You are on page 1of 95

EMMA TORRES ROMAY (1 para 1)

CONCEJALA DE CULTURA,TURISMO Y MERCADO


Data de Sinatura: 03/05/2018
HASH: dc166bc5e95cdf6feda084a3deb8b1c7

Abril, 2018
FESTA DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA

ENTROIDO DO GROVE (COMPARSAS)


MEMORIA EXPLICATIVA DOS REQUISITOS PARA A DECLARACIÓN DE

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 1 a 95
Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 2 a 95

Coordinadora e redacción: Emma Torres Romay

Documentación: Marina Olga Aguín, Maria del Carmen Meis

Imaxes: Xan Caneda, Arquivo Municipal do Grove

Revisión: Arximiro Fernández Cabanelas

Concello do Grove, abril 2018

2
Índice
Presentación ……………………………………………………………………………………………………………….. 5
BLOQUE I. ELEMENTOS BÁSICOS PARA A DECLARACIÓN
1.1. Antigüidade: as orixes remotas da festa ……………………………………………………………. 7
1.1.1. As orixes do Entroido en Galicia como punto de partida ………………………………… 7
1.1.2. As primeiras letras da comparsas (1922-1936) ………………………………………………. 9
1.1.3. A Guerra e a ditadura (1936-1978) …………………………………………………………………. 11
1.1.4. Da democracia ao cambio de século (1979-2000) …………………………………………… 19
1.1.5. O Entroido do século XXI no Grove (2001-2018) ……………………………………………… 26
1.2. Singularidade: a diferenciación do Entroido do Grove ……………………………………… 29
1.2.1. As comparsas como referencia diferencial do Entroido do Grove ………………………. 29
1.2.1.1. Que se entende por comparsa no Grove? Diferenciación ……………………………… 29
1.2.1.2. Características das comparsas mecas ……………………………………………………………… 32
1.2.2. O Entroido meco fronte a outros entroidos de Galicia …………………………………….. 33
1.3. Arraigo: a implicación e o sentimento local polo Entroido ………………………………… 35
1.3.1. O que contan os maiores ……………………………………………………………………………..... 35
1.3.2. A participación dos máis novos ………………………………………………………………………. 36
1.3.3. Historias de sentimento polo Entroido ……………………………………………………………. 39
1.4. Valor cultural: as múltiples dimensións do Entroido do Grove ………………………….. 44
1.4.1. O Entroido como mostra musical ………………………………………………………………………. 44

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


1.4.2. As representacións teatrais, a creatividade e a improvisación …………………………… 46
1.4.3. A crítica e a protesta social ………………………………………………………………………………… 48
1.4.4. O Entroido e a igualdade …………………………………………………………………………………… 49
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 3 a 95

BLOQUE II. A XESTIÓN E LOXÍSTICA DO ENTROIDO DO GROVE


2.1. Organización do evento ……………………………………………………………………………………… 51
2.1.1. Actividades ……………………………………………………………………………………………………….. 51
2.1.1.1. As actividades tradicionais ……………………………………………………………………………… 51
Festival de Comparsas …………………………………………………………………………………….. 52
Desfiles de Entroido no “Sambódromo Meco” ……………………………………………… 55
Enterro da Sardiña ………………………………………………………………………………………….. 58
Entroido en San Vicente. A queima do vimbio ………………………………………………… 60

3
2.1.1.2. As actividades complementarias …………………………………………………………………….. 64
Xoves de Comadres e Compadres ...................................................................... 64
Desfile Infantil de Disfraces ................................................................................ 65
Actividades de iniciativa privada ......................................................................... 66
Outras actividades culturais. Exposicións, charlas e obradoiros ........................ 67
2.1.1.3. Programas completos do Entroido do Grove ...................................................... 68
2.1.2. Infraestrutura e equipamentos ............................................................................ 70
2.1.2.1. Pavillón de deportes ............................................................................................ 70
2.1.2.2. Carpa do Entroido ............................................................................................... 71
2.1.2.3. O “Sambódromo” ................................................................................................ 73
2.1.2.4. Outras instalacións e espazos ............................................................................. 74
2.1.3. Seguridade ............................................................................................................ 75
2.1.4. Investimentos ........................................................................................................ 78
2.1.4.1. Orzamentos municipais ....................................................................................... 78
2.1.4.2. Outros recursos ................................................................................................... 79
2.2. Promoción do Entroido do Grove ……………………………………………………....………………. 80
2.2.1. Plan de comunicación do Entroido do Grove ......................................................... 80
2.2.1.1. Publicity: a presentación do programa …………………………………………………………… 80
2.2.1.2. Publicidade en medios pagados ……………………………………………………………………… 81
2.2.1.3. Publicidade en medios propios ………………………………………………………………………. 81
2.2.2. Material promocional xerado ……………………………………………………………………………. 84
2.3. Importancia turística do Entroido do Grove ………………………………………………………… 85
2.3.1. A significación turística do Grove ………………………………………………………………………. 85

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


2.3.2. Consideracións finais: As potencialidades do Entroido do Grove ………………………… 91
Referencias …………………………………………………………………………………………………………………. 92
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 4 a 95

ANEXOS
ANEXO 1. DOCUMENTACIÓN HISTÓRICA
ANEXO 2. VÍDEOS TESTEMUÑAIS SOBRE O ENTROIDO DO GROVE
ANEXO 3. ENTROIDO DO GROVE (2014-2018)
ANEXO 4. ORZAMENTOS DE ENTROIDO

4
Presentación

O Entroido do Grove tense convertido, tras case cen anos de historia documentada, na
principal celebración cultural da vila. A implicación e o sentimento con que os veciños e
veciñas do Grove participan nesta celebración resulta dificilmente descritible e case imposible
de plasmar por escrito. Segundo a máxima popular, todos e todas os mecos formaron parte
nalgún momento da súa vida dalgunha das comparsas e non se pode atopar ningún “meco”
que non se disfrazara nestas festas.

Esta festa conta con peculiaridades vinculadas coa música, a ironía e a “troula” recollidas
directamente no fenómeno das comparsas. No Grove as comparsas proceden dunha tradición
ben distinta á que se recolle noutras localidades e ten evolucionado cara a un concepto do que
non se encontra nada semellante en toda Galicia. A súa vertente reivindicativa combínase
cunha capacidade de atracción de público sen precedentes, tanto nas actividades oficiais, onde
actúan as comparsas, como nas tradicionais rutas polos bares, que permiten dinamizar a vila
nun mes de inverno con visitantes de proximidade.

O incuestionable arraigo popular da festa, confirmado pola participación da poboación local,


conta, ademais, cun arquivo histórico de grande importancia, onde se poden atopar
testemuños escritos da evolución da vila e do pais. A propia evolución do idioma, dos
costumes, do comportamento político e incluso da opinión pública quedan reflectidos nas
“historias” das comparsas, que serven como testemuño escrito da cultura popular.

O valor cultural desta celebración resulta, polo tanto, máis que demostrado, sen perder de
vista que durante os aproximadamente dez días que dura esta celebración se programan
actividades para todas as idades e que recollen todo tipo de disciplinas: música, literatura,
exposicións, gastronomía, teatro..., permitindo que o desenvolvemento do Entroido do Grove
se vexa enriquecido ano tras ano.

Dende o punto de vista da organización e a loxística, esta festa tense caracterizado por unha

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


boa combinación da iniciativa pública, xa que dende o propio Concello é dende onde se dirixe
toda a organización, pero tamén da privada, que complementa o amplo programa municipal
con actividades adicionais. Debe terse en conta ademais que, especialmente nos últimos anos,
se ten feito un especial esforzo promocional para que o resto de Galicia coñeza a Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 5 a 95

singularidade e peculiaridade do evento, ao tempo que se teñen feito esforzos


verdadeiramente importantes para garantir a seguridade de todas as actividades.

Todo isto, e tal e como desenvolveremos neste informe, fai da Festa do Entroido do Grove un
evento de grande interese turístico e cultural que pretende seguir medrando para poder
conseguir un obxectivo fundamental: dar a coñecer a singularidade e o atractivo da vila do
Grove alén das nosas fronteiras.

5
BLOQUE I. ELEMENTOS BÁSICOS PARA A DECLARACIÓN

1.1. Antigüidade: as orixes remotas da Festa do Entroido

1.1.1. As orixes do Entroido en Galicia como punto de partida


Segundo todos os investigadores e historiadores, o Entroido é celebrado en toda Europa dende
épocas descoñecidas (Sánchez, 2007). Non se sabe con certeza a súa orixe, algúns pensan que
vén da tradición celta, outros afirman que ten vinculación coa adoración a Baco ou a Dionisos.
Certo é que, coa chegada do cristianismo, moitas festas pagás que se celebraban antigamente
foron adoptadas pola nova relixión. Deste xeito, esta celebración que se vinculaba coa
despedida do inverno mesturouse coa despedida da carne antes do período de abstinencia da
Coresma (que comeza o Mércores de Cinza, corenta días antes do Domingo de Ramos).

En Galicia existen manifestacións dunha fonda tradición desta celebración que inda se mantén
hoxe en día. Son moi recoñecidos os entroidos da provincia de Ourense (Bande Rodríguez,
1982) a algúns da zona de Lugo (Blanco Prado, 2013) por manteren tradicións ancestrais moi
relacionadas cos chamados “ritos de grupo”. Pódense citar os cigarróns, as pantallas, os
peliqueiros, os correos, os xenerais, etc. Ademais dos disfraces e do simbolismo de portalos,
no Entroido son comúns os “testamentos”, “arranques” ou “coplas”, que se definen como
sátiras da realidade e de feitos acontecidos durante o ano, incluíndo os referidos aos veciños e
veciñas ou ás institucións públicas.

Imaxe 1. Entroidos tradicionais de Galicia (Fonte: Turismo de Galicia, 2018)

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 6 a 95

6
No século XIX o Entroido evoluciona cara a unha celebración vinculada coa sociedade burguesa
e nos liceos da cidades comezan a organizarse bailes con disfraces máis elaborados. Xa no
século XX, durante a época de guerra e a posguerra, o Entroido foi perseguido, o que supuxo
que se perdesen algunhas tradicións (Ramos, 2002). O proceso de recuperación desta festa
iniciouse nos anos setenta, tanto nas cidades como nas aldeas e vilas, con concursos e desfiles.
En todo caso, unha premisa fundamental do Entroido ten que ver cun espírito crítico e co ton
de sátira.

Imaxe 2. Desfile de Entroido no Grove, c. 1973 (Fonte: Crónicas Mecas)

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 7 a 95

7
1.1.2. As primeiras letras das comparsas (1922-1936)
Tal e como se recolle no ANEXO 1, as referencias históricas do Entroido do Grove contan con
documentación escrita dende o ano 1922 (Mascato, 2018). Nese ano dátase a primeira
“historia” dunha comparsa. Ese documento escrito recollía a letra que cantaban esas
agrupacións polos bares; escritos que se distribuían entre os propios membros da comparsa
para cantar e tamén entre a xente que escoitaba para poder seguir a canción.

En febreiro de 1922 “Somos os Triunfantes” saian ás rúas do Grove para practicar a crítica
política e social sobre o que tiña acontecido na vila, pero tamén no referido a toda España.
Esta primeira letra de comparsa estaba escrita en galego por Cándido Otero Goday (secretario
do xulgado da localidade) e resulta especialmente importante observar como –con pequenos
cambios– a estrutura da “historia” resulta moi semellante á que actualmente fan as comparsas
do Grove. Nos anos seguintes constátase a existencia de máis agrupacións, porén, baixo o sino
da ditadura de Primo de Rivera estas coñecíanse como tunas ou rondallas, con letras menos
críticas e ácidas que as de anos anteriores. Coa chegada da II República o Entroido volveu
coller un novo pulo e xorden agrupacións que son claras e concretas nas súas críticas.
Podemos mencionar, en 1932, a comparsa “Os Destronados” ou “Os Farristas”. Ambas as
agrupacións empregaban músicas de danza, pasodobres ou mazurcas populares na época.
Especialmente interesante resulta a letra de “Os Farristas”, xa que constata un bo
coñecemento da celebración do Entroido no Grove, máis aló da localidade:

“Un carnaval tan hermoso


de simpatía agradable
tan dulce y más famoso
no lo abrá (sic.) visto nadie”.

Podemos citar outras agrupacións dese período, como “Los Obreros Parados” (1933) ou as
vencelladas a clubs sociais e culturais, como “Minerva”, ou a centros republicanos.
Especialmente interesante resulta a anécdota narrada por Mascato (2018), quen indicaba que:

“(...) naqueles anos de finais da década de 1920 e a ata 1936, o gran protagonista do

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


carnaval é Jose o Carrasco que coa súa comparsa saía moitas veces acompañado dun
burro co que falaban figuradamente, unhas veces o burro era o secretarios municipal,
outras o alcalde, mesmo foron a Pontevedra onde o burro representaba ao propio
gobernador civil (...)” Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 8 a 95

A retranca, a crítica e a sátira fluían sen problema nas historias das comparsas locais, ben fose
en galego ou en castelán, cantando as letras polas rúas, nos locais e incluso diante da porta das
casas dos mencionados na burla. Ben é certo que nesta época tamén existía a censura previa e
posterior e o municipio incluso contaba cunha ordenanza escrita1 que obrigaba a pasar o
control das letras antes de seren impresas e á entrega destas unha vez saísen do prelo.
Constátase que en numerosas ocasións as forzas da orde interviron para disolver agrupacións,
pero iso non impediu que abundantes testemuños da actividade das comparsas naquela época
chegasen ata os nosos días.

