You are on page 1of 1

CPI MARCELINO A.

REY GARCÍA (CUNTIS) CURSO 2007-2008

CÓDIGO PARA CORRIXIR A EXPRESIÓN ESCRITA

Para que o sistema de corrección funcione, preciso da vosa colaboración

Subliñarei cada erro e ao seu lado engadirei un símbolo ou unha abreviatura que
identificará a natureza do erro. Se algo non está claro, preguntade o que
precisedes. Ánimo!

Conc Concordancia (suxeito-verbo, substantivo-adxectivo...). Por


exemplo: Os automóbiles vermello, A xente sabían que...)
Conex Conexión (a conexión entre ideas, frases ou parágrafos non está
clara; a oración é excesivamente longa e cae na confusión...)
Rep Repetición (de ideas, de palabras -buscar sinónimos-, etc.)
Fp Falta(n) palabra(s)
( ) Sobra(n) palabra(s)
Ort Ortografía (b/v, h, acentuación...)
P Puntuación (quitar / engadir un signo)
Pp Preposición (quitar / engadr unha preposición)
Rex Rexistro (o rexistro non é o axeitado: moi coloquial ou moi formal,
non real para a situación descrita...)
Vb Verbo (comprobar o tempo / forma deste verbo)
Voc Vocabulario (comprobar o uso / significado desta palabra)
Cast Castelanismo (interferencia do castelán)
Dial Dialectalismo (variante local)
Pop Popularismo (formas propias da lingua popular: pra, vran, etc.)

Román Cerqueiro Landín Dpto. Lingua Galega

You might also like