You are on page 1of 8

DOG Núm.

151 Martes, 9 de agosto de 2022 Páx. 43111

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2022 pola que se convocan cursos de formación


continua para o persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil da
Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 43 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, establece que o


persoal do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia estará formado
tanto por persoal de carácter profesional de servizos que realicen algunha actividade rela-
cionada coa xestión de riscos e de emerxencias como por persoal voluntario de entidades
ou organizacións públicas ou privadas sen ánimo de lucro que teñan como fin a protección
das persoas, dos bens e do ambiente en situacións de xestión de riscos e de emerxencias.
Segundo o artigo 44 da citada lei, este persoal organizarase en grupos operativos.

Mediante Resolución do 2 de agosto de 2010 publicouse o Plan territorial de emerxen-


cias de Galicia (Platerga), no cal se establece a estrutura de dirección e coordinación e
as unidades organizativas para facer fronte dun xeito coordinado ás emerxencias que se
poidan producir en Galicia derivadas de riscos naturais, tecnolóxicos ou antrópicos.

Aprobado o programa anual de actividades para o ano 2022 da Academia Galega de


Seguridade Pública (Agasp) conforme o establecido no artigo 46 da Lei 5/2007, do 7 de
maio, de emerxencias de Galicia, e na Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Agasp, anúnciase
a convocatoria dos cursos de formación continua dirixidos ao persoal das agrupacións de
voluntarios/as de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes
ao segundo semestre do ano 2022, cuxas bases e características se especifican no anexo
desta resolución.

A Estrada, 1 de agosto de 2022


CVE-DOG: 9ggilpm2-ivp4-ssc1-bgu9-5t5vhx9ud8l9

Santiago Villanueva Álvarez


Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO
Bases

Primeira.  Actividades formativas

Denominación Modalidade Edicións Horas lectivas Prazas Datas

Colaboración do voluntariado de
Do 21 de setembro ao
protección civil en dispositivos ante En liña 1 20 40
14 de outubro
grandes concentracións humanas

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 151 Martes, 9 de agosto de 2022 Páx. 43112

Denominación Modalidade Edicións Horas lectivas Prazas Datas

Do 21 de setembro ao
Accidentes na estrada En liña 1 34 40
28 de outubro

Do 28 de setembro ao
Busca de persoas desaparecidas En liña 1 20 40
21 de outubro

Actuación inicial coas vítimas de


En liña 1 20 40 Do 5 ao 28 de outubro
violencia de xénero

1ª edición

Do 5 ao 7 de outubro

2ª edición

Do 26 ao 28 de outubro
Rescate en lugares de difícil acceso
Presencial 4 24 12 3ª edición
(nivel I)
Do 2 ao 4 de novembro

4ª edición

Do 23 ao 25 de
novembro

1ª edición

Do 13 ao 14 de outubro
Comunicacións en emerxencias Presencial 2 12 20 2ª edición

Do 10 ao 11 de
novembro

Coordinación en incendios forestais Do 19 de outubro ao 11


En liña 1 20 40
de situación 2 de novembro

Prevención e loita contra incendios Do 19 de outubro ao 1


En liña 1 40 40
urbanos e forestais de decembro

Condución de vehículos todo terreo Do 26 de outubro ao 3


Semipresencial 1 12 12
en asfalto de novembro

Procedemento e responsabilidade
dos voluntarios e voluntarias de Do 26 de outubro ao 15
En liña 1 16 40
CVE-DOG: 9ggilpm2-ivp4-ssc1-bgu9-5t5vhx9ud8l9

protección civil na regulación do de novembro


tráfico

Do 15 ao 17 de
Condución de vehículos todo terreo Presencial 1 20 20
novembro

Coordinación operativa en plans de


Presencial 1 8 24 9 de novembro
emerxencia

Navegación e rescate en vehículos Do 16 ao 17 de


Presencial 1 16 12
4×4 novembro

Segunda.  Contido das actividades formativas

O contido das diferentes actividades formativas convocadas por esta resolución pódese
consultar na páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública (http://agasp.xunta.
gal) na epígrafe «Formación de colectivos».

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 151 Martes, 9 de agosto de 2022 Páx. 43113

Terceira.  Destinatarios/as

Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios/as de protección civil (AVPC) dos con-


cellos de Galicia.

Este persoal forma parte do Sistema integrado de protección civil e emerxencias de Ga-
licia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia).

Cuarta.  Requisitos de participación dos/das solicitantes

1. Requisitos xerais:

a) Ter superado o curso básico de protección civil.

b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.

