas á edición poética, están a colección pontevedresa Benito Soto (1949-
1951), que publica poemarios de Cunqueiro, Álvarez Blázquez, Carvalho Calero,
Manuel María ou Pimentel; a lucense Xistral (1952-55), que dará ao prelo obras de
Pura Vázquez, Luz Pozo, Carvalho Calero ou Cabanillas e a viguesa Alba, vinculada
á revista do mesmo nome, que publicará, entre outras, O sono sulagado (1954) de
Celso Emilio Ferreiro e Voce na néboa (1957), a primeira publicación de Xosé Luís
Méndez Ferrín.

UN XORNAL: LA NOCHE.

O xornal conpostelán La Noche (1946-1967) vai destacar por tratar temáticas


relativas a Galiza, incorporando mesmo seccións referidas á cultura, idioma e
literatura, escritas en español, moi raramente en galego.

Esta publicación vai ser tamén un punto de encontro xeracional: nas súas páxinas
podemos ler os nomes de Fermín Bouza-Brey, Xosé Filgueira Valverde, Aquilino
Iglesia Alvariño, Ramón Otero Pedrayo –que colaborará cunha columna fixa
redixida en galego “Parladoiro”, de 1946 a 1949, feito insólito na altura– mais
tamén os de Pura Vázquez, Ricardo Carvalho Calero, Celso Emilio Ferreiro ou os
membros da xeración de 50, tamén coñecida como a xeración de La Noche por ser
este xornal o que acolleu algunha das súas primeiras colaboracións literarias.

Porén, a presenza máis importante da cultura galega no xornal vai producirse a


través da publicación do “Suplemento del sábado” entre outubro de 1949 e xaneiro
de 1950, que incluía crítica literaria, folclore, tradución de textos etc., de carácter
bilingüe cunha presenza destacada da lingua galega. A desaparición do suplemento
veu coincidir coa publicación do número que daba noticia do pasamento de
Castelao sen, presuntamente, atender as indicacións da Dirección Xeral de Prensa
que prohibían calquera mención á dimensión política do rianxeiro.

GALAXIA.

O día 25 xullo de 1950 no hotel Conpostela da cidade de Santiago ten lugar a


asemblea inaugural de Galaxia. Francisco Fernández del Riego explicou así o
surximento da fundación base da editora: “A creación de Galaxia xurdiu da
necesidade de restaurar o proceso cultural protagonizado polas xeracións
anteriores, e que a guerra civil interrumpira drasticamente. Incorporáronse á
Editora que nacía o supervivintes daquelas xeracións e os escritores mozos que
encetaban o seu labor. O empeño supuxo un paso fundamental para lle dar
continuidade, con pulos de actualidade, á historia da cultura autóctona, durante
anos entalada. As xentes esqueceran xa os precedentes do cultivo das letras
galegas, e os dos homes que o representaran. Mais as cousas conezaban agora a
vivecer, aínda que paseniñamente”.
En Galaxia van xogar un papel fundamental, alén do propio del Riego, Ramón
Piñeiro e Xaime Illa Couto, todos pertencentes á xeración de 36 e militantes que
foran das Mocidades Galeguistas.

Outros nomes relevantes no proxecto van ser Domingo García Sabell e Ricardo
Carvalho Calero.

A creación de Galaxia supón a renuncia de facto a dar continuidade ao Partido


Galeguista na clandestinidade, substituíndoo por un proxecto eminentemente
cultural, que procuraba adaptarse ás novas circunstancias marcadas polo
recoñecemento internacional do franquismo e pola convición estendida de que a
ditadura ía perdurar.

GALAXIA: OBXECTIVOS.

De forma sunharia, os obxectivos do grupo poden ser resumidos así:

 Recuperar a ligazón coa tradición cultural de preguerra, centrada na


chamada xeración Nós, definida polo legado risquiano, da que se senten
herdeiros

 Reintegrar á cultura galega autores que se inseriran na literatura en


español, como Álvaro Cunqueiro

 Reivindicar o galego como lingua de alta cultura, ofrecendo publicacións


nun amplo abano de xéneros, tamén a través da tradución de obras de
prestixio intelectual

 (Re)escribir a historia literaria colocando como referencia o criterio


filolóxico

 Promover o estudo da realidade económica e sociocultural de Galiza, a


través de publicacións específicas como a Revista de Ecomomía de Galicia e
a colección Grial, logo transformada en revista co mesmo nome.

GALAXIA: DEFINICIÓN IDENTITARIA E PROGRAMA LITERARIO.

O grupo Galaxia vai colocar como características do Volksgeist, do espírito galego,


o lirismo e a saudade, o humorismo, a vivencia da paisaxe e a fantasía.

Esta definición identitaria será feita principalmente a través da produción


ensaística, sobre todo a de Ramón Piñeiro, que con frecuencia expresou as súas
ideas a través de cartas publicadas ou prólogos a obras literarias, desenvolvendo
así unha función de orientador da produción literaria, que promovía modelos
concretos –e excluía outros– para a literatura galega.
Esta labor de orientación vai ser realizado tamén por Fernández del Riego ou por
Carballo Calero, en recensións e artigos xornalísticos. Os libros de narrativa Á lus
do candil (1953) de Ánxel Fole e Merlín e familia (1955) de Álvaro Cunqueiro ou o
poemario Os Eidos (1955) de Uxío Novoneyra, todos editadas por Galaxia, son
algunhas das obras que responden ao programa literario do grupo.

Propostas de novos narradores como Gonzalo Rodríguez Mourullo van ser


desconsideradas por estaren supostamente fóra da tradición galega e seren
seguidoras de modelos alleos.

GALAXIA: O ENSAIO.

Como dixemos, na produción ensaística do grupo Galaxia vai estar plasmada a súa
construción teórica da identidade galega. Exemplo diso son as seguintes
publicacións:

 Os ensaios de Ramón Piñeiro da década de 50 arredor da saudade reunidos


posteriormente en Filosofía da saudade (1974)

 O segredo do humor (1962) de Celestino Fernández de la Vega, centrado no


humorismo

 Mito e realidade da terra nai (1957) de Xoán Rof Carballo.

É preciso mencionar tamén 7 ensayos sobre Rosalía (1952) –con colaboracións de


Carballo Calero, Piñeiro, Rof Carballo, Fernández de la Vega e del Riego– que
consolidan a posición da autora no centro do canon á par que realizan unha
interpretación da súa obra desde os parámetros identitarios fixados por Galaxia,
con atención especial á saudade.

A filosofía será outro dos eixos da produción ensaística de Galaxia, ben a través da
produción propia (Ramón Piñeiro, en certa forma Domingo García Sabell), ben a
través de traducións, como a da obra Da esencia da verdade (1956) de Martin
Heidegger, verquida ao galego por Piñeiro e Fernández de la Vega.

GALAXIA: A ACTIVIDADE EDITORIAL.

Os inicios da actividade editorial de Galaxia están movidos por un afán totalizador


e integrador: a vontade de publicar obras en todos os xéneros (narrativa, poesía,
literatura dramática, ensaio) e de acoller toda a produción en lingua galega.

As súas publicacións son inauguradas con Antífona da cantiga (1951) de Ramón


Cabanillas, unha selección de cantigas populares realizada por quen fora
proclamado como o Poeta da Raza.
Otero Pedrayo, Risco, Cuevillas figurarán na nómina editorial de Galaxia –ás veces
con conpilacións de textos previos–, mais tamén Eduardo Blanco Amor, Cunqueiro,
Fole e nomes da nova xeración (a de 50) como Méndez Ferrín, Mª Xosé Queizán,
Xohana Torres ou Carlos Casares, que verán publicadas as súas obras nunha
colección específica, Illa Nova, creada en 1957 para acoller especificamente as súas
propostas.

A atención dada á historia literaria vai manifestarse en publicacións como a serie


Escolma da poesía galega, un percurso antolóxico en catro volumes por toda a
historia da poesía galega, e principalmente na Historia da literatura galega
contemporánea (1808-1936) de Carvalho Calero en 1962, que fixará o canon
contemporáneo. Á edición en libro é conpletada por publicacións periódicas xa
mencionadas, como Cadernos Grial (1951), Revista de Ecomomía de Galicia (1958-
68) ou Grial. Revista galega de cultura (iniciada en 1962)

POSGUERRA E FRANQUISMO (1939-1975): A NARRATIVA

Mª Xesús Nogueira resumiu así as características da sociedade galega da década de


50: “A partir dos anos 50 produciranse unha serie de fenómenos determinantes
para a nosa historia. Podemos, polo tanto, afirmar que, desde ben andada a década
dos cincuenta ata o final da ditadura, teñen lugar feitos que explican, en boa
medida, a nosa situación actual.