1 Ordenanza do 1927.

8
Imaxe 3. Letra de comparsa (1926) (Fonte: Arquivo Municipal do Grove)

9
Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 9 a 95
1.1.3. A Guerra e a ditadura (1936-1978)

A partir desa referencia, e observando a documentación posterior así como as imaxes que se
gardan do evento, pódese confirmar que o Entroido do Grove tivo unha (case) total
continuidade no tempo dende os comezos do século XX. O parón de 15 anos2 provocado pola
Guerra Civil e posterior ditadura foi roto por agrupacións de rondallas (Imaxe 5) con cancións
suaves e pouco ácidas (Imaxe 6) que suplían a falta de recursos con disfraces neutros. Os datos
orais indican que no Grove non houbo comparsas no período entre 1935 e 1952 (Semente,

Imaxe 5. Rondalla de “Pepe Silva”. Entroido 1954 (Fonte: Crónicas Mecas)

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 10 a 95

Os maiores da localidade son testemuñas (ANEXO 2) de que as Festas de Entroido se


disfrazaban de “Festas de Inverno” e deste xeito foron sobrevivindo incluso durante a
ditadura. Tanto é así, que xa nos anos 50 consta esta celebración do Entroido, que se
consideraba unha festa válida e consentida polo réxime e, quizais alentados por esta
“permisividade”, comezan a aparecer os temas considerados picantes e incluso máis directos á
hora de falar de problemas ou asuntos de carácter local, inda que segue sendo prioritario o
uso do castelán fronte ao galego e, en todo caso, se mantiña o control previo sobre as letras.

2 Miguel Roiz nun artigo da revista Triunfo de 1974 indica que os carnavales en Galicia foron
“suprimidos oficialmente en 1937 y hasta 1945, en que se reanudaron” (Roiz, 1974: 27)

10
Imaxe 6. Letra da “tuna” Alegría y Música. Entroido 1953 (Fonte: Crónicas Mecas)

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Segundo Mascato (2018), “as décadas de 1950 a 1980 son de evolución e consolidación da Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 11 a 95

maneira que temos no Grove de entender o carnaval: comparsas, moita comparsa e


choqueirada”. E precisamente a partir dos 50 comézanse a visibilizar unha composición das
comparsas que se representa segundo o seu concepto actual (Imaxe 7). Inda que os disfraces
son sinxelos e discretos, axiña se van collendo folgos para que os choqueiros gañen unha
importante presenza e as comparsas sexan grupos de música e crítica completamente
disfrazados e dispostos a percorrer os bares da localidade.

11
Imaxe 6. Comparsa (1952) (Fonte: Crónicas Mecas)

Outra das características que se consolida a finais dos anos 50 é a existencia de “comparsas
estrelas”. As agrupacións máis recoñecidas contaban con seguidores fieis ano tras anos e as
letras das súas historias seguen sendo recordadas a día de hoxe, téndose convertido en
patrimonio oral da localidade, tal e como narran nos vídeos recollidos no ANEXO 2 desta
solicitude. A comparsa de Caneda (Imaxe 7), na parroquia de San Martiño do Grove, e a do
Coxo, na de San Vicente, preséntanse como referencias fundamentais da historia do Entroido.

A distribución das comparsas “por barrios” era habitual naquelas datas e xa se presentaba
unha gran competencia entre elas (especialmente entre Peralto e O Vento). O premio

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


outorgado á mellor comparsa de cada ano era unha bandeira bordada co escudo da
localidade (Imaxe 11). As comparsas quedaban con ese galardón e saían nos anos seguintes
portando estes estandartes, que as clasificaban como comparsas de referencia. A bandeira é,
polo tanto, unha referencia ao falar das comparsas e cada unha delas portaba, ademais, unha Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 12 a 95

propia co nome da agrupación ou símbolos característicos do grupo.

12
Imaxe 7. Historia de “Caneda y sus machotes”. Entroido 1958 (Fonte: Crónicas Mecas)

13
Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 13 a 95
14
Imaxe 8. Historia “El Cojo y sus machotes”. Entroido 1956 (Fonte: Crónicas Mecas)

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 14 a 95
Imaxe 9. Comparsa “Caneda y sus machotes”. Entroido 1957. (Fonte: Crónicas Mecas)

Imaxe 10. Comparsa “El Cojo y sus machotes”. Entroido de 1964 (Fonte: Crónicas Mecas)

15
Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 15 a 95
16
(Fonte: Arquivo Municipal O Grove)
Imaxe 11. Membros da comparsa “Os Cuanchos” coa bandeira do Entroido. Entroido 1972

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 16 a 95
O funcionamento da censura era, segundo os propios protagonistas daquela época, algo máis
relaxado a partir dos 70. O proceso habitual era que as comparsas presentasen o texto para a
súa validación no Concello e logo simplemente cantasen doutro xeito polas rúas. A pesar
disto non se producían problemas ao non existir constancia escrita da modificación e, en varios
casos, producirse discusións con alcaldes o secretarios que remataban sen máis incidencia ao
manterse a versión “oral” da letra.

Imaxe 12. Historia “Os Encontrados”. Entroido de 1971 (Fonte: Arquivo Municipal)

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 17 a 95

17
1.1.4. Da democracia ao cambio de século (1979-2000)

A chegada da democracia veu a consolidar unha festa que, a pesar da censura previa e o
control existente, non conseguiu ser apagada. As festas de Entroido en Galicia consideráronse
“festas populares” de carácter local e, polo tanto, non eran promocionadas. Tal e como
contaba Miguel Roiz na súa crónica de 1974 sobre os Carnavales en Galicia:

“Días antes habíamos estado en las oficinas del Ministerio de Información y Turismo en
Madrid, a pedir información sobre los carnavales de Galicia. No tenían – nos dijeron-
ninguna noticia oficial sobre los mismos, y en los folletos que publicaban sobre las
fiestas de cada región no aparece en ninguna parte fiesta ni celebración de Carnaval.
Sin embargo, por noticias indirectas, sabíamos de su importancia e interés histórico,
antropológico e incluso social” (Roiz, 1974: 27)

Non obstante, a partir dos anos 80 queda patente a grande presenza do Entroido nas
distintas localidades de Galicia:

“El carnaval es, sin duda, la expresión festiva más rica de toda la cultura popular
gallega. En torno a ella se desarrollan canciones, danzas, disfraces y máscaras de
origen ancestral bajo las que el gallego habla de quien dio de hablar, crítica a quien lo
presiona, arremete contra el cacique y denuncia a quien abusó de su poder y autoridad.
Es el momento en el que el pueblo se burla de los poderosos e incluso de sí mismo por
soportarlos. Y en carnaval llega acompañado generalmente de una fuerte connotación
política” (Sánchez, 1980).

No caso do Grove, a carga de crítica política xa existente en décadas anteriores pasa a ser
agora clara e directa. Ata tal nivel é importante este contido que podería escribirse a historia
da política local atendendo as historias das comparsas. Todos os sucesos importantes dende
a chegada da democracia aparecen plasmados nas letras e, nalgúns casos, falando con nomes

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


e apelidos dos seus protagonistas. Así, no ano 1983 facíase alusión aos rumores da vinculación
dalgúns cargos municipais co narcotráfico (Imaxe 12) e no 1984 dos gastos excesivos dos

Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 18 a 95


investimentos en obras no Concello (Imaxe 13). Xa no 1985 comeza a estar latente a
preocupación por un posible traslado do Casino da Illa da Toxa (Imaxe 14) e as idas e vindas do
Concello, o primeiro en ter unha moción de censura en España (Imaxe 15).

Neste período tamén atopamos outros cambios importantes:

Nestes anos xorde o que a revista local Semente dá en chamar “nova ola comparsística
grovense” e que tería como expoñente fundamental a comparsa “Os Cuanchos”, liderada por
“Cholo”. As letras eran máis directas e o “teatro” e a representación dos participantes era moi
traballado e cómico. A calidade musical dos grupos seguía sendo moi importante, malia que a
cantidade de instrumentos era inferior. De feito, entra dentro da historia local os 40
instrumentos da comparsa do barbeiro “levamos unha parte orquestal: saxo, acordeón,
trompeta, trombón de varas, batería, vamos enriba dun camión para que a cousa luzca máis,
tipo escenario, como no teatro” (Semente, s.d.)

18
Imaxe 13. Historia de “Os veciños do vento”. Entroido 1983 (Fonte: Xan Caneda)

19
Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 19 a 95
Imaxe 14. Historia de “Los Yeyés y su mariachi”. Entroido 1984 (Fonte: Xan Caneda)

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 20 a 95

Ademais do anterior, nestas datas tamén se observa como nas historias das comparsas
comeza a incluírse publicidade. Deste xeito eran moitos os negocios locais que aparecían nos
folletos que recollen as historias. Esta promoción permitía que as agrupación recollesen fondos
para sufragar o seu traballo. As marcas permitían pagar principalmente as copias das historias
e, deste xeito, tamén se incrementaron os gastos nos disfraces das agrupacións. Tampouco
existe constancia sobre cando comezou outra práctica habitual que servía para que as
comparsas obtivesen fondos: o pago dos bares. Cada local que recibía unha destas agrupacións
pagaba unha contía pola súa actuación, chegando esta a estar consensuada entre os
establecementos a mediados dos anos 80.

20
Imaxe 15. Historia de “Os Lugareños”. Entroido 1985 (Fonte: Xan Caneda)

En terceiro lugar, inda que se consolida por completo o emprego do galego nas letras, tamén
queda patente o total descoñecemento formal do idioma, empregándose recursos máis
fonéticos que gramaticais para resolver as dúbidas e, sobre todo, tentando reflectir a realidade
lingüística e as peculiaridades da fala do Grove. Resulta especialmente rechamante como a
totalidade das letras están en galego, pero non así os nomes das comparsas non os títulos das
cancións que serven como base, das que se respecta o título orixinal en castelán.

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Tamén podemos destacar como o feito, xa mencionado, de que a organización das comparsas
facía posible recadar fondos. Tanto pola venda das historias como o que se achegaba por
parte dos patrocinadores, dos bares ou locais onde se actuaba, como incluso pola Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 21 a 95

incorporación do premio económico por parte do Concello, xorden as comparsas que se


organizan para ese fin, como é o caso de “Os Viaxeiros”, organizada no Colexio Público Rosalía
de Castro para que os alumnos e alumnas de último ano (8º de EXB) xuntasen diñeiro para
poder realizar a excursión de fin de cursos (Imaxe 16).

Finalmente, a consolidación e importancia do Entroido do Grove na comarca vén marcada


pola asistencia de comparsas e agrupacións doutras localidades veciñas para participar na
festa meca por excelencia. Estas súmanse ás comparsas locais, que superan a decena a partir
dos anos 90, producíndose un verdadeiro “boom” de participación que supón que a práctica
totalidade da poboación local das xeracións dos anos 70 teña “ido” nalgunha das comparsas.

21
22
Imaxe 16. Historia “Os Viaxeiros”. Entroido 1987 (Fonte: Xan Caneda)

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 22 a 95
Este período resulta fundamental tamén no relativo á consolidación de determinadas
comparsas. Nas décadas anteriores foron poucas as agrupacións que repetían participación
ano tras ano (como Os Cuanchos ou Os Firrás), pero a mediados dos 80 as novas xeracións de
rapaces máis novos rompen cunha tendencia que supuña que as comparsas se creaban
especificamente para os entroidos e incluso cambiaban os nomes para cada ocasión.

Entre fins dos oitenta e comezos dos noventa xorden algunhas das comparsas máis duradeiras
do Entroido do Grove.

Os Muchachos Boys foi creada por un grupo de rapaces de arredor dos 12 anos no 1987. A súa
participación no Entroido respondía ás ganas dos máis cativos de seren partícipes dunha festa
tan arraigada e importante na vila. Esta agrupación pode ser considerada a causante dunha
segunda “nova onda” nas comparsas mecas. Ata aquelas datas era habitual que as letras se
concentrasen en dúas ou tres cancións e incluso se marcaba unha dinámica pola cal unha delas
estivese destinada a asuntos locais e a outra falase de cuestións xerais. Os Muchachos Boys
marcaron a posibilidade de facer “poupurris” de música que dinamizaban as actuacións.

Tamén no 1986 xorden Os Garoulos, inicialmente como comparsa masculina, pero que a partir
de 1994 integra tamén mulleres nas súas filas. Os Garoulos foron pioneiros na montaxe de
escenarios e na creación de shows para o Festival de Comparsas, sendo tamén os primeiros en
chegar a editar CD coas súas cancións. Esta agrupación chegou aos 20 anos de existencia,
saíndo no Entroido practicamente todos os anos dende a súa creación.

A primeira agrupación integramente feminina foi creada no 1994: As + Plus. Ata aquelas datas
existían agrupacións mixtas, pero as máis delas eran exclusivamente masculinas, polo que a
presenza da muller nas comparsas era menor que a dos homes. Esta comparsa é, por hoxe, a
máis lonxeva da localidade, tendo chegado aos 25 anos de existencia neste 2018.

Xa no 1999 xorde outra comparsa mixta chamada Os da Bayuca. A meirande parte dos seus
compoñentes eran mozos e mozas que contaban con experiencia noutras comparsas. O
altísimo nivel de calidade tanto na música, como nas letras e no vestiario supuxo que esta
agrupación fose “intratable” como campioa en numerosos festivais locais, pero tamén fóra do

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Grove, sendo vencedora no concurso de murgas de Pontevedra e unha das máis aclamadas en
concursos como os de Vilagarcía de Arousa.

Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 23 a 95


No 2002 xorde unha nova agrupación formada por rapaces da vila. Os Güeros naceron, como
case todas, da iniciativa de mozos que tiñan participado noutras agrupacións. Conseguiron
converterse na agrupación máis numerosa das que teñen participado nos festivais de
comparsas, con máis de 110 compoñentes en distintos anos e conseguindo erixirse en
gañadores en varias ocasións.

Neste período tamén participaron comparsas que non continuaron no tempo, incluso algunhas
que, como Os Firrás, xa levaban moitos anos participando (dende 1988). Pódense mencionar,
entre outras, Os Ultrasur –nacida en 1992-, Os Groveiros –que iniciaron en 2006-, As Canteiras
–agrupación creada en 2002 pola Asociación de Xubilados e Pensionistas do Grove-, Os da
Corda Floxa -que participaron en 2007 e 2008-, Os da Criba -creados en 2005-, os Sepelíns e
outros moitos…

23
24
Imaxe 18. Comparsa “As+Plus”. Entroido 1993 (Fonte: Arquivo)
Imaxe 17. Comparsa “Os Muchachos Boys”. Entroido 1992 (Fonte: Arquivo)

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 24 a 95
1.1.5. O Entroido do século XXI no Grove (2001-2018)

O novo século comeza cun Entroido consolidado, cun programa que pouco a pouco se tiña
ampliado ata chegar aos dez días de festa onde en torno á tradición e experiencia das
comparsas do Grove se crea un ambiente que atrae ano a ano a máis visitantes. Deste xeito,
ademais da importancia do Concurso de Comparsas, na última década ten resultado
fundamental o Desfile de Disfraces –outra das citas que conta con moitos anos de tradición– e
todas as actividades infantís que inciden na continuidade da tradición na vila.

