You are on page 1of 99

32m 2

[Unha peza de sther f. carrodeguas para ButacaZero]

EN ESCENA
32m2
Xan e Mar

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 1|Páxina


CADRO I. VIDA PERFECTA

De cómo xiraba o Mundo de Mar e Xan

Xan e Mar no seu pisiño de 32m2


O Mundo xira
Mar vai sempre anguriada e con presa
Sae pola porta volvendo entrar:
”Saio! Vou! Marcho!”
Xan está sempre na casa e feliz
Non sae nunca
Sempre está dentro
Cociña
Pon a lavadora
Le o xornal
Pasa o ferro
Tende a roupa
Limpa o baño
Cousas así
Mar sempre sae:
“Adeus! Saio! ByeBye!”
Xan sempre está:
“Que che vaia ben!”
Mar non senta nin para comer
Non se tumba máis dun segundo nin para durmir
Métese na cama e sae polo outro lado
Namentres o mundo xira
xira
xira
xira
xira
xira
xira

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 2|Páxina


CADRO II. THE WALKING DEATH

De cómo o Mundo de Xan e Mar se para… e volve arrancar

De súpeto o mundo para

MAR
Ahhhhhhhhhhhhhhhh!!!!!
Parou!!!
Escangallouse!?

XAN
O que?

MAR
O Mundo!
Escangallouse!
Non ves?
A ver que di o xornal!

XAN
Sempre pon o mesmo o xornal!
Levo con este dende o 2003!

MAR
Merda!
Escangallouse!

XAN
O xornal?

MAR
O Mundo!
Mar dálle o Móbil a Xan
Saca o Móbil por aí a ver que di!

XAN
Tranquila!
Saca o Móbil pola Claraboia

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 3|Páxina


Nada!
Non dou pillado a WIFI!

MAR
Sae un pouco mais!
Mar axuda a Xan
Estira-Estira-Estira!

XAN
Que ten fóra medio corpo
Para que vou caer!

MAR
Que vas caer!
Cólgate ben que che aguanto eu
Aguántalle as pernas

XAN
Mirando na Rúa algo alucinante
Hostias!

MAR
Que?

XAN
Hostias!
Hostias!
Hostias!
A Xente vai coma tola!

MAR
A ver se foi un meteorito!!!

XAN
Van cheos de Bolsas do Súper
Cos carriños atope correndo polas Rúas

MAR
Sen ver nada porque Xan ocupa toda a Claraboia
Que levan?

XAN
Comida

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 4|Páxina


MAR
Collen provisións!
Merda!

XAN
Xusto!
Levan moreas de papel do cu!
Vou sacar unha foto!

MAR
Que foto nin que foto!
Pilla o WIFI
Mira que pasa!

XAN
Mirando o Móbil
Acabouse!

MAR
O Mundo!?

XAN
A batería!

MAR
Sae de aí veña!
Pasa para dentro!

XAN
Non podo!
Estou atrancado!

MAR
Pero por que saíches tanto!

XAN
Para pillar a WIFI
Como me dixeches!

MAR
Pero se total estás sen batería!

XAN
É o teu Móbil!

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 5|Páxina


Eu non teño!

MAR
Turrando polas pernas de Xan
Veña!
Dálle!
Vente!
Sóltao

XAN
Desequilibrándose
Mar!!!!!!!!!
Que caio!
Que fas?
Mar agárralle os pés de novo

MAR
Xan:
Estou pensando!
E para pensar necesito moverme
Eu non estou habituada a estar parada
E non me veñen as Ideas!

XAN
Pensando!!

MAR
Pensando en como vou facer que o Mundo se mova!

XAN
Ahhhhhhh
Ti soíña vas facer que se mova o Mundo!

MAR
Se me dan un punto de apoio, si!

XAN
Cómo vas facer que o Mundo se mova se non podes nin mover o meu cu!
Déixate de pensar e sácame de aquí!
Colle xabón!

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 6|Páxina


MAR
Non hai!

XAN
Pois colle Fairy!

MAR
Non hai!

XAN
Pois xampú!

MAR
Non hai!

XAN
Non hai xampú!?

MAR
Acabeino esta mañá!
Está escrito na lousa, non ves?

XAN
Pois Suavizante
Deterxente
O que sexa!

MAR
Non hai!
Tes que ir ao SuperMercado!

XAN
Mar:
Non podo ir ao SuperMercado
Porque estou aquí atrancado!
Vas ter que ir ti!

MAR
No-no-no-no-non
Eu vou traballar e ti vas ao SuperMercado
Ese é o plan!

XAN
Si:

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 7|Páxina


Vou ao SuperMercado
E limpo
E varro
E cociño
E frego
E saco o lixo
E paso o ferro e…

MAR
Xusto

XAN
Pero por un día…
Poderías ir ti ao SuperMercado!

MAR
Vas ir ti un día a traballar por min?
Cando un día vaias traballar por min
Eu irei ao SuperMercado!

XAN
Es incrible!

MAR
Nós somos seres de costumes, Xan
E ti vas sempre ao SuperMercado
Recordas?

XAN
Pero hoxe o Mundo esmendrellouse, Mar
E ben se poden esmendrellar tamén os costumes non?

MAR
Non-non-non
Convén manter os hábitos
Se todo cambia:
Que algo permaneza!

XAN
Es absolutamente incrible!

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 8|Páxina


MAR
Orgullosa
Xa o sei!
Aplausos fóra
Apláudenme!?

XAN
Cómo che van aplaudir a ti?

MAR
Estupenda
Porque son incrible!

XAN
Aplauden porque aplauden!
Eu que sei por que aplauden!

MAR
Sen entender nada
Esmendrellouse o Mundo e a xente aplaude!
Isto é a hostia!

XAN
Que fago, aplaudo!?

MAR
Nooooooon

XAN
Por que?

MAR
Porque nós nunca estamos de acordo co que fai a Xente, Xan

XAN
Iso é certo!

MAR
Pensamos nós como pensa a Xente?

XAN
Non!

MAR
Defendemos nós o que defende a Xente?

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 9|Páxina


XAN
Non!

MAR
Votamos nós aos partidos que vota a Xente?

XAN
Noooooon!

MAR
Gústanos a nós a Xente?

XAN
Non moito...

MAR
E por iso
Se a Xente aplaude:
Nós non!
Pausa
Xan mira a Rúa

XAN
Con medo
Mar:
E se caio ao baleiro dun Mundo esmendrellado?
Tentando abrandar a Mar
Por que non vas ao Súper e traes xabón
Para sacarme da Claraboia

MAR
Pero Xan
Desequilibrando a Xan coma se o fose soltar
Non te podo soltar non ves?

XAN
Mar!!!!!!!!!

MAR
E ademais odio ir ao SuperMercado
Porque no SuperMercado hai moita Xente
E eu odio á Xente
Recordas?

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 10 | P á x i n a


XAN
Faino por min
Vai ao SuperMercado
Por favor

MAR
Xan
É que eu
Eu
Eu
Eu
Teño Medo

XAN
De que?

MAR
Do Mundo

XAN
Pero Mar
Ti nunca lle tiveches medo ao Mundo

MAR
Pero agora está… Parado
Pausa
Longa

XAN
Con delicadeza
Por que non pos a Tele, anda

MAR
Alucinando
A Tele?

XAN
Con máis delicadeza aínda
Pon a Tele a ver que di!

MAR
Nós non vemos a Tele nunca, Xan

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 11 | P á x i n a


XAN
En circunstancias normais non
Ben o sei
Pero en circunstancias excepcionais
Cando o Mundo se escaralla
Estamos sen WIFI
E estou atrancado na Claraboia
Quizais poderiamos ver a Tele un minuto e medio para ver qué pasa

MAR
Non penso poñer a Tele!
Nin un minuto
Nin medio minuto!
Na Tele fala o Presidente!
O Goberno!
O Estado!
O Poder!
As Clase Dirixente!
O Rei
O Papa
Os Mass-Media!
E nós odiamos-odiamos-odiamos a toda esa chusma!
Pausa

XAN
Xan mira a Rúa
Asustado
Mar

MAR
Que?

XAN
Está baleiro

MAR
O que?

XAN
O Mundo
Está baleiro

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 12 | P á x i n a


As Rúas
Non hai ninguén
Acabouse o Mundo
En serio
Acabouse o Mundo e eu estou atrancando na Claraboia
Xa é mala sorte!

MAR
Atopando unha corda
Eu necesito
Necesito Xan
Mar vai atando os pés de Xan

XAN
Que fas?

MAR
Necesito
Necesito mover as pernas Xan
Entendes?

XAN
Sentindo a corda
Que fas?

MAR
Buscando algo
No-no-no-non estou afeita
No-no-no-no-no-no-non estou afeita a estar así tanto Tempo parada

XAN
Eu tampouco estou afeito a estar atrancado na Claraboia

MAR
Que atopa unha vella Bicicleta Estática
Ahá!
Aquí está!
Mira!
Sae Voaxa por todas partes

XAN
Non vexo nada, Mar

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 13 | P á x i n a


De verdade que non hai nada que ver!
Pedalea na Estática
O movemento asusta a Xan
Ahhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhh
Que foi?

