Professional Documents
Culture Documents
Matemáticas I - 1º BAC
Matemáticas I - 1º BAC
Centro educativo
Código Centro Concello Ano académico
32013612 IES Xesús Taboada Chivite Verín 2022/2023
Área/materia/ámbito
Sesións Sesións
Ensinanza Nome da área/materia/ámbito Curso semanais anuais
Páxina 1 de 23
01/06/2023 19:37:34
Contido Páxina
1. Introdución 3
8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro 22
9. Outros apartados 23
Páxina 2 de 23
01/06/2023 19:37:34
1. Introdución
Esta programación didáctica, está pensada para a materia de Matemáticas I do 1º curso de Bacharelato. Para a súa
elaboración tívose como referencia o decreto 157/2022, de 15 de septiembre, polo que se establece o currículo da
educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
A contextualización é o punto de partida desta programación didáctica xa que describe ao alumnado e as súas
características sociais, económicas, culturais, etc. Tal como recollen as disposicións legais, o centro educativo disporá
da autonomía pedagóxica necesaria para o desenvolvemento do curriculum e a súa adaptación ás características do
entorno económico, social e cultural.
Respecto ao entorno, o IES Xesús Taboada Chivite está situado no centro urbano da comarca de Verín, cunha
poboación de preto de 15.000 habitantes, sendo a renda económica así como a taxa de paro superior á media da
provincia.
O centro conta con uns 450 alumnos, sendo estes dunha grande diversidade dada a súa situación fronteiriza: un
considerable número de alumnos de etnia xitana, inmigrantes, alumnado de incorporación tardía e un número moi
superior á media de alumnado con necesidades educativas especiais. Así, esta programación inclúe medidas de
atención á diversidade estreitamente relacionadas con estas singulares características do alumnado.
No 1º curso da Bacharelato deste centro eduactivo hai dous grupos de Matemáticas I, un con 23 e outro con 16
alumnas e alumnos con idades comprendidas entre os 15 e os 17 anos. A metade do alumnado destos grupos
procede doutros centros de Verín.
Páxina 3 de 23
01/06/2023 19:37:34
Obxectivos CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
% Peso Nº 1º 2º 3º
UD Título Descrición
materia sesións trim. trim. trim.
Nesta unidade repasaremos os conceptos
básicos do campo numérico (recta real,
potencias, raíces, logaritmos, factoriais e
1 Números reais 8 8 X
números combinatorios) e aplicar as súas
propiedades ao cálculo e á resolución de
problemas.
Nesta unidade trátase a xeneralización de
patróns mediante expresións alxébricas
2 Álxebra definidas explícita e recorrentemente, e o 9 18 X
uso de ecuacións, inecuacións e sistemas
na aplicación á resolución de sistemas
O uso das razóns trigonométricas dun
ángulo, das fórmulas principais de
trigonometría, e dos teoremas do seno e do
3 Trigonometría coseno para a resolución de triángulos e 9 12 X
para o cálculo de ángulos; son xunto coa
resolución de ecuacións trigonométricas
sinxelas os obxectivos desta unidade.
Nesta unidade comezamos traballando o
concepto de número complexo como
4 Números complexos 9 13 X
solución de ecuacións polinómicas non
reais. Ademais, inclúe as formas binómicas
Páxina 4 de 23
01/06/2023 19:37:34
% Peso Nº 1º 2º 3º
UD Título Descrición
materia sesións trim. trim. trim.
e polar dos complexos e a súa
4 Números complexos representación gráfica, así como as súas 9 13 X
operacións básicas.
Esta unidade está dedicada ao traballo con
funcións (polinómicas, exponenciais,
racionais,logarítmicas, irracionais,
5 Funcións periódicas e a anacos), as súas 8 12 X
propiedades, transformacións e
representacións aplicado á analise,
formulación e resolución de problemas.
Nesta unidade realizaremos cálculo de
límites de funcións polinómicas, racionais,
irracionais, exponeciais e trigonométricas.