Imaxe 19. Historia “Os da Bayuca”. Entroido 2000 (Fonte: Xan Caneda)

Imaxe 19. Comparsa “Os Sepelíns”. Entroido 2002 (Fonte: Xan Caneda)

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 25 a 95

25
Imaxe 20. Comparsa “Os Cuanchos”. Entroido 2004 (Fonte: Xan Caneda)

O altísimo nivel conseguido polas comparsas locais ten suscitado unha gran expectación cara
ao Entroido do Grove, téndose consolidado como un dos máis importantes da provincia no
relativo a visitantes e á dinamización da localidade. A retransmisión do evento en sistema
streaming nos últimos dous anos acadou máis de 15.000 visualizacións en YouTube.

Imaxe 21. Festival de Comparsas 2018 en YouTube (Festival: Todogrove)

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 26 a 95

26
Táboa 1. Palmarés do Festival de Comparsas do Grove

Ano Gañadores Ano Gañadores


1989 Os Cuanchos 2004 Os da Oposición
1990 Os Cuanchos 2005 Os da Bayuca
1991 Os Muchachos Boys 2006 Os Garoulos
1992 Os Cuanchos 2007 Os da Bayuca
1993 Os Garoulos 2008 Os da Bayuca
1994 Os Muchachos Boys 2009 Os da Bayuca
1995 Os Muchachos Boys 2010 Os Güeros
1996 Os Sepelíns / Os Garoulos 2011 Os da Bayuca
1997 Os Muchachos Boys 2012 Os da Bayuca
1998 Os Muchachos Boys 2013 As+Plus
1999 Os Garoulos 2014 Leña Verde
2000 Os da Bayuca 2015 Os da Bayuca
2001 Os da Bayuca 2016 Leña Verde
2002 Os da Bayuca 2017 Leña Verde
2003 Os da Bayuca 2018 As+Plus

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 27 a 95

27
1.2. Singularidade: a diferenciación no Entroido do Grove

1.2.1. As comparsas como referencia diferencial do Entroido do Grove

1.2.1.1. Que se entende por comparsa no Grove? Diferenciación

Tal e como se ten recollido no percorrido histórico realizado no epígrafe anterior, as


comparsas foron as que marcaron o desenvolvemento do Entroido local e son, ademais, as
que marcan unha maior diferenza deste. Non podemos perder de vista que o concepto de
“comparsa” tal e como se entede no Grove non ten case semellanzas en toda Galicia.

A segunda acepción do termo “comparsa” no dicionario da Real Academia3 Española indica


que esta é un “Conjunto de personas que, en algunas festividades, van disfrazadas con trajes
de una misma clase”, definición que coincide coa primeira acepción do dicionario da Lingua
Galega da Real Academia Galega: “Conxunto de persoas que en festas públicas, especialmente
no Entroido, van vestidas ou disfrazadas igual”. Deste xeito, na meirande parte da xeografía
galega ao falar de comparsas nas distintas festas de Entroido refírense a grupos ou carrozas
que desfilan cos seus disfraces, xeralmente bailando. Tal é o caso do recoñecido Entroido de
Verín ou como sucede cos entroidos na provincia de Coruña e Lugo. Na Figura 1 podemos
observar como nestes casos se refiren a un concepto máis vencellado co Entroido doutras
zonas do país, como é o caso do Carnaval de Tenerife ou en Cádiz.

O concepto de “comparsa” manexado no Grove ten máis presenza nas zonas de costa da
provincia de Pontevedra. Deste xeito as comparsas entendidas como agrupacións musicais
que se centran na crítica e na burla como divertimento teñen presenza na localidade meca e
tamén en Vilagarcía de Arousa, Vilaxoán, A Illa de Arousa, Cambados, Poio, Bueu ou Cangas.
Na Figura 2 podemos observar imaxes dos festivais que se celebran nesas localidades.

Deste xeito, caracterizamos as comparsas do Grove como agrupacións musicais onde a crítica

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


e a música son o elemento fundamental. Debe incidirse que existen en Galicia outros lugares
con tradición de agrupacións que se axustarían a esta definición –tal é o caso das murgas na
cidade de Pontevedra (ver Figura 2)–, pero debe terse en conta que neste caso se trata de
agrupacións máis teatrais que non fan a tradicional ruta polos bares coma no Grove. Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 28 a 95

Ademais desa diferenza, tamén debemos ter en conta que o evento fundamental vinculado
coas comparsas no Grove, o Festival de Comparsas, é unha celebración multitudinaria na que
participan 10 comparsas ante 1.100 espectadores. Como se pode comprobar na Figura 2, os
eventos de comparsas que poidan ter algo de semellanza non contan con esas dimensións ou
capacidade de impacto. De feito, as comparsas do Grove participan nos outros festivais e,
xeralmente, conseguen situarse como as mellores.

3
Diccionario de la Real Académica de la Lengua: http://dle.rae.es/?id=9zPazv6

28
Figura 1. Imaxes e referencias doutras “comparsas” en Galicia
(desfiles de disfraces)

González, Eva (2018) “Las comparsas de Tomiño


acaparan premios y triunfan en Galicia y Portugal” en
Faro de Vigo, 15 de febreiro de 2018.

http://www.farodevigo.es/comarcas/2018/02/15/compa
rsas-tomino-acaparan-premios-triunfan/1838068.html

Álvarez, Jorge (2018) “La comparsa ´más loca` del


Entroido de Verín se llama Telepolbo” en Faro de Vigo, 17
de febreiro de 2018.

http://www.farodevigo.es/portada-
ourense/2018/02/17/carnaval-ourense--telepolbo-
comparsa/1839622.html

La Voz de Galicia (2018) “Nueve comparsas para el


concurso de entroido de Cee, que será mañana” en La
Voz de Galicia, 16 de febreiro de 2018.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/cee/2018
/02/16/nueve-comparsas-concurso-entroido-cee-sera-
manana/0003_201802C16C10996.htm

Méndez, Mila (2018) “El desfile de carrozas y comparsas


vence a la lluvia (A Coruña)” en La Voz de Galicia, 12 de
febreiro de 2018.

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2018/02/1
1/carrozas-comparsas-vencen-
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 29 a 95
lluvia/0003_201802H11C4991.htm

La Voz de Galicia (2018) “El desfile de entroido en


Santiago se mantiene pese al mal tempo” en La Voz de
Galicia, 13 de febreiro de 2018.
“(…) En las calles compostelanas se inscribieron ocho carrozas,
catorce comparsas y cinco grupos, además de once parejas y
ocho personas candidatas al mejor disfraz individual (…)”.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/ames/20
18/02/13/duelo-calle-golpe-careta-
descaro/0003_201802S13C11992.htm

29
La Voz (2018) “En Pantón y Quiroga todavía hay
carnaval” en La Voz de Galicia, 17 de febreiro de 2018.

“(...) los municipios de Pantón y Quiroga se disponen a


celebrar sus desfiles de comparsas (…)”

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2018/02/17
/panton-quiroga-carnaval/0003_201802M17C5991.htm

Sotelinio, B.R. (2018) “Gondomar gana el entroido de


Vigo” en La Voz de Galicia, 15 de febreiro de 2018
“(...)«Cun as na manga» se llevó el premio de comparsas
de un carnaval que ayer se despidió (…)”

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2018/02
/15/gondomar-gana-entroido-
vigo/0003_201802V15C6991.htm

La Voz de Galicia (2018) “Fene mira al cielo para festejar


su carnaval” en La Voz de Galicia, 14 de febreiro de 2018
“(…)Las comparsas pontesas desfilaron por la villa a pesar
del mal tiempo y la celebración remató bajo una carpa
(…)”
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/fene/2018/
02/14/fene-mira-cielo-festejar-carnavalmuestra-anual-
sobre-semana-santamirada-infantil-
naval/0003_201802F14C11993.htm

Cortés, Carlos (2018) Las comparsas salieron, pero con


paraguas” en La Voz de Galicia, 14 de febreiro de 2018.
“(…) las comparsas que ayer participaron en el desfile del

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


martes de carnaval en Monforte (…)”

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2018/02/14
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 30 a 95
/comparsas-salieron-
paraguas/0003_201802M14C3991.htm

30
Figura 2. Festivais de “comparsas” noutras localidades de Galicia

VILAGARCÍA DE AROUSA // Foto: Martina Miser (La Voz de Galicia)


“(...) El Concello no logró completar las diez plazas del
Festival de Comparsas, que se celebrará el domingo y
en el que actuarán, finalmente, siete agrupaciones. Se
trata de las mecas As más plus, Leña Verde, Jana de
Leria, y A Tropa de Moncha A Caralla; las vilaxoanesas O
Xoubal y Maraghota e media y Os de Noalla, de
Sanxenxo (...)” Diario de Arousa, 8/02/2018

VILAXOÁN // Foto: Iñaki Abella (Faro de Vigo)

“(...) El festival de comparsas, con la actuación de dos


grupos locales y otro de A Illa de Arousa (...)”
Faro de Vigo, 17 de febreiro de 2018.

CAMBADOS // Foto: Martina Miser (La Voz de Galicia)

“(...) y el Concurso de Comparsas, a partir de las 18


horas en Peña. El Ayuntamiento implantó este festival
hace tres años pero la participación es escasa y nunca
se cubren las 10 plazas habilitadas (...)” Diario de
Arousa, 13 de febreiro de 2018.

BUEU // Foto: G.N. (Faro de Vigo)

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


“(...) estarán las cinco murgas de Bueu, junto a Os Máis
ou Menos (O Hío) y Marcha Local (Aldán)” Faro de Vigo,
17 de febreiro de 2018.
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 31 a 95

PONTEVEDRA // Foto: Rafa Fariña (Diario de Pontevedra)


“(...) El concurso, que este año celebra su
decimoséptima edición, se dividirá en dos eliminatorias.
La primera de ellas comenzará a las nueve de la noche y
en ella participarán los siguientes grupos: Os de Noalla,
Val do Lérez y su E agora que?, Murga do Naveiro y su
50 cuquis de Brey y Toma de Moncha A Caralla (O
Grove). La segunda eliminatoria (...) las murgas en
concurso son El nacimiento de los PTV, Equipo Ja, Leña
Verde y Jana de Leira (...)” Diario de Pontevedra, 12 de
febreiro de 2018.

31
1.2.1.2. Características das comparsas mecas

Tal e como se ten recollido no percorrido histórico realizado no epígrafe anterior, as


comparsas foron as que marcaron o desenvolvemento do entroido local e son, ademais, as
que marcan unha maior diferenza deste. Non podemos perder de vista que o concepto de
comparsa evolucionado baixo a cultural local do Grove se ten concretado nun modelo moi
claro e preciso do espectáculo vinculado ao Entroido.

Tendo en conta todo o valorado na evolución das comparsas nos apartados anteriores,
podemos sintetizar unha serie de características concretas para que se poidan entender. Para
ese fin, podemos tomar como referencia os criterios que segue o Xurado do Festival de
Comparsas para a súa valoración. Estes son:

- Canto e música: a calidade musical e de execución das cancións ademais da


interpretación vocal destas.
- Interpretación e posta en escena: a actuación e dramatización dos grupos en escena.
- Vestiario: a súa realización artesanal, a súa orixinalidade e vistosidade, o mesmo que
as maquillaxes e os complementos.
- Crítica: a letra, a finura do “aguillón”, a súa capacidade de berrarlle ao Entroido e a
valoración humorística, coas mellores formas.

Isto dá lugar a que identifiquemos as seguintes peculiaridades:

Figura 3. Peculiaridades das comparsas mecas


Canto e música
Alto nivel de execución musical.
Grande variedade de músicas de base, prioritariamente música popular actual.
Interpretación vocal a varias voces.
Combinación de voces masculinas e femininas (cando as hai).
Diversidade de instrumentos, sendo prioritarios os de corda e percusión.

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Interpretación
Gran carga teatral acompañada de gran cantidade de atrezzo.

Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 32 a 95


Existencia de un ou varios personaxes de transición con numerosos cambios de vestiario.
Total coordinación entre a letra e a interpretación.
Representación da crítica mediante a interpretación teatral humorística.

Vestiario
Nivel medio ou baixo da calidade do vestiario.
Reducida orixinalidade: tipos de disfraces temáticos habituais.
Vinculación do vestiario coa tema da interpretación, pero non coas críticas.

Crítica
Crítica fiada contando historias enlazadas.
Crítica insinuada e crítica directa (menos frecuente).
Grande dose de ironía e xogos de palabras
Utilización do galego coas características habituais da zona do Grove.

32
1.2.2. O Entroido meco fronte a outros entroidos de Galicia
Chegados a este punto, debemos incidir na singularidade do Entroido do Grove, representada
especialmente nas comparsas, inda que, como veremos, acompañada dunha gran variedade
de actividades e propostas culturais. En calquera caso, debemos incidir na existencia doutras
festas de Entroido declaradas de interese turístico e incluso de interese turístico nacional na
nosa comunidade. Estas quedan recollidas na seguinte táboa, onde se pode comprobar que,
como xa indicamos, a meirande parte delas se celebran na provincia de Ourense, existindo tan
só dúas referencias en Pontevedra.

Sexa como sexa, o máis importante desta cuestión está en que ningunha das celebracións de
Entroido ou Carnaval recollidas como festas de interese turístico comparte características coas
celebracións do Grove. Deste xeito, todas as recoñecidas céntranse en tradicións etnográficas
vinculadas coas roupas e os bailes (os “xenerales” en Ulla, peliqueiros, cigarróns e pantallas…)
e polo tanto pódese considerar que existe unha total diferenza do Entroido meco fronte a
outros entroidos de Galicia.

As diferenzas obsérvanse no desenvolvemento do evento principal (o Festival de Comparsas),


pero esténdense a todo o programa das festas4, onde se pode identificar perfectamente unha
percepción cultural do Entroido, dos disfraces e da festa que se celebra ao redor, moi
característica da poboación do Grove durante décadas.

