You are on page 1of 2

UNIDADE 5

RESPONSABILIDADES E SANCIÓNS

1. Infraccións
 O incumprimento do deber de repercutir en factura e en debida
forma o Imposto Sobre o Valor Engadido e, no seu caso, o Recargo
de Equivalencia.

 Repercusión improcedente, en factura, de cotas non declaradas nin


liquidadas.

 Adquisición de bens, por parte de suxeitos pasivos acollidos ao Ré-


xime Especial do Recargo de Equivalencia, sen que nas correspon-
dentes facturas ou liquidacións de exportacións figuren expresa-
mente repercutidos o Imposto sobre o Valor Engadidos e o Recargo
de Equivalencia, agás que o adquirente dera conta diso á Adminis-
tración, mediante escrito presentado na Delegación de Facenda na
que radique o seu domicilio fiscal.

1.1. Algúns casos particulares

1.1.1. Identificación fiscal

O incumprimento do deber de facer a identificación fiscal do destinata-


rio nas facturas ou documentos non exceptuados expresamente polas
disposicións vixentes constitúe infracción simple.

1.1.2. Responsabilidade

Non incorrerán en responsabilidade os suxeitos pasi-


vos que non poidan completar os datos a consignar
na factura a causa da negativa do destinatario a sub-
ministrar ditos datos; exercitaranse en debida forma
as pertinentes reclamacións económico-administrativas.
1.1.3. Comerciantes polo miúdo

 Os fabricantes ou comerciantes ao por maior que efectúen entregas


de bens, obxecto habitual do comercio polo miúdo, dos seus adqui-
rentes a comerciantes que sexan persoas físicas e non acreditasen
en forma determinado no Regulamento do Imposto ao non estaren
sometidos ao Réxime do Recargo de equivalencia, deberán reper-
cutir, ademais do IVE, o Recargo de equivalencia correspondente.
No suposto de proceder da forma indicada, o fabricante non inco-
rrerá en responsabilidade ante a Facenda Pública por axustarse aos
indicados criterios normativos.

 A regra indicada será de aplicación, aínda nos casos que o adqui-


rente non estea matriculado como comerciante polo miúdo a efec-
tos da Licenza Fiscal de Actividades Comerciais e Industriais.

2. Sancións
 O incumprimento do deber de repercutir en factura o Imposto So-
bre o Valor Engadido e, no seu caso, o Recargo de Equivalencia,
cunha multa de 5.000 pesetas por cada factura na que se produza a
infracción.

 Cando se produza unha repercusión improcedente en factura de


cotas non declaradas nin liquidadas, cunha multa do 300% das co-
tas, cun mínimo de 50.000 pesetas por cada factura ou documento
análogo en que se produza a infracción.

 Cando hai adquisición, por comerciantes polo miúdo, de bens sen


repercusión do Recargo de Equivalencia, cunha multa do 500% do
importe do Recargo de Equivalencia que debera terse repercutido,
cun importe mínimo de 1.000 a 100.000 pesetas. por cada unha das
adquisicións ou importacións efectuadas sen a correspondente re-
percusión do Recargo de Equivalencia.

You might also like