MAR
Xa o sabía eu
Xa sabía eu que só me facía falta un punto de apoio!
O Mundo comeza a xirar, oxidado

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 14 | P á x i n a


CADRO III. BLACK MIRROR

De cómo son as Novas Normas do Novo Mundo

Xan dorme colgado da Claraboia cos pés atados


Mar entra cun monte de Bolsas do SuperMercado
Leva posto un protector plástico na faciana
Solta as Bolsas do Súper no chan
Busca unhas Luvas
Pon as Luvas
Busca o Sanytol
Colle o Fairy
Colle o Sanytol
Desinfecta o Fairy co Sanytol
Colle o Fairy
Pero para coller o Fairy cambia unhas Luvas por outras Luvas
Desinfecta as novas Luvas co Sanytol
Colle o Fairy
Achégase a Xan
Bota Fairy a esgalla sobre a cintura de Xan
Os 32m2 énchense de pompas de xabón

MAR
Turrando por el
Desatándoo
Axudándoo a saír
Xan
Non o vas crer!
Hai un Virus!
Un Virus!

XAN
Espertando
Que dis!

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 15 | P á x i n a


MAR
Hai un Virus e hai que andar atentos ás Curvas!

XAN
Que Curvas?

MAR
As Curvas do Virus!

XAN
Un Virus con Curvas?

MAR
Iso din

XAN
Quen?

MAR
A Xente

XAN
Falaches coa Xente?

MAR
Falei si

XAN
“Ti” falaches coa Xente

MAR
Si

XAN
Onde?

MAR
No SuperMercado!

XAN
Fuches ao SuperMercado!?

MAR
Si!

XAN
Por fin sae

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 16 | P á x i n a


Todo cheo de Pompas
Onde estamos

MAR
Na casa

XAN
Mirando o protector
Que levas posto?

MAR
Estou guapa?

XAN
Ahhhhhhhhhhhhhhhh!
Mirando as Bolsas no chan ao seu carón
Que é todo isto?

MAR
A compra!

XAN
Que compra?

MAR
A do SuperMercado
Erguinme e fun ao SuperMercado
A por Xabón
A por Fairy
A por Xampú
A por Suavizante

XAN
A por medio SuperMercado xa vexo

MAR
Menos papel do cu
Non había
A ver mañá!

XAN
Mercaches todo isto e mañá pensas volver ao SuperMercado?

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 17 | P á x i n a


MAR
Mentres nos deixen!

XAN
Quen?

MAR
Os Darriba

XAN
Non temos veciños arriba, Mar
Vivimos nun ático!

MAR
Por iso fai tanto frío no inverno

XAN
E tanta calor no verán!
Mar estás ben?

MAR
Estupendamente
A ver se atopas a Tele

XAN
A Tele?

MAR
A Televisión, si

XAN
Agora queres ver a Tele?

MAR
Si

XAN
Televisión=Manipulación

MAR
Iso era antes!
Busca a Tele!

XAN
Por que?

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 18 | P á x i n a


MAR
Por saber que din?

XAN
Quen?

MAR
O Presidente!
O Goberno!
O Estado!
O Poder!
As Clase Dirixente!
Os Mass-Media!

XAN
E a ti que che importa o que digan todos eses!

MAR
É polas Curvas!

XAN
Que Curvas!?

MAR
As curvas do Virus, Xan
Por que non sacas a Tele!?

XAN
Achegándose ás Bolsas
Porque está detrás do teu Medio Supermercado!

MAR
Disparándolle co Sanytol
Quieto-parado!
Non toques nada disto
Que está infectado
E hai que desinfectalo!
Mar desinfecta cada cousa unha por unha
Mete comida na Neveira ata que queda repleta

XAN
Mar:
Ti odias limpar, recordas?

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 19 | P á x i n a


Eu limpo e ti/

MAR
Limpando felizmente
Odiaba limpar
Cando viviamos nunha Nación odiaba limpar
Pero agora encántame
Porque vivimos nunha HiberNación

XAN
Unha que?

MAR
Unha HiberNación, Xan!
Unha Hiber-Nación!
Se puxeras a Tele como che dixen entenderías todo
Aparece a Tele
Ahá!
A Tele!
Xan flipando
Mar aparta o protector
Mira a Tele
A Tele xera neles un aquel magnético

XAN
Tapando as orellas para non escoitar
Bla-bla-bla-bla-bla!
Bla-bla-bla-bla-bla!

MAR
Cala!
Que non escoito!

XAN
A quen?

MAR
Ao Presidente!

XAN
Agora gústache o Presidente

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 20 | P á x i n a


MAR
Sempre me pareceu moi guapo

XAN
Pero nunca che gustou!

MAR
Cala!
Fala a Tele

XAN
Que di?

MAR
Que hai que facer o que di o Presidente!

XAN
E por que?

MAR
Porque o di o Presidente!

XAN
Mar:
O Presidente sempre di que hai que facer o que el propio di!

MAR
Xa, pero noutras circunstancias unha pode tomar Liberdades
E nestas circunstancias hai que facer o que hai que facer

XAN
É dicir?

MAR
O que di o Presidente

XAN
E por que se supón que agora temos que nos fiar do que diga o Presidente?

MAR
Porque o di o Presidente!

XAN
Pois nunca antes nos fiamos!

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 21 | P á x i n a


MAR
Pero nunha HiberNación é mellor fiarse!
Nunha Nación: Non!
Nunha HiberNación: Si!
Sábeo todo o Mundo, Xan

XAN
E se o Presidente di que nos tiremos dunha Ponte!?

MAR
Pois será porque debaixo hai unha Rede ben gorda
E sobre todo porque arriba hai un León que nos persegue
Entendes?
O Presidente so quere o mellor para nós!

XAN
Dende cando?

MAR
Dende que vivimos nunha HiberNación!

XAN
Eu-eu-eu-eu-eu
Eu estou flipando!
Fala a Tele
Que dixo!?

MAR
Que hai que quedar todo o día na casa
Porque estamos nunha HiberNación
A Porta desaparece

XAN
Ah non!
Eu pechado na casa subo polas Paredes!
Sube polas Paredes

MAR
Pero se ti estás sempre metido na casa

XAN
Pero estou porque quero estar
Non porque o diga o Presidente!

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 22 | P á x i n a


Eu nunca fago o que di o Presidente!
Mirando a todas partes sen atopar a Porta

MAR
Non podes pensar por ti mesmo nin por un día?
Tes que depender sempre do que diga o Presidente!?

XAN
Eu sempre penso por min mesmo!
E se me deixaras pensaría por ti tamén!

MAR
Pero non me deixo
Gústame pensar por min mesma!
E se me deixaras, pensaría por ti tamén!

XAN
Por sorte non che deixo!
Se non pensaríamos o mesmo!

MAR
Que horror!

XAN
Onde se supón que está a Porta?

MAR
Cala que non escoito!
Fala a Tele

XAN
Que dixo?

MAR
Feliz
Que non hai que ir traballar!
Que non hai que ir traballar!!
Que non hai que ir traballar!!!
Emocionada dálle un bico a Xan
Era certo!
Era certo!
Que bo é o noso Presidente!

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 23 | P á x i n a


XAN
Mar, preocúpasme

MAR
Absolutamente Feliz
Por fin o Goberno nos comprende!
Por fin o Goberno nos apoia!
Por fin o Goberno nos impide ir a Traballar!!!!!!
Que Feliz son!!!!

XAN
Feliz?

MAR
Siiiiiiiii!
Feliz
Grazas ao Goberno!

XAN
Mar:
Ti nunca fuches Feliz!

MAR
Cando vivía nunha Nación non, Xan!
Pero agora vivimos nunha HiberNación e son Totalmente Feliz!!!!

XAN
Pois eu non penso ser Feliz!

MAR
Pero se ti sempre fuches Feliz!

XAN
Penso ser Totalmente infeliz:
Só por foder ao Goberno!
Teño os meus Ideais!
E ti antes tamén os tiñas!

MAR
Xan
O Mundo esmendrellouse
E ben se poden esmendrellar tamén os Ideais, non pensas?

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 24 | P á x i n a


XAN
Replicando as palabras de Mar
Mar:
Nós somos seres de costumes
Recordas!?
Convén manter os Ideais!
Para que algo permaneza!

MAR
E por que non mantés ti os Ideais
Que eu quero ser Feliz?
Pausa
Mira a Xan
Prefires que siga sendo Infeliz?

XAN
Si!
Nooooon!
Non sei!
Como ti queiras, Mar!
Non quero coartar a túa Liberdade!
Paseando con ansia
Onde estará a Porta!!!?
Fala a Tele
Quen é ese tipo?

MAR
Simón!

XAN
Que Simón?

MAR
O Xefe dos Expertos!

XAN
Que Expertos?

MAR
Os Expertos que son Expertos

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 25 | P á x i n a


XAN
Expertos en que?

MAR
En HiberNacións!

XAN
En cantas estiveron para ser tan Expertos?

MAR
Cala!
Fala a Tele
Simón di que hai que poñer Luvas, polo Virus, non ves?
Mar fai ver que leva as Luvas postas

XAN
Ah!
Pois se o di Simón!

MAR
Simón di que hai que limpar todo con Bactericidas, non ves?
Sinalando os produtos que ven de usar
Simón di que hai que ventilar
Sinálalle a Xan a Claraboia
Simón di que brazo dereito arriba
Fan (ou fai?) todo canto di Simón
Simón di que toquemos o cu
Simón di que un circuliño
Feliz, bailando, Mar
E media volta!
E volta enteira!

XAN
Rompendo o xogo
Iso non o dixo Simón

MAR
Que sosainas es, concho!

