You are on page 1of 2

PLAN DE TELEFORMACIÓN 2022

FC22148-T03 Formación básica en igualdade de xénero nas


administracións públicas

Tarefa do módulo 1: Conceptos básicos

Tipo de tarefa Duración módulo

Exercicio practico 60 minutos Primeiro

Contidos de referencia

Para a realización desta tarefa é recomendable ler previamente os contidos do módulo 1.

Obxectivos da aprendizaxe a avaliar

• Dominar conceptos básicos relacionados coa materia.


• Aplicar a perspectiva de xénero nos argumentos das cuestión que se formulan nesta tarefa.

Valoración na avaliación

• A valoración da tarefa réxese pola escala: apto – non apto.

Enunciado da tarefa

1ª Cuestión.
O mapa do emprendemento 2022 determina que, en España, o perfil da persoa emprendedora
mantense estable nos últimos anos e correspondese a un home (80%) de 33 anos con alta
cualificación (a maioría conta con titulación universitaria, o 70% con master e o 16% emprende cun
PHD). A incorporación da muller segue a ser unha sinatura pendente, a nivel global.

Tendo en conta os contidos deste módulo, na túa opinión, que razóns (obxectivas e/ou subxectivas)
están a retardar ou obstaculizar a incorporación da muller no ecosistema emprendedor?

Consideras que poden ser os mesmos, ou semellantes, aos que limitan a presenza das mulleres nos
niveis superiores de toma de decisión e, especialmente, en ámbitos xerarquizados?

Para axudarche nas túas reflexións, recóllense as seguintes noticias:

- https://www.emprendedores.es/startups/mapa-emprendimiento-2022/

- Noticia (5 de outubro de 2020): Premio Nobel: haberá máis mulleres en 2020?

- Noticia (10 de febreiro de 2020): De pouco vale incentivar a entrada das nenas na ciencia
cando escasean as saídas

Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, nº 2-4


15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 – https://egap.xunta.es
1
PLAN DE TELEFORMACIÓN 2022

2ª Cuestión.
No artigo 2 do DECRETO lexislativo 2/2015 do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto
refundido das disposicións legais da comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade,
contémplanse diferentes tipos de discriminación por razón de xénero.

- Expón un exemplo de discriminación directa e outro de discriminación indirecta, por razón


de xénero, que poida darse no ámbito laboral. Argumenta as túas propostas.

Entrega da tarefa

Redacta as respostas nun documento (Word, PDF, etc.). Garda o arquivo resultante co
nome "Tarefa1_TeuNomeApelidos" (por exemplo: Tarefa1_ElsaRodríguezPrieto).
Finalmente cargar este arquivo na plataforma para a súa corrección antes da data límite de
entrega establecida.

(Abaixo de todo, nesta tarefa, está o botón "engadir entrega" que debe empregar para ese
fin)

Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, nº 2-4


15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 – https://egap.xunta.es
2

You might also like