You are on page 1of 7

ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS

Proba modelo de nivel C1


Galego 2015
SOLUCIONARIO

PROBA DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL C1

Galego

SOLUCIONARIO

• COMPRENSIÓN ORAL

Páxina 1 de 7
ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS
Proba modelo de nivel C1
Galego 2015
SOLUCIONARIO

COMPRENSION ORAL

TAREFA 1 (....../7)

DOCUMENTO Ex. 0 1 2 3 4 5 6 7
LETRA DO
A F H I E J G C
ENUNCIADO

TAREFA 2 (....../9)

DOCUMENTO

ITEM Nº RESPOSTAS

Ex.0 Porque podía morrer pronto.

1 Parida de pouco / por acabar de parir / tres días de parida

2 Galiña, chocolate e (molete de) pan


Novos, usados ou emprestados / novo, propio ou emprestado /
3
novo, dos domingos, emprestado.
4 Os pais / os pais dos noivos

5 Que se falaban / falarse

6 En comedores e pallais / comedor, dormitorio e pallal


Roupa, louza e cartos / (roupa), pratos, vasos, cartos / pratos,
7
vasos, aforros / pratos, vasos, pichoco
8 Porque se aproveitaban despois/ servían para traballar

9 Cantando e bebendo / tomando café e viño


Non se penalizan erros gramaticais nin ortográficos sempre que non impidan a
comprensión.

TAREFA 3 (....../9)

N.º DO
0 1 2 3 4 5 6 7 8 9
ENUNCIADO

LETRA B A A B A C C A A B

Páxina 2 de 7
ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS
Proba modelo de nivel C1
Galego 2015
SOLUCIONARIO

TRANSCRICIÓNS:

TAREFA 1

Ex. 0. Coas primeiras chuvias do outono comezan de novo a ser visibles os


problemas de humidade na catedral de Ourense. A auga fíltrase desde o tellado e
faise visible nas paredes da xirola. Tamén a humidade está visible nas sancristías.
Aquí tiveron que poñer caldeiros para recoller as pingas de auga.
Outra das zonas máis deteriorizadas é a fachada norte dos séculos XII e XIII, a máis
exposta ás inclemencias do tempo e as pedras das estatuas da portada estanse
descompoñendo.
Tamén é visible no exterior os efectos da contaminación e a vexetación que ano a
ano vai invadindo as pedras
http://www.crtvg.es/informativos

1. Eu cada ano fastidio dúas ou tres bombas porque achícase, a bomba queda sin
auga e arde. E vou e ando con dous pozos...fixen outro pozo máis de barrena pero
ao fin...un pozo de cento vinte metros e salía unha pouca auga a nove metros e non
saliu máis.
-Casi tódolos días teño que abastecerme eí nunha especie de depósito que hai
común noutra parroquia pedíndolles o favor aos veciños. O ano pasado viña
e...recoller unha pouca auga tamén para os meus animales e colléronme e bueno...
os peixes teñen máis dereitos có resto dos animales. Entón estamos indefensos.
-Como viñeron e nos fixeron aquelo e tal e nos dixeron...que nos iban dar auga
quedámonos quietos pero senón senón vamos ir a ir á Diputación e poñernos alí e
hasta que nos dean auga non salimos de alí.
http://www.crtvg.es/informativos

2.-__ Esta é a situación que se atopan os veciños dun edificio de Muros cando entran
no garaxe despois dun día de chuvias. Aseguran que a auga que se filtra se debe ao
mal estado que presentan as beirarrúas da estrada de Miraflores ante as súas
vivendas.

-Pero é que nos mete augha no gharaxe. Fixemos a reclamasión. Está a reclamasión
feita polo seghuro.
-Que fai moito tempo que está botando aghua e incluso tuvemos que faserlle un
regho para que a aghua fora para o caño. Temos medo que a aghua que filtra que se
desmorone o semento do edifisio nesta esquina que temos aquí.
http://www.crtvg.es/informativos
3.-__ Os veciños dun edificio de Mugardos levan un ano agardando unha sentenza
que lles permita arranxar as súas vivendas. A cuberta do edificio quedou mal
rematada e dende o ano 2007 esperan unha solución ás continuas filtracións e ás
manchas de humidade dos seus pisos.