XAN
Mar: é que nos non vemos a Tele
E por que non vemos a Tele?

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 26 | P á x i n a


Porque a Tele é Caixa Parva
E cando se mira a Caixa Parva
Apárvase un!
As mans para arriba
As mans para abaixo
E como os goriliñas
Hu-hu-Hu!
Imos camiñando!

MAR
Cala!
Que non escoito!
Simón di que xa non hai que poñer Luvas
Mar quita as Luvas

XAN
Pois nada
Aumentemos a Illa de Plástico do Pacífico!
Soan aplausos fóra
Non ves!
Fixémolo tan ben que ata nos aplauden!

MAR
Nerviosa
Merda!
Hai que aplaudir!

XAN
Que?

MAR
Son os Aplausos de Balcón

XAN
Mar:
Nós nunca facemos o que fai a Xente

MAR
Cala!
Que é polos Sanitarios!

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 27 | P á x i n a


XAN
E Sanitarias, supoño!

MAR
Saca as mans e aplaude!
Que vexan todos que aplaudimos!
Que non pensen que non aplaudimos!
A ver se van pensar que nos escapamos
Que fomos pasear
Que morremos

XAN
Mar
Nunca che interesou o máis mínimo o que pensase a Veciñanza de Nós!
Sempre dixeches
Vaia merda de Veciñanza
Vaia merda de Barrio
E ademais vivimos nun Ático!
Ninguén vai poder ver as nosas mans sacadas pola Claraboia!

MAR
Aplaudindo pola Claraboia
Cala e aplaude!

XAN
Porque o di Simón?
Porque o di o Presidente?

MAR
Porque o digo Eu
Xan mete con desgana as mans pola Claraboia
Aplauden pola Claraboia
Rematan os aplausos
Saen da Claraboia

XAN
Mar:
Por que non imos dar un Paseo e nos relaxamos?

MAR
Hoxe queres dar un Paseo?

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 28 | P á x i n a


Nunca queres dar un Paseo
Pero hoxe que non se pode saír da casa
Queres dar un Paseo!

XAN
Si
Quero dar un Paseo
Porque me parece que necesitas un Paseo, Mar
Onde está a Porta?

MAR
Non se pode saír
Non che quedou claro?

XAN
Pero Mar
Ti antes eras AntiSistema
Recordas?
E agora
Todo o que di Simón
Todo o que di o Presidente
Parece que vai á Misa

MAR
Estamos nunha HiberNación, Xan

XAN
Se foses AntiSistema de verdade
Sairías dar unha volta só por foder á Policía
So por foder ao Presidente
E poñerías Luvas aínda que Simón dixese que non as hai que poñer!

MAR
Poñendo as Luvas
Efectivamente
Mira como poño as Luvas
Non ves?
Non hai que poñer as Luvas e aínda así poño as Luvas
Porque Eu son AntiSistema!
AntiSistema ToTal!

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 29 | P á x i n a


Coma sempre!

XAN
E como se supón que pensas ser AntiSistema ToTal sen saír pola porta?

MAR
Protestando nas Redes

XAN
Non tes Redes

MAR
Non teño Redes porque son AntiSistema

XAN
E como se supón que protestas nas Redes sen Redes?

MAR
Polo Balcón

XAN
Non temos Balcón

MAR
Pois pola Claraboia
Xan mira a Claraboia
Non atopa a máis mínima posibilidade de protestar

XAN
Mar
Eu antes queríate
Queríate de verdade
Porque estabas en contra do Goberno!
En contra de todo!
Pero agora…
Agora xa non sei se te quero!
Xan mira a Mar
Non da creto
Mañá non imos ver a Tele Mar
Porque ver a Tele faiche mal
Está claro
Temos que afastarnos da Tele

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 30 | P á x i n a


Porque ti
Ti non estás habituada a tanta Tele

MAR
Mar sobe na Estática
Móvese o mundo
Si
Mañá baixamos o Lixo

XAN
Pensas baixar a tirar o Lixo?
Ti?
Feliz coa posibilidade
Nunca tal fixeches!

MAR
Si
Mañá si
Para dar un Paseo
Pero temos que ir de un en un
Como di Simón
Ti vas tirar o plástico
Eu o vidro
Ti o orgánico
Eu o papel
E así paseamos

XAN
Agora sacar o lixo chámase Pasear?

MAR
Iso parece
O mundo xira ao ritmo de Mar

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 31 | P á x i n a


CADRO IV. EUPHORIA

De cómo é a Vida nunha Feliz HiberNación

Xan dorme
Mar enchufar o Móbil con catro ou cinco alargadeiras
Sácao pola Claraboia para fóra
Acaso inventa algún sistema co que afastar o Móbil o máximo posible
De socato Móbil vibra
O Mundo vibra

XAN
Pegando un chimpo
Ahhhhhhh!!!!!
Que pasa?

MAR
Volveuse tolo!

XAN
O Mundo?
Máis?

MAR
O Móbil!
1578 Memes!
1578 Memes paréceche normal?

XAN
Non
Normal non

MAR
E que non é normal!
Dálle golpes pero non vai
Nada
Non vai!

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 32 | P á x i n a


XAN
Pero para que acendes o Móbil!

MAR
Para non ter que acender a Tele!

XAN
Nin que fose moito mellor o Móbil que a Tele?

MAR
Nalgún sitio terei que mirar as Curvas!
Nalgún sitio terei que mirar como imos comer!

XAN
Pero se temos a casa chea de comida!

MAR
Xan!
Se non vou traballar
Quéresme explicar como vou cobrar!

XAN
Que cho diga o Teu Presidente!

MAR
Por iso teño que poñer a Tele!
Cala!
A Tele Fala

XAN
Quen fala

MAR
Simón

XAN
Que di?

MAR
Que soben a Curvas

XAN
As nosas?

MAR
Non, as do Virus

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 33 | P á x i n a


Xan vai coma un ladrón sorteando as liñas de seguridade

XAN
Onde está a Cociña?

MAR
No Baño
Fala a Tele

XAN
Quen é?

MAR
O Presidente

XAN
Que dixo?

MAR
Que baixan as Contas

XAN
As nosas?

MAR
Non
As do Estado

XAN
E as nosas?

MAR
Vaino dicir mañá!

XAN
Pois se o di o Presidente…
Que non atopa o café por ningures
Onde está o café?

MAR
Na mesiña de noite
Fala a Tele

XAN
Quen era?

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 34 | P á x i n a


O Ministro!

XAN
Que Ministro!

MAR
O Ministro dos Ministros!
Fala a Tele

XAN
Que dixo?
Algo dos Cartos?

MAR
Vaino dicir PasadoMañá

XAN
Non era Mañá?

MAR
Mañá ou PasadoMañá
Xa veremos!

XAN
Si
Xa veremos!
Que non atopa o azucre
Onde está o azucre?

MAR
No estante dos libros

XAN
Irónico
Que ben!
Cada cousa no seu sitio!
Como se nota que estás na casa!!!
A Tele vocifera
Que dixo!!!?????

MAR
Última hora!
Última hora!

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 35 | P á x i n a


Última hora!!!!!!!!!
Unha semana máis!
Unha semana máis sen ter que Traballar!!!!!
Colle aire
Unha noite no muíño…
Unha noite non é nada!
Unha semaniña enteira…
Iso si que é Muiñada!!!!!
Bica a Xan
Quérote Quérote Quérote! Quérote!
Viva o noso Presidente!!!!!!!!!!
Xan Flipa
Arranca a Foliada
O mundo xira alegremente
Brindan. Bícanse. Comen. Íspense. Acaso Foden. Arranca unha Vida Feliz
Len. Cociñan. Cambian roles. Comparten a Vida. Son Felices
Acaso Xan chega a dicir: “Eu quería foder ao Goberno, pero é que son Feliz!”
Comen. Volven comer
Non se preocupan por nada. Len. Foden. Comen
Fala a Tele, miran a Tele: “Outra semana máis!”.
“Fodemos outra vez?”
Mar: “Non se pode saír da casa... Pois non se pode saír da casa!”
Coma unha ladaiña, cada tanto, cada tanto, cada tanto
Que “Viva o Goberno!” “Viva!!!!!”
E miran a Tele
E veña coa ladaiña “Outra semana máis!”.
Xan: “Pero sabías cociñar?”
Mar: “Votamos outro casquete!?”
Cae algún que outro vermú de Claraboia
“Non se pode saír da casa... Pois non se pode saír da casa!”
O piso comeza a parecer outro piso:
“Nunha Hibernación sempre hai que ordenar e volver ordenar”
“Quen o dixo, Simón?”

Unha Orquídea faise cada vez máis gra nde

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 36 | P á x i n a


CADRO V. THE MARVELOUS MRS. MAISEL

De cómo Mar cansa de estar pechada e Xan cansa de Mar

Mar na Estática tenta mover o mundo para que non pare


Xan tenta ler o seu xornal do 2003

MAR
Non se pode saír da casa!
Pois non se pode saír da casa!
Non se pode saír da casa
E non pasa nada por estar na casa!
Na casa estase de marabilla

XAN
Se non fose que nos obriga o Presidente!

MAR
Pedaleando atope
Non se pode saír da casa
Pois estamos na casa
Que felicidade
Que tranquilidade
Que todo
Que ben estou
Imaxina que fose médica!
Tería que saír da casa!

XAN
Menos mal que odias o sangue!

MAR
Ou se fose enfermeira!
Con desexo
Tería que saír da casa!