A agrupación/asociación de voluntarios de protección civil a que pertenza o solicitante


deberá estar inscrita regulamentariamente no Rexistro de Agrupacións de Voluntarios de
Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen


enfermidade nin están afectados/as por limitación física ou psíquica incompatible coa rea-
lización das accións formativas ou co desempeño das funcións correspondentes ao curso
a que se opta, mediante declaración que se efectuará xunto coa solicitude de matrícula no
curso, e será obriga de cada alumno/a poñer en coñecemento da Agasp calquera altera-
ción relacionada con ela.
CVE-DOG: 9ggilpm2-ivp4-ssc1-bgu9-5t5vhx9ud8l9

3. Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha
ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning) son de nivel básico:

Aspectos recomendables para o PC:

• A configuración mínima dun PC doméstico (en xeral, calquera con menos de cinco
anos) é suficiente.

• Preferentemente conexión á internet de banda larga e un antivirus actualizado.

• Navegador: Mozilla Firefox 2 (recomendado), Internet Explorer 6.0 ou superior ou Goo-


gle Chrome.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 151 Martes, 9 de agosto de 2022 Páx. 43114

• Ter JavaScript e cookies activadas no navegador.

• Para ver os documentos en PDF, necesítase ter instalado Acrobat Reader.

• Para o desenvolvemento dos cursos na modalidade transmisión en directo (streaming)


é necesario dispoñer de cámara web e micrófono.

4. Non está permitida a realización de cursos relacionados nesta convocatoria que te-
ñan simultaneidade nalgunha das súas datas. Cando o alumnado teña coñecemento de
que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia de datas con outro no cal xa foi
seleccionado, debe renunciar a un deles.

Quinta.  Desenvolvemento da actividade

1. Na modalidade en liña.

a) A través da plataforma de formación da Agasp.

b) Datas: as edicións realizaranse segundo se especifica na base primeira desta con-


vocatoria.

c) Horario: segundo disposición e necesidade do alumnado. Axustarase ao calendario


establecido no propio curso.

d) O alumnado deberá acceder ao curso dentro dos primeiros dous días hábiles (excluí-
dos sábados, domingos e festivos) a partir da data de inicio.

e) As persoas que non accedan ao curso no prazo indicado serán dadas de baixa nel,
CVE-DOG: 9ggilpm2-ivp4-ssc1-bgu9-5t5vhx9ud8l9

sen prexuízo de que poidan ser penalizadas coa non admisión en cursos da Agasp durante
o prazo de seis (6) meses.

f) Desenvolvemento: o alumnado participante deberá realizar a través da plataforma de


formación da Agasp, e de acordo cun calendario de presentación, as actividades incluídas
no curso, que son:

i. Visualización dos contidos.

ii. Superación dos cuestionarios.

iii. Cumprimento das tarefas segundo as exixencias indicadas.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 151 Martes, 9 de agosto de 2022 Páx. 43115

g) O/a alumno/a que non realice algunha desas actividades no prazo establecido será
sancionado/a coa baixa no curso, sen prexuízo de que poida ser penalizado/a coa non
admisión en cursos da Agasp durante o prazo de seis (6) meses.

2. Na modalidade presencial.

a) Lugar e data: realizarase presencialmente nas instalacións da Agasp nas datas es-
tablecidas no calendario do curso, sen prexuízo de que algunhas actividades formativas
concretas ou módulos delas se poidan facer fóra das súas instalacións.

b) Uniformidade: é obrigatorio asistir ao curso co uniforme de traballo. As persoas que


incumpran esta norma poderán ser dadas de baixa na actividade.

En todas as modalidades o alumnado deberá superar unha proba final.

Sexta.  Solicitudes

a) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cu-
brir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp.
xunta.gal); non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

É preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp manteñan
actualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o telé-
fono móbil, co obxecto de posibles comunicacións. No suposto de non seren correctos ou
exactos tales datos, a Agasp non é responsable dos posibles prexuízos causados aos/ás
interesados/as.
CVE-DOG: 9ggilpm2-ivp4-ssc1-bgu9-5t5vhx9ud8l9

b) As persoas que non sexan usuarias da páxina web da Agasp deberán previamente
darse de alta nela, para o cal é necesario facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

c) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información pode-


ranse dirixir á Agasp a través dos números de teléfono 886 20 61 37, 886 20 61 38 e
886 20 61 11 ou do enderezo de correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.
gal, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

d) A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes


dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de parti-
cipar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que
se detecte o feito.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 151 Martes, 9 de agosto de 2022 Páx. 43116

e) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correc-
tamente todos os datos para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao modelo
normalizado ou sexan presentadas fóra de prazo.

f) Se as solicitudes para participar nun curso non superan o 50 % das prazas convoca-
das, a Agasp reserva para si a facultade de anular a actividade formativa.