A partir dos límites, tratarase a resolución
6 Límites e continuidade de indeterminacións e ao estudo da 9 14 X
continuidade dunha función. Ademais
traballarase o cálculo de asíntotas
horizontais, verticais e oblícuas na
representación gráfica.
O cálculo e interpretación das taxas de
variación media e instantánea, da derivada
dunha función nun punto, así como a
7 Derivadas obtención da recta tanxente a unha curva 9 14 X
nun punto e as funcións derivadas de
funcións elementais, serán obxecto desta
unidade.
Por unha banda, os conceptos de vector
libre e fixo, a adicción e o produto escalar
de vectores, as operacións con números
reais e vectores relacionando e
8 Vectores comparando as súas propiedades serán 8 12 X
traballados nesta unidade. Pola outra,
estudarase a dependencia lineal xunto co
concepto de bases (ortogonais e
ortonormais)
Esta unidade versará sobre os obxectos
xeométricos no plano, as súas propiedades
e a aplicación xeométrica das operacións
con vectores. A maiores, tratará o estudo
9 Xeometría analítica xeométrico da recta nas súas diferentes 8 12 X
ecuacións e o estudo de diferentes
obxectos xeométricos no plano na
resolución de problemas de incidencia,
paralelismo, distancias e ángulos.
Esta unidade traballa a probabilidade como
medida de incerteza asociada a fenómenos
aleatorios, así como o cálculo da
10 Probabilidade 8 10 X
probabilidade a partir da súa aproximación
frecuencial e coa regra de Laplace
empregando técnicas de reconto.
O desenvolvemento desta unidade
oriéntase cara o traballo estatístico con
11 Estatística 8 10 X
variables bidimensionais: distribución
conxunta e distribucións marxinais e
Páxina 5 de 23
01/06/2023 19:37:34
% Peso Nº 1º 2º 3º
UD Título Descrición
materia sesións trim. trim. trim.
condicionada, regresión lineal e cuadrática,
coeficientes de correlación lineal e de
11 Estatística 8 10 X
determinación e a obtención de conclusións
e toma de decisións.
Trátase dunha unidade transversal que
Matemáticas para a vida en reúne os criterios de avaliación e contidos
12 7 5 X X X
sociedade asociados ao sentido socioafectivo e que se
traballarán ao longo de todo o curso.
UD Título da UD Duración
1 Números reais 8
CA4.1 - Manifestar unha visión matemática Manifesta unha visión integrada dos
integrada, investigando e conectando as diferentes diferentes tipos de operacións no campo
ideas matemáticas. numérico e conecta as estratexias de
identificación das súas propiedades para
o cálculo e a resolución de problemas. PE 100
CA4.2 - Seleccionar e utilizar diversas formas de Selecciona e utiliza diversas formas de
representación, valorando a súa utilidade para representación de intervalos , valorando a
compartir información. súa utilidade para compartir información.
Lenda: IA: Instrumento de Avaliación, %: Peso orientativo; PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores
Contidos
- Padróns.
- Xeneralización de padróns en situacións sinxelas, usando regras simbólicas ou funcións definidas explícita e
recorrentemente.
UD Título da UD Duración
2 Álxebra 18
Páxina 6 de 23
01/06/2023 19:37:35
Criterios de avaliación Mínimos de consecución IA %
Contidos
- Modelo matemático.
- Uso de ecuacións, inecuacións, sistemas de ecuacións e sistemas de inecuacións para modelizar situacións da vida
cotiá e da ciencia e a tecnoloxía.
- Igualdade e desigualdade.
- Resolución gráfica e alxébrica de inecuacións lineais, de segundo grao e racionais sinxelas cunha incógnita.
- Resolución gráfica e alxébrica de sistemas de inecuacións lineais con unha ou dúas incógnitas.
- Aplicación á resolución de problemas da vida cotiá e da ciencia e a tecnoloxía, usando lapis e papel ou medios
tecnolóxicos e interpretando as solucións.
