You are on page 1of 39

PROXECTO DE DECRETO DE ORDENACIÓN DO SISTEMA DE FORMACIÓN SANITARIA

ESPECIALIZADA NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

A formación dos profesionais sanitarios representa un piar básico no desenvolvemento do sistema


sanitario; dentro dela, a formación sanitaria especializada adquiriu unha singular importancia na súa
consolidación e calidade.

A formación de especialistas en ciencias da saúde é un obxectivo prioritario da Administración


Sanitaria. Para alcanzalo é necesario establecer as medidas e mecanismos precisos, garantindo as
estruturas docentes idóneas para o proceso de aprendizaxe das persoas especialistas en formación
ou persoas residentes.

A importancia desta formación maniféstase coa previsión contida na Lei 16/2003, do 28 de maio, de
cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saúde, que, no seu artigo 34 require a disposición de
toda a estrutura asistencial do sistema sanitario para ser utilizada na docencia pregraduada,
postgraduada e continuada dos profesionais e das profesionais.

As persoas residentes constitúen o centro do sistema de formación sanitaria especializada. Esta ten
como obxectivo que os mesmos poidan alcanzar o nivel óptimo de coñecementos, habilidades e
aptitudes profesionais, en aras dunha mellora continua na atención sanitaria aos cidadáns.

O sistema de formación especializada en réxime de residencia implica para os especialistas en


formación o desenvolvemento das actividades previstas no programa de formación, correspondente
á súa especialidade, de forma tutelada e suxeita ás avaliacións que se determinen.

Os profesionais e as profesionais que no ámbito da administración sanitaria se responsabilizan da


formación sanitaria especializada, constitúen un elemento esencial para a calidade da mesma.
Deste xeito, os titores e titoras das persoas residentes e outras figuras docentes que participan na
súa formación, xunto coas estruturas nas que se desenvolve a mesma, serán obxecto de
tratamento desta norma.

A necesidade destas figuras ven determinada pola complexidade organizativa, o volume de titores e
titoras e persoas residentes, a coexistencia con outros tipos de formación e a necesidade de
optimización e adecuación dos recursos. As figuras da titoría e coordinación e as súas funcións,
deben estar definidas documentalmente dentro da estrutura docente do centro ou unidade.

A Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias, establece no seu artigo
15.2. que a formación especializada en ciencias da Saúde, ten como obxecto dotar aos profesionais
dos coñecementos, técnicas, habilidades e actitudes propios da correspondente especialidade, de
forma simultánea á progresiva asunción polo interesado da responsabilidade inherente ao exercicio
autónomo da mesma.

Así mesmo no seu artigo 27 regula as comisións de docencia, órganos esenciais na formación de
especialistas en ciencias da saúde, ás que atribúe funcións de organización e supervisión nesta
materia, así como facilitar a integración das actividades formativas e das persoas residentes coa

1
actividade asistencial e ordinaria do centro, e a de planificar a súa actividade profesional no centro
conxuntamente cos órganos de dirección deste.

De acordo co previsto no apartado 2 do devandito artigo 27, serán as Comunidades Autónomas as


que determinarán a dependencia funcional, a composición e as funcións das comisións de
docencia.

Posteriormente, no ámbito estatal, aprobouse o Real Decreto 183/2008, do 8 de febreiro, polo que
se determinan e clasifican as especialidades en Ciencias da Saúde e se desenvolven determinados
aspectos do sistema de formación sanitaria especializada. Este real decreto, que desenvolve a Lei
44/2003, do 21 de novembro, constitúe un paso máis no proceso de reforma da formación
especializada en ciencias da saúde, regulando aspectos básicos na materia, entre outros, os
referidos á figura do titor ou titora, ás unidades docentes e ás comisións de docencia.

O Real Decreto 183/2008, do 8 de febreiro prevé que sexan as Comunidades Autónomas, as que
desenvolvan determinados contidos do mesmo en relación ás unidades docentes, comisións
docentes, titores e titoras e outras figuras implicadas na formación de especialistas en ciencias da
saúde.

Así mesmo, na súa disposición final cuarta, prevese que as comunidades autónomas velarán, no
ámbito das súas respectivas competencias, pola calidade da formación especializada en Ciencias
da Saúde e polo desenvolvemento da mesma conforme ao establecido no citado real decreto.

Como complemento do Real Decreto 183/2008, do 8 de febreiro, aprobouse a Orde núm.


SCO/581/2008, do 22 de febreiro, pola que se publica o Acordo da Comisión de Recursos Humanos
do Sistema Nacional de Saúde, polo que se fixan criterios xerais relativos á composición e funcións
das comisións de docencia, á figura do xefe de estudos de formación especializada e ao
nomeamento do titor ou titora. Nesta orde tamén prevé que sexan as comunidades autónomas as
que integren estes criterios e, no seu caso, os desenvolvan.

Así mesmo no Real Decreto 1146/2006, do 6 de outubro, polo que se regula a relación laboral
especial de residencia para a formación de especialistas en Ciencias da Saúde, establécense os
dereitos e deberes dos especialistas en formación e regúlanse determinados aspectos que deben
ser tidos en conta, a efectos de regular a formación sanitaria especializada. Así, por exemplo, no
seu artigo 4, relativo aos dereitos e deberes dos residentes, establécese que, ademais dos
establecidos con carácter xeral no Estatuto dos Traballadores, os residentes terán, entre outros
dereitos, o dereito á designación dun titor ou titora que os asistirá durante o desenvolvemento das
actividades previstas no programa de formación.

Pola súa banda, xa no ámbito autonómico, a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, no
artigo 118, relativo á “Carreira profesional”, prevé que en atención aos obxectivos da organización,
poderá outorgarse especial recoñecemento, entre outros, a determinadas actividades formativas,
docentes e de investigación.

Xa no seu Título IX, capítulo I (Docencia e formación), contempla, no artigo 125.5, que “A

2
Consellería competente en materia de sanidade establecerá os mecanismos necesarios para
garantir o recoñecemento do exercicio das titorías e demais actividades docentes dos profesionais
e das profesionais do Sistema público de saúde de Galicia”. E recolle tamén, neste mesmo artigo,
que “A consellería competente en materia de sanidade adoptará as medidas necesarias para
cumprir co mandato da normativa estatal de disposición do Sistema público sanitario de Galicia
para a súa utilización na docencia especializada dos profesionais. Entre tales medidas, poderá
incluír a relativa a que en cada centro docente acreditado existan postos para cuxa cobertura se
requira a correspondente acreditación como titor ou titora de formación sanitaria especializada, sen
prexuízo da posibilidade de que calquera profesional dos citados centros poida acceder ás funcións
de titoría de acordo coa normativa aplicable”.

Finalmente, na resolución conxunta, do 17 de abril de 2007, da Secretaría Xeral do Servizo Galego


de Saúde e da División de Asistencia Sanitaria, ordénase a publicación do acordo subscrito pola
Administración sanitaria e as organizacións sindicais CIG, CEMSATSE, CC.OO., CSI-CSIF e UXT
polo que se melloran as condicións de traballo e retributivas do persoal residente en formación de
este organismo.

Tendo en conta este marco normativo, neste decreto establécense distintos mecanismos para o
nomeamento, a avaliación e o recoñecemento das funcións desempeñadas polo persoal implicado
na formación sanitaria especializada.

A aprobación deste decreto supón a derrogación de distintas disposicións normativas que deixan de
ser operativas ou que se refunden e actualizan na presente norma.

De conformidade co establecido no apartado 1 do artigo 33 do Estatuto de Autonomía de Galicia,


correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia o desenvolvemento lexislativo e a execución da
lexislación básica do Estado en materia de sanidade interior. Así mesmo, no seu apartado 4, sinala
que esta poderá organizar e administrar a tales fins e dentro do seu territorio todos os servizos
relacionados con esta materia. Por outra banda, segundo o establecido no artigo 17.3.c) do Decreto
112/2015, do 31 de xullo, polo que se crea a Axencia para a xestión do coñecemento en saúde e se
aproban os seus estatutos, corresponde a esta axencia a coordinación, o desenvolvemento e o
exercicio das funcións relacionadas coa formación sanitaria especializada.

O decreto consta dun total de 57 artigos, divididos en oito capítulos.

O capítulo primeiro dedícase ás disposicións xerais, o capítulo segundo define as estruturas


sanitarias docentes, o capítulo terceiro establece e regula os órganos docentes colexiados e
unipersoais, o capítulo cuarto refírese ás competencias transversais, o capítulo quinto regula o
procedemento para autorizar as rotacións externas e o capítulo sexto as estancias formativas de
estranxeiros, o capítulo sétimo regula a supervisión dos especialistas en formación, o capítulo
oitavo a calidade da docencia e o capítulo noveno refírese ao funcionamento da Rede de comisións
de docencia de Galicia (REDEGA).

Completan o texto tres disposicións adicionais, que prevén a creación de novas unidades docentes,
a aplicación dunha medida para o acceso aos graos de carreira profesional e una referencia á

3
obriga de apoio ás necesidades de docencia, e tres disposicións transitorias, relativas ao
mantemento das comisións, xefaturas de estudos e titores e titoras existentes á entrada en vigor
deste decreto.

A disposición derrogatoria única establece aquelas disposicións normativas precedentes que


resultan derrogadas pola entrada en vigor na nova regulación e as disposicións derradeiras
refírense ás facultades de desenvolvemento atribuídas á persoa titular da Consellería con
competencias en materia de Sanidade, e á entrada en vigor da nova norma.

O presente decreto dítase tras a preceptiva negociación na mesa sectorial coas organizacións
sindicais representadas na mesma.

Esta norma elaborouse tendo en conta os principios que conforman a boa regulación, a que se
refire o artigo 129 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das
administracións públicas.

Cúmprense os principios de necesidade e eficacia ao considerarse que a aprobación deste decreto


é o instrumento necesario para conseguir o obxectivo de levar a cabo unha regulación da
ordenación do sistema de formación sanitaria especializada no ámbito da Comunidade Autónoma
de Galicia.

O principio de proporcionalidade considérase cumprido, xa que o decreto contén a regulación


imprescindible para atender á súa finalidade.

O principio de seguridade xurídica garántese, xa que esta norma é coherente co resto do


ordenamento xurídico e pretendeuse que sexa clara e que facilite o emprego do conxunto de
recursos persoais e materiais, pertencentes aos dispositivos asistenciais, docentes, de investigación
ou de calquera outro carácter, con independencia da súa titularidade, para impartir formación
regrada en especialidades en Ciencias da Saúde.

O principio de transparencia cúmprese, xa que no proceso de elaboración da norma solicitáronse


todos os informes preceptivos e publicouse no Portal de Transparencia e Goberno Aberto da Xunta
de Galicia.

Por último, con respecto ao principio de eficiencia, a norma non impón cargas administrativas
innecesarias ou accesorias.

Na súa virtude, por proposta do Conselleiro de Sanidade, de acordo co /oído o Consello Consultivo,
e logo da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día …

4
DISPOÑO:

CAPITULO I
Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto

O presente decreto ten por obxecto a regulación da ordenación do sistema de formación sanitaria
especializada no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia de conformidade coa normativa
básica estatal.

Artigo 2. Ámbito de aplicación

Este decreto será de aplicación a todos os centros e unidades docentes da Comunidade Autónoma
de Galicia, sexan de ámbito público ou privado, aos que o Ministerio competente en materia de
sanidade concedese a correspondente acreditación.