Táboa 2. Festas de Entroido consideradas de interese turístico

Denominación Localidade Provincia Ano


declaración
Festas de interese turístico nacional
Entroido Xinzo de Limia Xinzo de Limia Ourense 1997
Entroido de Verín Verín Ourense 2009
Entroido dos Boteiros Vilariño de Conso Ourense 2016
Festas de interese turístico

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Carnaval de Cobres Vilaboa Pontevedra 1999
Carnaval de Laza Laza Ourense 2000
Carnaval Ulla (Carnaval de los Generales) Varias localidades Ourense 2013
Canaval de Maceda Maceda Ourense 2014 Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 33 a 95

Festa da Androia e o Entroido Viana do Bolo Ourense 1999


Folión del Carnaval de Manzaneda Manzaneda Ourense 2008

4 Ver Bloque II sobre xestión e loxística do Entroido.

33
34
Figura 4. Imaxes de Festivais de Entroido do Grove (varias datas)

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 34 a 95
1.3. Arraigo: a implicación e o sentimento local polo Entroido

1.3.1. O que contan os maiores


O arraigo do Entroido do Grove constátase ao coincidir a meirande parte dos veciños e veciñas
do Grove en que esta é a celebración máis importante da localidade. Nin as festas patronais
nin outras celebracións ou festividades acadan os niveis de participación nin de implicación
que consegue o Entroido, e temos que ter en conta que tamén é unha das festas non relixiosas
máis antigas da localidade.

A realidade deste arraigo pode constatarse dun xeito máis concreto e directo cos testemuños
recollidos nos vídeos que figuran no ANEXO 2 e que tamén están dispoñibles no Facebook do
Entroido do Grove (https://www.facebook.com/entroidodogrove/). Neles transmítense
historias de como eran os entroidos de anos atrás, pero tamén de como se vivían estes e a
emoción que provocaban nos veciños e veciñas.

Imaxe 22. Vídeos sobre o Entroido do Grove no Facebook Entroido do Grove (2018)

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 35 a 95

35
1.3.2. A participación dos máis novos e as máis novas

O arraigo e a importancia desta festa tamén se confirma no feito de que os máis pequenos se
implican dende moi pronto na súa celebración. Dende a participación nos festivais e bailes de
disfraces infantís ata a asistencia directa nas comparsas, onde é habitual que os mais cativos
acompañen aos pais ou nais que participan nelas. Incluso se crean grupos infantís específicos
destas comparsas e teñen actuado nos festivais nenos e nenas de moi curta idade amosando
unha paixón e entrega totais.

Imaxe 23. Festival infantil. Entroido 2017 (Fonte: Todogrove)

Esta participación dos máis pequenos no Entroido vén sendo así dende moito tempo atrás, xa
que a tradición de disfrazar os rapaces e rapazas nestas datas supón un costume e case un

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


ritual polo cal os pais visten aos cativos dende o primeiro ano de vida.

Imaxe 24. Faro de Vigo, 13 de febreiro de 2017

Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 36 a 95

36
Imaxe 25. Actuación na Comparsa “Os da Bayuca”. Entroido 2015 (Fonte: Todogrove)

Imaxe 26. Actuación na Comparsa “Os da Bayuca”. Entroido 2015 (Fonte: Todogrove)

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 37 a 95

Pero un dos aspectos que resulta, sen dúbida, máis subliñable ao referirse á participación no
Entroido do Grove é o relativo ao Festival de Comparsas. Este evento celébrase o sábado no
Pavillón de Deportes Municipal, que conta cunha infraestrutura habilitada especificamente
para o evento, convertendo este espazo nun auditorio improvisado para 1.100 persoas. O
Concello organiza o espectáculo fixando un prezo público de 4 euros por entrada, que se
poñen á venda no despacho de billtes o mesmo día do festival. No ano 2017 as entradas
vendéronse en 5 horas, tempo que se reduciu a 2 horas no 2018, o que deixa claro o interese
do evento.

37
38
Imaxe 27. Faro de Vigo, 10 de febreiro de 2018

Imaxe 28. Parte do público asistente ao Festival de Comparsa (Fonte: Diario de Arousa)

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 38 a 95
Imaxe 29. Faro de Vigo, 11 de febreiro de 2018

39
Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 39 a 95
1.3.3. Historias de sentimento polo Entroido

O arraigo do Entroido do Grove levou a que houbese persoas que se implicaran especialmente
nesta festa, aumentando a súa calidade e garantindo a súa continuidade. Algunhas destas
persoas foron obxecto de homenaxes durante os propios entroidos. A continuación recollemos
os textos das homenaxes realizadas a estas persoas.

José Vidal Pérez “O Coxo”

Durante o Entroido de 2008 o Concello do Grove homenaxeou unha persoa emblemática do


Entroido da parroquia de San Vicente, José Vidal Pérez, O Coxo. Esta homenaxe realizouse en
forma de exposición pero pretendía recoller unha vida dedicada ao Entroido. Xosé Avelino
Ochoa (2008) foi o encargado de elaborar un texto de loa para O Coxo, que podemos sintetizar
como segue:

“(…) José naceu no febreiro de 1929. Aos poucos meses


de nacer, unha meninxite deixouno eivado dun brazo e
dunha perna (…) De moi mozo foi aprender o oficio de
xastre ao Grove co señor Juan Briones (…) Logo,
marchou para Noalla, onde botou seis anos a
perfeccionar o oficio co señor Juan o de Temperán, dos
de Temperán de aquí, tamén coxo (…) Pasados eses seis
anos, e con Juan o de Temperán xa un pouco enfermo,
veuse para San Vicente e montou unha xastrería na casa
da avoa Eugenia (…). Era o ano 1953 (…) Era tempos
difíciles, aínda que quedaba o Carnaval, un tempor,
herdeiro das Festas lunares, no que, sobre todo nas
pequenas aldeas, era tempo de certa liberdade. E Coxo
estivo sempre, permanentemente, presente no

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Entroido. E tan presente estivo que chegou a
converterse nun personaxe literario no propio Entroido.

Con todo, onde empezou a crearse ese personaxe


literario non foi en San Vicente. A primeira comparsa na Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 40 a 95

que participou foi en Noalla, alá polo 1951. Chamábase A


Coitadiña e nela
aparecía el cunha
Imaxe 30. O Coxo (Autor: Gogue)
toalla por toda vestimenta e unha almofada debaixo
do brazo. Alí empezou o seu protagonismo.

(…) Pois así as cousas, chegou Coxo e montou (…), no 1953 a súa primeira comparsa en San
Vicente. Esta ano o tema central fora, como non, o tema dos soldados da batería de costa, que
se converteran no punto de mira de todas as mozas casadeiras (…)

(…) Pero dicía eu que Coxo ten unha tripla personalidade. Por unha banda, era un profesional
de éxito; por outra, sempre andou participando en todas as actividades colectivas da

40
parroquia; e, por outra, converteuse nun personaxe literario das coplas
do Entroido. Esta é unha característica que diferencia as comparsas de San Vicente das doutros
lugares.

Aquí o fío condutor foi o personaxe literario do Coxo, porque se vos fixades nas coplas, el é un
personaxe (…) E el estivo conforme con en representar este papel, consentiu en ser ese
personaxe de ficción e participou neste xogo por facer un pouco máis felices os demais,
aparecendo como director ao fronte de todas elas, representando roles, ata o de dona Rogelia.

Detrás de todo isto están os que escribían as letras, polo tanto, como autores desa creación
literaria, tamén que ir por eles esta homenaxe. Por iso, esta loanza que se lle fai hoxe ao Coxo
non é só unha homenaxe para el, tamén o é, e ten que ser así, para os autores das letras e
creadores deste personaxe literario (…)”.

Antonio Domínguez Costa “Tonio o Barbeiro”

Bandurra en man, Antonio Domínguez Costa, foi durante


décadas unha das figuras clave do Entroido meco. Unha festa á
que Tonio o Barbeiro se mantivo fiel desde que, cando non era
máis que un neno, entrou a formar parte dunha rondalla
impulsada por Pepe Silva. Fillo, neto e bisneto de barbeiros,
Domínguez Costa impulsou co seu irmán Cándido varias
comparsas en Terra de Porto antes de converterse, a comezos
dos 80, nun dos fundadores de Os Firrás. Dende entón, esta
comparsa, xa parte da historia da vila, permitiu a Tonio
manterse fiel a esa idea de cantar de bar en bar os “disques e
seicas” da vida local ata o seu pasamento en agosto de 2013.

Imaxe 31. Tonio o Barbeiro


(Fonte: Faro de Vigo)

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Camilo Gulias Castro e “Os Muchachos Boys”

Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 41 a 95


No Entroido de 2015 o Entroido do Grove realizoulle unha homenaxe a Camilio Gulias, como
director e fundador da emblemática comparsa “Os Muchachos Boys”. O xornalista Carlos
Crespo (2015), co gallo desta celebración, realizoulle unha entrevista ao impulsor dun novo
entroido no Grove na revista Sustansia, da editorial Todogrove. Podemos sintetizar algunha
das achegas deste traballo:

“Leva o Carnaval no sangue dende ben cativo. Con 10 anos, Camilo Gulias Castro (O Grove,
1976) fundou a comparsa “Os Muchachos Boys”, que marcou un antes e un despois no
Entroido meco (..) Lembra Camilo Gulías que con 7 anos indo o domingo para misa coa súa nai,
escapoulle da man. A que se montou no foi pequena. Toda a familia a buscar o rapaz. E onde o
atoparon? No Corgo, mirando as comparsas. Ao ano seguindo, vendo a paixón daquel cativo
polo Carnaval, xa foron os seus pais os que levaron a ver festival. “E para min aquilo foi como
estar en Eurovisión” lembra agora. Un anos despois, en 1987, Camilo e un grupo de amigos,
dos que ningún superaba os 10 anos, fundaba Os Muchachos Boys (…)

41
(…) Nin instrumentos tiñamos, que tocabamos cunhas latas de pintura no soportal do colexio.
Pero chegamos a ir ao Festival. Aí foi onde comezou todo. Tres anos despois, xa gañamos un
premio, e ao ano seguinte, gañamos o Festival, por diante dos Cuanchos, que era unha
comparsa mítica, xa de xente maior. A partir de ai ano tras ano xa foi gañar case sempre.

(…) Eramos un equipo con moito talento. Polo menos para isto. Como quedou demostrado
incluso tras a desaparición de Os Muchachos Boys, xa que as comparsas que xurdiron despois
seguindo sendo comparsas punteiras (…) Fomos unha comparsa moi innovadora nun
momento no que viñamos dun carnaval máis tradicional. A nós nunca nos bastou iso de saír o
escenario e só cantar, por moi ben que o fixeramos. Sempre buscamos ir un pouco máis alá.
Cando nós empezamos, por exemplo, as comparsas non se preocupaban polo tema do
vestiario, ían vestidos de choqueiros. Tamén fomos innovadores no tema dos pasacalles, no de
elaborar poupurrís, en preparar unhas espectaculares entradas no escenario ou no das
historias. Agora todas as comparsas editan o seu libriño, pero o primeiro libriño que se fixo foi
idea nosa. Por todo este tipo de cousas, que agora son moi comúns, pero que naquel
momento eran totalmente innovadoras (…)

-O do Grove é o mellor Entroido do mundo? Non sei se é o mellor, porque non os coñezo
todos, pero seguro que é dos mellores. No Grove hai moita paixón polo Entroido. É unha festa
que está moi conectada co pobo, coa xente. Para ser unha vila tan pequena ten un Carnaval
moi potente. É algo máxico”.

Imaxe 32. Camilo Gulias e os Muchachos Boys. Entroido 2015 (Foto: Todogrove)

Ademais de persoeiros concretos, o


Concello do Grove tamén lle dedicou o
Entroido a colectivos fundamentais nesta

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


festa.

Deste xeito, no 2016 o Festival de


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 42 a 95
Comparsas rendiulle homenaxe aos mozos
e mozas da localidade que se atopaban
traballando fora da vila. Son ducias os que
se atopan nesta situación e reservan as
súas vacacións para poderen volver ao
Grove nestas datas. Os que non puideron facelo mandaron os seus vídeos para saudar as
comparsas e os veciños e veciñas que asistían ao festival.

En 2017, todo o Entroido tivo como protagonista os maiores do Grove, que representan toda a
tradición e historia desta festa na localidade e que compartiron nun importante material
audiovisual as súas lembranzas. Ademais dos vídeos que se empregaron para o Festival de
Comparsas, o material permitirá elaborar un documental sobre este peculiar Entroido.

42
43
Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 43 a 95
44
Imaxe 34. Información Faro de Vigo (Faro de Vigo, 2 de febreiro 2018)
Imaxe 33. Vídeos de presentación do Entroido 2017 (Facebook Entroido O Grove)

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 44 a 95
1.4. Valor cultural: as múltiples dimensións do Entroido do Grove
O cuarto dos factores nos que se sustenta a xustificación do interese turístico desta
celebración é, precisamente, o seu valor cultural. As persoas que se achegan ata O Grove para
gozar do seu Entroido entenden que se trata dunha festa e que esta se compón da suma de
varias manifestacións culturais: música e canto, e teatro e humor, ás que se lles engade unha
capacidade crítica e de protesta social moi peculiar e efectiva. Todo isto crea un produto
cultural de interese social e turístico cunha enorme potencialidade de atracción cara a un
destino que, por outra banda, é un dos máis arraigados da comunidade galega.

1.4.1. O Entroido como mostra musical


En primeiro lugar, o Entroido é unha festa basicamente musical. As comparsas das que vimos
falando dende o comezo deste informe son, fundamentalmente, agrupacións de música e
canto. Pero, ademais diso, podemos estender a importancia da música a todas as actividades
da programación do Entroido. De feito, o Desfile de Disfraces non se entende sen música,
como tampouco se entenden as actividades infantís (principalmente bailes de disfraces) e
incluso o Enterro de Sardiña, que vai acompañado de ladaíñas e músicas.

A música é o elemento principal da actividade do Entroido, feito que supón que as persoas que
a executan en distintos instrumentos resultan cruciais á hora de crear unha comparsa. O alto
nivel de calidade destes artistas supón que moitos deles conten incluso con agrupacións
artísticas fóra do Entroido, tal é o caso dos grupos musicais “Os Firrás”5, “A Banda do sequío”6
ou “@deviño”7, que actúan durante todo o ano en todo tipo de eventos.