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 37 | P á x i n a


XAN
Menos mal que odias as agullas!

MAR
Cada vez con máis desexo
Se traballase nun Supermercado!
Se tivésemos un can!
Ou unha cadela!
Se fose xenerosa!
Se fose xenerosa sería Voluntaria!
E tería que saír da casa!!!!!

XAN
Pero non es xenerosa, Mar
E ademais nós non lle facemos o traballo sucio ao Estado, eh!

MAR
Se polo menos fose repartidora de Amazon!
Ou de Globo!
Podería saír da casa!

XAN
Mar:
Ti odias o Capitalismo Salvaxe!

MAR
Pero podería traballar...

XAN
Pero ti odias traballar!

MAR
Boto de menos o Bar!
Os borrachos pola noite
Os comentarios machistas
Os clientes que me miraban as tetas
Poderías mirarme as tetas coma os clientes, Xan?
Poderías dicirme catro babosadas, Xan?
Boto de menos o meu traballo en B
O meu salaaaaaaaaaario en B
As horas extra gratis!

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 38 | P á x i n a


O meu xefe insoportable!
Os vómitos!!!!!
Os vómitos dos borrachos
E das borrachas!
Boto de menso os wc’s asquerosos
Cheos de mexo por fóra
Baixa da Estática
Vai ao WC
Non ves Xan!?
Non ves!?
Este WC está limpo!
Está perfecto!
Ti non botas nin unha gota por fóra do testo, entendes, Xan!?
Nin unha gota!
Cun xesto como de mexar por fóra
Non poderías mexar así
Botando por fóra
Por un día?
Non podo soportar mais o WC limpo

XAN
Mar
Estás ben?

MAR
Siiiiiiii
Estou ben
Como non vou estar ben!
Como non vou estar ben
Se estou de marabilla
E ademais o WC está limpo como unha patena
Fala a Tele

XAN
Que dixo?
Algo dos cartos?

MAR
Primeiro o Turismo

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 39 | P á x i n a


E despois xa veremos!

XAN
Xa veremos!

MAR
Regando a Orquídea
Canto che botei de menos Rosaura!

XAN
Mar con quen falas?

MAR
Con Rosaura
A nosa orquídea!
É tan simpática!

XAN
É de plástico!

MAR
Fíxate o Tempo que facía
Que non botabamos unha boa parlamentada ti e máis eu!
Como nunca estaba na casa!

XAN
Estás fatal!

MAR
Falando con Rosaura
Estaba pensando en facer Pilates!
Comeza a facer cada disciplina
Que pensas do Pilates
Rosaura?

XAN
Para si mesmo
Viríache moi ben

MAR
Pilates ou Zumba?

XAN
Para si mesmo

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 40 | P á x i n a


Zumba mellor
Para descargar

MAR
Zumba é un pouco choni, non?

XAN
Para si mesmo
Si
Un pouco choni, si

MAR
Taichi!
Taichi parece como moito máis sofisticado

XAN
Para si mesmo
Perfecto!
Así relaxas

MAR
Taichi ou Ioga?
Ioga!!!!!
Teño aquela esteira que merquei fai tres anos e nunca usei!
Onde cona estaba
Bingo!
Ves Rosaura?
Agora que teño Tempo vou recuperar o Ioga
O Ioga é Saúde
Non me pilla a min o Virus ese nin correndo!
Xa verás!
Cambiando de asanas aloucadamente
Xan!
Xan!
Mira!
Volvín co Ioga!
Recordas que me gustara tanto aquel día?
Pois volvín!

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 41 | P á x i n a


XAN
Que ben, Mar
Xa se che nota máis relaxada

MAR
É pola meditación
Comeza a facer KickBoxing

XAN
Ah
Tamén fas meditación agora?

MAR
Empezo mañá
Hoxe estou facendo KickBoxing
Aquí
Con Rosaura

XAN
Mar:
Xa que tes tanta enerxía…
Por que non vas recoller o Faiado?

MAR
Non temos Faiado, Xan

XAN
Mercamos un piso sen Faiado?

MAR
Non é noso
É de alugueiro

XAN
Menos mal!
Non me gustaría ter comprado un piso sen Faiado

MAR
Xan:
Estás ben?

XAN
Perfectamente, Mar
Unha cousa:

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 42 | P á x i n a


Por que desapareces unha hora
Ou dúas horas
Catro ou cinco horas
E cando volvas, dis:
Xa está recollido o Faiado!
E eu digo:
Que ben!
Que feliz estou de que Mar teña recollido o Faiado!
E xa está!

MAR
Pero Xan:
Non temos Faiado!

XAN
Pois fas como que si

MAR
E onde se supón que desaparezo?

XAN
Na Neveira!
Hai sitio de sobra!

MAR
Abrindo a Neveira (que está baleira)
Pero ti sabes canto frío podo Pasar?
Sae un regueiriño de fume

XAN
Dálle unha manta
Levas unha manta

MAR
Meténdose na Neveira
E que se supón que queres que faga na Neveira?
Cantar?

XAN
Desaforado
Non!
Cantar non

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 43 | P á x i n a


Porque te escoito
E se te escoito moléstasme
E en realidade o que me gustaría de verdade sería estar
Aquí SOÍÑO!
Soíño!
So-í-ño!
Coma sempre!
Lendo o meu xornal tranquilamente

MAR
Non serve para nada, xa
Ese xornal

XAN
A min gústame
Levo léndoo dende o 2003

MAR
Cando a Guerra de Irak!?

XAN
Cando as Manifestacións Mundiais pola Paz!

MAR
Nas que me deu aquel ataque de ansiedade
Por correr diante da Policía?

XAN
Porque se podía correr
Daquela
Diante da Policía!
E porque eras AntiSistema

MAR
Non viviamos como agora nunha HiberNación, Xan!!!!!!

XAN
Tentaba esquecelo namentres limpabas o Faiado!

MAR
Non temos Faiado!
Pausa

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 44 | P á x i n a


Mar tenta poñer un pouco de cordura
Xan
Nós vivimos nun Faiado, recordas?

XAN
Tento esquecelo sempre que podo, Mar
E se foses ordenar o Faiado como che dixen
E dentro de seis ou sete horas chegases e dixeses
Xa está recollido
Quedou la mar de ben!
Eu podería facer como que non vivimos nesta merda de Faiado
Alugado por catro patacóns
E sen contrato!

MAR
Sempre me dis que non che gusta que che minta

XAN
Pois hoxe
Só por hoxe
Como absoluta Excepción
Poderías mentirme
Pausa
Pero non
A señorita non pode mentir nin por un día
Desta vez é Xan quen vai á Estática
Móvese o mundo
A pedaladas

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 45 | P á x i n a


CADRO VI. SAY YES TO THE DRESS

De cómo Cadaquén tenta controlar a súa Crise

Mar mete prendas nunha Bolsa


Xan tenta arranxar o Móbil

MAR
Isto non o vou a usar
Isto menos
Isto tampouco
Para que vou necesitar eu isto?

XAN
Que fas?

MAR
Doulle un biquiño
E despídome
Fóra
Xa está
Hai que saber desprenderse, Xan
Hai que saber desprenderse
Das Ideas tamén
Entendes
Hai que adaptarse
Adaptarse
Canto fai que non uso isto?
E sobre todo
Cres que o vou poñer pronto!?

XAN
Non

MAR
E por que?

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 46 | P á x i n a


XAN
Porque vivimos nunha HiberNación
E na HiberNación hai que poñer o Pixama

MAR
Quen o dixo?
Simón?

XAN
Non
A Experiencia
Mar mira a Xan
Xan agocha o Móbil

MAR
Volvendo ao seu
E isto poñereino?

XAN
É un Pixama?

MAR
Non!

XAN
Pois entón non creo Mar
Xan saca o Móbil pola Claraboia

MAR
Pois por iso o teño que deixar ir
Méteo na Bolsa
Despois podes baixar todo ao contedor da Roupa

XAN
Xenial!
Así dou un Paseo!

MAR
Se ordeno cousas fóra
Vánseme ordenar cousas dentro
Dentro da cabeza, entendes?
Pensa o que vai dicir
Fago sitio para cousas novas

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 47 | P á x i n a


XAN
Agardando debaixo da Claraboia coas mans abertas
Tampouco temos moitos cartos, supoño

MAR
Novos Pensamentos!

XAN
Tampouco están as tendas abertas

MAR
Novas Ideas!

XAN
Tampouco hai para qué poñerse guapos!

MAR
Ti non queres ter novas Ideas?

XAN
Xa me chega coas Vellas
Grazas

MAR
Vai collendo prendas
Este vestido cres que o vou a poñer?
Encantaríame poñelo
Pero nunha HiberNación vívese como se vive!
E isto?
Isto menos
Pois xa está
Aínda que este gústame moito
Moito non
Moitísimo

XAN
Sempre podes facer unha Excepción
Pola Claraboia entra un paquete de Amazon
Xan feliz coma un neno pequeno

MAR
Aferrándose
Ti cres?

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 48 | P á x i n a


XAN
Abrindo o paquete
Claro Mar
Claro que podes facer unha Excepción
Se non temos nin esa Liberdade
Xa me dirás ti!

MAR
Collendo outra prenda do chan
E cres que podo facer dúas Excepcións?

XAN
Sacando dous paquetes da caixa de Amazon
Si
Ata dúas Excepcións podes chegar

MAR
Pois mira isto que ben me senta!
Podo poñelo perfectamente nunha HiberNación
Este super-cómodo!
Iste parece feito para unha HiberNación, non cres?