Por unha banda, debemos ter en conta as transformacións socioeconómicas que se


produciron neste período, pois supuxeron un pulo cara á modernidade,
descoñecido en etapas precedentes.

Mais, por outra, debemos lembrar tamén que estas transformacións afectaron a
campos tan distintos como as paisaxes rural e urbana, os costumes ou o perfil da
nosa sociedade.

O decorrer histórico destes anos debe ser entendido dentro do clima autoritario e
represivo dun réxime xa por aquela altura abondo estabilizado, e cun aparato
suficientemente forte como para facer esmorecer as ilusións do seu derrocamento
desde posicións contrarias.

Aínda así, a partir dos anos 60 dá conezo unha etapa marcada pola organización de
forzas políticas na clandestinidade que tomou partido nunha situación de conflito
social crecente, de especial importancia en sectores como o proletariado e a
poboación estudiantil.

Foi tamén nestes anos cando o nacionalismo coñeceu unha nova formulación, que
se afastaba definitivamente da gaiola culturalista para situarse en posicións
marxistas, desde as que se reclamaba por vez primeira, dun xeito explícito, o
dereito de autodeterminación para o pobo galego”
CONTINUIDADE.

A recuperación da produción narrativa nos primeiros anos da década de 50 vai


supor en certos casos a reelaboración dalgúns dos repertorios propios dos anos
anteriores á guerra.

Outro factor de continuidade estará no elemento autorial, coa incorporación de


escritores que foran referencia nas décadas de 20 e 30, caso de Ramón Otero
Pedrayo. A xente da Barreira (1951) de Ricardo Carvalho Calero (1910-1990)
marca a continuidade co repertorio do grupo Nós.

É considerada a novela que inaugura a narrativa galega logo da guerra. Premiada


no certame bilingüe de Bibliófilos Gallegos, a pesar de ser a única presentada en
lingua galega, é unha crónica do século XIX na Galiza rural narrada con pulcritude e
sinxeleza.

Carvalho, un escritor da xeración de 36, debuta como narrador na década de 50,


unha nova dedicación que será tamén a de Ánxel Fole ou Álvaro Cunqueiro, dous
autores que marcarán novas orientacións coas súas obras.

PROPOSTAS RENOVADORAS.

Ánxel Fole (1903-1986) e Álvaro Cunqueiro (1911-1981) son considerados como


os renovadores da narrativa que concretizan nese xénero o proxecto cultural de
Galaxia, a súa editora.

A espontaneidade do mundo rural, a súa enxebreza; o lirismo, o humor, a fantasía e


mais o sentimento da paisaxe como riscos canónicos da diferenza galega; o
esvaemento dos límites entre o real e mais o Alén; enfin, a defensa dun certo
antiintelectualismo, vinculada asemada á procura da autenticidade lexitimadora.

Desde estas posicións son dúas as grandes liñas temáticas privilexiadas: unha
primeira que poderíamos denominar como realismo popular ou etnográfico, que
aproveita as posibilidades do relato popular/popularizante, identificada coa obra
de Fole; unha segunda que podería ser denominada como realismo fantástico,
representada na obra de Cunqueiro, que desde unha perspectiva culta, propón
unha deconstrución lúdica dos mitos.

NARRATIVA DE FOLE.

Ánxel Fole edita dúas coleccións de relatos nos anos 50: Á lus do candil (1953) e
Terra brava (1955).
Con estes relatos Fole estabelece unha ponte cara aos modelos neopopularistas
que representaba, por exemplo, Dieste.

Os seus son contos vinculados ao elemento popular e ao folclórico: relatos de


supersticións, premonicións, aparicións que se desenvolven no territorio da
montaña lucense, especialmente no Caurel e no Incio.

A dimensión etnográfica –até no plano lingüístico– presente nos textos será


especialmente valorizada por Piñeiro ou del Riego. Finalmente, nos contos de Fole
é tamén salientada a posibilidade de lograr suscitar por igual a aceptación do
público campesiño e da conunidade intelectual.

Piñeiro, por exemplo, subliñará o interese do profesor universitario alemán


Joseph-Maria Piel por Á lus do candil.

NARRATIVA DE CUNQUEIRO.

En 1955, Galaxia publica Merlín e familia.

No ano seguinte, As crónicas do sochantre, e en 1961, Si o vello Sinbad volvese ás


illas.

Na primeira obra, o autor acode á materia de Bretaña como fonte de ficción


narrativa. A segunda presenta un percurso fantástico pola Bretaña do tempo
posterior á Revolución Francesa. Na terceira, é o mundo oriental das Mil e unha
noites a que proporciona a materia narrativa.

Por tanto, as tres teñen en conún a revisión da(s) tradición(s) literaria(s), un trazo
tamén presente na obra poética e dramática de Cunqueiro.
A cotidianeización do mito, atravesada polo humor e ás veces pola melancolía, é
outro elemento recorrente nestas narracións.

O conxunto destas tres obras novelísticas supón a reivindicación da imaxinación


como medio de superación da realidade e responden, en certa forma, á ‘cruzada da
imaxinación’ que propuña Piñeiro a Cunqueiro nun texto de inicios da década de
50.

Diante dun mundo angustiado e infeliz o autor mindoniense propón o retorno a


unha mítica e plácida Idade de ouro. Do punto de vista da técnica narrativa, a obra
cunqueiriana conbina elementos procedentes da oralidade coa tendencia á
fragmentación e á disgregación da novela en episodios con autonomía narrativa.

A NOVA NARRATIVA.

A denominada nova narrativa é produto da actividade da xeración de 50 (ou das


Festas Minervais), da que fan parte Gonzalo R. Mourullo, Xosé Luís Méndez Ferrín,
Camilo Gonsar, Mª Xosé Queizán, Vicente Vázquez Diéguez, Xohana Torres etc.
Con algunha excepción (Mourullo, Vázquez Diéguez), a maior parte son autores e
autoras que terán unha longa e produtiva traxectoria literaria, non necesariamente
como narradores/as, monolingüe.

A crítica discutiu a pertinencia da denominación nova narrativa –en certa maneira,


un calco de nouveau roman– e até a existencia dunha formulación estética conún
aos/ás seus/súas integrantes.

Para Antón Capelán, o trazo que partillan é unha recusación da prosa de ficción
anterior a eles mesmos, isto é, do proxecto literario auspiciado por Galaxia,
desacordo feito explícito, por exemplo, na “Carta a Manuel Antonio” publicada por
Gonzalo Rodríguez Mourullo no xornal La Noche.

Por isto, críticos como Mario Regueira prefiren falar de novas narrativas.

En calquera caso, na/s nova/s narrativa/s conflúen persoas dunha mesma


xeración mais de diferente procedencia, nalgún caso facendo parte dun mesmo
grupo –o denominado grupo conpostelán, no que estarían Ferrín ou Mourullo–,
noutros realizando un traballo de carácter individual –caso de Xohai n Casal. Xosé
R. Pena sinala como dan resposta á súa discrepancia co modelo estético de Galaxia
con estratexias inicialmente semellantes, “desde a procura de referentes nas
literaturas europeas (e americanas) do seu tempo.

A partir destes eixes, cadaquén evolucionou individualmente até esgotar cadansúa


traxectoria dentro dos parámetros sinalados”.

NOVA NARRATIVA: TRAZOS DA PRODUCCIÓN.

A pesar das citadas dificultades en estabelecer unha caracterización da/s nova/s


narrativa/s como movemento, podemos sinalar algunhas características presentes
na produción narrativa que supoñen un evidente contraste coas propostas das
xeracións anteriores:

 A reflexión metaliteraria e a procura da redefinición do concepto de


realidade

 A utilización de recursos técnicos que poñan de manifesto o carácter


artificial do texto literario: o predominio do monólogo interior, a
xustaposición de planos temporais, o substrato mítico e dimensión
simbólica etc.

 A redefinición do espazo narrativo, coa renuncia á caracterización realista e


a procura de ámbitos urbanos desreferencializados
 A presenza de personaxes descaracterizados psicoloxicamente: seres
anónimos, desarraigados, desorientados que poden conducir ao delirio, á
loucura ou á morte.

NOVA NARRATIVA.