Imaxe 35. Comparsa “Os Güeros” durante un ensaio. Entroido 2013. (Fonte: Faro de Vigo)

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 45 a 95

5 https://www.facebook.com/profile.php?id=100010860695531
6 https://www.facebook.com/A-Banda-Do-Sequ%C3%ADo-1126961440681014/
7 https://www.facebook.com/arrobadevinho/

45
Todo isto supón que o Entroido do Grove se teña convertido, probablemente, nunha das
maiores concentracións artísticas de Galicia. Dificilmente poden existir eventos nos que sexa
tan elevado o número de músicos, cantantes e intérpretes nunha mesma actividade. Tamén é
elevadísimo o número de persoas que asisten ao Desfile de Disfraces así como as que
percorren os bares tras as comparsas.

Imaxe 36. Faro de Vigo, 7 de febreiro de 2018

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Imaxe 37. Desfile de disfraces do Martes. Entroido 2018. (Foto: La Voz de Galicia)

Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 46 a 95

46
1.4.2. As representacións teatrais, a creatividade e a improvisación
Como segundo factor, debemos mencionar o exercicio de creatividade que supoñen as
comparsas tanto dende a creación do seu vestiario, a redacción das letras e incluso os
escenarios e montaxes creados para o Festival de Comparsas, ademais de elementos de
atrezzo que tamén son empregados na ruta polos bares. No desenvolvemento desas
espectaculares postas en escena aplícanse recursos teatrais, coreográficos, de pintura e
deseño e artesanías de todo tipo que dan lugar a un verdadeiro espectáculo no relativo á
escenografía.

Imaxe 38. Comparsa “As + Plus”. Entroido 2017 (Fonte: Todogrove)

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 47 a 95

Mención especial requiren, neste punto, os avances realizados por comparsas pioneiras como
“Os Muchachos Boys” ou “Os Güeros”, con montaxes de tal magnitude que foi preciso
establecer límites nas bases do Concurso de Comparsas para evitar excesos que supuñan
demasiado tempo de montaxe (incluso se fixo entrar un barco a xeito de “Titanic-Prestige”
dentro do pavillón de deportes). Tras eles, o avance realizado por “A Bayuca”, que chegou a
montar unha fábrica de conservas sobre o escenario; “As + Plus”, con representacións como as
que se recollen na Imaxe 30; “Os Arrombados”, cunha precisión técnica que lles permitiu
reconstruír un barrio da localidade sobre o escenario en tan só 10 minutos, entre outras.

Inda que o espectáculo principal coincide coa celebración do Festival de Comparsas no


pavillón, incidimos en que este, dentro das posibilidades, se traslada en varias datas polos

47
bares da localidade. Deste xeito, a actuación musical vai sempre
acompañada da crítica simbolizada na teatralidade a representación.

Imaxe 39. Comparsa “Os Arrombados”. Entroido 2016 (Fonte: Facebook Os Arrombados)

Non debemos esquecer que, inda que nos refiramos ás comparsas, este factor tamén se
representa noutras actividades do Entroido, como o Desfile ou o Enterro da Sardiña. Neste
último incluso se conta cun premio ás “choradeiras”, que outorga o galardón ao grupo de
persoas que mellor represente o seu “dó” polo Entroido.

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 48 a 95
Imaxe 40. Enterro da Sardiña (distintos anos) (Fonte: Faro de Vigo / Arquivo)

48
1.4.3. A crítica e a protesta social
Outro dos principais valores culturais e sociais que recolle o Entroido do Grove é o relativo á
crítica e protesta social. Tanto as letras das historias das comparsas, como os distintos
disfraces que os veciños e veciñas e visitantes locen nas distintas actividades supoñen
verdadeiras declaracións sobre a situación política e social local, autonómica e nacional. Na
meirande parte dos casos trátase de críticas realizadas dende un fino humor e extraordinaria
ironía, pero tamén se atende a casos de maior complexidade, que son tratados con maior
emoción e coidado. Así acontece cos temas relacionados coa violencia en xeral e no relativo á
violencia contra as mulleres en particular.

Imaxe 41. Desfile de disfraces. Entroido 2018 (Fonte: La Voz de Galicia)

A crítica política é o eixe fundamental das historias das comparsas e supón, sen dúbida, a
posibilidade de pulsar a opinión pública da localidade dun xeito informal pero moi preciso.

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Imaxe 42. Comparsa “Os Garoulos”. Entroido 2015 (Fonte: Todogrove)
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 49 a 95

49
1.4.4. O Entroido e a igualdade
Un aspecto que nos últimos anos ten resultado especialmente salientable é o importante
papel que o Entroido ten xogado na normalización da igualdade en todos os ámbitos culturais.
A presenza das mulleres do Entroido incrementou lentamente ata o momento actual, no que
participan en igualdade de condicións cos homes nas comparsas, nos disfraces e en todas as
actividades da festa. Tanto é así, que incluso poderiamos falar dun papel positivo do Entroido
conseguindo unha maior presenza feminina.

A primeira comparsa exclusivamente feminina foi creada no ano 1993 (“As+Plus”), sendo
común en todos estes anos as comparas mixtas, inda que ningunha fora dirixida por mulleres.
Xa en 2017 créase a segunda comparsa feminina (“A tropa de Moncha a Caralla”), sendo
fundamental que nese ano as dúas comparsas compostas por mulleres ocuparon a segunda e a
terceira posición, deixando clara a importancia do seu papel.

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Pero ademais da mera presenza das mulleres nas comparsas e grupos de disfraces debemos
destacar un claro aumento do compromiso con mensaxes feministas e de igualdade,
incluíndose letras de cancións contra a violencia de xénero que se teñen convertido en
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 50 a 95
auténticos himnos das novas xeracións de mulleres da vila8.

Imaxe 43. La Voz de Galicia, 12 de febreiro de 2018

8 A canción de As+Plus contra a violencia machista:


http://www.farodevigo.es/multimedia/videos/galicia/2018-02-11-137490-entroido-2018-grove-
cancion-plus-contra-violencia-machista.html

50
Imaxe 44. Faro de Vigo, 11 de febreiro de 2018

51
Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 51 a 95
52
BLOQUE II. A XESTIÓN E A LOXÍSTICA DO ENTROIDO
Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 52 a 95
2.1. Organización do evento

2.2.1. Actividades
O Entroido do Grove tense consolidado como unha celebración de dez días, nos cales se
desenvolven unha serie de actividades tradicionais ás que, pola propia evolución dos tempos,
se teñen sumado outras máis recentes que dan lugar a unha verdadeira festa cultural de
enorme participación social e turística e cunha enorme potencialidade futura. Debemos
diferenciar, por tanto, entre as datas fundamentais e arraigadas, o que podemos considerar as
actividades tradicionais, das do programa complementario da festa9.

2.2.1.1. As actividades tradicionais

As tres datas fundamentais do Entroido do Grove, con orixes que se remontan a case cen anos
de antigüidade son o Festival de Comparsas, o Desfile de Entroido o Martes de Carnaval e o
Enterro da Sardiña.

Imaxe 45. Programa de actividades. Entroido 1998 (Fonte: Arquivo Municipal)

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 53 a 95

FESTIVAL DE COMPARSAS

9 Os programas completos poden consultarse no Anexo 3.

53
Como xa temos relatado neste informe, o Festival de Comparsas
celébrase no Grove (con distintas formatos) dende os anos 20. O actual concepto do festival
tense consolidado nos anos 80 cuns premios económicos que se aumentaron a partir dos 90 e
cunhas limitacións que tiveron que frear o crecemento da actividades das comparsas, xa que o
espectáculo se prolongaba durante máis de seis horas.

Deste xeito, o referido festival consta dunhas bases10 moi elaboradas froito do traballo de
moitos anos e da colaboración entre o Concello e as propias comparsas, tratando de garantir a
vistosidade do evento cultural máis importante da vila, o seu bo desenvolvemento e, por
suposto, todas as cuestións relativas á súa seguridade.

Entre outras cousas, dende hai 8 anos tivo que limitarse a participación de agrupacións a 10,
establecendo un tempo máximo de 30 minutos por cada unha delas, dende que comezan a
montaxe do escenario ata o remate da súa actuación musical. Deste xeito garántase o
dinamismo das actuacións. Tamén se creou unha infraestrutura específica para a súa
celebración no Pavillón Municipal de Deportes, logo de que antes se tivese celebrado durante
moitos anos no antigo Cine “O Marino”, que garante 1.100 localidades para o público. Inda
que se tiña chegado anos atrás a máis de 1.500, foi preciso realizar unha corrección deste feito
por motivos de seguridade.

O desenvolvemento do Festival de Comparsas supón que se teña que realizar un sorteo previo
(de carácter público e con grande expectación, que incluso se retransmite en directo11) para
determinar a orde de actuación das comparsas. A venda de entradas realízase no mesmo día e
o evento comeza as 21.00 horas no Pavillón de Deportes do Monte da Vila. Desígnase un
xurado composto por 12 membros divididos nas catro categorías establecidas nas bases.

Unha vez rematada a actuación de todos os grupos, o xurado reúnese para deliberar e logo
establécense os dez premiados, que son dados a coñecer no mesmo festival. Todos os
participantes reciben un diploma e o gañador recolle a bandeira do Entroido e a copa que os
acredita como “campións do mundo” das comparsas. A dita copa é propiedade da agrupación
gañadora ao longo dese ano e ten que devolvela no ano seguinte para que pase ao seguinte
vencedor. No caso de que unha agrupación consiga gañar durante tres anos, a copa pasa a ser
da súa propiedade, cousa que xa aconteceu coa comparsa “Leña Verde”.

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 54 a 95

Imaxe 46. A comparsa “Leña Verde”


recolle a copa de Campioa do Mundo no
ano 2017 (Fonte: Faro de Vigo).

Imaxe 47. Cartel do Festival de Comparsas. Entroido 2020 (Fonte: Arquivo Municipal)

10 As bases dos distintos concursos dos últimos anos pódense consultar no Anexo 3.
11 Sorteo da orde de actuación do Festival de Comparsas en directo:
https://www.facebook.com/todogrove/videos/10154958715801213/

54
55
Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 55 a 95
Imaxe 48. Público asistente Festival de Comparsas. Entroido 2020 (Fonte: Arquivo Municipal)

Debe terse en conta que a gran demanda do Festival fixo necesaria a súa retransmisión en
directo a través do medio de comunicación local Todogrove, tanto en 2017 como en 2018.
Tamén foi gravado para emisión posterior noutros anos.

https://www.youtube.com/watch?v=WyXe9kWQDXM

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 56 a 95

56
DESFILE DE ENTROIDO NO “SAMBÓDROMO” MECO
Outra das datas tradicionais do Entroido do Grove é o desfile que se celebra os martes de
Entroido. Esta data considérase tan tradicional na vila que, de feito, as empresas de maior
tamaño presentes na localidade (como as conserveiras) permiten que os traballadores só
traballen media xornada para que poidan acudir pola tarde a este evento.

O desenvolvemento do desfile queda marcado nunhas bases12 aprobadas polo Concello un


mes antes da celebración do evento. Nelas recóllense as distintas categorías de participación
(grupos mais de oito, grupos menos de oito, parellas e individuais en categoría adulto e
infantil), así como os premios económicos marcados para cada unha delas. Tamén se achega
información sobre o percorrido polo “Sambódromo” e a dinámica do desfile (dúas voltas
obrigatorias e zona de aparcadoiro marcada para as carrozas unha vez rematado). Pero o máis
importante destas bases é todo o relativo ás normas de seguridade do evento, desenvoltas con
moito detalle pola colaboración entre os corpos da Policía Local e Emerxencias, encargados do
funcionamento deste desfile.

Inda que se trata dun desfile de disfraces á usanza tradicional, onde grupos, individuais e
parellas desfilan polas rúas principais da vila, hai varios factores característicos deste desfile no
Entroido do Grove:

1. Alto nivel e calidade: os importantes premios económicos marcados nas bases dende hai xa
varios anos, así como a tradición desta data, supón unha altísima participación no concurso
de disfraces. Participan tanto os veciños e veciñas da localidade de todas as idades como
agrupacións que acoden dende outros lugares, o que propicia unha gran competitividade, e
polo tanto, un bo nivel creativo. Debe terse en conta, ademais, que a data marcada no
desfile de disfraces do Grove non coincide nunca coa doutras localidades da comarca e da
provincia, polo que se permite unha maior asistencia.
2. Os choqueiros: como xa se ten mencionado, unha das tradicións fundamentais do Entroido
do Grove é a dos choqueiros. A esencia deste disfrace era vestirse con roupas vellas
dispoñibles nas casas, sen ningún tipo de sentido e coa única finalidade de non ser

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


recoñecidos para poder “burlarse” do público presente na rúa no Entroido. Os choqueiros
facían uso da creatividade á hora de empregar todo tipo de vestimentas de traballo e de
acompañarse de apeiros e elementos comúns. A súa presenza sufriu unha redución notable
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 57 a 95
entre comezos dos noventa ata os 2000, só salvada coa creación dunha categoría específica
dentro do desfile.
3. A festa de entrega de premios: finalmente, temos que mencionar que se ten incluído unha
festa de entrega de premios ao rematar o desfile, o que permite prolongar o evento e
convertelo nunha data con maior carga festiva ao darlle continuidade nunha reunión
acompañada por música.
Durante o desfile actúa o xurado, que valora o vestiario e a posta en escena do disfraces. Logo
de deliberar, outorga os premios establecidos nas distintas categorías. Todos os premiados
reciben un diploma e a contía económica marcada. O Concello conta, ademais, cun arquivo
fotográfico de todos os participantes de cada ano.

12 As bases dos distintos concursos dos últimos anos pódense consultar no Anexo 3.

57
58
Imaxe 49. Imaxes do Desfile de Disfraces do Grove. Varios anos (Distintas fontes)

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 58 a 95
Imaxe 50. Grupo de choqueiros.
Entroido 2000 (Fonte: Arquivo
Debemos facer
Municipal)
alusión á
denominación (xa
consolidada) deste desfile como o “Sambódromo Meco”, nome asignado de xeito peculiar hai
xa moitos anos e que hoxe en día é empregado de xeito xeneralizado e xa consolidado. Trátase
de facer unha similitude co espazo do mesmo nome do Carnaval do Brasil e tenta incidir na
festa que se concentra entre as rúas Castelao e Luis Seoane (as que compoñerían o
Sambódromo) durante esa data.