XAN
Poñendo un gorriño que viña nunha caixa
Perfecto!

MAR
Poñéndo outra prenda por riba
Si-Si-Si-si-Si-Si
Vai poñendo todas as súas prendas unha por riba da outra
Este vestido é ideal para estar na casa
E este pantalón séntame xenial, sempre me sentou!
Ah!
Mira que bonito é este fular!

XAN
Mirando o que hai na caixa
Fermosísimo!!!

MAR
Autocrucificada coa súa propia roupa

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 49 | P á x i n a


Pois xa está
Todo recollido
E o Armario baleiro
Con espazo para novas Ideas!

XAN
Collendo nas mans o seu novo Ukelele
Fantástico!

MAR
Mirando o Ukelele
Que se supón que é iso?

XAN
Un Ukelele

MAR
E de onde se supón que saíu?

XAN
Entrou pola Claraboia

MAR
El soíño?

XAN
Sen saber como dicilo
Merqueino por Amazon

MAR
Por Amazon?
Xan:
Ti odias Amazon!

XAN
Fixen unha Excepción

MAR
Como?

XAN
As tendas están pechadas
E Amazon manda Ukeleles directamente pola Claraboia
Por 20 euriños de nada

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 50 | P á x i n a


E regálanche este gorro!
A que mola!

MAR
20 euros!!!!?

XAN
A que non é nada!?

MAR
E de onde sacaches os 20 euros?

XAN
Da Tarxeta

MAR
De que tarxeta se ti non tes Tarxeta
Nin Conta Bancaria

XAN
Da túa Tarxeta

MAR
A ti paréceche normal
Nestas circunstancias
Mercar un Ukelele?

XAN
O presidente dixo que tiñamos que facer un esforzo por aforrar
E ti xa sabes que eu sempre fago o contrario do que di o Presidente!
Aplausos fóra
Ata me aplauden, non ves!

MAR
Son os Aplausos de Balcón!

XAN
Coma Audrey almorzando en Tiffany's
Irónico
Pois veña!
Vai aplaudir!

MAR
Que non pode xuntar os brazos

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 51 | P á x i n a


Eu hoxe non vou

XAN
Cada vez máis irónico
Hai que saír aplaudir
Que se preocupa a Veciñanza
Inda van pensar que somo AntiSistema

MAR
Nunca che importou a Veciñanza

XAN
Pero agora estamos nunha HiberNación, Mar

MAR
E por que non saes Ti

XAN
A ver se van pensar que tes o Virus?

MAR
Non se nos ve

XAN
Por si acaso

MAR
Aplaudimos todos os días dende que comezou a HiberNación, Xan
É bo que descansemos por hoxe

XAN
Xusto hoxe que tiña tantas ganas de aplaudir
Por facer algo Xuntos
Mar vai á Estática e tenta como pode facer xirar o Mundo

MAR
É que estaba a pensar, Xan
Que é bo ser Libre
Por exemplo
Ser libre de aplaudir ou non aplaudir
Non sentirse atada a un Aplauso de Balcón
Se non temos nin esa Liberdade
Xa me dirás ti!

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 52 | P á x i n a


CADRO VII. AQUÍ NO HAI QUIÉN VIVA

De cómo o Medo se instala no Cerebro de Xan e Mar

A Luz Intermitente dunha Ambulancia entra pola Claraboia

XAN
Unha Ambulancia

MAR
Merda!
Xan achégase á Claraboia
Tenta mirar a Rúa

XAN
Non se ve nada!
Sae da Claraboia

MAR
Se tivésemos Balcón

XAN
Se tivésemos Balcón
Veriamos algo

MAR
Falariamos cos veciños

XAN
Coas veciñas

MAR
Saberíamos algo do que pasa

XAN
Pero non temos Balcón

MAR
Se puidésemos saber o que pasa

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 53 | P á x i n a


XAN
Estariamos máis tranquilos

MAR
Pero non podemos saber o que pasa

XAN
Porque odiamos á Veciñanza

MAR
Non temos os seus números de teléfono

XAN
Non sabemos os seus nomes

MAR
Pepe? Lucía? Sariña? Rafael? Conchita?

XAN
Conchita!...

MAR
Tampouco nos dan a lata!

XAN
Como a Tía Conchita

MAR
Nin nos piden o sal!

XAN
Qué será da Tía Conchita?

MAR
Tampouco temos sal

XAN
Estará na…

MAR
Nin azucre!
Fala a Tele

XAN
Que din?

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 54 | P á x i n a


MAR
Mortos e mortas
A moreas

XAN
As Curvas!

MAR
Teñen que escoller

XAN
E que escollen?

MAR
Que morran os Vellos
E as Vellas

XAN
As Vellas
Como a Tía Conchita
Pausa

MAR
As Vellas son Vellas
Xa viviron o seu

XAN
Viviron o seu
E máis o noso
Pausa
Longa
Fala a Tele

MAR
Que dixo!?

XAN
Simón está na casa
Colleu o Virus

MAR
Non puxo as Luvas
E despois pasa o que pasa

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 55 | P á x i n a


XAN
Non aprendemos nada
Da Historia

MAR
Aprendemos que non damos aprendido

XAN
Non o viron vir!

MAR
Non o viron vir
Pero víase vir

XAN
Os Expertos víano vir?

MAR
Ninguén os escoitou

XAN
Tamén eu sei que teño fame
E fago coma que non

MAR
Estamos vivos
Iso é o importante

XAN
Mortos de fame
Pero vivos
Pausa
Se polo menos puidésemos saber se esta viva

MAR
A Veciñanza!

XAN
Se polo menos puidésemos saber se o Virus...

MAR
Anda polo edificio adiante

XAN
Se polo menos tivésemos unha porta para saír

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 56 | P á x i n a


MAR
Poderiamos abrazar á Veciñanza

XAN
Ou á Tía Conchita

MAR
Á Tía Conchita?

XAN
Tentando tranquilizarse
Aquí estamos ben
Pola porta non puido entrar, o Virus
Porque porta non hai

MAR
E pola Claraboia?
Pausa
Miran a Claraboia
Fala a Tele
Que dixo?

XAN
Que están a facer Vacinas
Unha morea
A toda hostia!

MAR
A ver como lles quedan!

XAN
Mais vale tarde que nunca

MAR
Ti antes eras AntiVacinas, non?

XAN
Si

MAR
E agora?

XAN
Eu que sei!

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 57 | P á x i n a


CADRO VIII. SIX FEET UNDER

De cómo Xan e Mar comparten Cama e Crise

Xan e Mar na Cama cos ollos mooooooooi abertos


O Mundo absolutamente parado

MAR
Dormes?

XAN
Durmo, si

MAR
Que ben

XAN
Si, xenial
Pausa
Encántame durmir e durmo

MAR
Pois eu odio madrugar para ir a traballar
E non teño que madrugar para ir a traballar
Así que xenial

XAN
Xenial, si

MAR
Como non teño que madrugar estou na Cama
Xenial!
Moi esperta
Durmo!

XAN
Durmimos, si

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 58 | P á x i n a


MAR
Cantas veces che dixen
Que me encantaría non ter que traballar
Para non ter que madrugar?

XAN
Buf!
Moitísimas

MAR
Cantas veces che dixen
Que me encantaría poder quedar contigo na Cama
Así
Pola mañá
Os dous xuntiños
Sen ter nada que facer
Sen ningunha obriga
Cantas veces cho dixen?

XAN
Centos de veces

MAR
Centos ou milleiros, Xan
E por iso
Só por iso
Hoxe son Plenamente Feliz

XAN
Igual ca min!
Pasa un Tempo
Ou dous

MAR
Canto Tempo levaremos na casa, Xan?
Unha semana?
Dúas semanas?
Tres semanas?
Catro semanas?
Un mes?

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 59 | P á x i n a


XAN
Ou dous
Quen sabe!

MAR
Que marabilla!

XAN
Unha marabilla, si
Pausa

MAR
Que hora é?

XAN
As 7:30

MAR
Tan cedo!?
Pequena pausa
Mellor!
Así podemos desfrutar máis Tempo
De estar aquí na Cama
Sen nada que facer
Pausa
Que hora é?

XAN
As 7:31

MAR
Que marabilla!

XAN
Extraordinario
Pausa
Longa
Que hora é?

MAR
As 7:32

XAN
Vimos pasar un Minuto

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 60 | P á x i n a


Vimos o Tempo pasar
Incrible!

MAR
Pois espera que me parece que imos ver pasar outro
Mira o Reloxo
7:33

XAN
Excepcional
Pasa outro Tempo

MAR
Agora mesmo
Por exemplo
Se quixésemos
Poderiamos foder salvaxemente

XAN
Escoitaría a Veciñanza
Porque están todos na casa

MAR
Pero a quen lle importa a Veciñanza?

XAN
Iso!
A quen lle importa...

MAR
De querer
De ter gana
De non ter unha nube gris na cabeza
De non estar xa ben fodida e refodida
Poderiamos foder salvaxemente
Salvaxemente ou suavemente
A pracer

XAN
A pracer
Non hai nin a máis mínima intención sexual
Os dous cos ollos abertos

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 61 | P á x i n a


MAR
Xan

XAN
Que?