A delimitación da/s nova/s narrativa/s tamén foi obxecto de debate. Hai consenso
en considerar que a tendencia se inaugura coa obra de Mourullo, aínda que parte
da crítica sinala Nasce un árbore (1954) como inicio, e parte Memorias de Tains
(1956).

Para marcar o seu final foron sinaladas diferentes obras de autoría diversa:
Cambio en tres (1969) de Carlos Casares, Adiós, María! (1971) de Xohana Torres
ou mesmo Cara Times Square (1980) de Camilo Gonsar.

Entre as obras da/s nova/s narrativa/s, figuran Memorias de Tains (1956) de


Gonzalo R. Mourullo, Percival e outras historias (1958) de Xosé L. Méndez Ferrín,
Como calquereoutro día (1962) de Camilo Gonsar, Arrabaldo do norte (1964) de
Xosé L. Méndez Ferrín, A orella no buraco (1965) de Mª Xosé Queizán, As ponlas
baixas (1968) de Vicente Vázquez Diéguez ou O camiño de abaixo (1970) de Xohai
n Casal, editado postunhamente.

Algúns destes títulos foron publicados na colección Illa Nova, inaugurada por
Galaxia en 1957 como un espazo destinado aos/ás escritores/as máis novos/as,
como forma de manter os seus vínculos coa editora.

Neste conxunto de obras narrativas poden ser distinguidas diferentes


orientacións: o “expresionismo literario” (Reimundo Patiño) de Casal, o “realismo
tardío” (Mario Regueira) de Gonsar, o “modelo sincrético” (Mario Regueira) do
primeiro Ferrín, os estreitos vínculos co noveau roman da novela de Queizán, ou o
experimentalismo de Mourullo.

REALISMO SOCIAL-RURAL: NEIRA VILAS.

Publicada por vez primeira na Arxentina no ano 1961, Memorias dun neno labrego
de Xosé Neira Vilas (1928-2015) vai ser editada na Galiza por Ediciós do Castro en
1968.

A novela converterase nun auténtico superventas da literatura galega: datos


oficiais falan da venda de 700.000 exemplares desde esa data até finais da década
pasada.

Xunto con Cartas a Lelo (1971) e Aqueles anos do Moncho (1977) a obra fai parte
do denominado ciclo do neno, denominación editorial que a colocou nos lindes da
literatura infantil e xuvenil a pesar de que fora concibida para un público adulto.
A obra foi interpretada en chave-social realista e dunha perspectiva antropolóxica,
mais tamén como un exemplo de realismo socio-identitario, desde “unha
inequívoca base de emoción marxista-leninista e, algunhas veces, un non explícito,
pero evidente, propósito didáctico” (Méndez Ferrín).

POSGUERRA E FRANQUISMO (1939-1975): POESÍA E TEATRO.

Do encontro entre Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo nace en 1963 o Laboratorio de
Formas ao que seguirá a restauración de Sargadelos, a creación do museo de arte
galega Carlos Maside e Ediciós do Castro, unha editora inicialmente vinculada ás
actividades desenvolvidas polo propio Laboratorio e á edición artística.

De feito as primeiras obras que publicará serán as carpetas de gravuras El Toro


Júbilo e O Meco de Luís Seoane.

Logo irá abríndose á publicación de diferentes xéneros, especialmente con obras


vinculadas ao exilio, caso de Memorias dun neno labrego (1968) de Xosé Neira
Vilas, inicialmente editada en Bos Aires en 1961.

Logo da morte do ditador Francisco Franco, o volume de publicacións crecerá


grandemente e a editora poderá cumprir outros dos fins cos que fora creada:
recuperar a memoria histórica de Galiza.

Editora sen ánimo de lucro, nos seus corenta e cinco anos de vida (1963-2008),
publicará perto de 1.500 volumes. Na mesma década de 60, Xosé Mª Álvarez
Blázquez porá en marcha Edicións Castrelos, virada cara á popularización do libro
galego, con propostas tan relevantes como a colección O Moucho, posta en marcha
en 1967, que era publicitada como “Libros do pobo e para o pobo”.

XERACIÓNS.

Neste período van actuar no espazo público membros de diferentes xeracións. Os


menos, superviventes da xeración de 25, como Luís Pimentel.

O protagonismo será para os membros da xeración de 36 e os da xeración de 50.

A xeración de 36 é a responsábel da reactivación cultural en Galiza –e no exilio– da


que fan parte, por exemplo, os membros do grupo Galaxia e, no ámbito da poesía,
lembremos, autores como Álvaro Cunqueiro, Xosé Díaz Castro, Aquilino Iglesia
Alvariño, Ricardo Carvalho Calero, María Mariño ou Celso Emilio Ferreiro.

A xeración de 50 (ou das Festas Minervais) pertencen escritores e escritoras nadas


entre 1930 e 1940.
Entre ambas, está a denominada Promoción de enlace, conposta por persoas que
nacen na década de 20 e acceden á cultura na de 40, que representan un elo entre a
xeración de 36 e a de 50.

Entre os seus integrantes, Luz Pozo Garza, Tomás Barros, Manuel Cuña Novás,
Daniel Cortezón ou Mª do Carme Kruckenberg.

En opinión de Xosé L. Méndez Ferrín, o feito de careceren de modelos literarios en


galego até finais da década de 40 fai que “estas xentes, ó se formaren no momento
da creba máis grave da historia da cultura galega contemporánea, non se
incorporan masivamente a ésta cando, con dificultades, volta a se facer viábel”.

A XERACIÓN DE 50.

Á xeración de 50 (ou das Festas Minervais) pertencen Xosé Luís Méndez Ferrín,
Uxío Novoneyra, Xohana Torres, Manuel María, Mª Xosé Queizán, Bernardino
Graña, Camilo Gonsar, Uxío Novoneyra ou Avilés de Taramancos.

A pesar da súa especial vinculación á xeración de 36, serán os responsábeis da


renovación repertorial, ben na narrativa (nova narrativa), ben na poesía.

Como fenómenos asociativos xeracionais, un dos seus integrantes, Méndez Ferrín,


sinalou as Festas Minervais conpostelás, a colaboración no diario La Noche, a
participación na colección Illa Nova –creada por Galaxia–, a súa implicación na
aparición do nacionalismo revolucionario e a fundación do grupo Brais Pinto.

O grupo Brais Pinto, integrado por Méndez Ferrín, Xosé Fernández Ferreiro,
Reimundo Patiño, Xosé Fernández Ferreiro ou Bernardino Graña, entre outros, foi
creado en Madrid en 1958.

Implicados na oposición política ao franquismo –algúns dos seus membros


participarán na fundación na clandestinidade da Unión do Povo Galego en 1964–,
son tamén defensores da experimentación artística e a vangarda.

Brais Pinto creará unha colección, principalmente poética, que é inaugurada con
Bocarribeira, de Ramón Otero Pedrayo

POESÍA DE 50: CONTINUIDADE.

Na poesía da década de 50, convive a continuidade de tendencias desenvolvidas na


preguerra coa introdución de novos repertorios.

Como norma xeral, a continuidade estará vinculada a poetas da xeración de 36 e os


novos repertorios, a membros da xeración de 50.
A continuidade a respecto de certos repertorios da preguerra non vai obeceder só
ao factor autorial mais tamén a unha vontade deliberada de retomar o legado das
décadas de 20 e 30.

As principais tendencias continuístas son o neotrobadorismo, o imaxinismo e o


paisaxismo.

O neotrobadorismo, que ten a súa inspiración na lírica medieval especialmente na


cantiga de amigo, e que se caracteriza polo uso do paralelismo e do refrán. Autores
que van publicar poemas nesta tendencia son Álvaro Cunqueiro –as “ Cantigas do
amor cortés” de Dona do corpo delgado (1950); a segunda edición acrecentada de
Cantiga nova que se chama ribeira (1957)– e, con carácter máis ocasional, Xosé Mª
Álvarez Blázquez.

O imaxinismo –ou hilozoísmo–, caracterizado pola plasmación dunha natureza


antromoporfizada, o uso da aliteración e da sinestesia e os metros populares,
presente na obra de Manuel Casado Nieto ou Emilio Álvarez Blázquez.

O paisaxismo, centrado na descrición da paisaxe galega cun certo ton franciscano,


presente en poetas como Aquilino Iglesia Alvariño e Xosé Mª Díaz Castro.

POESÍA DE 50: RENOVACIÓN E RUPTURA.

Dentro das tendencias renovadoras podemos diferenciar as que van estar


vinculadas a poetas da xeración de 36 e as que van ser promovidas por autores da
xeración de 50.