Podemos reproducir as palabras de Miguel Muñiz (2008) ao respecto:

“Falar do Martes de Entroido no Grove é falar dun referente carnavalesco en toda a


comarca. Milleiros de persoas chegadas de todo o Salnés enchen as rúas da vila para
presenciar o gran desfile. Na edición deste ano (…) mantivo a orixinalidade de sempre á
hora de confeccionar carrozas, disfraces e choqueiradas”.

Os medios de comunicación tamén se fan eco do importante desfile do Grove facendo


retransmisións en directo do evebto ou álbums de fotos.

- La Voz de Galicia:
o https://www.facebook.com/vozarousa/videos/1975005542514437/

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


- Faro de Vigo:
o http://www.farodevigo.es/servicios/multimedia/imagenes.jsp?pRef=2017031
200_17_1639543__Arousa-Grove-cierra-carnaval-aplazado-buena-nota
o http://www.farodevigo.es/servicios/multimedia/imagenes.jsp?pRef=2015021 Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 59 a 95

800_17_1186419__Arousa-Grove-prepara-Venres-Comparseiro-Queima-
Vimbio
- Todogrove (Vídeos de entroido)
o https://www.youtube.com/watch?v=ODujhQqPmyY&list=PLD-
ASZxMPuKsaImbZ6MYVoWdTMii4a1a-
o Desfile: https://www.facebook.com/todogrove/videos/10155002393741213/

59
ENTERRO DA SARDIÑA
O terceiro evento que podemos incluír entre os tradicionais é o Enterro da Sardiña. Dende
comezos do século pasado este é o símbolo que representa o remate do Entroido. Trátase
dunha celebración que coincide en moitos puntos de Galicia e do resto de España. A súa orixe
non está clara e son varias as versións que os explican. Algunhas atribúen esta celebración á
tradición que hai máis de tres séculos se practica en Madrid, enterrando un porco aberto en
canal, chamado “cerdina”, tradición que se estendeu ao resto de pobos de España, e con ela a
confusión da palabra por “sardina”.

Outra versión sitúa a súa orixe en Murcia, onde un grupo de estudantes a mediados do século
XIX percorría as rúas da cidade na última noite do Entroido con túnicas negras e cun ataúde
cunha sardiña dentro. Acabaron queimando o ataúde e de ai xurdiu a tradición que
evolucionou a cabalgata en anos posteriores (en Murcia é unha festa declarada de interese
turístico internacional). Noutras localidades, como Barcelona ou Eivisa, despois de queimaren
a sardiña “consólanse” cunha gran sardiñada. Tamén hai tradición deste desfile en As Palmas
de Gran Canaria ou en Fuentesnuevas (León), entre outros lugares.

Moitas festas do pais rematan con cerimonias, algunhas desaparecidas, outras recuperadas,
similares aos enterros da sardiña nas que se queima ou maltrata unha figura simbólica que
representa os vicios e desenfreo que agromaron durante a festa. O paso polo lume permite
restaurar a orde subvertida pola festa, sendo un símbolo de rexeneración e liberación, que
invita ao pobo á reflexión colectiva e chama á orde. (Barreto, 1993)

Sexa como sexa, a celebración deste enterro atópase totalmente consolidada no Grove, onde
inicialmente coincidida co Mércores de Cinza, pero que co paso dos anos acabou situándose
no último día das celebracións (xeralmente venres). Do mesmo xeito, o Enterro da Sardiña do
Grove ten cobrado a súa peculiar forma de realizarse. Dende o propio deseño da Sardiña,
elaborada por voluntarios varias semanas antes do Entroido e sempre “disfrazada” de xeito
alusivo a algún tema de actualidade (Imaxe 40), ata as notas necrolóxicas que se colocan por
toda a vila explicando as causas da defunción, pasando polas ladaíñas que se len durante o

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


acompañamento da defunta e a súa posterior incineración.

Xunto coa sardiña aparecen persoeiros fundamentais que exercen de “oficiantes” de toda a

Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 60 a 95


cerimonia e que xa se teñen convertido en referencias fundamentais do Entroido meco13.
Acompañan á sardiña e aos oficiantes as “choradeiras” ou viúvas que, de rigoroso loito, choran
teatral e esaxeradamente a morte da sardiña e a fin do Entroido.

13 Vídeo enterro da Sardiña 2018:


https://www.facebook.com/todogrove/videos/10155002693891213/

60
Imaxe 51. “Ladaíña” do Enterro da Sardiña. Entroido 2001 (Fonte: Arquivo Municipal)

61
Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 61 a 95
62
Imaxe 52. Nota necrolóxica do Enterro da Sardiña. Entroido 2018. (Fonte: Arquivo Municipal)

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 62 a 95
O ENTROIDO EN SAN VICENTE. A QUEIMA DO VIMBIO
Dentro da parte tradicional do programa de actividades do Entroido do Grove require unha
mención específica a celebración desta festa na parroquia de San Vicente. Dende hai moitos
anos esta zona do Grove celebrou con características peculiares (inda que con igual
intensidade) o Entroido. Deste xeito, as comparsas acoden na segunda fin de semana das
festas á actuar nesta zona sen ningún tipo de concorrencia ou concurso, distribuíndo as
actuacións en dous días e acompañándoas dunha posterior degustación de produtos típicos do
Entroido preparados polos propios veciños e veciñas da zona (todo organizado pola Asociación
Cultural Roza do Pedrol de San Vicente).

Imaxe 53. Público asistente a actuacións comparsas San Vicente. Entroido 2016
(Fonte: Arquivo Municipal)

Pero dentro das celebracións de San Vicente hai un evento que é, sen dúbida, o máis peculiar:
a “Queima do Vimbio”14. Nesta celebración procédese a prenderlle lume a un boneco montado

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


sobre vimbios secos; en torno á queima deste “vimbio” os choqueiros reúnense para cantar e
bailar e celebrar o final do Entroido. Trátase dunha festa pagá que se mestura coa queima da

Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 63 a 95


sardiña que se fai na parroquia de San Martiño como celebración fundamental do Grove. Non
existen teorías claras sobre as orixes da festa, pero ben é certo que todo apunta a que conta
cunha longa traxectoria que se remonta a tempos inmemoriais. Como narra Manuel Méndez
(2015)
“Los "choqueiros" cobran protagonismo un carnaval tras otro en la parroquia de San Vicente de O Grove,
donde tienen un día propio con el que celebrar la fiesta, ajenos a los trajes de diseño que invaden el
Entroido. De este modo se mantiene viva una vieja tradición, como sucede con la llamada "Queima do
vimbio", en la que se prende fuego a las varas de mimbre que estos típicos personajes usan para golpear
-con cuidado- a quienes se ponen en su camino. Dicho de otro modo, las varas con las que "reparten
leña" entre los asistentes, sobre todo entre quienes no están disfrazados”

14 Algunhas imaxes da Queima do Vimbio de 2012:


https://www.youtube.com/watch?v=Kk44lW6YdRQ

63
64
Imaxe 54. O Vimbio en San Vicente. Entroido 2018 (Fonte: Roza do Pedrol)

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 64 a 95
Imaxe 56. Queima do Vimbio en San Vicente. Entroido 2015 (Fonte: Faro de Vigo)
Imaxe 55. Queima do Vimbio en San Vicente. Entroido 2014 (Fonte: Faro de Vigo)

65
Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 65 a 95
2.1.1.2. Actividades complementarias

Xunto con estes eixes fundamentais de celebración do Entroido, o programa adoita


completarse con outras actividades de importancia.

XOVES DE COMADRES E COMPADRES


Esta actividade ten unha vida relativamente curta no programa do Entroido meco. Trátase
dunha tradición que ten a súa orixe no rural galego e que a comezos dos anos 2000 foi
recuperada en moitos municipios, entre eles O Grove. A súa concepción é moi sinxela, xa que
se trata de reunións de homes (compadres) e mulleres (comadres) que saen esa noite a comer
e bailar disfrazados. A data da súa celebración cótase dez días antes do Domingo de Entroido e
ten que ver cunha simbólica loita de sexos (Muñiz, 2008). Dende a súa posta en marcha tense
consolidado de xeito rápido, converténdose na actividade que lle dá comezo ás celebracións
do Entroido no Grove e sacando á rúa varios centos de persoas que se concentran en
restaurantes da localidade.

O éxito deste formato de celebración tense estendido a máis días ante a imposibilidade de
moitas persoas de asistiren ao Xoves de Comadres o propio xoves (por ser laborable ese día e
o seguinte), instauráronse outras datas como o “Venres da Desculpa” ou “Sábado de Xareo”,
que permiten facer a mesma actividade noutra data.

Imaxe 57. Xoves de Comadres e Compadres, distintas datas (Fontes diversas)

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 66 a 95

66
DESFILE INFANTIL DE DISFRACES
Sendo o Xoves de Comadres e Compadres o punto de partida para o Entroido na localidade,
para os máis cativos a celebración comeza o venres pola tarde cunha festa infantil de disfraces
que se organiza en colaboración coas asociacións de nais e pais de colexios da localidade. Esta
festa realizábase xeralmente ao aire libre na Praza do Corgo, pero dende hai tres anos ten
lugar na “Carpa do Entroido” que se coloca nese mesmo espazo.

Imaxe 58. Desfile Infantil de Disfraces, distintas datas (Fontes diversas)

FESTA INFANTIL DE DISFRACES


Pero ademais do desfile e da festa na rúa que se celebra o primeiro venres do Entroido, unha
das citas infantís de referencia é a do Domingo de Entroido. Aproveitando a instalación
montada para a celebración do Festival de Comparsas no Pavillón de Deportes da localidade,
ten lugar unha festa en horario de tarde destinada aos máis cativos que incluso chegou ás 500
persoas (do Grove e de fóra da localidade) e que supón unha das citas máis agardadas.

Imaxe 59. Festa Infantil de Disfraces. Entroido 2017 (Fonte: Arquivo Municipal)

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 67 a 95

67
ACTIVIDADES DE INICIATIVA PRIVADA
A dinamización que supón o Entroido para a hostalería local implica que os establecementos
complementen a programación posta en marcha polo Concello do Grove cunha oferta que
inclúe os denominados “guateques infantís”, festas para os máis cativos que as salas de festas
e clubs deportivos celebran dende hai máis de corenta anos os luns de Entroido pola tarde.
Ademais diso, e xa dirixido a público adulto, os locais de festa teñen asentadas as “festas
temáticas”, nas cales durante os días de Entroido decoran os establecementos segundo unha
temática concreta e os seus empregados locen disfraces acordes con ela. O nivel resulta alto e
permite que as persoas que se achegan ao Grove nesas datas conten cun aliciente máis dentro
da xa ampla e atractiva oferta da localidade.

Ademais do anterior, e vinculado co auxe da celebración do Xoves de Comadres e Compadres


e días semellantes, a oferta de “ceas-baile” vencelladas ao Entroido é unha das citas máis
frecuentes. Tamén debemos resaltar a importancia do denominado “Venres Comparseiro”
organizado por iniciativa privada e que permite que as persoas que non conseguen entrada
para o Festival de Comparsas do Pavillón de Deportes teñan unha nova oportunidade de
escoitalas a todas xuntas (máis aló da posibilidade de seguilas nos bares). Pero, sen dúbida, a
aposta máis nova incluída no programa é o “Concurso de Disfraces de Mascotas” que se
celebra con moi boa acollida dende hai tres anos.

Imaxe 60. Carteis actividades de Entroido organizada por entidades privadas. Entroido 2018

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 68 a 95

Imaxe 61. Concurso de Disfraces de Mascotas (Diversas fontes)

68
OUTRAS ACTIVIDADES CULTURAIS. EXPOSICIÓNS, CHARLAS E OBRADOIROS
Ademais de todo o anterior, cada ano o programa é completado con actividades culturais que
inciden sobre todo na tradición e orixe do noso Entroido. Deste xeito téñense organizado
múltiples exposicións que permiten sacar á luz o enorme arquivo fotográfico existente na vila
sobre o Entroido ao tempo que recordan a creatividade que percorreu as rúas do Grove en
distintos anos. En cada Entroido estas actividades varían e, como se pode ver nos programas
de anos anteriores (Anexo 3), téñense recollido propostas de todo tipo.

No relativo aos obradoiros, debemos subliñar o de “xoubiñas”, que se leva celebrando tres
anos da man da asociación cultural Artegrove. Esta actividade está permitindo achegar os máis
cativos e cativas á tradición da sardiña do Entroido e asemade crea un novo evento no que a
rapazada acompaña coas súas “xoubiñas” a sardiña principal no seu enterro.

Imaxe 62. Exposición de imaxes sobre a historia do Entroido. Entroido 2017

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 69 a 95

Imaxe 63. Obradoiro de xoubiñas. Entroido 2017 (Fonte: Arquivo Municipal)

69
2.1.1.3. Programas completos do Entroido do Grove
Tendo en conta estas e outras actividades, o Concello edita un programa de man que é
distribuído na localidade, na oficina de turismo e en locais de hostalería. Tamén se lle dá
proxección á actividade nas redes sociais e nos medios de comunicación. Os relativos aos
últimos cinco anos poden consultarse no ANEXO 3 e incluímos a seguir algúns anteriores que
poden resultar de interese para ver a evolución ao longo dos anos.

Imaxe 63. Programas Entroido 1999 (Fonte: Arquivo Municipal)

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Imaxe 64. Portada do programa de 2014 e 2015 (Fonte: Arquivo Municipal)
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 70 a 95

70
Imaxe 65. Programa Entroido 2016 (parte) (Fonte: Arquivo municipal)

Imaxe 66. Programa Entroido 2018 (parte) (Fonte: Arquivo Municipal)

71
Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 71 a 95
2.1.2. Infraestruturas e equipamentos

Para o desenvolvemento dun programa tan amplo como o descrito nos apartados anteriores é
preciso poñer en marcha todo un equipo técnico de traballo que garanta contar cos espazos
adecuados e en correctas condicións para o seu desenvolvemento. Debe terse en conta que a
gran cantidade de xente que acode a estas festas a unha vila como O Grove require dunha
preparación de servizos adecuada. Para ese fin, márcanse catro espazos clave no Entroido do
Grove.