Artigo 3. Órgano competente en materia de formación sanitaria especializada

Correspóndelle á consellería competente en materia de Sanidade, a través da Axencia Galega para


a Xestión do Coñecemento en Saúde ou do órgano que no seu caso a substitúa, a planificación, a
coordinación e o desenvolvemento das funcións relacionadas coa formación sanitaria especializada.
Todo elo, en función dos obxectivos e criterios de planificación estratéxica establecidos pola dita
Consellería e polo Servizo Galego de Saúde, e sen prexuízo das competencias atribuídas a outros
órganos directivos.

CAPITULO II
Estruturas sanitarias docentes

Artigo 4. Unidade docente

1. De conformidade co artigo 4 do Real Decreto 183/2008, do 8 de febreiro, polo que se determinan


e clasifican as especialidades en Ciencias da Saúde e desenvólvense determinados aspectos do
sistema de formación sanitaria especializada, a unidade docente defínese como o conxunto de
recursos persoais e materiais, pertencentes aos dispositivos asistenciais, docentes, de investigación
ou de calquera outro carácter que, con independencia da súa titularidade, se consideren necesarios
para impartir formación regrada en especialidades en Ciencias da Saúde polo sistema de
residencia, de acordo co establecido nos programas oficiais das distintas especialidades.

2. O programa formativo levarase a cabo na mesma unidade docente acreditada na que a persoa
en formación obtivese praza. Con todo, en caso de cesamento temporal ou definitivo da
acreditación da unidade docente, os especialistas en formación afectados poderán ser
redistribuídos, segundo as circunstancias de cada caso, polo titular do órgano con competencias en
formación sanitaria especializada a outras unidades docentes acreditadas da Comunidade
Autónoma ou, excepcionalmente, fóra da mesma.

5
Artigo 5. Centro sanitario docente

De conformidade co artigo 4 do Real Decreto 183/2008, do 8 de febreiro, enténdese por centro


sanitario docente o hospital, agrupación de hospitais, centros de saúde, agrupacións funcionais de
unidades docentes, agrupacións territoriais docentes de recursos sanitarios ou outras entidades,
creadas na Comunidade Autónoma de Galicia para a formación de especialistas en Ciencias da
Saúde.

Artigo 6. Acreditación de centros sanitarios docentes e de unidades docentes

1. As solicitudes de acreditación de centros ou unidades docentes presentaranse pola entidade


titular, de carácter público ou privado, ao órgano competente en materia de formación sanitaria
especializada dependente da Comunidade Autónoma para o seu informe, previamente a dar
traslado, se procede, ao Ministerio competente en materia de sanidade para a súa resolución.

2. O mesmo procedemento previsto no apartado anterior, será de aplicación ás solicitudes de


modificación da acreditación inicial e da desacreditación das devanditas estruturas.

Artigo 7. Dependencia e adscrición de unidades docentes e centros sanitarios docentes

1. Cada unidade docente dependerá do centro sanitario, da consellería competente en materia de


sanidade, ou do Servizo Galego de Saúde, ou do órgano competente en materia de formación
sanitaria especializada dependente da Comunidade Autónoma, segundo sexa a entidade á que se
concedeu a correspondente acreditación docente para a formación na especialidade en Ciencias da
Saúde.

2. Por resolución do órgano competente en materia de formación sanitaria especializada da


Comunidade Autónoma, as unidades docentes estarán adscritas a unha comisión de docencia, xa
sexa do centro onde estea situada ou da propia unidade cando se trate de unidades de ámbito
rexional ou multiprofesionais, no seu caso, en función das súas características, do número das
persoas residentes que se formen nelas e do ámbito asistencial no que se realice maioritariamente
a formación.

3. Existirá unha unidade docente multidisciplinar para cada unha das especialidades citadas no
apartado 5 do Anexo I do Real Decreto 183/2008, do 8 de febreiro, na que se formarán os titulados
que accedesen a prazas en formación da especialidade de que se trate.

4. Existirán unidades docentes multiprofesionais, nas especialidades referidas no Anexo II do Real


Decreto 183/2008, do 8 de febreiro, onde se desenvolverán os programas formativos das
especialidades en Ciencias da Saúde que, incidindo en campos asistenciais afíns, requiran para
cada especialidade distinta titulación universitaria. Estas unidades docentes multiprofesionais
cumprirán os requisitos de acreditación comúns e os específicos das especialidades que se formen
nas mesmas. Cada especialidade terá os seus propios titores e titoras que planificarán a execución
do correspondente programa formativo, sen prexuízo da colaboración doutras figuras docentes.

6
5. Os centros sanitarios docentes manterán a súa dependencia de acordo co organigrama da
entidade titular dos mesmos, de carácter público ou privado.

Artigo 8. Recursos docentes. Estabilidade da actividade docente

1. A Comunidade Autónoma de Galicia disporá dunha rede estable de centros docentes acreditados,
nos que se garantirá a existencia dos recursos humanos, materiais e organizativos necesarios para
o desenvolvemento da actividade docente.

A formación e o desenvolvemento da competencia técnica dos profesionais deben orientarse á


mellora da calidade do Sistema de Saúde de Galicia. Para iso, de conformidade co establecido na
Lei 16/2003, do 28 de maio, de cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saúde, toda a estrutura
asistencial do sistema sanitario estará disposta para ser utilizada na docencia pregraduada,
postgraduada e continuada dos profesionais e das profesionais.

2. Cada centro atenderá con cargo aos seus medios persoais e materiais, a constitución e
funcionamento dos órganos docentes regulados neste decreto.

3. A Consellería con competencias en materia de sanidade, para poder garantir a existencia dos
medios persoais precisos en cada centro docente acreditado, poderá requirir para a cobertura de
prazas a correspondente acreditación como titor ou titora da formación sanitaria especializada que
no mesmo se imparta, sen prexuízo da posibilidade de que calquera profesional dos citados centros
poida acceder ás funcións de titoría de acordo coa normativa aplicable.

4. De conformidade co artigo 8 do Real Decreto 183/2008, do 8 de febreiro, os órganos de dirección


dos distintos centros, os responsables dos dispositivos nos que se imparta a formación e as
comisións de docencia, estarán obrigados a informarse mutuamente sobre as actividades laborais e
formativas dos residentes, a fin de decidir conxuntamente a súa adecuada integración coa
actividade asistencial do centro ou dispositivo de que se trate.

CAPÍTULO III
Órganos docentes

Artigo 9. Órganos docentes

A formación sanitaria especializada xestiónase a través dos seguintes órganos docentes de carácter
colexiado ou unipersoal:

a) Órganos docentes de carácter colexiado: Comisións de Docencia, subcomisións de docencia e


comités de avaliación.

b) Órganos docentes de carácter unipersoal: xefaturas de estudos, titor ou titora, colaborador ou


colaboradora docente, coordinador ou coordinadora docente, e outros órganos de apoio á
formación.

7
Sección 1ª

Órganos docentes de carácter colexiado

Subsección 1ª

Comisións de docencia

Artigo 10. Concepto, ámbito de actuación, fins e implantación

1. De conformidade co artigo 8 do Real Decreto 183/2008, do 8 de febreiro, as comisións de


docencia son os órganos colexiados aos que corresponde organizar a formación, supervisar a súa
aplicación práctica e controlar o cumprimento dos obxectivos previstos nos programas formativos
das distintas especialidades en Ciencias da Saúde. Corresponde, así mesmo, ás comisións de
docencia facilitar a integración das actividades formativas e dos residentes coa actividade
asistencial e ordinaria do centro, planificando a súa actividade profesional no centro conxuntamente
cos órganos de dirección deste.

2. De conformidade co artigo 9 do Real Decreto 183/2008, do 8 de febreiro, as comisións de


docencia estenderán o seu ámbito de actuación a un centro ou unidade docente. Con carácter xeral
constituiranse comisións de docencia de centro que agrupen as unidades docentes das diferentes
especialidades en ciencias da saúde que se formen no seu ámbito.

3. A creación, modificación ou extinción das comisións de docencia, se levará a cabo por resolución
do órgano competente en materia de formación sanitaria especializada da Comunidade Autónoma.

Artigo 11. Dependencia funcional

A dependencia funcional de cada comisión de docencia fixarase na resolución de creación da


mesma. Con carácter xeral, dependerán funcionalmente da xerencia ou órgano directivo
equivalente da entidade titular do centro ou da unidade docente de que se trate.

Artigo 12. Composición

1. A comisión de docencia será nomeada pola xerencia da Área Sanitaria ou polo órgano do que
dependan as unidades docentes correspondentes e estará composta por unha persoa que
ostentará a presidencia e un número máximo de 20 vogais.

Na composición das comisións de docencia que se constitúan, sempre que sexa posible en
atención á dispoñibilidade dos e das profesionais que as poden conformar, procurarase acadar
unha presenza equilibrada de mulleres e homes.

2. A presidencia das comisións de docencia corresponderá á persoa que ostente a xefatura de


estudos de formación sanitaria especializada do centro ou unidade correspondente e dirimirá con
seu voto os empates que se podan producir na adopción de acordos.

8
3. As vogalías conformaranse do seguinte modo:

a) Será vogal nato da comisión de docencia do seu centro hospitalario de referencia a persoa que
ostente a presidencia da comisión de docencia de cada unidade docente multiprofesional de
Atención Familiar e Comunitaria, e, no caso da comisión de docencia da unidade docente
multiprofesional de Atención Familiar e Comunitaria, será vogal nato a persoa que ostente a
presidencia da comisión de docencia do centro hospitalario de referencia. A persoa a que lle
corresponda esta vogalía, ostentará, ademais, a vicepresidencia da comisión e substituirá á persoa
titular da presidencia nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.

b) Será vogal nato a persoa que ostente a presidencia da subcomisión de especialidades de


enfermería, se a houbera.

c) Unha vogalía designada polo órgano competente en materia de formación sanitaria especializada
na Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Unha vogalía designada pola Dirección Xeral do Servizo Galego de Saúde con competencias en
materia de asistencia sanitaria.

e) Cinco vogais en representación das persoas que exercen a titoría, que serán elixidos entre todas
as persoas titoras dependentes da Comisión de docencia correspondente, mediante sufraxio, por un
período de catro anos de carácter renovable. Nas comisións de docencia de centros hospitalarios
tres delas haberán de pertencer, preferentemente, a cada unha das áreas hospitalarias, de servizos
médicos, cirúrxicos e centrais, outra troncal, cando exista, e outra ás especialidades de enfermería.
Nas comisións de docencia de Atención Primaria unha delas haberá de pertencer, preferentemente,
ás especialidades de enfermería.

f) Cinco vogais en representación do persoal especialista en formación, que serán elixidos entre
todas as persoas residentes dependentes da Comisión de docencia correspondente, mediante
sufraxio, por un período de dous anos de carácter non renovable. Unha delas será elixida entre as
que formen parte da comisións de docencia que represente ao outro nivel asistencial. Nas
comisións de docencia de centros hospitalarios, tres delas haberán de pertencer, preferentemente,
a cada unha das áreas hospitalarias, de servizos médicos, cirúrxicos e centrais e outra ás
especialidades de enfermería. Nas comisións de docencia de Atención Primaria unha delas haberá
de pertencer, preferentemente, ás especialidades de enfermería. No caso das unidades docentes
multiprofesionales, procurarase a representación de todas as titulacións existentes na mesma, de
forma proporcional ao número de persoas residentes de cada unha.

g) O resto das vogalías, sen superar o número máximo, serán designadas pola xerencia ou órgano
directivo equivalente da entidade titular do centro ou unidade docente de que se trate, procurando
incorporar entre as designadas a persoas que poidan representar á area de urxencias, aos servizos
de calidade e investigación e aos técnicos de apoio da formación e tendo que ser, cando menos,
unha delas titora dependente da comisión de docencia correspondente.