Páxina 7 de 23
01/06/2023 19:37:35
UD Título da UD Duración
3 Trigonometría 12
Contidos
- Medición.
- Cálculo de lonxitudes e medidas angulares: uso da trigonometría. Aplicación do teorema do seno e do coseno á
resolución de triángulos.
- Aplicación á resolución de problemas da vida cotiá e da ciencia e a tecnoloxía. Utilización de ferramentas
tecnolóxicas.
UD Título da UD Duración
4 Números complexos 13
Páxina 8 de 23
01/06/2023 19:37:35
Criterios de avaliación Mínimos de consecución IA %
Contidos
- Relacións.
- Aplicación dos vectores, as súas operacións, propiedades e interpretación xeométrica á vida cotiá e á ciencia e a
tecnoloxía.
- Os números complexos como solucións de ecuacións polinómicas con raíces non reais.
- Resolución de ecuacións polinómicas con solucións non reais. Aplicación a problemas da vida cotiá e da ciencia e a
tecnoloxía. Utilización de ferramentas tecnolóxicas.
UD Título da UD Duración
5 Funcións 12
Páxina 9 de 23
01/06/2023 19:37:35
Criterios de avaliación Mínimos de consecución IA %
CA4.1 - Manifestar unha visión matemática Manifesta unha visión dos tipos de
integrada, investigando e conectando as diferentes funcións integrada, investigando e
ideas matemáticas. conectando as estratexias de
identificación e determinación da clase de
funcións.
CA4.2 - Seleccionar e utilizar diversas formas de Selecciona e utiliza diversas formas de
representación, valorando a súa utilidade para representación de funcións, valorando a
compartir información. súa utilidade para compartir información.
CA4.7 - Empregar ferramentas tecnolóxicas Emprega ferramentas tecnolóxicas
adecuadas na formulación ou investigación de adecuadas na formulación ou
conxecturas ou problemas. investigación de conxecturas ou
problemas de funcións.
Lenda: IA: Instrumento de Avaliación, %: Peso orientativo; PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores
Contidos
- Cambio.
- Xeneralización de padróns en situacións sinxelas, usando regras simbólicas ou funcións definidas explícita e
recorrentemente.
- Modelo matemático.
- As funcións e a súa representación gráfica na interpretación de fenómenos relacionados coa vida cotiá e coa
ciencia e a tecnoloxía utilizando lapis e papel ou ferramentas dixitais.
- Propiedades das distintas clases de funcións, incluídas as polinómicas, exponenciais, irracionais, racionais sinxelas,
logarítmicas, trigonométricas e a anacos: comprensión e comparación.
- Álxebra simbólica na representación e explicación de relacións matemáticas da vida cotiá e da ciencia e a
tecnoloxía.
- Pensamento computacional.
- Análise, formulación e resolución de problemas da vida cotiá e da ciencia e a tecnoloxía utilizando ferramentas ou
programas adecuados.
- Comparación de algoritmos alternativos para o mesmo problema mediante o razoamento lóxico.
UD Título da UD Duración
6 Límites e continuidade 14
Páxina 10 de 23
01/06/2023 19:37:35
Criterios de avaliación Mínimos de consecución IA %
Contidos
- Cambio.
- Concepto de límite dunha función nun punto e no infinito. Interpretación gráfica. Estimación e cálculo a partir
dunha táboa, unha gráfica ou unha expresión alxébrica.
- Cálculo de límites nun punto e no infinito de funcións polinómicas, racionais, irracionais, exponenciais e
trigonométricas. Resolución de indeterminacións. Cálculo de asíntotas.
- Concepto de continuidade dunha función nun punto. Estudo da continuidade dunha función graficamente.
Aplicación de límites no estudo da continuidade. Tipos de descontinuidades. Interpretación gráfica. Función
continua nun conxunto.
- Relacións e funcións.
- Análise, formulación e resolución de problemas da vida cotiá e da ciencia e a tecnoloxía utilizando ferramentas ou
programas adecuados.