MAR
Na Cama dáme por pensar
Non o sabía
Porque nunca estivera tanto Tempo na Cama
Pero dáme por pensar

XAN
Xa
Pausa

MAR
Se polo menos tivésemos crianzas
Agora mesmo podería erguerme para limpar cus!

XAN
Se polo menos…

MAR
Pero nunca quixemos ter

XAN
Nunca quixemos ir

MAR
Podería erguerme para sufrir os TeleDeberes

XAN
Nunca

MAR
Podería estar agora mesmo facendo manualidades absolutamente inútiles!

XAN
Pensándoo sobre si propios
Coma nós

MAR
Me parece que vou saír
Pausa

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 62 | P á x i n a


Me parece que vou saír da Cama
E non vou volver entrar en toda a HiberNación
Porque na Cama dáme por pensar, Xan
E cando penso
Quero tirarme polo Balcón

XAN
Non temos Balcón

MAR
Pois mellor

XAN
Si
Mellor
Mar vai á Estática
Non ten forzas
O Mundo apenas se move
Custa un mundo mover un Mundo con tan poucas forzas

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 63 | P á x i n a


CADRO IX. HOUSE OF CARDS

De cómo as Axudas non Axudan

A Tele berrega

XAN
Escoitei o que escoitei?

MAR
Que dixo?

XAN
Non sei!

MAR
Escoitamos o que escoitamos?

XAN
Que escoitamos?

MAR
O que escoitamos!

XAN
Escoitámolo, si!

MAR
Van dar Axudas

XAN
Van dar Axudas!?

MAR
Van dar Axudas!!

XAN
Van dar Axudas!!!

MAR
Van dar Axudas!!!!

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 64 | P á x i n a


XAN
Van dar Axudas!!!!!

MAR
A todo Dios!
A todo Dios!!!
A todo Dios!!!!!
Por fin!
Dálle un bico a Xan

XAN
Viva o Presidente!
Viva o Ministro
Viva Simón!
Viva o Rei!
Dálle un bico a Mar

MAR
Xan?!!

XAN
É que
É que…
É que hoxe....
Hoxe!
Hoxe é como que teño a impresión….
Teño como a intuición
Como a espiñada de que
De que
De que
De que morre o Capitalismo!

MAR
Pero que dis?

XAN
Mar
Estamos como ante un Mundo Novo
Unha Nova Realidade
Destrozando co Ukelele, o clásico de Julio Numhauser popularizado por Mercedes Sosa
Cambia, todo cambia!

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 65 | P á x i n a


Deixando de cantar
Non te decatas?
Solta o Ukelele
Sobe na caixa de Amazon.
Parece o típico predicador de Rúa
Esta crise está chamada a cambiar o mundo!
As sociedades modernas estamos inmersas nun modelo socioeconómico a piques de
caducar. Temos a sorte (e a responsabilidade!) de vivir un momento histórico que nos
fai decatarnos de que a crise ecolóxica é unha realidade imparable. Temos entre as
mans a posibilidade evolucionar o noso devir socio-político de maneira cada vez
menos inxenua. Temos que comezar a apreciar o verdadeiramente esencial das nosas
vidas para ser quen de xerar unha nova organización social que dilúa o sistema
mundial liberal-capitalista-opresivo no que estamos mergullados e que nos engule.
Pausa
Asolutamente Feliz

MAR
Flipando
Xan
Estás ben?

XAN
Estou de marabilla
Déixame o Móbil para chamar á miña Tía Conchita!

MAR
Sempre odiaches á túa Tía Conchita!

XAN
Iso era antes!
Porque vivíamos nunha Nación
Pero agora quéroa e respéctoa porque vivimos nunha HiberNación

MAR
Pero se é insoportable!!!

XAN
Que va!
Un pouco pesada nada máis!

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 66 | P á x i n a


MAR
Estás ben?

XAN
Estou de marabilla
Estamos nun Mundo Novo, Mar
Non te decatas?
E en canto teñamos porta...
Voulle ir facer unha visita!
Vai ser o primeiro que faga!
A Tele garnea

MAR
Ahhhhh

XAN
Que feliz se vai poñer!

MAR
Cala!
Escoitan a Tele
Mar cada vez máis Feliz
…Decretos Protocolarios…..
Dogas Corentizados…
Ertes Alarmados…
Axudas Perimetradas…
Rentas Minimizadas…
Pausa
Mar cos ollos moi abertos.
Como?

XAN
Canto nos toca!?

MAR
Como pode ser...

XAN
Que foi?

MAR
Non mo podo crer!

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 67 | P á x i n a


XAN
Que!
Di!

MAR
Incrible!

XAN
O que!!!!!!

MAR
Non nos corresponde nada!
Pausa

XAN
Nada?

MAR
Nada

XAN
Nada?

MAR
NaDa!

XAN
¿N A D A

MAR
Nada de nada!

XAN
Nada de nada?

MAR
Nada de nada!

XAN
E por que?

MAR
Porque-Porque-Porque
Eu que sei Xan!
Porque traballo en B
Porque vivimos en B

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 68 | P á x i n a


Porque somos clase B
Xan
E porque-porque-porque
Porque somos unha merda
Un desastre en B
Nós non somos Clase A
Somos B
En B
Entra ruído pola Claraboia
Pecha a Claraboia, Xan

XAN
Indo a pechar
Por que?

MAR
Porque entra o Virus
Deixa de entrar o son da Rúa
E porque me molestan!!!!

XAN
O que?

MAR
Os concertos de Balcón
Os vermús de Balcón
Os contos de Balcón
Os encontros de Balcón
A veciñanza de Balcón
Os amiguiños de Balcón
As caceroladas da Balcón
E a vida de Balcón

XAN
Pero Mar
Nos non temos Balcón

MAR
Pois por iso me molestan, Xan!
Pausa

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 69 | P á x i n a


Silencio
Pasa un Tempo
Mar vai á Estática pero non é quen de pedalear
Baixa
Volve subir

XAN
Mar…
Por que non buscamos traballo?
TeleTraballo!
Pódome facer Tiktoker!
Youtuber
Instagramer

MAR
Xan!!!!!
Non temos WIFI Xan!
Pedalea
Coa forza do cabreo
Pero mesmo con esta forza o Mundo pódese mover

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 70 | P á x i n a


CADRO X. TRANSPARENT

De cómo Correr non sempre te fai chegar primeiro

Xan e Mar nun Faiado cada vez máis húmido e deshumanizado


Pode haber musgo, herbas, goteiras
Xan toca un Blues co Ukelele,
A Tele brama coma nas Carreiras de cabalos
Mar engule flocos de millo

XAN
Que fas?

MAR
Miro as Carreiras

XAN
Que Carreiras?

MAR
As Carreiras de Curvas

XAN
Carreiras de Curvas!?

MAR
China ía moi ben ata onte
Emocionada
Pero hoxe Italia está pisando Forte!

XAN
Que dis?

MAR
Mira
Non ves?
Mira que ben vai!

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 71 | P á x i n a


XAN
E ti alégraste?

MAR
É o meu Equipo!

XAN
Mar!
Que dis?

MAR
Cala-cala-cala!

XAN
Apostaches nas Carreiras?
Soa o Himno Nacional

MAR
Merda!
Interromperon a conexión!
Vai Falar o Rei!
O que nos faltaba!

XAN
Xa é Nadal?

MAR
Eu que sei!
Cambiou a Hora!

XAN
Moi Feliz
A ver se vai marchar!

MAR
A onde?

XAN
Se non se pode traballar
Igual ten que deixar de reinar!
Fala o Rei
Que dixo?

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 72 | P á x i n a


MAR
Nada:
O de sempre

XAN
Marcha?

MAR
Marcha o Pai

XAN
Déixao ir!
Volven as Carreiras

MAR
Déixame mirar como van as Curvas!
A ver como vai Italia!

XAN
Colle o Cazo!

MAR
Que Cazo!

XAN
O Cazo
A Pota
Hai que facer unha Cacerolada!

MAR
Unha Cacerolada?

XAN
Unha Cacerolada
Si
Unha Cacerolada
Unha Cacerolada pola Claraboia!

MAR
E para que?

XAN
Para protestar!

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 73 | P á x i n a


MAR
Irónica
Vaia ideaza!

XAN
Subido na caixa de Amazon
Batendo no Ukelele pola Claraboia
Ves
Así protestamos!
Polo Rei!
Polo Silencio do Rei
Polas Contas do Rei
Polas Amantes do Rei
Polos Elefantes do Rei
Polo Capitalismo Salvaxe
E pola Falta de Axudas!

MAR
Moi ben Xan!
Moi ben!
Quedaches tranquilo?

XAN
Xa estou mellor si!

MAR
Xenial
Alégrome!
Estupendo!
Entra ruído pola Claraboia
Pecha a Claraboia!
E sácateme de diante!
Volven as Carreiras
Déixame mirar como van as Curvas!
A ver como vai Italia!

XAN
Mar!
Iso é indecente!

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 74 | P á x i n a


MAR
Entra ruído pola Claraboia
Pecha a Claraboia!!!!

XAN
Estás fatal!

MAR
Mira para Xan co seu gorriño e o seu Ukelele
Mira quen o di!
Déixame ver as Carreiras!
Saca!
Cala!
Mar sube o volume de Tele
Merda!
Merda!
Merda!
Merda!
Polo baixo

XAN
Que pasa?