9
4. A comisión contará cunha secretaría, con voz pero sen voto, que será ocupada pola persoa que
designe a xerencia ou o órgano directivo equivalente da entidade titular do centro ou unidade
docente, entre o persoal estatutario da función administrativa ou funcionario. En caso de ausencia,
vacante ou enfermidade seguirase o mesmo procedemento para a designación da persoa que a
substitúa, de modo que quede garantido o adecuado funcionamento da comisión.

5. A condición de membro das comisións poderase perder:

a) Pola finalización do período para o que foi designado.


b) Por renuncia expresa presentada ante a persoa que exerza a presidencia da comisión.
c) Pola perda da condición habilitante para o seu nomeamento.
d) Por remoción motivada por causa de incumprimento ou deixamento no exercicio das súas
funcións, acordada pola propia comisión de docencia da que forme parte, no marco dun
procedemento contraditorio.
e) Por calquera outra causa que, obxectivamente, impida o exercicio das funcións propias da
condición de membro da comisión.

6. Para o tratamento de temas concretos ou actuacións específicas como no caso dos


procedementos de revisión das avaliacións, poderanse incorporar á comisión de docencia outros
profesionais, aos sós efectos dos devanditos procedementos e por invitación do seu presidente, con
voz pero sen voto.

Artigo 13. Funcións

Corresponde ás comisións de docencia o exercicio das seguintes funcións:

1. Promover a actividade docente e a acreditación de centros e unidades docentes e de


profesionais para o exercicio da titoría das distintas especialidades.

2.Informar as solicitudes de acreditación docente de centros e unidades docentes que lle


corresponda no seu ámbito.

3. Designar ás persoas que ocupen a presidencia das subcomisións que se constitúan no seu
ámbito.

4. Aprobar, a proposta dos correspondentes titores ou titoras, as guías ou itinerarios formativos tipo
de cada unha das especialidades que se formen no seu ámbito. Ditas guías adaptaranse ás
características específicas de cada centro ou unidade tendo en conta os obxectivos e contidos do
programa oficial da especialidade.

5. Garantir que cada unha das persoas residentes das especialidades que se formen no centro ou
unidade docente, dispón do correspondente plan individual de formación, verificando a súa
adecuación á guía ou itinerario formativo tipo, en colaboración cos titores e titoras da especialidade
de que se trate.

10
6. Facilitar a integración das actividades formativas e das persoas residentes coa actividade
asistencial e ordinaria do centro, así como planificar a súa actividade profesional no centro
conxuntamente cos órganos de dirección.

7. Facilitar a adecuada coordinación docente entre niveis asistenciais.

8. Elaborar e aprobar os protocolos escritos de actuación para graduar a supervisión das


actividades que leven a cabo as persoas residentes en áreas asistenciais significativas, con
especial referencia á área de urxencias ou a calquera outra que se considere de interese.

Así mesmo, a comisión aprobará tamén os protocolos de supervisión das unidades docentes
creadas no seu ámbito.

9. Elixir anualmente os vogais que deben formar parte dos comités de avaliación de cada unha das
especialidades acreditadas, convocalos e constituílos.

10. Valorar as propostas de rotacións externas realizadas polos titores e titoras en función dos
obxectivos que se pretenden alcanzar, referidos á ampliación de coñecemento ou á aprendizaxe de
técnicas non practicadas no centro ou unidade e que non estean explicitamente previstas, e solicitar
a súa autorización ao órgano competente en materia de formación sanitaria especializada.

11. Organizar as actividades formativas das persoas residentes, especialmente as que afectan a
temas transversais ou comúns a varias especialidades.

12. Aprobar e fomentar a participación das persoas residentes en cursos, congresos, seminarios ou
reunións científicas, relacionados co programa da especialidade de que se trate.

13. Elaborar e aprobar o plan de xestión da calidade docente do centro ou da unidade docente, de
acordo cos criterios xerais establecidos polo órgano competente en materia de formación sanitaria
especializada, e supervisar o seu cumprimento. Para estes efectos, a comisión solicitará a
información necesaria das unidades asistenciais e dos correspondentes órganos de dirección e
xestión.

14. Promover y facilitar a formación continua dos titores e titoras nas competencias necesarias para
o desenvolvemento das súas funcións.

15. Participar na acreditación e reacreditación de titores e titoras nos termos que estableza o órgano
competente en materia de formación sanitaria especializada, así como propoñer ao órgano directivo
do centro ou unidade docente o nomeamento dos titores e titoras que corresponda.

16. Aprobar a participación de dispositivos propios en unidades docentes externas.

17. Elaborar unha memoria anual das actividades de formación sanitaria especializada realizadas
no centro ou a unidade docente.

11
18. Procurar que nos dispositivos de carácter universitario que se integren no centro ou unidade
docente, exista unha adecuada coordinación entre os ensinos universitarios de grao e posgrao e a
formación especializada en ciencias da saúde.

19. Remitir ao Rexistro Nacional de Especialistas en Formación, a través da súa presidencia, as


avaliacións finais e anuais, así como os resultados das súas revisións e os períodos de
recuperación que no seu caso correspondan, nos termos previstos na lexislación vixente.

Así mesmo, as comisións de docencia notificarán ao Rexistro Nacional de Especialistas en


Formación as excedencias e demais situacións que repercutan na duración do período formativo,
segundo as instrucións que dite o mencionado rexistro.

20. Comunicar por escrito ás persoas residentes o lugar no que se situarán o taboleiro ou os
taboleiros oficiais de anuncios da comisión, onde se publicarán os seus avisos e resolucións.

Con todo, a comisión de docencia poderá empregar outros medios adicionais, incluídos os
telemáticos, para facilitar a divulgación dos seus avisos e resolucións.

21. Analizar a capacidade docente do centro e de cada unha das súas unidades docentes,
informando diso, alo menos anualmente, ao órgano competente en materia de formación sanitaria
especializada da comunidade autónoma e á xerencia ou ao órgano directivo equivalente da
entidade titular.

22. Coñecer a proposta anual de oferta de prazas de formación sanitaria especializada para o
centro ou unidade correspondente.

23. Coordinar a ocupación das diferentes unidades, con fins de aprendizaxe, por estudantes e
profesionais de calquera dos niveis formativos.

24. Informar as solicitudes de autorización de estancias formativas de profesionais ou especialistas


en formación estranxeiros, facendo constar se interfiren ou non na capacidade docente do centro.

25. Informar as solicitudes de cambio excepcional de especialidade das persoas residentes e tamén
de recoñecemento de períodos formativos previos, para a súa tramitación ante o órgano
competente en materia de formación sanitaria especializada, que emitirá o informe correspondente
e trasladarao ante o Ministerio competente en materia de sanidade.

26. Analizar os resultados das auditorías docentes realizadas no centro e nas unidades docentes,
establecendo as accións de mellora que resulten oportunas.

27. Participar activamente nos procedementos de avaliación e mellora internos do Plan de xestión
da calidade docente do centro ou unidade.

28. Colaborar e participar activamente en todas aquelas tarefas que lle asigne o órgano competente
en materia de formación sanitaria especializada ou nas que lle atribúan as disposicións reguladoras

12
da formación sanitaria especializada.

29. Informar sobre as cuestións relacionadas cos procedementos disciplinarios que lles sexan
solicitadas polo órgano competente da institución da que dependa a unidade docente, nos supostos
previstos no artigo 15.2. do Real Decreto 1146/2006, do 6 de outubro, polo que se regula a relación
laboral especial de residencia para a formación de especialistas en Ciencias da Saúde.

30. Velar polo bo funcionamento das unidades docentes, procurando que nos diferentes dispositivos
que a compoñen se dean as condicións necesarias para impartir unha adecuada formación ás
persoas residentes, así como para levar a cabo a avaliación das actividades que realicen.

31. Así mesmo, exercerán aquelas funcións atribuídas aos órganos colexiados pola Lei 16/2010, do
17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público
autonómico de Galicia e pola Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público
estatal, ou polas normas que no seu caso as modifiquen ou substitúan.

Artigo 14. Réxime de Funcionamento

1. Cada comisión de docencia elaborará e aprobará un regulamento interno de funcionamento no


que, como mínimo, se recolleran os seguintes aspectos:

a) Calendario de sesións.

b) Réxime de convocatorias, de adopción de acordos e actas.

c) As funcións que se deleguen nas subcomisións que no seu caso se constitúan.

d) A elaboración da memoria anual sobre a actividade da comisión.

e) A elaboración da memoria docente anual do centro ou unidade.

2. En todo caso, a comisión de docencia reunirase en sesión ordinaria, como mínimo, unha vez ao
trimestre e, en sesión extraordinaria, cantas veces o crea necesario o presidente ou a maioría dos
membros. A citación para as reunións deberá especificar a orde do día e deberá estar en poder dos
membros da comisión, polo menos con corenta e oito horas de antelación á súa celebración. Para a
válida constitución da comisión de docencia requirirase, en primeira convocatoria, a asistencia do
presidente ou presidenta, do secretario ou secretaria, ou de quen os substitúa, e da metade, polo
menos, dos seus integrantes e en segunda convocatoria, se a mesma está prevista na citación,
será suficiente a asistencia do presidente ou presidenta, do secretario ou secretaria, ou de quen lles
substitúa, e dun terzo dos e as vogais.

3. En todo o non regulado neste artigo ou no regulamento interno de funcionamento que cada
comisión adopte, serán de aplicación supletoria a Lei 16/2010, do 17 de decembro e a Lei 40/2015,
do 1 de outubro.

13
Subsección 2ª
Subcomisións de docencia

Artigo 15. Composición e actuación.

1. Poderanse constituiranse subcomisións de docencia específicas da comisión de docencia cando


o aconsellen as condicións particulares, as características formativas, a diferente titulación, a
diversa natureza ou a dispersión xeográfica dos dispositivos que se consideren necesarios para a
formación das persoas residentes.

En todo caso, nas comisións de docencia de centros ou unidades onde se forme persoal de
enfermería especialista, e con obxecto de coordinar esta formación, constituirase unha subcomisión
de docencia, que agrupará ás persoas que exercen a titoría das especialidades de enfermería.

2. As subcomisións de docencia estarán constituídas por unha persoa que ostentará a presidencia e
ata un máximo de 20 vogalías, que serán ocupadas polas persoas elixidas entre aquelas que
exercen a titoría e o persoal especialista en formación das especialidades que formen parte da
subcomisión e as persoas que se considere conveniente pola comisión da que dependa, de acordo
co obxecto da subcomisión.

A presidencia será ocupada pola persoa designada pola Comisión de docencia entre aqueles ou
aquelas profesionais do centro ou unidade ao que pertenzan as especialidades que se vaian
agrupar na subcomisión de que se trate.

3. A secretaría de cada subcomisión que, no seu caso, se constitúa será asumida por unha das
persoas que sexan vogais da mesma ou pola persoa que en cada caso se considere.

