You are on page 1of 21

LÍRICA GALEGO-PORTUGUESA

CANTIGAS DE AMIGO

MANUELA CORRAL VILLAR


AIDA GARCÍA LÓPEZ
HELENA LÓPEZ PRADO

1
A POESIA LÍRICA GALEGO-PORTUGUESA

O que chegou a nós como “poesía lírica galaico-portuguesa” son un


conxunto de textos recollidos, case exclusivamente, en tres grosas
compilacións e atribuídos a 153 autores, algúns historicamente ben
identificados, mais a maioría descoñecidos e que con toda probabilidade
seguiran como tales.

Este legado poético está recollido en tres cancioneiros:


Cancioneiro de Ajuda, custodiado na Biblioteca do Pazo de Ajuda , en
Lisboa; Cancioneiro Colocci – Brancuti, atópase na Biblioteca Nacional de
Lisboa e por último, o Cancioneiro da Biblioteca Apostólica Vaticana.
Ademais destes tres cancioneiros, consérvanse outros textos menores;
sendo de gran importancia “O Pergamiño de Vindel”, (así chamado polo
apelido do libreiro que o descubriu), e que consiste nunha folla de
pergamiño do século XIII, do tipo das que levarían os xograres para súa
interpretación, que contén as sete cantigas coñecidas de Martín Códax,
coa excepcional particularidade de levar anotacións musicais das cantigas,
co que podemos coñecer hoxe a melodía orixinal.

A tradición manuscrita da lírica galaico-portuguesa


resulta moi pobre, si comparamos estes tres códices
cos 95 provenzais, cos cerca de 50 franceses e cos
cento e pico de italianos. Esta escaseza pódese
supoñer que deriva da desaparición de todas as copias
eventualmente realizadas durante os séculos XIV, XV e
XVI; outro feito é que a transmisión da lírica galaico-
portuguesa queda confinada ó mesmo ambiente que
a produciu, que non ten posibilidades ou non
considera importante a súa multiplicación e, mais
tarde, descóidaos, dándoos como superados por
outras modas literarias.

2
COORDENADAS CRONOLÓXICAS

O corpus poético galego-portugués consta de 1679


textos, na súa maioría encadrables, e que van dende
o século XIII ata a primeira metade do século XIV. De
feito, a case totalidade dos textos transmitidos polos
cancioneiros inscríbense sen dificultade no arco de
tempo comprendido entre 1196 e 1350. Non por iso
o limite cronolóxico superior (1196) pode
considerarse fixado de xeito indiscutible, en canto
que falamos de manifestacións escritas, pero hai que
supoñer que tamén é lírica a primeira literatura do
estadio oral.

Na area galaico-portuguesa o problema das orixines


líricas aparece complicado pola presenza dun xénero,
“cantigas d´amigo”,que presenta un aparato temático e en parte
formulístico, que defire dos outros xéneros líricos, mentres que semella as
jarchas mozárabes .

Existen numerosos indicios que fan supoñer a existencia dunha tradición


lírica moi antiga.Os escritores clásicos latinos fan referencia ós cantos e
danzas dos Gallaecia. A peregrina Egerea seguidora de Prisciliano, en torno
ós anos 381-384, nos seus relatos contrapón as prácticas litúrxicas e os
cantos que vía e oía no Oriente, cos que ela coñecía da súa patria: O
Bierzo(Las Edades del Hombre. Musica en Castilla y Leon pax 1). Os textos
latinos de escritores medievais aluden ó costume do pobo galego de
cantar con motivo de diversas celebracións, como a chegada de maio, as
vodas e nos enterros.

3
ESPAZO CULTURAL

Os séculos XII e XIII son un momento especialmente


rico para a historia e a cultura do occidente medieval.
O renacemento das cidades e do comercio, o auxe
adquirido polas escolas monásticas, os importantes
centros culturais que medran á sombra das catedrais,
contribúen a espallar as novas formas deste tempo.

Tal estado de cousas non deixa de reflectirse a nivel


cultural e artístico. O florecemento do arte románico
en Galicia, que se difunde dende o centro
compostelán, móstranos a maduración e o gran
dinamismo da sociedade galega neste tempo. Así, dinos Anselmo López
Carreira: “ Os seus logros artísticos poden ser incluídos, sen temor ó
dislate, entre as mais altas producións da humanidade”.