-Sagrario leva oito anos neste edificio da rúa Pelón de Mugardos. Tardou tan só uns
poucos meses en comprobar que a cuberta tiña algunha deficiencia. Coas primeiras
chuvias a auga comezou a filtrarse nos pisos superiores. A Comunidade de Veciños
leva xa investidos máis de dez mil euros en pequenos arranxos para ir solucionando
o día a día pero as chuvias deste inverno acabaron de agravar unha situación ante a
que só senten impotencia
Páxina 3 de 7
ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS
Proba modelo de nivel C1
Galego 2015
SOLUCIONARIO

http://www.crtvg.es/informativos

4 Os veciños dun barrio de San Pedro da Ramallosa, en Nigrán, queren que o


concello amañe o camiño que conduce ás súas casas. Está cheo de fendas, de
pedras e de fochancas.
-Estes veciños atravesan cada día unha especie de selva co seu coche para levar os
nenos ao colexio, volver do ximnasio, ir aos seus almacéns ou, simplemente, atallar
entre a igrexa de San Pedro e o barrio da Carrasca. Son apenas dous quilómetros e
medio de camiño público. A zona é de gran beleza con humidais e pequenas
represas. Algúns dos afectados entenden que non haxa cartos para asfaltar pero
queren que limpen as gabias antes de que empece o inverno.
http://www.crtvg.es/informativos

5.-__ Secar a roupa dentro da casa supón un risco para a saúde e provoca a
formación de esporas do mofo. En climas tan chuviosos coma o galego coñecemos
ben o que é ter que secar a roupa dentro da vivenda.

-Agora apenas se constrúe nada que non sexa totalmente exterior. En Galicia moitas
son as familias que teñen que tender dentro da casa. Se entre o 60 e 80 por cento de
humidade relativa nunha casa é un caldo de cultivo para as esporas do fungo,
alternativas serían novas vivendas construídas con áreas específicas adicadas a
secar roupa con calefacción...
http://www.crtvg.es/informativos

6.-__ Fendas, teitos que caen a pedazo...no mercado municipal de Caranza, en


Ferrol, a deterioración é evidente. Nas últimas semanas mesmo chovía dentro das
instalacións. Na praza de Abastos hai máis de setenta postos baleiros. Tan só vinte e
cinco negocios sobreviven neste mercado, o único que existe nun barrio de once mil
habitantes. A Asociación de Vendedores pide unha solución para estas instalacións e
non desbota recorrer ás protestas se o concello non atende as súas demandas.
http://www.crtvg.es/informativos

7.-__ A construción de edificios réxese, a día de hoxe, polo Código Técnico de


Edificación, que establece as esixencias que deben cumprir en materia de
seguridade, habitabilidade e aforro de enerxía. O texto é a única guía para illar unha
casa. O Código enumera os criterios que deben cumprir os edificios pero deixa aberta
a forma en que deben cumprir esas regras. Non especifica, por exemplo, canto ten
que ser o grosor das placas, o espesor do illante; non esixe, tampouco, unha calidade
mínima para os cristais. A única esixencia vixente , a día de hoxe, é a de introducir
unha enerxía renovable. Nun futuro próximo as vivendas deberán contar cun
certificado de clasificación enerxética. Mediante unha serie de ensaios térmicos
comprobarase se a envolvente térmica do edificio é a axeitada.
http://www.crtvg.es/informativos

http://www.crtvg.es/informativos/os-vecinos-dun-edificio-de-muros-denuncian-que-unha-
beirarrua-lles-causa-filtracions-456683

http://www.crtvg.es/informativos/levan-un-ano-agardando-sentenza-para-poder-amanar-as-
suas-casas-533821

http://www.crtvg.es/informativos/a-traida-de-tres-parroquias-de-lancara-nunca-entraron-
en-servizo-malia-estar-rematadas-421355
Páxina 4 de 7
ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS
Proba modelo de nivel C1
Galego 2015
SOLUCIONARIO

http://www.crtvg.es/informativos/denuncian-o-estado-de-abandono-da-praza-de-abastos-
de-caranza-en-ferrol-770526

http://www.crtvg.es/informativos/unha-via-chea-de-fochancas-677155

http://www.crtvg.es/informativos/secar-a-roupa-dentro-da-casa-pode-supor-un-risco-para-
a-saude-557766