4. As funcións das subcomisións de docencia serán as delegadas pola comisión de docencia á que
pertenzan.

5. Cada subcomisión de docencia poderá elaborar e aprobar un regulamento interno de


funcionamento, en consonancia co previsto para a comisión de docencia da que dependa. En todo
o non previsto neste regulamento, serán de aplicación supletoria a Lei 16/2010, do 17 de decembro
e a Lei 40/2015, do 1 de outubro

Subsección 3ª
Comités de avaliación

Artigo 16. Constitución e finalidade

1. Por cada unha das especialidades acreditadas no centro ou unidade docente, constituirase un
comité de avaliación co fin de realizar a avaliación anual e final dos especialistas en formación que
constarán nas correspondentes actas.

14
2. A actuación dos comités de avaliación rexerase por un Regulamento de réxime interno, no que se
determinará a súa actuación na avaliación dos e das residentes.

Artigo 17. Composición.

Os comités de avaliación estarán integrados, polo menos por:

a) A persoa que exerza a xefatura de estudos do centro a unidade docente correspondente,


que presidirá o comité e dirimirá co seu voto os empates que puidesen producirse.
b) O presidente da subcomisión que no seu caso corresponda.
c) O titor ou titora da persoa residente.
d) Un profesional que preste servizos no centro e unidade de que se trate, co título da
especialidade obxecto de avaliación e que será designado pola comisión de docencia.
e) O vogal ou a vogal da comisión de docencia que designe o órgano competente da
Comunidade Autónoma en materia de formación sanitaria especializada.
f) A persoa que exerza a secretaría da comisión de docencia.

Sección 2ª
Órganos docentes de carácter unipersoal

Subsección 1ª
Xefe/a de estudos de formación sanitaria especializada

Artigo 18. Concepto e dependencia funcional

1. O xefe/a de estudos de formación sanitaria especializada é un xestor ou xestora da formación


sanitaria especializada. É unha persoa especialista en Ciencias da Saúde, que dirixe as actividades
de planificación, organización, xestión e supervisión da formación sanitaria especializada e do resto
da actividade docente dentro do seu ámbito.

2. As persoas que ocupen as xefaturas de estudos de formación sanitaria especializada dependerán


funcionalmente da xerencia ou órgano directivo equivalente da entidade titular do centro ou unidade
docente. No caso das unidades de ámbito rexional, dependerán da persoa titular do órgano
directivo ao que figuren adscritas no momento da súa acreditación.

Terán autonomía de xestión e exercerán o seu labor en coordinación coas liñas estratéxicas de
xestión asistencial e investigación da entidade titular de que se trate e de acordo coas directrices
ditadas polo órgano competente en materia de formación sanitaria especializada dependente da
Comunidade Autónoma.

Artigo 19. Sistema de acceso e nomeamento

1. No ámbito público, accederase mediante convocatoria pública, realizada pola xerencia ou órgano
directivo equivalente da entidade titular do centro ou unidade docente, publicada no Diario Oficial de
Galicia.

15
2. No ámbito privado o órgano directivo do centro de que se trate, designará ao Xefe ou Xefa de
Estudos, a proposta da Comisión de Docencia, previa convocatoria pública interna entre
profesionais do centro que cumpran os requisitos esixidos.

3. Para poder acceder á xefatura de estudos debe acreditarse a titulación de especialista en


ciencias da saúde nunha das especialidades incluídas na comisión de docencia de que se trate.

4. En cada convocatoria estableceranse os criterios de valoración, debendo contemplar como


mínimo:

a) A traxectoria profesional asistencial, docente e de investigación.

b) A experiencia en formación especializada: o desenvolvemento de funcións de xefatura de


estudos, de titorías en formación especializada, de labores de coordinación, de colaboración
docente ou participación nun centro docente acreditado para a formación especializada.

c) A experiencia e formación en: Liderado e xestión de equipos humanos, en metodoloxía docente e


avaliativa, planificación, organización e xestión de recursos e calidade.

d) A presentación dun proxecto de actividade con obxectivos e liñas de acción, que conteñan
indicadores dirixidos á promoción da docencia e do exercicio das funcións de titoría, que
posteriormente poida ser avaliado de conformidade co previsto no artigo 23 deste Decreto.

Así mesmo, poderá establecerse calquera outro criterio obxectivo de valoración, debidamente
xustificado, en función das características propias da entidade titular do centro ou unidade docente.

5. A xerencia ou órgano directivo equivalente da entidade titular do centro ou unidade docente


realizará o nomeamento do xefe/a de estudos, oída a comisión de docencia correspondente que no
caso de entidades públicas, publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 20. Causas de cesamento

O xefe/a de estudos poderá perder a súa condición por algunha ou algunhas das seguintes causas:

a) A suspensión da acreditación docente do centro ou unidade docente nos que exerce a función
como xefe de estudos, por parte do Ministerio competente en materia de sanidade.
b) A avaliación desfavorable no desempeño do cargo.
c) A desvinculación laboral do centro onde se desempeñan as funcións de xefe ou xefa de estudos.
d) Calquera outro motivo obxectivo que impida ou imposibilite o desempeño do cargo.

Artigo 21. Funcións

Corresponde ao xefe/a de estudos de formación sanitaria especializada o exercicio das seguintes


funcións:

16
1. Presidir a comisión de docencia, dirimindo co seu voto os empates que se produzan na adopción
dos acordos.

2. Asumir a representación da comisión de docencia, entre outros, formando parte dos órganos de
dirección dos correspondentes centros e servizos sanitarios, co fin de asegurar e garantir a
incardinación da docencia na actividade asistencial ordinaria, continuada e de urxencias.

3. Dirixir e coordinar as actividades docentes dos titores e titoras e realizar a interlocución cos
responsables asistenciais de todos os dispositivos da unidade ou centro docente, co fin de garantir
unha adecuada coordinación.

4. Coordinarse cos presidentes e presidentas doutras comisións de docencia que teñan dispositivos
docentes no propio centro e, no seu caso, con outros niveis docentes.

5. Coordinar a ocupación das diferentes unidades asistenciais por estudantes e profesionais en


prácticas de calquera nivel formativo, velando por que non se exceda a capacidade docente do
centro e de cada unha das súas unidades docentes.

6. Supervisar a aplicación práctica dos programas formativos das diferentes especialidades e


promover e supervisar a formación das persoas residentes en competencias comúns.

7. Acordar e subscribir cos correspondentes órganos de dirección do centro, en representación da


comisión de docencia, o protocolo de supervisión das persoas residentes, coordinando a súa
aplicación e revisión periódica.

8. Promover, potenciar e supervisar o cumprimento do proceso de avaliación global da docencia,


das persoas residentes, dos titores e titoras e da estrutura docente.

9. Convocar e presidir os comités de avaliación anual, dirimindo co seu voto os empates que se
produzan.

10. Supervisar o plan de xestión da calidade docente do centro ou da unidade docente e coordinar
cos correspondentes órganos de dirección o seu seguimento e cumprimento.

11. Xestionar os recursos persoais e materiais asignados á comisión de docencia, elaborando o


plan anual de necesidades.

12. Participar na acreditación e reacreditación dos titores e titoras e no proceso para o seu
recoñecemento, nos termos que estableza o órgano competente en materia de formación sanitaria
especializada.

13. Supervisar o cumprimento dos obxectivos docentes aprobados pola dirección do centro e a
elaboración da memoria anual de actividades docentes.

17
14. Promover, fomentar e definir liñas e actividades de investigación, relacionadas coas
especialidades en ciencias da saúde en consonancia cos plans de saúde da Comunidade
Autónoma e programas I+D, relacionados coa formación sanitaria especializada.

15. Ordenar a inserción no taboleiro de anuncios dos avisos e resolucións da comisión de docencia
que requiran publicación inserindo a dilixencia relativa á data de publicación que en cada caso
corresponda.

16. Garantir a correcta remisión, en tempo e forma, das avaliacións e demais documentación que se
deba trasladar ao Rexistro de Especialistas en Formación do Ministerio competente en materia de
sanidade.

17. Fomentar a formación continua dos titores e titoras participando na elaboración de programas
formativos para ese efecto.

18. Realizar os informes que solicite a Consellería con competencias en materia de sanidade e o
Ministerio competente en materia de sanidade.

19. Todas aquelas funcións que lle asigne o órgano competente en materia de formación sanitaria
especializada ou lle atribúan as disposicións en materia de formación sanitaria especializada.

Artigo 22. Dedicación

O xefe ou a xefa de estudos disporá para a adecuada realización das súas funcións dunha
dedicación específica dentro da súa xornada laboral, que estará en relación co número de persoas
residentes do centro ou unidade docente, debendo terse en conta a estrutura do centro, unidades
acreditadas, número de dispositivos docentes que o integran, a existencia ou non doutras figuras
docentes e tipo de comisión de docencia.

Establécese unha dedicación mínima do 20% da xornada laboral. Segundo os criterios anteriores, o
tempo de traballo oscilará entre o mínimo establecido e a dedicación completa de acordo co que se
estableza nas bases da correspondente convocatoria. En todo caso o tempo de dedicación poderá
acumularse de forma que, en función das necesidades poidan resultar porcentaxes maiores nuns
períodos que noutros.

Artigo 23. Avaliación das xefaturas de estudos.

1. De conformidade co establecido no artigo 10 da Lei 44/2003, do 21 de novembro, o exercicio das


funcións da xefatura de estudos ten a consideración de funcións de xestión clínica, cuxo exercicio
estará sometido á avaliación periódica do desempeño e dos resultados.

2. A avaliación será realizada, cada catro anos, pola xerencia ou órgano directivo equivalente da
entidade titular do centro ou unidade docente de que se trate, debendo documentarse
adecuadamente.

18
O órgano competente en materia de formación sanitaria especializada poderá fixar períodos de
avaliación menores, tendo en conta, entre outros factores, os avances ou cambios en materia de
xestión da docencia no ámbito sanitario.

O resultado da avaliación poderá determinar, no seu caso, a confirmación ou remoción do posto.

3. Para a avaliación teranse en conta:

a) O adecuado cumprimento das súas funcións.

b) O cumprimento dos obxectivos establecidos. Singularmente, daqueles establecidos nos plans


estratéxicos e no plan de xestión da calidade docente do centro ou unidade docente de que se trate.

c) O resultado de auditorías, internas ou externas, que no seu caso se realicen.

d) O resultado das enquisas de satisfacción realizadas entre especialistas en formación.

e) Calquera outro aspecto que, previamente xustificado, resulte adecuado.

Artigo 24. Recoñecemento e incentivación

1. De conformidade co establecido no artigo 10 da Lei 44/2003, do 21 de novembro, o exercicio das


funcións da xefatura de estudos será obxecto do oportuno recoñecemento por parte do centro ou
unidade do Servizo galego de Saúde e do conxunto do Sistema Sanitario.

2. No ámbito público, o exercicio das funcións correspondentes ás xefaturas de estudos de


formación sanitaria especializada será recoñecido e incentivado mediante:

a) A expedición de certificados, emitidos pola xerencia ou órgano directivo equivalente da entidade


titular do centro ou unidade docente de que se trate, acreditativos do nomeamento, do tempo de
desempeño das súas funcións e, no seu caso, dos resultados da avaliación ou avaliacións
realizadas.

O órgano competente en materia de formación sanitaria especializada será o responsable de


establecer os modelos de certificado comúns para toda a Comunidade Autónoma.

b) O recoñecemento profesional do desempeño das funcións da xefatura de estudos na carreira


profesional, dentro da categoría que teña cada xefe/a de estudos.

c) Coa finalidade de facilitar a mellora da súa competencia na práctica clínica e nas metodoloxías
docentes, a Administración Sanitaria promoverá que as persoas que ocupen as xefaturas de
estudos realicen actividades de formación continuada sobre aspectos relacionados co coñecemento
e aprendizaxe de métodos educativos, avaliación, técnicas de comunicación, metodoloxía da
investigación, xestión de calidade, motivación, aspectos éticos da profesión ou aspectos
relacionados cos contidos do programa formativo.