Entre as primeiras, o clasicismo e o culturalismo, caracterizado o perimeiro pola


utilización de metros clásicos –con preferencia polo hendecasílabo–, o segundo
pola revisión dos mitos.

Aquilino Iglesia Alvariño, para o clasicismo, e Ricardo Carvalho Calero ou Álvaro


Cunqueiro, para o culturalismo, son nomes destacados nestas tendencias. Da
mesma maneira, podemos sinalar o intimismo, unha poesía focada na expresión de
sentimentos e emocións do eu, e de vivencias persoais, presente principalmente en
poetas da Promoción de Enlace como Luz Pozo Garza ou Miguel González Garcés.

As tendencias realmente rupturistas no panorama poético do primeiro franquismo


serán a que se deu en chamar Escola da Tebra, metáfora da preocupación
existencial, manifestada na expresión da angustia e na interrogación sobre as
grandes cuestións da hunhanidade (a dor, a morte, trascendencia, a relixión etc.).

Inauguran esta tendencia poemas de Muiñeiro de brétemas (1950) de Manuel


María, herméticos e oníricos, e os poemas longos, en verso libre de Fabulario Novo
(1952) de Manuel Cuña Novás.
A poesía social, que une a denuncia das desigualdades sociais á simplificación da
linguaxe poética, terá o seu máis destacado representante en Celso Emilio Ferreiro.
Xunto a el, Manuel María.

POETA DA XERACIÓN DE 36: CELSO EMILIO FERREIRO (1912-1979).

En 1936, Celso Emilio Ferreiro publica Cartafol de poesía (1936).

En 1954 edita O sono sulagado, unha obra en que predomina o intimismo e o


confesionalismo: a dor existencial, a morte, a evocación da infancia, a soidade, a
paisaxe son os temas que caracterizan a obra.

A publicación en 1962 de Longa noite de pedra é considerada como a inauguración


da poesía social –ou socialrealismo– na poesía galega, a pesar de que o propio
Celso Emilio lembrou a súa presenza na tradición galega, e de que no exilio Seoane
ou Lorenzo Varela publicaran poemarios que poden ser inseridos nesta tendencia.

A denuncia da opresión e o antibelicismo adquiren unha voz proletaria e prosaica,


que dota de pretendida autenticidade os versos do poemario.

En 1968 publica Viaxe ao país dos ananos, axuste de contas cos directivos da
Hermandad Gallega de Caracas, que continúa nas Cantigas de escarneo e maldecir,
asinadas no mesmo ano como Arístides Silveira, emparentadas co cancioneiro
escarñino medieval.

POETAS DA XERACIÓN DE 50.

UXÍO NOVONEYRA (1930-1999).

En 1955, con prólogo de Ramón Piñeiro, a editorial Galaxia publica Os Eidos


(1955), o primeiro poemario de Uxío Novoneyra, que terá unha versión ampliada,
Os Eidos 2, en 1974.

Libro íntimamente vinculado á serra do Caurel, os seus versos son expresión da


conuñón co mundo físico e da vivencia da paisaxe da montaña, que colocan o
suxeito poético antes a contemplación interior e a memoria.

No plano expresivo, destaca a ecomomía de recursos: a esencialización, a


aliteración e o fonosimbolismo fixeron que moitos dos seus poemas fosen
conparados cos haikus.

En 1967 escribe “Viet NanCanto”, que supón a apertura dunha liña de poesía cívica
na súa obra. A protesta política, vinculada á denuncia do colonialismo e ao
antibelicismo, va da man da innovación formal e inaugura a importancia dos
elementos gráfico-visuais que terán grande relevancia na poesía posterior de
Novoneyra, tendo a súa máxima expresión nos Poemas caligráficos (1980).
XOHANA TORRES E AVILÉS DE TARAMANCOS.

Xohana Torres (1931-2017) foi poeta, narradora –integrada por parte da crítica na
nova narrativa pola súa novela Adiós, María! (1971).

En 1957 a colección Illa Nova de Galaxia edita Do sulco, o seu primeiro poemario.

A esta obra seguirán anos de silencio até a publicación, en 1980, de Estacións ao


mar, ao que seguiría en 1992, Tempo de ría. No conxunto da súa obra, o
patriotismo e a visión social conflúen co intimismo, sempre dunha perspectiva de
xénero. Liberdade métrica e coidado estilístico caracterizan os seus versos.

Antón Avilés de Taramancos (1935-1992), a pesar de ser considerado membro da


xeración de 50, ten escasos vínculos co resto dos seus integrantes por marchar de
Galiza cara Colombia na década de 50.

A publicación de boa parte da súa obra terá lugar logo da súa volta a Galiza, nos
anos oitenta, razón pola cal terá unha especial relación cos poetas da xeración de
80.

Desta época son Cantos caucanos (1985) e As torres no ar (1989).

Na produción poética do franquismo, costunha ser distinguido un ciclo coruñés,


constituído por As moradías do vento (1956) e A frauta y-o garamelo (1959) e
caracterizado pola presenza de elementos neopopularistas e clasicistas, e pola
natureza e o erotismo como temas principais.

Xunto a el, o denominado ciclo colombiano, centrado na fusión do home coa terra a
través dos labores agrícolas, expresada en Os poemas da ausencia (1963-69), que
foron editados en O tempo no espello (1982), conpilación de todos os versos que
escribira até a data.

LITERATURA DRAMÁTICA E TEATRO.

Na década de 40, a maior parte das representacións nacen no seo de agrupacións


folclóricas vinculadas ao réxime franquista e recuperan textos de carácter ruralista
e costumista, cando non deturpadores da lingua e da cultura galegas.

Nesta situación, a dignificación do teatro galego imponse como unha tarefa


interxeracional asumida colectivamente a partir da década de 50, da que
participarán desde membros do grupo Nós como Ramón Otero Pedrayo, até
pertencentes á xeración de 50 como Xosé Luís Franco Grande ou Xohana Torres,
pasando por Álvaro Cunqueiro ou Ricardo Carvalho Calero, figuras destacadas da
xeración de 36.
Todos/as escribirán literatura dramática coa arela de que poida levarse á escena,
porén a maior parte destas tentativas renovadoras van ficar só en teatro para ler.

Só a partir da década de 60, co impulso dalgúns certames e a creación dalgunhas


agrupacións teatrais, será posíbel a posta en escena de obras renovadoras, aínda
que serán obras principalmente dirixidas a un público minoritario. Neste contexto
terá lugar a representación de Don Hamlet (publicada por Galaxia en 1958),
relectura cunqueiriana da peza de WillianShakespeare, na cidade da Coruña por
vez primeira en 1959.

LITERATURA DRAMÁTICA.

De entre as propostas dramáticas das décadas de 50 e 60, cómpre destacar as


achegas dalgúns autores que abren vías para a renovación do discurso dramático.

Manuel María en Auto do taberneiro (1957), Auto do labrego (1961) e Auto do


mariñeiro (1961) conbina a reflexión sobre a liberdade invidual en chave
existencial coa ambientación no mundo popular.

Cabe destacar tamén a achega de Isaac Díaz Pardo con dúas pezas, Midas e O
ángulo de pedra –1958–, tentativas de teatro total.

Jenaro Marinhas del Valle abre con A serpe (1952) a súa produción dramática, que
terá en A revolta (1965) unha das súas expresións máis logradas, e representante
senlleira do teatro cívico social.

A obra dramática de Xohana Torres móvese entre o teatro simbólico e o social . A


outra banda do Iberr (1965) e Un hotel de primeira sobre o río (1968) teñen como
pano de fundo, respectivamente, as persecucións do franquismo e a explotación da
natureza.

DO POSFRANQUISMO Á FIN DE SÉCULO: POESÍA.

As historias da literatura galega mostran dúas tendencias á hora de delimitar o


inicio dun novo período historiográfico logo do franquismo: ben partir de 1975,
ano da morte do ditador Francisco Franco, ben partir de 1980 ou 1981, datas do
referendune da aprobación do Estatuto de Autonomía de Galiza.

Maior coincidencia hai en estabelecer o final dun período coincidindo coa


conclusión do século XX e coa fin do milenio fixando o ano 2000 como límite. No
noso caso, optaremos por delimitar este período entre os anos 1975 e 2000.
Sinalamos algunhas datas de referencia para acontecementos políticos que van
condicionar o desenvolvemento da cultura neste período:

 1975: Morte do ditador Francisco Franco

 1978: Aprobación da Constitución Española, que supón a configuración do


estado das autonomías e o recoñecemento, con límites, de linguas cooficiais
nos respectivos territorios autonómicos

 1980: Celebración do referendundo Estatuto de Autonomía (aprobación e


entrada en vigor en 1981)

 1983: Aprobación da Lei de Normalización Lingüística

 1985: Inicio das emisións da TVG e da Radio Galega

 1990: Manuel Fraga, presidente da Xunta de Galicia.