TAREFA 2

Que bautizábase de tan pronto nacía, tan pronto se podía. Así que nacía ían onde
o cura porque podía morrer sen bautizar. E aos tres días, xa se bautizaba. E
íbase alí á igrexa e o padriño e mais a madriña e... andando. A nai non iba. Como
iba a ire, andando ao mellor no inverno chovendo con tres días de parida. O
regalo levábaselle á parida, levábaselle á muller: unha galiña ou unha libra de
chocolate ou un molete de pan.

A primeira comunión, home eu acordo, que moi vello non era. Debía ter sete
anos. Fixémola todas as nenas da escola, todas xuntas. E... e dounos a profesora
un cachiño de molete e unha onza de chocolate foi a festa que tuvemos. Que
sabía a gloria. Era o bo que tiña que mira que non tiñamos falta nós desas cousas
e, miña filliña, cando viña máis contenta que si me der... unha millonada.

E nada de traxe branco nin... nada, nada, nada. Mamá fíxome un vestido novo, de
percal era co fondo rosa e unhas floriñas azules. Acórdome como se fora hoxe.
Levei a roupa de todos os domingos, ha, ha, ha. O vestido e unhas sandaliñas,
blancas e listo. Un vestido dos que tiñas. Non fixen a comunión de largo. Ai, a
miña primeira comunión foi como tiña que ser, de vestido e zapatos buenos,
porque podían. E o meu vestido levaba volantes e eu máis chea de razón. En
cambio, miña irmá levaba un do hospicio. Moitas veces emprestábanos na iglesia,
non sabes? Na iglesia, que tiñan o traxe do Corazón de Jesús e emprestábanche.
Xa era unha festa o facer a comunión. Xa éramos felices. Mira, feliz, o que non é
feliz é porque non quer.

Bueno, había que partir da base que, naqueles tempos, parte dos matrimonios
facíanos os pais. O sea os pais acordaban: “Mira, oe, o rapaz, que vamos facer
con el. Pois, oie, en tal sitio hai esta familia que din que ten unha filla que é boa e
tal. Vamos falar con eles.” Falaban e salían matrimonios bárbaros. Casei no ano
45. Xa vai alá, eh? E aínda teño a misma muller, eh? É que iso é un mérito! Casei
aos 25 anos pero aos 23 empecei a falar con el, aos 23. Eu xa non estaba
pensando na voda. Estaba pensando noutra cousa. No traballo que tiña que facer
despois ca muller.

E, bueno, chamabamos os veciños máis chegados, a familia máis chegada


tamén. E chamabamos unha cociñeira. Bueno, así os máis ricos pois igual podían
levare 30 personas ou así, se eran familias moi grandes. Pero onde as ían meter.
Dentro da casa nós tiñamos un comedor bastante grande. Bueno,
chamabámoslle o comedor pero era dormitorio ao mesmo tempo, que tiña dúas
camas. Pero ese día, sacábanselle as camas de alí e facía comedor. Armaban
mesas e tablas e poñían unhas tablas pa sentarse. O que tiña así un pallal bo ao
lado da casa... facíanse alí as vodas.
Páxina 5 de 7
ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS
Proba modelo de nivel C1
Galego 2015
SOLUCIONARIO

Si é rica levaban moi bo dote: docenas de sábanas e de toallas e de mantas e de


todo. A pobre levaban o que podían. Que daquela os regalos que había non
eran... sete ou oito platos ou un xogo de vasos ou unha pequeñez. Pero miña
avoa dixo: “Esto, toma que... que... e son aforros meus pa ti.” E cando eu casei,
miña nai veu tamén co pichoco: “E esto son aforros meus pa ti.”

O traxe era un traxe que servira para seguir traballando. E fixen un vestidiño
negro e de manguiña larga e... non había traxes blancos. Nunca se facía...
porque decían que despois que eses traxes que non, bueno tiñan razón, que non
se aproveitaban e daquela...