UD Título da UD Duración
7 Derivadas 14
Páxina 11 de 23
01/06/2023 19:37:35
Criterios de avaliación Mínimos de consecución IA %
Contidos
- Cambio.
- Taxa de variación media (TVM) e taxa de variación instantánea (TVI) dunha función. Interpretación da TVM e da TVI
en situacións da vida cotiá e en problemas da ciencia e a tecnoloxía.
- Derivada dunha función nun punto: definición a partir do estudo do cambio en diferentes contextos. Interpretación
xeométrica. Recta tanxente. Utilización da definición de derivada dunha función nun punto para o seu cálculo en
casos sinxelos.
- Función derivable nun conxunto. Función derivada. Derivadas sucesivas.
- Cálculo de derivadas utilizando lapis e papel en casos sinxelos e ferramentas tecnolóxicas nos casos máis
complexos.
- Aplicación dos límites, a continuidade e a derivada a situacións da vida cotiá e da ciencia e a tecnoloxía. Utilización
de ferramentas tecnolóxicas.
- Relacións e funcións.
- Aplicación do cálculo diferencial ao estudo da monotonía, extremos, curvatura e puntos de inflexión de funcións
polinómicas, exponenciais, irracionais, racionais sinxelas, logarítmicas e trigonométricas.
- Aplicación do cálculo diferencial á representación gráfica de funcións polinómicas e racionais sinxelas. Estudo das
súas características principais: dominio, simetrías, periodicidade, crecemento, decrecemento, extremos, curvatura,
puntos de inflexión e as
- Álxebra simbólica na representación e explicación de relacións matemáticas da vida cotiá e da ciencia e a
tecnoloxía.
- Pensamento computacional.
- Análise, formulación e resolución de problemas da vida cotiá e da ciencia e a tecnoloxía utilizando ferramentas ou
programas adecuados.
Páxina 12 de 23
01/06/2023 19:37:35
UD Título da UD Duración
8 Vectores 12
Contidos
- Adición, produto de escalares por vectores e produto escalar de vectores: propiedades e interpretación xeométrica
das operacións.
- Estratexias para operar con números reais e vectores: cálculo mental ou escrito nos casos sinxelos e con
ferramentas tecnolóxicas nos casos máis complicados.
- Relacións.
- Conxunto de vectores: estrutura. Estratexias de comprensión das operacións con números reais e vectores
relacionando e comparando as súas propiedades.
- Combinacións lineais. Dependencia e independencia lineal. Concepto de base.
- Aplicación dos vectores, as súas operacións, propiedades e interpretación xeométrica á vida cotiá e á ciencia e a
tecnoloxía.
Páxina 13 de 23
01/06/2023 19:37:35
UD Título da UD Duración
9 Xeometría analítica 12
Contidos
- Obxectos xeométricos de dúas dimensións: análise das propiedades e determinación dos seus atributos. Relación
coas operacións con vectores.
- Resolución de problemas relativos a obxectos xeométricos no plano representados con coordenadas cartesianas.
- Aplicación das operacións con vectores para a resolución de problemas xeométricos. Utilización de ferramentas
tecnolóxicas.
- Localización e sistemas de representación.
- Relacións de obxectos xeométricos no plano: representación e exploración con axuda de ferramentas dixitais.
- Expresións alxébricas de obxectos xeométricos: identificación dos elementos característicos das rectas e das
ecuacións da recta no plano. Paso dun tipo de ecuación a outra e selección da máis adecuada en función da
situación para resolver.
- Visualización, razoamento e modelización xeométrica.
Páxina 14 de 23
01/06/2023 19:37:35
UD Título da UD Duración
10 Probabilidade 10
Contidos
- Medición.
- Incerteza.
- Cálculo da probabilidade a partir da súa aproximación frecuencial e como medida da incerteza asociada aos
fenómenos aleatorios, sexa ou non posible a súa experimentación.
- Cálculo de probabilidades en experimentos simples: a regra de Laplace en situacións de equiprobabilidade
aplicando diferentes técnicas de reconto. Axiomática de Kolmogorov.