MAR
Xan escoita
Eu hoxe
Gustaríame
Ves o Armario!?
Demasiado ordenado!
Imos desordenalo un pouco!
Porque demasiada orde
Non creas que é moi boa para a cabeza!
A ver como che queda isto?
Mar vai poñendo prendas sobre Xan
Ves!
Mira que ben che queda!
Mira que ben che queda!
Mira que ben che queda!
Non ves?

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 75 | P á x i n a


Mira que marabilla!
Dálle unha volta completa a Xan
E así
Ves?
Así podemos facer como que non es Xan
Facemos como que es….
Eh….
Buscando parecidos nel
Conchita
A túa Tía Conchita que me veu visitar, entendes?
Mar pon un mandil

XAN
E como se supón que sae da Residencia se non se/

MAR
Sentas no sofá
E fago un Biscoito para a Tía Conchita

XAN
Mar:
Ti odias á Tía Conchita!!

MAR
Que va!
Sacando aparellos de cociña
Se ata estou a facer un Biscoito porque sabía que viña!

CONCHITA
Sen azucre, espero
Que son diabética!

MAR
Con sacarina
Que era o que había!
Comezando a facer o Biscoito
Falando moi alto
Encántame que veña visitarnos Tía Conchita!
Que ben que che deixaran saír para facernos unha visita!

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 76 | P á x i n a


CONCHITA
Canto Tempo que non falabamos, non?

MAR
É pola HiberNación
Xa sabes
Non se pode saír da casa!

CONCHITA
Antes tampouco viñades nunca
Non hai quen mire para as Vellas…

MAR
Vós xa vivíchedes o voso!

CONCHITA
O noso e o voso!

MAR
Un día por outro e a casa…

CONHITA
Mirando o chan
Chea de merda, si
Con sorna
Onde está Xan?

MAR
Con máis sorna
No Faiado!

CONCHITA
Dille se tal que me chame un día!

MAR
Xa llo direi, si!

CONCHITA
É bo rapaz
No fondo…

MAR
Pero ás veces insoportable
Non cres?

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 77 | P á x i n a


CONCHITA
Non será tanto!

MAR
Hai días e días!

CONCHITA
Xa non o queres?

MAR
Si-si
Quéroo
Pero non o soporto

CONCHITA
Acontece nas mellores casa

MAR
E nas peores tamén

CONCHITA
Xa verás que as cousas van ir ben
A vida é coma o Mar, entendes Mar?
Vai e ben
Como as Mareas
Sube
Baixa
Ás veces veñen bravas as ondas

MAR
E despois ven a Resaca!

CONCHITA
E despois da Resaca
Que ven?

MAR
Metendo o Biscoito no Forno
Sae fume
24 horas de Xan é demasiado Xan, Tía Conchita

CONCHITA
O Mar ten Mareas 24 horas ao día, Mar

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 78 | P á x i n a


MAR
O malo non son as Mareas
O malo é a Calma Chicha!

CONCHITA
Abafado pola roupa e o Forno
Que calor vai!

MAR
Porque vivimos nun ático

CONCHITA
Frío no inverno

MAR
Calor no verán

CONCHITA
Eu na Resi eu estou de marabilla
Sempre estamos á mesma temperatura…

MAR
Servindo o Biscoito
Conchita

CONCHITA
Que?

MAR
Eu quería comentarche que
Non llo digas a Xan
Pero…
Pausa
Non nos quedan moitos cartos

CONCHITA
Xa supoño

MAR
Non nos quedan moitos cartos porque
Eu
Eu
O que quedaba
Todo o que quedaba

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 79 | P á x i n a


Aposteino
Nas Carreiras
Entendes?

CONCHITA
Nas Carreiras?

MAR
Nas Carreiras de Curvas
Apostei e perdín
Entendes?
Pero non llo digas
A Xan
Vale?

CONCHITA
Non llo direi

MAR
Preocuparíase
E total para que?
Aínda non nos cortaron a luz
Aínda non pasamos fame nin un só día!
Se non nos quedase nada para comer
Eu diríallo
Pero aínda nos queda medio Biscoito!
O que pasa é que tiña…
Tiña como que contarllo a alguén, entendes?
Pero non hai de que preocuparse
Porque namentres dure o Virus
Non nos poden botar deste Piso
Deste Faiado
Deste…
Dixérono na Tele

CONCHITA
Ah!
Pois se o dixeron na Tele
Será verdade

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 80 | P á x i n a


MAR
Ti estás tranquila
Non si?

CONCHITA
Eu?
Tranquilísima
Pausa

XAN
Sempre podo devolver o Ukelele
Nada se move
Silencio

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 81 | P á x i n a


CADRO XI. THE COLLAPSE

De como se configura o Novo Mundo de Xan e Mar

Aparece a Porta cun estrondo


Xan e Mar asústanse
A Tele brama
Escoitan

XAN
Agora resulta que hai que ir á Praia de Botellón?
Vaia Desfase!

MAR
Non penso ir de botellón por moito que o diga Simón….
Escoitan a Tele

XAN
E hai que dar paseos de 8 a 9!

MAR
Négome a Pasear porque o diga o Presidente
Iso si que non!
Non penso saír da casa por moita Porta que apareza
Eu non saio
Non
Non
E Non

XAN
Mirando a Tele
Mira
Non Ves!
As praias cheas de cativada e os coles baleiros!

MAR
Vaia Desfase!

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 82 | P á x i n a


XAN
Pecha a Claraboia que entra o Virus!
Mar vai pechar a Claraboia
Berra a Tele

MAR
Que dixo?

XAN
Que no verán imos ser Libres!
Ha!

MAR
Négome a ser Libre
Négome a ser Libre porque o diga o Presidente!?
Penso seguir aquí encarcerada o que me queda de Vida

XAN
Destrozando co Ukelele o clásico de Jörgen Elofsson popularizado por Joan Baez
“Non! Non! Non nos moverán!

MAR
Poñendo un cadeado á porta para que esta non abra
A Liberdade propia remata onde comeza a do outro
En non habendo outro
Somos libres!
Libres ToTal!

XAN
Raspando no Ukelele a Chala Rasta
Libre para qué!
Libre para qué!
Libre para qué!
Para qué-é-é!

MAR
Rematando de poñer o cadeado
Na Gaiola
Pero Libres!

XAN
Esa é a miña Mar!

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 83 | P á x i n a


Fala a Tele

MAR
Mira como están os Parques!

XAN
Non penso pisar un Parque
Por moito que o diga a Ministra da Desfasación!
Non-non-non-non-non

MAR
E eu menos
Están cheos de Xente
E eu odio á Xente!

XAN
Mirando a Tele
Parques cheos e autoestradas baleiras
O Mundo do revés!

MAR
Xa abriron os bares?

XAN
Que va!

MAR
E as discotecas?

XAN
Esas xa non abren nunca mais!

MAR
Vaia Desfase!

XAN
Son incribles!
Para cambiar unha Lei de Merda Calquera
Botan vinte anos
Para sacar de diante ao Rei
Non chegan corenta anos
Pero as Leis do Desfase cámbianas cada cinco minutos!

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 84 | P á x i n a


MAR
É que imos de Desfase en Desfase!

XAN
Pretenden facernos saír do Noso Faiado!!!
Pero:
Que imos facer nós nun Mundo cheo de Virus?

MAR
Enfermar!
Iso é o que queren
Que enferme todo o Mundo para aforrar na Vacina!

XAN
Pois non Señorito!

MAR
Moi feliz
Ha!
Medrou un tomate no Lixo!!!!!!

XAN
Que ben!

MAR
Pola calor
Pola primavera

XAN
Polas goteiras!

MAR
Polo cambio climático

XAN
Polo efecto invernadoiro

MAR
Pola merda!
Polo que sexa!!!
Temos un Tomate!!!!!!!!

XAN
E seguro que sabe mellor que os do SuperMercado

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 85 | P á x i n a


MAR
Tampouco era difícil!

XAN
Un Tomate!...

MAR
Fagamos un Pícnic!!

XAN
Siiiii

MAR
Colocando a caixa de Amazon como unha mesa
Colocando a Tomateira e a Rosaura arredor
Non ves?
Isto é coma un Parque
Coma un Bosque
Coma unha Fraga
Para que imos necesitar saír?
Respira aire puro
Veña ponte guapo!
Prepáranse coas mellores galas
A ver que me queda por aquí…
A ver
A ver…
Xan troca o pixama por roupa de Rúa
Que ben che queda ese pantalón?
Canto facía que non o poñías!

XAN
Bufffff
É que é de antes da HiberNación!
Tentando abotoalo
Aperta un pouco
Pero non te preocupes
Que xa me estou poñendo a dieta!
Mirando a Mar
Que guapa!

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 86 | P á x i n a


MAR
Menos mal que non tirei nada!
A que garda sempre ten!

XAN
Preparando a mesa
Un Pícnic!
Coma nos Vellos Tempos!

MAR
Colocando o Tomate no centro da Mesa
Un Pícnic cun Tomate!
Copas baleiras
Imitando esa Burguesía que sempre dixeron non querer ser

XAN
Querida
Como estará a nosa casa da Praia?
Fai tanto que non imos por culpa da HiberNación!

MAR
Non temos casa na Praia
Querido
Vendémola o ano pasado
Cando mercamos o Audi
Non lembras?

XAN
Menos Mal!
Porque agora mesmo podería estar chea de noxentos okupas!!!!
Escachan a rir
Onde está o WC?

MAR
Sinalando a Tomateira
Detrás do arbusto

XAN
Xan vai cagar detrás da Tomateira
Xa levaba Tempo sen cagar!
Pero foi comer o Tomate

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 87 | P á x i n a


E teño que cagar o Tomate!