Todas as forzas vivas da época están implicadas nesta tarefa, de este xeito
a cultura non se detén nas escolas episcopais, as cortes de reis, bispos e
nobres son centros de primeira magnitude. Ó lado das escolas e da corte,
temos que considerar a importancia na difusión de certos temas e formas
dos xograres. A tradición retórica que emanaba das escolas e os recursos
literarios e estilísticos que se podían aprender, escoitando ós xograres,
están presentes na lírica galaico-portuguesa.

Pero cabe a pena preguntarse: como é posible que na Hispania centro-


occidental a poesía lírica fora galega, e non asturiana ou leonesa?. Cal é a
razón pola que as cantigas d´amigo asumen a paisaxe e a realidade socio
cultural galega como propia aínda en poetas posteriores ou non galegos?

A resposta pode ser que Santiago de Compostela é o único centro cultural


de relevo internacional, o mais prestixioso da península Ibérica, e superior,
por poder demográfico e económico, á mesma cidade de León, sede da
corte. Arredor do santuario compostelán proliferan numerosas actividades
económicas, xustificadas precisamente pola industria da peregrinación:
outras igrexas, tabernas, fondas, locais de troco, tendas para a revenda de
alimentos, de obxectos de uso común, de herbas medicinais e de
“souvenirs”.

4
Meta de peregrinos, dende o século X, que aló acoden de toda Europa, as
veces paran nela durante un período de tempo bastante longo, ou que se
instalan alí establemente, Santiago organízase para acoller e hospedar este
xentío e tirar del o máximo proveito.

Os promotores da súa fortuna foron: Dalmacio e Diego Xelmirez, os cales,


unidos á organización cluniacense moveron con sagaz senso político unha
serie de circunstancias favorables, que van transformado en poucos anos
unha simple residencia episcopal en basílica metropolitana e sede
apostólica, que incordia ó primado toledano e pretende equipara-la súa
dignidade coa das outras sedes apostólicas de Roma e Efeso.

Diego Xelmirez(1100-1139) recupera os bens


eclesiásticos usurpados polos laicos; substitúe con
clero francés gran parte do clero hispánico
preexistente, que levaba unha vida ben pouco
edificante “ á maneira dos cabaleiros”, frea
(eficazmente axudado por Raimundo de Borgoña,
xenro de Afonso VI e conde de Galicia”) a
turbulenta nobreza indíxena, e axiganta a
proxección internacional da cidade e do santuario,
valéndose do apoio incondicional de Guido de
Borgoña ( irmán de Raimundo e arcebispo de
Viena) e, finalmente, do papa Calisto II; pero
tamén se axuda pola súa amizade cos titulares de
numerosos centros da cultura clerical.

XÉNEROS LITERARIOS

Os poemas na lírica galaico-portuguesa reciben o nome


xenérico de cantigas e clasifícanse en relixiosas (Cantigas
de Santa María de Alfonso X ) e profanas. No Cancioneiro
Colocci-Bramcuti incluíse un Arte de Trobar no que se
menciona, para as cantigas profanas, catro xéneros
diferentes :
cantigas de amor,
cantigas de escarnio e cantigas de maldicir,
cantigas de amigo,

5
Esta lírica que se confecciona e interpreta nos pazos e castelos, non
obstante, representa as formas de vida das distintas capas sociais: mulleres
nobres, campesiñas, abades e abadesas, militares, xograres e segreis,
soldadeiras e criadas, en definitiva, un mundo social diverso. Tamén
atópase un reflexo do universo feminino, as mulleres están presentes nos
diferentes tipos de cantigas, mais recollidas desde distinta perspectiva.

As cantigas de amor

Afíns ás cantigas de amigo en tanto que ambas


desenvolven polo xeral o tema do amor non
correspondido , diferéncianse por unha máis
marcada aristocraticidade de ton e de forma.

Nas cantigas de amor , onde a voz lírica é


masculina e onde o poeta canta o seu sufrimento
pola “coita” (aflición) de amor e polo desdén da
muller á que ama, idealizase a dona,
denominándose “a senhor” precedida por o
posesivo “mha”. Ela representa todas as virtudes, o
poeta é o seu vasalo e aspira a ser amado para non
morrer de amor.