2.1.2.1. Pavillón de deportes

O pavillón de deportes convértese durante dous días no epicentro da Festa do Entroido. Este
espazo deportivo conta con bancadas e escenario adaptados que se montan todos os anos
para convertelo nun improvisado auditorio con capacidade para 1.100 persoas. A montaxe
require dous días por parte dos operarios municipais e inclúe as pezas referidas e tamén
cortinaxes e elementos de adorno do espazo e a súa utilización prolóngase ao día seguinte con
Baile Infantil de Disfraces.

Imaxes 68. Montaxe do Pavillón de Deportes para o Entroido.

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 72 a 95

72
Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 73 a 95

2.1.2.2. Carpa do Entroido

Debido á coincidencia temporal do Entroido en inverno, pode suceder que a climatoloxía non
acompañe, polo que dende hai tres anos se creou a “Carpa do Entroido”. Trátase dunha
instalación de 10 x 15 metros que se coloca na praza do Corgo, contando cunha programación
ampla e variada.

73
74
Imaxes 69. Carpa do Entroido.

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 74 a 95
2.1.2.3. O “Sambódromo”

Como xa indicamos, o Desfile do Entroido do martes celébrase nas principais rúas da


localidade. A principal destas rúas é a Castelao, que este 2018 pasou a ser unha vía peonil de
carácter comercial. Deste xeito, a que era considerada o “Sambódromo” do Entroido meco
pasa a ser o punto de encontro máis multitudinario de toda a festa. Nesta rúa instálase un
palco dende o que un dj comenta o desfile e o anima con música e establécese un importante
control de seguridade para que todo transcorra adecuadamente.

Imaxes 70. Desfile do Entroido na rúa Castelao ou “Sambódromo”

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 75 a 95

75
2.1.2.4. Outras instalacións e espazos

Ademais do anterior, non podemos perder de vista que un programa tan amplo como o
presentado no Grove, ademais da importancia social e turística da festa, implica que esta se
estenda a outros puntos da localidade ademais do xa mencionados. Por suposto, a praza do
Corgo, que é o punto de encontro de moitas actividades dentro e fóra da carpa e tamén o
punto de partida do percorrido do Desfile de Entroido. Tamén, en San Vicente, o lugar da Area
e a Casa da Cultura, onde se desenvolven a choqueirada e a mostra de comparsas durante
dous días. Temos que mencionar que salas de exposicións como a das Cunchas na Casa do
Concello ou a propia Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey son dedicadas durante eses días ás
actividades do Entroido.

Un aspecto especialmente importante, malia non depender da xestión do Concello, é a


distribución dos locais no relativo ás rutas das comparsas polos bares. Deste xeito é tradicional
que o Domingo de Entroido (ao día seguinte do Festival de Comparsas) as comparsas toquen
nos bares situados na zona de Beiramar e paralelas (preto da praza do Corgo), mentres que o
Martes de Entroido se poden atopar as comparsas, precisamente, nos locais da rúa Castelao
(“Sambódromo”) e vías paralelas.

Imaxes 71. Grupo de participantes no Desfile de Disfraces na praza do Corgo. Entroido 2018

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 76 a 95

76
2.1.3. Seguridade

O volume de xente e a gran cantidade de eventos que se suman no Entroido do Grove dende
hai décadas supoñen que un dos aspectos fundamentais da súa organización sexa,
precisamente, a seguridade. En cada edición da Festa é convocada a MESA DE SEGURIDADE,
que está formada polos corpos da Policía Local, Garda Civil e Servizo de Emerxencias,
presidindo esta o alcalde do Grove acompañado do concelleiro delegado e dos responsables
dos servizos municipais de limpeza e medios técnicos.

Durante esa reunión establécense os “puntos quentes” da festa, ao tempo que se deseña o
operativo especial de tráfico e as vías de colaboración entre os distintos corpos. Nestas datas
realízase un especial esforzo no relativo ao control nocturno, reforzando as patrullas neses
horarios para evitar altercados nas zonas de bares e nos puntos próximos aos principais
eventos. A práctica no desenvolvemento da festa nestes anos permite que o operativo
funcione dun xeito moi dinámico e proactivo e supón que non haxa que lamentar ningún tipo
de incidente ou problema a pesar das grandes aglomeracións de persoas que se rexistran.

Especialmente importantes son as normas de seguridade específicas para o Festival de


Comparsas e o Desfile de Entroido, que se poden consultar nas propias bases destes eventos.
Con respecto ao primeiro, existen controis do capacidade do evento, pero tamén dos materias
e elementos que poden empregar as comparsas nas súas actuacións. Os acceso e saídas do
lugar de celebración son controlados polos corpos de seguridade garantindo unha adecuada
evacuación en caso de necesidade. Tamén se conta con unidades de ambulancia medicalizada
na zona e un plan de traslado de posibles feridos. No caso do desfile, as normas son
especialmente rigorosas no relativo ás carrozas, que deben cumprir cunhas medidas
adecuadas e contar con toda a documentación en regra.

Imaxe 72. Faro de Vigo, 21 de febreiro de 2017

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 77 a 95

77
78
Imaxe 73. Faro de Vigo, 21 de febreiro de 2018

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 78 a 95
Imaxe 74. Informe da Policía Local do Grove sobre restricións de tráfico. Entroido 2018

79
Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 79 a 95
2.1.4. Investimentos

2.1.4.1. Orzamentos municipais

O Concello do Grove ten amosado un apoio completo ao Entroido local. Deste xeito, dende o
ano 2016 os orzamentos municipais da localidade contan cunha partida específica para este
evento dentro das partidas destinadas a cultura. Este orzamento está fixado en 30.000 euros,
convertendo esta actividade cultural na de maior investimento, seguida da programación de
verán e o Nadal. Tal e como podemos ver no Gráfico 1, a progresión foi en aumento nos
últimos anos logo dun período de certa irregularidade. Sexa como sexa, debe destacarse que o
investimento realizado supón o 0,33% dos orzamentos municipais do Grove. A este respecto,
debe terse en conta que o orzamento destinado a xestión turística se sitúa preto do 1%, o que
supón unha referencia da importancia deste evento.

Gráfico 1. Investimento municipal no Entroido (2014-2018)


37630,35

30000
29535,88
27500 27332,7
25000

18449,9

2014 2015 2016 2017 2018


Orzamento Gastos efectivos

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Fonte: Concello do Grove, 2018

Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 80 a 95

Ademais disto, podemos valorar como se distribúen os referidos orzamentos, así, tomando
como referencia o ano 2017, os gastos repártense segundo o recollido na Gráfica 2. Nos datos
recollidos pode observarse como a meirande parte dos recursos se destinan ao Festival de
Comparsas e ao Desfile de Disfraces do Entroido. De especial importancia son os recursos
destinados a premios e tamén debe destacarse que se inclúe unha ampla programación de
actividades que completa todos os días de festa. Os gastos de publicidade tamén son
importantes e, de feito, incrementáronse nos anos sucesivos, na liña de promover un dos
eventos máis importantes da vila.

80
Gráfica 2. Áreas de gasto na partida Entroido do Concello do Grove (2017)

Outras actividades 2457,68

Publicidade 1709,79

Carpa de Entroido 4145,94

Enterro da Sardiña 1126,98

Premios Desfile de disfraces 2760

Loxística Desfile de disfraces 2178,99

Premios Festivais de Comparsas 5500

Loxística Festival de Comparsas 8268,06

Fonte: Concello do Grove, 2018

2.1.4.2. Outros recursos

Ademais dos recursos municipais, debemos ter en conta que o Concello do Grove ten
solicitado outras axudas para lle facer fronte aos gastos deste evento. Inda que estas foron
bastante limitadas, é mester deixar constancia da súa existencia. Deste xeito, temos que
mencionar as achegas realizadas pola Deputación de Pontevedra a través do denominado

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


“Plan Concellos”.

Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 81 a 95

81
2.2. Promoción do Entroido do Grove

2.2.1. Plan de comunicación do Entroido do Grove

Como se pode observar no apartado anterior, téñense destinado importantes recursos á


realización de campañas de comunicación relativas ao Entroido do Grove. Deste xeito nos
últimos cinco anos estableceuse unha dinámica de traballo que permite, a través de recursos
propios do Concello, poñer en marcha un plan de comunicación con tres eixes básicos de
traballo: a presentación do programa e a xeración de publicity; a publicidade en medios de
comunicación e a publicidade por medios propios.

O pulo na promoción do evento produciuse a partir do ano 2000, cando se constatou o


potencial de atracción deste. Dende aquela data os distintos gobernos municipais tentaron
dinamizar a promoción do Entroido e, inda que sempre se fixo con recursos municipais, no ano
2015 esta foi subcontratada a unha empresa de comunicación que incluso publicou un resumo
das actividades feitas (dispoñible como “Dossier 2015” no Anexo 3).

2.2.1.1. Publicity. A presentación do programa

Como punto de partida á actividade promocional do Entroido, unhas semanas antes da súa
celebración realízase unha rolda de prensa para presentar o programa de actividades. Trátase
dunha data case obrigada no calendario de actividade política do Grove e suscita grande
expectación nos medios de comunicación, arrancando a publicity precisa sobre o importante
evento.

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 82 a 95

Imaxe 70. Rolda de prensa


presentación de Entroido 2015

82
Imaxe 71. Rolda de prensa
presentación de Entroido 2016

Imaxe 72. Rolda de prensa


presentación de Entroido 2018
Imaxe
73.
Faro de Vigo, 23 de febreiro de
2018

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 83 a 95

A rolda de prensa de presentación da programación permiten contar con certa antelación na


divulgación do evento. Con todo, dende hai dous anos, estableceuse una dinámica pola cal o
cartel do ano seguinte é presentado ao final do Entroido, contando, polo tanto, cun ano de
marxe para a súa difusión e promoción (Imaxe 73).

83
Ademais disto, durante todo o desenvolvemento do evento, a gran
cantidade de público que asiste, así como a importancia e transcendencia da festa supoñen
que os medios de comunicación de Galicia presten especial atención ao Grove, propiciando
que o Entroido sexa cada vez máis coñecido. Ademais da presenza da Televisión de Galicia
nalgunha das actividades, a prensa da comarca de Arousa e de Galicia en xeral inclúe a
programación entre os seus contidos e, por suposto, na súa axenda (ver dossier de prensa no
Anexo 3).

2.2.1.2. Publicidade en medios pagados

Xunto co anterior, o Concello do Grove destina unha media anual de 2.000 euros a publicidade
en medios de comunicación, centrando os seus esforzos na prensa e na radio. A inserción do
programa e das convocatorias dos premios do Entroido son o habitual nos medios impresos,
mentres que a radio serve para dar conta da programación diaria.

Debe terse en conta que, no referido ao ámbito local, un dos servizos publicitarios de maior
eficacia é o sistema de megafonía, a través do cal un vehículo preparado percorre as rúas da
localidade dando conta das actividades previstas.

2.2.1.3. Publicidade en medios propios

Ademais de todo o anterior, o Concello elabora medios propios de publicidade. Deste xeito, a
distribución de carteis da festa que se inicia un ano antes ten un moi bo resultado na oficina
de turismo da localidade (unha das máis visitadas de Galicia), onde se teñen repartido ata 800
unidades dun cartel que xeralmente, adoita contar con moito atractivo visual. Isto supón,
ademais, que a festa chega a visitantes de todos os lugares e implica unha promoción externa
moi pouco frecuente en festas destes tipo.

Ademais deste elemento, ao redor de tres semanas antes do Entroido comeza a distribución
do programa de man. A referida oficina de información turística, os bares e os locais
comerciais do Grove reciben este material para repartir entre os seus clientes, o que xera un
gran fluxo e circulación destes.

Pero, sen dúbida, un dos medios propios que está permitindo un maior dinamismo e
proxección da actividade promocional do Entroido do Grove é a páxina de Facebook. A páxina,

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


posta en marcha en 2015, conta na actualidade con 1.739 seguidores e, inda que a súa
actividade se concentra nas datas específicas do Entroido, as visitas son constantes durante

Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 84 a 95


todo o ano, o que corrobora o alto nivel de coñecemento existente do Entroido do Grove.

O posicionamento SEO do Entroido ten avanzando moito nos últimos anos, chegando a ser a
oitava entrada no relativo a buca “Entroido” e a segunda en “Entroido O Grove”.

Tampouco podemos perder de vista a gran repercusión existente na retransmisión en


streaming do Festival de Comparsas, realizada polo equipo de Todogrove. Este sistema non só
permite o seguimento en directo do concurso, senón que os vídeos poden visionarse
posteriormente ao quedaren arquivados. As máis de 15.000 visualizacións do Festival de 2018
son outra referencia para valorar a importancia deste entroido.

Imaxe 74. Páxina de Facebook Entroido O Grove . Entroido 2019

84
2.2.2. Material promocional xerado
Imaxe 75. Retransmisión do Festival de Comparsas en TodoGrove. Entroido 2018

85
Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 85 a 95
Toda esta actividade publicitaria ten xerado material gráfico e visual
que, no relativo aos últimos cinco anos, pode consultarse no ANEXO 3 desta memoria. En
calquera caso, incluímos a continuación os carteis de distintos anos.

Imaxes 76. Carteis dos entroidos do Grove (Varios anos)

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 86 a 95

2.3. Importancia turística do Entroido do Grove


86
2.3.1. A significación turística do Grove

2.3.1.1. O Grove como destino de excelencia turística

A importancia do Grove como destino turístico queda constatada nos datos relativos ao
balance turístico de Galicia do último ano. Como se pode comprobar na seguinte gráfica, O
Grove inclúese no xeodestino “Ría de Arousa”, sendo este o segundo en importancia de
Galicia, só por detrás de Terras de Santiago.

Gráfica 4. Demanda turística hoteleira por xeodestinos. Ano 2017 (Fonte: Turismo de Galicia)

Dentro deste xeodestino, as vilas de Sanxenxo e O Grove preséntanse como os motores

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


fundamentais do turismo, se ben seguen mantendo un comportamento completamente
estacional que centra a demanda e o consumo hostaleiro entre Semana Santa e os meses de
verán, alongando a temporada –no caso do Grove– ata a celebración da Festa do Marisco no
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 87 a 95
mes de outubro.

Isto supón que O Grove conte cunha infraestrutura hoteleira e de restauración que, xunto ás
peculiaridades da súa paisaxe e os seus atractivos turísticos, o converten nun punto de
referencia da actividade turística da Galicia. No momento actual, segundo datos de Turismo de
Galicia (2017), O Grove conta con 7.424 prazas en establecementos regrados, o que supón o
4,6% das existentes en toda a comunidade. De feito, o eixe conformado por Coruña, Santiago,
O Grove, Sanxenxo e Vigo supón 1 de cada 3 prazas de aloxamento en Galicia (Imaxe 77), o que
dá unha idea da importancia e significación turística do Grove.