19
d) O recoñecemento das funcións da xefatura de estudos, como mérito específico, nas
correspondentes convocatorias de provisión de prazas e postos de traballo en centros e unidades
acreditados para a formación sanitaria especializada do Sistema Público de Saúde de Galicia.
Considerarase, entre outros, o tempo exercido como xefe ou xefa de estudos.

e) No caso das xefaturas de estudos de formación sanitaria especializada que dependan


funcionalmente da xerencia ou órgano directivo equivalente da entidade titular do centro ou unidade
docente, terán a consideración de xefatura de servizo de carácter docente, non asistencial, cun
complemento retributivo vinculado ao ámbito, peculiaridades e desempeño das súas funcións
docentes.

3. No ámbito privado, este recoñecemento do labor desenvolto polo xefe/a de estudos de formación
sanitaria especializada reflectirase, como mínimo, no desenvolvemento profesional previsto polo
centro ou entidade privada de que se trate.

Subsección 2ª
Titor/a

Artigo 25. Concepto

De conformidade co artigo 11.1. do Real Decreto 183/2008, do 8 de febreiro, o titor é o profesional


especialista en servizo activo que, estando acreditado como tal, ten a misión de planificar e
colaborar activamente na aprendizaxe dos coñecementos, habilidades e actitudes da persoa
residente a fin de garantir o cumprimento do programa formativo da especialidade de que se trate.
Para iso asume a responsabilidade do proceso de ensino e aprendizaxe da persoa residente da súa
especialidade, mantendo con esta unha relación continua e estruturada ao longo de todo o período
formativo.

A persoa encargada da titoría de formación sanitaria especializada será a mesma durante todo o
período formativo da persoa residente, salvo causas debidamente xustificadas ou situacións
específicas derivadas da incorporación de criterios de troncalidade.

Artigo 26. Funcións

Corresponde á persoa encargada da titoría de formación sanitaria especializada o exercicio das


seguintes funcións:

1. Propoñer á comisión de docencia, de acordo cos outros titores da especialidade e co responsable


do dispositivo asistencial, a guía ou itinerario formativo tipo de acordo co programa oficial da
especialidade, que será aplicable a todas as persoas residentes que se formen na unidade docente.

2. Elaborar o plan individual de formación de cada persoa residente da unidade docente, adaptando
a guía ou itinerario formativo tipo, en coordinación cos responsables dos dispositivos asistenciais e
co resto dos docentes que interveñan no proceso formativo.

20
3. Organizar, coordinar, dirixir e controlar o desenvolvemento do programa docente de cada persoa
residente ao seu cargo, así como o seu programa formativo individual. Todo iso, en estreita relación
co responsable asistencial da unidade docente, co fin de lograr os obxectivos propostos para o seu
período de formación.

4. Informar á comisión de docencia das actividades docentes do especialista en formación que


impliquen solicitude de permisos, así como de todas aquelas que realice na contorna da
organización sanitaria e que complementen o seu proceso de aprendizaxe.

5. Propoñer as rotacións externas á comisión de docencia, especificando os seus obxectivos.

6. Ser o referente e o interlocutor da persoa residente, resolvendo as incidencias que se poidan


producir coa organización e velando polos seus intereses docentes e formativos.

7. Asesorar á comisión de docencia en relación co programa formativo da unidade e propoñer as


actividades de mellora da calidade docente na súa unidade, participando no seu desenvolvemento.

8. Asistir, colaborar e participar en actividades non asistenciais do centro ou unidade docente en


relación coa formación de persoas residentes, así como nas organizadas especificamente para
titores sobre as competencias que lles son propias.

9. Orientar á persoa residente durante todo o período formativo, establecendo un sistema de


seguimento periódico, documentado e continuado da aprendizaxe a través de entrevistas titor-
residente. Así mesmo supervisará a cumprimentación do libro do especialista en formación ou
calquera instrumento autorizado que substitúa ao mesmo.

10. Realizar o seguimento do proceso continuo de aprendizaxe mediante entrevistas periódicas con
outros titores e profesionais que interveñan na formación das persoas residentes.

11. Revisar en tempo e forma as avaliacións das rotacións, cursos e outras actividades docentes
realizadas pola persoa residente.

12. Favorecer a asunción progresiva por parte da persoa residente de responsabilidades na tarefa
asistencial.

13. Elaborar, de acordo cos criterios establecidos pola comisión de docencia, o protocolo de
supervisión das persoas residentes da unidade docente, seguindo a súa evolución nos diferentes
dispositivos onde se forme.

14. Verificar que o especialista en formación vai adquirindo as competencias profesionais recollidas
no programa oficial de que se trate.

15. Elaborar o informe anual de avaliación da persoa residente.

21
16. Participar no comité de avaliación da persoa residente e, no seu caso, acompañarlle no acto de
revisión despois dunha avaliación anual negativa non recuperable.

17. Fomentar a actividade docente e de investigación da persoa residente, asesorando e


supervisando, se procede, os seus traballos na materia.

18. Calquera outra función destinada á planificación, xestión, supervisión, asesoramento e


avaliación de todo o proceso de formación da persoa residente no contexto da organización
sanitaria.

Artigo 27. Acreditación, nomeamento e substitución

1. A resolución de acreditación dos titores e titoras corresponderalle á persoa responsable da


xefatura de estudos de formación sanitaria especializada, como titular da presidencia da Comisión
de docencia.
A valoración dos méritos de profesionais que queiran exercer a titoría de especialistas en ciencias
da saúde realizarase pola comisión de docencia do centro ao que pertenza a unidade docente ou
pola comisión de docencia da unidade docente correspondente ou, no seu caso, por un comité de
valoración dependente dalgunha delas, entre profesionais que, cando menos, cumpran os seguintes
requisitos:

a) Estar en posesión do título oficial de especialista en ciencias da saúde da especialidade


convocada.

b) Estar en situación de servizo activo.

c) Xustificar unha experiencia profesional previa dun ano, como mínimo, desenvolvendo unha
actividade asistencial específica da especialidade de que se trate.

Para garantir a axilidade do procedemento de acreditación de titores e titoras, manterase un


proceso aberto e permanente para a presentación de solicitudes de acreditación como titor ou titora
de formación especializada en ciencias da saúde polo sistema de residencia, e establecerase o
perfil competencial da función titorial, que en todo caso adecuarase ao perfil profesional de cada
especialidade, no que se valorarán, entre outros criterios, a actividade asistencial, docente e
investigadora e a relativa a competencias xenéricas.

A comisión de docencia deberá remitir a relación de titores e titoras acreditados/as, así como as
correspondentes actualizacións, ao órgano da comunidade autónoma competente en materia de
formación sanitaria especializada.

2. De conformidade co artigo 11 do Real Decreto 183/2008, do 8 de febreiro, o nomeamento do titor


efectuarase polo órgano directivo da entidade titular da unidade docente, a proposta da comisión de
docencia e previo informe do xefe da unidade asistencial da especialidade correspondente, ou, no
seu caso de enfermería, entre profesionais previamente acreditados, que presten servizos nos
distintos dispositivos integrados no centro ou unidade docente e que ostenten o título de

22
especialista que proceda.

O nomeamento comunicarase ao órgano competente en materia de formación sanitaria


especializada da Comunidade Autónoma.

3. En caso de ausencias do titor/a derivadas de permisos, vacacións, baixas médicas, horas


sindicais ou outras situacións asimiladas, será o propio titor/a, sempre que sexa posible, quen dea
as indicacións oportunas para que non se resinta o desenvolvemento da actividade docente. De non
ser posible, será o xefe ou xefa de estudos do centro ou unidade docente, de que se trate, quen o
faga.

Non obstante o anterior, cando as condicións da ausencia da persoa que exerce a titoría así o
aconsellen, o órgano directivo da entidade titular do centro ou unidade docente, a proposta do xefe
ou xefa de estudos do centro ou unidade docente, adscribirá temporalmente ás persoas residentes
a outro titor ou titora acreditados da unidade docente. De non ser posible, adscribiranse a un
especialista da unidade docente que reúna os requisitos para poder exercer as funcións de titoría,
con todos os dereitos e deberes que por iso lle correspondan.

Artigo 28. Avaliación

1. O desempeño da función de titoría será avaliado anualmente pola comisión de docencia, que
emitirá un informe dirixido ao órgano directivo titular do centro ou unidade docente, co fin de validar
o cumprimento das funcións establecidas e o mantemento das súas competencias como titor ou
titora.

Co obxecto de facilitar a devandita avaliación, cada titor ou titora deberá elaborar unha memoria
anual sobre os labores desempeñados e, no seu caso, o nivel de cumprimento dos obxectivos
fixados para a súa titoría.

Os contidos mínimos da memoria, así como outros aspectos para valorar, comúns a todas as
titorías, serán fixados polo órgano da comunidade autónoma con competencias en materia de
formación especializada.

2. O resultado da avaliación anual será positivo ou negativo, en función de si se valida ou non o


cumprimento dos requisitos. No caso de que a avaliación sexa negativa, a resolución deberá estar
motivada indicando os motivos da exclusión e será causa da revogación do nomeamento.

Artigo 29. Cesamento nas funcións de titoría

1. Son causas de finalización do exercicio das funcións de titoría as seguintes:

a) A suspensión da acreditación docente ou a desacreditación do centro ou unidade docente nos


que se exerce a función de titor ou titora, por parte do Ministerio con competencias en materia de
formación sanitaria especializada.

23
b) A desvinculación laboral do posto de traballo desde a que se exercen as funcións de titoría que
impida a continuidade destas.

c) Calquera outra circunstancia que, obxectivamente, imposibilite o exercicio das funcións.

2. A persoa responsable da xefatura de estudos de formación sanitaria especializada


correspondente, previo informe da comisión de docencia, poderá acordar o cesamento da
acreditación dun titor ou titora nos seguintes supostos:

a) O incumprimento manifesto das súas funcións.

b) As reiteradas avaliacións negativas das persoas residentes suxeitas á súa titoría.

c) Avaliación anual negativa do desempeño da titoría.

d) Calquera outra causa grave que por imprudencia, neglixencia ou dolo lles sexa imputable e que
lle imposibilite ou inhabilite para o desenvolvemento da titoría.

Con carácter previo á remisión da proposta de cesamento, darase traslado desta ao interesado ou
interesada para que, no prazo de 15 días formule as alegacións e presente a documentación que no
seu caso considere oportuna para a defensa dos seus intereses.

Finalizado o trámite de audiencia e á vista das alegacións e da documentación que, no seu caso,
presentase o interesado ou interesada, a comisión poderá resolver a aceptación das alegacións e
arquivo do expediente ou elevar a proposta definitiva de cesamento ao órgano directivo, que ditará
a resolución de cesamento e notificaralla ao interesado ou interesada. Contra esta resolución cabe
presentar recurso de alzada ante o titular do órgano competente en materia de formación sanitaria
especializada na Comunidade Autónoma de Galicia.

O cesamento da acreditación como titor ou titora comportará, de modo automático, a revogación do


nomeamento e a finalización do exercicio das súas funcións e do recoñecemento asociado ao
mesmo.