Unha característica que diferenza esta lírica, galaico- portuguesa, da


provenzal é a inversión da concepción do amor, transformando a alegría
de amar, na provenzal, en dor como consecuencia de amar, na galaico-
portuguesa. Outra é que a “loubanza da dama”, non leva xamais nunha
descrición corpórea. Nada aparece acerca da color dos seus cabelos, da
súa boca, da brancura da súa pel…….prefírese o retrato moral ó físico. Os
valores mais apreciados son: rir fermoso, falar ben, ser mesurada,ter graza
e bondade; se asocia a beleza ó sosego que desprende, a risa ó Boo
carácter, signo duna personalidade afable.

O amor cortés é o verdadeiro corpo vertebral neste tipo de cantigas, e


consiste no traslado das relacións sociais feudais ó campo amoroso, de
maneira que “a senhor” (midons en Occitania) pasa a desenrolar o papel
do señor feudal mentres que o poeta tería que ocupar un rol de servo.

6
As cantigas de escarnio e maldizer

É o terceiro dos xéneros poéticos da lírica galaico-portuguesa, inclúe non


só as sátiras políticas, morais, e literarias, e as maledicencias persoais,
senón tamén prantos, tenzóns e parodias: en definitiva, todos os textos
que non resulten dalgún xeito asimilables as cantigas de amor o ás
cantigas de amigo.

Estas cantigas, herdan da provenzal unha gran variedade temática, si ben a


mais practicada por os trobadores foi a do “vituperiun ad personan”. A
risa, a comicidade e a ironía, ocupan o papel central de este xénero lírico,
que abarcan unha gran variedade de situacións que reflexa a inversión dos
valores feudais e corteses.

A tradición raramente transmite textos comprometidos dende unha


perspectiva moral o política, pois o que se busca e a función puramente
lúdica. Neste tipo de cantigas non existen, na práctica, estamentos ou
“oficios” que non sexan directamente postos en danza, aínda que o clero,
nobres, e “traballadores da cultura” son os que levan o peso maior da
ridiculización e do sarcasmo. Trobadores e xograres forman a outra
categoría mais directamente implicada no escarnio e na maledicencia.

As Cantigas de amigo

A cantiga de amigo naceu na comunidade rural, como


complemento do bailado e do canto colectivo dos
ritos primaverais, propios das civilizacións agrícolas
nas que a muller ten maior importancia social, pero
os textos conservados revelan unha longa e profunda
elaboración de acordo ás pautas trobadorescas

As cantigas de amigo desenrólanse,


fundamentalmente, sobre tres apartados temáticos:
“o amor”, “a muller” e “a paisaxe”; non como
elementos separados senón como liñas argumentais
que se entrecruzan entre si; o enlace da paisaxe ca
situación sentimental dálle ás veces á cantiga, un aire de inefable misterio.

7
A temática do amor non correspondido ou contrariado, é común na
cantiga de amor e na de amigo, pero diferénciase en que na de amigo o
poeta finxe que é a muller a que expón a súa propia mágoa, mentres que
na de amor o poeta fala en primeira persoa. Isto fai que na maioría dos
casos a cantiga de amigo apareza como o reverso exacto da cantiga de
amor.

A natureza do amor descrito na poética galaico-portuguesa caracterízase


por ser platónico e, por conseguinte, por fuxir de todo contacto físico
entre os amantes. Sen embargo, na cantiga de amigo, obsérvanse
excepcións, transmitíndose unha concepción bastante atrevida do amor,
ou utilizando certas imaxes simbólicas de carácter erótico, que indican
unha relación de carácter intimo.

Se a muller na cantiga de amor , é unha senhor


aristocrática e moi distante, na de amigo é unha
doncela nova, unha “dona virgo”, que non ten ese
estatus social tan elevado; a súa vida transcorre
lonxe das cortes e dos seus trobeiros; son mozas
namoradas que falan á beira dun río, nunha fonte,
ou preto do mar. A rapaza da cantiga de amigo
relacionase, non só co amigo, senón coas súas
amigas ou coas irmás, que recollen as confidencias
do seu namoramento ou da súa paixón; todas elas
xunto coa nai, encargada de gardar a honra da filla
e mais, escoitala ou asesorala, contribúen a
enriquecer o universo feminino cheo de matices xa
en por si.

A paisaxe dálle á cantiga un toque especial: as flores do verde pino, a


ribeira dun río, as abeleiras floridas, unha hermida ou as ondas do mar,
serven de fondo para un encontro de amor, unha queixa desconsolada,
unha espera confiada ou desesperada, ou unha danza onde a doncela e as
súas amigas son conscientes da súa beleza.