As mudanzas sociopolíticas que se producen a partir de 1975 van provocar efectos


relevantes no campo literario.

No ano 1978 desaparece a censura, que condicionaba tanto a produción literaria


como a difusión editorial. A posibilidade de desenvolver unha actividade política
no novo marco constitucional produce o efecto de que o discurso literario vai
gañando paulatinamente autonomía: “Percíbese […] un lento distanciamento do
discurso literario con respecto a determinadas esixencias de posicionamento
ideolóxico, xunto co abandono de determinadas funcións e a incorporación doutras
novas, como consecuencia dunha mellor articulación do discurso político
canalizado a través dos partidos e dos movementos sociais” (Literatura e
sociedade en Galicia (1975-1990), 1994).

A posta en marcha das institucións autonómicas na década de 80 conleva


transformacións relevantes, por exemplo, a posibilidade de estabelecer e
desenvolver políticas culturais por parte do goberno galego, que van das axudas á
creación literaria, á tradución ou á edición.

A EDICIÓN.

Ás editoras con traxectorias relevantes existentes na altura, como Galaxia –


fundada en 1950– ou Ediciós do Castro –en 1963– van unirse outras de nova
creación: Xerais, vinculada ao grupo Anaya, en 1979; Sotelo Blanco, en 1981; Ir
Indo, en 1985; A Nosa Terra, en 1987 ou O Cumio en 1989.

Na década de 90 serán fundadas Positivas, en 1990; Baía, no mesmo ano;


Laiovento, en 1991, Espiral Maior, en 1993 e Kalandraka en 1998.
Prodúcese así a ampliación e tamén a diversificación da oferta editorial, co
surximento de editoras especializadas nun xénero -Espiral Maior na poesía, por
exemplo– ou nun determinado público –Kalandraka, dirixida ao público infantil.

As editoras móvense entre a súa vontade de contribuír á normalización da lingua e


da cultura galegas e a procura da rendibilidade empresarial.

PÚBLICO LECTOR.

Nos períodos anteriores da etapa contemporánea o público lector de literatura


galega era un público moi reducido, conprometido coa lingua e coa cultura galegas,
que foi definido como lector/a patriota por Xesús González Gómez.

A da década de 80, a introdución da lingua e da literatura galega no ensino


obrigatorio creará un/ha lector/a escolar, que determinará a creación de produtos
específicos dirixidos a el/a.

Isto vai provocar que o/a autor/a descoñecese ás veces o público lector, diferente
do patriota ou do escolar, ao que dirixirse. Por outra, as editoras conerciais
promoverán a publicación de narrativa de xénero/ consumo coa pretensión de
atraer á literatura galega o/a lector/a que lía estes produtos en castelán.

O PAPEL DA ADMINISTRACIÓN.

No marco do Estatuto de Autonomía, son creadas novas institucións culturais, por


exemplo o Consello da Cultura Galega (1983), cuxo primeiro presidente será
Ramón Piñeiro.

O goberno galego vai pór en marcha políticas culturais que incluirán accións sobre
o campo literario.

A propia Xunta actuará como editora e chegará a ser na década de 90 a maior


editora de Galicia, cunha política editorial con frecuencia criticada polas editoras e
por outros/as axentes culturais. A introdución da literatura galega no
curriculunescolar determinará, entre outros efectos, o uso pedagóxico da
literatura, a canonización de obras vistas como representación do espírito
colectivo ou o impulso da literatura infantil e xuvenil.

PREMIOS LITERARIOS.

Os premios literarios van ter un unha función moi relevante neste período. No
ámbito da produción literaria, contribuirán a orientar a produción, pois os textos
premiados funcionarán como modelos.
Tamén estimularán a creación cara a un determinado ámbito ou xénero literario,
provocando un maior desenvolvemento de certos xéneros, poñamos por caso o
impulso do xénero narrativo na década de 80.

No relativo a autores e autoras, servirán para lexitimar o/a autor/a, como fonte de
ingresos e contribuirán ao seu recoñecemento público.

Os promotores dos premios serán tanto institucións públicas como empresas ou


entidades privadas (poñamos por exemplo o premio Xerais de novela, convocado
por esa editora), que poden obter réditos a través do prestixio dos patrocinadores.

No caso do mercado editorial, as obras premiadas teñen maior visibilidade e, con


frecuencia, recibir un premio é un elemento que contribúe a incrementar as vendas
das obras que foron premiadas.

A POESÍA.

Nos últimos anos da década de 60 incorporáranse á poesía galega autores/as que


entenden o labor poético como extensión da acción política e que aparecen
agrupados na escolma Os novísimos da poesía galega (1973), preparada por Mª
Victoria Moreno: Farruco Sesto Novás, Lois Diéguez, Darío Xohai n Cabana,
Margarita Ledo etc. Que se deran a coñecer na colección Val de Lemos da editorial
Xistral, auspiciada por Manuel María.

Herdeiros da tradición socialrealista, escriben unha poesía fortemente


ideoloxizada, coa lingua, a opresión nacional, as liberdades como asuntos
predominantes.

A segunda metade da década de 70 estará caracterizada polo abandono


maioritario da poesía socialrealista, mesmo por parte daqueles que foran os seus
cultores.

Nesta mudanza de orientación, a crítica ten sinalado a importancia de dúas obras


publicadas en 1976: Con pólvora e magnolias de Xosé Luís Méndez Ferrín e
Seraogna de Alfonso Pexegueiro, ás que en ocasións é acrecentada Mesteres de
Arcadio López Casanova.

Movemento tamén surxidos na década de 70, como o colectivo Rompente, son


igualmente relevantes nesa ruptura coa poesía anterior. O feito de que a
reivindicación política se poida facer agora a través dos partidos políticos –e
doutras vías de representación e participación– vai favorecer que na poesía se
abran paso outros discursos.

Así, na poesía da década de 80 terá grande relevancia o ‘culturalismo’. Durante as


décadas de 80 e 90 adquire importancia a difusión da poesía por múltiples vías: a
través da publicación (en coleccións específicas, en revistas de nova creación),
mais tamén no contacto directo co público na realización de recitais e
performances.

Como no caso da narrativa, os premios, de promoción pública ou privada, van ser


un elemento moi importante no impulso da produción (e da publicación) poética.

CON PÓLVORA E MAGNOLIAS (1976)

Xosé Luís Méndez Ferrín, que debutara como poeta en 1957 con Voce na néboa,
une neste poemario a poesía de conbate (a pólvora) e a eróticoamorosa e
levemente nostálxica (as magnolias).

O poemario vai ser editado co selo de Rompente. Algunhas características de Con


pólvora e magnolias son:

 A radicalidade expresiva, a conbinación de ton épico e elexíaco

 O vangardismo experimental, conbinado co refinamento clásico, a


expresión esteticista e culturalista

 A conxunción de nacionalismo, revolución e liberdade: a exaltación de


patriotas e heroes, a creación de mitos mobilizadores

 O intimismo e o erotismo, a evocación do pasado, a dor

 O diálogo coa tradición literaria.

Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco sintetizaron en tres grandes eixos a


caracterización de Con pólvora e magnolias como poemario innovador: o
descubrimento da linguaxe, a apertura temática e estilística e unha maior ou
menor dose de culturalismo.

GRUPO ROMPENTE.

O grupo Rompente, conposto orixinariamente por Alberto Avendaño, Manuel


Romón e Antón Reixa, surxe en Vigo no ano 1975. A súa proposta poética pode
caracterizarse por:

 Unha concepción totalizadora da arte: recitais (imaxe, música, palabra)

 O carácter vangardista, con influencias pop, e temática urbana

 A creación colectiva, de que son exemplo Silabario da turbina (1979) ou A


dama que fala (1983)

Rompente acollerá tamén creacións individuais, como As ladillas do travesti


(1978) de Antón R. Reixa.
No ano 1979 a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas a Manuel
Antonio. Con este motivo, Rompente publica o manifesto “Fóra as vosas suxas
mans de Manoel-Antonio”, unha crítica á política cultural promovida desde
instancias oficiais (a propia RAG, a Xunta preautonómica) que se ergue contra a
apropiación da figura do poeta de Rianxo e que defende unha concepción anti-
elitista da cultura.

