You are on page 1of 2

O currículo e o videocurrículo

O currículum vítae (expresión latina que significa «percorrido da vida») ou «currículo» é un


texto no que se recolle o historial académico e profesional dunha persoa. A súa finalidade é
principalmente laboral: solicitar un emprego, participar nun concurso de méritos, etc.
No CV debe figurar a seguinte información:

• Datos persoais: Nome e apelidos, DNI, lugar e data de nacemento, enderezo postal e electrónico,
contas en redes sociais.

• Formación: Titulacións (estudos realizados e títulos académicos, en orde cronolóxica), cursos e


seminarios, idiomas (indicando o nivel acadado: A2, B1...) coñecementos informáticos.

• Experiencia laboral: Empresas ou entidades para as que se traballou (indicando data, posto e
tempo traballado), bolsas de estudo, referencias -se se teñen- das empresas nas que se traballou.

• Datos complementarios: afeccións e intereses, carnés profesionais, permisos de conducir, vehículo


propio, premios, etc.

• Relación de documentos que avalen a información anterior: títulos, certificacións...

Acompañarase tamén dunha fotografía actualizada.

Características do currículo

• Brevidade e síntese. Deben aparecer de forma breve só os datos necesarios.


• Claridade. Datos perfectamente ordenados e distribuídos.
• Precisión. Datos ben detallados (títulos, cursos, datas...), sen ambigüidades.
• Veracidade. Datos certos, xustificados documentalmente.
• Sinxeleza. Redacción clara e sinxela, con frases breves e facilmente comprensíbeis.
• Corrección lingüística. Ausencia de erros (ortográficos, léxicos...).
• Presentación coidada: Escrito a ordenador cunha fonte axeitada (12 puntos é o habitual), espazos
interlinais correctos (1,5 é o máis frecuente), en folio brancos, coas marxes axeitadas.

Currículos dixitais
Tamén podemos elaborar currículos online.
• ABOUT.ME permite crear unha páxina de perfil persoal á que podemos conectar todas as contas nas
redes sociais, blogs e páxinas persoais.

• LINKEDIN é unha rede social profesional que pon en contacto profesionais e empresas. Permite crear un
CV atractivo e telo actualizado. E pódese obter unha versión en papel.

1. Entra na páxina de Emprego da Xunta de Galicia (https://emprego.xunta.gal). Pica na icona


«Buscar emprego». Poderás atopar información sobre a elaboración do CV nestes apartados:
 Principais aspectos
 carta de presentación.
 Erros que se deben evitar.
Seguindo estes consellos, elabora o CV que desexarías ter dentro de 10 ou 15 anos e redáctao.
2. Busca na prensa algunha oferta de emprego interesante e elabora un currículo que se axuste ás
necesidades do traballo que se ofrece.
3. Inventa un currículo para unha destas ofertas:
CONDUTORES para traslado de obras de arte. Responsabilidade e honradez probadas.
Tel.: 771 666 666

PRECÍSASE buscador de tesouros. Valórase experiencia, resultados e práctica de


submarinismo. Chamar noites.
Tel.: 771 000 222

ORQUESTRA NECESITA SAXOFONISTA A SOLDO PARA A TEMPADA DE VERÁN

You might also like