You are on page 1of 2

CANCRO

O cancro ou cáncer, é o nome popular do


que tecnicamente se denomina como
neoplasia maligna, e refírese
xenericamente ás doenzas en que
determinado grupo de células do corpo se
divide de forma descontrolada, invadindo
os tecidos adxacentes ou distantes. É
causada por mutacións no ADN, que poden
ser hereditarias pero máis frecuentemente
son adquiridas ao longo da vida.
O cancro pode ter diversos síntomas e por
veces é asintomático ata unha fase
avanzada. A perda de peso rápida con falta
de apetito está moitas veces asociada á
neoplasia maligna.

O diagnóstico só se pode comprobar pola


análise de tecido recollido en biopsia pola
anatomía patolóxica. Calquera masa
anormal, sangradura urinaria, intestinal, ou
na tose, é suxestiva e deberá ser
examinada por un médico. As persoas de
idade avanzada están en maior risco e
deben ser examinadas regularmente.

You might also like