Artigo 30. Formación e dedicación

1. O departamento da Comunidade Autónoma con competencias en materia de sanidade facilitará a


participación dos titores e titoras e de todos os profesionais implicados na formación sanitaria
especializada en programas específicos de formación. Principalmente nos relacionados coa mellora
da competencia en áreas de práctica clínica, e naquelas áreas competenciais propias da acción
titorial, tales como planificación, coñecemento e desenvolvemento de métodos de aprendizaxe,
avaliación, técnicas de comunicación, procura de información e xestión da docencia.

Os titores e titoras terán preferencia na participación en ditas actividades formativas realizadas


polas entidades públicas encargadas da formación continuada así como nas relacionadas coa súa
especialidade.

24
2. Asemade, os órganos de que dependan as distintas unidades docentes adoptarán as medidas
necesarias para asegurar que o titor ou titora poida dispoñer dunha dedicación específica para o
exercicio das súas funcións de titoría dentro do seu tempo de traballo a razón de dúas horas por
persoa residente e mes, cun mínimo de tres horas mensuais. Esta medida producirá efecto dende a
data do seu nomeamento como titor ou titora e terase en conta dentro do plan de traballo do
profesional que exerce a titoría e da súa unidade asistencial correspondente.

Artigo 31. Recoñecemento

1. De conformidade co establecido no artigo 10 da Lei 44/2003, do 21 de novembro, o exercicio das


funcións de titor ou titora será obxecto do oportuno recoñecemento por parte do centro ou unidade,
do Servizo de Saúde e do conxunto do Sistema Sanitario.

2. No ámbito público, o exercicio das titorías de formación sanitaria especializada será recoñecido e
incentivado mediante:

a) A expedición de certificados, emitidos pola xerencia ou órgano directivo equivalente da entidade


titular do centro ou unidade docente de que se trate, acreditativos do nomeamento, do tempo de
desempeño das súas funcións e, no seu caso, dos resultados da avaliación ou avaliacións
realizadas.

O órgano con competencias en materia de formación sanitaria especializada será o responsable de


establecer os modelos de certificados comúns para toda a Comunidade Autónoma.

b) O recoñecemento profesional do desempeño das funcións de titoría na carreira profesional,


dentro da categoría que teña cada titor ou titora.

c) Coa finalidade de facilitar a mellora da súa competencia na práctica clínica e nas metodoloxías
docentes, a Administración Sanitaria promoverá que os/as titores/as realicen actividades de
formación continuada sobre aspectos relacionados co coñecemento e aprendizaxe de métodos
educativos, avaliación, técnicas de comunicación, metodoloxía da investigación, xestión de
calidade, motivación, aspectos éticos da profesión ou aspectos relacionados cos contidos do
programa formativo.

d) O recoñecemento das funcións de titoría, como mérito específico, nas correspondentes


convocatorias de provisión de prazas e postos de traballo en centros e unidades acreditados para a
formación sanitaria especializada do Sistema Público de Saúde de Galicia. Considerarase, entre
outros, o tempo exercido como titor ou titora.

3. No ámbito privado, este recoñecemento das funcións de titoría reflectirase, como mínimo, no
desenvolvemento profesional previsto polo centro ou entidade privada de que se trate.

25
Subsección 3ª
Colaborador/a docente

Artigo 32. Concepto e funcións

1. O colaborador ou colaboradora docente é o profesional pertencente aos diferentes dispositivos


da unidade docente nos que o especialista en formación realiza as rotacións establecidas no
programa da correspondente especialidade, asumindo a orientación, a supervisión e o control das
actividades que realiza durante as devanditas rotacións.

2. O colaborador ou colaboradora docente participará activamente na avaliación da aprendizaxe e


das competencias adquiridas polo persoal especialista en formación durante a rotación, de forma
coordinada co seu titor ou titora.

Así mesmo tamén desenvolven tarefas de colaboración docente os profesionais que participen
activamente en actividades formativas específicas das persoas residentes como cursos, talleres e
outras actividades análogas.

Artigo 33. Nomeamento

1. O nomeamento do colaborador ou da colaboradora efectuarase polo órgano directivo da entidade


titular do centro ou unidade docente entre os profesionais que se atopen en servizo activo, por
proposta do/a xefe/a da unidade asistencial correspondente, ou no seu caso da xefatura ou mando
intermedio de enfermería. Os nomeamentos comunicaranse ao órgano competente en materia de
formación sanitaria especializada da Comunidade Autónoma.

As funcións asignadas deben constar no plan de xestión da calidade docente do centro ou unidade
correspondente.

Artigo 34. Recoñecemento do labor de colaboración

1. No ámbito público, o exercicio das funcións de colaboración en formación sanitaria especializada


será recoñecido e incentivado mediante:

a) A expedición de certificados, emitidos pola comisión de docencia de que se trate, acreditativos do


nomeamento e do tempo de desempeño das súas funcións. O órgano con competencias en materia
de formación sanitaria especializada será o responsable de establecer os modelos de certificado
comúns para toda a Comunidade Autónoma.

b) O recoñecemento profesional do desempeño das funcións de docencia na carreira profesional,


dentro da categoría que teña cada colaborador/a docente.

c) A fin de facilitar a mellora da súa competencia na práctica clínica e nas metodoloxías docentes, a
Administración Sanitaria promoverá que os/as colaboradores docentes realicen actividades de
formación continuada sobre aspectos relacionados co coñecemento e aprendizaxe de métodos

26
educativos, avaliación, técnicas de comunicación, metodoloxía da investigación, xestión de
calidade, motivación, aspectos éticos da profesión ou aspectos relacionados cos contidos do
programa formativo.

d) O recoñecemento das funcións de docencia, como mérito específico, nas correspondentes


convocatorias de provisión de prazas e postos de traballo en centros e unidades acreditados para a
formación sanitaria especializada do Sistema Público de Saúde de Galicia. Considerarase, entre
outros, o tempo exercido como colaborador/a docente.

2. No ámbito privado, este recoñecemento das funcións de colaboración reflectirase, como mínimo,
no desenvolvemento profesional previsto polo centro ou entidade privada de que se trate.

Subsección 4ª
Coordinador/a docente

Artigo 35. Concepto e funcións

1. O coordinador ou coordinadora docente é un profesional dun centro ou unidade acreditado para a


formación de persoas residentes que, con independencia das tarefas de titoría ou colaboración que
poida ter encomendadas, desenvolve funcións de coordinación tanto de grupos de titores e titoras
como de persoas residentes, co obxecto de facilitar un adecuado desenvolvemento da actividade
docente.

2. Son coordinadores ou coordinadoras docentes:

a) O coordinador ou coordinadora hospitalario de atención familiar e comunitaria, que coordina e


supervisa as rotacións das persoas residentes nos dispositivos hospitalarios e actúa como ligazón
entre a comisión de docencia do hospital e a comisión de docencia da unidade de familia.

b) O coordinador ou coordinadora de áreas asistenciais de gran afluencia de persoas residentes,


como poden ser as urxencias, que coordina e supervisa a distribución por elas de persoas
residentes e outros profesionais en formación.

c) O coordinador ou coordinadora das persoas que exercen a titoría, que coordina grupos de titores
e titoras con tarefas comúns, como o presidente ou presidenta das subcomisións de docencia.

Artigo 36. Nomeamento

As persoas coordinadoras docentes serán nomeadas pola xerencia ou órgano directivo equivalente
da entidade titular do centro ou da unidade docente a proposta da persoa responsable da xefatura
de estudos de formación sanitaria especializada correspondente.

27
Artigo 37. Recoñecemento do labor de coordinación docente

1. No ámbito público, o exercicio das funcións de coordinación en formación sanitaria especializada


será recoñecido e incentivado mediante:

a) A expedición de certificados, emitidos pola comisión de docencia de que se trate, acreditativos do


nomeamento e do tempo de desempeño das súas funcións.

O órgano con competencias en materia de formación sanitaria especializada será o responsable de


establecer os modelos de certificados comúns para toda a Comunidade Autónoma.

b) O recoñecemento profesional do desempeño das funcións de coordinación na carreira


profesional, dentro da categoría que teña cada coordinador ou coordinadora.

c) Coa finalidade de facilitar a mellora da súa competencia na práctica clínica e nas metodoloxías
docentes, a Administración Sanitaria promoverá que os coordinadores e as coordinadoras docentes
realicen actividades de formación continuada sobre aspectos relacionados co coñecemento e
aprendizaxe de métodos educativos, avaliación, técnicas de comunicación, metodoloxía da
investigación, xestión de calidade, motivación, aspectos éticos da profesión ou aspectos
relacionados cos contidos do programa formativo.

d) O recoñecemento das funcións de coordinación, como mérito específico, nas correspondentes


convocatorias de provisión de prazas e postos de traballo en centros e unidades acreditados para a
formación sanitaria especializada do Sistema Público de Saúde de Galicia. Considerarase, entre
outros, o tempo exercido como coordinador ou coordinadora.

2. No ámbito privado, este recoñecemento das funcións de coordinación reflectirase, como mínimo,
no desenvolvemento profesional previsto polo centro ou entidade privada de que se trate.

Subsección 5ª
Outras figuras docentes

Artigo 38. Xefe/a da unidade asistencial. Concepto e funcións

1. A persoa que ostente a Xefatura da unidade asistencial correspondente, é a responsable da


organización e asignación de tarefas asistenciais e docentes no seu ámbito de competencia, de
modo que se asegure e garanta o adecuado desenvolvemento de ambas.

2. As xefaturas das unidades asistenciais realizan, neste ámbito, as seguintes funcións:

a) A elaboración do acordo anual de xestión docente da súa unidade, que incluirá a asignación de
tarefas docentes concretas ao persoal sanitario ao seu cargo e, previo visto e prace da comisión de
docencia, a súa elevación á xerencia ou ao órgano directivo da entidade titular do centro ou unidade
docente correspondente do centro ao que estea adscrito, para a súa aprobación.

28
b) Supervisar a guía ou itinerario formativo tipo da especialidade. Aínda que non asume
persoalmente funcións de titoría, debe velar por facilitar o desenvolvemento da guía, trala súa
aprobación por parte da comisión de docencia.

c) Facilitar o desenvolvemento do programa docente de cada persoa residente en formación na súa


unidade, en estreita colaboración co titor/a e colaboradores/as docentes, co fin de alcanzar os
obxectivos propostos para todas as persoas residentes que, en cumprimento dos programas
formativos, teñan que rotar polo seu ámbito de actuación.

3. Os xefes ou xefas das unidades asistenciais dos que dependan as persoas residentes que se
formen en unidades docentes multiprofesionais, establecerán de común acordo os criterios de
colaboración docente, co fin de acadar os obxectivos propostos nos correspondentes programas
formativos.

Artigo 39. Persoal técnico de apoio á formación

1. É o profesional ou a profesional con titulación superior que, sen ser titor ou titora de persoas
residentes, leva a cabo tarefas encomendadas pola comisión de docencia en materia de calidade
da docencia, estatística, investigación, así como calquera outra necesaria para a execución dos
programas das distintas especialidades.

2. O persoal técnico de apoio á formación debe dispoñer dunha dedicación específica a estas
tarefas dentro do seu tempo de traballo, que será establecido en función das características de
cada centro ou unidade.

O número de persoal técnico e a súa dedicación ao centro ou unidade docente, dependerá do


número de persoas residentes en formación e das peculiaridades locais, tales como: dispersión
xeográfica, centros adscritos, actividades programadas, etc.

