You are on page 1of 14

Esta é a semente do liño.

Seméntase en abril e
está no prado ata Xuño.
En Xuño recollemos o liño, que é esta herba.
Co pente de ripar, rípase, que é quitarlle a
semente que logo usaremos para volver sementar.
Despois de ripalo hai que metelo a remollo de 9 a
10 días.
A continuación esténdese nun prado para que
seque ben.
Cando xa está ripado e seco, mázase co mazo.
Agora delúbase, retórcese despaciño para que
vaia soltando a casca.
Coa espadela (especie de machete de madeira) e o
espadaleiro (peza de madeira con forma de T
invertida) táscase o liño para que quede
definitivamente sen casca.
Co pente asédase (separar a estopa do lenzo) O
lenzo enróllase formando unha estriga para
despois fiar. A estopa tamén se fía.
Chegou o momento de fiar. Utilízase o fuso e a
roca.Cando o fuso está cheo dise que temos unha
mazaroca.
O seguinte paso é o ensarillado. O fío que se saca de
varias mazarocas, únese e dándolle voltas ao sarillo
faise unha madexa.
O penúltimo proceso é o clareo.
Cócense as madeixas cun óso e cinza durante
dúas horas.
Ponse a claréar estendido nun prado e régase
varias veces ata que vai desaparecendo a cor
marrón que tiña.
Recóllense as madeixas e lávanse ben nun
lavadoira.
Esténdense ao sol para que sequen
O último proceso polo que pasa a fibra é o de
debanar. Convertir a madeixa en novelo ou
maraña usando a debandoira. Logo lévase ao
tear para convertilo en tea.
É tempo de tróupala tróupala, ETNOGRAFÍA
é tempo de troupelear,é Unha noite me colleron
tempo de maza-lo liño, nunha fiada de lá,
é tempo do liño mazar. Rapaciñas da espadela, unha noite me colleron,
podédesvos preparar,
aguzade ben a lingua outra non me collerán.

que imos a escomenzar.


O oficio da espadela,
o oficio de espadelar,
o oficio da espadela, Na porta do fiadeiro
hai unha pedra redonda
non é bo pra cantar. onde se sentan os mozos
cuando salen de ronda. Fiai nenas, fiai nenas
no liño da miña sogra
fiaino enfiadiño
que é pra unha camisa nova.
Na porta do fiadeiro
Esta fiadiña de hoxe mozos non hai que escoltar
mañá ha de ser sonada,
hai un bando de palomas
ela que soe que non
que inda non saben volar.
Indo polo monte arriba
eu tamén son da manada. fiando na miña roca
veu un paxariño pinto
púxose na mazaroca.

You might also like