You are on page 1of 2

Mestrado Universitario en Profesorado Agra Sánchez, Manuel

Itinerario de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia Lagares Seijas, Lucía


Deseño Curricular e Organización de Centros Educativos Otero Otero, Daniel

AVALIACIÓN

A avaliación realizada será continua, baseada na elaboración de diferentes probas e traballos


ao longo do período lectivo, desta forma o contido asimilarase de forma gradual. Global, xa
que avalía diferentes elementos e procesos dos contidos e competencias. A avaliación será
realizada por parte do docente con excepción da revista, que será parcialmente coavaliada
entre os diferentes compañeiros de grupo seguindo unha serie de instrucións. E, por último,
cabe destacar a existencia dunha primeira proba inicial, a cal serve para coñecer o nivel basal
da aula, pero que non repercutirá na nota final. As restantes probas escritas de avaliación
serán procesuais e finais.

Procedementos de avaliación:

- Exames (30%): A tipoloxía será un comentario crítico de diferentes textos,


relacionados cos bloques da materia. Mínimo haberá un exame por trimestre. O seu
suspenso non supón á perdida da avaliación continúa nin, necesariamente, o suspenso
do conxunto da materia, xa que é posible chegar aos 5 puntos a través dos restantes
instrumentos avaliativos.
- Dossier das aulas (30%): O alumnado terá que entregar un dossier trimestral, cun
mínimo de 10 páxinas onde explique a finalidade das saídas e aulas prácticas: visita
ao museo arqueolóxico provincial, saída ao Arquivo do Reino de Galicia, entre outras.
Valorarase positivamente a reflexión, relación e crítica cos contidos vistos na aula. O
non pasamento desta proba, non supón o suspenso.
- Caderno docente (20%): no que se recollerán a participación en aulas e nos debates
grupais.
- Actividade de realización dunha revista sobre literatura histórica (20%) Esta será
avaliada de forma procesual ao longo de todo curso. O 10% será coavaliada entre o
alumnado, e o restante polo propio docente.

1
Criterios de Avaliación:

- Comentar o labor lexislador das Cortes de Cádiz, en relación co ideario do


liberalismo.
- Analizar a transición definitiva do Antigo Réxime ao réxime liberal burgués durante o
reinado de Isabel II, explicar o protagonismo dos militares e especificando os cambios
políticos, económicos e sociais.
- Analizar a Guerra Civil, identificando as súas causas e as consecuencias, a
intervención internacional e o curso dos acontecementos nas dúas zonas.
- Analizar as características do franquismo e a súa evolución no tempo e especificar as
transformacións políticas, económicas e sociais que se produciron, en relación coa
cambiante situación internacional.

You might also like