3. No caso das comisións de docencia cun importante número de especialidades e persoas


residentes, se determinará cando menos un posto de xefatura de sección responsable das tarefas
administrativas que deriven da xestión da formación especializada.

Artigo 40. Estrutura de apoio á formación especializada

1. A estrutura formativa dos centros e unidades docentes deberá dispoñer dos recursos humanos,
materiais e organizativos esixidos en cada caso para a acreditación docente.
2. Cada centro atenderá con cargo aos seus medios persoais e materiais, a constitución e
funcionamento dos órganos docentes regulados nesta disposición. Para atender ao funcionamento
administrativo de todos os órganos colexiados e unipersoais docentes, a xerencia ou o órgano
correspondente, no caso das unidades multiprofesionais ou autonómicas, designará á persoa que
exerza a Secretaría da comisión de docencia a que fai referencia o artigo 12.4. do presente
Decreto. A dedicación deste persoal será establecida pola dirección a proposta da comisión de
docencia, garantíndose o cumprimento das funcións propias que ten encomendadas.

29
CAPÍTULO IV
Competencias transversais

Artigo 41. Competencias transversais.

1. A adquisición polos especialistas en formación de competencias transversais ten carácter


obrigatorio.
2. Os titores e titoras establecerán no Plan Individual de Formación as competencias transversais
que cada especialista en formación deba adquirir en cada ano de formación.
3. Será requisito indispensable para recibir unha avaliación positiva ao finalizar o período de
formación que a persoa especialista en formación acredite que adquiriu como mínimo as
competencias transversais fixadas no devandito plan ou as establecidas, no seu caso, pola
comisión de docencia da que dependa.

CAPÍTULO V
Rotacións externas e de programa

Artigo 42. Concepto de rotacións externas

1. Considéranse rotacións externas os períodos formativos que se leven a cabo en centros ou


dispositivos non previstos no programa de formación nin na acreditación outorgada ao centro ou
unidade docente.

2. Teñen como obxectivo a ampliación de coñecementos ou a aprendizaxe de técnicas que non se


practican no centro ou unidade docente e que, segundo o propio programa de formación, son
necesarias ou complementarias ao mesmo.

3. Naqueles casos no que as rotacións externas se repiten cada ano desde o mesmo centro e
unidade docente de orixe e cara ao mesmo centro e unidade docente de destino, para o mesmo
ano de residencia e cos mesmos obxectivos, entenderase que son rotacións externas sistemáticas
e poderase formalizar un acordo de colaboración entre o centro de orixe e o centro de destino.

4. Nas especialidades cuxa duración sexa de catro anos ou máis, as rotacións externas non
poderán superar os catro meses continuados en cada período de avaliación anual, nin os doce
meses no conxunto do período formativo da respectiva especialidade. Nas especialidades cuxa
duración sexa de un, dous ou tres anos, o período de rotación non poderá superar os dous, catro ou
sete meses respectivamente, no conxunto do período formativo da correspondente especialidade.

Artigo 43. Requisitos das rotacións externas

1. O titor ou titora debe propoñer a rotación externa á comisión de docencia, establecendo de forma
detallada os obxectivos que se pretenden conseguir, que deben referirse á ampliación de
coñecementos ou á aprendizaxe de técnicas non practicadas no centro ou unidade e que, segundo
o programa de formación, son necesarias ou complementarias do mesmo.

30
2. A rotación externa debe realizarse preferentemente en centros acreditados para a docencia ou en
centros de recoñecido prestixio nacional ou internacional.

3. As rotacións externas en centros ou unidades docentes non acreditadas para a formación


especializada ou en centros estranxeiros requiren unha xustificación da elección efectuada en
detrimento de un centro ou unidade docente acreditado, en relación co valor engadido que
representan para a formación da persoa residente e sobre o grao de excelencia que debe garantir o
período formativo.

4. A comisión de docencia de destino debe manifestar expresamente a súa conformidade á rotación


externa solicitada.

5. A xerencia do centro de orixe debe comprometerse expresamente a continuar abonando á persoa


residente as súas retribucións, incluídas as que se deriven da atención continuada que realice
durante a rotación externa.

6. De conformidade co previsto no artigo 21.3. do Real Decreto 183/2008, do 8 de febreiro, o centro


onde se realizou a rotación externa emitirá o correspondente informe de avaliación seguindo os
mesmos parámetros que nas rotacións internas previstas no programa formativo, sendo
responsabilidade do residente o traslado do devandito informe á secretaría da comisión de docencia
de orixe para a súa avaliación en tempo e forma.

Artigo 44. Procedemento de autorización das rotacións externas.

1. As rotacións externas serán autorizadas polo órgano da Comunidade Autónoma competente en


materia de formación sanitaria especializada, previo informe da xerencia da Área Sanitaria ou da
unidade ou dispositivo correspondente.

2. Unha vez valoradas e aprobadas as propostas de rotación externa, a comisión de docencia


presentará a solicitude de autorización ao órgano competente en materia de formación sanitaria
especializada da Comunidade Autónoma, cunha antelación mínima de dous meses á súa
realización. Deberanse especificar os motivos que imposibilitan ou desaconsellan a aprendizaxe no
propio centro e que xustifican a necesidade da rotación externa para dar cumprimento ao programa
formativo da persoa especialista en formación.

3. O órgano competente en materia de formación sanitaria especializada da Comunidade Autónoma


deberá valorar a rotación externa e resolverá no prazo máximo de dous meses desde a data de
entrada da solicitude, notificando a resolución á comisión de docencia de orixe, con copia á
comisión de docencia de destino. Transcorrido o prazo anterior sen que se notifique a resolución,
entenderase estimada a solicitude por silencio administrativo.

Se a xustificación da rotación ou a delimitación dos obxectivos de aprendizaxe se considera


insuficiente, requirirase á comisión de docencia de orixe para a súa complementación. En caso de
non ser presentada, procederase ao arquivo das actuacións.

31
As resolucións do órgano competente en materia de formación sanitaria especializada da
Comunidade Autónoma, serán susceptibles de recurso de alzada ante a persoa titular do
departamento competente en materia de saúde no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa
notificación.

4. Non se autorizarán rotacións externas de ningunha especialidade no últimos tres meses previos á
finalización da formación sanitaria especializada.

5. Non se autorizarán rotacións externas no primeiro ano de formación, excepto nas especialidades
de un ou dous anos de duración, nin nos períodos que coincidan co período de avaliación anual da
persoa especialista en formación.

6. Os acordos de colaboración para a realización de rotacións sistemáticas e a súa aprobación polo


órgano competente substitúe a autorización individual das rotacións externas, pero non os seus
efectos, polo que haberá que comunicar anualmente ao órgano competente en materia de
formación sanitaria especializada da Comunidade Autónoma a relación nominal do persoal
residente afectado pola rotación externa autorizada, así como calquera cambio que se produza
neste sentido.

Artigo 45. Rotacións de programa

As rotacións que se inclúen dentro do itinerario formativo da unidade docente acreditada non son
rotacións externas senón rotacións de programa, as cales deben ser previamente autorizadas polo
Ministerio competente en materia de sanidade. Os dispositivos onde se efectúen estas rotacións de
programa deben estar acreditados como dispositivos docentes asociados

CAPÍTULO VI
Estancias formativas de estranxeiros

Artigo 46. Estancias formativas de estranxeiros en Galicia

1. As estancias formativas de estranxeiros realizaranse en unidades docentes acreditadas para a


formación de especialistas e non se poden tomar en consideración para obter o título español de
especialista ou para homologar títulos estranxeiros co correspondente título español.

2. A autorización para a realización da estancia formativa corresponde ao Ministerio competente en


materia de sanidade e require os seguintes informes:

a) Informe da persoa responsable do centro estranxeiro onde a persoa interesada preste os


seus servizos, no que se determinen os obxectivos concretos que se pretendan alcanzar coa
súa realización.

b) Informe da comisión de docencia do centro de acollida, nos que se fará constar a aceptación
da persoa interesada e que a aceptación non prexudica a capacidade asistencial nin
docente do centro.

32
c) Informe favorable do órgano competente en materia de formación sanitaria especializada da
Comunidade Autónoma de Galicia, previo informe da xerencia da Área Sanitaria ou da
unidade ou dispositivo correspondente.

3. Durante as estancias formativas non existirá vinculación laboral co centro sanitario.

4. Os profesionais que realicen estancias formativas teñen a consideración de persoal en formación,


polo que as actividades nas que interveñan deben estar planificadas, dirixidas, supervisadas e
graduadas polos profesionais que prestan servizos na unidade asistencial onde se realice a
estancia.

5. As estancias serán temporais, por un prazo máximo de seis meses, prorrogables


excepcionalmente por outros seis meses adicionais, mediante autorización expresa e fundamentada
en causas debidamente xustificadas pola comisión de docencia do centro sanitario onde se
efectúan.

6. Dende os centros sanitarios onde leven a cabo as estancias formativas se requirirá, con carácter
previo á iniciación das mesmas, que o interesado teña asegurados a asistencia sanitaria e os riscos
derivados da responsabilidade civil en que puidese incorrer como consecuencia das actividades
levadas a cabo durante a súa estancia formativa.

7. Ao finalizar a estancia formativa, a comisión de docencia debe emitir un certificado no que se


farán constar as actividades levadas a cabo e a avaliación da estancia formativa, cualificada como
satisfactoria ou insatisfactoria de acordo cos informes dos profesionais que tutelaron a formación.

8. A comisión de docencia debe informar ao órgano competente en materia de formación sanitaria


especializada da Comunidade Autónoma sobre as estancias formativas aceptadas e tamén sobre
as realizadas.

CAPÍTULO VII
Supervisión dos especialistas en formación

Artigo 47. Deber xeral de supervisión.

Todas as obrigas e funcións asumidas polos órganos colexiados e unipersoais de carácter docente
regulados no presente capítulo, enténdense sen prexuízo do deber xeral de supervisión inherente a
todos os profesionais que presten servizos nas distintas unidades asistenciais de Atención Primaria
e Hospitalaria onde se formen as persoas residentes. Os devanditos profesionais estarán obrigados
a informar aos titores/as sobre as actividades realizadas polas persoas especialistas en formación.

Artigo 48. Supervisión e responsabilidade progresiva da persoa residente

1. De conformidade co artigo 15.1 do Real Decreto 183/2008, do 8 de febreiro, o sistema formativo


de residencia implicará e promoverá a asunción progresiva de responsabilidades na especialidade
que se estea cursando e un nivel decrecente de supervisión, a medida que avanza na adquisición

33
das competencias previstas no programa formativo, ata alcanzar o grao de responsabilidade
inherente ao exercicio autónomo da profesión sanitaria de especialista.

2. Para graduar a supervisión das actividades que realicen os especialistas en formación durante o
seu período formativo, elaboraranse os correspondentes protocolos de supervisión, que deberán ter
en conta o establecido no capítulo V do Real Decreto 183/2008, do 8 de febreiro.

Artigo 49. Protocolos de supervisión

1. Os protocolos de supervisión son os documentos que recollen as políticas e procedementos


aprobados polas comisións de docencia para graduar a supervisión das actividades que leve a cabo
o persoal especialista en formación nas diferentes áreas asistenciais, promovendo a incorporación
progresiva da persoa residente á actividade asistencial de forma autónoma e a participación activa
en todas as actividades do seu centro.
2. Corresponderalle a persoa responsable da xefatura de estudios, en representación da comisión
de docencia, acordar e subscribir cos correspondentes órganos de dirección do centro os protocolos
de supervisión das persoas residentes, para que poida darse a adecuada difusión destes protocolos
entre o persoal especialista en formación, titores e titoras, colaboradores.
3. Corresponderá á comisión de docencia velar polo cumprimento dos protocolos de supervisión
establecidos e a actualización periódica destes cando se estime necesario.