HERBA AQUÍ E ACOLÁ (1980).

En 1980 publícase Herba aquí e acolá de Álvaro Cunqueiro, facendo parte do


primeiro volume da Obra en galego conpleta (1980).

Os poemas son recollidos por Miguel González-Garcés, coa supervisión de


Cunqueiro.

Herba aquí e acolá descubrirá a Álvaro Cunqueiro como poeta ás xeracións máis
novas e provocará a admiración dos poetas dos anos oitenta.

O poemario está dividido en dúas seccións: “As historias”, conposta por 14 poemas,
centrada na revisión da tradición literaria, e “Vellas sombras e novos cantos”, con
15 poemas, en que predomina o balance vital e o ton reflexivo.

POESÍA E POETAS DOS 80.

A crítica costunha falar de poetas dos anos 80 para denominar as persoas que
conezan a publicar poesía nesa decáda.

Aínda que é frecuente falar da relevancia dos colectivos poéticos nesta década, o
certo é que algún deles foron agrupacións determinadas por circunstancias
editoriais; por exemplo De amor e desamor na Coruña, identificado pola
publicación de dous volumes colectivos con este título que recollían poemas de
persoas con propostas poéticas tan diversas como Lois Pereiro, Pilar Pallarés,
Manuel Rivas ou Miguel Anxo Fernán-Vello, personalidades con traxectorias
poéticas posteriores independentes.

De entre os e as poetas de oitenta, mencionamos a Xosé Mª Álvarez Caccamo, Luísa


Villalta, Xela Arias, Manuel Vilanova etc.

Non se pode falar dunha poética conún, aínda que poden ser distinguidas certas
liñas dominantes:

 Afán culturalista, decadentismo estético (distanciamento poeta-sociedade)

 Intento de síntese entre modernidade e tradición


 Gusto pola experimentación e interdisciplinariedade, encontro da poesía
con outras artes (pintura, música)

 Elementos da contracultura urbana e marxinal

 Recreación mítica

 Temática intimista e erotismo.

POESÍA E POETAS DOS 90.

A maior parte dos e das poetas que conezan a publicar a súa obra na década de
noventa van reaccionar contra determinados modelos da poesía da década
anterior, fundamentalmente contra contra o culturalismo e o hermetismo
dalgunhas desas propostas poéticas.

Na pluralidade de voces poéticas que surxen nesta década, destaca con forza o
contributo das autoras: Yolanda Castaño, Lupe Gómez, Emma Couceiro, Chus Pato,
Ana Romaní, María do Cebreiro, Olga Novo etc. Outras voces dos noventa son as de
Fran Alonso, Rafa Villar, Manuel Outeiriño, Xabier Cordal etc.

Como acontece para a poesía dos oitenta, tampouco se pode falar dunha poética
conún para os noventa, aínda que poden ser distinguidas certas liñas dominantes:

 O ton vivencial e o intimismo da experiencia no achegamento aos grandes


temas

 A presenza de temas sociais e patrióticos desde posicións alternativas


(antimilitarismo, feminismo, ecoloxismo, anticapitalismo)

 O uso dunha linguaxe coidada, aínda que directa e coloquial

 A preferencia polo verso libre.

DO POSFRANQUISMO Á FIN DE SÉCULO: NARRATIVA.

Neste período prodúcese unha progresiva conplexidade das relacións entre os


xéneros literarios que supón o estabelecemento dunha nova xerarquía entre eles,
coa primacía da narrativa fronte á prevalencia da poesía nos períodos anteriores.

A novela longa (romance) vai ir acadando maior relevancia dentro do xénero


narrativo –fronte ao predominio tradicional do relato–, tamén polo pulo a través
da creación de premios específicos, especialmente o Blanco Amor (1981) e que nas
bases das primeiras convocatorias vai estabelecer un número mínimo de 300
páxinas.

A incorporación de novos narradores e, en menor medida, de novas narradoras


marcará a década de 80.

Poetas como Manuel Forcadela, Román Raña ou Ramiro Fonte publican as súas
primeiras narracións, facendo incursións na narrativa de xénero, singularmente no
criminal.

As autoras novas teñen dificultades para consolidar unha carreira como


narradoras e algunhas acabarán por abandonar o cultivo do xénero.

A reedición dos grandes narradores, a partir sobre todo da década de 80, vai
permitir que as xeracións máis novas coñezan obras de autores como Otero
Pedrayo ou Cunqueiro, que non se volveran publicar desde as súas edicións
orixinais, e que descubran unha tradición narrativa semiesquecida, na que
apoiarse ou da que renegar.

CONTINUIDADE E RENOVACIÓN.

Nos últimos anos da década de 70 as orientacións na narrativa enlazan coa


produción dos últimos anos do franquismo.

Destacan tres liñas principais:

 O realismo ruralista, de que sería exemplo Historias do canizo (1979) de


Ánxel Sevillano

 O realismo sociolóxico, por exemplo, Morrer en Castrelo de Miño (1978) de


Xosé Fernández Ferreiro

 A narrativa alegórico-social como evolución do socialrealismo, por exemplo,


Fábula (1980) de Xavier Alcalá Dolores

OS PREMIOS.

Os premios creados para a promoción da narrativa constituirán un estímulo moi


importante para a produción narrativa e abrirán novas posibilidades para a
publicación.

Os galardóns máis importantes surxidos neste período son:

 O Premio de Pedrón de Ouro de narración estabelecido en 1975 –a partir


de 1977 levará o nome de Modesto R. Figueiredo– que será unha plataforma
moi relevante para dar a coñecer as novas xeracións de escritores/as e para
a innovación no ámbito do conto.

 O Premio Blanco Amor de novela longa, creado en 1981 por unha


federación de concellos promovida polo de Redondela, que nas súas
primeiras edicións premiará narracións de orientación alegórico-nacional.

 De 1984 é a primeira edición do Premio Xerais de novela estabelecido pola


editora do mesmo nome, que inicialmente premiará obras con grande
aceptación conercial, a primeira delas Crime en Conpostela.

NARRATIVA DE CONSUMO.

As editoras promoverán a publicación de narrativa de entretemento como medio


para atraer á literatura galega o/a lector/a que lía estas obras en castelán. Isto vai
conlevar a diversificación das modalidades narrativas coa aparición do western, a
ficción científica, a narración erótica, esobre todo, a novela criminal (ou policial,
detectivesca, negra…).

En parte, o pulo experimentado pola novela criminal obedecerá ao éxito de vendas


de Crime en Conpostela de Carlos G. Reigosa, I Premio Xerais de Novela (1984) que
acabará por se converter no inicio dunha serie protagonizada polo detective
Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde.

NARRATIVA E RESTAURACIÓN IDENTITARIA.

Fronte á diversificación do xénero na súa adaptación a diferentes modalidades da


narrativa de consumo, Dolores Vilavedra (Historia da literatura galega, 1999)
sinalou o desenvolvemento dun “discurso de vocación étnica, dedicado a un tempo
á revisión dialéctica da nosa tradición e á construcción de alternativas simbólicas”.

De entre elas, destaca:

 O modelo artúrico reescrito por Méndez Ferrín en Amor de Artur (1982) e


logo continuado por Darío Xohai n Cabana (p.e. Galván en Saor, 1989)

 A novela histórica concibida como alegoría político-xeográfica, que terá o


seu cume n’O triángulo inscrito na circunferencia (1982) de Vítor Freixanes

 A problemática do ser galego, estabelecida con frecuencia arredor da


dialéctica rural/urbano presente na obra de Manuel Rivas, Un millón de
vacas (1989)

 A memoria da Guerra Civil de que son exemplo Os mortos daquel verán


(1987) de Carlos Casares e Scórpio (1987) de Ricardo Carvalho Calero
NOVOS DISCURSOS NARRATIVOS.

Dentro da renovación narrativa que procura raíces na tradición autóctona estarían


propostas narrativas como Xa vai o griffón no vento (1984) de Alfredo Conde, que
basea esta narración fantástica na relación entre o sobrenatural e o cotián.

Entre as persoas que apostan decididamente pola experimentación narrativa hai


que destacar o labor pioneiro de Xoán Ignacio Taibo, Margarita Ledo ou Anxo Rei
Ballesteros, continuado logo por autores como Suso de Toro ou Xosé Cid Cabido,
que renegan do realismo, apostan pola ruptura estética e constrúen universos
urbanos impregnados pola cultura underground.

