You are on page 1of 2

FÍSICA 2º BACHARELATO IES CHAN DO MONTE

EXAME FINAL

Nome: Apelidos:

1. Unha onda harmónica transversal propágase no sentido positivo do eixe x con


velocidade v = 20 m·s⁻¹. A amplitude da onda é A = 0,20 m e a súa frecuencia é f =
50 Hz.

a) Escribe a ecuación da onda.


b) Calcula a elongación e a aceleración do punto situado en x = 2 m no instante t =
0,1 s.
c) Cal é a distancia mínima entre dous puntos situados en oposición de fase?

2. Quérese formar unha imaxe real e de dobre tamaño dun obxecto de 2 cm de


altura. Determina:
a) A posición do obxecto se se usa un espello cóncavo de R =20 cm.
b) A posición do obxecto se empregamos unha lente converxente coa mesma
distancia focal ca o espello.
c) Debuxa a marcha dos raios para os dous apartados anteriores.

3. Dous fíos condutores moi longos, rectilíneos e paralelos, disponse verticalmente


separados 8 cm. Polo condutor situado á esquerda circula unha corrente de
intensidade 30 A, e polo situado á dereita, outra de 20 A, ambas cara arriba. Calcula
o campo de indución magnética no punto medio entre os dous condutores.

4.a) Xacobe e Mencía están sentados na beira do mar, o primeiro no peirao de


Marín e a segunda no de Combarro. No medio do neboeiro que cobre a ría, un
barco que se move cara ao oeste -aproximándose, polo tanto, a Mencía e
afastándose de Xacobe- fai soar a súa bucina.

a. Os 2 escoitan un son da mesma frecuencia.


b. Mencía escoita un son de maior frecuencia.
c. Xacobe escoita un son de maior frecuencia.

4.b) Unha espira cadrada está perto dun condutor, recto e indefinido, percorrido por
unha corrente I. A espira e o condutor están nun mesmo plano. Razoa en que
sentido circula a corrente inducida na espira se aumentamos a I de corrente no fío.
Podes axudarte dun esquema para a explicación.

Dato: Permeabilidade magnética do baleiro μo= 4π ×10-7 T.m.A-1

You might also like