You are on page 1of 1

CONTO PARA OS RESIDENTES DO CENTRO DE MAIORES DE CAMPOLONGO

Nunha convocatoria de urxencia alí estaban nun banco a carón do rio tres dos
compoñentes do alcumado grupo dos Proscritos do rio dos Gafos, ca sua ala radical que se
acabaran de inventar. Para a Felicidade dos Vellos e Velliñas das Residencias .A idea partiu do
seu lider Marcos de doce anos que tiña o seu avó que loitara ca republica e a avoa que fora
lavandeira no rio que nuha visita cos seus pais a Residencia contaronlle que a moitos dos seus
compañeiros e compañeiras non os ian visitar, sentianse moi soios e tristes, e el tiña un plan
para rematar co semellante aldraxe.

Reuniu ao cumio da banda que eran tres e lles espuxo o seu plan. Era xenial , consistia
no seguinte: secuestrar un autobus , en principio ia ser un tren pero o descartaron pois habia
moita distancia ata a estaciòn e non era plan facer andar a xente maior tanto, logo de
secuestrar o autobus e levalo a carón da Residencia ,alí a punta de pistola secuestrar o director
ainda que o seu avó dixolle que era moi boa persoa e puxera en marcha unha iniciativa para
que a xente lles escribira cartas os residentes ,pero sentindo moito aquilo era unha guerra e
tiña que haber victimas iñocentes como en Ucrania a cotío. Cos vellos no autobus levalos ata a
rúa do Principe en Vigo e durante duas horas deixalos polas ruas ver as luces do Nadal tendos
vixiados sempre para non perdelos.Logo devolvelos a residencia para a cea e apechugar cas
consecuencias que algun deles pensaba que irian dende a pena de morte ata cadea perpetua,
pero valia a pena arriscarse polos velliños e velliñas que tanto fixeron por todos nós.

Ali estaban no dia D, sentadiños na parada do bus, metían medo, semellavan o


Escuadron da Morte, aínda que Brais nón poidera roubarlle as medias a sua nai como quedara
apareceu cun un paquete de mascarillas do seu pai medico, que nón era o mesmo pero valian
para a ocasion. Armados con duas pistolas de xoguete que impoñian e unha carabina de balins
escondida nunha gabardina que lle chegava ata os pes a Miguel que semellava o Lute cando
era o Lute, ainda que non querian ferir a ninguen dispostos a todo.Vestidos con abrigos
longos dos irmans maiores e gafas de sol e luvas negras da avoa, agardando ata que por fin
chegou o bus, ali subiron os tres. Magoa que todo ia sair mal, ninguen lles avisou que nos
autobuses era obrigatoria as mascarillas e todos ian como iles e nos asustaron a nadie, ainda
por riba o conductor disoslle que sentia moito non poder levalos a festa de disfraces pois ia
cheo e por levar xente de pe o multaban. Os grandres logros da humanidade as veces
frustanse por pequenos detalles.

Derrotados ,como os siareiros de España Brasil e Portugal logo de ser eliminados do


Mundial , asiña chegou a choiva e fuxeron para as casas,pero Marcos ca mascarilla pegada a
faciana pola choiva demostrou que nos intres dificiles e cando surxen os lideres ,dixo que eles
non eran como Luis Enrique que el tiña un plan B , que se foran preparando os velliños e
velliñas que sen ir ver as luces de Vigo non ian quedar, que non os ian avandoar , agora
marchavan para coller novos folgos e merendar que non era cousa de morrer de fame pero
ian voltar os Proscritos do rio dos Gafos non se renden nunca.

Felices festas e bicos voadores para os residentes do Centro de Maiores e parabéns


para o seu director pola iniciativa das cartas para os nosos maiores.

Anton Roel Villanueva dni 35240794 Pontevedra

You might also like