You are on page 1of 5

FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Naceu en Vilanova de Lourenzá, Lugo, o 7 de xaneiro de 1913. Era o primeiro dos


once fillos e fillas que tiveron Vicente e Amada. Os estudos primarios e os
primeiros cursos de bacharelato fíxoos en Lourenzá e rematou o bacharelato
como interno nun colexio de Monforte de Lemos (Lugo). Aos dezasete anos
Francisco marchou cos seus pais e irmáns a Madrid e matriculouse na facultade
de Dereito da Universidade Complutense. Cando voltou a Galiza rematou os
estudos de Dereito en Santiago, cidade onde pasou varios anos da súa vida e
onde dirixiu a revista Universitarios.

Ao rematar a guerra trasladouse a Vigo desde onde traballou


sempre polo galeguismo e a cultura galega en múltiples
iniciativas. En 1940 casou con Evelina Hervella Nieto. Nesta
cidade deu clases en dous colexios, Labor e Mezquita.

Fernández del Riego pertence á xeración de intelectuais xurdidos arredor do


Grupo Nós. Foi un gran traballador polo idioma e a cultura: foi membro do
Seminario de Estudos Galegos, escribiu en moitos xornais como o Heraldo de
Galicia e A Nosa Terra, fundou a Editorial Galaxia xunto con Ramón Piñeiro e
Xaime Illa Couto, presidiu a Fundación Penzol e dirixiu a revista Grial tamén con
Ramón Piñeiro.
A maiores traballou na BBC, emisora inglesa, facendo programas en galego, foi
membro da Real Academia Galega e presidiuna durante catro anos, recibiu as
Medallas de Ouro de Galicia e a de Castelao.

Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio,


Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L.,
Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Propuxo a
creación do Día das Letras Galegas, para
homenaxear ás persoas que defenderan a
nosa cultura.

Escribiu moitos libros: Danzas populares galegas, Historia da literatura galega,


Galicia no espello, O Camiño de Santiago, A pesca galega de mar a mar... e unha
chea de libros máis. No 2003 recompilou a súa correspondencia con Álvaro
Cunqueiro e a editou en Galaxia co título Cartas ao meu amigo. Epistolario
Mindoniense, e publicou tamén en Galaxia as súas memorias baixo o título de
Camiño andado.

Este ano 2023 dedícaselle o Día das Letras Galegas.


Nome: Data:

Z A B C
X
V FRANCISCO D
U FERNÁNDEZ E
T DEL RIEGO F
S G
R H
Q I
P O L
@sempre_estou_aprendendo

N M
Ñ
A I R

B L S

C M T

D N U

E Ñ V

F O X

G P Z

H Q
A. Nome da nai de Francisco.
B. Emisora inglesa na que traballou.
C. Un dos pseudónimos que empregaba para escribir.
D. Na Universidade Complutense de Madrid matriculouse en...
E. Nome da súa muller.
F. Primeiro apelido.
G. Nome da editorial que fundou.
H. Xornal galego no que publicou varios artigos.
I. Era un gran defensor do i.............. e da cultura galega.
L. Provincia na que naceu.
M. Cidade onde estudou bacharelato.
N. Grupo ao que pertenceu.
Ñ. Contén o Ñ: Apelido da persoa coa que dirixiu a revista Grial.
O. Número de fillos que tiveron seus pais.
P. Nome da fundación que presidiu.
Q. Contén o Q: Apelido dun bo amigo co que intercambiou correspondencia.
R. Academia da que foi membro.
S. Cidade galega na que viviu.
T. Publicou varios artigos no xornal galego A Nosa .............
U. Nome da revista que dirixiu en Santiago.
V. Nome do pai.
X. Mes no que naceu.
Z. Contén o Z: Colexio de Vigo onde traballou.
Solucións

Z A B C
X
V FRANCISCO D
U FERNÁNDEZ E
T DEL RIEGO F
S G
R H
Q I
P O L
@sempre_estou_aprendendo

N M
Ñ
A Amada I Idioma R Real Academia Galega

B BBC L Lugo S Santiago de Compostela

C Cosme Barreiros M Monforte T Terra

D Dereito N Nós U Universitarios

E Evelina Ñ Piñeiro V Vicente

F Fernández O Once X Xaneiro

G Galaxia P Penzol Z Mezquita

H Heraldo Q Cunqueiro

You might also like