O máis bonito despois era que, claro! despois de tomarse unhos cafés e unhos
viños e unha cousa e outra a xente íbase poñendo un pouquiño a tono... E hoxe
o que é que haxa unha orquesta alí amenizando todo aquelo... Pois quen
amenizaba era aquela xente porque cantábamos, disfrutábamos e... era unha
marabilla porque... hoxe queres cantar nunha voda e non podes porque sale aí
as orquestas e dis ti e agora que facemos?
http://www.crtvg.es/mais-a-carta/
Programa “Doa a doa” 2008-03-16

TAREFA 3
A historia industrial de Galicia é a dunha arela común. Desde o illamento e a falta de
capitais, o país ergueu fábricas; explorou recursos; innovou técnicas e exportou as
súas mercadorías.

A situación de Galicia nun recuncho de Europa marcou a súa historia industrial. O


illamento do país foi o gran atranco para o comercio e a súa condición de
Finisterrae castigou a economía galega. Chegaron tarde as estradas, os ferrocarrís
e o telégrafo. Ata finais do século XVIII non existiu en Galicia un bo camiño coa
Meseta.

Os arrieiros a pé ou de a cabalo eran os únicos que facían a viaxe. Camiñando ían os


25 000 seitureiros que cada verán saían para Castela e as 40 000 vacas que cada
ano se exportaban vivas a Madrid. Tamén os panos de liño que ata o século XIX
Galicia producía a gran escala.

O correo entre A Coruña e Madrid aínda tardaba nove días de viaxe no ano 1775,
cando remataban as obras do camiño real. Tampouco o ferrocarril chegou cedo,
non houbo conexión coa Meseta ata finais do século XIX e o tren da Coruña a
Santiago non chegaría ata despois da Guerra Civil. O tren foi unha pequena
revolución, non só polos pasaxeiros senón porque axudou a exportar os produtos do
país.

As pobres comunicacións por terra contrastaron coas avantaxes do mar. Os portos


galegos tiveron éxito no comercio tamén para América; e Vigo chegou a converterse
nun eixo das comunicacións europeas cando se instalou na cidade o cable inglés.

O cable inglés foi o primeiro fito cara á modernidade das comunicacións. Ao


longo do século XX chegarían novas estradas, as autovías coa Meseta, os tres
aeroportos, o impulso dos portos e o soño do tren de alta velocidade.
Páxina 6 de 7
ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS
Proba modelo de nivel C1
Galego 2015
SOLUCIONARIO

É así como o illamento do país, que tantas dificultades supuxo para a súa industria,
semella no século XXI unha historia superada.

Galicia foi sempre un país de materias primas. A súa historia industrial é unha loita
por crear empresas que transformasen e engadisen valor aos produtos
naturais.

Outro tanto aconteceu co sector téxtil. No século XVIII, Galicia era a gran
fornecedora de tecidos de toda España. O liño galego traballábase en cada vila, en
cada casa e exportábase a lombo de mula pero cando apareceu a industria do
algodón, o país perdeu o tren a prol dos tecidos cataláns.

A propia terra galega foi unha materia prima de éxito.

O caolín posibilitou a industria cerámica de Sargadelos e o carbón favoreceu a


implantación das centrais térmicas de As Pontes e de Meirama.

O ferro tivo a súa oportunidade partindo da tradicional produción artesanal que


pasaba de pais a fillos. Explotáronse tamén raros minerais como o volframio, que na
II Guerra Mundial deu pé a unha puxante industria impulsada polos nazis. Pero o
negocio do volfran rematou coa guerra deixando minas abandonadas como
esqueletes de ferruxe.

A minería galega deixou tamén éxitos como os sectores da lousa e da pedra,


hoxe líderes mundiais coas grandes explotacións no Porriño ou en Valdeorras.

Ademais de materias primas, Galicia produciu tradicionalmente enerxía. Desde


comezos do século XX, chegou a ser unha potencia eléctrica. Dos primeiros saltos de
auga houbo unha longa viaxe ata unha industria punteira que tivo a súa bandeira no
grupo Fenosa.

Materias primas e enerxía foron a potencia inicial de Galicia desde a que forxou a súa
historia industrial que despegou encol dos seus dous sectores tradicionais: o agro e o
mar.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/resumo-da-serie

Páxina 7 de 7

You might also like