Outro autor destacado na liña experimental é Xurxo Borrazás. Mención singular


merece o proxecto narrativo de Mª Xosé Queizán, que desde unha perspectiva
feminista aborda problemas sociais diversos e da máxima actualidade

XOSE LUÍS MÉNDEZ FERRÍN.

Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938) é o autor máis destacado da xeración de
50.

Licenciado en Filoloxía Románica, doutórase en Filoloxía cunha tese sobre a poesía


galega contemporánea publicada logo como De Pondal a Novoneyra (1984).

Membro de Brais Pinto (1958), fundador da UPG (1964), militante activo no


nacionalismo marxista, actualmente milita en Anova.

Exemplo de intelectual conprometido, Ferrín foi tamén presidente da RAG (2010-


2013) e é, desde 1990, director d’A trabe de ouro. Publicación galega de
pensamento crítico.

Narrador e poeta, dramaturgo ocasional, a obra publicada de Ferrín vai de Voce na


néboa (1957) a Contra Maquieiro (2005), na poesía, e na narrativa, da colección de
relatos Percival e outras historias (1958) á novela No ventre do silencio (1999).

Articulista na prensa, especialmente nas páxinas de Faro de Vigo, ensaísta e crítico


literario, Xosé Luís Méndez Ferrín é unha das figuras maiores da literatura galega
contemporánea.

FERRÍN: CARACTERIZACIÓN.

A crítica sinalou o carácter de macrotexto unitario da produción de Ferrín,


reforzado polas referencias intertextuais entre obras, un aspecto recoñecido tamén
polo autor: “Este libriño é apenas un fragmento do libro que despaciosamente
escribo dende unha tarde fría de 1955 na que se me revelou a vía que conduce a
certa literatura nostálxica e materialista, apuntada cara un futuro noso de pólvora
e cristais liberados”
Neste sentido, podemos falar dun macrotexto ferriniano con símbolos internos
conúns, recorrencias temáticas e ideas-forza reiteradas.

En Amor de Artur e outros contos con Tagen Ata ao lonxe (1982) están presentes
algunhas destas ideas:

 A capacidade subversiva da escrita e da imaxinación, patente, por exemplo,


na reelaboración e na apropiación política da materia de Bretaña

 A liberdade e o conunismo como obxectivos políticos, con Tagen Ata como


nación mítica que superou unha situación de opresión e fundou un mundo
igualitario e libre

 A ética e a loita política, co conpromiso ideolóxico e a loita revolucionaria


das persoas e dos pobos como medio de acadar a liberdade

 A preservación da historia como garante da continuidade dos pobos

FERRÍN: ETAPAS.

A crítica costunha distinguir as seguintes etapas na produción narrativa de Méndez


Ferrín:

 Décadas de 50 e 60, produción inserida na/s Nova/s narrativa/s,


caracterizada polo misterio e fantasía; o absurdo, o sensentido da vida,
pegadas do existencialismo; a utilización de construcións abstractas e
simbólicas. Percival e outras historias (1958), O crepúsculo e as formigas
(1961), Arrabaldo do norte (1964).

 Década de 70, produciríase unha maior apertura temática, coa


omnipresenza da preocupación política. A esta fase corresponde a creación
do territorio mítico de Tagen Ata. Retorno a Tagen Ata (1971), Elipsis e
outras sombras (1974), Antón e os inocentes (1976), Crónica de nós
(1980).

 Década de 80, volvería a dominar a fantasía e a recreación mítica. Amor de


Artur (1982), Arnoia, Arnoia (1985), Bretaña, Esmeraldina (1987).

 Década de 90: maior peso de estratexias e elementos realistas. Arraianos


(1991), No ventre do silencio (1999).

AMOR DE ARTUR E NOVOS CONTOS CON TAGEN ATA AO LONXE.

Esta obra exemplifica a preferencia de Ferrín polo conto e representa a volta aos
repertorios da fantasia e da reelaboración da materia de Bretaña que iniciara con
Percival e outras historias.
Na obra están presentes repertorios temáticos recorrentes na produción do autor:

 A tradición literaria da materia de Bretaña, reelaborada e reinterpretada en


“Amor de Artur”, en que son estabelecidas tamén relacións co mundo mítico
de Tagen Ata, que abren a posibilidade da interpretación política.

 A opresión e a liberación política, nacional e das clases populares, en


“Calidade e dureza” e “Fría Hortensia”. Tagen Ata (e A Nosa Terra) son
presentados como espazos míticos que conbateran o imperialismo e
conseguiran a independencia.

 O paso do tempo, contemplado dunha perspectiva nostálxica, en “Fría


Hortensia”, conto en que a infancia e Vilanova dos Infantes son territorios
de liberdade.

 O amor e o desamor, e a relación entre amor e morte: en “Amor de Artur”,


Artur é heroe na guerra mais sofre por amor. •

 A historia e a memoria conunitaria. En “Fría Hortensia” a protagonista


transmite ás novas xeracións a memoria das loitas da Nosa Terra contra as
invasións. En “Familia de agrimensores”, é Mamnek Kleines quen transmite
a Sabina a historia da familia e do exilio.
A linguaxe literaria de Ferrín conbina diferentes rexistros: o épico (apelo á historia
da fundación nacional e das loitas populares), o lírico (a experiencia íntima e
emocional do amor, a nostalxia, a reflexión existencial), o experimental (cunha
lingua de elaboración persoal e conplexa, distanciada da linguaxe cotiá).

Neste volume, como no conxunto da narrativa ferriniana, están presentes


universos fantásticos creados polo autor, que constrúe espazos, tempos e
personaxes que funcionan con regras propias.

Tagen Ata é nación independente após unha loita histórica, con heroínas propias
(Rotbaf Luden, Els Bri) e co seu lugar sagrado (a Grande Fraga). Terra Ancha
representa a nación imperialista. O discurso literario favorece a lectura como
alegoría política.

É frecuente a convivencia de diferentes temporalidades e universos no mesmo


conto: por exemplo, en “Familia de Agrimensores”, o tempo mítico de Tagen Ata e o
da ditadura franquista na cidade de Ourense; en “Calidade e dureza”, o tempo da
Magnolia (Lam-ko) e Tagen Ata independente; en “Fría Hortensia”, a posguerra na
Galiza e o tempo mítico da Nosa Terra e Tagen Ata.

POSFRANQUISMO Á FIN DE SÉCULO: TEATRO E ENSAIO.

Tal e como acontecera en épocas anteriores, neste período existe literatura


dramática que non chegará a representarse e espectáculos que non van ser
recollidos en ningunha publicación. As accións dirixidas a incentivar a produción
teatral, os premios e certames, promoverán principalmente a escrita de textos
dramáticos, que encontrarán nos certames unha forma de poder facer chegar ao
público a súa producción.

Segundo Dolores Vilavedra (1999), nos primeiros oitenta houbo un protagonismo


dunha “determinada escrita dramática que se entendía como acto de conunicación
básicamente individual, actualizable por medio da lectura, que deu como froito
textos pexados por un inevitable afastamento entre escrita e escena”, aínda que
cara a década de 90 “a carón desta tendencia iría tamén agromando unha escrita
posibilista, interesada polos asuntos da máis rechamante actualidade e que
procuraba estratexias que fixesen viable a súa actualización escénica, o que en
parte explica […] que moitos deses textos non chegasen ao prelo”.

O IMPULSO DA LITERATURA DRAMÁTICA.

A maior parte dos premios creados neste período (promovidos por asociacións,
como o do Ateneo de Ferrol (1978) ou de carácter institucional como o Álvaro
Cunqueiro (1987), convocado pola Xunta de Galicia) recoñecerán textos
dramáticos, non espectáculos.

Mesmo así, textos premiados non chegarán a publicarse e a maior parte deles non
chegarán aos escenarios.

A repercusión dos premios no ámbito teatral tamén foi limitada porque moitos
deles non tiveron a necesaria continuidade. As principais vías de publicación de
obras dramáticas nestes anos foron algunhas coleccións editoriais especializadas,
en ocasións vinculadas con certames específicos, mais case sempre de vida
limitada e publicación discontinua e, sobre todo, os Cadernos da Escola Dramática
Galega (1978-1994) que publican os textos gañadores dos certame de teatro breve
convocado pola propia Escola Dramática Galega dando a coñecer autores e autoras
novas, mais tamén recuperando o patrimonio teatral galego, e publicando
traducións e obras teóricas.

A ESCENA.