MAR
Pois ollo
Que non hai papel

XAN
Podo usar o Xornal do 2003
Total xa non serve

MAR
Mar dálle o Xornal
Mira!
Cheo de mortes!
Agora xa non se ven mortes no xornal!

XAN
Pódese morrer no hospital
Pódese morrer na casa
Pódese morrer na residencia
Pódese morrer na rúa

MAR
Pero non se pode morrer no Xornal!
Latrica a Tele

XAN
Saíndo de detrás do arbusto
Que din?

MAR
Que se lle cadra é todo mentira

XAN
O que?

MAR
Todo
O Virus
Todo
Mentira
Iso din

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 88 | P á x i n a


XAN
Quen?
Simón?

MAR
Non:
Miguel Bosé
A Tele berrega

XAN
Sorprendido, indignado
Ahhhhhh
E os fascistas cos Cazolos na Rúa!

MAR
Pero se non se pode!

XAN
Fixeron unha Excepción!

MAR
Vaia Desfase!

XAN
Como sigamos así van acabar por deixalos saír da casa
Saír de verdade
Digo
Volver á Normalidade
Digo
E cando saian á Rúa de verdade
Cando saian á Rúa de verdade
Xa verás ti
Pausa
Camiñan
Xa veras ti
Pausa
Camiñan
Xa verás ti
Pausa
Camiñan
Xa verás ti

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 89 | P á x i n a


De súpeto fóra dos 32m2
Con cadansúa Maleta
A Tomateira medra
Pasa o Tempo
Sentados nun Banco debaixo de calquera Ponte
Mirando de fronte
Os ollos abertos
Pasa o Tempo

MAR
Finalmente aprendín a facer meditación

XAN
Sempre quixeches

MAR
Finalmente AntiSistema

XAN
AntiSistema ToTal

MAR
E Libre

XAN
Libres!
Co Mundo aos nosos pés…
Pausa
Por que non damos a Volta ao Mundo, Mar?

MAR
Como sempre quixeches!

XAN
Hai Pontes en todas as Cidades

MAR
En todas as Vilas

XAN
En todas as Aldeas

MAR
Ate hai unha Ponte na Constitución

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 90 | P á x i n a


XAN
A Constitución dío ben claro:
Temos todos dereito a unha vivenda digna!

MAR
Artigo 47
Pequena pausa

XAN
Pena das Excepcións!
A Tele interrompe ao lonxe
Escoitan
Que foi?

MAR
O Presidente
Diría calquera cousa para que calemos

XAN
Pois eu non penso calar
Silencio
Pasa o Tempo
Calan

MAR
Mira para Xan
Ti nunca fas o que di o Presidente!
Anicándose nel
Por iso me gustas tanto!

XAN
Xa non che gusta o Presidente?

MAR
Segue a ser guapo

XAN
Máis guapo que Miguel Bosé?

MAR
Non sei
Diferente
Pausa

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 91 | P á x i n a


Mira para Xan
Pero ti gústasme moito máis!
Pausa
Tempo
Outro Tempo
Outro
E outro
Mar respira
Fondo
Que ben se está
Así
En liberdade

XAN
Mal non se está, non
Non se está ben de todo
Pero mal de todo non se está

MAR
Vai un pouco de frío
Pero estar estase ben
Pausa
Longa
E t e r n a

Silencio

XAN
Sincerándose absolutamente
Non me habitúo, Mar
Non me habitúo
Teño que aprender
Xa me decato
Pero custa desfacerse das Vellas Ideas
A min gústame comer
Entendes?

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 92 | P á x i n a


Se non se pode
Non se pode
Pero gustar gústame
Quero dicir:
Sempre me gustou comer
Comer e cociñar

MAR
Cociñabas moi ben
Cando tiñamos Neveira!

XAN
Que Tempos aqueles!

MAR
Un Mundo Feliz
A salvo
No noso Faiado
Coa súa Claraboia

XAN
Hai quen non ten nin Claraboia

MAR
Cos seus Aplausos de Balcón

XAN
Agora xa ninguén aplaude
Xa ninguén se acorda dos/

MAR
Deberiamos de aplaudir agora que non aplaude ninguén
Non che parece?
Aplaudir ben forte
Coma no Teatro
A rabiar
Polos Sanitarios
Polas Sanitarias
Polos Voluntarios

XAN
E polos que coidaron das…

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 93 | P á x i n a


Soa o Teléfono
Riiiiiiinnnng!
Mírano verdadeiramente estrañados
Riiiiiiinnnng!
Déixano soar
Riiiiiiinnnng!
Non saben que facer
Riiiiiiinnnng!
Mar mira a Xan
Riiiiiiinnnng!
Mar colle
O telefono deixa de soar
Mar escoita
Silencio
Mar en shock
Fala como pode

MAR
A túa Tia Conchita está en Benidorm

XAN
Sen emoción
Xa se pode ir de Vacacións?

MAR
Mandaron as Cinsas por erro
Pausa
Xan decátase da morte da Tía Conchita

XAN
Sen saber que dicir
Sempre dende o gris que envolve a escena
Se as mandaran por Amazon chegaban ben
Pausa
Amazon nunca falla
Pode atoparte en calquera lugar
Pausa
En calquera Ponte
Pausa

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 94 | P á x i n a


Silencio
Un silencio profundo
Fáltame o aire, Mar

MAR
Tranquilo:
Respira

XAN
Sabes o que me gustaría de verdade?
Facer o amor
Ter gana de facer o amor coma antes, recordas?
Cando non estabamos tan fodidos como agora
Fodidos e refodidos como agora
Cando non tiñamos esta nube gris na cabeza
Nin tiñamos que facer Colas da Fame
Cando tiñamos 23 anos
E todos os nosos Ideais connosco

MAR
Sen Excepcións

XAN
E sempre gana de foder

MAR
Sen Excepcións

XAN
Cando aínda estaba viva a Tía Conchita
E podiamos ir vela despois de foder
Ou antes de foder
Nin sequera estaba aínda na Residencia
Estaba na súa casa
Plantando patacas cebolas pementos
E era coma unha nai, para nós
E podiamos bicala
Porque se podía bicar
Daquela
E sobre todo porque estaba viva

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 95 | P á x i n a


Pausa
Cómo puidemos esquecernos dela?

MAR
Dela e de todas as demais

XAN
Non fomos nunca dende que a deixamos na/

MAR
Tiñamos que traballar e tiñamos que

XAN
Non podo chorar
Pausa
Quería chorar
Pero non me sae

MAR
Non te preocupes, Xan
Xa chorarás algún día
É mellor non chorar xusto agora
Porque hai que estar ben para poder estar ben
Entendes?

XAN
Entendo

MAR
Estamos na Rúa?
Pois estamos na Rúa
Estamos na Rúa
E non pasa nada por estar na Rúa!
Non pasa nada de nada
Morreu a Tía Conchita?
Pois morreu a Tía Conchita
E cando sexa a nosa hora de morrer
Pois morreremos tamén nós
Polo Virus
Polo Frío
Polo que sexa

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 96 | P á x i n a


E cando esteamos na Morte
Vai estar alí a Tía Conchita
Onde sexa
Agardando por nós
Xa verás!
Vai estar feliz de vernos
Aínda que pasen vinte anos
Aínda que pasen trinta anos
Aínda que pasen…
A Tía Conchita sempre agardaba por nós
Sempre se poñía feliz cando chegabamos
Sete meses despois ou nove
Tanto ten
Ela sempre agardaba
Cun sorriso
Recordas?
Por que non había de agardar agora?
Reafirmándose
Claro que vai estar agardando por nós
E seguro que nos perdoa
Non te preocupes
Porque nós
Nos fixemos o que fixemos porque/
Vivimos o que vivimos porque/
Porque o tiñamos que vivir
Foi o que nos tocou vivir, entendes?
O Mundo que nos tocou vivir
Este mundo de deixar de lado os
E as/
Xa verás que as cousas van ir ben
Porque a vida é coma o Mar
Vai e ben
Como as Mareas
Sube
Baixa
Ás veces veñen bravas as ondas

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 97 | P á x i n a


E despois

XAN
A Resaca

MAR
Hannos perdoar
Os mortos
As mortas
As/
Hannos perdoar
Xa verás
Agarimosa
Temos que levarlle un Biscoito…

XAN
Con Sacarina
Coma nos Vellos Tempos

MAR
Por que non imos a Benidorm!?

XAN
A Benidorm?

MAR
E cando cheguemos
Botamos as Cinsas no Mar
No Mar Mediterráneo
Que che parece?

XAN
Non sei, Mar
Non hai Mareas no Mediterráneo
Vai ficar Varada
Para sempre
Varada
Xan segue sen poder chorar

MAR
Ven, recóstate
Como cando iamos ao Teatro

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 98 | P á x i n a


E nos poñiamos xuntiños
Collidos da man
Recordas?
Un recostado no outro
Collidos da man
Moi doce
Ti non te preocupes
Non te preocupes
En canto teñamos un punto de apoio….
En canto teñamos un punto…
Pequena pausa
Cando teñamos onde chorar…
Unha Casa
Un Faiado
Un Teatro
Pausa
Cando teñamos onde chorar
Xa choraremos

32m2 - BUTACAZERO VERSIÓN PARA PULICACIÓN 99 | P á x i n a

You might also like