A paisaxe na cantiga de amigo non ten sómente unha función decorativa,


pois pode adquirir un valor simbólico enriquecendo o contido do texto: e
así son os cervos nas cantigas de Pero Meogo ou nas abeleiras floridas que
representan a fertilidade.

8
Exemplos de contidos nas Cantigas de Amigo.

“O amor”

-Cantiga nº 4 de Pero Meogo onde a namorada pregúntalle aos cervos que


vai facer se o seu amado, que está lonxe, tarda en volver. Pero no refrán
acontece que pide consello ao tradicional coro das amigas “velidas”.
O cervo e unha idealización do amigo, é o símbolo do namorado e repítese
nas nove cantigas de Meogo.

Ai cervos do monte, vínvos preguntar,


fois'o meu amigu' e, se alá tardar,
qué farei, velidas?

Ai cervos do monte, vinvolo dizer:


fois'o meu amigu'e querría saber
qué farei, velidas?

9
-Nesta cantiga, a única que se conserva do seu autor o xograr Mendiño, a
namorada agarda ao seu amigo nunha hermida situada na illa de San
Simón no fondo da ría de Vigo, moi cerca da costa, quedando rodeada
pola marea alta que lle impide o regreso. Así dinos o refrán: “eu
agardando polo meu amigo, e virá?”

Sedia-m’eu na ermida de San Simion


e cercaron-mi as ondas, que grandes son:
eu atendend’o meu amigo,
e verrá?

Estando na ermida ant’o altar,


Cercaron mi as ondas grandes do mar:
eu atendend’o meu amigo,
e verrá?

E cercaron-mi as ondas, que grandes son:


Non ei i barqueiro nen remador:
eu atendend’o meu amigo,
e verrá?

E cercaron-mi as ondas do alto mar,


Non ei i barqueiro nen sei remar:
eu atendend’o meu amigo,
e verrá?

Non ei i barqueiro, nen remador,


Morrerei fremosa no mar maior:
eu atendend’o meu amigo,
e verrá?

Non ei i barqueiro, nen sei remar


Morrerei fremosa no alto mar:
eu atendend’o meu amigo,
e verrá?

10
“A muller”

Na cantiga de amigo, ao contrario do que ocorre na de amor, a descrición


feminina contén referencias ao aspecto físico (corpo, cabelos) e
cualificativos peculiares (velida)
-Nesta cantiga nº 6 de Pero Meogo utiliza outra vez o simbolismo do
cervo e mais o tema da toilete feminina na mañá cedo, para darnos unha
das composicións mais logradas do seu cancioneiro:

Enas verdes ervas


vi andalas cervas,
meu amigo.

Enos verdes prados


vi os cervos bravos,
meu amigo.

E con sabor d’elhas


lavei mias garcetas,
meu amigo.

E con sabor d'elhos


lavei meus cabelos,
meu amigo.

Desque los lavei


d'ouro los liei,
meu amigo.

Desque las lavara


d'ouro las liara,
meu amigo.

D'ouro los liei


e vos asperei,
meu amigo.

D'ouro las liara


e vos asperava,
meu amigo.

11
-Na cantiga nº 9 de Pero Meogo, última das nove conservadas deste
autor, dinos Ferrín:

“nela hai un diálogo entre a nai e a filla con gran axilidade dramática. Na
1ª e 2ª estrofa a nai pregúntalle á filla por que tardou na fonte, resposta o
refrán “os amores ei”.
Nas estrofas 3ª e 4ª a filla explica o motivo da súa tardanza, poñendo de
desculpa o feito de que os cervos do monte revolvían a auga , pero o
refrán danos a verdadeira razón: o amor”.

-“Digades, filha, mia filha velida,


porque tardastes na fontana fría?”
“Os amores ei”.

-“Digades, filha, mia filha louçana,


porque tardastes na fría fontana?”
“Os amores ei”.

Tardei, mia madre, na fontana fría,


cervos do monte a augua volvían.
Os amores ei.

Tardei, mia madre, na fría fontana,


cervos do monte volvían a augua.
Os amores ei.

-”Mentís, mia filha, mentís por amigo!


nunca vi cervo que volvess'o río”.
“Os amores ei”.