Artigo 50. Niveis de Supervisión

Os protocolos contemplarán tres niveles de supervisión:

a) Supervisión a demanda. Dita supervisión se atopa asociada a unha responsabilidade máxima. As


habilidades adquiridas permiten á persoa residente levar a cabo actuacións de maneira
independente, sen necesidade de titorización directa. A persoa residente executa as actividades e
informa ao profesional responsable, solicitando supervisión se o considera necesario.

b) Supervisión directa. Dita supervisión se atopa asociada a unha responsabilidade media. A


persoa residente dispón de suficientes coñecementos, pero aínda non alcanza a suficiente
experiencia para realizar unha determinada actividade de forma independente. As actividades son
realizadas directamente pola persoa residente baixo a supervisión directa do titor ou dun profesional
da unidade asistencial correspondente.

c) Supervisión máxima. Dita supervisión se atopa asociada a unha responsabilidade mínima. A


persoa residente só ten un coñecemento teórico de determinadas actuacións, sen ningunha
experiencia, polo que observa e asiste á actuación do titor ou do profesional da unidade asistencial
correspondente, que é quen realiza o procedemento.

34
CAPÍTULO VIII
Calidade da docencia

Artigo 51. Control da calidade na formación sanitaria especializada

1. A Administración sanitaria debe participar activamente no desenvolvemento da calidade docente


dos centros e unidades que imparten formación sanitaria especializada en ciencias da saúde.

2. De conformidade coa normativa básica estatal, as unidades e centros docentes acreditados


someteranse a medidas de control de calidade e avaliación, co fin de comprobar a súa adecuación
aos requisitos xerais de acreditación, ao correcto cumprimento dos programas formativos e do
previsto nas normas que regulan a formación sanitaria especializada.

3. O órgano competente en materia de formación sanitaria especializada colaborará coa Axencia de


Calidade do Sistema Nacional de Saúde na auditoría de unidades e centros docentes e na
avaliación do funcionamento e calidade do sistema de formación.

Artigo 52. Plans de xestión da calidade docente.

1. Os plans de xestión da calidade docente, elaborados polas comisións de docencia, teñen por
obxecto definir os elementos estruturais e as actividades necesarias dirixidas á mellora continua da
calidade nos procesos que integran a formación sanitaria especializada.

2. Os responsables de calidade da entidade titular do centro ou unidade docente colaborarán no


impulso e desenvolvemento das actividades de mellora da calidade definidas no plan.

3. O órgano competente en materia de formación sanitaria especializada levará a cabo as


actuacións necesarias para facilitar o desenvolvemento dos plans de xestión de calidade docente.

Artigo 53. Contido dos plans de xestión da calidade docente

1. Sen prexuízo das disposicións que aprobe a Axencia de Calidade do Sistema Nacional de Saúde,
os plans contemplarán, como mínimo, os seguintes aspectos:

a) Ámbito de aplicación da formación de especialistas en Ciencias da Saúde.

b) Política docente do centro: planificación estratéxica da docencia, misión, visión e valores do


centro en relación á docencia.

c) Organización e recursos: organigrama do centro, estrutura organizativa da docencia e recursos


para a docencia.

d) Carteira de servizos docentes.

35
e) Responsabilidade da dirección do centro docente, recollendo o expreso compromiso da dirección
coa calidade na formación de especialistas.

f) Definición do mapa de procesos.

g) Obxectivos estratéxicos para a mellora da calidade, con indicadores para valorar o seu grao de
cumprimento.

h) Control de documentos e rexistros aplicables coa súa definición, revisión, aprobación,


distribución, custodia e eliminación.

i) Sistema de avaliación, seguimento e medición a través do cal obterase a evidencia obxectiva do


nivel de calidade alcanzada, comprendendo a avaliación interna e externa que se realice:
indicadores, o seu seguimento e medida, xestión de non conformidades e áreas de mellora.

2. Para o seguimento da calidade da formación sanitaria especializada, o órgano competente en


materia de formación sanitaria especializada efectuará unha enquisa anual e anónima a todos os
especialistas en formación da comunidade autónoma, para comprobar o seu grao de satisfacción en
canto á formación recibida.

CAPÍTULO IX
Rede de comisións de docencia de Galicia (REDEGA)

Artigo 54. Concepto e natureza xurídica

1. A Rede de comisións de docencia de Galicia (REDEGA) é un órgano colexiado asesor constituído


polas comisións de docencia existentes na Comunidade Autónoma de Galicia, adscrito ao órgano
competente en materia de formación sanitaria especializada.

2. A súa finalidade é promover e impulsar actividades relacionadas coa formación de especialistas


en ciencias da saúde, propoñendo criterios de actuación e medidas de mellora neste ámbito.

Artigo 55. Funcións

Corresponden á REDEGA as seguintes funcións:

a) Facilitar a coordinación das actuacións das comisións de docencia dos centros e unidades
acreditados para a formación de especialistas en ciencias da saúde en Galicia.

b) Favorecer o intercambio de información entre as comisións de docencia e entre estas e o


Servizo Galego de Saúde.

c) Realizar propostas de mellora no proceso de formación dos especialistas en ciencias da saúde


en Galicia e no desenvolvemento dos programas de formación especializada.

36
d) Propoñer medidas para incentivar o traballo dos profesionais implicados na formación sanitaria
especializada.

e) Propoñer o desenvolvemento de ferramentas de información e formación para os profesionais


implicados na formación sanitaria especializada.

f) O impulso e a elaboración de estudos e informes en materia de formación sanitaria especializada.

g) Impulsar a investigación de aspectos relacionados coa metodoloxía docente e de avaliación.

Artigo 56. Réxime de Funcionamento

1. Para o desenvolvemento das súas funcións, a REDEGA, funcionará mediante unha comisión da
que formarán parte:

a) As persoas que exerzan a presidencia das comisións de docencia da formación sanitaria


especializada da Comunidade Autónoma, como representantes das mesmas, ou a persoa que se
designe en cada comisión, a tal efecto, no seu caso.

b) Dous representantes dos especialistas en formación: un do ámbito hospitalario e outro do ámbito


de atención primaria.

c) Catro representantes propostos pola Consellería con competencias en materia de formación


sanitaria especializada, elixidos entre persoas que formen parte das comisións de docencia de
formación sanitaria especializada da Comunidade Autónoma.

2. Dita comisión adecuará o seu funcionamento ao previsto neste decreto e ao establecido respecto
dos órganos colexiados na Lei 16/2010, do 17 de decembro, e na Lei 40/2015, do 1 de outubro.
Todo iso, sen prexuízo do que poida establecer o seu propio regulamento de funcionamento interno.

En todo caso reunirase, polo menos, dúas veces ao ano.

3. Anualmente elaborará un informe de xestión e propoñerá os obxectivos e actividades a


desenvolver, de acordo coas propostas das distintas comisións de docencia.

Artigo 57. Dietas e indemnizacións dos membros da Comisión Permanente.

Os membros da comisión permanente poderán recibir as dietas e indemnizacións que lles


correspondan de acordo coa normativa vixente.

Disposición adicional primeira.- Creación de novas unidades docentes

A medida que se vaian constituíndo outras unidades docentes, contarán con titores ou titoras
propias, cuxa figura será asimilable á de titor/a definida neste decreto.

37
Disposición adicional segunda.- Carreira profesional na categoría de médico de familia

O persoal da categoría de médico/a de familia, co grao III de carreira profesional recoñecido, poderá
solicitar o grao IV no caso de que, no seu período de permanencia no grao III, acredite cinco anos
de exercicio efectivo da titoría na especialidade.

O persoal da categoría de médico/a de familia, co grao inicial de carreira profesional recoñecido,


poderá solicitar o grao I no caso de que, no seu período de permanencia no grao inicial, acredite
dous anos de titoría na especialidade.

Esta medida excepcional aplicarase ata a convocatoria de acceso aos graos de carreira profesional
do ano 2027.

Disposición adicional terceira.- Dedicación docente

A totalidade dos profesionais que presten os seus servizos nos centros docentes e dispositivos
acreditados estarán obrigados a prestar apoio ás necesidades de docencia neles. Nestes centros
poderán determinarse postos para cuxa cobertura se requira a correspondente acreditación como
titor ou titora de formación sanitaria especializada, sendo obrigatorio o exercicio das funcións de
titoría mentres se ocupen ditas prazas, sen prexuízo da posibilidade de que calquera profesional
dos citados centros poida acceder ás funcións de titoría de acordo coa normativa aplicable.

O profesional ou a profesional que opte a prazas con requisito de docencia deberán estar
acreditados como titor ou titora no prazo máximo de un ano dende a súa toma de posesión e
exercer como tal. De non contar con dita acreditación que permita o exercicio como titor ou titora
nese período, perderá o destino definitivo, debendo participar no seguinte concurso de traslados,
sendo ofertada de novo a praza con titoría docente no ciclo anual correspondente.

Disposición transitoria primeira.- Recoñecemento das comisións existentes.

Con posterioridade á entrada en vigor deste decreto, o órgano competente en materia de formación
sanitaria especializada da Comunidade Autónoma, aprobará unha resolución recoñecendo ás
comisións de docencia existentes, sen prexuízo do proceso de configuración das novas que se
poidan constituír.

Non obstante o anterior, as comisións de docencia disporán dun prazo de doce meses para adaptar
a súa composición ás disposicións deste decreto.

Disposición transitoria segunda.- Mantemento das xefaturas de estudos

As persoas que á entrada en vigor deste Decreto estean a desempeñar as xefaturas de estudo de
formación especializada, quedarán confirmadas nas devanditas funcións, cos dereitos e obrigacións
que establece este Decreto, ata que se leve a cabo o proceso de cobertura de conformidade co
regulado no mesmo e por un período máximo de catro anos.

38
Disposición transitoria terceira.- Mantemento de titores e titoras

Para garantir a continuidade da actividade docente, todos os titores ou titoras que á entrada en
vigor deste Decreto estean a desempeñar este labor, con nomeamento e residentes ao seu cargo,
consideraranse de oficio acreditados para continuar exercendo as súas funcións. Para estes
efectos, daráselles traslado de oficio da acreditación e recoñecementos que correspondan.

Disposición derrogatoria única.- Derrogación normativa.

Quedan derrogadas as seguintes disposicións normativas:

- A Orde do 23 de decembro de 1999 pola que se regula a constitución e funcionamento das


unidades docentes para a formación de especialistas en medicina familiar e comunitaria

- A Orde do 25 de outubro de 2000 que modifica a do 23 de decembro de 1999 pola que se regula a
constitución e funcionamento das unidades docentes para a formación de especialistas en medicina
familiar e comunitaria

- A Orde de 24 de marzo de 2004 pola que se crea a Rede de Comisións de Docencia e Comisiones
Asesoras de Galicia

Así mesmo quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao
disposto no presente Decreto.

Disposición final primeira.- Desenvolvemento Regulamentario

Habilítase á persoa titular da Consellería con competencias en materia de sanidade para ditar
cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do presente Decreto.

Disposición final segunda. Entrada en vigor

O presente decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, x de xxx de 202X

Alberto Núñez Feijóo


Presidente

Julio García Comesaña


Conselleiro de Sanidade

39

You might also like