UD Título da UD Duración
11 Estatística 10
Páxina 15 de 23
01/06/2023 19:37:35
Criterios de avaliación Mínimos de consecución IA %
Contidos
- Inferencia.
- Análise de mostras unidimensionais e bidimensionais con ferramentas tecnolóxicas co fin de emitir xuízos e tomar
decisións.
UD Título da UD Duración
Páxina 16 de 23
01/06/2023 19:37:35
Criterios de avaliación Mínimos de consecución IA %
Contidos
- Destrezas para desenvolver unha comunicación efectiva: a escoita activa, a formulación de preguntas ou a
solicitude e prestación de axuda cando sexa necesario.
- Valoración da contribución das matemáticas ao longo da historia no avance da ciencia e a tecnoloxía.
- Comunicación e organización.
- Comunicación das ideas matemáticas de maneira ordenada e coherente empregando o soporte, a terminoloxía e o
rigor apropiados.
- Recoñecemento e utilización da linguaxe matemática en diferentes contextos, comunicando a información con
precisión e rigor.
- Planificación de procesos de matematización e modelización, en contextos da vida cotiá e da ciencia e a tecnoloxía.
Páxina 17 de 23
01/06/2023 19:37:35
4.1. Concrecións metodolóxicas
A extensión do programa deste curso obriga a prestar unha atención moi especial ás súas distintas partes:
- breves introducións que centran e lle dan sentido e apoio intuitivo ó que se fai.
- desenvolvementos concisos.
- procedementos moi claros.
- exercicios secuenciados e clasificados.
Para desenrolar a programación prevista teranse en conta múltiples aspectos:
- nivel de coñecementos dos alumnos ó rematar 4º de ESO
- ritmo de aprendizaxe de cada alumno.
- proporcionar a preparación básica para o alumnado que pretende continuar estudios.
- atender ás necesidades doutras disciplinas.
Todas estas reflexións fan que o traballo na aula se desenrole conforme ó seguinte esquema:
- explicacións a cargo do profesor.
- discusións entre profesor e alumnos e entre os propios alumnos.
- traballo práctico.
- consolidación e práctica de técnicas e rutinas fundamentais.
- resolución de problemas, incluída a aplicación das matemáticas a situacións da vida diaria.
traballos de investigación.
As actividades deseñadas poderanse desenvolver de forma presencial ou non presencial, ademáis de ter un carácter
eminimentemente práctico e potenciar o traballo en equipo (na medida do posible) e o proceso de avaliación
continuo. Relizaranse diferentes tipos de actividades: iniciais (para coñecer as ideas previas do alumnado), de
desenvolvemento (para traballar os novos contidos), de reforzo e de ampliación (teranse en conta os diferentes
ritmos de aprendizaxe e capacidades do alumnado) e de avaliación (nas que se tratan contidos e criterios que
queremos valorar)
Denominación
Aula de informática
Calculadora científica
Dotación da aula
As clases desenvolveranse nunha aula con encerado dixital e tradicional no que o alumnado dispón de pupitres
individuais.
Utilizaranse puntualmente, nalgúns temas e sempre que os recursos estén dispoñibles (aula de informática do
centro), os programas informáticos, entre os que cabe destacar os sistemas de álxebra computacional, os sistemas
de xeometría dinámica e as follas de cálculo.
Páxina 18 de 23
01/06/2023 19:37:35
5.1. Procedemento para a avaliación inicial
A avaliación inicial lévase a cabo ao comezo do curso e ao comezo de cada unidade. A súa función é coñecer o lugar
de partida dos diferentes contidos a tratar no desenvolvemento deste curso e de cada unidade. Realizarase unha
proba escrita ao comezo de curso cos contidos de 4º ESO de Matemáticas orientadas as ensinanzas académicas e ao
comezo de cada unidade realizarán actividades de iniciación dos contidos que van a tratar. Será o punto de partida
para o tratamento dos contidos e para prever a necesidade de adaptacións ou a programación de actividades de
reforzo ou ampliación, se fose necesario.