-“Mentís, mia filha, mentís por amado!


Nunca vi cervo que volvess'o alto”.
“ Os amores ei”.

12
“A paisaxe”

-Na seguinte cantiga do rei D. Denís de Portugal a namorada diríxese ás


flores do pino e obtén unha resposta

Ai flores, ai flores do verde pino,


Se sabedes novas do meu amigo!
Ai Deus, e u é?

Ai flores, ai flores do verde ramo,


se sabedes novas do meu amado!
Ai Deus, e u é?

Respondendo os pinos ....

Vós preguntades polo voss’ amigo?


E eu ben vos digo que é san’ e vivo,
Ai Deus, e u é?

Vós preguntades polo voss’ amado?


E eu ben vos digo que é viv’ e sano.
Ai Deus e u é?

-Nesta de Martín Codax a namorada pregúntalle ás ondas do mar.


O mar é un elemento orixinal das Cantigas de Amigo con poucos e
discutidos precedentes na Provenza.

Ai ondas, que eu vin veer,


Se me saberedes dizer
porque tarda meu amigo
sen min?

Ai ondas, que eu vin mirar,


Se me saberedes contar
porque tarda meu amigo
sen min?

13
-Nesta cantiga de Airas Nunes a moza invita a tódalas namoradas a bailar
con ela. As bailadas son as mais ledas das cantigas de amigo, exprésase
nelas a alegría de amar e vivir, con frecuentes incitacións ao baile. A súa
orixe é tradicional.

Bailemos nós ja todas tres, ai amigas,


so aquestas avelaneiras frolidas,
e quen for velida como nós, velidas,
se amigo amar,
so aquestas avelaneiras frolidas
verrá bailar.

Bailemos nós ja todas tres, ai irmanas,


so aqueste ramo d’estas avelanas,
e quen for louçana como nós, louçanas,
Se amigo amar,
so aqueste ramo d’estas avelanas
verrá bailar.

Por Deus, ai amigas, mentr’al non fazemos


so aqueste ramo frolido bailemos,
e quen ben parecer como nós parecemos,
se amigo amar,
so aqueste ramo, sol que nós bailemos,
verrá bailar.

14
Outra cantiga bailada é a nº 6 de Martín Codax, deste xograr
chegaron a nos sete cantigas que figuran no pergamiño Vindel
acompañadas tamén da súa notación musical.

Eno sagrado, en Vigo


Bailava corpo velido:
Amor ei!

En Vigo, no sagrado,
Bailava corpo delgado:
Amor ei!

Bailava corpo velido,


Que nunca ouver’ amigo:
Amor ei!

Bailava corpo delgado,


Que nunca ouver’ amado:
Amor ei!

Que nunca ouver’ amigo,


Ergas no sagrad’, en Vigo:
Amor ei!

Que nunca ouver’ amado,


Ergas en Vigo, no sagrado:
Amor ei!

O paralelismo e o leixaprén son artificios propios das Cantigas de Amigo e


raramente aparecen nas cantigas de amor.

15
O paralelismo é un procedemento repetitivo que enlaza as estrofas de
dúas en dúas, facendo que os versos da segunda estrofa sexan unha
pequena variante dos versos da primeira.
Outro procedemento que encadea os sucesivos pares de estrofas é o
leixaprén (deixa-colle) que consiste na repetición dos segundos versos do
par de estrofas como primeiros versos do par seguinte.
Para visualizalos eliximos a cantiga nº 5 de Pero Meogo” comentado por
X.L.Méndez Ferrín actual presidente da Real Academia Galega.
Nela “en lugar de falar o namorado fala o poeta quen narra en 3ª persoa,
obxectiva e maxistralmente, unha escena na que unha rapaza (louçana e
velida) vai á fonte para lavarse os cabelos, pasa por alí o amigo que a ama,
mentres tanto o cervo “volvía” (revolvía) a auga.
Tanto a acción de lavar os cabelos como a presenza e acción do cervo son
símbolos eróticos, sendo o cervo unha idealización do amigo.
Nesta cantiga, como nas outras que vimos de Pero Meogo o poeta deixa
que a nosa imaxinación teña un punto de apoio para reproducir a escena
real”.
Levóus'a louçana, levóus'a velida,
vai lavar cabelos na fontana fría.
Leda dos amores, dos amores leda. REFRÁN
PARALELISMO
Levous'a velida, levóus'a louçana,
vai lavar cabelos na fría fontana. LEIXAPRÉN
Leda dos amores, dos amores leda.