Sétima.  Prazo de inscrición

O prazo de inscrición será ata o 9 de setembro de 2022 a partir do día seguinte ao da


publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que reúnan os requisi-
tos do curso, poderase completar o alumnado asignado a este mediante a apertura dun
novo prazo público de presentación de solicitudes na páxina web da Agasp, coa antelación
posible en función da data do curso e para que teña lugar unha adecuada selección das
persoas candidatas.

Oitava.  Criterios xerais de selección

Os criterios xerais de selección son os que a continuación se relacionan e na orde indica-


da, sen prexuízo de que algúns cursos requiran criterios específicos, os cales se indicarán
na ficha de cada acción formativa concreta publicada na páxina web da Agasp http://agasp.
xunta.gal

1º. De acordo co artigo 50 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se


CVE-DOG: 9ggilpm2-ivp4-ssc1-bgu9-5t5vhx9ud8l9

aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en


materia de igualdade, en cada edición do curso reservarase un cincuenta por cento das
prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.

2º. Se despois de aplicar os criterios anteriores hai empate, terán preferencia as persoas
con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos, e, se o empate persiste terán
preferencia as persoas que cronoloxicamente solicitasen a realización dos cursos con an-
terioridade.

Cando no proceso de selección non se complete a reserva do punto primeiro, a dita


reserva, de existir suficiente número de solicitantes, completarase co resto de solicitudes.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 151 Martes, 9 de agosto de 2022 Páx. 43117

Os/as solicitantes que realizasen anteriormente o curso nos últimos catro anos só poderán
ser seleccionados para realizalo no suposto de existiren vacantes. De non existiren vacantes,
poderán figurar na lista de reserva despois dos/das solicitantes que non teñan o curso.

Novena.  Admisión

A Agasp publicará na súa páxina web http://agasp.xunta.gal unha relación das persoas
seleccionadas para participaren en cada curso, así como un número adecuado de reser-
vas, de acordo co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento
administrativo común das administracións públicas.

O alumnado seleccionado será informado da súa selección a través do correo electróni-


co e tamén, para quen facilite un número de teléfono móbil, a través de mensaxe telefónica.

O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior su-
ficientemente xustificadas.

A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo
formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, e cunha antelación mínima de tres días hábiles
ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante. De non comunicar a renuncia, a persoa
seleccionada será penalizada coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de
(6) meses.

A Agasp reserva para si o dereito de solicitar todos aqueles datos que considere nece-
sarios para a adecuada realización da selección.

Décima.  Dereitos e deberes do alumnado participante


CVE-DOG: 9ggilpm2-ivp4-ssc1-bgu9-5t5vhx9ud8l9

Durante o desenvolvemento da actividade, ao alumnado seralle de aplicación, en canto


aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp.

Décima primeira.  Faltas de asistencia

O Regulamento de réxime interior da Agasp regula no seu artigo 16 as faltas de asis-


tencia nos cursos:

1. A realización das actividades comprendidas no programa do curso é obrigatoria, a


non realización destas deberase xustificar debidamente e penalizaranse disciplinariamente
en caso contrario.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 151 Martes, 9 de agosto de 2022 Páx. 43118

2. A/o alumna/o que, por enfermidade ou algunha outra causa xustificada, perda máis
do 10 % do curso será declarada/o non apta/o e poderase incorporar ao curso seguinte ou
cando a causa determinante llo permita.

Décimo segunda.  Certificado de aproveitamento

Ao finalizar a actividade entregaráselles un certificado de aproveitamento a aquelas


persoas que acrediten a súa participación continuada e superen as partes obrigatorias e a
proba final do curso.

Décimo terceira.  Facultades da Agasp

A Agasp poderá modificar sen necesidade de nova publicación o desenvolvemento nor-


mal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que
poidan xurdir.

A Agasp tamén poderá, sen necesidade de nova publicación, suprimir o curso, cambiar
as datas da súa realización, ampliar novas edicións ou prazas deste, ou suspendelo, cando
así veña exixido por circunstancias que afecten a súa organización ou docencia; especifi-
camente, poderase suprimir o curso cando o alumnado admitido antes da data do seu inicio
non supere o 50 % das prazas convocadas.

Así mesmo, facúltase o director xeral para ditar resolución sen necesidade de nova pu-
blicación para interpretar, se for o caso, o desenvolvemento da convocatoria ou docencia.
CVE-DOG: 9ggilpm2-ivp4-ssc1-bgu9-5t5vhx9ud8l9

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like