Unidade
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10
didáctica
Peso UD/
8 9 9 9 8 9 9 8 8 8
Tipo Ins.
Proba
100 100 100 100 100 100 100 100 100 100
escrita
Táboa de
0 0 0 0 0 0 0 0 0 0
indicadores
Unidade
UD 11 UD 12 Total
didáctica
Peso UD/
8 7 100
Tipo Ins.
Proba
100 0 93
escrita
Táboa de
0 100 7
indicadores
Criterios de cualificación:
Páxina 19 de 23
01/06/2023 19:37:35
correspondente, mediante
redondeo á alza a partires de 75 centésimas e á baixa en caso contrario. Así, por exemplo un 4,75 ou cualificación
superior será
redondeado a 5, mentres que un 4,7 será redondeado a 4.
Ao final de curso, os alumnos que teñan unha avaliación suspensa farán un exame de recuperación desa avaliación.
Os que teñan máis
dunha avaliación suspensa farán un exame final con toda a materia do curso.
A cualificación da avaliación ordinaria será a nota final do curso, obtida como media aritmética das notas medias das
3 avaliacións e redondeada.
A avaliación extraordinaria constará dunha proba escrita de toda a materia. Para superala deberase acadar unha
cualificación igual ou
superior a 5.
O alumnado que perda un exame ou proba final ou de avaliación por xustificación médica ou dos pais queda
pendente de facerllo outro
día,cando o docente o considere oportuno.
Criterios de recuperación:
Os alumnos que suspendan unha avaliación poderán facer un exame de recuperación de dita avaliación ao inicio da
seguinte avaliación. A nota de dito exame reemplazará a nota da avaliación a recuperar sempre e cando sexa maior
da media obtida en dita avaliación, se non é maior conservaráselle a da avaliación.
Páxina 20 de 23
01/06/2023 19:37:36
súa actitude e situación académica, para formar parte do grupo de diversificación seguirán un programa adecuado ás
súas características. O resto do alumnado permanecerá no grupo de referencia e a atención á diversidade dentro da
aula realizarase a nivel metodolóxico e mediante o deseño de actividades graduadas para chegar ós diferentes niveis
dos alumnos.
Prestarase especial atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e ao alumnado que tivese
dificultades derivadas da fenda dixital. No caso de fenda dixital trataremos de enviar as tarefas por outras canles
(correo, protección civil, ..)
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
UD 9 UD 10 UD 11 UD 12
Páxina 21 de 23
01/06/2023 19:37:40
7.2. Actividades complementarias
Actividade Descrición
8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores
de logro
Indicadores de logro
Facilitación do proceso de visualización, revisión e integración dos erros cometidos por parte do alumnado
Descrición:
No proceso de ensinanza-aprendizaxe debe realizarse un seguimento da programación, pois ás veces hai que
actualizala dependendo das características peculiares do alumnado. Así, para avaliar a propia programación, a
actividade do profesor e todo o proceso educativo en xeral, empregaremos os seguintes criterios:
- As valoracións feitas polos membros do Departamento nas reunións.
- A reflexión persoal (autoavaliación) ó rematar cada unha das unidades didácticas.
- As opinións dos propios alumnos.
Con isto, pretendemos detectar e corrixir, se é necesario, posibles fallos que afecten basicamente aos seguintes
aspectos:
- Temporalización
- Actividades propostas
- Metodoloxía
A análise global da mesma realizarase na reunión final de curso onde, ao considerar os resultados obtidos,
introduciranse os cambios e correccións que se estimen oportunos de cara ao seguinte curso.
Páxina 22 de 23
01/06/2023 19:37:41
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora
O procedemento de revisión e avaliación da programación didáctica será realizada polas persoas docentes implicadsa
no desenvolvemento da materia deste curso. Analizaranse fundamentalmente adecuación da secuenciación e da
temporalización e o logro dos mínimos establecidos para os diferentes criterios de avaliación.
9. Outros apartados
Páxina 23 de 23
01/06/2023 19:37:41