Vai lavar cabelos na fontana fría,


passou seu amigo que lhi ben quería.
Leda dos amores, dos amores leda.

Vai lavar cabelos na fría fontana,


passa seu amigo que a muit'a amava.
Leda dos amores, dos amores leda.

Passa seu amigo que lhi ben queria,


o cervo do monte a augua volvía.
Leda dos amores, dos amores leda.

Passa seu amigo que a muito amava,


o cervo do monte volvía a augua.
Leda dos amores, dos amores leda.

16
Os Poetas Trobadores.

De acordo coas atribucións de


cada un, estes artistas recibían
os seguintes nomes:

-Trobador era o compositor da


letra e música das Cantigas, que
as veces interpretaba el
mesmo. Case sempre de
condición nobre, aparece
citado nos cancioneiros polo
nome e o apelido: D. Denís rei
de Portugal,.....

-Xograr era o intérprete de


composicións case sempre alleas, que ía de corte en corte e de castelo en
castelo. Aparece citado polo nome e un alcume ou o lugar de procedencia:
Xohán Zorro, Martín de Xinzo....

-Segrel era un trobador profesional, que aceptaba paga pola


interpretación das súas composicións. Viaxaba a cabalo acompañado do
seu xograr. E exclusivo da literatura galaico-portuguesa.

-Menestrel eran os
instrumentistas que
executaban o acompañamento
musical das cantigas.
Os instrumentos musicais
utilizados están
maxistralmente esculpidos en
pedra no “Pórtico da Gloria” da
Catedral de Santiago de
Compostela, obra realizada a
finais do século XII polo
Mestre Mateo.

-Soldadeira era unha muller que , servida por unha criada, acompañaba
aos xograres e menestreis danzando durante as representacións.

17
Dinos Rodrigues Lapa en Liçôes de Literatura Portuguesa, Época Medieval:
“Coa chegada do trobadorismo, que separou o traballo da composición,
encargándollo ao trobador, e o da execución ao xograr, o papel da muller
(xograresca) decaeu e transformouse: de cantora ou tal vez poetisa pasou
a danzarina (soldadeira).

As viñetas curiosísimas do Cancioneiro de Ajuda móstranos esa evolución,


figurando en actitude elegantísima os tres axentes do arte: o trobador
sentado no escabelo co rolo das cantigas, o xograr tocando a cítara e a
soldadeira bailando ó son do adufe e das castañolas”.

18
Bibliografía

Alvar, Carlos e Beltrán Vicente. “Antología de la poesía gallego-


portuguesa”. Editorial Alhambra

Barreiros, António José. “História da Literatura Portuguesa, Séc. XII-XVI”.


Editora PAX.

Domínguez Touriño, Guillermina e Estévez Salazar, Felicia. “Tres mulleres


galegas de armas tomar”. Baía Edicións.

López Carreira, Anselmo. “O Reino Medieval de Galicia”. Edicións A Nosa


Terra.

Méndez Ferrín, X.L. “O cancioneiro de Pero Meogo”. Editorial Galaxia

Tavani, Giuseppe. “A poesía lírica Galego-Portuguesa”. Galaxia ensaio e


investigación.

LAS EDADES DEL HOMBRE. Leon 1991

GALICIA LITERATURA. La Edad Media. Hércules Ediciones

O cancioneiro de Martin Codax - Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes#I_14_.url

Celtiberia.net v3.0 - Cantigas de cervo de Pero Moogo - Biblioteca.url

Lyrics of friendship.url

19
íNDICE

pax.

A poesía lírica Galego-Portuguesa................................. 1

Coordenadas cronolóxicas............................................. 2

Espazo cultural.............................................................. 3

Xéneros literarios: .......................................................... 4

-As cantigas de amor................................................... 5

-As cantigas de escarnio e maldizer............................ 6

-As cantigas de amigo................................................. 6

Exemplos de contido nas cantigas de amigo: .................. 8

-“O amor”...................................................................... 8

-“A muller”.................................................................... 10

-“A paisaxe”.................................................................. 12

O paralelismo e o leixaprén.......................................... 14

Os poetas trobadores....................................................... 16

Bibliografía....................................................................... 18

20
21

You might also like