A partir dos últimos anos da década de 70, algunhas conpañías dan o paso de
abandonar o amadorismo teatral para tentar a profesionalización.
A loita pola profesionalización manifestarase na creación de salas estábeis, e no
surximento de conpañías teatrais profesionais, por exemplo Artello, fundada en
Vigo en 1978.

En 1984 créase o Centro Dramático Galego, unha institución fundada polo novo
poder autonómico que, cunha traxectoria desigual e non exenta de polémica,
contribuirá á profesionalización do teatro galego.
Segundo Laura Tato, logo encarreirará cara á procura do público, tentando achegar
a súa oferta aos seus supostos gustos. A profª Tato considera que o CDG actuou
como unha conpañía privada, renunciando a realizar a planificación acaída a un
teatro público.

O TEATRO INDEPENDENTE.

Para entendermos o desenvolvemento do teatro galego nos primeiros anos deste


período, é preciso considerar os movementos renovadores iniciados nas décadas
anteriores.

O Teatro Independente surxira nos anos da Ditadura como unha alternativa ao


teatro burgués (vehiculado exclusivamente en español) e ao teatro de cámara,
producido e pensado por e para as elites intelectuais (tamén maioritariamente en
español).

Aínda que en España o Teatro Independente vai estar vinculado principalmente ao


ámbito universitario, non acontecerá así en Galiza, onde vai ir ao encontro do
público popular, facendo da itinerancia, a revisión dos métodos de traballo e a
consideración da obra teatral como creación colectiva algúns dos seus trazos máis
característicos.

A fundación do Teatro Circo (1967) por Manuel Lourenzo marca o inicio do Teatro
Independente Galego. Dentro dos seus obxectivos estaban a ruptura coa diglósica
escénica e a creación de infraestruturas que perdurasen.

O Teatro Circo terá continuidade na Escola Dramática Galega, creada no ano 1978
e activa até 1994, unha das institucións fundamentais no teatro galego deste
período, cuxa actividade, atinxiu os máis variados campos relacionados coa escena
do país, dende a promoción espectacular, á formación de traballadores do medio,
ata o rescate de textos fundamentais da dramaturxia galega ou á volta da
dramática e das festas parateatrais.

OS CERTAMES DE RIBADAVIA.

As mostras de Ribadavia (1973-1980), impulsados pola agrupación cultural


Abrente, funcionaron como punto de encontro das conpañías, dinamizaron o
sector teatral e favoreceron a ampliación dos repertorios e a incorporación de
novos autores e autoras.

Nas primeiras edicións, aínda na ditadura, este certame adquire un forte carácter
político e convértese nunha referencia para a oposición ao réxime franquista.

No segundo destes encontros, en 1974, reproducirase unha polémica que


aconpañara tamén o teatro en períodos anteriores: os defensores dun teatro
popular de corte ruralista fronte aos defensores dun teatro máis actual
esteticamente e conprometido social e politicamente.

Laura Tato, analizando os grupos participantes na III Mostra indica: “podemos


conprobar que xa en 1975 existían grupos das máis variadas tendencias: teatro
rural (Candea de Noia, Escoitade de Valadares, etc.), infantil (Martín Códax de Vigo,
etc.), colectivo (Histrión 70 de Ourense, etc.), e de autor; e dentro deste, tanto se
representaban obras de autores galegos (Blanco-Amor, Álvaro das Casas, Manuel
Lourenzo, Xosé Agrelo) como traducións (Shakespeare, Jorge Díaz, etc.)”.

Na opinión da mesma estudiosa, as Mostras exerceron un efecto irradiador: “As


Mostras de Ribadavia inxectaron nas actividades dramáticas unha vitalidade
semellante á producida na época das Irmandades, e ao longo destes anos
celebráronse mostras e xornadas noutras localidades como Vigo, A Coruña, Lugo,
Cariño, Fene etc.”

O GRUPO DE RIBADAVIA.

Na historiografía teatral utiliza a etiqueta ‘grupo de Ribadavia’ (ou xeración


Abrente) para designar os autores e autoras que acadan especial proxección neste
certame como Roberto Vidal Bolaño, Manuel Lourenzo ou Euloxio Ruibal.

Vidal Bolaño e Lourenzo son homes de teatro integrais: no primeiro entrecrúzanse


as facetas de autor, director, escenógrafo, actor, iluminador, investigador e
empresario teatral.

O segundo, cunha ampla produción literaria e escénica, é intérprete, director,


escenógrafo, tradutor, docente, editor e investigador e dinamizador teatral.

A pesar deste agrupamento son todos personalidades de traxectorias sunhamente


persoais que, en todo caso, teñen en conún o seu constante afán de innovación.

MANUEL LOURENZO.

Nado en Ferreira do Valadouro no ano 1943, Manuel Lourenzo é un dos nomes


maiores do teatro galego contemporáneo.

Alén da súa condición de dramaturgo, actor e escenógrafo, dedicará tamén


traballos á teorización teatral e á recuperación da historia do teatro galego. Como
trazos principais da súa obra dramática neste período podemos sinalar:
 A reinterpretación do mito como mecanismo de denuncia e de afondamento
na condición hunhana • A nostalxia, o humor e a fantasía

 A reflexión metateatral.

De entre as obras deste período, destacamos Todos os fillos de Galahad (1978);


Fedra (1982); Defensa de Helena (1991); Xoana (1991) ou Electra (1994).

No ano 1997 recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática concedido polo


Ministerio de Cultura por Veladas indecentes.

ROBERTO VIDAL BOLAÑO.

Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Conpostela, 1950-2002) foi un dos nomes máis
relevantes do teatro galego na segunda metade do século XX.

Como trazos principais da súa obra dramática podemos sinalar:

 A integración de elementos da cultura popular galega e do teatro de


vangarda

 A revisión histórica

 A denuncia dos abusos de poder

 O protagonismo dos antiheroes

Algunhas obras nas décadas de oitenta e noventa: Agasallo de sombras (1984),


Saxo tenor (1991), Días sen gloria (1992), As actas escuras (1992).

AS PROMOCIÓNS DOS 80 E 90.

Parte da crítica utiliza a denominación de promocións de 80 e 90 para se referir a


autores que se dan a coñecer a través da publicación das súas obras dramáticas
ben na década de 80, ben na de 90.

Parte dos membros da promoción de 80 estarían vinculados aos certames


promovidos pola Escola Dramática Galega, como Miguel Anxo Fernán-Vello ou
Inma A. Souto, que conpoñen obras de orientación culturalista, con contido
simbólico e linguaxe lírica. Na mesma promoción estarían englobados nomes como
os de Xesús Pisón ou Antón Reixa.

Entre os trazos xerais desta promoción, Dolores Vilavedra apuntou o frecuente


recurso ao metateatro, a fuxida da referencialidade inmediata, o humor á beira do
absurdo e a tendencia á anonimia dos personaxes.
Da promoción de 90 farían parte Candido Pazó ou Raúl Dans. A propia Vilavedra
sinala que neste grupo hai unha preferencia polo recurso á intertextualidade, unha
grande atención á estrutura da peza dramática e unha redescuberta da conedia
como xénero, nunha dimensión máis lúdica e menos paródica

O ENSAIO.

A partir da década de 80 a produción ensaística crecerá de maneira relevante, en


parte debido á existencia de canles de publicación específica, e ampliará os temas
que trata, sempre con especial atención a aqueles temas que teñen maior
relevancia no debate nacionalitario.

Destacamos os seguintes ámbitos temáticos:

 O ensaio económico e político, con autores de referencia como Xosé Manuel


Beiras

 O ensaio sociolóxico e antropolóxico

 O ensaio (socio) lingüístico e literario

 O ensaio feminista, con autoras de referencia como Mª Xosé Queizán.

Na difusión do ensaio van desenvolver un papel relevante a existencia de novas


revistas, con frecuencia especializadas en ámbitos específicos, que se van unir ás
existentes nas décadas anteriores, a máis antiga Grial, vinculada a Galaxia.

Algunhas das cabeceiras surxidas nestes anos son:

 Encrucillada (1977-), revista de pensamento cristián

 Festa da palabra silenciada (1983-2013), editada por Feministas


Independentes Galegas

 Luzes de Galiza (1985-1997), revista cultural

 A Trabe de Ouro (1990-), publicación galega de pensamento crítico

Ao tempo algunha das editoras creadas nestes anos van destacar pola súa
especialización progresiva no xénero ensaístico, por exemplo, Laiovento, fundada
en 1991.

You might also like