87
Imaxe 77. Infografía sobre destinos turísticos de Galicia (comparativa

mes de xullo)

2.3.1.2. A infraestrutura turística do Grove

Como xa temos indicado, O Grove conta cunha importante infraestrutura turística, tanto no
relativo á oferta de servizos privados, como no relativo a espazos públicos. No primeiro
bloque, O Grove conta con 263 establecementos de distintas tipoloxías que fan que acade as
7.424 prazas de aloxamento. O ratio resultante é de 339 prazas por quilómetro cadrado, sendo
un dos lugares de maior concentración de Galicia.

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Ademais do relativo ao aloxamento, a localidade conta con máis de 140 establecementos de
restauración de distintas tipoloxías, sendo especialmente importante o número de
marisquerías (máis de 50), o que corrobora o sobrenome do Grove como “Paraíso do Marisco”.
Pero no desenvolvemento turístico da localidade tamén tiveron especial importancia as Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 88 a 95

empresa de turismo activo, contando co 12 navieiras con barcos de pasaxe para visitas pola
ría, un acuario de iniciativa privada, unha casa museo e innumerables empresas dedicadas á
actividade deportiva.

A oferta turística do Grove resulta ampla e variada e parte da existencia de múltiples


posibilidades: turismo deportivo, de natureza, termal, gastronómico, cultural, familiar, de sol e
praia etc. Para ese fin, a vila –que conta na actualidade con arredor de 11.000 habitantes–
dimensionouse para poder atender os centos de visitantes que acoden á localidade. A
totalidade das praias do municipio (máis de 30) están habilitadas para o baño, cóntase con
zonas de estacionamento adecuadas na meirande parte delas e no centro da vila e con servizos
adecuados de información turística.

88
Dun xeito máis esquemático, podemos indicar os seguintes recursos
turísticos no Grove:

Táboa 4. Resumo dalgúns recursos turísticos no Grove

Medio Ambiente
O Grove conta con máis de 30 areais ao redor do seu perímetro. Existen praias de todo tipo
Praias e con características diferentes, a totalidade aptas para o baño e moitas delas con servizos
de baño de alta calidade. Especial mención merece a existencia de dúas praias caninas.
O Concello conta con 2 rutas oficiais:
 PRG 116 Con Negro - Arte ao natural
 PR-G 115 Adro Vello - Lembranzas da historia
A estas únense numerosos sendeiros polas distintas zonas naturais da vila, ademais de
Sendeirismo e interesantes rutas en 2 paseos de madeira:
andainas  Paseo da Lanzada
 Paseo de Pedras Negras-Con Negro
A todo o anterior engadímoslle 2 paseos marítimos na zona urbana bordeando a ría:
 Paseo de Peralto-Beiramar
 Paseo de Lordelo-Rons
O Grove conta con 9 miradoiros:
 Pedra Cabaleira
 Figueira do Meco
 Feáns
 Con da Hedra
Miradoiros
 Pantoeira
 A Lanzada
 Cadeiras do Lector (A Toxa)
 Punta Moreiras
 Praia Canelas
Esta zona está declarada Zona Húmida de Importancia Internacional e incluída no convenio
RANSAR. Situada na península do Grove, o istmo da Lanzada e a zona suroeste da ría de
Complexo Arousa, abarca o esteiro do Umia ata Cambados. Nesta zona estaban as salinas que lle
intermareal Umia- deron nome á comarca: O Salnés.

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


O Grove A entrada e saída de augas a través da pequena canle que forma a Illa da Toxa, con pouca
profundidade e pouco movemento de augas, forma un ecosistema elixido por unha gran
variedade de aves para invernar ou como descanso nas súas migracións.
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 89 a 95
Vencellados directamente co mar, os recursos existentes céntranse en:
 Acuario de Galicia
 Ruta “As Xentes e o mar”
Mar
 Deportes náuticos (portos deportivos privados e escolas)
 Lonxa e mercado
 Barcos de paseo
Dentro da riqueza medioambiental do Grove destacamos algúns espazos con peculiaridades
concretas:
 Enseada de Moreiras
Espazos naturais  Monte Central da Illa da Toxa
 Monte da Siradella
 Lagoa da Bodeira
 Enseada do Vao
Patrimonio
89
No relativo a este recursos destacan:
 Igrexa de San Martiño do Grove
 Igrexa de San Vicente
Igrexas
 Capela de Santo Antonio
 Capela de San Roque
 Capela de San Caralampio (ou Capela das Cunchas, ou Capela da Toxa)
O Grove conta cunha serie de recursos arqueolóxicos que compoñen unha ruta cultural
adecuadamente sinalizada:
 Achado biface na Illa da Toxa (Paleolítico)
 Castro de Punta de Cantodorxo (Idade de Ferro e época romana)
 Currelos do Monte (vila romana)
Recursos  Achado de Punta Moreiras (época romana)
arqueolóxicos  Veiga Grande (xacemento romano)
 As Moutas de Nartallo (época romana)
 O Castriño (Idade de Ferro)
 Adro Vello (época romana, medieval e moderna)
 Castro do monte da Siradella (Idade de Ferro)
 Achado calcolítico de Adro Vello (cerámica prehistórica)
En canto ao denominado “patrimonio industrial”, O Grove conta cunha longa tradición no
relativo á industria conserveira, ademais de todo o vencellado ao seu carácter termal,
Patrimonio
dando lugar a espazos de interese que inciden nestes aspectos:
industrial
 Fábrica de xabóns da Toxa
 Salgadeiras de Moreiras
No centro urbano do Grove ofrécense dúas rutas a pé denominadas Rutas históricas:
Rutas históricas  Ruta Modernista: percorre as edificacións modernistas da localidade.
 Ruta dos persoeiros ilustres
En todo o municipio do Grove os visitantes poderán contemplar as máis de cen obras que
forman parte da Ruta escultórica da localidade. Trátase das obras resultantes das distintas
Ruta escultórica
edicións do Simposio de Escultura da Festa do Marisco que, dende hai décadas, propiciou
que no Grove se dispoña de esculturas feitas por artistas de todas as partes do mundo.
O espazo museístico da Pesca e a Salga, máis coñecido como Museo da Salga, é un espazo
etnográfico orientado a explicar o proceso da salgadura e a súa posterior evolución cara ás
Espazo museístico conservas. A historia da concepción deste museo etnográfico por parte do Concello do Grove

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


da Pesca e da Salga é recente. No ano 2001 foi redactado o proxecto museolóxico e púxose en marcha a
restauración dos dous edificios que o compoñen –antigos almacéns e estruturas dedicadas á
salga–, sendo inaugurado no ano 2007.
O Grove atópase vinculado ao Camiño de Santiago a través de dúas rutas: Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 90 a 95

Camiño de Santiago  Ruta Xacobea do Mar de Arousa e do Ulla


 Ruta do Padre Sarmiento
Actividades
A Aldea dos Grobits é un parque infantil caracterizado por pequenas casas en miniatura
Aldea Grobbit (casas dos Grobbits) enmarcado Monte Central da Illa Toxa. A zona conta con xogos, un
pozo máxico e mobiliario en madeira que crean un contorno familiar dos máis valorados.
O campo de golf situado na llla da Toxa foi fundado en 1968 e deseñado por Ramón
Espinosa. É un lugar único para os amantes do golf, xa que se atopa situado nun
Campo de golf
espectacular contorno. Cinco dos seus nov foxos están moi preto do mar e os restantes
atópanse nun frondoso bosque.

90
O Casino La Toja está situado na espectacular Illa da Toxa. Conta cunhas instalacións
especialmente coidadas que conservan a elegancia clásica nos seus espazos interiores. Este
Casino
casino ofrece os xogos de mesa clásicos como o Ventean ou a ruleta, ademais de Punto e
Banca /Baccarat e xogos de póker de mesa.
A Illa da Toxa é unha referencia mundial no relativo ao termalismo. Nos seus escasos
quilómetros de perímetro podemos atopar o Balneario da Toxa, situado nun edificio de
Balneario
comezos do pasado século, o balneario ocupa 4.000 m2 da parte baixa da construción, con
espazos cubertos e ao aire libre destinados ao centro terapéutico e club termal.
As especias características medioambientais da localidade convértena nun dos puntos de
avistamento de aves máis importantes de Europea. Destaca o espazo natural da enseada
Birding do Vao, onde se poden observar especies como a garza real, os mazaricos, parrulos e
pilros, entre moitas outras. Resulta tamén interesante a zona da Lagoa da Bodeira.
O porto do Grove conta cun embarcadoiro dende onde saen practicamente cada hora os
Barcos de paseo coñecidos como “barcos dos mexillóns”. Trátase de barcos de pasaxeiros que realizan visitas
pola ría durante practicamente todo o ano.
O Grove conta cun programa cultural de verán de grande importancia que se compón de
varios eventos que completan actividades case diarias durante tres meses verán. Ademais
disto, cóntase con outras citas culturais destacables tanto organizadas polo Concello como
por asociacións e entidades da localidade:
Actividades
 Día das Letras Galegas
culturais
 Día de Galicia
 Festa dos Maios
 Mercado Tradicional
 Desembarco Pirata
As principais festas da localidade son:
 Febreiro: Entroido
 Xuño: Festa de San Xoán
Festas
 Xullo: Virxe do Carme
 Outubro: Festa do Marisco
 Novembro: Festa de San Martiño

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 91 a 95

91
92
Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 92 a 95
2.3.2. CONSIDERACIÓNS FINAIS: As potencialidades do Entroido do Grove
Neste contexto de infraestrutura e recursos turísticos adecuados, o Entroido do Grove
preséntanse como o evento que dinamiza a localidade en temporada baixa. Como é sabido, O
Grove conta cunha longa experiencia e demostrada eficacia en eventos de carácter
desestacionalizador, sendo a Festa do Marisco o exemplo por excelencia de estratexias que
conseguiron prolongar a temporada alta nunha vila turística (e en toda Galicia).

Deste xeito, os esforzos realizados nos últimos anos, e que converteron o Entroido do Grove
nunha referencia turística de Galicia, poderán ser aumentados para chegar a un público máis
amplo ofrecendo unha festa singular, arraigada e con alto valor cultural. No momento actual
son centos as persoas que se achegan ata o Grove para participar nas actividades ou
simplemente gozar do ambiente que se crea na vila durante máis dunha semana. Resulta claro
que o interese desta festa suscita a necesidade de mellorala e seguir traballando nela, xa que
se trata dun evento cun potencial turístico de grande envergadura.

No presente informe fixemos fincapé, precisamente, naqueles aspectos que, segundo a


normativa actual, son requiridos para que unha festa sexa declarada de interese turístico.
Deste xeito, podemos confirmar a existencia dunha longa tradición na celebración desta festa,
ademais dun profundo arraigo na poboación local. Do mesmo xeito, temos incidido na
singularidade deste entroido fronte a outros que se celebran en Galicia, singularidade que é
propiciada, entre outras cousas, pola grande tradición das comparsas.

Especial importancia ten o valor cultural desta festa, que se ten convertido nunha
concentración de actividade musical, escenográfica e, sobre todo, creativa, contando ademais
cunha importante carga de reivindicación e protesta social. A gran variedade de actividades
que se recollen durante os dez días que duran as celebracións convértena en atractiva para
público de todas as idades, ademais de ser un excelente punto de referencia para a innovación
e a mellora da calidade cultural.

Finalmente, non podemos pasar por alto que o desenvolvemento desta festa nun lugar de

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


excelencia turística supón un contexto ideal para o seu bo funcionamento dende o punto de
vista dos servizos prestados ao visitante, contando cunha infraestrutura hoteleira e de
restauración que configuran un marco ideal para un entroido con décadas de tradición, pero
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 93 a 95
conta a potencialidade de desenvolvemento turístico de futuro.

93
Referencias
BANDE RODRÍGUEZ, Enrique (1982) “O entroido nun pobo de Ourense: na parroquia de Sande”
en Revista Grial. vol. 20, n. 76, p. 221-226.
BLANCO PRADO, José Manuel (20139 “Aportacións sobre o Entroido lucense” en Anuario
brigantino, número 36, p. 495-512.

BARRETO VARGAS, Carmen Marina (1993) El carnaval de Santa Cruz de Tenerife: un estudio
antropológico. Tesis doctoral. Servicio de publicaciones Universidad de La Laguna.

COSTA, Bea (2008) “La otra historia del entroido meco” en La Voz de Galicia (Arousa). 8 de
febreiro de 2008. Disponible en:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2008/02/08/historia-entroido-
meco/0003_6548959.htm

CRESPO, Carlos (2015) “Os Muchachos Boys foi a comparsa que marcou o salto do Carnaval
tradicional ao que coñecemos agora” en Revista Sustansia. Nº49, xaneiro 2015.

MASCATO, Antón (2018) “Historias das comparsas no Grove (I)” en Faro de Vigo, 11 de
febreiro de 2018, páxina 12.

MASCATO, Antón (2018b) “Historias das comparsas no Grove (II)” en Faro de Vigo, 12 de
febreiro de 2018, páxina 5.

MUÑIZ DOMÍNGUEZ, Miguel M. (2008) Entroido O Grove. O Grove: Todogrove.

RAMOS SANTANA, A. (2002) El carnaval secuestrado o la historia del carnaval. Cádiz: Quórum.

ROIZ, Miguel (1974) “Carnavales de Galicia” en Triunfo, 2 de febreiro de 1974. Páxinas 27-31.

SEMENTE (s.d) “Especial Carnaval”. Edición propia.

SÁNCHEZ, José Luis (2007) (ed.). El carnaval en Europa. Miraguano Ediciones.

Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/


SÁNCHEZ POMBO, Ernesto (1980) “El antroido gallego, algo más que una fiesta de máscaras”
en El País, 19 de febreiro de 1980.
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 94 a 95

94
O GROVE, 23 DE ABRIL DE 2018

95
Cod. Validación: 6WJXESG4TM4FH2FNN5NF9FLE4 | Corrección: http://concellodogrove.sedelectronica.gal/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 95 a 95

You might also like